13ª miteu - Vicerreitoría do Campus de Ourense

Anuncio
O PROGRAMA DA 13ª MITEU
(Para ver a ficha técnica, pulse no titulo da actuación correspondente)
VENRES 11
19:00
19:45
19:45
21:00
23:00
ROSAURA – OURENSE: OLLAR O MUNDO – RÚA PASEO
NANNY COGORNO – ARXENTINA: JUJURUJAJÁ – RÚA PASEO
MISS VERO – ARXENTINA: DIVINA DE LA MUERTE – RÚA PASEO
CORDELIA – OURENSE: Á DERIVA – PRINCIPAL
QUICO CADAVAL: A VIDA DURA – PRINCIPAL
SABADO 12
20:30 AULA DE TEATRO DE ALICANTE: EL BLUES DE MACKY NAVAJA - PRINCIPAL
23:00 STRANNIKI-BIELORRUSIA-UCRAÍNA: MÚSICAS DO MUNDO - AUDITORIO
01:00 AULA DE TEATRO DE ALICANTE: SOL@ ANTE EL PELIGRO - CAFÉ AURIENSE
DOMINGO 13
20:30 AULA DE TEATRO DE BADAJOZ: QUE MÁS DA – PRINCIPAL
23:00 O SONORO MAXÍN: CONCERTO – AUDITORIO
LUNS 14
19:00 COLECTIVOS OURENSÁNS: ROTEIRO O VOLTER - RÚAS DA CIDADE
21:00 TEATRO SOCIAL C.P. P. DE AGUIAR: SEMPRE HAI ALTERNATIVAS –
PRINCIPAL
23:00 DAVID AMOR: NON CENSURE – PRINCIPAL
MARTES 15
20:30 TEATRO RASTILHO - LISBOA: OTHELLO – PRINCIPAL
MERCORES 16
20:30 AULA DE TEATRO DE SANTIAGO: AS RAÍÑAS – PRINCIPAL
23:00 CHE Y MOCHE - ZARAGOZA: OUA-UMPLUTE - AUDITORIO
XOVES 17
19:00 MÚSICOS DA INDIA – OM/OFF: Sociedade e arte na India – TORGA
20:30 AULA DE TEATRO DA CORUÑA: UBÚ REI – PRINCIPAL
23:00 AUDITORIO: LEO BASSI – ESPECTÁCULO LA REVELACIÓN
VENRES 18
20:30 CITAC - COIMBRA: O AVARENTO – PRINCIPAL
23:00 MÚSICA INDIA – OM/OFF: CONCERTO – AUDITORIO
DOMINGO 20
20:30 AULA DE TEATRO DE ZARAGOZA: LAS 3 HERMANAS - PRINCIPAL
LUNS 21
20:30 AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA : TOP GIRLS - PRINCIPAL
MARTES 22
20:30 AULA DE TEATRO DE LUGO: A RONDA – PRINCIPAL
MERCORES 23
20:30 MAUVAISE COMPAGNIE... - BÉLXICA: PARTITION D’UN... – PRINCIPAL
23:00 AULA DE VALENCIA: EL DÍA QUE BERTOLT BRECHT... – CAMPUS
XOVES 24
20:30 PUNTO CLOWN - VALENCIA: VIDA CLOWNYUGAL – PRINCIPAL
VENRES 25
20:30 TEATR’UBI - COVILHÂ: POSSO AVANÇAR?... – PRINCIPAL
23:00 AULA DA AUTÓNOMA DE MADRID: ENEMIG@S – CAMPUS
SABADO 26
20:30 GRETUA - AVEIRO: OS FEIOS - AUDITORIO
23:00 MARICASTAÑA - OURENSE: 84 – PRINCIPAL
DOMINGO 27
20:30 TEATRO EST. INTERNAL. – EEUU: SEX ON THE BEACH – AUDITORIO
DO 11 AO 27 de abril
Exposición de Miguel Dacosta no Teatro Principal: “Somos poldros indomables para
ben ou para mal, prefiro ser “cuatrero” que tapón da lei”.
