Xeracion da Experiencia Xornal PEGADAS Nº 5

Anuncio
26
Xeración da experiencia
Marzo 2007
As Asembleas do bisavó
Homenaxe ós pioneiros do noso asociacionismo
En 1877, cando o bisavó era un cativo, parte de Bos Aires, en viaxe experimental, no vapor “Le Frigorifique”. Cento cinco días despois o primeiro cargamento de carne conxelada será descargado en Francia,
anunciando a inminente conquista do mercado europeo. Por aqueles anos nos portos galegos eran embarcadas unhas 21.000 reses, para consumir nas cidades industriais do Mar do Norte. A cifra caerá en picado.
Afortunadamente a inauguración do ferrocarril A Coruña-Madrid en 1883, permitirá reorientar a
exportación de gando cara ás cidades peninsulares, especialmente Barcelona.
Un dos esforzos da xeración do bisavó, foi encher máis e máis vagóns. Cada ano da década dos 20,
¡duascentas mil cabezas cruzaban o Sil cara o Este!
Foi a época de esplendor das feiras.
AQUELES DÍAS NA PRENSA
La Voz de Galicia, 6 de marzo de 1907
La ganadería gallega
Los numerosos vagones de ganado que salen de Lugo con
destino a Barcelona, llevan desde ahora certificado de Sanidad
y procedencia de origen, expedido por veterinario en ejercicio, previo reconocimiento de las reses.
Esta medida sanitaria ha sido adoptada por las autoridades
de Barcelona, en vista del desarrollo que adquiere la glosopeda en muchas provincias de España.
Ecos del Eume, 11 xuño 1911
Feira do 21
El día 21 de junio del corriente año, se inaugurará una feria
de toda clase de ganados, o sea vacuno, caballar, lanar y de
cerda, en la explanada de la Magdalena, inmediata a la ermita
donde anualmente se celebra la romería de Santa Marta, en el
distrito de Cabañas parroquia de San Martín de Porto.
La feria continuará celebrándose el día 21 de cada mes, y en
ella además de la transacción de ganado, se admitirá la venta
de aves, huevos, hortalizas, legumbres y demás productos e
igualmente el establecimiento de puestos ambulantes de aperos de labranza, telas, quincalla y baratijas.
La Voz de Galicia, 15 de febrero de 1916
La feria de Goente
Feira do Tres en Vilarmaior, hai cen anos. Dun calendario da AA. de VV. “A Armonía”
Asociacionismo agrario ( V ) :
Sociedad ganadera de Villarmayor
“Cando as feiras ían a máis”
Xavier Brisset Martín
A economía tradicional era
respectuosa co calendario agrícola pois os pagos en especie,
propia das relacións forais, estaban condicionadas polas colleitas.
Dende as últimas décadas do
século XIX os gobernos, ignorando eses ciclos, obrigan ao
labrego-contribuinte a enfrontar
pagos trimestrais. A necesidade
de mercar novos aparellos e abonos, pagar viaxes a América, redimir foros... esixen que os cartos
circulen polas parroquias en cantidades nunca vistas. A casa
labrega ten que dispoñer de produtos para o autoconsumo e
tamén de excedentes para vender nos mercados e convertelos
en diñeiro. O produto estrela
será o gando para o que se establecen doadas rutas comerciais
que comezan nas feiras.
No 1912, no Tres, acordan
celebrar tamén a feira do 19. No
1935 engadirán o día 11. Esta
explosión comercial acontece en
todos os concellos. A saúde das
vacas, de sempre fundamental, é
aínda máis valiosa pois, para os
máis, marcaba a liña da supervivencia.
