Quen somos? A NOSA HISTORIA DE ONDE VIMOS? ◘ PUNTO DE PARTIDA Ao inicio da nosa andaina profesional xa sentiamos, a nivel individual, unha necesidade de dar novas respostas/alternativas á realidade escolar na que estabamos inmersas. Existía ademais un compromiso de buscar esas respostas en diferentes sitios (congresos, escolas de verán, cursos oficiais,..) Partimos dunha alta valoración do traballo colectivo/en equipo. En grupo é a mellor forma de abordar/transformar realidades. Por iso todas pertenciamos a un MRP co que coincidiamos ideoloxicamente: valoración da escola pública, democrática, galega e en galego,… unha escola plural e que contribúa á formación de personas críticas e participativas un currículo contextualizado onde o emocional teña cabida ◘ POR QUE NOS ORGANIZAMOS COMO GRUPO DE TRABALLO? Fundamentalmente porque coincidiamos nas formulacións globais e, máis concretamente, a raíz dunhas xornadas formativas, con Marcelino Vaca, que nos permitiron compartir e explicitar, polo miúdo, o noso modelo de escola. Ademais traballabamos con idades similares, E.I. e 1º Ciclo de E.P. (3-8 anos) naquel momento. Partimos dunha escola que quere: acoller a todas as individualidades, conectar co “neno real” recoller o seu “dicir” (intereses, sentimentos, necesidades,…) dar sentido ás relacións que nela se establezan (papel moi importante da profe: propoñendo, dinamizando, orientando,…) unha fonda comunicación –verbal e non verbal- cos nenos e nenas (favorecendo a integración, respectando ritmos, formas de ser,…) en definitiva, ofrecer un lugar para “ser”, para “estar” e para “facer” A formación con Marcelino Vaca, no Tratamento Pedagóxico do Corporal, marcou un fito, tanto na nosa práctica educativa coma na dinámica do Seminario, polo que tivo de: + Información + investigación + confrontación, entre nós e con outros grupos de traballo similares noutras Comunidades Autónomas. Nesta etapa descubrimos como achegarnos ao Neno Real a través das súas manifestacións corporais. Para iso necesitabamos: unha organización espacio-temporal da aula unhas normas claras e precisas unha reflexión constante sobre o papel da P. A. unha organización espacio-temporal da aula lugares – encontro: que permiten a relación, abren a porta ao ser e ao estar (ficheiro, cesta merenda,..) lugares – acción: que invitan ao facer (xogo, biblioteca, plástica, mesas de traballo,…) Un vaivén entre # momentos do horario. Tempos para a P.A. que dirixe, organiza,… e para o alumnado que se relaciona, expresa,… Contemplamos tempos: -de relación, entre iguais e coa P.A. - de expresión, para contaren as súas vivencias - de instrucción, para aprender cousas novas - de traballo corporal, unha sesión semanal ademais doutros momentos diarios. • unhas normas claras e precisas (que sexan referenciais para o grupo, segurizantes, públicas,…) • unha reflexión constante sobre o papel de la P. A. (encargada de marcar un nivel de esixencia adecuado, axudar a encontrar un sitio na aula, observar para deseñar intervencións,…) Todo isto era contrastado e deseñado no seminario cada semana ao longo de todo o curso. Despois dun tempo (varios anos), con esta forma de traballo asentada no noso Seminario e coincidindo coa chegada da LOGSE (novos currículos, novas teorías e tendencias,…) vemos a necesidade de centrarnos na Didáctica doutras Áreas –Lingua e Matemáticas- desde unha perspectiva constructivista, que encaixaba plenamente coa nosa dinámica de traballo. Para iso, contactamos, estudamos e formámonos con Miriam Nemerosky ao longo de 2 anos; ademais de encontros con Ana Teberosky, Emilia Ferreiro,… profesionais e expertas que aportaron moito á nosa formación. Case ao mesmo tempo, nestes últimos anos, descubrimos o A.T. Varias compañeiras fixemos o “Introductorio” coa psicoterapeuta Isabel López Arias e, algunhas, un curso “Avanzado”, dirixido por Concha de Diego Morales. Todas temos lido sobre A.T. e actualmente, no Seminario, a traballar con Isabel. Trátase dunha formación continua (un sábado ao mes aproximadamente) con teoría e práctica. Cada titora trae ao grupo algún caso complexo, que lle preocupa, para ser analizado e pensar, entre todas, intervencións axeitadas que logo poderán ser revisadas se non desen o éxito desexado. Canto máis sabemos de A.T., imos comprobando que non só encaixa perfectamente coa nosa maneira de traballar, senón que supón un avance moi importante. Cambela está formado por: Rosa Mª Calvo Serantes Mª Lourdes Campoy de la Torre María Castro Calvo Mª Carmen Cons Pintos Mª Teresa Ferreiro Ferreiro Rosa Mª García Garrido Mª Encarnación Peiteado Blanco Mª Carmen Pérez de la Cruz Mª Esther Vázquez Otero