Todos os días coloquio ao remate das representacións das 20’30.
Todos os días encontros coa prensa e os distintos grupos no Liceo ás 12’00.
Días 12-13-18-19-20-25-26 “Os motarras da MITEU" polo Paseo.
Día 27 de abril ás 23’00 no Teatro Principal: Premios "Carlos Couceiro"
FICHA ARTISTICA E TECNICA
VENRES 11 DE ABRIL
GRUPO ROSAURA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO OLLAR O MUNDO
LUGAR ESCAPARATES DA RÚA DO PASEO
HORA 19’00
TARIFA LIBRE
ACTORES
Miguel García Nogales, Argentina Vázquez Fariña, Alfonso García Fuentes, Antón
López-Valeiras, María Bagaría Frá, Rocío Venancio Martínez, Alex Contreras Cid,
Sandra Muiños, Ángela González Fernández, Laura González Borrajo, Marta
González Lorenzo, Silvia Piña González, Beatriz Seoane Juíz
MÚSICA
O Sonoro Maxín
IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN
SABELA GAGO
Transformar o cotián para implicar ao viandante nunha acción urbana que mira
arredor con outros ollos
GRUPO NANNY COGORNO
PROCEDENCIA ARXENTINA
ESPECTÁCULO JUJURUJAJÁ, EL DESASTRE CONTINÚA
LUGAR RÚA DO PASEO / XARDÍNS PADRE FEIJOO
HORA 19’45
TARIFA LIBRE
Nanny Cogorno é un pallaso arxentino formado na Escola do Circo de Brasil. Os
seus espectáculos chegaron a festivais de todo o mundo. Combina o humor con
malabares, provocación, improvisación, equilibrio… “Nada como o Tempo para
perdelo”
GRUPO MISS VERO
PROCEDENCIA ARXENTINA
ESPECTÁCULO DIVINA DE LA MUERTE
LUGAR RÚA DO PASEO
HORA 19’45
TARIFA LIBRE
Miss Vero presenta o seu novo e revolucionario sistema para estar en forma no
que decidíu incluir unha serie de disciplinas como o karate, o monociclo, a
globoflexia, diversos equilibrios e algunhas sorpresas. Unha combinación á que
se engade o riso.
GRUPO CORDELIA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO Á DERIVA
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 21’00
TARIFA 2 €
ACTORES
Natalia Forján, Andrés Pombo, Ana Álvarez, Patricia Alonso, Carol Casares,
Patricia Ortigueira, Manuela Casal, Paco J. Daza, Rober Montesinos, Raquel
Álvarez, Ledicia Piñeiro, Dori Feijoo, Raquel Lois Gómez
TECNICOS DE MONTAXE, LUZ E SON
Rubén Dobaño, José Manuel Bayón, David Varela
ESPAZO ESCÉNICO, DESEÑOS, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
ELENA SEIJO e FINA CALLEJA
Personaxes que van á deriva, que senten o baleiro das súas vidas. Personaxes
que xa non queren escoitar máis palabras negras, que só queren escoitar
palabras que de verdade aloumiñen. Personaxes que aínda teñen coraxe para
erguerse todos os dias. Personaxes que xa non agardan.
ACTOR QUICO CADAVAL
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO A VIDA DURA
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00
TARIFA 2€
Cadaval nace en Ribeira, na Ría de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no
seu día de descanso (o séptimo). O feliz natalicio producíuse no ano catro
a.m.m.m. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna, na que medrou.
