Anagnórise; María Victoria Moreno

Anuncio
Argumento
Trata sobre un neno chamabdo Nicolau que intenta fuxir dos problemas e fai autostop para ir a Madrid. O
colle unha muller e lle axuda a descubir a clave da súa vida durante todo o camino, mediante enfados e
intereses do neno. Finalmente, a muller morre revelando a súa identidade e o neno reencóntrase coa súa noiva,
filla da muller. Unha historia de amor cun final triste, pero feliz.
Espazo
A historia sucede no camiño entre Abra e Madrid, o trayecto percorrido no coche de Xulia Andrade.
Tempo
A maior parte da novela sucede durante un día enteiro, mentres Nicolau viaxa da súa vila a Madrid. Logo,
pasan varios días e o final sucede todo nun só día.
Capítulo I
Nicolau, un neno de 17 anos fai autostop. Mentres espera, pensa quen o pode recoller; un home, seguramente
camioneiro. Nunca pensaría que o recollese unha muller xa que as mulleres só fan viaxes cortas ó
supermercado.
Pero, para o seu asombro, o recolleu unha muller. Nicolau subiuse no cohe e comezaron a falar. A muller era
moi entrometida. Mentres iban detrás dun coche, ela quixo facer un adiantamento pero polo carril contrario
viña un autobús, polo que casi chocan. O neno comeza a criticar ás mulleres, diciendo que conducen moi mal,
e non só o fan mal para conducir. Ela o debate dicíndolle que as cousas non son así, que todos somos persoas
do mesmo rango.
Capítulo II
O neno vai reflexionando sobre os seus amigos, a súa cidadelembranzas que quedan moi lonxe. No medio das
súas reflexións, a muller interrómpelle e lle ofrece un cigarro. El iba a collelo do seu abrigo, pero ela llo
ofrece do seu bolso. Fuman tabaco negro, moi forte para o rapaz. Entón ela pregúntalle se non lle acolle a
lembranza do mar cando o sente lonxe. De desposta, a Nicolau saliulle dous endecasílabos perfectos. Ela
pegúntalle se escribe e el responde que si, pero en follas soltas que logo vai gardando. Ela di que el escribe
para saír da sociedade e que vivía nunha continua loita co mundo e que foxe do campo de batalla.
Capítulo III
Nicolau enfadouse moito coa muller e comezaron a discutir. A muller meteu a terceira e o coche iba moi
lento, coma se estivese queixándose. O neno díxolle que por qué non metia unha marcha máis longa. Logo,
atopáronse cunha feira e baixaron a tomar algo. Para atopar aparcamento, viraron ó lado contrario do que
viraba o resto da xente. Logo, ela o colleu con intención de disculparse e dixo que pasara miles de veces por
alí, pero nunca son alguén e que debía ser tan listo para atopar as polbeiras como para atopar aparcamento.
Capítulo IV
Volveron ó coche moi enfadados. A muller non deixou a Nicolau beber e iso non lle gustou. Reanudaron o
camiño e tocoulle detrás dun camión que iba moi lento e aínda por riba iba botando bafaradas de humo. O
rapaz meteuse nos seus pensamentos e a vos do seu amigo Marcos volvíalle ós oídos. Mentres recordaba a
1
primeria vez que bebera, quedouse durmido. Despertou de súpeto. Xa non había camión e a caravana era no
sentido contrario.
Capítulo V
O neno cae nun sono que se repite moitas veces. Todo cheo de auga, húmido, e de repente esta nun coche
cunha muller nunha carreteira de moitas curvas e un piñeiro vas caer encima deles. ¡Coidado, coidado!,
exclamou o rapaz. Nisto, despertou. A muller preguntoulle qé lle pasaba e el díxolle que se non se decatara de
que un piñeiro case se caera encima deles. Ela díxolle que fora un sono. Os coches comezaron a facer luces
indicando que por alí cerca estaba a policía. O rapaz mirou o reloxo e a muller preguntoulle se quería parar a
comer, pero el respondeulle que non tiña fame. Entón, para animalo, ela quixo parar nun mosteiro para ver un
pouco de arte.
Capítulo en VI
Entraron no mosteiro e unha monxa acercouse a eles e comezou a explicarles a historia do mosteiro. A muller
preguntoulle á moxa que por qué poñía mosteiro de San Cibrán e en realidade se chamaba mosteiro de Santa
María e o restaurante San Cibrán. Ela contoulle que fai tempo un home trouxera a unha muller ó mosteiro e
ela foi unha monxa ejemplar. Cando morreu, a muller seguía aparecendo nunha cadeira ata que un día
apareceu un viaxeiro e se foi con ela e desapareceron. De recordo, poñían dous cadeiras cunhas mesas
enfrente cun xarrón ecima con flores. Os homes poñíanlle unha flor a Santa María pedíndolle algo e as
mulleres á cadeira de San Cibrán. A moxa colleu unha rosa e deulla á muller. Mentres saían, Nicolau pensou
que unha nena que iba cós seus pais era Natalia, pero era só a súa imaxinación. Antes de irse, a muller colleu a
rosa e preguntoulle á monxa se podía poñer a rosa outra vez no seu sitio para pedirlle a Santa María algo por
un amigo seu.
