guia 2015 gall - Seguridad Social

Anuncio
GUÍA DO PENSIONISTA
da Seguridade Social
@dministración
electrónica
SECRETARÍA DE ESTADO
DA SEGURIDADE SOCIAL
GOBIERNO
DE ESPAÑA
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
SECRETARÍA DE ESTADO
DE LA SEGURIDAD SOCIAL
INSTITUTO NACIONAL DA
SEGURIDADE SOCIAL
21ª Edición 2016 (Galego)
Edita: Instituto Nacional da Seguridade Social
Nipo: 271-16-030-7
www.seg-social.es
https://sede.seg-social.gob.es/
http://publicacionesoficiales.boe.es/
PUB012 (gall)
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 1
GUIA DO PENSIONISTA DA SEGURIDADE SOCIAL
ÍNDICE
Presentación .........................................................
3
Como poñerse en contacto co INSS? ...................
5
Como é a súa pensión? .........................................
7
Que dereitos ten como pensionista? .....................
12
Que obrigas ten como pensionista? ......................
18
Tamén lle interesa saber .......................................
20
Despedida .............................................................
27
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 2
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 3
GUÍA DO
pensionista
PRESENTACIÓN
ESTIMADO PENSIONISTA:
Comprácenos presentarlle a Guía do pensionista da Seguridade
Social, co desexo de proporcionarlle información dende este
primeiro momento, no que vostede xa é pensionista da Seguridade
Social.
A información que lle facilitamos aquí refírese aos aspectos xerais
daqueles temas que consideramos de máis interese para vostede,
como son os relacionados coa pensión recoñecida e cos dereitos
que lle asisten na súa nova condición de pensionista.
Se desexa coñecer con máis detalle algunha cuestión concreta,
póñase en contacto connosco.
Así mesmo, se aprecia que algúns temas non están tratados
dabondo ou, simplemente, a súa lectura lle suxire algunha idea ou
consideración que queira darnos a coñecer, solicitámoslle que nolo
comunique, pois só coa súa axuda poderemos mellorar.
Reciba un cordial saúdo e o noso agradecemento anticipado pola
súa colaboración.
3
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 4
[ Presentación ]
ANTES DE REALIZAR A
EXPOSICIÓN DOS TEMAS,
CONSIDERAMOS NECESARIO QUE
NOS IDENTIFIQUE CLARAMENTE
O INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL (INSS),
dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, é
o organismo que lle recoñeceu o dereito á súa pensión e á
asistencia sanitaria.
A resolución dese recoñecemento contén os datos específicos
da súa pensión.
«No futuro, o INSS comunicaralle
puntualmente todo aquilo que
afecte á súa pensión e á súa
condición de pensionista »
4
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 5
GUÍA DO
pensionista
COMO POÑERSE EN CONTACTO CO INSS?
PERSOALMENTE
Se desexa recibir unha atención persoal e directa,
pode dirixirse a calquera Centro de Atención e
Información da Seguridade Social (CAISS), que
dispoñen de servizo de cita previa no teléfono 901
10 65 70.
Esta Guía inclúe nas súas páxinas finais unha
relación dos CAISS da súa provincia, con
indicación dos seus domicilios e teléfonos.
TELÉFONO
O INSS ten unha líña de chamada con custo
compartido, á que pode telefonar dende calquera
lugar do territorio nacional.
Este é o número:
901 16 65 65
5
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 6
[Como poñerse en contacto co INSS? ]
INTERNET
Se desexa comunicarse connosco por este medio, temos á
súa disposición unha páxina web con buzón de consultas e
suxestións, así como unha sede electrónica.
Estas son as direccións:
www.seg-social.es
https://sede.seg-social.gob.es/
Tamén dispón do espazo privado TU SEGURIDAD SOCIAL, na dirección
https://sede-tu.seg-social.gob.es
En TU SEGURIDAD SOCIAL ten dispoñible información sobre a contía da súa
pensión e a súa evolución no tempo. Pode descargarse calquera certificado
que necesite sobre a pensión ou sobre a súa condición de pensionista e lle
informaremos das revalorizacións que experimente a súa pensión.
Pode acceder a este servizo con DNI electrónico, certificado dixital ou
mediante contrasinal, se se rexistra no sistema CL@VE acudindo aos nosos
centros de atención e información.