Na súa infancia convivíu con mariñeiros que estraían maxicamente bacallaos
salgados dos seus pantalóns, quincalleiras que revelaban a berros a orixe da
vida mentres devoraban carne asada e anciás que conseguían orinar de pé con
precisión de cirurxiás. Polo modo que ten que falar de sí mesmo semella que
non ten avoa, pero tívoa e nótaselle moito…
SÁBADO 12 DE ABRIL
GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO EL BLUES DE MACKY NAVAJA
AUTOR Unha farsa de JUAN LUIS MIRA baseada en textos de Tábano, John Gay
y Bertolt Brecht
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
ACTORES
Arturo Colados, Yolanda Amores, Leticia Garrigós, Dani Sirvent, Marta Méndez,
Inés Pombo, Roberto Bru, Raquel González, Pablo del Val, Andrea Meliveo, Lucía
Sánchez, Gabriel Estañ, Santi García, Alejandro Blasco, Mer Martínez Abarca,
Chelo Donate, Carlos García, Ana Polo, Silvia Vázquez, Nando Arroyo, Alicia
Moreno, Enrique Aparicio, Juan Schaffer “Sonny”, David Parra, Ángeles Arratia,
Diana Sánchez, Esther Zarzoso, Inés Carballo, Laura Doménech
ESPAZO ESCÉNICO Inés Carballo e Andrea Meliveo
VESTIARIO Raquel González e Ana Polo
ATREZZO Laura Domenech e Inés Pombo
DESEÑO CARTEL Nene
FOTOGRAFÍA Dani Sirvent e David Parra
CANCIÓNS Juan Luis Mira
MÚSICA EN DIRECTO Lucía Sánchez, Carlos García e Enrique Aparicio
COLABORACIÓN MUSICAL José P. Sánchez Limiñana
COORDINACIÓN MUSI. Lucía Sánchez
COORDINACIÓN TÉCNICA Visisonor
PRODUCIÓN EXECUT. Chelo Donate e Mer Martínez Abarca
DESEÑO LUZ Juan Luis Mira
COREOGRAFÍAS Pedro del Rey
ASISTENTES DIRECCIÓN Andrea Meliveo e Alejandro Blasco
PRODUCIÓN Universitat d’Alacant. Vicerectorat d’Extensió Universitària
DIRECCIÓN
JUAN LUIS MIRA
GRUPO STRANNIKI
PROCEDENCIA BIELORRUSIA- UCRAÍNA-GALICIA
ESPECTÁCULO MÚSICAS DO MUNDO (CONCERTO)
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€
COMPOÑENTES
Sasha – Violín
Vadim – Acordeón e voz
Yuri – Baixo acústico
Totó – Guitarra
Antonio – Percusión
Grupo que nace no ano 2000 da unión de Vadim (Conservatorio de Minsk,
solista e acompañante da Orquestra de instrumentos folclóricos da Universidade
de Bielorrusia) e Yuri (Conservatorio de Minsk, profesor e músico en varios
grupos de Minsk). No 2003 chega Sasha, ucraíno, coa súa experiencia
orquestral e con grupos de música tradicional dos Cárpatos. Por último
incorpóranse un guitarrista lucense especializado en flamenco, Totó, e Antonio,
percusionista de Ferrol. Resultado: variedade e riqueza, temas populares rusos,
jazz, latinos, orientales, bandas sonoras, autores clásicos… con arranxos propios
que personalizan as versións que interpretan.
GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO SÓL@ ANTE EL PELIGRO (Monólogos para a noite golfa)
TEXTOS MARIO HERNÁNDEZ, PASCUAL CARBONELL, NENE, RAQUEL
GONZÁLEZ, AMÍN HAMADA
LUGAR CAFETERÍA AURIENSE
HORA 25’00 (1 da madrugada do sábado para o domingo)
TARIFA ENTRADA LIBRE. Pago da consumición
ACTORES
Mario Hernández, Leti Garrigós, Raquel González, Efmann Shafer y Amín
Hamada
DIRECCIÓN
JUAN LUIS MIRA
Respostas en menos de 8 minutos desde a ilóxica teatral a preguntas como:
Teñen os inodoros un compoñente de reivindicación social?, Son racistas os
testículos?, Que é un morólogo?, Pode alguén casar ata cansar?, Son tan listos
os madrileños como din?… Monólogos que coallaron despois de sete anos dunha
maratón que enche de humor a noite alicantina.