As sociedades do gando multiplícanse, garantindo ós asociados
unha compensación no caso de
desgracia ou morte. En Vilarmaior, José Valiño presidirá a
Sociedade Ganadera ( * ), fundada en 1908, disolta no 1911 e
refundada a ano seguinte, entón
presidida por Juan Romeu Doural, definindo como obxectivos “
Reintegrarse mutuamente, unos
a otros, en las pérdidas que por
razón de muerte o desgracia
pudieran acontecer a cualquiera
de las reses aseguradas...distribuyéndose proporcionalmente el
importe de las vacas entre todos
y cada uno de los capitales asegurados, de cada uno de los socios
respectivos, incluso del que haya
tenido la baja.” Antes da baixa, de
ser posible, “Cualquier socio que
sintiese un animal enfermo, llamará un inteligente cualquiera a
su cuenta” para intentar evitar o
peor.
Sen fondos
Polo menos outras cinco sociedades serán fundadas no conce-
llo. Algunhas de curta vida como
a de “San Cristobal” de Güimil
que dende 1908 foi presidida por
Salvador Díaz sendo disolta no
1911, a “Sociedad de reses vacunas” que preside José Mª López
Romeu, da que só teño datos de
1916 e “La Unión” de Torres que
entre 1920 e 1922 será presidida
por Manuel Abeledos e José
Varela. Todas coinciden en que
“Será condición de esta sociedad
el no tener ninguna clase de fondos”.
Os presidentes cambiaban frecuentemente, permanecendo
longos períodos de tempo os
secretarios. Tal foi o caso de
Manuel Lorenzo Malde – manco
da man esquerda pero impecable
escribán que utilizaba tres tipos
diferentes de caligrafía - que asinou os regulamentos de 1912 e
continuaba levando os papeis 38
anos despois, daquela axudado
por un neto. A mediados do
século será relevado por Andrés
Rico López, que no 1977 cederá
a responsabilidade a Salvador
Gómez Vázquez, que aínda custodia o último libro.
Esta sociedade do gando de
Acordó el Ayuntamiento de Capela que la feria de Goente
se celebre, desde marzo próximo, el día 11 de cada mes.
En ella será objeto de venta, no solo el ganado vacuno, que
es el más abundante, el caballar, el de cerda y el cabrío, sino
también los artículos de consumo, quesos, huevos, mantecas,
carnes, cereales y tejidos.
El celebrarse esta feria en la carretera de Puentedeume a
Puentes, y en un lugar equidistante a ambos Ayuntamientos,
permite suponer que la concurrencia será grande.
La Voz de Galicia, 18 noviembre 1917
El transporte de ganado
por ferrocarril
“Alcalde de Ortigueira a presidente Consejo de ministrosMadrid.
Ayuntamiento en pleno, sesión de ayer, acordó unánimemente rogar Poderes públicos vean dar facilidades transporte
ordinario ganado de abasto línea Norte, en la forma y condiciones que anteriormente ofrecía, evitándose así estancamiento actual ganados vacunos y paralización ventas, causa
ruina país…
Saludándole devotísimamente. Alcalde. Meciñeira”
Vilarmaior será operativa ata
1993, ano no que tamén morre
“La Unión Ganadera” de Doroña
e Grandal, fundada en 1934 por
Manuel Ares Rio e Antonio Vázquez Tenreiro e que parece continuación de “La Fraternal” de
Doroña, que anos antes fora presidida por Antonio Cabana Garabana. Esta asombrosa lonxevidade de ambaladúas merece ser
analizada noutra ocasión.
No próximo número:
“La Previsora” de
Nogueirosa, “A vaquiña
polo que vale”
(*) Documentación conservada
no Arquivo do Reino de Galicia.
Existe unha copia de consulta a
disposición de calquera investigador ou veciño interesado no
FONDO DE DOCUMENTACION DE EUROEUME.
Outros presidentes da “Sociedad de ganaderos” de Vilarmaior
foron: Francisco Romeu, Jacobo
Abeledo, José Varela, José Infante
Varela, José Romeu Amado,
Nicolás Vázquez, José Rubinos,
Rosendo Porca, José Doncet Sanjuan, Francisco López, Manuel
Romero, Manuel José Díaz Allegue e Alfonso Dopico.
Descargar