Áreas do galego • Bloque Occidental • Isoglosa: cans / cas • Fenómenos xerais: 1. Gheada (amigho, ghato). 2. Seseo postnuclear (lus, dès /luz, dèz). 3. Metafonías e outras alteracións do timbre ( èla, hòra, tempo, sogro / ela, hora, tèmpo, sògro). 4. Terminación en án (irmán, verán, mañán). 5. Plural −ns (cans, ladróns). 6. Pronome suxeito ti. 7. Vocal temática e (collEche(s), vendEche(s) / collIche(s), vendIche(s). 8. Formas cantei, cantín, cantén, cantein na P1 do IP da C−I. 9. Sufixo número−persoal −des (maioritaria) e −s, −ndes, −is (cantades, cantás, cantandes, cantais). • Áreas lingüísticas • Área fisterrá • Isoglosas: Seseo prenuclear (faser, sinco) e Cheísmo (vinCHE onte) • Subáreas A−1: Xallas. • Ditongo ui (muito, nuite, cuiro, truita). • Vocal temática i (colliu, partiu) na P³ do IP da C−II e C−III. A−2 Tambre−Barbanza. • Ditongo oi ( moito, coiro). • Vocal temática e (colleu, parteu). Subáreas de transición. A−3 Bembibre. • Ditongo oi (moito, coiro). • Vocal temática i (colliu, partiu). • Seseo prenuclear (faser, sinco). • Sen cheísmo (vinTE onte). A−4 Compostelá. 1 • Ditongo oi (moito, coiro) • Vocal temática e (colleu, parteu) • Seseo prenuclear (faser, sinco) • Terminación −ao (ou −án) de irmao. • Área Bergantiñá • Isoglosas: Seseo prenuclear (faser/ facer), ó sur e suroeste e cans /cas ó leste. • Fenómenos. • Sen seseo. • Sen cheísmo. • Ditongo oi (moito, troita). • Vocal temática i (colliu, partiu). • Área Pontevedresa • Isoglosas: Cheísmo ó norte e cans/ cas ó leste. • Fenómenos: • Radical hub− no tema de perfecto de haber e sup−,sub− como radical de perfecto de saber. • Radicales tru(i)− e trux− maioritarios fronte a troux−, trougu− para o perfecto de traer. • Subáreas. C−1 Ulla−Umia Isoglosas: esto /isto e moito/ muito. • Deíctico esto. • Ditongo oi (moito, coiro). • VT e (colleu, parteu). Microsubáreas. C−1.1 Salnés • Seseo prenuclear ou a súa ausencia. • Terminación −án (irmán). C−1.2 A Ulla • Sen seseo prenuclear. • Terminación −ao (irmao). C−1.3 Moraña−Cotobade. • Sen seseo prenuclear. • Terminación −án (irmán). C−2 Macrosubárea Verdugo−Miño. Isoglosas esto /isto e moito/ muito. 2 Fenómenos. • Deíctico isto (hipercaracterizado). • Formas muito, noite, coiro~couro. • VT e/i (colleu/ partiu). Subáreas: • Verdugo (isoglosa quères/ queres). Microsubáreas • Redondela−Mondariz, sen seseo. • Morrazo−Fragoso con seseo prenuclear. Inclúese a illa de Ons. • Do Miño (isoglosa quères/ queres, nève/ neve. As formas con vocal pechada son propias desta zona). Microsubáreas: • Baixo Miño (C−2A). • Teísmo (xa TO dixen/ xa CHO dixen). • Pronome suxeito tu. • SNP −is, −ndes (cantais, cantandes). • Miñor (C−2B). • Sen teísmo. • SNP −ndes. • Seseo prenuclear (faser). • Louriña (C−2C). • Presencia / ausencia de seseo (facer/ faser). • SNP −des (cantades). • Sen teísmo. • Condado (C−2D). • Sen seseo (facer). • SNP −des. • Sen teísmo. • Bloque Central • Isoglosas: cans / cas (occidente), cas / cais (oriente) • Fenómenos xerais • Gheada (occidente) e ausencia de gheada (oriente). • Ausencia de seseo (facer, cinco). Só lus e ves na Coruña e Pontevedra. • Ditongo oi (moito, noite, coiro). • Plural −s (sg. −n): cas, ladrós, (sg. can, ladrón). • Terminación −ao (masc.) / −á (fem.): irmao, verao / irmá, mañá. • Pronome suxeito ti (occidente) tu (oriente). • Vocal temática i, etimolóxica, na P² dos perfectos fracos da C−II (collIches, vendIches. • Terminación verbal −des (cantades) maioritaria. • Áreas lingüísticas • Área mindoniense • Isoglosa: Sufixo modal temporal è/ é, a (cantèmos, collèmos, partèmos/ cantemos, collamos, partamos). • Fenómenos. • Pronome suxeito nosoutros, vosoutros no canto de nòs, vòs. 3 • CD enclítico −i no canto de −o. • Formas verbais (es)teña, seña, vallo, sallo. • Léxico específico: barruzar, golpe, cimo/ chuviñar, raposo, grelo. • Subáreas: A−1 Occidental, con gheada. Microsubáreas: • A Capelada−Ferrol−Guitiriz con pronome suxeito ti. • Viveiro−Xermade con pronome suxeito tu. A−2 Oriental, sen gheada. Microsubáreas: • A Mariña−Xistral con colleu, parteu. • A Mariña− Lourenzá con colleu/ partiu. • Área lucu−auriense • isoglosas: iste(s) / este(s), il(es)/ el (es). • Fenómenos: • Vocal radical u, i no imp. da C−II (culle, bibe, turce/ colle, bebe, torce), especialmemte en falas ourensás. • Subáreas: • Lucense (E−1) caracterizada pola presencia de llo (lle+o) e llelo (lles+o). • Microsubárea: • Becerreá: • Ditongo ui (muito , truita) e oi (noite, oito). • Terminación −ín (pl. −iños) en camín, padrín. • SNP −is (cantais)− • Auriense (E−2) con llo (lle+o, lles+o). • Microsubáreas: • A Limia Baixa (E−2A), especialmente os concellos de Lobios e Entrimo. • Sibilantes sonoras. • Intestabilidade do è (>e) en queres, neve que tende a pechado. • Arcaísmos morfolóxicos como decer ou sintácticos como a interpolación. • A Limia Alta (E.2B), co SNP −ndes de cantandes, collendes, etc. • O Ribeiro (E−2C) coa terminación −án (pl.−ás) para o feminino de mazán, etc. • Área central de transición • Isoglosas: cantèmos, collèmos / cantemos, collamos ó norte; el/ il ó sur. • Fenómenos: • Deíctico este e pronome el. • SMT e en cantemos e a en collamos. • Subáreas: 4 • Occidental (F−1), coa terminación fem. án (mazán, pl. mazá) e formas colleu, parteu, ou colleu, partiu. • Microsubáreas. • As Mariñas (F−1A), masc. e fem. sg. −án, pl. −ás (irmán, irmás). • Ordes − Terra de Montes (F−1B), masc. −ao, fem. −án (pl. −ás) (irmao(s), irmán, irmás). • Meira (F−2), con moito, troita (xeral) e muito, truita; terminación −iño ou −ín (camiño ~ camín) e SNP (cantais). • Área oriental de transición • Isoglosas: il/el no occidente e cas/cais no oriente. • Fenómenos (de oeste e leste). • −oit−, −uit−, −ut− (moito, muito, muto). • SNP −ndes, −is (cantandes, cantais). • Subárea. G−1 Oímbra−Vilardevós coa terminación feminina −án (mazán). • Bloque Oriental • Isoglosas: cas / cais (occidente) e pèdra, ròda / piedra, rueda (oriente) • Fenómenos xerais • Ditongo ua (cuatro, guardar / catro, gardar). • Ditongo oi (moito, coiro), ui (muito, truita, escuita) ou ausencia de ditongo (muto/ mutio, truta/ trutia). • Formas con −ax− (baxo, caxa /baixo, caixa). • Terminación −ín (camín, padrín / camiño, padriño) excepto na zona sur. • Plural −is (cais, ladrois; sg. can, ladrón). • Plural −is (animais, caracois; sg. animal, caracol), excepto na área asturiana. • Perfectos cantein, cantén e futuros cantarein, cantarén. • Sufixo número−persoal −is (cantais, cantabais / cantades, cantabades). • Áreas lingüísticas • Área asturiana • Isoglosas: • Terminacións −íus, ías/ −iños, −iñas (molíus, sardías/ muíños, sardiñas). • Artigo masculino l ~ el/ o (l´amigo, el día/ o día). • Vocal temática i na P² dos perfectos fortes: (tuviche, dixiche/ tivèche(s), dixèche(s). • VT è nos perfectos fracos da C−II (collèmos, −èstes, −èron, −èse/ collemos, −estes, −eron, −ese). • Fenómenos. • Timbre etimolóxico en bòn, fònte, pònte. • Abertura antietimolóxica en lòmbo, canciòn, centèn, chèn (gal. común centeo, cheo). • Conservación do −L− latino (avòlo, molín, animales). • Subáreas. H−1 A Veiga − Oscos − Ibias. • Conservación −L− latino (la, leite). • Simplificación −LL− latino (cabalo, ela). 