CORREO
Pode enviar as cartas e comunicacións á súa dirección
provincial, ao CAISS ou ao apartado de correos 65.000 da súa
provincia. Convén que nos seus escritos nos indique, polo
menos:
O seu nome e dous apelidos.
O seu número do documento nacional de identidade
(DNI) ou outro documento oficial que o identifique.
O seu domicilio postal completo.
6
Un número de teléfono co que podamos establecer
contacto con vostede.
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 7
GUÍA DO
pensionista
COMO É A SÚA PENSIÓN?
A SÚA PENSIÓN É DE MODALIDADE CONTRIBUTIVA
Teñen esta consideración as pensións recoñecidas por ter cotizado o
tempo previsto para acceder a elas, ademais de reunir outros requisitos
legalmente establecidos.
PENSIÓN INICIAL
O seu importe depende de:
O tipo de pensión que se lle recoñeceu.
Os anos polos que cotizara e as contías das súas correspondentes
bases de cotización.
O grao de incapacidade que se lle declarara, se se trata dunha pensión
por incapacidade permanente.
7
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 8
[Como é a súa pensión? ]
INCREMENTO DAS PENSIÓNS DE SEGURIDADE SOCIAL
As pensións da Seguridade Social na súa modalidade contributiva,
incluído o importe da pensión mínima, incrementaranse ao comezo de
cada ano, segundo o índice de revalorización previsto na
correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.
O índice determinarase de acordo cunha fórmula matemática, e o seu
resultado nunca poderá dar lugar a un incremento anual das pensións
inferior ao 0,25 por cento nin superior á variación do IPC do ano
anterior máis o 0,50 por cento.
Cada vez que a súa pensión se incremente, o INSS enviaralle,
directamente ao seu domicilio, unha notificación na que se lle
explicarán as principais características desa actualización económica.
8
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 9
[Como é a súa pensión? ]
GUÍA DO
pensionista
CONTÍAS MÍNIMAS DAS PENSIÓNS
As contías mínimas das pensións do sistema da Seguridade Social fíxanse
habitualmente na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado
(LOXE), dependendo o seu importe de:
A clase de pensión.
A idade do pensionista.
As diferentes modalidades de convivencia e dependencia económica:
con cónxuxe a cargo, con cónxuxe non a cargo ou sen cónxuxe
(unidade económica unipersoal).
O recoñecemento dunha discapacidade nun grao igual ou superior ao
65%, nas pensións de viuvez e nas de orfandade, cando o orfo é
menor de 18 anos.
As cargas familiares, nos casos de pensións de viuvez. A estes
efectos, requirirase:
Non acadar un determinado nivel de rendas.
Convivencia e dependencia económica dos fillos menores de 26
anos ou maiores cun grao de discapacidade de, polo menos, o 33%
ou dos menores de idade acollidos.
9
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 10
[Como é a súa pensión? ]
COMPLEMENTO POR MÍNIMOS
Terá dereito a percibir un complemento para alcanzar a contía mínima
que para a súa pensión fixara a correspondente LOXE, sempre que o
importe da súa pensión -o inicial máis as súas revalorizacións sucesivasnon acade a citada contía mínima.
Se percibe varias pensións e a suma de todas elas non ALCANZA o
importe mínimo establecido, o complemento asignarase a aquela das
pensións da Seguridade Social da que a contía mínima lle sexa máis
favorable.
Este complemento non se lle aboará se, ademais da pensión, vostede
ten outros ingresos que superen unha determinada cantidade fixada
anualmente.
Para as pensións causadas a partir do 1 de xaneiro do 2013:
Os complementos por mínimos, necesarios
para acadar as contías mínimas das
pensións contributivas, non poderán
superar o importe establecido para
as pensións de xubilación e
invalidez na súa modalidade
non contributiva.
Será necesario residir en
territorio español para percibir
os citados complementos
por mínimos.
10
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 11
[Como é a súa pensión? ]
GUÍA DO
pensionista
CONTÍA MÁXIMA DAS PENSIÓNS
Como ocorre coas contías mínimas, tamén hai un tope ou límite máximo,
fixado habitualmente na correspondente LOXE.
