Nome: Nicolás Martínez Gómez Comparación de dous Institutos de Ciencias da Educación (ICE) Introducción: Neste breve traballo de comparación, preténdese contraposicionar o ICE da Universidade de Santiago de Compostela co ICE de Universidade de Zaragoza. O indicadores sinalados para centrar esta comparación son: os destinatarios das accións formativas, a temática das formacións que se desenvolven, e as modalidades de dita formación. Para realizar esta composición e organizar de mellor forma o traballo, comezarei por respostar a estas 3 preguntas de ICE de Santiago, logo do de Zaragoza, para ao final do mesmo traballo resaltar un apartado de conclusións nas que presentar o que persoalmente obteño desta comparación. ICE Santiago de Compostela: O Ice autodescríbese como: “O Instituto de Ciencias da Educación desenvolve labores docentes e de investigación no campo das Ciencias da Educación. Organiza e desenvolve cursos e programas de formación para profesorado e alumnado da Universidade e para profesorado e persoal técnico de niveis non universitarios. Leva a cabo investigacións e informes sobre a situación educativa dos diferentes niveis e servicios do sistema educativo en Galicia. Participa en programas e proxectos de investigación a nivel autonómico, nacional e internacional relacionados coa educación. Por outra banda, desenvolve actividades de elaboración e publicación de materiais didácticos e mantén aberta unha líña de publicacións propias no Servicio de Publicacións da Universidade.” Destacamos a doble labor tanto formadora como investigadora, importante neste aspecto ver como non está centrada únicamente na formación dos docentes universitarios senón que tamén imparte formación aos non universitarios. 1 Destinatarios da Formación: Dentro da oferta formativa do ICE vemos como esta oferta está dividida en tres sectores: por unha parte ofrécense e promociónanse conferencias, existe oferta de cursos, e tamén de másters universitarios. Dentro das conferencias, pinchando no apartado de información podemos ver a quen van dirixidas, dependendo da temática poden ser abertas ou restrinxidas, vemos como se ofrecen ao público xeral, profesores non universitarios etc. É sinxelo orientarse neste aspecto xa que dende a propia web podemos ver o carácter e destinatarios de cada conferencia sen cometer erros. Dentro dos cursos, dependendo do tipo de curso vemos unha orientación e unha información parecida á das conferencias, onde entrando en máis información se pode contemplar os requisitos e a orientación que cada curso ten. Os másters funcionan un pouco máis á parte xa que nestes especifícase mellor tanto o nivel académico que se debe posuír (o grao ou graos preferentes para cursar ese estudio) coma a orde de preferencia destos graos en torno ao estudio de máster a cursar. Temática das actividades formativas: Chama a atención a temática da oferta formativa que se desenvolve dentro do ICE. Obviamente toda está estreitamente relacionada coa educación, pero poemos ver como as pautas que se seguen nos cursos son paralelas ás que e establecen nos másters; pero comprensiblemente a outro nivel. Séguense dúas liñas claras, a primeira a da busca da calidade na acción docente, e a segunda e que máis me chama persoalmente a atención, a importancia da literatura e da súa interpretación no procedemento educativo. Aparte destos atopamos os congresos, que xa teñen temáticas máis diferentes á da formación que se establece no ICE propiamente. Este tipo de contidos tamén xiran en torno á temática educativa pero con liñas máis diversas. 2 Modalidade de Formación: Dentro da modalidad de formación tamén me sorprendeu o que me atopei. Identificando primeiro os congresos, son actos obviamente presenciais como é lóxico, a necesidade dunha reserva de prazas e a atención a uns conferenciantes e un lugar determinado non debe nin pode facerse en diferido (na miña opinión se se quere facer ben). Agora sí, volvendo a centrarnos nas accións formativas propias do ICE, cursos e másters vemos que predomina de forma case totalitaria a oferta formativa semipresencial. Nos tempos que corren inundados de etcnoloxías paréceme moi aceptable; pero esperaba atoparme máis variedade. Algo presencial, algo semipresencial, algo online... ICE Universidade de Zaragoza: Igual que co de Santiago e a modo de introdución, resaltarei as que