sindicato nacional de ccoo de galicia DOCUMENTOS O MERCADO LABORAL GALEGO DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO gabinete económico do s. n. de cc oo de galicia n.º 141 / marzo de 2011 gabinete técnico económico 1 documento 141 © Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia N.º 141 / Marzo de 2011 2 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia ÍNDICE 1. Introdución ..........................................................................................................5 2. Evolución da actividade ......................................................................................5 3. Evolución do emprego ........................................................................................8 4. Evolución do paro .............................................................................................18 5. Efectos da reforma laboral na contratación ......................................................21 gabinete técnico económico 3 sindicato nacional de ccoo de galicia 1. INTRODUCIÓN Neste informe analizamos a situación do mercado laboral feminino estudando as súas variables básicas: a actividade, o emprego e as súas características, o desemprego e o impacto da crise. Utilizamos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) e iniciamos a análise no ano 2005 para compararmos a fase expansiva da economía e do emprego coa etapa de crise económica. 2. EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE ACTIVIDADE Analizamos en primeiro lugar a poboación activa, que é «o conxunto de persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse á produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia cumpren as condicións para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas». Cadro n.º 1. POBOACIÓN ACTIVA SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 548.200 567.900 572.500 588.400 604.800 597.300 HOMES 706.600 704.200 719.500 726.400 712.500 703.600 TOTAL 1.254.800 1.272.100 1.292.000 1.314.800 1.317.400 1.300.900 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación activa galega medra de xeito continuado entre os anos 2005 e 2009, cunha distribución desigual entre mulleres e homes. Nese período incorpóranse ao mercado laboral 62.600 persoas e, destas, 56.600 son mulleres; é dicir, o 90 % das novas persoas activas son mulleres. gabinete técnico económico 5 documento 141 Incluso no ano 2009, cando se estaba a destruír emprego en Galicia, a poboación activa feminina continuaba medrando a unha taxa interanual do 3 %, coma no ano anterior, mentres que a poboación activa masculina retrocedía nun 2 %. No primeiro trimestre de 2009 acadouse a cifra máis elevada de mulleres activas, 611.500. A partir dese trimestre, o impacto da crise económica reflíctese na poboación activa feminina e comeza a descender a incorporación da muller ao mercado laboral. No ano 2010, a poboación activa descende cunha repartición practicamente homoxénea entre mulleres e homes: diminúe nun 1 % ata situar en 597.300 o número de mulleres activas, e baixa na mesma porcentaxe para os homes, o que implica un volume de 703.600 activos. O peso da poboación activa feminina no total aumenta ao pé de dous puntos porcentuais nos últimos cinco anos: as mulleres eran preto do 44 % da poboación activa galega en 2005 e en 2010 aproxímanse ao 46 %, porcentaxe que se sitúa por baixo do seu peso no conxunto da poboación e, tamén, do peso no conxunto de persoas en idade legal de traballar. A seguir analizamos a evolución da poboación activa feminina con outro indicador, a taxa de actividade (que é o cociente entre a poboación activa e a poboación en idade legal de traballar). Os datos recóllense no cadro 2. Cadro n.º 2. TAXA DE ACTIVIDADE SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 44,3 % 45,8 % 46,0 % 47,2 % 48,5 % 48,0 % HOMES 62,6 % 62,2 % 63,3 % 63,7 % 62,5 % 61,8 % TOTAL 53,0 % 53,6 % 54,3 % 55,1 % 55,2% 54,6 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Ao examinar as taxas de actividade en función do sexo, compróbase que as taxa de actividade masculina é superior á feminina. Non obstante, o diferencial entre unha e outra reduciuse en 4,5 puntos nos últimos cinco anos: 6 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia en 2005 a diferenza situábase nos 18,3 puntos e no ano 2010 esa diferenza era de 13,8 puntos. Entre 2005 e o valor máximo, alcanzado no primeiro trimestre de 2009, a taxa mellorou en 2,8 puntos, fundamentalmente porque a taxa de actividade feminina aumentou en 4,7 puntos mentres que a masculina só o fixo en 0,5 puntos. Unha vez iniciada a crise, a taxa de actividade masculina comezou a caer por debaixo dos niveis dun ano antes, no cuarto trimestre de 2008, mentres que coa taxa de actividade feminina isto acontece no cuarto trimestre de 2009. Por último, e para completar a análise da poboación activa feminina, imos estudar a evolución das taxas de actividade feminina en función da idade. Cadro n.