INFORMACIÓN XERAL 1.- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 2.-O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. 3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 4.-Débense cumprimentar todos os apartados do anexo II (admisión) seguindo as instrucións que con el se facilitan. 5.-Cada solicitante debe de indicar a puntuación que lle corresponde por cada apartado do baremo. De ser preciso baremar, solicitarase a presentación da documentación que xustifique os méritos alegados, tal e como se indica no calendario do proceso de admisión 2015/16. 6.-Documentación: DNI ou documento que acredite a identidade dos pais, fotocopia libro de familia, certificado do Padrón Municipal.