Se a súa pensión, ou a suma das súas pensións de carácter público,
supera ese límite máximo establecido, só se lle aboa esta cantidade
máxima fixada.
Igual que coas contías mínimas, os importes máximos das pensións
revísanse periodicamente.
DESCONTO MENSUAL DO IMPOSTO SOBRE A RENDA
DAS PERSOAS FÍSICAS (IRPF)
Se o importe da pensión recoñecida excede dunha determinada cantidade
anual, establecida na normativa fiscal, será obxecto dunha retención a
conta do IRPF.
A contía desta retención dependerá, así mesmo, das súas propias
circunstancias familiares.
As pensións de orfandade e as de incapacidade permanente nos graos
de absoluta e grande invalidez están exentas deste imposto, así como
as prestacións familiares.
«Cada ano, o INSS enviaralle un certificado coa información
necesaria para a súa posible declaración da renda»
11
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 12
GUÍA DO
pensionista
QUE DEREITOS TEN COMO PENSIONISTA?
COMO PENSIONISTA DA SEGURIDADE SOCIAL TEN
DEREITO A:
Percibir mensualmente a contía da súa pensión, na modalidade de
pago elixida por vostede.
Recibir asistencia sanitaria (prestacións médicas e farmacéuticas),
tanto vostede como os seus beneficiarios.
Percibir prestacións familiares, sempre que reúna os requisitos
esixidos.
Desfrutar dos servizos sociais complementarios da Seguridade Social.
Solicitar e obter canta información precise en relación coa súa nova
condición de pensionista da Seguridade Social.
Pedir certificados referidos á súa condición de pensionista. Por
exemplo, sobre o importe da súa pensión, sobre as retencións
practicadas para os efectos do IRPF, etc.
12
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 13
[ Que dereitos ten como pensionista? ]
GUÍA DO
pensionista
ABOAMENTO DA SÚA PENSIÓN
Despois do primeiro pago, a Seguridade Social aboaralle a súa
pensión por mensualidades vencidas, estando o importe á súa
disposición na entidade financeira e ingresado na súa conta, cando
cobre por esta modalidade, dende o primeiro día hábil de cada mes.
As pensións abóanse en 14 pagas (agás que se causaran por un
accidente de traballo ou por unha enfermidade profesional; neste caso
serían 12 pagas) correspondentes a cada un dos meses do ano e 2
pagas extraordinarias, que se devengan en xuño e novembro.
Se elixiu cobrar en efectivo, directamente do seu banco ou caixa de
aforros, é importante que o faga entre os días 1 e 15 de cada mes. Se
non o fai nesas datas, o banco ou a caixa devolverá esa mensualidade
á Seguridade Social. Neste caso, a mensualidade non percibida debe
solicitala de novo, antes do transcurso dun ano, pois o dereito ao
percibo de cada mensualidade de pensión caduca ao ano do seu
respectivo vencemento.
Para evitar problemas deste tipo, pode optar polo aboamento da
pensión en conta corrente ou libreta de aforros.
Se desexa cambiar de modalidade de cobramento (ingreso na súa
conta, cobro en efectivo ou xiro postal) ou de entidade financeira,
diríxase ao seu CAISS ou ao teléfono de chamada compartida.
Axudarémolo a realizar este trámite.
Se o que desexa é só cambiar de sucursal ou de modalidade de cobro
dentro da mesma entidade financeira, diríxase directamente ao seu
banco ou caixa de aforros.
13
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 14
[ Que dereitos ten como pensionista? ]
ASISTENCIA SANITARIA
Esta prestación, á que vostede e os seus beneficiarios teñen dereito, xa
recoñecida polo INSS, inclúe:
A atención médica, dispensada gratuitamente pola rede pública de
saúde.
A atención farmacéutica de medicamentos incluídos no Sistema
Nacional de Saúde. Cando se trate de atención farmacéutica
ambulatoria, os usuarios contribuirán no custo coa achega dunhas
porcentaxes sobre o precio de venta ao público, cuns topes variables.
«As comunidades autónomas xestionan os servizos sanitarios, dependendo
do ámbito xeográfico, agás nas cidades de Ceuta e Melilla, que os
xestiona o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INXESA)»
Tamén ten dereito a recibir asistencia sanitaria nos seus desprazamentos.