º 3. TAXA DE ACTIVIDADE FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 19 2005 2006 2007 2008 2009 2010 16,3 % 12,8 % 15,3 % 15,2 % 12,2 % 14,9 % 20 A 24 58,6 % 55,2 % 50,0 % 53,2 % 57,1 % 50,6 % 25 A 54 70,4 % 74,2 % 75,7 % 76,7 % 78,1 % 77,9 % 55 E MÁIS 13,3 % 13,3 % 12,5 % 13,6 % 15,1 % 14,9 % TOTAL 44,3 % 45,8 % 46,0 % 47,2 % 48,5 % 48,0 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Do cadro 3 despréndese que as taxas de actividade femininas máis altas se rexistran nas mulleres que teñen entre 20 e 54 anos, especialmente no tramo de entre 25 e 54 anos. Pola contra, as taxas máis baixas danse nos grupos de idades extremos: entre 55 e máis anos (debido a que as mulleres abandonan o mercado laboral, fundamentalmente para atenderen as responsabilidades familiares e polo atraso histórico na incorporación da muller ao traballo fóra do fogar) e entre os 16 e 19 anos (pola prolongación da etapa formativa). No ano 2010, a taxa de actividade feminina baixou en todos os tramos de idade estudados, agás no de 16 a 19 anos que aumentou en 2,7 puntos porcentuais con respecto ao ano precedente. gabinete técnico económico 7 documento 141 A taxa de actividade no tramo de entre 25 e 54 anos —que concentra a maioría das mulleres activas— acada o seu valor máximo no segundo trimestre de 2009 cunha porcentaxe do 79,0 % e, dende entón, cae en 1,1 puntos porcentuais ata se situar no 77,9 % no cuarto trimestre de 2010. No tramo de 55 e máis anos presenta taxas de variación interanuais negativas nos tres primeiros trimestres de 2010 pero logo remata o cuarto trimestre cun balance positivo ao se rexistrar a cifra máis elevada da serie analizada, 15,3 %. A taxa de actividade no tramo de 20 a 24 anos seguiu unha liña desfavorable ao longo de 2010 e retrocedeu en máis de 6 puntos porcentuais no último ano. 3. EVOLUCIÓN DO EMPREGO A segunda variable de estudo é a poboación ocupada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia estiveron traballando polo menos unha hora, a cambio dunha retribución (salario, xornal, beneficio empresarial, etcétera) en diñeiro ou en especie. Tamén son ocupadas as persoas que, tendo traballo, estiveron temporalmente ausentes por enfermidade, vacacións, etc. pero mantendo un forte vínculo con aquel». Cadro n.º 4. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O SEXO (DATOS ABSOLUTOS) 2005 2006 2007 2008 2009 2010 MULLERES HOMES TOTAL 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 655.900 661.400 678.300 672.700 628.700 600.800 1.130.100 1.164.200 1.193.400 1.200.100 1.151.400 1.100.700 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O volume total de emprego comeza a verse afectado pola crise na segunda metade de 2008. De feito, no terceiro trimestre estancouse e no cuarto xa comezou a destruírse. 8 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia A poboación ocupada galega seguiu unha tendencia ascendente entre os anos 2005 e 2008. Nese período, o maior incremento corresponde ao emprego feminino, que medra un 11 % fronte a só un 3 % do emprego masculino. É dicir, 53.200 dos 70.000 empregos creados entre 2005 e 2008 foron para mulleres ou, dito doutro xeito, un 76 % do emprego neto creado foi feminino. Os efectos da crise notáronse antes no emprego masculino que no feminino: a poboación ocupada masculina empezou a diminuír por baixo dos valores dun ano antes no terceiro trimestre de 2008, mentres que a destrución do emprego feminino se retardou ata o terceiro trimestre de 2009. Dende o ano 2008 destruíronse 99.400 empregos ata situarse o volume de emprego total en 1.100.700 persoas, cifra inferior á acada no ano 2005. Deses 99.400 empregos perdidos, 27.500 eran femininos. É dicir, en só dous anos pérdese o 52 % do emprego feminino creado no período 2005-2008. Ao analizar a evolución do emprego feminino trimestre a trimestre compróbase que os maiores descensos da ocupación se concentran