DOMINGO 13 DE ABRIL
GRUPO AULADE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE EXTREMADURA.
PROCEDENCIA EXTREMADURA
ESPECTÁCULO QUE MÁS DA
AUTOR JESÚS ALVIZ
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Diego Luis Carlos Agudo Garzón
Marga Luisa María Amador Penco
Emilio Chema González Corrales
Sra. Adela Mª Ángeles Puerto Torres
Araceli Noelia Jorge Ríos
Mercedes Estefanía Verdejo Marín
Joaquín Iván Fernández Mayo
Lila María Gómez
Muhya Mamen Tena Barata
Mora 1 Noelia Jorge Ríos
Mora 2 Estefanía Verdejo Marín
Mora 3 Mª Ángeles Puerto Torres
Mora 4 Carmen Gómez Toro
Iluminación Desiderio Montero Pérez de las Vacas
Son, escenografía, vestiario, maquillaxe e perruquería ATUEX
DIRECCIÓN
CHEMA GONZÁLEZ CORRALES
A vida de Diego, un sinxelo escritor divorciado altérase por inesperados sucesos
que os seus veciños, amigos e demais personaxes levan constantemente á súa
casa.
O seu piso, lugar onde Diego crea a súa gran obra teatral, convértese nun
espazo onde os sentimentos afloran, así como as continuas idas e voltas da súa
peculiar musa, Muhya.
¿Pode que o máis evidente sexa o máis real? ¿Ou todo é relativo e trivial? ¡Que
máis dá!
GRUPO O SONORO MAXÍN
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO “ CONEXIÓN GALIZA – COLOMBIA ” (CONCERTO)
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€
FORMACIÓN:
Abraham el niño Guitarras
Xurxo Brea Baixo
Cris Asenjo Acordeón
Samuel Agite Figueiras Trompeta e maquinillo
Xaime Mateo Batería e percusión
Ico Voces e guitarra
Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen
fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E
para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que
converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma
de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este
camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska,
actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.
Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen
fin...
Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo c’O Sonoro Maxín.
LUNS 14 DE ABRIL
GRUPO ASOCIACIÓNS, GRUPOS DE TEATRO, MÚSICOS, PINTORES,
ESCULTORES…
PROPOSTA DE ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA REPÚBLICA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO ROTEIRO “O VOLTER”
IDEADO POR ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
LUGAR EIRONCIÑO DOS CABALEIROS, PRAZA DO FERRO, RÜA DA PAZ,
ESCALEIRAS STA. MARÍA,
MUSEO ARQUEOLÓXICO, A BARREIRA, PRAZA MAIOR, SAN MARTIÑO,
ESCAPARATE HNOS. BARROS,
XARDÍNS PADRE FEIJOO, ESCALEIRAS STA. EUFEMIA, LICEO.
HORA 19’00
TARIFA LIBRE
PARTICIPAN
Grupo musical Rusga-Zancolino Produs-Grupo de percusión do ConservatorioSonorde-Aula de Teatro Universitaria de Ourense-Grupos de teatro da
Universidade Laboral-Grupos de teatro da Casa da Xuventude-Capela
Madrigalista-Coral de Manuel de Dios-Xestreu-O sonoro Maxín-Alumnos de
Bacharelato Artístico da Universidade Laboral-El Pararrayos-Grupo TarumbaBanda Municipal-Sarabela Teatro.
Acisclo Manzano, Baltar, Buciños, Xosé Luis de Dios, Chus, Carme, Xosé Gómez
Alén, Marisa Calvo, Carme Lorenzo, Teresa Devesa, Fernando, Esteban, Alberto
Bahón, Martirio, Concha Abad, Mani Moretón, Lola Fernández, Ánxeles Álvarez,
Marián, Martiño, Manuel de Dios, Director do Museo Arqueolóxico, Paco Fariñas,
Araceli Gallego, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo,Tito Asorey, Juan
Manuel Vázquez Vázquez, Ico, Xulio, Yuri Sidar, Jose Lameiras, Nate Borrajo,
Matilde Vázquez, Adolfo Salgado, X.L. Llamas, Camilo Franco, Chisco, Manolo
Figueiras, Xosé Carlos Caneiro.