Para iso:
Se viaxa por España, é suficiente que leve con vostede o seu
documento nacional de identidade (DNI) ou documento oficial que o
identifique e a súa tarxeta de asistencia sanitaria.
Se viaxa a calquera país membro do Espazo Económico Europeo ou a
Suíza, en estadía temporal, debe levar con vostede a tarxeta sanitaria
europea, que ten un prazo de validez de 2 anos.
«Estados nos que ten validez a TSE: Alemaña, Austria, Bélxica,
Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia,
Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia,
Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta,
Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido,
República Checa, Romanía, Suecia e Suíza »
14
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 15
[ Que dereitos ten como pensionista? ]
GUÍA DO
pensionista
A tarxeta sanitaria europea (TSE) é o documento persoal e
intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias
que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante
unha estadía temporal, no territorio do Espazo Económico Europeo ou
de Suíza, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da
estadía prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia,
independentemente de que o obxecto da estancia sexa turismo,
actividade profesional ou estudos.
A tarxeta sanitaria europea (TSE) non é válida cando o
desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico; neste
caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)
emita o formulario correspondente, previo informe favorable do
Servizo de Saúde. Tampouco é o documento válido se vostede
traslada á súa residencia ao territorio doutro Estado.
Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha
porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade
de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes
importes non son reintegrables.
Poderá obter ou renovar a TSE solicitándoa por teléfono (901 16 65
65), a través da sede electrónica (sede.seg-social.gob.es), ou
dirixíndose a calquera centro de atención e información da
Seguridade Social (CAISS), contactando previamente co CAISS
elixido para concertar cita previa, se dispón deste servizo.
Calquera que sexa a forma da súa petición, a tarxeta sanitaria
europea enviarase ao seu domicilio nun prazo inferior a 10 días dende
a solicitude. En ningún caso se lle entregará en man, polo que é
imprescindible que o seu domicilio estea actualizado no ficheiro de
pensionistas da Seguridade Social.
Nos casos dunha viaxe urxente, pode obter un certificado provisional
substitutorio (CPS), con validez de 3 meses.
Se vai viaxar a outros países, antes de emprender a viaxe, debe
dirixirse ao seu CAISS ou chamar aos teléfonos de información, ou
consultar a nosa páxina web.
15
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 16
[ Que dereitos ten como pensionista? ]
PRESTACIÓNS FAMILIARES
A existencia de responsabilidades familiares e o nacemento, adopción de
fillos, acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción,
poderían dar dereito ás seguintes prestacións:
Asignación económica por fillo ou menor a cargo: se ten ao seu
cargo fillos menores de 18 anos ou maiores desa idade afectados por
unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65%, ou menores
en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de
adopción.
Cando o fillo ou menor a cargo non teña discapacidade, o
recoñecemento da prestación estará condicionado polo nivel dos
seus ingresos.
Nos casos de fillos ou menores a cargo con discapacidade, non
afecta o nivel de ingresos para obter estas prestacións.
Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo en
supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de
nais con discapacidade: cando o nacemento ou adopción de fillo se
produce nunha familia numerosa ou que, con tal motivo, adquira a
devandita condición; nunha familia monoparental, ou nos supostos de
nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65%,
sempre que non se supere un determinado nivel de ingresos.
Prestación económica por parto ou adopción múltiples, cando se
produce o nacemento ou adopción de dous ou máis fillos por parto ou
adopción múltiples, en familias con residencia legal en España.
16
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 17
[ Que dereitos ten como pensionista? ]
GUÍA DO
pensionista
SERVIZOS SOCIAIS E OUTRAS PRESTACIÓNS
Como pensionista, vostede pode beneficiarse dos servizos sociais de
carácter complementario, tales como centros adicados á atención de
pensionistas (fogares, residencias, etc.), persoas con discapacidade
(ocupacionais e de recuperación), servizos de axuda a domicilio,
teleasistencia, etc.
Tamén, no seu caso, podería beneficiarse de prestacións de carácter
específico, establecidas polo sistema para a autonomía e atención á
dependencia, que van dirixidas a persoas valoradas cun determinado
grao e nivel de dependencia, para a súa capacidade e autonomía
persoal para realizar as tarefas básicas da vida ordinaria e a súa
necesidade de apoio e supervisión.