na primeira metade de 2010. En consecuencia, nese ano o número de mulleres ocupadas caeu en 22.800, un 4,4 %, mentres que a poboación ocupada masculina tamén retrocedeu nun 4,4 %, o que supón unha perda de 27.900 empregos masculinos. Á vista dos datos, podemos concluír que o emprego feminino medrou máis que o masculino na fase expansiva, resistiu mellor na fase inicial da crise, pero nos últimos trimestres este diferencial positivo estase acurtando. Como veremos máis adiante, a destrución do emprego afectou máis aos homes que ás mulleres, debido á diferente incidencia da crise nas distintas ramas de actividade. gabinete técnico económico 9 documento 141 Cadro n.º 5. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O SEXO (DATOS PORCENTUAIS) MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 42 % 43 % 43 % 44 % 45 % 45 % HOMES TOTAL 58 % 57 % 57 % 56 % 55 % 55 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Os datos do cadro 5 reflicten que o emprego masculino ten maior peso que o feminino, aínda que esta diferenza foise acurtando nos últimos anos. O peso do emprego feminino sobre o total incrementouse en tres puntos porcentuais nos últimos cinco anos: as mulleres representaban en 2005 o 42 % da poboación ocupada e en 2010 eran o 45 %. Destaca, tamén, que no segundo trimestre de 2009 e no cuarto de 2010 se acada o valor máximo de participación, o 46 %, motivado pola destrución do emprego masculino. A seguir, analizamos a evolución do emprego feminino nos distintos sectores de actividade. No cadro 6 plásmase a variación nos catro grandes sectores de actividade. Cadro n.º 6. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR 2005 2006 2007 2008 2009 2010 PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL 53.200 50.200 42.900 37.200 37.400 35.800 65.000 61.800 62.800 62.500 52.800 46.600 6.700 9.200 11.300 10.500 8.800 8.200 349.300 381.700 397.900 417.200 423.600 409.200 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación ocupada feminina aumentou deseguido entre os anos 2005 e 2008 pero a dinámica do emprego feminino nos catro sectores de actividade era moi diferente. O sector dos servizos é o primeiro por volume de emprego feminino, e evoluciona en sentido positivo entre os anos 2005 e 2008 cunha medra do emprego do 19 %. Un 76 % dos 90.000 empregos 10 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia creados neste sector foron ocupados por mulleres. No sector da construción tamén medra de maneira considerable o emprego feminino, alcanzándose o volume máximo de ocupación no ano 2007 con 11.300 mulleres ocupadas. Pola contra, a evolución do sector industrial é negativa, ao diminuír o emprego un 4 % (o que non impide que siga sendo o segundo sector en importancia no emprego das mulleres); o mesmo acontece no sector primario, no que se mantén o proceso de axuste secular. Entre os anos 2008 e 2010 perdeuse emprego feminino en todos os sectores de actividade. O máis afectado pola destrución de emprego é o industrial, cunha perda de 15.900 empregos femininos, o 25 % dos existentes en 2008. O volume mínimo de emprego acadouse no primeiro trimestre de 2010 con 45.300 mulleres ocupadas, a cifra máis baixa dende o ano 1999. A poboación ocupada feminina no sector da construción tamén segue unha liña desfavorable pois diminúe nun 22 % no período sinalado. O emprego feminino no sector da construción acada o seu volume mínimo de ocupación no cuarto trimestre de 2010 con 7.900 mulleres ocupadas. O sector dos servizos foi o que sufriu menos o impacto da crise; aínda así, no último ano a poboación ocupada feminina baixa en 14.400 empregos, o que supón un ritmo de caída do 3 % con respecto á cifra existente en 2009. Os datos do cadro 7 amosan a estrutura porcentual do emprego feminino segundo o sector. Cadro n.º 7. