A IGREXA DE MONDOÑEDO NAS SÚAS SINODÁIS DISCURSO 1 LIDO O DÍA 30 DE MAIO DE 1980, NO ACTO DA SÚA RECEPCIÓN, POLO ILUSTRÍSIMO SEÑOR DON MIGUEL ANXO ARAÚXO IGLESIAS E RESPOSTA DO EXCELENTÍSIMO SEÑOR DON RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 1 Texto tirado do mecanoscrito orixinal depositado no Arquivo da Real Academia Galega DISCURSO DO ILUSTRÍSIMO SEÑOR DON MIGUEL ANXO ARAÚXO IGLESIAS Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega e demáis Membros desta Institución; Excelentísimos Señores; Miñas donas e cabaleiros: Sexan as miñas primeiras verbas de fonda gratitude pra todos aqueles que, coa sua xenerosidade, fixeron posibel esta miña entrada na Real Academia Galega, que estamos a celebrar, sen merecemento algún pola miña banda. Quero pensar que ao facer tal elección, non se fixo tanto de cara a miña persoa, canto de cara á Igrexa de Mondoñedo, á que, dalgún xeito, represento, póis ésta coido que si é merecente dun posto neste templo da galeguidade polo que ela leva feito a prol da nosa terra e da nosa cultura. Abonda lembrar eiquí persoeiros tan recentes que, dalgún xeito, aprenderon a amar e servir a Galicia nas aulas do Seminario Conciliar mindoniense: Noriega Varela, Iglesia Alvariño, Crecente, Xosé Díaz Castro, Leiras Pulpeiro, Trapero Pardo, Chao Espina... etc. sen contar os fillos da cidade de Mondoñedo, que sen tér sido alumnos do seu Seminario, espertaron á vida literaria galega baixo a sombra fecunda da sua catedral, chamados sen dúbida pola campá da Paula, que decote vai degrañando por todo o val mindoniense radiacións humanistas. Ao entrar nesta Real Academia Galega, repito que pola sua bondade acolledora, polo senso relixioso que un tén e tenta vivir, dame a sensación de entrar na catedral inacabada sempre da galeguidade e atoparme neste intre no seu pórtico da groria, feito non de pedras, senón pola presencia espiritual daqueles esgrevios persoeiros que, dende o ano 1905 até hoxe, veñen contruindo e conservando co seu traballo teimado a identidade histórica, literaria e cultural da nosa Galicia. De xionllos diante deles, como un pelegrín que chega polos vieiros da nosa xeografía, rindo culto afervoado a galeguidade, mírome nos ollos vixiantes de todos eles e bico apaixoado as testas daqueles meus amigos e ourensáns, como eu, mestres do meu namoramento por Galicia, e prégolles a sua benzón. Este son: Cuevillas, Vicente Risco e don Ramón Otero Pedrayo, unha boa trinidade pra comenzar con bo pé a miña incorporación a esta nova tarefa. Precisamente eiquí teño que alongar a miña gratitude, ao concedérseme que sexa precisamente eu quén veña a sentarse na cadeira que deixara orfa e valeira o noso sempre lembrado, don Ramón Otero Pedrayo. Sinto, neste intre, latexar porriba de mín aquél seu espíritu sempre vivo e aberto a todo-los vieiros da cultura galega. Acóllome baixo a sua sombra garimosa que espero me dé pulos pra servir con ledicia e esforzo teimado os seus mesmos ideais. Don Ramón, o noso patriarca, sigue decote inmorrente chantado no meio desta nosa paisaxe da cultura e historia galega como unha estrela nidia que alumea sen acougo novos roteiros, novos esforzos, novas tarefas, que él fói sinalando proféticamente co seu verbo apaixoado e sonoro, con seus escritos multiformes nos que a vida galega atopou o arquitecto máis xenial. Alguén dixo que don Ramón “non cabe en Galicia, na Galicia limitada, mais que polos montes e os rios que a separan de Portugal e da Meseta, pola estreitez de miras dos que o pensan todo en termos de alfándegas e xurisdiccións 2 . Non se trata, penso eu, de que don Ramón non coupera en Galicia, senón de que a Galicia de don Ramón era a síntese acabada da europeidade, e da mesma cristiandade. Cada paisaxe desta Galicia sua era pra él a miniatura fecunda dunha paisaxe europea e até americana, cada igrexa galega era o xérmolo das grandes catedráis oicidentáis, cada regato era a reproducción viva dos grandes rios europeos e Santiago viña a ser o cumio da “ecumene” onde as ruas, as prazas, as pedras, os moimentos e a catedral marcaban ao sino da historia universal dun pobo e dunha raza. Eu quixera, neste intre, facer un canto a don Ramón, no que viñese agradecido ao seu carón o sorriso bulandeiro das nosas fontes e dos nosos rios, o bruido dos nosos mares, a queixume sinfónica das nosas carballeiras, onde estoupasen xubilosas as castañas todas de todo-los nosos castiñeiros se doblasen reverentes toda-las espigas das nosas centeeiras, ofrecesen o seu variado coorido variopinto do outono tódalas follas das nosas cepas do Riveiro, cantansen a sua salmodia gregoriana os vellos mosteiros da Riveira Sagrada cos seus monxes encapuchados, rezasen rosarios de anceios e angurias tódalas velliñas de Trasalba, brincasen ledas tódalas mozas galegas, saisen tódolos 2 Carballo Calero, R. Otero Pedrayo: "Unha visión de Galicia", en Nuestro amigo Ramón Otero Pedrayo de Cardeñoso Alvarez S.P. 75 ed. Zero Zvx 1979. señores e labregos cos seus traxes dos días de festa, rexurdisen dos seus pétreos sartegos tódolos vellos patrucios do noso pobo, e alá, ao fondo desta fantástica procesión, o apóstolo Santiago recollendo na sua cunca pelengrina tódolos recendos, tódolos coores, tódolos tempos dunha cultura occidental pra inxertalos no mesmo cerne da galeguidade feita pedra, vida e historia no corazón daquela cidade sempre vella e sempre nova que se chama Compostela. Non hai xeito de abranguer tan longa e tan fonda persoalidade como é a de don Ramón. Todos vostedes coñecen mellor que eu a sua obra literaria. El fói o gran narrador e novelista do mundo interior de Galicia, o gran xeógrafo e historiador que se recreaba e recreaba a nosa paisaxe e máis a nosa historia, eo ensaista e xornalista que estaba atento ao latexo da vida do seu pobo e penso que tamén fói un gran poeta, ainda que non se adicase a facer versos, pero que toda a sua obra é un gran poema, o gran poema da terra e dos homes galegos. Pero pra mín, pastor relixioso, teño que recoñecer que don Ramón é sobre todo o grande home, con unha persoalidade que lle rebordaba por tódalas bandas, e por elo tamén un home fondamente relixioso, porque como xa dixen noutra ocasión, onde non hai home cabal non pode tampouco haber home relixioso. E don Ramón era certamente un home cabal, parecía o arquetipo do home honrado, sinceiro, xusto, acolledor, garimoso, humorista. A fé relixiosa de don Ramón, a pesares dos seus coñecementos teolóxicos, parecía máis ben que a fe dun intelectual a fé dun neno ou dun labrego de Trasalva. Daba a sensación de que chegara a unha certidume cáseque mística, máis polo camiño da contemplación e da cruz que polos vieiros retortos e difíciles dun raciocinio filosófico. Iballe mellor San Agustín e San Bernardo que Santo Tomás de Aquino. Sería interesante facer un estudio encol da fe relixiosa de don Ramón. Eu atreveríame a decir que era unha fé moi cósmica e hastra telúrica, nunha liña moi taillardiana, non tanto por convicción racional, canto por un certo xeito de mística galega. El sentíase fillo da terra, irmán dos carballos e dos piñeiros, das froles e dos paxariños, da auga e do río. No bruído do vento entre os piñeiras ou carballeiras, sentía a presencia dos devanceiros. Dahí a simpatía que sentía polo espíritu franciscán. Dahí tamén aquel seu cariño polo adro sacro, polos cemiterios precisamente o redor das igrexas. Dahí tamen o seu amor pola música gregorián, xa que nela él tentaba ouvir é ouvía toda a armonía dos vellos mosteiros que forman o corazón da cultura galega. Non era don Ramón un panteista, pero sí que tivo moi agudo aquel senso cósmico da redención paulatina, un tanto esquencido na teoloxía clásica e moi presente na teoloxía aitual. Pero, ainda que sexa con pena de non decir de don Ramón algo do moito do que él é merecente, por mordo tempo, vémonos obrigados a entrar xa no tema desta disertación, que por outra banda sería tan querido pra don Ramón. A Importancia dos Sínodos Prescindindo agora da importancia que tiveron os Sínodos dunha diocese prá conservación e desenrolo da vida relixiosa, temos que decir que éstes constituen unha fonte de primeira mán prao