UNHA PROPOSTA DE Asociación de Amigos da República
DESEÑO GRÁFICO Elena Iglesias e alumnos da Escola “Antonio Faílde”
PLÓTERS E LONAS Oficode
AXTE. PRODUCIÓN E DIRECCIÓN Nate Borrajo
DESEÑO, PRODUCIÓN, DIRECCIÓN E POSTA EN RÚA
ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
O GRUPO VOLTER foi fundado en 1963 por XAIME QUESSADA, JOSÉ LUIS DE
DIOS e ACISCLO MANZANO xunto con BUCIÑOS, VIRXILIO, ARTURO BALTAR e
XABIER POUSA.
Trátase de facer, con amor e por amor, unha homenaxe viva polas rúas de
Ourense a un grupo que Carlos Casares vía “co lume da xuventude aínda
faiscándolle nos ollos que todo o querían ver”.
O’VOLTER, antes chamada O TUCHO, recolle, segundo Ferrín, o nome da
perdida taberna, bautizada por Risco ao reproducir o nome do Cabaret Voltaire,
onde os vangardistas se reunían para deconstruir a cultura do pasado e darlle
paso á nova arte. Considerada a Capela Sixtina por Antón Tovar.
GRUPO TEATRO SOCIAL. GRUPO DE TEATRO DO CENTRO
PENITENCIARIO DE PEREIRO DE AGUIAR
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO SEMPRE HAI ALTERNATIVAS
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 21’00
TARIFA ENTRADA LIBRE. Duración 20’
ACTORES
Marcos, Rogelio, Felipe, Ángel, Alberto, Jose, José María
COORDINADORA RAQUEL CRESPO
Coa colaboración de Javier Millán
Director do Centro Penitenciario Manuel Arias
Teatro Social, consiste na creación dun grupo de teatro formado por internos do
centro penitenciario. Este grupo de teatro centrará a súa actividade na
preparación de obras curtas que traten temas sociais. Na sociedade actual, cada
vez máis comprometida coas problemáticas sociais, aínda se manteñen certas
actitudes de rexeitamento con certos colectivos desfavorecidos. O colectivo de
persoas que cumpren condena xunto cos inmigrantes, é un dos que peor
valoración teñen.
Este feito é unha barreira que afecta á reinserción social dos homes e mulleres
que pasan por unha prisión. A reinserción social do colectivo precisa do esforzo
de todos, xa que é a todos aos que nos interesa que a persoa que sae de prisión
non volva cometer un delito, para elo tanto os Centro penitenciarios como as
entidades que colaboramos neste ámbito, loitamos día a día para conseguir ese
obxectivo. Por outro lado, búscase o impacto social que sobre os xoves pode ter
o feito de coñecer a persoas que están cumprindo condena por comezar de
rapaces a consumir drogas. Este é o tema que imos tratar nesta primeira
experiencia.
Trátase de escenificar unha metáfora. Unha cadeira moi cómoda acompañada
dun cartel que di “perigo - non sentarse” é a protagonista da obra.
Un mozo ve a cadeira e a pesar do cartel prohibitivo, decide sentarse,
seguidamente entra outro mozo e segue o mesmo camiño. Van entrando
sucesivamente máis mozos, uns desafían o cartel, pero outros, que veñen
practicando algunha afección, deciden non sentarse…
ACTOR DAVID AMOR
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO NON CENSURE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00
TARIFA 2€
Trátase dun texto que se escapa de maneira totalmente voluntaria do
politicamente correcto, buscando remover conciencias pero cun sorriso na cara.
