sindicato nacional de ccoo de galicia DOCUMENTOS A REALIDADE DAS MULLERES EN GALICIA: O EMPREGO, O SALARIO E A PENSIÓN gabinete económico do s. n. de cc oo de galicia n.º 146 / marzo de 2012 gabinete técnico económico 1 documento 146 © Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia N.º 146 / Marzo de 2012 2 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia ÍNDICE 1. As mulleres no mercado laboral galego................................................................5 1.1. Evolución da actividade ...............................................................................5 1.2. Evolución do emprego .................................................................................7 1.3. Evolución do paro ......................................................................................16 2. Salarios ...............................................................................................................21 3. A protección social das mulleres galegas...........................................................25 3.1. Prestacións por desemprego.....................................................................25 3.2. Pensións ....................................................................................................26 4. Conclusións ........................................................................................................32 gabinete técnico económico 3 sindicato nacional de ccoo de galicia 1. AS MULLERES NO MERCADO MERCADO LABORAL GALEGO Neste apartado analizamos a situación das mulleres no mercado laboral baseándonos nas súas variables básicas: a actividade, o emprego e as súas características e o desemprego. Utilizamos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) e iniciamos a análise no ano 2005 para compararmos a fase expansiva da economía e do emprego coa etapa de crise económica. 1.1. 1.1. EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE ACTIVIDADE En primeiro lugar analizamos a poboación activa, que é «o conxunto de persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse á produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia cumpren as condicións para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas». Cadro n.º 1. POBOACIÓN ACTIVA SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 548.200 567.900 572.500 588.400 604.800 597.300 611.400 HOMES 706.600 704.200 719.500 726.400 712.500 703.600 699.800 TOTAL 1.254.800 1.272.100 1.292.000 1.314.800 1.317.400 1.300.900 1.311.200 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación activa galega aumenta en 56.400 persoas entre os anos 2005 e 2011, cunha distribución desigual entre mulleres e homes. Nese período incorpóranse ao mercado laboral 63.200 mulleres e, pola contra, o número de homes activos baixa en 6.800. gabinete técnico económico 5 No último ano, a poboación activa feminina medra nun 2,4 % ata situar en 611.400 o número de mulleres activas, a cifra máis elevada dende que existen estatísticas. Pola contra, a poboación activa masculina descende nun 0,5 %, o que implica un volume de 699.800 activos. O peso da poboación activa feminina no total aumenta ao pé de tres puntos porcentuais nos últimos seis anos: as mulleres eran o 43,7 % da poboación activa galega en 2005 e en 2011 son o 46,6 %, porcentaxe que se sitúa por baixo do seu peso no conxunto da poboación e, tamén, do peso no total de persoas en idade legal de traballar. A seguir analizamos a evolución da poboación activa feminina con outro indicador, a taxa de actividade (que é o cociente entre a poboación activa e a poboación en idade legal de traballar). Os datos recóllense no cadro 2. Cadro n.º 2. TAXA DE ACTIVIDADE SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 44,3 % 45,8 % 46,0 % 47,2 % 48,5 % 48,0 % 49,2 % HOMES 62,6 % 62,2 % 63,3 % 63,7 % 62,5 % 61,8 % 61,7 % TOTAL 53,0 % 53,6 % 54,3 % 55,1 % 55,2% 54,6 % 55,2 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de actividade masculina é superior á feminina. Non obstante, o diferencial entre unha e outra reduciuse en 5,8 puntos nos últimos seis anos: en 2005 a diferenza situábase nos 18,3 puntos e no ano 2011 era de 12,5 puntos. Entre os anos 2005 e 2011, a taxa de actividade feminina aumentou en 4,9 puntos ata alcanzar o 49,2 %, mentres que a masculina retrocedeu en 0,9 puntos e sitúase no 61,7 %. No cuarto trimestre de 2011 acadouse a taxa de actividade feminina máis elevada, 49,7 %. Por último, completamos a análise da poboación activa feminina coa evolución das taxas de actividade feminina en función da idade. 6 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Cadro n.º 3. TAXA DE ACTIVIDADE FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 19 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 16,3 % 12,8 % 15,3 % 15,2 % 12,2 % 14,9 % 12,6 % 20 A 24 58,6 % 55,2 % 50,0 % 53,2 % 57,1 % 50,6 % 48,7 % 25 A 54 70,4 % 74,2 % 75,7 % 76,7 % 78,1 % 77,9 % 80,2% 55 E MÁIS 13,3 % 13,3 % 12,5 % 13,6 % 15,1 % 14,9 % 16,1 % TOTAL 44,3 % 45,8 % 46,0 % 47,2 % 48,5 % 48,0 % 49,2 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Do cadro 3 despréndese que as taxas de actividade femininas máis altas se rexistran nas mulleres que teñen entre 20 e 54 anos, especialmente no tramo de entre 25 e 54 anos. Pola contra, as taxas máis baixas danse nos grupos de idade extremos: entre 55 e máis anos (debido a que as mulleres abandonan o mercado laboral, fundamentalmente, para atenderen as responsabilidades familiares e polo atraso histórico na súa incorporación ao traballo fóra do fogar) e entre os 16 e 19 anos (pola prolongación da etapa formativa). A taxa de actividade no tramo de entre 25 e 54 anos —que concentra a maioría das mulleres activas— e no de 55 ou máis anos acada o seu valor máximo en 2011, con porcentaxes do 80,2 % e do 16,1 %, respectivamente. Pola contra, a taxa de actividade no tramo dos 16 aos 19 anos e no de entre 20 e 24 anos seguiu unha tendencia descendente no último ano ao retroceder en 2,3 e 1,9 puntos porcentuais, respectivamente. 1.2. 