VIISEMINARIOSOBREAMEMORIA “AsMisiónsPedagóxicas,adepuraciónnomaxisterio easmulleresantifranquistasrepresaliadas” Rianxo–Boiro–Gres(PonteLedesma) 20,21e22demaiode2016 ACTODEHOMENAXEAXOSÉNEIRAVILAS XoánXoséFernándezAbella A XOSÉ NEIRA VILAS Honra de Gres, que ó seu Gres eterniza. Narrador... E poeta... E xornalista. Da emigración, un inmenso cronista, que a vive, e a describe, e a analiza. Son as "Memorias dun neno labrego" páxinas inmortáis da nosa historia, profunda e indeleble executoria dun escritor cento por cen galego, esencia viva da nosa Galiza, a de aquí ou emigrante, idolatrada, amor poñendo sempre na súa liza e a comprensión máis fonda na súa ollada. Do seu vivir dicir é de xustiza que Anisia foi súa forza a el consagrada. Os Tilos, 06/ Maio / 2.016 Xoán Xosé Fernández Abella