5 H−2 Salave − Coaña − Boal. − Palatalización ( e posible deslateralización) de L− e −LL− latinos (lla, lleite; caballo, ella). • Área ancaresa • Isoglosa: Vocalismo nasal (cães/ cans). • Fenómenos. • Palatalización do a tónico (irmä, pèdre). • Gheada (amigho, aghora). • SNP ø collí, partí, fice, fronte a −n de collín, partín, fixen. • VT i no TP dos perfectos fracos da C−II (colliu, collira, collise). • Área zamorana • Isoglosas: • SNP ø (collí, partí, fice)/ −n (collín, partín, fixen). • Pronome átono −o (haio, seio, canteio, deixouo)/ alomorfo −no (haino, seino, canteino, deixouno). • Fenómeno. • Confusión dos ditongos oi, ou (noite ~ noute; despois ~ despous). • Plural peis (sg. pè), verdais (sg. verdà, verdai). • Terminación −iño (camiño, padriño). • Pronome suxeito nós, vós con o pechado fronte a nòs, vòs (ou nosoutros, vosoutros). • Subáreas. L−1 Porto coa isoglosa da distinción te−che/ teísmo. • Perda do −g− precedido de i (embiu «embigo», mía «miga») e do −z (lu por luz ou cru por cruz). • Palatalización do a átono (cäldeiro, casä, fabäs). • Ausencia de teísmo (xa TE vin, xa CHE dixen todo). • Desinencia −che na P² do IP (cantache, colliche). • Desinencia −stes na P5 do IP (cantastes, collistes con VT i na C−II). L−II A Mezquita−Lubián coa isoglosa da distinción te−che/ teísmo. • Con teísmo (xa TE vin, xa TE dixen todo). Microsubáreas. A Mezquita • Pronome átono lle. • VT a nas formas do TP da C−1 (cantache, cantamos, cantara, etc.). • Desinencia −che na P² do IP (cantache, colleche). • Desinencia −stes na P5 do IP (cantastes, collestes, con VT e na C−II). Lubián − Hermisende. • Pronome átono le. 6 • VT è nas formas do TP da C−I (cantèste(s), cantèmos, cantèra, etc.). • A desinencia da P² do IP é −stes en Lubián (cantèste(s), colliste(s)). • Desinencia −steis na P5 do IP en cantásteis, collisteis (con VT i na C−II). • Área oriental−central • Fenómenos. • Sen terminación −íus, ía(s). • Sen vocalismo nasal. • Sen formas collí, partí, fice. • Subáreas. M−1 A Fonsagrada − O Courel − O Bierzo con terminación −ín (pl −iños) (padrín, camín) e pronome llelo. Microsubáreas: • A Fonsagrada − Cervantes con muito, mutio e pronome −ol. • O Courel con muito e il, iste. • O Bierzo con muito (e mutio, muto) e el, este. No Bierzo oriental de fala galega hai mantemento do −L− lat. e formas cantaSTE, collIu, collIra, etc. M−2 O Valdeorras − Viana, con terminación −iño (camiño, padriño) e pronome llo (lles+o). Microsubáreas: • O Valdeorras con muito. • O Bolo − Viana con muto. O morto lebantou unha perna pa riba, o morto, e... e claro, botou a correr... Pero, ¿que foi?, dixeron que fora desta maneira: tíñanll´as pernas atadas e, i−o apear il ó cuarto e`stremecers`o cuarto, rompeu o cordón e lebantou unha perna pa riba. Desas cousas pasan muito; desas cousas pasan muita na bida esí, que claro, porque a morte é mui impresionante, non bes, e... i así. Unha mostra da fala de... Mª Xosé López Castro È... xa digho, daquèla eças ebdrômenas qu´había è o das luçes tamên, que vían unha lus alí, que vían a compaña no outro lado è.. outro que tomaba medo alí, outro tomaba medo è ahora din: −¿È, and´ir à compaña? − È vai de vacaçións. Aghora ninquên fala deço pèr´antes tod´èra medo, habí´à compaña alá no campo das Mòas, aí alí arriba do que lle chaman, paréçeme ond´hai aí eça leira que lle chaman qu´hai alí unha crus que lle chaman a crus mona, alí tamên, qu´había alí qu´había´alí medo... outros qu´ouveaban os cans, outros que berraban as peghas è tod`er`açí, couças de medo é... é xa tíñamos nôs medo bastante. Seseo e gheada en ... 7 D. Míguez Iglesias 8