1.2. EVOLUCIÓN DO DO EMPREGO A segunda variable de estudo é a poboación ocupada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia estiveron traballando polo menos unha hora, a cambio dunha retribución (salario, xornal, beneficio empresarial, etcétera) en diñeiro ou en especie. Tamén son ocupadas as persoas que, tendo traballo, estiveron temporalmente ausentes por enfermidade, vacacións, etc. pero mantendo un forte vínculo con aquel». gabinete técnico económico 7 Cadro n.º 4. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O SEXO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 MULLERES HOMES TOTAL 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 499.500 655.900 661.400 678.300 672.700 628.700 600.800 583.400 1.130.100 1.164.200 1.193.400 1.200.100 1.151.400 1.100.700 1.083.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O volume total de emprego comeza a verse afectado pola crise na segunda metade de 2008; de feito, no terceiro trimestre estancouse e no cuarto xa comezou a destruírse. A poboación ocupada galega seguiu unha tendencia ascendente entre os anos 2005 e 2008. Nese período, o maior incremento corresponde ao emprego feminino, que medra un 11 % fronte a só un 3 % do emprego masculino. É dicir, 53.200 dos 70.000 empregos creados entre 2005 e 2008 foron para mulleres ou, dito doutro xeito, un 76 % do emprego neto creado foi feminino. Os efectos da crise notáronse antes no emprego masculino que no feminino: no terceiro trimestre de 2008, a poboación ocupada masculina empezou a diminuír con respecto aos valores do ano anterior, mentres que a destrución do emprego feminino se retardou ata o terceiro trimestre de 2009. Dende o ano 2008 destruíronse 117.100 empregos ata situarse o volume de emprego total en 1.083.000 persoas, cifra inferior á acada no ano 2004, o que implica que o número de persoas con emprego en Galicia retrocedeu ao que tiñamos hai sete anos. O número de mulleres ocupadas caeu en 27.900, un 5,3 %, mentres que a poboación ocupada masculina retrocedeu nun 13,3 %, o que supón unha perda de 89.300 empregos masculinos. É dicir, de cada cen empregos perdidos entre os anos 2008 e 2011, 24 estaban ocupados por mulleres. 8 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Ao analizar a evolución da poboación ocupada compróbase que no ano 2011 se moderou a destrución do emprego feminino: 400 mulleres perderon o seu emprego, mentres que no ano anterior foran 22.800. Á vista dos datos, podemos concluír que o emprego feminino medrou máis que o masculino na fase expansiva e está caendo menos na fase recesiva. Veremos máis adiante que a destrución do emprego afectou máis aos homes que ás mulleres debido á diferente incidencia da crise nas distintas ramas de actividade. Os datos do cadro 5 reflicten a evolución da taxa de ocupación (que é o cociente entre a poboación ocupada e a poboación en idade legal de traballar). Cadro n.º 5. TAXA DE OCUPACIÓN SEGUNDO O SEXO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 MULLERES HOMES 38,3 % 40,5 % 41,4 % 42,3 % 41,9 % 40,1 % 40,2 % 58,1% 58,4 % 59,7 % 59,0 % 55,1 % 52,8 % 51,4 % TOTAL 47,8 % 49,1 % 50,1 % 50,3 % 48,3 % 46,2 % 45,6 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de ocupación masculina é superior á feminina, pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego entre os homes. A diferenza entre a taxa de ocupación masculina e feminina é de 11,2 puntos, cando hai seis anos era de 19,8 puntos. Entre o ano 2008 —cando se acadou a taxa de ocupación máis elevada— e o ano 2011, a taxa de ocupación das mulleres retrocedeu en 2,1 puntos ata o 40,2 %, mentres que a masculina fíxoo en 7,6 puntos ata alcanzar o 51,4 %. gabinete técnico económico 9 A seguir, analizamos a evolución do emprego feminino nos distintos sectores de actividade. No cadro 6 plásmase a variación nos catro grandes sectores de actividade. Cadro n.º 6. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 PRIMARIO INDUSTRIA 53.200 50.200 42.900 37.200 37.400 35.800 36.400 65.000 61.800 62.800 62.500 52.800 46.600 48.600 CONSTRUCIÓN 6.700 9.200 11.300 10.500 8.800 8.200 6.900 SERVIZOS TOTAL 349.300 381.700 397.900 417.200 423.600 409.200 407.600 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 499.500 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación ocupada feminina aumentou decontino entre os anos 2005 e 2008 pero a dinámica do emprego feminino nos catro sectores de actividade era moi dispar. O sector dos servizos é o primeiro por volume de emprego feminino, e evoluciona en sentido positivo entre os anos 2005 e 2008 cunha medra do emprego do 19 %. Un 76 % dos 90.000 empregos creados neste sector foron ocupados por mulleres. No sector da construción tamén medra de xeito considerable o emprego feminino, alcanzándose o volume máximo de ocupación no ano 2007 con 11.300 mulleres. Pola contra, a evolución do sector industrial é negativa, ao diminuír o emprego un 4 % (o que non impide que siga sendo o segundo sector en importancia no emprego das mulleres); o mesmo acontece no sector primario, no que se mantén o proceso de axuste secular. Dende o ano 2008 perdeuse emprego feminino en todos os sectores de actividade. O máis prexudicado pola destrución de emprego é o industrial, cunha perda de 13.900 empregos femininos, o 22 % dos existentes en 2008. O volume mínimo de emprego na industria rexistrouse no primeiro trimestre de 2010 con 45.300 mulleres ocupadas, a cifra máis baixa dende o ano 1999. A poboación ocupada feminina no sector da construción tamén segue unha liña desfavorable pois diminúe nun 34 % no período sinalado. O emprego 10 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia feminino neste sector chega ao seu volume mínimo de ocupación no terceiro trimestre de 2011 con 6.400 mulleres ocupadas. O sector dos servizos foi o que resistiu mellor na fase inicial da crise, pero a partir do ano 2009 tamén comezou a diminuír nel a ocupación feminina. Nos dous últimos exercicios perdéronse 16.000 empregos femininos, o que supón un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009. Como diciamos ao principio deste apartado, unhas 400 mulleres perderon o seu emprego no último ano. A destrución do emprego centrouse no sector da construción (1.300 ocupadas menos) e no dos servizos (1.600 ocupadas menos). Analizando os datos por ocupacións, pérdese emprego feminino nas de carácter técnico e profesional de apoio (nun 29 %), nas relacionadas cos servizos de restauración, persoais, protección e vendas (nun 3,5 %) e nas ocupacións non cualificadas (nun 0,8 %). Os datos do cadro 7 amosan a estrutura porcentual do emprego feminino segundo o sector. Cadro n.