Antonio Iglesias Otero gaña en Rio Sar o Campionato Provincial

Anuncio
Gabinete de Comunicación
Antonio Iglesias Otero gaña en Rio Sar o Campionato Provincial
de A Coruña de Percorridos de Caza
O pasado 13 de xuño disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo)
a vixésimo o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza, organizado pola Federación
Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.
Na proba, que se disputaba a 100 pratos, participaban un total de 41 tiradores, sendo o
gañador absoluto e Campión Provincial Antonio Iglesias Otero, que escachaba 83 pratos. O segundo
posto era para Martín Baqueiro Villafines, da provincia de Pontevedra, que participaba por libre e
escachaba 81 pratos. Terceiro clasificado foi Roberto Rodríguez Fernández, tamén da provincia de
Pontevedra que escachaba igualmente 81 pratos.
Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos
vencía Ramiro Barral Mantiñán, quen escachaba 64 pratos, mentres que en superveteranos gañaba
Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 78 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Pablo
Diaz Somaza, con 42 pratos escachados.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
Pos
Tirador
Cat
Prov
Pratos
1º Antoio Iglesias Otero
S
CO
83
2º Martín Baqueiro Villafines
L
PO
81
3º Roberto Rodríguez Fernández
L
PO
81
4º José Luis Sánchez Mancebo
S
CO
80
5º Angel Mosquera Cornide
S
CO
79
Gabinete de Comunicación
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
www.federaciongalegadecaza.com
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - Tlf. 981 562 777 Fax 981 562 779 – 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Correo Electrónico: [email protected] Internet: http://www.federaciongalegadecaza.com
Descargar