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR. ESTRUTURA PORCENTUAL PRIMARIO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 11 % 10 % 8% 7% 7% 7% INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL 14 % 12 % 12 % 12 % 10 % 9% 1% 2% 2% 2% 2% 2% 74 % 76 % 77 % 79 % 81 % 82 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA gabinete técnico económico 11 documento 141 Dos datos do cadro 7 tiramos dúas conclusións: a primeira, que as mulleres ocupadas se concentran maioritariamente no sector dos servizos, e a segunda, que este sector é o único que gaña peso porcentual no emprego feminino antes e durante a crise. A distribución do emprego feminino difire da do masculino: o peso relativo do emprego feminino nos servizos (onde se concentra o emprego) é superior ao masculino, mentres que na industria e na construción sucede o contrario. Diciamos ao principio deste apartado que o emprego feminino medrou nun 11 % entre 2005 e 2008. Atendendo á súa evolución por ocupacións, nas que máis medra é nas de carácter técnico e profesional de apoio e nas de dirección das empresas e das Administracións públicas (un 31 %, en ambas), nas de empregos non cualificados (nun 22 %), nas de carácter técnico e profesional científico e intelectual (nun 17 %) e nas ocupacións relacionadas cos servizos de restauración, persoais, protección e vendas dos comercios (14 %). Pola contra, o emprego descende nas ocupacións cualificadas da agricultura e da pesca (31 %) e nas que teñen unha maior presenza masculina, é dicir, en empregos cualificados das industrias manufactureiras, a construción e a minería (nun 6 %), e na ocupación de instalacións e maquinaria, e montaxe (nun 1 %). Cadro n.º 8. EMPREGO FEMININO POR OCUPACIÓN 2005 2006 2007 2008 2009 2010 1 32.800 37.100 38.400 43.000 43.800 38.800 2 69.000 75.200 79.500 81.000 80.700 81.000 3 46.200 55.100 59.500 60.400 69.600 66.800 4 58.700 59.100 64.900 62.100 60.300 52.800 5 106.200 116.300 118.600 121.500 119.400 124.100 6 48.400 45.300 37.900 33.200 32.500 30.500 7 23.300 21.600 18.300 22.000 18.100 12.900 8 22.200 22.200 24.200 22.000 17.800 16.700 9 67.400 71.000 73.800 82.000 80.400 76.200 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA 1. 2. 3. 4. 5. 12 Dirección das empresas e das Administracións públicas Persoal técnico e profesional científico e intelectual Persoal técnico e profesional de apoio Persoal en emprego de tipo administrativo Persoas traballadoras de servizos de restauración, persoais, protección e vendas dos comercios 6. Persoas traballadoras cualificadas na agricultura e na pesca 7. Artesáns e persoal cualificado das industrias manufactureiras, a construción e a minería 8. Persoas traballadoras de instalacións e maquinaria, e montaxe 9. Persoas traballadoras non cualificadas e Forzas Armadas o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia Entre o ano 2008 —cando se alcanzou a cifra máis alta de mulleres ocupadas— e o 2010, o emprego feminino só medrou en dúas ocupacións: nas de carácter técnico e profesional de apoio e mais nas relacionadas cos servizos de restauración, persoais, protección e vendas de comercios —que concentran o maior número de mulleres ocupadas— que medra un 2 % ata alcanzar os 124.100 empregos, a cifra máis elevada dos últimos cinco anos. Onde máis cae o emprego feminino é nas ocupacións cualificadas das industrias manufactureiras, a construción e a minería (descende nun 41 %), nas de instalacións e maquinaria e montaxe (nun 24 %), nas de tipo administrativo (nun 15 %) e nas relacionadas coa dirección de empresas e das Administracións públicas cun descenso do 10 %. Para completar as características do emprego feminino, debemos afondar agora na situación profesional das ocupadas. No cadro 9 recóllese a distribución do emprego segundo a situación profesional. Cadro n.º 9. EMPREGO FEMININO POR SITUACIÓN PROFESIONAL 2005 2006 2007 2008 2009 2010 EMPREGO ASALARIADO EMPRESARIADO/ COOPERATIVISMO 354.200 384.900 401.000 413.700 417.700 402.400 97.700 103.700 101.700 103.700 98.600 91.500 AXUDAS FAMILIARES E OUTRAS SITUACIÓNS 22.300 14.200 12.400 10.000 6.400 6.100 TOTAL 474.200 502.900 515.000 527.400 522.700 499.900 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é maioritariamente asalariado, pois 8 de cada 10 persoas ocupadas están nesta situación profesional. Este significativo número de asalariados (863.200 en 2010) responde ao maior peso das actividades produtivas ligadas ao traballo asalariado, como os empregos administrativos, a industria, os servizos ás persoas ou a construción, no conxunto da ocupación galega. O emprego feminino medra entre 2005 e 2008 nas categorías de asalariadas e de empresarias con ou sen persoal asalariado, e diminúe nas de axudas familiares (mulleres que traballan na empresa dun familiar co que gabinete técnico económico 13 documento 141 conviven e non teñen unha remuneración regulada) e outras situacións. O emprego asalariado feminino experimenta unha medra moi superior á do conxunto do emprego feminino, ao se situar no 17 %, acadándose unha cifra