A escusa é un repaso pola vida do protagonista que ten unha preocupación que
o leva a reflexionar sobre distintas vivencias. Pero non se preocupar os
asistentes, porque non é un exercicio de filosofía, a preocupación é intrínseca;
de feito, cando naceu o noso protagonista, o pai preguntou "¿É neno ou nena?"
e o doutor con cara de circunstancia respostou " É preocupado ". O sorriso está
garantizado.
MARTES 15 DE ABRIL
GRUPO RASTILHO – Grupo de Artes Representativas
da Faculdade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO OTHELLO
AUTOR WILLIAM SHAKESPEARE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Ana Martins - Desdémona, Emília e Bianca
David Cabecinha - Cássio, Brabâncio, Bobo e Ludovico
Diogo Pinto - Iago, Montano e Doge
Sara Maldonado - Desdémona, Emília e Bianca
Susana Quaresma - Desdémona, Emília e Bianca
Vesna Mihelj - Desdémona, Emília e Bianca
Welket Bungué - Otelo, Rodrigo e Graciano
Composición musical e voz – Susana Quaresma
Letras – William Shakespeare e Susana Quaresma
Deseño gráfico – Ana Almeida
Espazo escénico e Deseño de luz – Inês Balsa, Inês Nogueira e Paula Ribeiro
Figurinos e Atrezzo – Inês Ferreira, Marta Onofre e Joana Tavares
Dirección técnica – Paula Ribeiro
Dirección de escena – Inês Nogueira
Sonoridade – Marta Setúbal
Dirección de Produción – David Silva
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
DAVID SILVA
Ambición, envexa, traizón e morte. O mouro Otelo, home destemido e grande
guerreiro, casado coa fermosa MOZA Desdémona, tórnase gobernador e nomea
ao Tenente Casio como o seu alférez, provocando a envexa de Iago, home
cínico que arela o cargo. Para vingarse, Iago envelena a Otelo coas súas
palabras, insinuando que a súa esposa Desdémona e o Tenente Casio traizóano.
Revelando toda a escuridade da alma humana movida pola sede de vinganza,
Otelo mérgullase nas profundidades do comportamento humano.
MÉRCORES 16 DE ABRIL
GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO AS RAÍÑAS
AUTOR Adaptación do texto de WERNER SCHWAB “As presidentas”
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Modesta Ana Moraña
Carme Beatriz Méndez
Rosa Belén Yáñez
Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación Roberto Salgueiro
Tratamento do espazo escénico Rodrigo Roel
Tratamento vestiario Clotilde Vaello
Maquillaxe Beatriz Méndez, Belén Yáñez
Cartel Elena Tinickaya
Asistencia técnica Raúl Giraldo (Kachet Loxística)
Asistencia de dirección e de escena Saúl Muíños
ADAPTACIÓN LITERARIA E DIRECCIÓN
ROBERTO SALGUEIRO
Tres mulleres que comparten o mesmo espazo, a casa de Modesta, falan e
discuten entre elas. Falan da vida, de todo e de nada, para poñer en cuestión a
súa sociedade. O texto de Schwab xoga coa linguaxe, co valor soez da palabra e
coa propia violencia para rir do home. A nosa proposta trata de acomodar esta
historia á realidade do noso país, onde o paso da ditadura franquista á
democracia ás veces semella un proceso máis institucional que social.
GRUPO CHE Y MOCHE
PROCEDENCIA ARAGÓN
ESPECTÁCULO OUA UMPLUTE
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€
FICHA ARTÍSTICA
KIKE LERA, un magnifico actor e músico de orixe Alto-aragonés á guitarra.
EUGENIO ARNAU, un percusionista, creador plástico e fundador do Museo “La
casa del Gaitero” en Aguaron.
TERESA POLYVKA, virtuosa violinista chegada da cidade de Lvov (Ucraína), que
sen dúbida encarna con total dereito o papel de primás (solista-violinista da
banda cíngara), dirixe musicalmente o proxecto aportando co seu violín unha
singular espectacularidade dificilmente igualable nestas terras.
JOAQUÍN MURILLO, Actor-Saxofonista de longa traxectoria no teatro aragonés.