coñecemento da historia da Igrexa local. Neles reglábanse os principais fitos e intres estelares da vida humán, tanto dos cregos como dos leigos. Neste senso, a documentación sinodal móvese moito máis perto da realidade da vida dos homes e da sociedade que as mesmas obras de teoloxía ou de Dereito Canónico, como poideran ser a Suma de Santo Tomás de Aquino ou o Corpus Iuris Canonici. Ningunha destas obras do saber académico chegaban entón ás máns dos párrocos e demáis cregos. Non se trata de negar o influxo destas obras na sociedade e na Igrexa, pero si hai que lembrar que o seu principal punto de contacto coa vida cotián de entón facíase ao traveso destes textos breves dos Sínodos diocesáns. Estes tentan ser algo así como unha radiografía, moitas veces despiadadamente obxetiva, da vida real do pobo e do clero. Veñen a ser como un espello ao que se asoman os membros da sociedade e máis da Igrexa. O resultado, plasmados nuns textos, ven a ser como un augaforte de intenso coorido da vida daqueles tempos. Non se restrinxe, xa que logo, a su importancia á vida relixiosa e á sua historia, senon que abranguen outros moitos aspectos: económicos, demográficos, sociolóxicos, xeográficos, históricos, lingüisticos.... Unha boa parte deles esta redactada en latín, outra está en castelán, pero aiquí, en Galicia, abondan os redactados na nosa lingua galega. Teñen, polo mesmo, un fondo interés filolóxicos, tendo en conta o tempo, o contido e a linguaxe dos mesmos. Os Sínodos da Igrexa de Mondoñedo Non temos novas de que se celebrasen nesta Igrexa ningún Sínodo antes do século trece, nen tampouco nas outras Igrexas de Galicia. Cáseque seguro que se celebraría, o que acontece é que non temos nen novas nen texto. Do ano 1294 temos novas -non texto- de que se celebróu un, sendo bispo de Mondoñedo, Xoán II de Sebastianes. No ano 1324 xa nos atopamos coa documentación do Sínodo de Gonzalo II, escrito en galego 3 e a partir desta data até o ano 1447 conservamos documentación no arquivo da catedral mindoniense doutros cinco Sínodos, escritos en galego, ademáis dos que foron escritos en latín e castelán, que botan un total de vintecinco Sínodos até o final do século dazaseis 4 . Temos que suliñar que o primeiro Sínodo de Galicia que se conserva escrito en galego é o de Mondoñedo -1324- e así mesmo o derradeiro que se conserva tamén escrito na nosa lingua é tamén o de Mondoñedo, celebrado no ano 14475 . Os Sínodos de Santiago, escritos en galego, comenzan no ano 1390, e rematan no 1439 6 . E os de Ourense, comenzan no ano 1340 e rematan no 1394 7 . Das outras duas diócesis -Lugo e Tui- non hai noticia algunha, pois parece que se perderon 8 . 3 Sínodo de Gonzalo II, 17 de Agosto 1324 (galego): Cl. fol. 151 v-152 r. Q. fol. 202 r-203 v. 4 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. Sínodo de Juan Sebastianes, ano 1249 (simple nova). Sínodo de Gonzalo II, 17 de Agosto 1324 (en galego): C1 151v-152r Q. fol. 202r-203v. Sínodo de Alfonso Sánchez, 17 Agosto 1351 (en galego): C1 fol. 111r-112r. Sínodo de Don Francisco, 18 agosto 1379 (en galego): C1 fol. 143v-Q1 fol. 183rv. Sínodo de Lope de Mendoza, 18 de Agosto de 1395 (en galego): C2 fol. 32v y 3 v. Sínodo de Alvaro de Isorna, 12 de Noviembre de 1400, (en latín): C2 fol. 14 v. Sínodo de Pedro Enrique de Castro, 20 de Agosto 1429 (en latín): P; fol. 150 r Q1 fol. 277r.-278r Dr. fol. 94r-95r Ma. Fol. 6 rv. 8. Sínodo de Pedro Enriquez de Castro, 19 agosto 1437 (simple nova no Sínodo de 1448). 9. Sínodo de Pedro Enriquez de Castro, 19 agosto 1438, (en galego) P fol. 181rv Q1 fol. 334r-336r. 10. Sínodo de Pedro Arias de Vaamonde, 19 agosto 1447, (en galego): P fol. 186r, A1 fol. 346v-348r. 11. Sínodo de Pedro Arias de Vaamonde, 19 agosto 1448 (trasladado en galego: P; fol. 160r, Q1 fol. 295r-296r Caderno de papel de 3 páx. (ano 1467) que se atopa no Arquivo da Catedral Mindoniense. Arm. 8 est. s. XV. n. 146. Caderno de 5 páx. do mismo Arquivo. Arm. 8 est. x. XV. n. 181. 12. Sínodo de Fadrique de Guzmán, 19 de agosto 1462, (traslado en castelán): Caderno de 5 páx. (ano 1482) no Arquivo Catedral de Mondoñedo. Arm. 8 Est. s. XV n. 182. 13. Sínodo de Alfonso Suárez de la Fuente del Salze, 2 xulio 1496, (referencia de duas constitucións en castelán: Actas Capitulares vol. 1 (anos 1496-1503) fol. 9r-10v. do Arquivo Catedral de Mondoñedo. 14. Sínodo na Sede vacante, 3 xulio 1497, (referencia en castelán) Ibid. fol. 34v-35r. 15. Sínodo sede vacante, 3 xulio 1498, (referencia en castelán) Ibid. fol. 58r. 16. Sínodo de Pedro de Muniebrega, 20 abril 1502, (referencia en castelán): Ibid fol. 67rv. 17. Sínodo de Pedro de Muniebrega, 20 abril 1502, (referencia castelán): Ibid. fol. 101v. 18. Sínodo sede vacante, s6 Maio 1522 (traslado en castelán): Caderniño de tres follas de pergameo en Arm. 8, est. n. 32 do Arquivo Catedral de Mondoñedo) copia de 1525), Dr. fol. 101r-105v (copia de 1590). 19. Sínodo de Pedro Pacheco, 13 Novembro 1534 (en castelán): N. fol. 1r-22v, M. fol. 1r-27r, S.pp. 3-43. 20. Sínodo de Antonio de Guevara de 1538 (simple nova no limiar das Constitucións sinodáis de 1541 do mesmo bispo). 21. Sínodo de Antonio de Guevara de 1540 (simple nova pola mesma fonte informativa do anterior). 22. Sínodo de Antonio de Guevara, 3 Maio 1541 (en castelán): N fol. 23r-30v, M. fol. 1r-8v, S. pp. 45-56. 23. Sínodo de Diego de Soto, encol do ano 1547 (simple nova). 24. Sínodo de Isidro Caxa de la Xara, 5 abril 1586 (en castelán) S. pp. 56-432. 25. Sínodo de Pedro Fernández Zorrilla, 1617, S. pp. 433-438. 5 Parece que fói o Sínodo de Pedro Arias de Vaamonde 19 Agosto 1447. 6 Según García y García, A., no seu artigo "Synodicum Hispanicum", Revista Española de Derecho Canónico, 35 (1979), ao que vimos seguindo cáseque enteiramente nestas relacións dos Sínodos galegos, o primeiro Sínodo en galego de Santiago sería o de Juan García Manrique, 23 de Xulio do 1930, e o derradeiro o de Lope de Mendoza, 2 de Xulio do 1439. 7 Seguindo ao mesmo autor, o primeiro Sínodo en galego de Ourense sería o de Vasco Pérez Mariño, 3-5 de Abril de 1340, e o derradeiro o de Pedro Díaz, 9 de Abril do 1394. 8 Dos Sínodos de Tui o primeiro que se coñece é o de Diego de Muros, 4 de Novembro 1482 e xa está en castelán. En canto a Lugo, non hai texto algún destes séculos e tan soio novas de dos celebrados no século XV e un no século XVI. A razón parece ser que se queimou o Arquivo da Catedral. Os obxetivos dun Sínodo, vistos polos mismos Sínodos Un Sínodo non é mesmamente unha istitución, senon máis ven un acontecemento eclesial, ainda que esté regulado por unhas leis xeráis. A lexislación aitual da Igrexa universal nonos dá propiamente unha definición do que debe ser un Sínodo diocesán, senon que se contenta con determinar cada canto tempo se debe celebrar e quenes deben asistir: “En tódalas dióceses débese celebrar, polo menos cada dez anos, Sínodo diocesán, no que únicamente tratarase das cousas que se refiren ás necesidades ou utilidades particulares do clero e pobo da dióceses 9 . Non deixa de ser curioso aducir aiquí un texto do Sínodo do bispo mindoniense Isidro Caxa de la Xara -1586- 10 , onde expón dun xeito moi vivo a finalidade do Sínodo: “Y ansí, por dejarlo ordenado y mandado los Sagrados Concilios generales que cada año en cada Obispado se celebre Sínodo; como por la necesidad que hay en este Obispado, y provecho que se sigue de la tal junta, por juntarse en él todos los Curas y Sacerdotes, que le vean la cara a su Obispo y Pastor, y oyen los sermones que acostumbra a hacer mañanas y tardes los tres días que dura, para su instrucción; no se pase año que deje de haber Sínodo el mes de Mayo” 11 . Nembargantes esta mesma constitución insiste en que a finalidade primeira dos Sínodos tén de ser a adaptación a terra e aos tempos da lexislación xeral da Igrexa: “Y por la diversidad de las tierras y de los tiempos, y de los abusos y los vicios, que en unas partes se levantan más comunmente que en otras, contra la virtud y ley verdadeira de Jesucristo, la cual está a cargo del Prelado y Pastor guardarla, que esté inviolada en lo más que se pueda, conviene que sean las tales leyes y estatutos diferentes, juntamente con las penas de los transgresores de ellas, que por la razón dicha también conviene variarlas”. 