Non te deixes pisar. 1 de Maio de 2006.

Anuncio
Non te deixes pisar. 1 de Maio de 2006.
CNT-Galiza :: 26/04/2006
Primeiro de Maio confederal. xornada de loita e confraternizacion.
Este 1º de Maio ven marcado por unha reforma
laboral que está a piques de ser asinada polos sindicatos da patronal, e que suporá unha maior
precariedade laboral para os traballadores e traballadoras e unha merma nos nosos direitos. Esta
nova reforma facilitará ainda máis os despidos colectivos e abaratará o custe aos empresários. O dia
1º de Maio non é un dia mais é para lembrar o porqué do sindicalismo : os sindicatos naceron para
defender non só os intereses económicos dos traballadores, senón que o seu desenvolvimento
baseou-se no ideário dun cámbio dunha sociedade por outra máis xusta e solidária. Non somos unha
mercancia que se venda. Somos e seremos o que queiramos e non o que queiran que sexamos. Este
1º de Maio a CNT-Galiza fará un mitin às 12,30 h na Sala Yago de Compostela e posteriormente faráse unha manifestación pola cidade.
Mais
informacion en www.cntgaliza.org
_______________
http://www.lahaine.org/mm_ss_est_esp.php/non_te_deixes_pisar_1_de_maio_de_2006
lahaine.org :: 1
Descargar