º 7. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR. ESTRUTURA PORCENTUAL PRIMARIO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 11 % 10 % 8% 7% 7% 7% 7% INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL 14 % 12 % 12 % 12 % 10 % 9% 10% 1% 2% 2% 2% 2% 2% 1% 74 % 76 % 77 % 79 % 81 % 82 % 82 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A destrución do emprego afectou máis aos homes ca ás mulleres porque incidiu máis nos sectores masculinizados (construción e industria). Os datos do cadro 7 reflicten que o emprego feminino se concentra maioritariamente no sector dos servizos e que, no extremo oposto, o sector de actividade en que están menos presentes é o da construción. gabinete técnico económico 11 Para completar as características do emprego feminino, debemos afondar na situación profesional das ocupadas. No cadro 8 recóllese a distribución do emprego segundo a situación profesional. Cadro n.º 8. EMPREGO FEMININO POR SITUACIÓN PROFESIONAL 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 EMPREGO ASALARIADO EMPRESARIADO/ COOPERATIVISMO 354.200 384.900 401.000 413.700 417.700 402.400 401.600 97.700 103.700 101.700 103.700 98.600 91.500 92.600 AXUDAS FAMILIARES E OUTRAS SITUACIÓNS 22.300 14.200 12.400 10.000 6.400 6.100 5.300 TOTAL 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 499.500 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é mormente asalariado, pois 8 de cada 10 persoas ocupadas están nesta situación profesional. Este significativo número de asalariados (847.900 en 2011) responde ao maior peso das actividades produtivas ligadas ao traballo asalariado, como os empregos administrativos, a industria, os servizos ás persoas ou a construción, no conxunto da ocupación galega. Entre 2005 e 2008, o emprego feminino medra nas categorías de asalariadas e de empresarias con ou sen persoal asalariado, e diminúe nas de axudas familiares (mulleres que traballan na empresa dun familiar co que conviven e non teñen unha remuneración regulada) e outras situacións. O emprego asalariado feminino experimenta unha medra moi superior á do conxunto do emprego feminino, ao se situar no 17 %, acadándose unha cifra de case 414.000 mulleres asalariadas. O avance do emprego feminino tradúcese nunha medra da taxa de salarización (porcentaxe de mulleres asalariadas sobre o total de ocupadas): 75 % en 2005 e 78 % en 2008. O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata a primeira metade de 2009; nese ano alcanzouse a cifra máis alta de mulleres asalariadas, 417.700. Porén, nos dous últimos anos perderon o seu em- 12 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia prego 16.100 mulleres asalariadas, o que supón un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009. A evolución da poboación ocupada feminina nas restantes categorías segue unha tendencia negativa no período de crise, especialmente a de empresarias con ou sen persoal asalariado, que chega ao seu volume mínimo de ocupación no primeiro trimestre de 2010 con 89.500 ocupadas. No último ano continúa destruíndose emprego asalariado entre mulleres, aínda que cunha taxa máis moderada que a do ano anterior: en 2010 perderon o seu emprego 15.300 mulleres asalariadas e en 2011 fixérono unhas 800. A única categoría en que se crea emprego neto é na de empresarias ou membros de cooperativas, con 1.100 mulleres ocupadas máis que en 2010. Para completarmos os trazos do emprego feminino galego, queda por coñecer o tipo de xornada e a modalidade de contrato. Comezaremos pola evolución do emprego segundo a xornada, seguindo o cadro 9. Cadro n.º 9. EMPREGO SEGUNDO A XORNADA E O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 PARCIAL COMPLETA 101.200 97.900 90.100 101.700 101.000 100.000 101.400 372.900 405.000 424.900 425.700 421.700 399.800 398.200 HOMES PARCIAL 32.300 28.900 26.600 29.800 26.700 28.400 30.600 COMPLETA 623.600 632.400 651.800 643.000 602.000 572.400 552.800 AMBOS PARCIAL 133.500 126.800 116.600 131.500 127.700 128.400 132.000 COMPLETA 996.500 1.037.400 1.076.700 1.068.600 1.023.700 972.200 951.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é a xornada completa; reflícteo o dato de que só doce de cada cen persoas ocupadas teñen xornada parcial. A maior parte dos homes e mulleres galegos traballan a xornada completa, o 80 % das mulleres e o 95 % dos homes. Teñen contrato a tempo parcial un 20 % de mulleres fronte a un 5 % de homes. gabinete técnico económico 13 Daquela, o emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, pois o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres (101.400). Entre o ano 2005 e o 2008, o emprego feminino a xornada completa medra decontino, mentres que o de xornada parcial non presenta variacións significativas. Nese período, créanse 53.200 empregos entre mulleres, e destes 52.800 son a xornada completa. Dende que comezou a crise, o emprego feminino que se está perdendo é, a maioría, a xornada completa. De feito, nos tres últimos anos, dos 27.900 empregos perdidos, 27.500 eran a xornada completa e uns 300 a xornada parcial. Complétase a análise das características do emprego feminino coa distribución do emprego asalariado, diferenciando entre sector privado e sector público, e en función do tipo de contrato e do sexo. Cadro n.º 10. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PRIVADO MULLERES INDEFINIDO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 158.500 167.300 199.000 205.700 225.200 211.100 212.200 TEMPORAL HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO 253.800 274.200 290.300 292.800 294.000 286.200 272.700 145.300 144.800 141.800 128.000 100.400 88.100 84.800 412.300 441.400 489.300 498.500 519.300 497.300 484.900 100.500 115.900 99.600 101.100 87.700 81.400 80.200 TEMPORAL 245.800 260.700 241.400 229.200 188.100 169.500 165.