A Xunta Electoral de Galicia é un órgano da Administración electoral, de carácter permanente, que ten por cometido garantir a obxectividade e transparencia do proceso electoral e o principio de igualdade das entidades políticas que concorren a un proceso electoral. Contacto Pazo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Praza de Galicia, s/nº 15004 A Coruña Oficina no Parlamento de Galicia Parlamento de Galicia (2.ª planta) Rúa Hórreo, 63 15701 Santiago de Compostela - A Coruña _____________________________________________________ Teléfonos: 981 55 13 20 / 21 Fax: 981 55 14 08 E-mail: [email protected] Composición legal Presidente: o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1º a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia). Vicepresidente: o elixido polos vocais, de entre os de orixe xudicial, na sesión constitutiva do órgano (artigo 14.1º b). Catro vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (art. 14.1º c). Catro vogais: profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das Universidades de Galicia (artigo 14.1º d). Un secretario: o letrado oficial maior do Parlamento de Galicia (artigo 15.2º). Composición actual (Decreto 37/2013, do 1 de febreiro, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia; DOG núm. 41, do 27 de febreiro de 2013; e Decreto 168/2013, do 13 de novembro, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia): Presidente: Miguel Ángel Cadenas Sobreira. Vicepresidente: Juan Luís Martínez López Vogais (maxistrados): Pablo Ángel Sande García Julio César Díaz Casales José Ramón Chaves García Vogais (profesores): Francisco Javier Sanjiao Otero Ángel Gómez-Iglesias Casal Jesús Martínez Girón Santiago Antonio Roura Gómez Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez. Data da constitución da actual Xunta Electoral de Galicia: 1 de marzo de 2013 (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2013)