Ademais, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO)
xestiona o Programa de vacacións para maiores destinado a viaxes
turísticos e culturais e o Programa de termalismo social que ofrece
tratamentos para a prevención e rehabilitación de enfermidades.
«Os servizos sociais e as prestacións mencionadas,
dependendo do ámbito xeográfico, as xestionan as
comunidades autónomas e o IMSERSO»
Se desexa máis información, pode dirixirse ás unidades de
información de servizos sociais
do seu concello,
chamar ao teléfono do IMSERSO 901 109 899
ou consultar a súa páxina web en
www.imserso.es
17
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 18
GUÍA DO
pensionista
QUE OBRIGAS TEN COMO PENSIONISTA?
Ata agora, informámoslle dos seus dereitos, pero tamén desexamos que
coñeza os seus deberes e obrigas en materia de Seguridade Social.
COMO TITULAR DUNHA PENSIÓN CONTRIBUTIVA
Debe comunicar ao INSS, dentro dos 30 días seguintes a que se
produzan, as variacións que afecten á situación que vostede tiña cando
se lle recoñeceu a pensión.
En todos os casos:
Os cambios de estado civil, nacementos, defuncións.
Os seus cambios de domicilio.
O inicio de actividades laborais.
O recoñecemento e/ou cobramento doutras pensións, nacionais ou
estranxeiras.
18
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 19
[ Que obrigas ten como pensionista? ]
GUÍA DO
pensionista
Se percibe complemento por mínimos:
Os incrementos do nivel de rendas, tanto os seus como os do seu
cónxuxe, que sexan incompatibles co cobramento de complementos
por mínimos.
O inicio de actividades laborais do seu cónxuxe.
O recoñecemento e cobramento doutras pensións nacionais ou
estranxeiras, por parte do seu cónxuxe.
TELÉFONO DO INSS
901 16 65 65
www.seg-social.es
«Para poder manter o contacto con vostede,
necesitamos coñecer o seu domicilio.
Comuníquenos calquera cambio»
Tamén o INSS pode solicitar, de oficio, aos pensionistas
que acrediten a súa vivencia,
así como calquera dato relativo
á identificación do seu cónxuxe e aos ingresos obtidos
durante o ano anterior
19
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 20
GUÍA DO
pensionista
TAMÉN LLE INTERESA SABER
«Se vostede é pensionista de xubilación ou de incapacidade
permanente na modalidade contributiva e vai traballar por conta
propia ou allea, deberá comunicalo ao INSS»
Se vostede é pensionista de INCAPACIDADE PERMANENTE, na súa
modalidade contributiva, que:
Ata que cumpra a idade legal de xubilación que, en cada caso, resulte
de aplicación, a declaración de incapacidade permanente pode
revisarse polo INSS ou pola súa petición.
Se vostede é pensionista dunha incapacidade permanente total para
a súa profesión habitual, a súa pensión é compatible co desempeño
dun emprego nunha actividade distinta da habitual.
Se se lle recoñeceu unha incapacidade permanente total para a súa
profesión habitual, pode ter dereito ao incremento do 20% no importe
inicial da súa pensión cando, a partir dos 55 anos e por determinadas
circunstancias, se presuma a dificultade de obter emprego en
actividade distinta da habitual.
20
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 21
[ Tamén lle interesa saber ]
GUÍA DO
pensionista
Se vostede é pensionista de XUBILACIÓN, na súa modalidade
contributiva, que:
O percibo da súa pensión nun 50% da súa contía é compatible con
calquera emprego por conta propia ou allea, sempre que non se trate
dunha actividade pública, sexa cal sexa a duración da súa xornada, e se
dean os seguintes requisitos:
Que accedera á súa pensión á idade que corresponda en cada caso,
sen ter en conta bonificacións ou anticipacións.
Que teña acreditado período de cotización dabondo para ter dereito
ao 100% da base reguladora da pensión.
A contía do 50% da pensión que vostede estea a percibir, revalorizarase
mentres manteña o traballo compatible, pero non procedera en ningún
caso, a aplicación de complementos por mínimos.
Ainda cando perciba o 50% da súa pensión, vostede continúa coa
consideración de pensionista da Seguridade Social a todos os efectos
(asistencia sanitaria, prestacións familiares…).