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O cadro 10 reflicte a evolución do emprego por tipos de contrato e sexo no sector privado. O emprego asalariado indefinido no sector privado medrou de forma sostida ata o ano 2009. Pola contra, a cifra máis alta de persoas asalariadas con contratos temporais acadouse en 2006, e de aí en diante comezou a descender o emprego temporal. Na fase inicial da crise, a destrución do emprego asalariado no sector privado centrouse no emprego temporal. No primeiro trimestre de 2010 é cando se comeza a perder emprego asalariado indefinido. 14 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia O número de asalariadas no sector privado medrou decontino ata chegar a 312.900 en 2009, cifra que supera nun 21 % a de 2005. Nese período, o emprego neto creado foi indefinido; as asalariadas cun contrato indefinido aumentan en 66.700 e as que teñen un contrato temporal descenden en 12.800. Nos dous últimos anos perderon o seu emprego 20.500 asalariadas no sector privado: 13.000 eran indefinidas e 7.500 temporais. En termos porcentuais, o maior descenso corresponde ao emprego temporal, que diminúe un 9 % fronte a un 6 % do indefinido. No cadro 11 plásmase a evolución do emprego segundo o tipo de contrato e o sexo no sector público. Cadro n.º 11. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PÚBLICO MULLERES INDEFINIDO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 65.300 68.800 72.100 71.500 70.600 77.800 79.900 TEMPORAL HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL 69.800 70.000 71.500 70.100 68.600 71.500 73.400 17.700 16.900 17.500 18.300 18.000 15.100 15.300 135.100 138.800 143.600 141.600 139.200 149.200 153.300 47.600 49.800 47.700 53.700 52.200 47.200 44.600 29.900 32.900 30.200 35.400 34.200 32.100 29.300 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Ao contrario do que acontece no sector privado, no público hai máis mulleres asalariadas ca homes; a cifra máis alta acadouse no ano 2010 con 109.800 mulleres, que baixa ata as 109.200 en 2011. No último ano intensificouse a destrución do emprego feminino temporal no sector público, mentres que o indefinido continuou en alza. Perderon o seu emprego 2.800 asalariadas que tiñan un contrato temporal e, pola contra, o número de asalariadas cun contrato indefinido aumentou en 2.100 ata chegar ás 79.900, a cifra máis elevada dos últimos sete anos. Recollemos no cadro 12 a evolución da taxa de temporalidade por sexo e para os sectores público e privado. gabinete técnico económico 15 Cadro n.º 12. EVOLUCIÓN DA TAXA DE TEMPORALIDADE SECTOR PRIVADO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 SECTOR PÚBLICO TOTAL MULLERES HOMES MULLERES HOMES MULLERES HOMES 38,8 % 40,9 % 33,4 % 33,0 % 28,0 % 27,8 % 27,4 % 36,4 % 34,6 % 32,8 % 30,4 % 25,5 % 23,5 % 23,7 % 31,4 % 32,4 % 29,5 % 33,1 % 32,6 % 29,2 % 26,8 % 20,2 % 19,4 % 19,7 % 20,7 % 20,8 % 17,4 % 17,3 % 36,8 % 38,7 % 32,4 % 33,0 % 29,2 % 28,2 % 27,3 % 33,5 % 32,0 % 30,6 % 28,7 % 24,6 % 22,4 % 22,4 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no sector público. No sector privado, a taxa de temporalidade tendeu á baixa nos últimos seis anos; nese período caeu en case 12 puntos, seguindo unha distribución desigual entre mulleres e homes: nas mulleres baixa 11,4 puntos e nos homes, 12,7 puntos. O resultado é que a diferenza entre ambas pasa de 2,4 puntos en 2005 a 3,7 puntos en 2011. No sector público rexístrase a taxa de temporalidade máis baixa en 2011 tanto nos homes coma nas mulleres: nelas é do 26,8 % e a dos homes é do 17,3 %, o que implica que a diferenza entre ambas é case de 10 puntos. Dende o ano 2008 ata o 2010, a taxa de temporalidade das mulleres era máis alta no sector público que no privado, en 2011 é ao contrario. No último ano diminúe a taxa de temporalidade das mulleres no sector público e no privado porque se intensifica a destrución do emprego temporal, ao tempo que se modera o incremento do emprego indefinido. Podemos concluír, polo tanto, que as mulleres soportan maior eventualidade no emprego que os homes, tanto no sector privado coma no público. 1.3. 1.3. EVOLUCIÓN DO PARO A última variable de estudo é a poboación parada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia 16 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia (a anterior a aquela en que se realiza a entrevista) estiveron sen traballo, están dispoñibles para traballar no prazo das dúas semanas seguintes á semana de referencia e estiveron buscando activamente emprego durante as catro semanas precedentes (período de catro semanas que remata ao final da semana de referencia). Considéranse tamén persoas paradas as que atoparon un traballo e empecen a traballar nun período de tres meses como máximo». No cadro 13 recollemos a evolución da poboación parada segundo o sexo. Cadro n.º 13. POBOACIÓN PARADA SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 74.100 65.000 57.500 61.000 82.100 97.400 111.800 HOMES 50.700 42.800 41.200 53.700 83.800 102.900 116.400 TOTAL 124.800 107.800 98.700 114.700 165.900 200.300 228.300 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Segundo os datos do cadro, o desemprego baixou en Galicia entre os anos 2005 e 2007 nun 21 %. O maior descenso correspondía ao paro feminino, que se reduciu nun 22 % fronte ao 19 % do paro masculino. Nese período, o paro feminino foi superior ao masculino. O paro comeza a medrar en Galicia no segundo trimestre de 2008 ata afectar a 228.300 persoas no ano 2011. O maior incremento do paro concentrouse no primeiro trimestre de 2009, cando aumentou en 33.700 persoas en só tres meses. O paro feminino tamén leva aumentando dende comezos de 2008, e a maior suba concéntrase así mesmo no primeiro trimestre de 2009, ao sumar 15.000 paradas máis, un 23 % con respecto ao trimestre anterior. A cifra máis elevada de paro feminino acádase no cuarto trimestre de 2011 con 117.700 desempregadas. gabinete técnico económico 17 Na fase inicial da crise, o paro afectou máis aos homes ca ás mulleres; de feito, ata o ano 2008 había máis mulleres paradas ca homes e de aí en diante é ao contrario. Pero no último ano, o paro feminino xa medrou máis que o masculino (14.400 paradas máis fronte a 13.500 parados máis). A taxa de paro (cociente entre o número de persoas paradas e o de persoas activas) evoluciona de xeito semellante ás cifras absolutas, cunha diferenza: ao ser menor a poboación activa feminina (o divisor para calcular a taxa), o paro feminino expresado en porcentaxe é superior ao masculino. Os datos recóllense no cadro 14. Cadro n.