de case 414.000 mulleres asalariadas. O avance do emprego feminino tradúcese nunha medra da taxa de salarización (porcentaxe de mulleres asalariadas sobre o total de ocupadas): 75 % en 2005 e 78 % en 2008. O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata a primeira metade de 2009; nese ano alcanzouse a cifra máis alta de mulleres asalariadas, 417.700. Non obstante, no último ano descende un 4 % ata se situar en 402.400 mulleres asalariadas. A taxa de salarización nos dous últimos anos foi do 80 %. A evolución da poboación ocupada feminina nas restantes categorías segue unha tendencia negativa no período de crise, especialmente a de empresarias con ou sen persoal asalariado, que acada o seu volume mínimo de ocupación no primeiro trimestre de 2010 con 89.500 ocupadas. Para completarmos os trazos do emprego feminino galego, queda por coñecer o tipo de xornada e a modalidade de contrato. Comezaremos pola evolución do emprego segundo a xornada, seguindo o cadro 10. Cadro n.º 10. EMPREGO SEGUNDO A XORNADA E O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 PARCIAL COMPLETA 101.200 97.900 90.100 101.700 101.000 100.000 372.900 405.000 424.900 425.700 421.700 399.800 HOMES PARCIAL 32.300 28.900 26.600 29.800 26.700 28.400 COMPLETA 623.600 632.400 651.800 643.000 602.000 572.400 AMBOS PARCIAL 133.500 126.800 116.600 131.500 127.700 128.400 COMPLETA 996.500 1.037.400 1.076.700 1.068.600 1.023.700 972.200 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é a xornada completa; reflícteo o dato de que só doce de cada cen persoas ocupadas teñen xornada parcial. A maior parte dos homes e mulleres galegos traballan a xornada completa, o 80 % das mulle- 14 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia res e o 95 % dos homes. Teñen contrato a tempo parcial un 20 % de mulleres fronte a un 5 % de homes. Daquela, o emprego a tempo parcial en Galicia é maioritariamente feminino, pois o 78 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres (100.000). Dende o ano 2005 ata o ano 2007, o emprego neto creado foi a xornada completa. Nese período, o emprego a xornada completa aumenta nun 8 % (entre as mulleres, nun 14 %), mentres que o de xornada parcial descende nun 13 % (no caso das mulleres baixa nun 11 %). Mención á parte merece o ano 2008, porque nese ano o emprego neto creado foi entre mulleres. Dos 12.400 empregos femininos creados, 11.600 eran a xornada parcial e os restantes 800 a xornada completa. Entre os anos 2008 e 2010, destrúese máis emprego a xornada completa que a xornada parcial: a poboación ocupada a xornada completa baixa un 9 % (entre a poboación feminina baixa un 6 %), mentres que a poboación ocupada a xornada parcial faino nun 2 % (entre as mulleres tamén cae nun 2 %). Por último, e para completar a análise das características do emprego feminino, estudaremos a distribución do emprego asalariado, diferenciando entre sector privado e sector público, e en función do tipo de contrato e do sexo. Cadro n.º 11. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PRIVADO MULLERES INDEFINIDO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 158.500 167.300 199.000 205.700 225.200 211.100 TEMPORAL HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO 253.800 274.200 290.300 292.800 294.000 286.200 145.300 144.800 141.800 128.000 100.400 88.100 412.300 441.400 489.300 498.500 519.300 497.300 100.500 115.900 99.600 101.100 87.700 81.500 TEMPORAL 245.800 260.700 241.400 229.200 188.100 169.600 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA gabinete técnico económico 15 documento 141 O cadro 11 permítenos analizar a evolución do emprego polo tipos de contrato e o sexo no sector privado. O emprego asalariado indefinido no sector privado medrou de forma sostida ata o ano 2009. Pola contra, a cifra máis alta de persoas asalariadas con contratos temporais acadouse en 2006, e de aí en diante comezou a descender o emprego temporal. O número de mulleres asalariadas con contrato indefinido no sector privado tamén medrou decontino ata situarse nas 225.200 en 2009, cifra que supera nun 42 % a de 2005. Nese período, o emprego asalariado feminino temporal baixou un 13 %. Na fase inicial da crise, a destrución do emprego asalariado no sector privado centrouse no emprego temporal, e o emprego indefinido continuou medrando ata alcanzar as 519.300 persoas no 2009, a cifra máis alta dos últimos cinco anos. No primeiro trimestre de 2010 é cando se comeza a perder emprego asalariado indefinido no sector privado. No último ano, o número de mulleres asalariadas no sector privado que teñen un contrato indefinido baixou en 14.100, un 6 %, e o número de mulleres que teñen un contrato temporal baixa en 6.200, o que supón un descenso do 7 %. No cadro 12 plásmase a evolución do emprego segundo o tipo de contrato e o sexo no sector público. Cadro n.