12 No Sínodo de Pacheco -1534- atopamos un capítulo no que se pide aos sacerdotes asistentes que traigan un pequeno estudo socio-relixioso do estado das suas freguesías: ...y allí traiga cada uno por memoria sus parroquianos y los que de ellos están confesados, y comulgados, y los que no lo están, y los que con pertinacia persisten en pecados públicos, y las otras cosas que les pareciere que tocan al servicio de Dios, 9 Código de Dereito Canónico, c. 358, p. 1. CSCL, pp. 56-432. 11 Ibid, proemiop. 65 vid. Tit. I cap. 3. S. pp. 71 y 72. 10 Nuestro Señor, y al descargo de las conciencias del Prelado y de sus súbditos, so pena del mil maravedís...” 13 A Igrexa mindoniense aparece como unha Igrexa pobre Contra o que algúns superficialmente acostuman a a firmar, non resulta raro atoparse nas Sinodáis mindonienses con referencias á pobreza material desta Igrexa. Sendo a pobreza un concepto un tanto relativo, debemos tér en conta que, cando os Sinodos falan da pobreza dos cregos en xeral, tentarán relacionala co nivel de vida tamén xeral dos leigos. Así, o primeiro Sínodo, escrito en galego, do ano 1324, dirános falando dos cregos “doéndonos deles et da sua poblexa, de como son agravados et endevedados et perderon os averes que suyan aver; por lles socorrernos a estas coytas et tribulacoes et les facernos aiuda et ben et mercea, damoslles et outorgamos que cada un dos clerigos que agora son vivos et beneficios teen et as ganaren en noso Bispado que despoys da sua morte haian ben et conplidamente eles et seus herees, as rendas et os fruytos et dereytos deles, do día que finaren ata un anno conplido...” 14 E esta mesma idea volta a estar presente no segundo Sínodo en galego, 17 de agosto de 1351, sendo bispo Don Alfonso Sánchez 15 . Máis tarde atopamos no Sínodo de Pacheco -1534-: “Empero porque muchos sacerdotes a causa de su mucha pobreza ignoran y podrían ignorar muchas cosas de las que conviene saber...” e máis adiante: “Viendo la mucha pobreza de nuestros súbditos. Item, por cuanto por experiencia vemos cuan pobres son las Iglesias de esta nuestra Diócesis que apenas los propios Curas se pueden mantener sirviendo a las tales Iglesias” 16 . Unha observación curiosa da pobreza daquelas igrexas amósanola a chamada de atención que fái o bispo Guevara a aquelas igrexas que non teñen cera pra que arda diante do moimento do Vernes Santo: “Item nos constó por la visita, que algunas 12 Ibid. Tit. I, cap. S, s, p. 70. CSP cap. 28, S P. 28. 14 Sínodo de Gonzalo II, Vid. nota 3 n. 2. 15 Vid nota 3 n. 3. 16 CSP introducción S. pp. 11 y 12. 13 Iglesias de nuestra Diócesis tiene costumbre la noche de Viernes Santo quemar delante del Santísimo Sacramento y al monumento, leña; y hacer allí fuegos, a cuya causa se ahuma toda la Iglesia; ordenamos y mandamos, que de aquí adelante no se haga ningún fuego en la Iglesia aquella noche, y si no hobiera cera que arda, a lo menos dos lámparas de aceite delante del Santísimo Sacramento; que no hagan monumentos los Clérigos, pues la pobreza no sufre otra cosa” 17 . O Sínodo de Caxa de la Xara voltará a insistir: “Por la tenuidad de las rentas eclesiásticas de este obispado, pasan pocos adelante en sus estudios” 18 . A biblioteca dun Cura mindoniense no século XVI Certamente os Sínodos preocúpanse do estudo e da leitura dos cregos. Non nos es doado coñecer dereitamente qué libros tiñan éstes nas suas bibliotecas, pero sí podemos saber cales lles recomendaban as Sinodais, sobre todo no século XVI, así como o tempo que debían adicar a leitura e máis ao estudo. Dahí podamos deducir, con certa aprosimación, qué libros, máis ou menos, manexaban, ainda que debamos concluir que non tódolos que lles recomendaban, os tiveran. No Sínodo de Caxa de la Xara díselles aos cregos: “que cada día se empleen por espacio de tres horas o cuatro, o más, a estudiar y leer algunos libros” 19 . O Sínodo distingue tres clases de libros, uns de devoción, outros de doctrina, e instrucción e outros de casos. En canto aos libros de devoción, o Sínodo recoméndalles ós cregos que teñan: “Los opúsculos de San Buenaventura, y San Bernardo y meditaciones de San Agustín”, por estar escritor nun latín doado de entender. En canto os libros en romance, recomenda: “sobre todo las obras de Fr. Luis de Granada. Y entretanto que no se puedan comprar todas, las Summas que el mismo recopiló y las recopiladas por Fr. Pedro de Alcántara”. Dun xeito moi especial recomenda o libriño que nos hoxe coñecemos co título de la Imitación de Cristo: “Y no se puede estar sin Contentus Mundi en romance, 17 CSG cap. X S. p. 49. CSCL. Tit. III cap. 23 S. p. 116. 19 C.S.C.L. Tit. III, cap. 23 S p. 116. 18 ni dejar de leer cada día en él un par de capítulos despacio. Es libro que nunca enfada, y así leyéndolo una vez, se ha de volver a pasar otra, y otra y siempre” 20 . No que se refire a doctrina, o mismo Sínodo aconsella: “...se ha de tener en latín el Catecismo romano, que es bonísimo, y es bueno es de Canisio, la doctrina cristiana de Soto; catecismo de Fr. Bartolomé de los Mártires, arzobispo de Braga, y también es muy bueno y de mucha curiosidad y devoción el Catecismo que ahora ha salido de Fr. Luis de Granada”. Por fin, no que toca aos casos, recomenda o Sínodo debandito: “Summa de Victoria, Summa de Navarro, de Sylvestre, y estambién muy buena la de Cayetano. En romance, el librito del Sr. Arzobispo D. Francisco Blanco, Summa de Fr. Bartolomé de Medina y la Summita de Pedraza y la de Navarro anda tam bién en romance” 21 . En canto a Biblia dilles: “La Biblia ningún cura debe estar sin ella”. Todo esto non é unha mera recomendación bibliográfica, senon que se trata dun verdadeiro mandato: “Y encargamos y mandamos a nuestro Provisor y Visitador, tengan gran cuidado de saber si tienen los Curas dichos libros, o al menos algunos de cada género, y si no los tuvieran, los castiguen y los manden so cierta pena que los compren dentro de un breve têrmino” 22 . Requisitos pra recibir as Sagradas Ordenes Non deixa de contrastar o que acabamos de decir co pouco que o mesmo Sínodo eisixe en canto a formación doctrinal daqueles que poden ser admitidos as Sagradas Ordenes. Pra Tonsura eisixe o Sínodo “Y sepan muy bien la doctrina y el ayudar a misa, y lea bien el latín, y escriba medianamente, y hay dado alguna muestra de virtud” 23 . Prás chamadas Ordenes menores: “han de tener todo lo requisito para corona, como está dicho, y han de saber leer muy espertamente en latín, y entenderlo razonablemente, de manera que se puedan llamar gramáticos, y sepan hacer una oración 20 Ibidem. Ibidem. 22 Ibidem. 23 C.S.C.L. Tit. XVII cap. I S. P. 187 y 188. 21 congrua y construir cualquier cláusula de libros fáciles, y tengan algunos principios de canto llano” 24 . Prao Orden de Epístola diselles: “Los que se hubieren de ordenar de Epístola, además de lo arriba dicho, han de saber muy bien latín, no solamente contruyendo gramaticalmente, sino también diciendo el sentido de lo que se les señalare en romance, y por otro latín. Y ninguno sea admitido sin que tenga principios de rezar y regir el Breviario Romano, examinándole por las mesmas reglas de él y pidiéndole la declaración de ellas” 25 . Los que se hubieren de ordenar de Evangelio, han de saber todo lo que el de Epístola, y bien cantar canto llano, y rezar y entender las reglas del Breviario”26 . “El de Misa, habiendo llegado a veinticinco años, ha de saber lo que el de Evangelio, y cantar las oraciones, y prefacios. Y porque por la pobreza de beneficios y falta de Clérigos en esta tierra, casi ningún sacerdote deja de administrar Sacramentos, se ha de examinar... en esta materia de Sacramentos de que consta cada uno y sus efectos y como se han de administrar y a cuáles. Han de saber las reglas del misal y regirlo muy bien y buscar las fiestas movibles 27 . Como se pode ver polo que deixamos dito aténdese máis ben á formación ritualista que á formación do sacerdote evanxelizador, ainda que se teña maior cuidado na honestidade da vida e na eleición: “en las cuales debe hacer mucha elección y tiento, en mirar las personas a quien se dan: porque vale más que tenga la Iglesia pocos ministros, y esos buenos, que no que por multitud, ignorancia y mal modo de vivir vengan a ser despreciados como en otras partes; y por consiguiente venga también la Iglesia a ser oscurecida y afrentada; y el nombre de Dios blasfemado por su ocasión” 28 . Algúns aspectos do traballo pastoral Non atoparemos nos Sínodos un tratado estruturado e sistematico, do que debía ser entón o traballo pastoral dun crego nunha friguesía, pero sí podemos atopar un fato 24 C.S.C.l. Tit. XVII. cap. 2 S. p. 188. C.S.C.L. Tit. XVII cap. 5. S. P. 191 y 192. 