º 14. TAXA DE PARO SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 13,5 11,4 10,0 10,4 13,6 16,3 18,3 HOMES 7,2 6,1 5,7 7,4 11,8 14,6 16,6 TOTAL 9,9 8,5 7,6 8,7 12,6 15,4 17,4 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro caeu de forma sostida na fase expansiva ata alcanzar un mínimo do 7,6 % en 2007. A partir dese momento non deixou de medrar, cun perfil moi similar á evolución das cifras absolutas de paro. Como xa comentamos, a taxa de paro feminina é e foi sempre superior á masculina, mesmo nos anos en que hai menos mulleres en paro ca homes. A diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina é máis alta na fase expansiva da economía que na etapa da crise. En 2007, cando chegou ao seu mínimo, a diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina era de 4,3 puntos e en 2011 esa diferenza baixa ata 1,7 puntos. A seguir analizamos a evolución da taxa de paro feminina segundo a idade, datos que recollemos no cadro 15. 18 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Cadro n.º 15. EVOLUCIÓN DA TAXA DE PARO FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 24 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 25 A 54 26,7 23,3 20,5 24,0 30,1 36,7 36,6 12,5 10,9 9,5 9,4 12,9 15,7 18,2 55 E MÁIS TOTAL 8,1 6,1 6,0 7,3 7,6 9,1 10,8 13,5 11,4 10,0 10,4 13,6 16,3 18,3 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro distribúese de xeito moi dispar entre os diferentes grupos de idade: nas mulleres de entre 16 e 24 anos en 2011 era do 36,6 %, cifra que duplica a das mulleres de entre 25 e 54 anos e multiplica por tres a das que teñen 55 ou máis anos. Entre o ano 2007 —cando a taxa de paro está no seu nivel máis baixo— e o 2011, a taxa de paro feminina aumentou para todos os grupos de idade, sobre todo o de 16 a 24 anos. En só catro anos, a taxa de paro aumenta en 16,1 puntos para as mulleres que teñen entre 16 e 24 anos; en 8,7 puntos para as de 25 a 54 anos e en 4,8 puntos entre as mulleres de 55 ou máis anos. Por último, analizamos a evolución do paro feminino segundo o nivel de formación. Os datos tomámolos do cadro 16. Cadro n.º 16. EVOLUCIÓN DO PARO FEMININO SEGUNDO O NIVEL DE FORMACIÓN 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 1 8.200 7.900 8.900 7.500 8.200 10.200 12.400 2 21.500 19.500 17.600 21.700 33.900 35.800 39.500 3 18.400 16.400 15.300 13.300 17.900 21.200 27.500 4 25.900 21.300 15.800 18.400 22.100 30.200 32.400 TOTAL 74.100 65.000 57.500 61.000 82.100 97.400 111.800 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA 1. 2. 3. 4. Persoas sen estudos e educación primaria Educación secundaria, primeira etapa Educación secundaria, segunda etapa Educación superior gabinete técnico económico 19 Segundo os datos do cadro 16, conforme avanza a crise o aumento do paro afecta a todas as mulleres, independentemente do seu nivel académico. A incidencia do paro foi maior entre as mulleres que teñen educación secundaria de primeira etapa e as que teñen educación superior. Ao comparar os datos de 2011 cos de 2007, compróbase que o número de paradas neses niveis de formación é máis do dobre. Dende o ano 2007, o paro entre as mulleres con educación secundaria de segunda etapa increméntase nun 80 % e entre as mulleres sen estudos e educación primaria, un 39 %. 20 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia 2. OS SALARIOS Un instrumento útil para coñecer a realidade dos salarios por sexos en Galicia pode ser a estatística de «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» que elabora anualmente a Axencia Tributaria. O ámbito xeográfico desta estatística limítase ás comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra) e os últimos datos publicados corresponden ao ano 2010. Cadro n.º 17. SALARIO MEDIO ANUAL POR CC. AA. CC. AA. Comunidade de Madrid Cataluña Cidade de Melilla Cidade de Ceuta Aragón Principado de Asturias MEDIA DE CC. AA. Cantabria A Rioxa Castela e León Illas Baleares Galicia Comunidade Valenciana Canarias Castela-A Mancha Rexión de Murcia Andalucía Estremadura MULLERES (1) 20.448 18.120 17.470 17.366 16.370 16.238 16.209 16.169 16.134 15.897 15.784 15.704 14.876 14.819 14.661 14.114 12.836 12.735 HOMES (2) 28.400 24.103 24.471 25.594 22.294 22.823 21.449 22.355 20.887 21.038 19.793 20.408 19.339 17.975 18.477 17.997 17.512 16.110 1/2*100 72 % 75 % 71 % 68 % 73 % 71 % 76 % 72 % 77 % 76 % 80 % 77 % 77 % 82 % 79 % 78 % 73 % 79 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). Nese ano, en Galicia había 1.067.999 persoas asalariadas, e delas 475.306 (o 45 % do total) eran mulleres. O importe do salario medio anual dunha persoa traballadora en Galicia foi de 18.314 euros, cifra que, desagregada gabinete técnico económico 21 por sexos, implica un salario de 20.408 euros para os homes e de 15.704 para as mulleres. É dicir, unha traballadora galega percibiu un salario equivalente ao 77 % do dun home. Ou, dito doutro xeito, os ingresos salariais das mulleres galegas foron un 23 % inferiores aos dos homes, o que en cifras absolutas supón uns 4.704 euros menos ao ano. O salario medio anual feminino no conxunto estatal é inferior ao masculino nun 24 %, mentres que en Galicia —como xa destacamos— está por baixo da media cunha porcentaxe desfavorable ás mulleres do 23 %. As maiores diverxencias salariais entre mulleres e homes danse na comunidade de Asturias e nas cidades de Ceuta e Melilla. Pola contra, Canarias presenta a menor brecha salarial. Ao revisarmos o importe do salario medio anual feminino das diferentes comunidades e cidades autónomas de réxime común, comprobamos que o salario das mulleres galegas é o sétimo máis baixo. En concreto, o salario medio anual feminino en Galicia é inferior en 505 euros á media estatal e en 4.744 euros con respecto a Madrid, que é a comunidade que ten o salario feminino máis alto. Cadro n.