Capítulo VII
Chegaron ó restaurante e el quedou na mesa mentres a mulle ría lavar as mans. El levantouse, deixou a mesa e
foi a lava−las súas mans. Cando volveu, a el mirou a carta pero non sabía que pedir. Ela pediu polos dous.
Comezaron a falar e el contoulle a súa situación familiar, que eran catro irmáns, por qué fuxira e quen era a
súa moza. Logo, comezou a chorar. Ela acompañoullo ó baño e alí el lavouse a cara. Logo voltaron á mesa e
comeron.
Capítulo VIII
Ó rematar de xantar, ela pregúntalle se quere ir a dar unha volta ou ir ó coche. El respóndelle que ir a dar unha
volta. Mentres pasean, falan sobre Platón e sobre o mito da creación do home e da muller. El di que non cree
nada e pregunta que como naceron os homosexuais logo. Ela di que alí estaba a clave de todas as súas
preguntas. Logo chegaron ata un carreiro nunha pequena clareira e mirou para abaixo. Sentiuse como se non
tivese corpo, como se puidese voar.
Capítulo IX
O neno e a muller volven ó coche. Pensa todo no que quedou lonxe: a súa familia, o cine da Xunqueira,
Natalia Pregúntase por qué a muller non quixo saber seu nome nin ela dixo o seu. Ela suxeriu que todos os
camiños son moi diferentes de ida e de volta, como os da vida. O rapaz asentiu. Ela díxolle que a novela que
escribiría o neno sería sobre a viaxe que estaban facendo e que todos os protagonistas das novelas no seu final
sempre atopaban algo moi importante para eles. El preguntoulle que qué era o que el precisaba e ela dixo que
atopar a súa identidade, o amor e a clave para valorar os acontecementos da vida. Logo, o neno comezou a
contarle todos os seus problemas con Natalia e Marcos e o que este lle chamara.
2
Capítulo X
O rapaz se pregunta porque ás veces sucede como se estiveras noutro lado e non na realidade. Logo, volve a
rpeguntarlle o seu nome a muller a cambio de deixarlle que lle explicara por que non axustaban as pezas da
historia que lle contou. Ela dálle a elixir entre sabe−lo seu nome ou analiza−la historia. El respondeu enfadado
o da historia. Ela explicoulle deducira que Natalia non roubara no supermercado, nin roubara o boli de Sabela
nin lle puxera os cornos con Marcos, que todo fora invención do Marcos para que ela e Nicolau non se
rebelaran contra el. Cando terminou, púxose a adiantar e case teñen un accidente cun camión. Logo, o neno
pensa que lle diría á muller ¿Queres un café, Xaneira? para ver se acertaba cun parecido ó seu nome. Nisto, a
muller invitou ó rapaz a parar e a tomar un café xa que con medo non se podía conducir.
Capítulo XI
Cando chegaron á cafetería, os gardas civís foron a xunto deles e lles dixeron que o camión iba 140 kilómetros
e que fora unha sorte que se salvaran. Un dos gardas era andaluz e outro era de Vilalonga, moi preto de onde
era a muller e comezaron a falar. Logo, sentaron e tomamos un café todos xuntos. Ó rematar, todos quedaron
invitados a ir a Vilalonga nas festas de San Pedro. Volveron ó coche e o rapaz comezou a cantar polo baixo
unha canción de David Bowie. Comezaron a falar dos cantantes, das súas letras e música.
Capítulo XII
Chegaron a Madrid e pasaron por onde estaban todas as universidades. Ela contoulle que estudiara alí e o
significado dun monumento. Logo, aparcaron e foron ata onde Marcos agardaba ó rapaz. Aínda non chegara.
Sentáronse nun bar, ó lado da ventá e pediron de beber. El díxolle que tiña un paquete para Marcos de onde o
Coxo e ela propúxolle decirlle os seu nome e súa idade se lle daba o paquete, proposta á que rechazou. Cango
chegou Marcos, despedíronse e ela deulle unha nota e un bolígrafo e díxolle o neno que se escribía unha
novela lle chamara Anagnórise. Logo, Nicolau acercouse a Marcos e deulle os paquetes. Marcos levouno á
súa casa. Cando chegaron lles abriu a porta unha muller loira. Alí habia varios amigos de Marcos, e o rapaz
presentoullos. Marcos dixo que chegara o custo da Abra, referíndose ó paquete que lle dera. Logo, o
conduciron a unha habitación con catro liteiras desfeitas e el tumbouse nunha e intentou durmir. Recosntruíu a
viaxe e lembrouse do bolígrafo e do papel. No bolígrafo había as incrición X.A. ¡Xaneira!; no papel poñía
Hotel Suevia, cuarto 226, Gerald Brenan, 15
Na outra cara da folla, o rapaz escribiu Anagnórise.