26 C.S.C.L. Tit. XVII cap. 7, S. p. 193. 27 CSCL, Tit. XVII cap. 8, S. p. 193 y 194. 28 CSCL, Tit. XVII cap. 1 S. p. 187. 25 de elementos dos que, con un estudo máis minucioso, poderíamos elaborar toda unha teoloxía pastoral daqueles tempos. Somentes imos a espuntar, por mór da brevedade, algúns aspectos. Así, por exemplo, no Sínodo de Pacheco, díse con referencia a Catequese: “Y só la mesma pena (diez maravedís a cada uno por cada vez) mandamos que el Clérigo y sus feligreses, y los hijos y hijas y mozos de las tales feligresías, se junten los domingos de Adviento y de la Cuaresma una vez en el día, y que allí les enseñen y platiquen la doctrina cristiana, avezándoles a santiguar y el pater noster, Ave María, Credo y la Salve Regina” 29 . E no que se refire aos Sacramentos da Confesión e Comunión o mesmo Sínodo: “Item ordenamos y mandamos que todas las personas de esta nuestra Diócesis, a lo menos los que fueran de diez años arriba, se confiesen una vez cada año, y los de catorce arriba reciban el Sacramento de la Eucaristía, en el tiempo que lo manda la Santa madre Iglesia, salvo si el Cura de la tal Iglesia le pareciera otra cosa de la conciencia y disposición del que ansí se ha de confesar y comulgar, so pena de dos reales, aplicados ut supra” 30 . A doctrina sobre o matrimonio que nos ofrecen os Sínodos de Pacheco e o de Caxa de la Xara e moi semellante á que hoxe está en vigor na lexislación xeral da Igrexa 31 . Unicamente quixéramos recordar o mendamento do Sínodo de Caxa de la Xara que obriga aos casados a vivir xuntos, o que supón que non sempre o facían: “Muchas ofensas de Dios Nuestro Señor se siguen de los que una vez se ataron con el vínculo del matrimonio, viva cada uno por su parte, como muchos hacen por sus discordias, y malas condiciones, engañados del demonio. Mandamos y ordenamos, que sean compelidos ambos a hacer vida juntos en una casa, sin admitirles causa, ni escusa alguna, no habiendo hecho entre ellos divorcio la justicia... Y cuando hubiera duda o competencia cual ha de ir a donde está el otro, siempre siga la mujer la voluntad del marido en cuanto a ésto...” 32 . También é curiosa a observación do Sínodo de Guevara: “Por cuanto hallamos en costumbre en muchas feligresías de nuestro Obispado que las mugeres que están desposadas y veladas y hacen vida maridable con sus maridos, traen tocas de doncellas 29 CSP, cap. XII S. p. 20. CSP, cap. XXVII, S. p. 28. 31 CSP cap. 21 y 22 S. pp. 24 y 25. CSCL Tit. XLI cap. 1-12 S. pp. 325-333. 30 y andan en albánegas (especie de redecilla para recoger el pelo) de manera que parezcan mozas doncellas, y que no se conoce si son casadas o doncellas; ordenamos y mandamos que de aquí en adelante ninguna muger después que hiciere vida maridable con su marido sea osada a andar sino con toca de casada, y ansí vaya a la Iglesia, so pena de un ducado y a su marido de otro ducado y que el Cura o Rector los evite de los divinos oficios ansí a él como a ella, so pena de dos ducados” 33 . O Sínodo de Caxa de la Xara, atende ao cuidado dos enfermos: “En habiendo algún enfermo, el Curá está obligado a visitarlo luego como supiere que está en la cama, y consolarle todos los días que le durase la enfermedad, con su presencia y buenos consejos; y mirar si tiene necesidad y disposición de recibir los Santos Sacramentos, y sino procurar con todas las fuerzas que la tenga. Y si le faltan medicinas o sustento corporal, dar orden entre sus deudos o vecinos cómo sea provehido, mostrando en todo entrañas de padre y pastor” 34 . Tamén se lembra este mismo Sínodo da atención pastoral aos presos: “También tiene el Cura particular obligación de ayudar y socorrer los presos de la cárcel de su lugar, por ser como es padre de todos y más de los pobres y necesitados. Y por que los que de tal manera están impedidos, que han menester hacer muchas diligencias y por su persona no pueden hacer ninguna, lo son mucho, aunque tengan alguna hacienda, mandamos que cada semana nuestros Curas, por lo menos visiten una vez la dicha cárcel, informando con caridad de la casa de cada uno. Y después intervenir con los jueces y partes acusantes y en todo lo demás que fuere menester y conviene para la breve y buena expedición de aquel negocio” 35 . O sistema económico das parroquias é o sistema dos diezmos e máis das rendas dos beneficios. En cambio, o sistema dos aranceis aparece fortemente refugado: “Grande sacrilegio y simonía clara sería pedir los Curas dinero o caso equivalente por dar algunos Sacramentos. Lo uno por ser de su naturaleza inestimable y que como se recibe de gracia se debe dar también de gracia. Lo otro, porque por eso los sustentan los legos de sus diezmos y ofrendas. Mandamos en virtud de santa obediencia y so pena de excomunión mayor a todos los Curas y escusadores de nuestro Obispado no intenten por palabras ni señas tal cosa; ni traten de concierto, ni de tanto ni cuanto, aunque sea bajo 32 CSCL. Tit. XLI, cap. 9. S. p. 331. CSG cap. 1 S. p. 45. 34 CSCL, Tit. III cap. 14, S. p. 108 y 109. 35 CSCL, Tit. III cap. 13 S. p. 108. 33 de nombre de limosna, ni ratione laboris, porque han de andar mucho camino o poco, ni con color que es tenue el beneficio y que no tiene congrua, o que algunas casas y vecinos no le acudan con ninguna parte de diezmos o renta. Y el que fuera convencido de lo contrario, por cualquier causa o razón de las dichas, queda suspenso de oficio y beneficio por un año, y más lo que fuera de nuestra voluntad” 36 . O Sínodo do bispo Guevara -1541- resulta moito máis interesante polos abusos que tenta correxir, abusos que aparecen descubertos por él mesmo na sua Visita pastoral, que nos amosan as costumes daquel tempo. Podemos citar, como exemplo, o abuso de comer nas Igrexas nos días das exequias ou na festa de Todolos Santos: “Item hallamos tener en costumbre en muchas partes de este nuestro Obispado que en los mortuorios que hacen y el día de los finados, que es otro día de Todos Santos, comen y beben y ponen mesa dentro de las Iglesias, y lo que es peor ponen jarros y platos sobre los altares haciendo aparador de ellos; ordenamos y mandamos que nadie sea osado en los semejantes mortuorios y honras y días de finados comer y beber en las Iglesias, pena de que pague cada uno dos ducados y el Cura o Rector que lo consintiera, cuatro” 37 . Non se trata aiquí dunha superstición, como es esta comida ou alimentos se ofrecerán aos difuntos, como parecen entendelo o señor Taboada Chivite, na sua obra “Etnografía galega” 38 , senon dunha profanación do templo. O problema das grandes comidas na mesma casa da familia do difunto aparece tamén como un abuso que se trata de condenar, mais sigue ainda hoxe sendo un feito en moitos pobos ruráis. Coido que se trata dunha tradición que conviría estudiar a fondo, ainda que Lisón xa tenta de dar unha explicación 39 . O Sínodo de Guevara personalmente agora hemos hecho que muchas personas cuando mueren ora que ellos manden, ora que sus herederos lo hacen gastar en el día de sus enterramientos mucha parte de su hacienda y aún a las veces toda, de manera que si queda a los hijos que comer, ni para las deudas que pagar, ni aún para el ánima del difunto algún bien que hacer; ordenamos y mandamos que de aquí en adelante en toda nuestra diócesis ningún heredero, ni testamentario, ni cumplidor, ni otro cualquiera que sea de algún difunto, no sea osado de hacer algún gasto de comer ni de beber en el enterramiento, ni en las obsequias, ni en las honras, ni el cabo del difunto, si no fuere con los Sacerdotes y sus ministros que 36 CSCL, Tit. III cap. 9 S. pp. 105 y 106. CSG cap. III, S. p. 46. 