º 12. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PÚBLICO MULLERES INDEFINIDO 2005 2006 2007 2008 2009 2010 65.300 68.800 72.100 71.500 70.600 77.800 TEMPORAL HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL 69.800 70.000 71.500 70.100 68.600 71.500 17.700 16.900 17.500 18.300 18.000 15.100 135.100 138.800 143.600 141.600 139.200 149.200 47.600 49.800 47.700 53.700 52.200 47.200 29.900 32.900 30.200 35.400 34.200 32.100 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Ao contrario do que acontece no sector privado, no público hai máis mulleres asalariadas ca homes. 16 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia En 2010 acadouse o maior volume de emprego feminino asalariado no sector público, 109.800 mulleres. Nese ano, o emprego asalariado indefinido no sector público aumenta un 7 % (o feminino medra un 10 %) mentres que o temporal cae nun 10 % (6 % no caso das mulleres). A seguir, recollemos no cadro 13 a evolución da taxa de temporalidade por sexo e para os sectores público e privado. Cadro n.º 13. EVOLUCIÓN DA TAXA DE TEMPORALIDADE SECTOR PRIVADO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 39 % 41 % 33 % 33 % 28 % 28 % HOMES SECTOR PÚBLICO MULLERES HOMES 31 % 32 % 30 % 33 % 33 % 29 % 20 % 19 % 20 % 21 % 21 % 17 % 36 % 35 % 33 % 30 % 25 % 24 % TOTAL MULLERES 37 % 39 % 32 % 33 % 29 % 28 % HOMES 33 % 32 % 31 % 29 % 25 % 22 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no sector público. No sector privado, a taxa de temporalidade segue unha tendencia á baixa nos últimos cinco anos; nese período caeu en 12 puntos, seguindo unha distribución desigual entre mulleres e homes: a taxa de temporalidade das mulleres baixa 11 puntos e a dos homes, case 13 puntos. O resultado é que a diferenza entre ambas pasa de 2,4 puntos en 2005 a 4,3 puntos en 2010. No sector público tamén se rexistra a taxa de temporalidade máis baixa en 2010 tanto entre os homes coma entre as mulleres: a das mulleres é do 29,2 % e a dos homes é do 17,4 %, o que implica que a diferenza entre ambas é de 12 puntos. Ata o ano 2007 a taxa de temporalidade das mulleres era máis alta no sector privado que no público, de aí en diante é ao contrario. gabinete técnico económico 17 documento 141 Podemos concluír, polo tanto, que as mulleres soportan unha maior eventualidade no emprego que os homes, tanto no sector privado coma no público. 4. EVOLUCIÓN DO PARO A última variable de estudo é a poboación parada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia (a anterior a aquela en que se realiza a entrevista) estiveron sen traballo, están dispoñibles para traballar no prazo das dúas semanas seguintes á semana de referencia e estiveron buscando activamente emprego durante as catro semanas precedentes (período de catro semanas que remata ao final da semana de referencia). Considéranse tamén persoas paradas as que atoparon un traballo e empecen a traballar nun período de tres meses como máximo». No cadro 14 recollemos a evolución da poboación parada segundo o sexo. Cadro n.º 14. POBOACIÓN PARADA SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 74.100 65.000 57.500 61.000 82.100 97.400 HOMES 50.700 42.800 41.200 53.700 83.800 102.900 TOTAL 124.800 107.800 98.700 114.700 165.900 200.300 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Segundo os datos do cadro 14, o desemprego baixou en Galicia entre os anos 2005 e 2007 nun 21 %, correspondendo o maior descenso ao paro feminino, que se reduce nun 22 % fronte ao 19 % do paro masculino. Nese período, o paro feminino é superior ao masculino. O paro comeza a medrar en Galicia no segundo trimestre de 2008 ata situarse nas 203.500 persoas no cuarto trimestre de 2010. O maior incre- 18 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia mento do paro concentrouse no primeiro trimestre de 2009, ao aumentar en 33.700 persoas en só tres meses. O paro feminino tamén leva aumentando dende comezos de 2008, e a maior suba tamén se concentra no primeiro trimestre de 2009, ao sumar 15.000 paradas máis, o 