eles denominan como as súas funcións principais: La formación y el asesoramiento docente del profesorado universitario. La colaboración en el impulso de la innovación pedagógica, la investigación educativa y la mejora de la docencia universitaria. El asesoramiento al Consejo de Dirección de la Universidad, a los centros y a los departamentos, en los procesos de renovación de las metodologías docentes universitarias y en la gestión de inversiones dedicadas a este fin. La coordinación de la comunicación interna y externa sobre la evolución de las metodologías docentes universitarias, haciendo visibles las buenas prácticas. Cualesquiera otras funciones que en el ámbito educativo les asigne el Consejo de Gobierno. 3 Destinatarios das accións formativas: Dentro daquí atopamos como destinatarios potenciais das accións formativas á comunidade enteira pertencente á Universidade de Zaragoza. Dentro deste gran ámbito atopamos 3 grandes bloques diferenciados: O primeiro destes bloques sería o de profesores non universitarios pertencentes ou adscritos a dita universidade; xunto a estes temos ao profesorado propiamente universitario; e para finalizar a comunidade estudantil pertencente á mesma universidade. Temática das actividades formativas: A formación dentro do Ice de Zaragoza divídese en 4 bloques moi amplos. O primeiro destes bloques é o da formación continua do profesorado. Unha temática moi importante no día a día de profesorado tanto universitario como non universitario. O segundo, o da formación para o profesorado novel ou novo na docencia, cursos especializados de perfeccionamento na docencia orientados a esta etapa. Terceiro, procedementos e formación para a orientación universitaria do alumnado, crucial nunha etapa tan clave no desenvolvemento como é a universitaria. Por último, programas de internacionalización universitario consistentes na aplicación nas carreiras de clases tanto en inglés como en alemán. Modalidades de formación: Dentro de este apartado a información preséntase moi difusa, existe pouca información dentro de cada un dos campos da páxina e é moi difícil acceder tanto a información como aos requisitos de cada unha das diferentes accións formativas. Aínda que sea a información xeral da mesma xa que non aparece prácticamente por ningures. Para concretar a inscrición nas ofertas existentes débese entrar na páxina web da Universidade de Zaragoza, polo que non está visible para a comunidade non 4 universitaria desa zona concreta. Dito esto polo tipo de iniciativas existentes intúo que debe tratarse de formación presencial na súa totalidade, ou senón, como moito, semipresencial. Conclusión – Comparación: Atendendo a primeira dimensión a tratar, os destinatarios, vemos que os dous ICES atenden un perfil similar. Focalizan a formación tanto no profesorado universitario, como na formación do non universitario, como na do alumnado. A verdade é que no referente a este aspecto non existe unha gran diferenza nin sorpresa que eu puidera apreciar. Atendendo agora á segunda dimensión si se observan moitas máis diferenzas. En Santiago a temática suele ner normal, de curso, accións prácticas que se comezan e se acaban no tempo. En comparación vemos como en Zaragoza ofrecen cursos máis xerais e de temática moito máis aberta e non tan concreta (formación continua, inicial, orientación…) esto pode ser unha arma de doble filo na miña opinión xa que aínda que unha formación máis xeral pode abarcar máis tanto para público como para temática; a focalización en cursos e másteres existentes na USC enriquecen esta formación que se presenta. Por esto penso que estaría ben chegar a un punto medio entre ambas, non descoidar o xeral e o básico pero ofrencendo peculiaridades que se poidan acercar máis a problemáticas máis precisas dos participantes. Por último o tipo de formación. Na USC e nas súas ofertas predomina como expliquei anteriormente a semipresencial. Mentres que na de Zaragoza según o que puiden ver na páxina predomina a presencial. Esto a priori non afecta á calidade da mesma pero si me gusta ver como na Universidade de Santiago se dá moita máis información no momento que se quere acceder a un curso determinado, e ver que esta está aberta a todo o público fai o proceso máis transparente na miña opinión; axuda a crear unha universidade máis aberta á comunidade e ao seu contexto. 5