38 Taboada Chivite, Etnografía Galega, ed. Galaxia p. 39 C. Lisón: Antropología Cultural de Galicia. 37 fueren a celebrar y a enterrar al tal difunto y a los cumplidores y testamentarios y a los hermanos y primos hermanos del tal difunto, con que no escedan de doce personas por todos los parientes y testamentarios, y so color de pobre no queremos que vayan otros ningunos, si no fuere algún pobre que anda de puerta en puerta” 38b . Relacionado con este abuso ou costume está outro semellante, que tamén se condena. Neses mesmos días “andan todos los muchachos de la feligresía a pedir por las puertas, y les dan pan y carne y vino y freijóos y pijoles y otras cosas, y que ansí los hijos de los ricos como de los pobres, lo cual come cada uno en su casa, y a las veces llevan más los ricos que los pobres, y por ser más este rito gentílico que cristiano, ordenamos y mandamos de aquí adelante ningún muchacho vaya aquellos días de puerta en puerta a pedir, sino que el Beneficiado o Rector y el Primiciero y otro que nombre la feligresía pidan aquel pan y todo lo demas que les dieren repartan en la Iglesia el día de los finados entre los pobres y necesitados, so pena que el padre o madre que enviare a su hijo a pedir aquellos días pague mil maravedís” 40 . Aiquí parécenos atopar un senso da esmola como sufraxio polos difuntos, cousa moi cristián eque hastra fai pouco tempo os pobres que pedían polas portas das casas rurais caseque sempre o facían “polos seus difuntiños”, e rezaban unha oración. Coido que o fondo senso teolóxico que aiquí se acocha debería ser suliñado. As supersticións O Sínodo do bispo Guevara é moi coñecido sobre todo polas supersticións que nel aparecen condenadas. Un capítulo moi importante da vida relixiosa en Galicia é este das supersticións. E moi coñecido o libro de Jesús Rodríguez López, Supersticiones de Galicia y Preocupaciones vulgares, editado por primeira vez en Lugo, no ano 1895 41 e que vai xa na V edicion, pero penso que se trata dun tema que debería seguirse estudiando polos nosos etnógrafos con monografías máis críticas e comparativas. Non imos agora a entrar na razón e causas das supersticións en Galicia, nin moito menos da su evolución ao traveso do tempo, pois elo esixiría un estudo máis 38b C.S.G. Cap. XIX, S. p. 53. CSG cap. XI S. p. 49. 41 Rodríguez López, Jesús, Supersticiones de Galicia y Preocupaciones vulgares, 5 ed. 40 longo e fondo. Tan soio queremos darlles a coñecer algunhas das que aparecen nos Sínodos mindonienses. 1.- A do tizón de Nadal.- “La noche de Navidad echan un gran leño en el fuego, que dura hasta año nuevo, que llaman el tizón de Navidad, y dan después para quitar calenturas de aquel tizón, y como éste sea rito diabólico y gentílico, anatematizamos y descomulgamos y maldecimos a todas las personas que de aquí adelante usaren esta superstición y más y allende de esto los condenamos en cada dos mil maravedís, y que un Domingo en el misa Mayor hagan una penitencia pública” 41 . 2.- As cruces de masa “Muchas personas tiene costumbre de hacer unas cruces de masa del primero pan nuevo que cogen y ponerlas encima de la hucha a do ponen el pan cido, teniedo por cierto que aquella supestición y ceremonia les aprovechará para el que el pan se mutliplique y no se estrague” 42 . A condena ven a ser a misma. 3.- Lavado e afeitado dos cadavres: “Algunas personas que no sienten bien la fe, a la hora que un hombre espira y muere y le lavan todo el cuerpo, pensando que le lavan los pecados y más allende de esto le raen las barbas, las cuales después guardan para hacer hechizos” 43 . A condena é a mesma. 4.- Curación das verrugas.- “Algunas mujeres hechiceras toman a los niños el primer día de la luna y los ponen de piés en el suelo, el cual suelo ha de estar mojado con agua en que se cocieron hortigas y con cuchillo por entre los dedos dicen que les cortan las verrugas o lombrices, diciendo: ¿Qué cortas? y responde “verrugas, tallo de tuo corpo y de tuo tallo 44 . Tamén se condena como superstición diabólica, pero aparece aiquí unha penitencia pública especial: “las condenamos en que sean encorazadas (o que se le ponga en la cabeza un cucurucho de papel) y puestas a la puerta de la iglesia un día de fiesta” 45 . Outra penitencia pública que aparece noutros decretos deste sínodo é facer estar ao pecador público cunha candela acesa na mán perante a misa do domingo 46 . 41 CSG, cap. VI, S. p. 47. CSG, cap. VII, S. p. 48. 43 C.S.G. cap. VIII, S. p. 48. 44 CSG, cap. IX, S. p. 48 y 49. 45 CSG, cap. IX, S. p. 49. 46 CSG, Cap. V, S. p. 47. 42 5.- A proba da fidelidade da muller: “Muchos hombres que temen poco a Dios, teniendo sospecha que sus mujeres o sus amigas les hacen malificio, y para certificarse cuando paren si paren de ellos, ellas llevan a las Iglesias a hacer sobre el Santo Sacramento un juramento, y otras veces las hacen poner las manos sobre una vara de hierro, ardiendo, y otras les hacen mojar las manos y meternas en un escriño (canasta o cesta), de harina, diciendo que si se apega la harina a las manos les hizo maleficio y sino, no” 47 . 6.- O desconxuro das tormentas: “Muchos hombres y mujeres tienen costumbre el tiempo que hace relámpagos y truenos de tomar sartenes o las trévedes hacia el cielo, teniendo por cierto que con aquello se mitiga el trueno y el ralámpago” 48 . Decáis sexa unha lembranza desta superstición o costume que queda en moitos pobos do noso mundo labrego de tocar as campás da igrexa cando no vrán amosa algunha treboada. 7.- Dezmar en luns e vernes: “Muchas personas así hombres como mujeres, tienen costumbre de no diezmar a Dios rorelos, reselos ni otros ganados los días de lunes y viernes, teniendo creido que morirán los que quedan si aquellos días diezman 49 . Chámase a esta superstición morisca. Ainda que nos outros Sínodos seguintes, estas supersticións están collidas do Sínodo de Guevara, non se volta a falar destas supersticións, nembergantes aparecen outras, ainda que non tan sistematizadas como as de Guevara. Así, no Sínodo de Caxa de la Xara: “...y ansí se introdujo el abuso de las nóminas, en que suele estar escrito algunas veces el Evangelio de San Juan, con otros carácteres y señales impertinentes, con que la gente simple es fácilmente engañada. Mandamos que ninguna persona sea osada a hacer nóminas o cercos de plata o seda y poner en ellos cédulas escritas de cualquier suerte que sean, diciendo que aprovechan para ciertas enfermedades, o evitar ciertos peligros 50 . O problema dos espíritus tamén aparecen neste mismo Sínodo: “Es tanta la rusticidad y vana creencia de muchos que hay en este Obispado que algunas enfermedades naturales, que son comunes en él, como es apoplegía, epilepsia, o mal de corazón, y otros, dicen que es el demonio o mal espíritu y otras veces que es el alma o 47 CSG, cap. XIII, S. p. 50 y 51. CSG, Cap. XIV, S. p. 51. 49 CSG, cap. XV, S. p. 51. 48 almas de algunos que se los cargan, dicen estas imaginaciones semejantes; lo cual es grave y muy perjudicial engaño; y lo peor es que muchos de nuestros curas lo aprueban y pasan por ello y aún acuden con sus exorcismos. Y aunque es verdad y fe católica que hubo y puede haber endemoniados, más ser tantos y tan comunes y de tal manera como nos dicen que son en esta tierra, no es cosa creible” 51 . Así mesmo aparece a presencia dalgúns cregos que se adican, por razón de diñeiro, aconxurar ou botar os espíritus, usando medios distintos dos normados pola liturxia da Igrexia. Contra eles pronunciase o Sínodo: “Clérigos hay en nuestro Obispado que para ganar más dineros y reputación se quieren atribuir a sí solos el oficio y gracia particular de espeler los demonios y sacer (como ellos dicen) los espíritus y para ésto son llamados a diversas partes; mandamos que ya que alguno salga a hacer este oficio a feligresía ajena; no se concierte, ni haga precio, ni diga le han de pagar su trabajo, ni haga otros conjuros, ni diga otras palabras extraordinarias fuera de las del Manual nuevo, ni les obligue a que diga tantas o tantas misas, especialmente para encargarse él de ellas, y a recibir dinero, como nos dicen que algunos hacen 52 . Algunhas cousas curiosas Pra rematar esta nosa disertación, que tan soio tentóu amostrar un pouco a curiosidade por estas fontes da historia da Igrexa galega que se amosa nas Sinodáis de Mondoñedo, e que está necesitado de estudos serios e fondos, quixéramos espuntar algúns datos curiosos da vida dos cregos daqueles tempos. Non faremos máis que eso, espuntalos, e non todos. Mándaselle que non traigan armas e que non anden de noite 53 , que non bailen, nen canten cantos deshonestos 54 ; que non sexan tratantes: “Les prohibimos el vender paño por junto ni por varas, y el ir a las ferias a vender y grangear. Y en sus casas no vendan vino po menudo ni en junto, sino es de su renta y cosecha” 55 ; que no entren nas 50 CSCL, Tit. XXXIII, cap. I, S. pp. 287 y 288. CSCL, Tit. XXXIII, cap. 2, S. p. 288. 