23 % das existentes no trimestre anterior. A cifra máis elevada de paro feminino acádase no segundo trimestre de 2010 con 98.700 desempregadas. O aumento do paro afectou máis aos homes que ás mulleres; de feito, nos tres primeiros trimestres de 2009 e ao longo de 2010 hai máis homes parados que mulleres. No último ano, o paro en Galicia aumentou nun 21 % pero cunha intensidade distinta entre homes e mulleres: o paro feminino sobe nun 19 % e o masculino faino nun 23 %. A taxa de paro —cociente entre o número de persoas paradas e o de persoas activas— ten unha evolución semellante á das cifras absolutas, cunha diferenza: ao ser menor a poboación activa feminina (o divisor para calcular a taxa), o paro feminino expresado en porcentaxe é superior ao masculino. Os datos recóllense no cadro 15. Cadro n.º 15. TAXA DE PARO SEGUNDO O SEXO MULLERES 2005 2006 2007 2008 2009 2010 13,5 11,4 10,0 10,4 13,6 16,3 HOMES 7,2 6,1 5,7 7,4 11,8 14,6 TOTAL 9,9 8,5 7,6 8,7 12,6 15,4 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro caeu de forma sostida na fase expansiva ata alcanzar un mínimo do 7,6 % en 2007. A partir dese momento, a taxa de paro non deixou de medrar cun perfil moi similar á evolución das cifras absolutas de paro. gabinete técnico económico 19 documento 141 Como xa comentamos, a taxa de paro feminina é e foi sempre superior á dos homes, mesmo nos trimestres en que hai menos mulleres en paro ca homes. A diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina é máis alta na fase expansiva da economía que na etapa da crise. En 2007, cando a taxa de paro chegou ao seu mínimo, a diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina era de 4,3 puntos e en 2010 esa diferenza baixa ata os 1,7 puntos. A continuación analizamos a evolución da taxa de paro feminina segundo a idade, datos que recollemos no cadro 16. Cadro n.º 16. EVOLUCIÓN DA TAXA DE PARO FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 24 2005 2006 2007 2008 2009 2010 26,7 23,3 20,5 24,0 30,1 36,7 25 A 54 12,5 10,9 9,5 9,4 12,9 15,7 55 E MÁIS TOTAL 8,1 6,1 6,0 7,3 7,6 9,1 13,5 11,4 10,0 10,4 13,6 16,3 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro distribúese de xeito moi desigual entre os diferentes grupos de idade. A taxa de paro das mulleres de entre 16 e 24 anos en 2010 era do 36,7 %, cifra que duplica a das mulleres de entre 25 e 54 anos e multiplica por catro a das que teñen 55 ou máis anos. Entre o ano 2007, cando a taxa de paro está no seu nivel máis baixo, e 2010, a taxa de paro feminina aumentou para todos os grupos de idade, sobre todo no de entre 16 e 24 anos. En só tres anos, a taxa de paro aumenta en 16,2 puntos para as mulleres que teñen 16 e 24 anos; en 6,2 puntos para as de 25 a 54 anos e en 3,1 puntos entre as mulleres de 55 ou máis anos. Para rematar, analizamos a evolución do paro feminino segundo o nivel de formación. Os datos tomámolos do cadro 17. 20 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia Cadro n.º 17. EVOLUCIÓN DO PARO FEMININO SEGUNDO O NIVEL DE FORMACIÓN 2005 2006 2007 2008 2009 2010 1 8.200 7.900 8.900 7.500 8.200 10.200 2 21.500 19.500 17.600 21.700 33.900 35.800 3 18.400 16.400 15.300 13.300 17.900 21.200 4 25.900 21.300 15.800 18.400 22.100 30.200 TOTAL 74.100 65.000 57.500 61.000 82.100 97.400 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA 1. 2. 3. 4. Persoas sen estudos e educación primaria Educación secundaria. Primeira etapa Educación secundaria. Segunda etapa Educación superior Segundo os datos do cadro 17, a medida que avanza a crise o aumento do paro afecta a todas as mulleres, independentemente do seu nivel académico. Ao comparar os datos de 2010 cos de 2007, compróbase que o número de mulleres paradas que teñen educación secundaria de primeira etapa duplicouse e o das que teñen educación superior aumentou nun 91 %. Nese período, o paro entre as mulleres que teñen educación secundaria de segunda etapa increméntase nun 39 % e entre as mulleres que teñen estudos primarios, un 15 %. 5. EFECTOS DA REFORMA REFORMA LABORAL NA CONTRATACIÓN CONTRATACIÓN Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do cuarto trimestre de 2010 confirman que a destrución do emprego continua. Galicia é a comunidade autónoma que máis emprego perdeu no último ano, 45.800 empregos menos. O número de mulleres ocupadas caeu en 14.600, un 2,8 %. É dicir, un de cada catro empregos destruídos estaban ocupados por mulleres. Para coñecer o impacto que está tendo a reforma laboral na contratación feminina, analizamos a evolución da taxa de temporalidade (porcentaxe de gabinete técnico económico 21 documento 141 persoas asalariadas con contrato temporal sobre o total das asalariadas), distinguindo entre o sector privado e o público. No cadro 18 recollemos a evolución do emprego asalariado feminino no sector privado segundo o tipo de contrato. Cadro n.