º 18. SALARIO MEDIO ANUAL POR SECTORES E SEXO EN GALICIA MULLERES (1) SECTORES DE ACTIVIDADE Agricultura, gandería, silvicultura e pesca Industria extractiva, enerxía e auga Industria Construción e actividades inmobiliarias Comercio, reparacións e transporte Información e comunicacións Entidades financeiras e aseguradoras Servizos ás empresas Servizos sociais Outros servizos persoais e de ocio 10.858 19.443 14.447 15.730 12.647 17.679 25.037 11.656 22.093 8.091 HOMES (2) 15.323 24.734 21.455 16.681 18.283 25.247 38.585 17.815 27.368 11.275 1/2*100 71 % 79 % 67 % 94 % 69 % 70 % 65 % 65 % 81 % 72 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 22 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Outra análise interesante é a das diferenzas salariais por sectores de actividade e sexo recollidas no cadro 18. Segundo os datos da citada estatística, os ingresos salariais das mulleres están por debaixo dos percibidos polos homes en todos os sectores de actividade. As maiores diferenzas entre sexos en Galicia prodúcense no sector das entidades financeiras e aseguradoras e no de servizos ás empresas, nos que os salarios femininos supoñen o 65 % dos masculinos, seguidos da industria cunha porcentaxe do 67 %. No extremo contrario, con menores diferenzas está o sector da construción e actividades inmobiliarias, no que os salarios femininos supoñen o 94 % dos masculinos. Hai que destacar que, neste sector, o emprego feminino é inferior ao masculino e que a menor diferenza salarial se explica pola maior presenza de mulleres nas categorías de tipo administrativo ou técnico, que perciben salarios superiores. O sector en que as mulleres perciben uns salarios máis elevados é o das entidades financeiras e aseguradoras (25.037 euros anuais), seguido do de servizos sociais (22.093 euros anuais). Pola contra, os máis baixos danse nas actividades englobadas na epígrafe «outros servizos persoais e de ocio», cun salario medio anual de 8.091 euros, e no sector da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (10.858 euros anuais). As diferenzas salariais entre homes e mulleres mantéñense anos tras ano e non teñen trazas de que vaian reducirse de forma significativa. Isto débese a diferentes razóns, que podemos agrupar en dous grandes bloques: As que teñen que ver coa desemellante composición do emprego feminino: o emprego das mulleres localízase, en maior medida ca o dos homes, nas ramas de actividade e ocupación peor remuneradas, nos empregos a tempo parcial e nos contratos temporais. A antigüidade das mulleres nas empresas é inferior á dos homes por mor da súa incorporación serodia á actividade laboral ou polas interrupcións desta para asumir responsabilidades familiares. As derivadas da discriminación directa ou indirecta no posto de traballo, consecuencia da falta de recoñecemento do principio «igual retribución gabinete técnico económico 23 para o traballo de igual valor», como, por exemplo, a existencia de sistemas de clasificación profesional sexistas; ou na determinación dos factores que inflúen na avaliación dos postos de traballo, a promoción ou a conformación da parte variable do salario. 24 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia 3. A PROTECCIÓN SOCIAL SOCIAL DAS MULLERES GALEGAS Neste punto analizamos os ingresos obtidos por mulleres e homes galegos procedentes das prestacións por desemprego e das pensións do sistema de seguridade social. Cómpre unha matización inicial para lembrarmos que, na teoría, o sistema de protección social non discrimina en función do sexo. Non obstante, a realidade demostra que as desiguais condicións de acceso e permanencia das mulleres no mercado laboral (temporalidade, traballo a tempo parcial, salarios inferiores…) fan que topen máis dificultades para reunir os períodos de cotización necesarios e que, cando os reúnen, as contías das prestacións son menores. 3.1. PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO DESEMPREGO A estatística «Mercado de traballo e pensións de fontes tributarias» da Axencia Tributaria ofrece información sobre o importe medio anual das prestacións por desemprego pero non diferencia o importe das prestacións contributivas do das asistenciais. Os datos do cadro 17 reflicten que as prestacións medias anuais por desemprego percibidas polas mulleres son inferiores ás dos homes en todas as comunidades autónomas, aínda que as diferenzas son moito menores ca nos casos dos ingresos por salarios ou por pensións. En Galicia, a prestación media anual ascendeu en 2010 a 3.754 euros. No caso dos homes, o importe medio foi de 4.093 euros, mentres que nas mulleres foi de 3.358 euros. Polo tanto, as prestacións por desemprego percibidas polas mulleres galegas equivaleron ao 82 % das dos homes, é dicir, foron un 18 % máis baixas. gabinete técnico económico 25 Cadro n.º 19. PRESTACIÓN POR DESEMPREGO. MEDIA ANUAL POR CC. AA. CC. AA. Comunidade de Madrid Cataluña A Rioxa Comunidade Valenciana MEDIA DE CC. AA. Cidade de Ceuta Aragón Canarias Castela-A Mancha Cidade de Melilla Rexión de Murcia Castela e León Principado de Asturias Andalucía Galicia Cantabria Estremadura Illas Baleares MULLERES (1) 4.020 3.931 3.569 3.569 3.559 3.542 3.478 3.474 3.441 3.406 3.400 3.395 3.394 3.373 3.358 3.215 3.187 3.182 HOMES (2) 4.650 4.651 4.093 4.451 4.269 3.897 4.072 4.109 4.098 3.798 4.221 4.124 4.259 4.048 4.093 4.149 3.735 3.714 1/2*100 86 % 85 % 87 % 80 % 83 % 91 % 85 % 85 % 84 % 90 % 81 % 82 % 80 % 83 % 82 % 77 % 85 % 86 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). Cómpre destacar, por último, que as mulleres galegas perciben prestacións por desemprego inferiores á media estatal e que ocupan o cuarto posto entre as prestacións máis baixas de todas as comunidades autónomas. 3.2. 