52 CSCL, Tit. XXXIII, cap. 3, S. p. 289. 53 CSP. Cap. XV, S. pp. 21 y 22. 54 CSCL. Tit. VII, cap. 3. S. p. 137. 55 CSCL, Tit. II cap. 3 S. pp. 79 y 80. 51 tabernas: “y el que de ordinario frecuenta las dichas tabernas o casas donde se venden y juegan vino y vianda, esté quince días en la cárcel, y pagará para pobres ocho reales” 56 . “Ningún sacerdote tenga por costume jugar a los naipes, ni a otros juegos ordinariamente dineros, ni otras cosas, sino raras veces, y no pasando de dos reales” 57 ; “Los sacerdotes traigan siempre, por lo menos una ropa larga hasta los pies, negra, y los que fueren muy pobres parda y que sea cerrada y abotonada, y su bonete o sombrero grande cuando lloviere, de no menos de seis dedos de falda, ni más que otros seis de alto; ni puños ni lechujillas chicas ni grandes en las camisas; ni andar en solas mangas de jubón blanco; y lo mesmo de las medias calzas;”58 “Traigan también siempre la barba baja y pareja, sin bigotes ni punta” 59 . Y so la mesma pena (un ducado de oro por cada vez que lo contrario hicieren)” mandamos que los clérigos se afeiten la barba de quince en quince días o a lo menos de mes en mes” 60 “que no digan misa con anillos” 61 . “Ordenamos y mandamos que los clérigos de nuestra diócesis no vayan a bodas, ni bautisterios, ni a otros ayuntamientos semilares que se hacen para dar dineros” 62 ; que mentras se predica na misa non se pasee nen se negocie na igrexa 63 ; que non se fagan na igrexa axuntamentos 64 . E así poderíamos seguir recollendo cousas curiosas, todas elas moi interesantes pra ver os costumes daqueles tempos, cousas, por outra banda, que ás veces voltan a rexurdir hoxe. Non quixera nembergantes deixar de anotar unha cousa que a min me chamou a atención e que non coñezo a sua razón: “trátase do dereito da fábrica da Igrexa Catedral de Mondoñedo a cobrar un imposto por tódalas ballenas mortas nos portos marítimos da diócese: “De tódalas ballenas que mueren en los puertos de este Obispado, tiene derecho la fábrica de esta Santa Iglesia dos ducados por costumbre antigua. Y porque algunos de los que las matan son extrangeros, y se podían ir sin pagarlos; mandamos al Cura donde aconteciere morir la ballena, avise luego a costa de la misma fábrica al Fabricario de esta Santa Iglesia, para que cobre, o envie a cobrar los dichos ducados, so pena que los pagará de su bolsa” 65 . 56 CSCL Tit. II, cap. 4, S. p. 80 y 81. CSCL Tit. II, cap. 6 S. p. 82. 58 CSCL Tit. II, cap. 10 S. pp. 85 y 86. 59 CSCL Tit. IX cap. 10 S. p. 85. 60 CSP cap. L, S. p. 41. 61 CSCL Tit. II cap. 16, p. 89. 62 CSP, cap. XXXVIII, S. p. 34. 63 CSCL, Tit. IX cap. 4 S. p. 157. 64 CSCL, Tit. VIII cap. 3 S. p. 147. 65 CSCL, Tit. XII, cap. 7. S. pp. 171 y 172. 57 Temos que rematar esta nosa disertación, na que, como xa dixemos, non fixemos máis que unha moi pequena radiografía ou sociografía dalgúns aspectos da historia da Igrexa de Mondoñedo tal como se amosa nas suas Sinodáis deica o século dazaseis. Sería necesario, se o tempo no-lo permitira, entrar un pouco a fondo pra descubrir todolos valores relixiosos que suxacen no fondo destes feitos, e tamén ¿por qué non? os antivalores con memoria e perspeitiva historicas, que coidamos é o que lle falla a algúns cando se atopan coa historia da Igrexa. Non esquenzamos que aquela Igrexa é esta mesma Igrexa de hoxe que se fixo e fai presente en Galicia, a Igrexa de Xesucristo, que tenta de evanxelizar todo-los tempos e toda-las culturas. Aiquí amóstrase un tema que tén hoxe fonda aitualidade, que é o das relacións entre fe e cultura, que tocóu xa o Concilio Vaticano II, na constitución “Gaudium et Spes”. “Moitos son -dinos- os vencellos que existen entre a mensaxe de salvación e a cultura humán. Deus, nefecto, ao revelarse ao seu pobo hastra a plena manifestación de si mesmo no Fillo encarnado, falóu según os tipos de cultura propios de cada intre. De igoal xeito, a Igrexa, ao vivir perante o devolvemento da historia en variedade de circunstancias, empregóu os achagos das diversas culturas pra espallar e explicar a mensaxe de Cristo na sua predicación a toda-las xentes, pra inquerila e comprendela con maior profundidade, pra mellor expresalo na celebración litúrxica e na vida da multiforme comunidade dos fieis” 66 . E no decreto “Ad Gentes”: “Ditas Igrexas reciben dos costumes e tradicións, de sabiduría e doctrina, das artes e institucións dos seus pobos, todo o que pode servir pra confesar a gloria do Creador, pra lobar a gracia do Salvador e pra ordenar debidamente a vida cristián” 67 . Nembargantes ha de terse en conta o que o Papa, Paulo VI, nos decía na sua derradeira encíclica encol da evanxelización: “O Evanxelio, e polo tanto a Evanxelización, non se identifica certamente coa cultura e son independentes con respecto a toda-las culturas. Nembargantes o reino que anuncia o Evanxelio é vivido por homes fondamente vencellados a unha cultura e a continuación do Reino non pode menos de coller os elementos da cultura e das culturas humáns. A rutura entre Evanxelio e cultura e sen dúbida o drama do noso tempo como o fói noutros tempos” 68 . 66 GS, n. 58. A.G. n. 22. 68 Paulo VI, EN, n. 20. 67 E o mesmo Papa, Xoan Paulo II, volta a falar deste tema na sua recente encíclica sobre a catequese e na sua derradeira xuntanza que tivo cos Cardeais, un dos temas que lles propuxo pra estudiar fói precisamente éste das relacións entre a fé e a cultura. Hoxe, cando se está a falar de “galeguizar” a Igrexa en Galicia o Evanxelio ou as mesmas expresións da fé cristián, algúns parecen identificar estas realidades relixiosas coa mesma cultura galega, ou sexa, parecen confundir a evanxelización da nosa cultura galega coa mesma cultura. A Igrexa presente en Galicia, coido eu que non se lle pode negar que tentou, ao traveso dos séculos, en grande medida evangelizar a nosa cultura, encarnarse nela e tamén purificala. Negar ésto parécenos dunha miopía histórica pechada. Elo non quér decir que sempre o conquerise de cheo, ou que sempre acertase. Ela, precisamente pola sua encarnación e por estar feita de homes, ven condicionada polo seu entorno social, pola historia na que se inxerta e tamén polos pecados dos seus membros. A Igrexa sempre se confesou pecadora e todo-los días ao pé do altar pide perdón. E non sería honesto tentar acochar, por exemplo, a responsabilidade da Igrexa en Galicia ou o pecado da mesma no que toca a un dos elementos máis radicáis do que é unha cultura, a lingua. A Igrexa galega tivo e ten aiquí unha fonda responsabilidade, non tanto no pobo canto na sua Xerarquía, que abrangue bispos e cregos. Penso que neste eido é urxente unha verdadeira conversión, pra que nos demos conta da esquizofrenia mental e psicolóxica que estamos a producir nas xentes do pobo, ainda que elas non sempre se dén conta. Que os nosos labregos y mariñeiros non deprendesen a falar con Deus, seu Pái, na única lingua que saben falar, certamente é un pecado grave de evanxelización, pero desto xa falamos noutra ocasión. Nin a Igrexa é a única nen a primeira responsabel. Este traballo de encarnación da Igrexa na cultura galega non se debe nembargantes, como dixemos, minimizar, pero temos que ser conscentes de que é unha laboura sempre inacabada, que tén de irse facendo día a día. A Igrexa terá que estar atenta en cada intre histórico á evolución da cultura e tamén á historia deste noso pobo galego. Pra elo é necesario o diálogo, o contacto, as relacións de amistade entre os que podemos chamar homes da Igrexa e os homes que máis norman e desenrolan a cultura. Elo levará a un diálogo entre o Evanxelio e a cultura galega. Por eso penso que a presencia dun bispo e algúns cregos neste santuario da galeguidade debe tér ese senso, de acercar o Evanxelio á cultura e a mesma cultura ao Evanxelio. Nin o Evanxelio perderá nada nos seus contactos coa cultura, nen a cultura galega perderá tampouco nada deixándose penetrar polo Evanxelio. E este quero que sexa o meu compromiso ao entrar hoxe nesta histórica Institución da cultura galega. Se fago algo neste senso que Deus mo premie e senon que El e o pobo galego mo demanden. Dixen. SIGLAS DOS CODICES MINDONIENSES C1.