CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA DE MESTRADOS UNIVERSITARIOS CURSO 2014-2015 (Consello de Goberno do 27 de marzo de 2014) PRAZO PARA O ESTUDANTADO DE SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS ALLEOS AO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL: Establécese un prazo extraordinario de preinscrición e matrícula, para os mestrados universitarios da UDC, para estudantes de sistemas universitarios estranxeiros, tanto do EEES coma alleo a éste,. En todo caso, o número total de estudantes admitidos non superará o 30% das prazas ofertadas. Os solicitantes deberán cumprir os requisitos de acceso no momento de realizar a preinscrición, sen prexuízo de ter que cumprir os requisitos de admisión.. ESTUDANTES DE SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS 15 xaneiro–15 abril de 2014 25 de abril de 2014 28-30 abril de 2014 7 de maio de 2014 22–29 xullo de 2014 Preinscrición Publicación lista provisional Reclamacións Publicación lista definitiva Matrícula PRAZOS XERAIS: Establécense distintos prazos de preinscrición e matrícula nos mestrados universitarios da UDC. En cada prazo ofertaranse as prazas vacantes existentes do total de prazas ofertadas en cada mestrado. Os solicitantes que non fosen seleccionados constituirán unha lista de agarda que será utilizada en caso de que se produza unha renuncia expresa, antes de rematar cada prazo de matrícula. Os integrantes da lista de agarda incorporaranse como inscritos no seguinte prazo sen necesidade de facer unha nova inscrición, agás renuncia expresa ou que exista constancia de que formalizaron a matrícula noutro mestrado. As novas solicitudes serán baremadas e ordenadas cos integrantes da lista de agarda anterior, realizándose unha nova ordenación para a asignación das prazas vacantes. O terceiro prazo habilitarase no caso de existiren prazas vacantes e coa solicitude expresa do centro co informe favorable da comisión do mestrado. Os solicitantes do Sistema Universitario Español deberán cumprir os requisitos de acceso no momento de se publicar a lista definitiva para formalizar a matrícula, sen prexuízo de ter que cumprir os requisitos de admisión. A preinscrición realizarase a través do formulario en liña da web da UDC. Unha vez publicada a relación definitiva de admitidos, estes matricularanse nos prazos establecidos a través secretaría virtual na internet. A non formalización da matrícula no período establecido suporá a perda da correspondente praza, sendo necesario realizar unha nova preinscrición. 1 1º PRAZO (xuño-xullo de 2014) 23 11 11 21 22 xuño – 7 xullo xullo – 16 xullo xullo – 29 xullo Preinscrición Publicación lista provisional Reclamacións Publicación lista definitiva Matrícula 2º PRAZO (agosto-setembro de 2014) 18 agosto - 2 setembro 5 setembro 5 – 10 setembro 15 setembro 16 – 23 setembro Preinscrición Publicación lista provisional Reclamacións Publicación lista definitiva Matrícula 3º PRAZO (setembro-outubro de 2014) 24 – 30 de setembro 3 outubro 3 – 8 outubro 10 outubro 13 – 20 outubro Preinscrición Publicación lista provisional Reclamacións Publicación lista definitiva Matrícula Preinscrición de estudantes de Sistemas Universitarios Estranxeiros para o curso 2015/2016: Coa finalidade de facilitar a planificación de accións de internacionalización e acceso aos mestrados universitarios dos estudantes procedentes de todos os sistemas universitarios estranxeiros (solicitude de bolsas, visados etc.), tanto do Espazo Europeo de Educación Superior coma de alleos a éste, os prazos previstos para a vindeira edición, correspondente ao curso 2015/2016, e para as seguintes, serán os que se indican na seguinte táboa. O número total de estudantes admitidos neste prazo non poderá superar o 30% das prazas ofertadas en cada mestrado (as prazas desta reserva que non se cubriren acumularanse á quenda xeral na preinscrición). Os solicitantes alleos ao EEES deberán cumprir os requisitos de acceso no momento de realizaren a preinscrición. ESTUDANTADO SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS 15 de xaneiro – 15 de abril de 2015 22-24 de abril de 2015 24-30 de abril de 2015 6-8 de maio de 2015 Primeiro prazo xeral (a determinar) Preinscrición Publicación lista provisional Reclamacións Publicación lista definitiva Matrícula DILIXENCIA para facer constar que o presente __documento___ composto de __ 2__ páxinas numeradas e seladas, __ foi aprobado________ polo Consello de Goberno na súa sesión de data __ 27 de marzo de 2014. O secretario xeral Asdo. Carlos Amoedo Souto 2