3.2. PENSIÓNS Para analizar as diferenzas entre sexos dos ingresos anuais procedentes das pensións do sistema da seguridade social utilizamos de novo a estatística «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» da Axencia Tributaria. Esta estatística ofrécenos información sobre as pensións medias anuais pero non permite separar os importes en función do tipo de prestación (se é ou non contributiva ou se é de xubilación, invalidez ou viuvez) xa que só dá os importes medios. 26 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia O que si reflicte a estatística é que, tamén no caso das pensións, os ingresos obtidos polas mulleres son inferiores aos dos homes, e que esta situación se repite en todas as comunidades autónomas. Segundo a citada fonte, en Galicia, un total de 759.299 persoas percibiron en 2010 algún tipo de pensión, das cales 389.435 (o 51 % do total) eran mulleres. Cadro n.º 20. PENSIÓN MEDIA ANUAL POR CC. AA. CC. AA. Comunidade de Madrid Cidade de Ceuta Principado de Asturias Cidade de Melilla Cantabria Aragón Cataluña Castela e León MEDIA DE CC. AA. A Rioxa Canarias Illas Baleares Comunidade Valenciana Andalucía Galicia Estremadura Castela-A Mancha Rexión de Murcia MULLERES (1) 11.412 10.899 10.585 10.573 10.027 10.014 9.932 9.853 9.673 9.653 9.260 9.180 9.131 9.049 8.901 8.844 8.842 8.685 HOMES (2) 1/2*100 17.370 17.293 18.527 16.333 15.159 14.710 14.750 13.635 13.743 13.103 12.326 12.670 12.537 12.306 12.035 10.875 11.528 11.710 66 % 63 % 57 % 65 % 66 % 68 % 67 % 72 % 70 % 74 % 75 % 72 % 73 % 74 % 74 % 81 % 77 % 74 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). O importe medio anual da pensión en Galicia é de 10.428 euros que, no caso dos homes, se eleva aos 12.035 euros e nas mulleres redúcese a 8.901 euros. Isto significa que a pensión percibida por unha muller equivale ao 74 % da dun home ou, o que é o mesmo, as pensións das mulleres son inferiores nun 26 % ás dos homes. No ámbito estatal, a contía da pensión media anual feminina é un 30 % inferior á masculina. gabinete técnico económico 27 Se analizamos as pensións en función do seu importe, sen atender á comparación coas dos homes, comprobamos que a contía da pensión media anual das mulleres galegas é a cuarta máis baixa de todas as comunidades e cidades autónomas de réxime común: é inferior en 772 euros á media, e en 2.511 euros á da Comunidade de Madrid que é a máis elevada. Completamos esta análise das pensións cos datos que nos ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE), procedentes do Instituto Nacional da Seguridade Social. Esta fonte permite coñecer o importe medio mensual das pensións contributivas por sexo e tramos de idade. A contía das pensións contributivas depende dunha serie de variables: as bases de cotización, o peso dos diferentes tipos e réximes da seguridade social, a idade real de xubilación, os anos cotizados, etc. A distribución das pensións por clases ten unha especial relevancia porque explica, en boa medida, por que as pensións das mulleres son máis baixas ca as dos homes. No cadro 21 recóllese o número de pensións contributivas e o seu importe por sexos. Os datos son referidos ao 31 de decembro de 2010. Cadro n.º 21. PENSIÓNS SEGUNDO CLASE E SEXO EN GALICIA CLASE Incap. permanente Xubilación Viuvez Orfandade Favor familiares TOTAL NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES HOMES MULLERES 22.792 192.403 164.548 9.510 3.849 393.102 46.709 253.923 18.791 10.575 1.714 331.712 623,79 546,71 496,25 347,56 432,24 524,12 HOMES 798,24 875,55 363,90 346,92 404,94 816,39 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE O importe medio das pensións de viuvez, orfandade e a favor de familiares móvese por baixo do salario mínimo interprofesional, que en 2010 era de 641,40 euros ao mes. As pensións de xubilación e de incapacidade permanente están lixeiramente por riba. 28 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Como se ve no cadro, as mulleres teñen un peso elevado nas pensións de viuvez, mentres que os homes son beneficiarios, sobre todo, das de xubilación; e os importes das pensións de xubilación son considerablemente máis elevados ca os de viuvez. Das 393.102 pensións que perciben as mulleres, o 49 % son de xubilación e o 42 % de viuvez. A distribución das pensións que perciben os homes segundo a clase é diferente: o 77 % son de xubilación e só o 6 % son de viuvez. O importe medio das pensións de xubilación era de 733,79 euros mensuais que, no caso dos homes, se elevaba aos 875,55 euros ao mes e nas mulleres baixaba ata os 546,71 euros mensuais. O 31 de decembro de 2010 había 253.923 homes xubilados fronte a 192.403 mulleres xubiladas, o que implica que as mulleres perciben o 43 % das pensións de xubilación. Cadro n.º 22. PENSIÓNS DE XUBILACIÓN SEGUNDO TRAMOS DE IDADE E SEXO IDADE NÚMERO DE PENSIÓNS MULLERES 45-49 50-54 55-59 60-64 65-69 70-74 75-79 80-84 85 ou máis TOTAL 0 3 15 3.909 36.363 34.216 39.274 35.686 42.926 192.403 HOMES 2 53 2.486 16.185 61.889 52.998 54.740 37.244 28.296 253.923 IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES HOMES 0 1.724,07 1.614,15 899,21 632,17 566,56 535,72 506,28 469,61 546,71 2.218,32 1.751,32 1.565,05 1.264,98 1.002,67 859,04 798,86 739,63 670,85 875,55 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE Segundo se reflicte no cadro anterior, o 79 % das pensións de xubilación que perciben as mulleres non chegan aos 600 euros mensuais e aproximadamente só un 2 % supera o salario mínimo interprofesional. No caso das pensións contributivas de viuvez, o importe medio mensual era de 363,90 euros para os homes e de 496,25 euros para as mulleres. Aproximadamente un 90 % desas pensións son percibidas por mulleres. gabinete técnico económico 29 Ao desagregar as pensións de viuvez por tramos de idade e sexo, compróbase que a contía media que cobran as mulleres supera a dos homes en todos os tramos de idade. Cadro n.