- Mondoñedo, Arquivo Catedral, Kalendario antiguo, t. I (Arm. 3 n. 9/1). C2.- Ibid. Kalendario antiguo, t. II (Arm. 3 9/2). Dr.- Mondoñedo, Arquivo Catedral, Derechos y Rentas de la Fábrica (Arm. 3 n. 23) Ma.- Mondoñedo, Arquivo Catedral, Medias annatas (Arm. 3. E. L. 3) N.- Mondoñedo, Cuadernillo de Navarrete (Arm. 5, E 3 L, 14 n. 13) P.- Mondoñedo, Arquivo Catedral, Tumbo Pechado (Arm. 3 n. 10) Q1.- Mondoñedo. Arquivo Catedral, Copia C1 (Arm. 5, E 3, L 13) Qp.- Mondoñedo, Copia de P (Arm. 5, E3, L 13) S S.- Sanjurjo y Pardo, Los obispos de Mondoñedo 2 (Lugo 1854 3-43) (Constituciones de Pacheco) y 43-56 (Constituciones de Guevara), 56-432 (Constituciones de Isidro Caxa de la Xara), 433-438 (Cosntituciones de Pedro Fernández Zorrilla). Nota.- Estas Siglas están collidas do artigo de García y García, Antonio, “Synodicum Hispanicum”, en Revista Española de Derecho Canónico, 35 (1979) pp. 8 y 9, en orden a imprentación dos Sínodos Galegos e Portugueses que van a sai á luz pública moi pronto. OUTRAS SIGLAS CSP.- Constitucion Sinodal de Pacheco SCG.- Constitución Sinodal de Guevara CSCL.- Constitución Sinodal de Caxa de la Xara EN.- Evangelii Nuntiandi, encíclica de Paulo VI AG.- Ad Gentes, decreto do Concilio Vaticano II GS.- Gaudium et Spes, Constitución do Concilio Vaticano II RESPOSTA DO EXCELENTÍSIMO SEÑOR DON RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ Celebramos hoxe esta sesión pública da Real Academia Galega para recibir a monseñor Miguel Anxo Araúxo, quen desde agora será compañeiro noso ocupando a vacante de D. Ramón Otero Pedrayo. Fíxoseme a min a honrosa encomenda de contestar o seu discurso de ingreso en nome da Corporación. Confésovos que ao recibir ese encárrego, a condición episcopal do novo académico non deixou de me producir un certo arreguizo íntimo, porque desde a infancia, sin dúbida influído pola imaxe popular tradicional, fórase dibuxando na miña mente a idea de que un Bispo é unha xerarquía relixiosa e social tan elevada que de seu impón distancia. Con todo, ese reflexo espontáneo foi pasaxeiro porque de contado me veu ao acordo o meu primeiro encontro persoal con monseñor Araúxo. Foi mesmamente D. Ramón Otero Pedrayo quen mo presentou, e ben axiña tiven a experiencia de que é un home cordial, con grande sinxeleza na sua cordialidade, pero tamén con firmeza interior. Trátase dunha cordialidade natural, que lle dé apertura e flexibilidade comunicativa, pero que afinca no cerne firme da sinceridade. Que esa forza interior da sinceridade ten un influxo fundamental na sua personalidade poderíase supór pola vocación relixiosa; pero, si a valoramos en si mesma, coido que non só nos dá a clave desa vocación senón tamén a do modo de a realizar. A vocación, certamente, márcanos a cada un de nós o seu camiño existencial, pero tamén é certo que ese camiño pódese recorrer de diversos modos. No caso de monseñor Araúxo, a vocación levouno ao camiño relixioso-pastoral, pero si reparamos no modo de realizar a sua vocación, no modo de recorrer o seu camiño existencial, axiña botaremos de ver a presencia desa sincaridade interior na doble vinculación da sua fidelidade persoal: a total entrega á dedicación pastoral e a total identificación coa sua Terra e co seu pobo. Semella natural a simbiose de ambas fidelidades porque, de seu, con concordantes. Ser fiel á propia vocación e ser fiel á propia realidade comunal forma parte da plenitude persoal e, mesmo por eso, son duas fidelidades que se complementan. Pero ocurre que, na realidade histórica, ás veces non concordan, ás veces víranse conflictivas mesmo. En Galicia temos unha longa e triste experiencia desa discordancia. Moitos fillos de Galicia, aceptando como normal a marxinación do seu pobo, abandonaron cómodamente a vinculación moral con el para seguir o camiño da vocación puramente individualizada. Esta alienación constante das minorías máis preparadas foi unha das meirandes calamidades históricas que padeceu Galicia, porque a deixou reducida a unha situación de orfandade impotente, resignado. E compre decir que esta actitude desleigada produciuse en tódolos camiños vocacionais, incluindo, desde logo, o relixioso, que é do que hoxe tratamos. E porque tratamos dél, sinalando a grave responsabilidade que tivo na aceptación, con demasiada frecuencia colaboradora, da marxinación de Galicia, tamén debemos decir, porque é de xusticia recoñecelo, que unha das primeiras, das máis sinceras e das máis enérxicas voces de protesta, de rebeldía moral contra a marxinación galega, foi a voz dun relixioso, foi a voz de Fray Martín Sarmiento. E ainda se podería engadir que, polo seu temple moral e pola sua extraordinaria capacidade intelectual, Sarmiento estaba chamado a ser o gran impulsor e o gran inspirador do rexurdir da conciencia colectiva de Galicia. Si en lugar de se autoclausurar na celda conventual madrileña, rodeado de libros e dun círculo moi reducido de amigos, publicase os seus textos manuscritos que tan celosamente guardaba, a sua inevitable influencia tería adiantado en cen anos o noso Rexurdimento. O mesmo que Sarmiento ou que o cura de Fruime, tan combativos os dous, outros relixiosos mostraron igualmente a sua solidaridade moral activa con Galicia. Na nosa mesma Academia figuraron nomes como Lago González, Aureliano Pardo, Xesús Carro, Pedret Casado e, como Académico de Honor, o cardeal Quiroga Palacios, que forman unha representación ben ilustro dos eclesiásticos que quixeron e souperon vencellar a vocación relixiosa e mais a identificación co pobo galego. A esta tradición exemplar, iniciada vigorosamente polo P. Sarmiento, pertence o novo académico. E pertence a ela pola forza interior da sinceridade que ao comenzo sinalabamos como un dos rasgos da sua persoalidade. Lembremos aquí un feito ben revelador do que decimos. Pensemos por un momento no que significou para Monseñor Araúxo o acto da sua consagración episcopal na catedral de Ourense. De certo que foi un dos momentos de máis profunda, de máis sincera emoción na sua vida. Un deses momentos felices en que o sentir íntimo e o acontecer obxetivo fúndese nunha cálida unidade vivencial que conmove todo o noso ser. Un deses momentos nos que o corazón latexa aceleradamente como querendo abrirse nunha ofrenda de xenerosa entrega aos demáis. Pois no transcurso dese acto leuxe unha “Oración a Galicia” escrita na nosa lingua. Vede como Monseñor Araúxo quixo unir ao inicio mesmo da sua nova responsabilidade pastoral unha confexión de amor a Galicia e de identificación co seu pobo, dándolle o sentido relixioso de “oración”. Sin dúbida foi a primeira vez que nunha catedral galega e en lingua galega se escoitou unha confesión así na consagración dun Bispo. Anos máis tarde, Monseñor Araúxo daría un novo testemuño da sua identificación consciente con Galicia ao publicar a sua Pastoral titulada “A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega”, aparecida no Boletín da Diócese Mondoñedo-Ferrol en maio do 75. Desde o eido estricto da sua responsabilidade pastoral, como galego e como Bispo dunha diócese galega, vai examinando a luz da doctrina evanxélica as distintas dimensións do problema. Repara, en primeiro lugar, no feito evidente do DESPERTAR DA CONCIENCIA COLECTIVA, que considera en sí mesmo como