A papeleira feliz: sen orellas e sen nariz Depósito Legal: CO 1376 2005 Autor: Francisco J. Valverde Debuxos: Fernando García Herrera Imprime: Argos Impresores A Papeleira Feliz v.1.3 Sogama Edita: Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L. A. De la Torrecilla s/n 14013 Córdoba T: 957 760053 | F:957 434266 www.cicloverde.com | [email protected] Non temos nariz, nin tampouco orellas! Non vemos a televisión, non bailamos, nin xogamos ó fútbol e tampouco montamos en bicicleta! 2 Nós somos papeleiras… Vivimos nas rúas, nas prazas, nos parques e tamén nas escolas. Somos moitas en todas as partes, e sempre,… pero que sempre, estamos coa boca moi aberta. 3 Na barriga levamos papeliños, botes, gomas de mascar e un montón de cousas que a xente xa non quere. Canto máis chea temos a nosa barriguiña, máis contentas estamos. 4 Da igual que faga tanto calor, que ata nos derreta a cabeza; ou que choiva e faga frío ata que nos tremen as pernas. Nós estamos no noso sitio…, ben quedas, esperando que nos boten os desperdicios na nosa barriga. 5 ELO AMAR ICO XENÉR AZUL De todas formas, recordade que, ademais de utilizar as nosas barrigas, debedes facer uso dos contedores de recollida selectiva que hai nas rúas. No amarelo debemos introducir os envases de plástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro, sen os tapóns!! E no xenérico, o resto. 6 Algunhas persoas pasan polo noso lado sen facernos caso, e …cataplún! botan un papel na beirarrúa, na rúa o nunha árbore… 7 Entón poñémonos moi tristes. 8 Cando non nos utilizan sentímonos inútiles e pensamos que non servimos para nada. Algunhas persoas seguen a ensuciar o noso pobo con todo tipo de papeis e outras porcalladas. 9 Entón, ocorreu, que unha papeleira que estaba enfadada porque non lle facían caso, dixo: “a quen non nos bote os desperdicios na nosa panza… cataplún! Darémoslle unha patada na canela”. 10 Non, non! Dixémoslle todas. Non se deben dar patadas… Esa é unha mala idea! 11 Despois de moito pensar, pero que moito, moito, moito, chegamos acordo entre todas. 12 a un E todas xuntiñas decidimos coller as nosas maletas e marchar moi lonxe do pobo. 13 As rúas volvéronse feas e moi sucias. Xa ninguén quería pasar por elas, e os nenos e nenas non querían xogar alí. 14 Os nenos e nenas, os pais e as nais, os avós e avoas, os mestres e mestras, todos comezaron a buscarnos, miraban ata debaixo das pedras. 15 Pero nós seguiamos ben escondidas e atentas a todo o que pasaba no pobo. 16 Cada día que pasaba, no pobo acumulábase máis lixo nas rúas e isto preocupábamos pero que moito, moito, moito. 17 Un día todas as papeleiras reunímonos e como nos daba tanta pena ver o pobo tan sucio, decidimos que o mellor sería voltar. 18 Cando chegamos ó pobo, todo o mundo nos aplaudía e dábannos grandes apertas de alegría. 19 Aprenderan que nada, pero que nada, debe botarse no chan, e si que debe estar na nosa barriguiña… 20 Porque deste xeito nós, as papeleiras, estamos moi felices e contentas. Encántanos ver o noso pobo limpo e brillante. 21 EXERCICIOS Por que é bo usar as papeleiras? a. Porque son moi bonitas. b. Porque o pobo estará máis limpo e brillante. c. Para ser a súas amiguiñas. - Onde non debemos botar o lixo? a. Nas papeleiras. b. Nos contedores do lixo. c. Nas beirarrúas, árbores ou rúas. 22 ACTIVIDADES Conta as papeleiras que hai no teu colexio. Colorea tantas como atopes: Debuxa que tipo de residuos viches tirados na beirarrúa camiño do teu colexio : 23 Une cunha frecha os materiais a depositar en cada contedor de recollida selectiva: amarelo azul xenérico 24