NORMAS PARA OS TITORES

Anuncio
NORMAS PARA OS TITORES
PRINCIPIO DE CURSO
Os titores, ao principio do curso, deberán realizar as seguintes tarefas:
A xefa de estudios entregará un listado cos datos personais dos alumnos de cada grupo. Os
titores, polos medios que consideren axeitados, deberán actualizalos. A lista correxida será
devolta á xefa de estudios.
Para comodidade de todos, estes listados están nunha carpeta preto do teléfono de
conserxería.
Os país deben encher e firmar, de ser o caso, os seguintes documentos:
 Autorizacións para saídas extraescolares, traslado ao hospital e publicación de fotos.
 Alerxias
 Comedor
 Transporte
Os coordinadores de ciclo deberán comunicar en dirección respecto ao seu ciclo
(preferiblemente en formato dixital):
 Se hai algún neno que non esté autorizado.
 Listado dos nenos que padecen alerxia especificando a causa da alerxia.
 Listado dos alumnos que usan o transporte escolar e mailo comedor.
Na sala de mestres hai un cadro onde os titores deben anotar os alumnos con problema de
movilidade.
No listado de material que se lles pide aos alumnos recoméndase incluír un paquete de
folios que se baixará a conserxería.
Tamén se debe incluír a referencia dos libros que teñen que mercar. Lémbrase que esta
información está na páxina web do centro.
INFORMES DE XADE
 AL025: Ficha alumno
 AL047: Listaxe de grupo
Se o titor detecta algún erro nestes documentos ou considera necesario amplialos,
deberá comunicalo en dirección para modificalo en Xade.
Estas listaxes, onde aparecen os teléfonos de todos os alumnos, están a disposición
do profesorado en conserxería para usar no caso de que algún mestre necesite porse
en contacto ca familia. Polo tanto, é importante manter as listaxes actualizadas.
 AL987:Listado de alumnos por materia
 AL994: Ficha alumnado avaliación
FALTAS DO ALUMNADO
Cada titor recibirá o parte de faltas do alumnado en branco correspondente a cada mes do curso
escolar. Ao rematar cada mes deberá ser entregado en dirección.
Descargar