Non te deixes pisar. 1 de Maio de 2006. CNT-Galiza :: 26/04/2006 Primeiro de Maio confederal. xornada de loita e confraternizacion. Este 1º de Maio ven marcado por unha reforma laboral que está a piques de ser asinada polos sindicatos da patronal, e que suporá unha maior precariedade laboral para os traballadores e traballadoras e unha merma nos nosos direitos. Esta nova reforma facilitará ainda máis os despidos colectivos e abaratará o custe aos empresários. O dia 1º de Maio non é un dia mais é para lembrar o porqué do sindicalismo : os sindicatos naceron para defender non só os intereses económicos dos traballadores, senón que o seu desenvolvimento baseou-se no ideário dun cámbio dunha sociedade por outra máis xusta e solidária. Non somos unha mercancia que se venda. Somos e seremos o que queiramos e non o que queiran que sexamos. Este 1º de Maio a CNT-Galiza fará un mitin às 12,30 h na Sala Yago de Compostela e posteriormente faráse unha manifestación pola cidade. Mais informacion en www.cntgaliza.org _______________ http://www.lahaine.org/mm_ss_est_esp.php/non_te_deixes_pisar_1_de_maio_de_2006 lahaine.org :: 1