Capítulo XIII
Naquel lugar, a cada un chamábanlle polo seu alcume. A el chamábanlle Miltalegos. A un loiro, Patrón; ó
fraco das barbas, Tucídides; a Marcos, Fuxido e á muller loira Mileidi. Á muller a trouxera o Patrón desde a
Coruña. Facía todas as tarefas da casa e liaba os porros pola mañá para que os homes os fumaran pola noite. A
Nicolau a fumada lle sentaba ben, pero logo sentíase fatal e non lle facía gracia. Tiñan que durmir nunha
liteira diferente cada día e iso ó rapaz non lle gustaba, polo que colleu por costume dar unha volta polos
arredores antes de deitarse. Un día, comezou a camiñar e decidiu ir ó Hotel Suevia. Vagou durante horas ata
que preguntou a un home onde estaba a rúa Gerald Brenan e chegou ata alí sen problemas. Cango entrou, o
recepcionista preguntolle se el era Nicolau Arís. O rapaz asentiu. O recepcionista díxolle que tiña malas
noticias e que ela nunca voltaría, que a muller tiña un accidente de tráfico cando volvía de Granada e morrera.
Logo, deulle unha carta e díxolle que ela deixara un cuarto reservado para el. A carta dicía que se fora para
Granada e que ela xa sabía quen era cando el lle contara na feira o do traballo de historia, que ela coñecía a
alguén que tamén o fixera e estaba firmada co nome de Xulia. Tamén lle dixo que lle explicaría todo cando
volvese de Granada e que lle dexara un billete de tren con dirección ás Rías Baixas reservado: O rapaz
comezou a chorar. Logo foi para a cama có periódico. Na portada dicía que hoguera un accidente no que
morrera Xulia Andrade contra un autobús de xubilados. Soou o teléfono e lle preguntaron se quería estar na
3
estación as dez da noite. El respondeu gracias e pensou en Mileidi, que nese momento era o mesmo que
Natalia.
Capítulo XIV
Nicolau atópase no enterrro de Xulia, con moita xente de escuro traxeada. Apareceu a carroza fúnebre e todo
o mundo agardou silencio. Un home choraba desconsolado. Cando el se achegou a xunto do home díxolle que
agardara por eles que Xulia non querría que dexasen así ó seu amigo. Preguntouse por que non levara flores,
como todo o mundo. De súpeto, o neno oíu detrás súa o seu nome. Deuse a volta e atopouse con Natalia. Non
Sabía qué facer. El bicouna e foron collidos da man ata á campa a deixa−las flores e choraron. Nese momento
estaban os dous no mesmo mundo. Recordou a canción de David Bowie. Era só un señor guapo que cantaba
moi ben, pero esa canción no morrería ó longo do tempo.
MªVictoria Moreno (1941 − 2005)
María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941) estudou Filoloxía Románica en Madrid. En
1963 conseguiu unha praza de profesora interina no instituto Valle−Inclán, descubriu a súa vocación pola
docencia, gañou as primeiras oposicións que se convocaron e estableceuse definitivamente en Galicia.
Actualmente, xubilada como Catedrática de Literatura Española no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra
e casada co tamén escritor Pedro Ferriol, adícase a escribir e pescudar facetas da vida que en etapas anteriores
lle estiveron vedadas polas obrigas familiares e laborais.
A identificación de M.V. co noso país, coa súa cultura e coa súa fala foi tan intensa que de seguida
aprendeu o galego e converteuno na súa lingua. A súa obra literaria goza dunha consideración que sobardou o
ámbito galego, como o demostran as traduccións dos seus libros a outras linguas. Unha parte dela son contos e
novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran: Mar adiante,
Novísimos da poesía galega, Leonardo e os fontaneiros, Festa no faiado, O cataventos, A brétema, Literatura
século XX, Anagnórise na lista de honra do IBBY de 1990, Prosa e verso, As linguas de España, Eu non teño
medo, Guedellas de seda e liño White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich, 2002, Amigos de
mil colores ou Diario da luz e a sombra, onde fai unha aposta pola esperanza dende a súa experiencia como
enferma de cancro de mama. Como os pioneiros Carlos Casares, Paco Martín tivo un primeiro premio de "O
Facho", en 1975.
Os seus libros singularizan a María Victoria Moreno como unha das máis prestixiosas escritoras galegas,
tanto en Galicia como no resto do país.
4
Documentos relacionados
Descargar