º 23. PENSIÓNS DE VIUVEZ SEGUNDO TRAMOS DE IDADE E SEXO IDADE NÚMERO DE PENSIÓNS MULLERES 20-24 25-29 30-34 35-39 40-44 45-49 50-54 55-59 60-64 65-69 70-74 75-79 80-84 85 ou máis TOTAL HOMES 6 57 237 617 1.565 2.801 4.694 6.895 10.751 15.188 19.780 31.263 31.468 39.174 164.548 0 9 16 87 192 425 734 968 1.157 1.422 1.752 2.793 3.387 5.843 18.791 IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES 598,90 618,13 593,46 596,22 586,17 581,35 586,67 573,88 587,22 561,35 525,77 507,53 468,38 407,92 496,25 HOMES 0 339,86 517,68 550,47 520,03 510,30 532,79 526,10 484,20 426,22 372,50 337,93 317,18 294,71 363,90 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE. A partir do tramo de entre 70 e 74 anos, o importe medio mensual da pensión de viuvez das mulleres en Galicia non chega aos 510 euros. E as mulleres beneficiarias das pensións de viuvez superan maioritariamente os 74 anos (101.905, en termos porcentuais o 62 %). As pensións non contributivas da seguridade social tamén as perciben sobre todo mulleres. Ata o 31 de decembro de 2010 había 46.511 persoas que percibían ese tipo de prestación, ao pé do 69 % eran mulleres (unhas 32.177). O cadro 24 amosa a distribución das pensións non contributivas da seguridade social por sexo e tramos de idade o 31 de decembro de 2010. 30 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia Cadro n.º 24. NÚMERO DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL MULLERES 18-19 20-24 25-34 35-44 45-54 55-64 65-69 70-74 75-79 80 ou máis TOTAL 48 203 1.048 2.121 2.691 3.228 4.934 5.523 6.358 6.023 32.177 HOMES 66 272 1.256 2.397 2.392 1.841 1.364 1.330 1.644 1.772 14.334 TOTAL 114 475 2.304 4.518 5.083 5.069 6.298 6.853 8.002 7.795 46.511 Fonte: Elaboración propia sobre datos da IGE Nos tramos de idade máis baixos hai máis homes a percibiren pensións non contributivas que mulleres. A partir do tramo de 35 a 44 anos ocorre o contrario. Con menos de 45 anos hai 3.420 mulleres beneficiarias desa prestación fronte a 3.991 homes. Non obstante, o número de mulleres con 45 ou máis anos que perciben pensións non contributivas case triplica o dos homes (28.757 mulleres fronte a 10.343 homes). gabinete técnico económico 31 4. CONCLUSIÓNS A modo de resumo, estes son os datos máis salientables da situación das mulleres no mercado laboral galego. — A participación das mulleres no mercado laboral incrementouse de xeito significativo ata acadarse en 2011 o volume de poboación activa máis elevado que se coñece: 611.400 activas. A taxa de actividade feminina mellorou pero, aínda así, segue sendo moi inferior á masculina (49,2 % fronte a 61,7 %). — Dende o ano 2008 destruíronse 27.900 empregos femininos e 89.300 empregos masculinos. É dicir, de cada cen empregos perdidos, 24 estaban ocupados por mulleres. A destrución do emprego afectou máis aos homes ca ás mulleres porque incidiu máis nos sectores da construción e da industria. — A taxa de ocupación masculina é superior á feminina, pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego entre os homes. A diferenza entre a taxa masculina e feminina é de 11,2 puntos. — O emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, pois o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres. — O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata a primeira metade de 2009; nese ano alcanzouse a cifra máis alta de mulleres asalariados, 417.700. Porén, nos dous últimos anos perderon o seu emprego 16.100 mulleres asalariadas: 3.700 eran indefinidas e 12.400 temporais. — A taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no sector público: nas mulleres é do 26,8 % e nos homes do 17,3 % 32 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia — Na fase inicial da crise, o paro afectou máis aos homes ca ás mulleres. Pero, no último ano o paro feminino xa medrou máis que o masculino (14.400 paradas máis fronte a 13.500 parados máis). A taxa de paro feminina distribúese de xeito moi desigual entre os diferentes grupos de idade: nas mulleres de entre 16 e 24 anos era en 2011 do 36,6 %, cifra que duplica a das mulleres de entre 25 e 54 anos e multiplica por tres a das que teñen 55 ou máis anos. — O salario dunha muller galega é inferior nun 23 % ao dun home: 15.704 euros e 20.408 euros, respectivamente. As diferenzas pódense ampliar en función da rama de actividade: no sector das entidades financeiras e aseguradoras e no de servizos ás empresas, os salarios femininos supoñen o 65 % dos masculinos, e na industria a porcentaxe é do 67 %. — As desiguais condicións de permanencia das mulleres no mercado laboral fan que a contía das súas prestacións por desemprego sexa menor á dos homes nun 18 %, circunstancia que se repite nas pensións femininas, que foron un 26 % inferiores ás dos homes (8.901 euros fronte a 12.035). gabinete técnico económico 33 34 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión sindicato nacional de ccoo de galicia ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS DO GABINETE ECONÓMICO ECONÓMICO DO SINDICATO NACIONAL DE CC OO DE GALICIA 127. Orzamentos autonómicos 2010. Novembro de 2009 128. As propostas de CC OO ante a crise económica. Xaneiro de 2010 129. As repercusións a crise económica no mercado laboral. Xaneiro de 2010 130. As repercusións a crise económica no mercado laboral feminino. Marzo de 2010 131. O sistema público de pensións en Galicia. Marzo de 2010 132. Impacto das enfermidades profesionais en Galicia. Abril de 2010 133. Aproximación dos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Maio de 2010 134. As repercusións da crise económica no mercado laboral II. Maio de 2010 135. O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 200/2009. Xuño de 2010 136. As repercusións da crise económica no mercado laboral III. Agosto de 2010 137. O déficit público español en perspectiva europea: un problema de ingresos. Novembro de 2010 138. Os orzamentos xerais do estado 2011 e a súa repercusión en Galicia. Novembro de 2010 139. As pensións contributivas en Galicia. Febreiro de 2011 140. As repercusións da crise económica no mercado laboral IV. Febreiro de 2011 141. O mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero. Marzo de 2011 142. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Abril de 2011 143. Aproximación aos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Abril de 2011 144. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Setembro de 2011 145. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Febreiro de 2012 gabinete técnico económico 35