Durante a realización do traballo compatible coa pensión de xubilación,
efectuarase unha cotización especial de solidariedade do 8% que, para os
traballadores por conta allea, suporá o 2%, sendo o resto a conta do
empresario.
O percibo da pensión é compatible cun traballo a tempo parcial nos
termos establecidos, percibindo a pensión nunha porcentaxe igual á
redución da xornada desenvolvida en relación coa xornada completa.
O percibo da contía total da súa pensión é compatible coa realización de
traballos por conta propia, polos que perciba ingresos anuais non
superiores ao salario mínimo interprofesional.
A pensión é compatible co percibo de rendas patrimoniais, co
mantemento da titularidade do seu negocio e co desenvolvemento das
funcións inherentes á devandita titularidade.
A pensión tamén é compatible coa afiliación á mutualidade dun colexio
profesional.
21
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 22
[ Tamén lle interesa saber ]
Se vostede é pensionista de VIUVEZ, que:
A súa pensión é compatible coas rendas do traballo, así como con
outra pensión de xubilación ou de incapacidade permanente ás que
poida ter dereito.
A súa pensión extinguirase, entre otras causas, por casar ou constituír
unha parella de feito formalizada segundo á regulación establecida,
agás que concorran as seguintes circunstancias:
Que vostede teña máis de 61 anos ou, no caso de ser menor desta
idade, perciba unha pensión de incapacidade permanente absoluta
ou grande invalidez, ou teña recoñecida unha discapacidade igual
ou superior ao 65%.
Que a súa pensión ou pensións constitúan a principal fonte de
ingresos. Enténdese que a pensión ou pensións de viuvez
constitúen a principal fonte de ingresos, cando o importe anual
delas represente o 75% do total de ingresos.
Que o seu novo matrimonio ou parella de feito teña uns ingresos
anuais que non superen dúas veces o salario mínimo
interprofesional.
«Quen percibe unha pensión á que non ten dereito,
prexudica aos demais cidadáns »
22
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 23
[ Tamén lle interesa saber ]
GUÍA DO
pensionista
Se vostede é pensionista de ORFANDADE, que:
Esta pensión de orfandade é compatible con calquera renda de
traballo ata os 21 anos de idade.
Se non efectúa un traballo lucrativo ou realizándoo, os ingresos que
obteña resultan inferiores á contía do salario mínimo interprofesional
vixente, todo iso en cómputo anual, poderá percibir a pensión de
orfandade ata os 25 anos.
Se estivera cursando estudos e cumprira os 25 anos durante o
transcurso do curso escolar, a percepción da pensión manterase ata o
día primeiro do mes seguinte ao do inicio do seguinte curso
académico.
A súa pensión extinguirase, se casa (agás que estea incapacitado en
grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez) ou é
adoptado.
Se está incapacitado no grao de incapacidade permanente absoluta
ou grande invalidez, a pensión é vitalicia, con independencia da contía
dos ingresos.
23
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 24
[ Tamén lle interesa saber ]
Outra información de interese
Complemento por maternidade nas pensións: recoñecerase un
complemento de pensión, pola súa achega demográfica á Seguridade
Social, ás mulleres que, a partir do 1 de xaneiro do 2016, causen
dereito a pensións contributivas de xubilación, viuvez e incapacidade
permanente, sempre que tiveran dous ou máis fillos naturais ou
adoptados con anterioridade ao feito causante da correspondente
pensión.
O devandito complemento consistirá nun importe equivalente ao
resultado de aplicar sobre a contía inicial da pensión unha porcentaxe
determinada, que estará en función do número de fillos, segundo a
seguinte escala:
No caso de 2 fillos: 5 por 100.
No caso de 3 fillos: 10 por 100.
No caso de 4 ou máis fillos: 15 por 100.
Se houbera concorrencia de pensións, recoñecerase o complemento
só nunha das pensións da beneficiaria.
Se a pensión recoñecida, sen aplicación do
complemento, estivera afectada polo límite da contía
máxima establecida para as pensións, a suma de
pensión e complemento non poderá superar o
devandito límite, incrementado cun 50 por cento do
complemento asignado.