º 18. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PRIVADO INDEFINIDO 2009 II T. 2009 III T. 2009 IV T. 2010 I T. 2010 II T. 2010 III T. 2010 IV T. 228.900 220.500 223.500 215.100 212.100 210.900 206.400 TEMPORAL 85.700 88.500 83.500 79.800 78.100 83.800 84.100 TOTAL 314.600 309.000 307.000 294.900 290.200 294.600 290.400 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Entre o cuarto trimestre de 2010 e o mesmo trimestre do ano anterior, o emprego asalariado feminino no sector privado experimenta un descenso superior á do conxunto do emprego feminino, ao rexistrar unha caída do 5,4 %. Os datos do terceiro e cuarto trimestre de 2010, os primeiros dende a aplicación da reforma laboral, evidencian a ineficacia desta para fomentar a contratación indefinida: a poboación feminina asalariada con contrato indefinido segue unha tendencia á baixa, mentres que o emprego temporal aumenta. Na segunda metade de 2010, o número de contratos indefinidos entre as asalariadas do sector privado baixou en 5.700, o que supón unha caída do 3 % sobre a cifra do segundo trimestre de 2010 e o número de contratos temporais sobe en 6.000, o que supón un incremento do 8 %. En consecuencia, a taxa de temporalidade das mulleres no sector privado aumentou en 2,1 puntos nese período: era do 26,9 % no segundo trimestre de 2010 e sobe ata o 29,0 % no cuarto trimestre de 2010. No mesmo tramo temporal do ano anterior, a taxa de temporalidade mantense no 27,2 %. A seguir, recollemos no cadro 19 a evolución do emprego feminino no sector público segundo o tipo de contrato. 22 o mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero sindicato nacional de ccoo de galicia Cadro n.º 19. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PÚBLICO INDEFINIDO 2009 II T. 2009 III T. 2009 IV T. 2010 I T. 2010 II T. 2010 III T. 2010 IV T. 68.000 71.700 71.900 77.600 77.800 76.500 79.100 TEMPORAL 36.000 37.100 33.000 29.700 31.700 35.600 31.200 TOTAL 104.000 108.800 104.900 107.300 109.600 112.200 110.300 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Ao contrario do que acontece no sector privado, no cuarto trimestre de 2010 acadouse o maior volume de emprego feminino con contrato indefinido, 79.100 mulleres. Nos últimos seis meses, o número de contratos indefinidos aumenta en 1.300, e os temporais baixan en 500. Como resultado disto, a taxa de temporalidade descende en 0,6 puntos porcentuais, ao pasar do 28,9 % no segundo trimestre de 2010 ao 28,3 % no cuarto trimestre dese ano. gabinete técnico económico 23 sindicato nacional de ccoo de galicia ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS DO GABINETE ECONÓMICO ECONÓMICO DO SINDICATO NACIONAL NACIONAL DE CC OO DE GALICIA 124. Os orzamentos xerais do estado 2009 e a súa repercusión en Galicia. Outubro de 2008 125. Muller: emprego e salario. Marzo de 2009 126. Os orzamentos xerais do estado 2010 e a súa repercusión en Galicia. Novembro de 2009 127. Orzamentos autonómicos 2010. Novembro de 2009 128. As propostas de CCOO ante a crise económica. Xaneiro de 2010 129. As repercusións da crise económica no mercado laboral. Xaneiro de 2010 130. As repercusións da crise económica no mercado laboral feminino. Marzo de 2010 131. O sistema público de pensións en Galicia. Marzo de 2010 132. Impacto das enfermidades profesionais en Galicia. Abril de 2010 133. Aproximación dos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Maio de 2010 134. As repercusións da crise económica no mercado laboral II. Maio de 2010 135. O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 200/2009. Xuño de 2010 136. As repercusións da crise económica no mercado laboral III. Agosto de 2010 137. O déficit público español en perspectiva europea: un problema de ingresos. Novembro de 2010 138. Os orzamentos xerais do estado 2011 e a súa repercusión en Galicia. Novembro de 2010 139. As pensións contributivas en Galicia. Febreiro de 2011 140. As repercusións da crise económica no mercado laboral IV. Febreiro de 2011 gabinete técnico económico 25