Jorge Vázquez Iglesias gaña o Campionato Provincial de Lugo de

Anuncio
Gabinete de Comunicación
Jorge Vázquez Iglesias gaña o Campionato Provincial de Lugo de
Compak Sporting
O pasado 9 de maio disputábase no Campo de tiro eventual “Alto do Picato” en Guntín, o
Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en
Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza “O Picato”.
O gañador absoluto da proba, que se disputaba sobre 50 pratos, e tras un desempate, era o
tirador da provincia de Pontevedra José A. Vasconcellos Vicente con 44 pratos escachados, que
participaba por libre. O segundo clasificado era Jorge Vázquez Iglesias quen tamén escachaba 44
pratos, primeiro da provincia e polo tanto Campión Provincial. O terceiro posto era para Artemio
Formoso Barro, que remataba a proba con 41 pratos escachados.
Na categoría veteranos o gañador era José Mª González Rodríguez, con 32 pratos
escachados.
CLASIFICACIÓN OFICIAL ABSOLUTA
Pos
Tirador
Cat
Pratos
1º Jorge Vázquez Iglesias
S
44
2º Artemio Formoso Barro
S
41
3º José González Yáñez
S
39
4º José López Abeledo
S
38
5º Vicente Insua López
S
37
Gabinete de Comunicación
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
www.federaciongalegadecaza.com
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - Tlf. 981 562 777 Fax 981 562 779 – 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Correo Electrónico: [email protected] Internet: http://www.federaciongalegadecaza.com
Descargar