24
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 25
[ Tamén lle interesa saber ]
GUÍA DO
pensionista
As parellas de feito formalizadas, polo menos, con dous anos de
antelación ao falecemento do causante e que acrediten unha
convivencia estable e notoria mínima de 5 anos, poderán ter dereito
á pensión de viuvez sempre que se reúnan os demais requisitos
esixidos.
O dereito a pensión de viuvez das persoas divorciadas ou separadas
xudicialmente quedará condicionado a estar percibindo a pensión
compensatoria a que fai referencia o art. 97 do Código Civil, quedando
extinguida esta polo falecemento do causante.
Se a separación xudicial ou divorcio foi anterior ao 1 de xaneiro do
2008, pode acceder á pensión de viuvez, aínda que non percibira a
pensión compensatoria, sempre que se cumpran determinadas
condicións.
As mulleres que poidan acreditar ser vítimas de violencia de xénero
no momento da separación xudicial ou o divorcio, poderán acceder á
pensión de viuvez, aínda que non foran acredoras de pensión
compensatoria.
25
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
GUÍA DO
pensionista
10/08/2016
7:25
Página 26
[ Tamén lle interesa saber ]
O dereito á pensión de viuvez, no caso de nulidade matrimonial,
corresponderá ao sobrevivente ao que se lle recoñecera a
indemnización á que fai referencia o art. 98 do Código Civil, sempre
que non casara de novo ou constituira unha parella de feito.
As persoas condenadas en sentenza firme por homicidio ou lesións
(agás reconciliación no último suposto) non serán beneficiarias da
pensión de viuvez cando a vítima sexa a causante da pensión, que
pasará a incrementar, no seu caso, o importe das pensións de
orfandade.
26
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 27
GUÍA DO
pensionista
DESPEDIDA
Non queremos rematar esta Guía sen enviarlle unha mensaxe de
tranquilidade e de responsabilidade.
De tranquilidade, porque é unha obriga dos poderes públicos manter
un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns, que
garantice pensións adecuadas e periodicamente actualizadas.
De responsabilidade, porque este mandato, recollido na Constitución,
necesita a solidariedade das persoas que están traballando coas que
non teñen traballo, e das que xa cobran unha pensión, coas que
cobrarán máis adiante. Por iso, se excepcionalmente, algunha persoa
percibira indebidamente prestacións ou contías superiores ás que
correspondan, ese gasto está incidindo tanto nos que, como vostede,
xa son pensionistas, como nos que poidan chegar a selo no futuro.
Coa súa colaboración axudará a garantir as pensións actuais e futuras.
Confiamos que esta información lle sexa de utilidade nesta nova etapa da
súa vida como pensionista.
DE NOVO,
MOITAS GRAZAS POLA ATENCIÓN
PRESTADA A ESTA GUÍA
27
guia 2016 gall:Maquetaci—n 1
10/08/2016
7:25
Página 28
Dirección Provincial
da Coruña
A Coruña
(Dirección Provincial)
Ronda Camilo José Cela, 16
Tel: 881 909 300
A Coruña
Avda. Pedro Barrié de
la Maza, 18 Baixo
Tel: 981 221 945
A Coruña
Félix Estrada Catoira,
esq. rúa Fernando Rey
Tel: 981 153 500
Betanzos
Pintor Seijo Rubio, s/n
Tel: 981 770 405
Ferrol
Catalunya, 1
Tel: 981 311 450
A Pobra do Caramiñal
Castelao, 25
Tel: 981 830 146
Melide
Pz. do Convento, 5
Tel: 981 505 012
Santiago de Compostela
Carlos Briones Varela, s/n
esq. rúa Galeras
Tel: 981 566 600
Negreira
Castelao, 14
Tel: 981 886 220
Noia
Frei Lois Rodríguez, 11 Baixo
Tel: 981 824 600
Ortigueira
Márquez Cortiñas, 19
Tel: 981 400 181
ORTIGUEIRA
FERROL
Carballo
Pz. da Cruz Vermella, 2
Tel: 981 700 158
Corcubión
Médico Vicente
Fraguela, 13
Tel: 981 745 393
CARBALLO
A CORUÑA
BETANZOS
CORCUBIÓN
NEGREIRA
MELIDE
NOIA
SANTIAGO DE
COMPOSTELA
A POBRA DO CARAMIÑAL
GOBIERNO
DE ESPAÑA
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL
INSTITUTO NACIONAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL
Descargar