fenómeno sociolóxico e do que fai unha valoración asisada no que significa de desafío a Igrexa en tanto que esta ten a obriga de escrutar os sinais dos tempos, centrando a sua reflexión evanxélica na faceta cultural deste despertar colectivo, e máis especialmente na lingua por ser o núcleo verdadeiro da nosa cultura. Traza a continuación una sucinta e clara historia do problema da nosa lingua, na que non elude considerar con toda honestidade o papel representado pola mesma Igrexa. Fai un análise da situación actual da nosa lingua e detense a examinar os factores que a erosionan e a ameazan. E, con todos estes antecedentes, considera a nosa situación real á luz da fe cristiá, tendo como referencia básica a necesidade do desenrolo integral da persoa e a dimensión fundamental da lingua na vida do home. Sin dúbida que na Igrexa de Galicia foi ésta a primeira Pastoral dedicada a estudar o problema da nosa lingua desde o punto de vista evanxélico. E sin dúbida que tamén foi ésta a primeira vez, polo menos nos tempos modernos, que se publicou unha Pastoral en lingua galega. E decimos nos tempos modernos porque non sabemos de certo si nos séculos XIII e XIV se escribiu algunha Pastoral en galego, tendo en conta que daquela escribíase en galego a documentación eclesiástica. Mais, en todo caso, desde hai moitos séculos o galego deixou de se utilizar pola Igrexa e a Carta de Monseñor Araúxo ven ser a primeira Pastoral publicada na nosa lingua. E tamén a primeira que trata da nosa lingua como tema específico. Hoxe, no discurso de ingreso que acabamos de escoitar, tróuxonos unha información histórica moi precisa e moi interesante sobre a documentación sinodal que se conserva nas diócesis galegas e, dentro dela, da que está escrita na nosa lingua. Para o seu discurso valeuse da documentación mindoniense, parte dela escrita en latín, parte en galego e parte en castelán. Por ela vemos como no século XIV e hastra mediados do XV utilizaban normalmente a nosa lingua, feito que desperta na nosa mente esta pregunta inevitable: ¿en qué lingua predicaban os sermóns ao pobo? ¿en qué lingua rezaba o pobo as suas pregas, as suas oracións? Tense dito que na Igrexa de Galicia pasouse do latín ao castelán, pero esta opinión non deixa de ser tan atrevida como puramente conxetural. Durante varios séculos o galego foi a lingua xurídica, a lingua documental, a lingua social, a lingua literaria de Galicia. O pobo non sabía latín nin castelán; sabía únicamente galego. A maioría do clero sabía pouquiño latín e non falaba castelán, senón galego ¿en qué predicaban os seus sermóns, xa que logo? Non en latín, certamente, nin tampouco en castelán. Semella asisado pensar que predicarían na lingua que sabían e, sobre todo, na lingua que lles poderían entender os fieles. No seu discurso, Monseñor Araúxo danos unha imaxe moi viva da realidade social e relixiosa da diócese de Monfoñedo durante os séculos XIV, XV e XVI. Como el mesmo nos indica, esa documentación sinodal é unha fonte informativa de grande riqueza pola referencia directa e concreta á vida real da sociedade de aquel tempo. Como exemplo, ofrécenos unha moi curiosa descripción de creencias populares que nos tempos a que se refire esa documentación tiñan vida propia ao marxe da estricta ortodoxia doutrinal. En realidade, desde os lonxanos tempos de S. Martiño Dumiense esas e outras creencias populares foron obseto, século tras século, de insistentes referencias nos documentos episcopais de Galicia, coa particularidade de que moitas delas deron chegado hastra os nosos días e hoxe son amorosamente recolleitas polos etnólogos e os antropólogos. Tamén nos dá Monseñor Araúxo algunhas amosas dos costumes do pobo ou do clero que facían reaccionar á Xerarquía con disposicións correctivas, datos que teñen para nós un grande interés histórico-sociolóxico. En realidade o interés informativo destes documentos é doble, xa que nos describen os costumes que se queren correxir e, ao mesmo tempo, as medidas correctivas reflexan tamén a mentalidade da propia xerarquía, inclinada con bastante frecuencia a exercer a autoridade con máis confianza na eficacia punitiva que na paciente padagoxía evanxélica. E non deixará de ser importante que os sociólogos e os antropólogos pescuden o influxo deste feito na mentalidade relixiosa do noso pobo ¡Quén sabe! Se cadra, aquel arreguizo íntimo que sentían ante a idea de ter que lle contestar a un Bispo non fai mais que unha leve reminiscencia do temor que os novos devanceiros sentiron durante séculos e séculos diante de aqueles Señores con mitra. Calquera que reflexione serenamente sobre ese pasado, que inevitablemente está actuando sobre o noso presente, axiña botará de ver a enorme presencia, o enorme peso -e tamén, claro, a enorme responsabilidade- de aquel Señorío mitrado no destino histórico de Galicia. E ao reparar nese feito compréndese ben por qué a nosa relixiosidade popular tradicional sentiuse máis identificada cos santos de pedra ou de madeira que cos seus administradores humanos. Sentía amor aos santos e temor aos pastores. Esa foi a experiencia relixiosa dos nosos devanceiros, pero compre sinalar que, dentro desa dualidade de sentimentos, a sua relixiosidade era profundamente verdadeira. Tan verdadeira, tan sincera, que tiña forza para humanizar os santos de pau ou de pedra e para establecer con eles un diálogo íntimo, confidencial. Tiña forza para lles contar en silencio as suas mágoas. Para lles pedir axuda devotamente, afervoadamente, como si se tratase de vellos e ben probados amigos da familia. Esa relixiosidade popular tiña un ámbito vivencial que comprendía os santos de pau ou de pedra humanizados pola devoción, o templo que os alberga e no que se celebran os ritos litúrxicos, o adro, no que se prolonga a asamblea comunal vivida dentro do templo, o camposanto, no que repousan os difuntos, inda que sin deixaren de estar en certa maneira presentes nas asambleas do adro. Este ámbito familiar, vivido espiritoalmente como verdadeiro patrimonio comunal, viña ser a auténtica Igrexa popular, a Igrexa verdadeiramente galega. Por enriba dela estaba a outra, a do Poder e organizada como Poder. A primeira comunal e sinxela, era a Igrexa galega, a segunda, poderosa e distante, era a Igrexa en Galicia. E compre nonas confundir. A primeira, apoiábase no amor; a segunda, no temor. Sería interesante facer a comparanza entre o labor de evanxelización levado a cabo en Galicia pola Igrexa monástica e o levado a cabo pola Igrexa episcopal. Seguramente comprobaríamos que históricamente, a relixiosidade popular galega ten máis raices na primeira que na segunda. Mais, sexa o que for o resultado desa comparanza, nignuén poderá negar que na Edade Moderna a verdadeira Igrexa galega foi a representada pola relixiosidade popular. A outra, a do Poder, non pasou de ser a Igrexa en Galicia. Pero compre insistir no que dixemos ao comenzo: houbo eclesiásticos galegos que tiveron conciencia desto e sentiron a arela íntima de que a Igrexa en Galicia se convertise en verdadeira Igrexa galega. O primeiro e máis ilustre de todos foi o P. Martín Sarmiento, pero tamén houbo outros. Co tempo, esta conciencia de identificación espiritoal coa Galicia popular, coa Galicia verdadeira, foi medrando. Hoxe pódese decir que xa é unha corrente importante nos nosos eclesiásticos. Non importa que polo de agora sexa minoritaria, porque ten pulo espiritoal, entusiasmo evanxélico, confianza no pobo galego e, mesmo por eso, forza de futuro. Para os que pensamos e soñamos no futuro da nosa Terra, xa non resulta utópico confiar en que a Igrexa en Galicia chegará a transformarse, por propio impulso interno, en Igrexa galega. En que chegará a se identificar coa lingua, coa cultura, coa personalidade colectiva do noso pobo. A conciencia evanxélica e a sensibilidade pastoral de Monseñor Araúxo fixéronlle percibir a importancia desta identificación. Por eso pertence á tradición eclesiástica que a cultivou e por eso desenvolve o seu labor pastoral nesa mesma liña de acción. Porque o sabemos ben, a Real Academia Galega acólleo hoxe no seu seo coa sincera alegría que nace da esperanza no seu labor.