OUA UMPLUTE é un espectáculo a cabalo entre un concerto cíngaro e unha
forma teatral de entender a música, o teatro non nos enmascara na
representación senón que nos invita a amosarnos, a recoñecernos,
proporciónanos xunto coa espectacularidade do repertorio musical a posibilidade
de atoparnos co público de calquera idade, lugar ou condición, cunha linguaxe
común: a música que é, sen dúbida, o refrexo dunha alma colectiva.
O nome de OUA UMPLUTE, ovo recheo en rumano, describe de forma
excepcional o espíritu do grupo; o ovo como símbolo de nacemento e tradición e
recheo…. “recheo” de todo.
XOVES 17 DE ABRIL
CHARLA A INDIA, SOCIEDADE E ARTE
PROCEDENCIA INDIA
LUGAR LIVRARÍA TORGA
HORA 19’00
TARIFA ENTRADA LIBRE
GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO UBÚ REI
AUTOR ALFRED JARRY
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2 €
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Andrés Lorenzo, Dalia Belón, Juan Carlos Corredoira, Juan Rey, Leticia García,
Noela Vázquez, Xavier Loureiro
Escenografía Aula de Teatro da Universidade de A Coruña
Vestiario e Maquillaxe Mónica Camaño
Musica Orixinal Aula de Teatro da Universidade de A Coruña
Iluminación Zé Paredes
Axudante de Dirección Laura Mariño
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA
ZÉ PAREDES
É grotesco todo aquilo que resulta cómico por un efecto burlesco, caricaturesco
e estraño. O grotesco é visto como a deformación significante dunha forma
coñecida e recoñecida como norma. Todo isto se pode recoñecer na propia
dramaturxia, pero na montaxe había que investigar o punto de marcha de cada
un dos personaxes. Conseguímolo partindo dun efecto sonoro que atribuímos a
cada un deles. Así cada un é coma un moneco de caixa de música ao que todos
os outros dan a necesaria corda.
ACTOR LEO BASSI
PROCEDENCIA EEUU-ITALIA
ESPECTÁCULO LA REVELACIÓN
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5 €
“A nosa época vive un profundo paradoxo. O país que máis fixo no último século
por ampliar o perímetro do saber humano e desenvolver os beneficios da
tecnoloxía, volveuse tolo e predica o escurantismo.
O poder dos evanxelistas é pouco coñecido en Europa, mais en Estados Unidos
transformouse na maior forza política. Son propietarios de grandes cadeas de
televisión e xornais, e conseguen influenciar profundamente na sociedade
americana.
Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición laica, sempre
foron profundamente conscientes do que pode pasar cando se perde a batalla
da racionalidade, xa que son os máis expostos cando as tebras voltan. Por iso,
Leo Bassi decide anticiparse aos tempos e levar a guerra ao campo do inimigo
desafiando todas as teoloxías monoteístas con La Revelación.
En Nome da Razón: Que trema a Fe”
VENRES 18
GRUPO CITAC. CÍRCULO DE INICIAÇÂO TEATRAL DA ACADEMIA DE
COIMBRA
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO O AVARENTO
TEXTO MOLIÈRE – CITAC 07 – PEDRO PENIM
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2 €
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
INTÉRPRETES
Ana Linda, Cheila, Dana Rodrigues, Gil Mac, José Carlos Pereira, Liliana Abreu,
Magui, Maria Inês Cruz, Paula Rita, Pedro Fernandes, Su, Talita, Tessa,
Zéquinha
PRODUCIÓN CITAC 07
PRODUCIÓN EXECUTIVA Ana Aidos
DESEÑO DE LUZ Alexandre Mestre, Pedro Penim
TÉCNICO DE LUZ Diana Cordeiro
TÉCNICA DE SON Diana Cordeiro
DIRECCIÓN XERAL
PEDRO PENIM
Todos os personaxes de Molière son xente coma nós, dunha humanidade tan
evidente e flagrante e todas elas tan sutilmente definidas e caricaturizadas que
atinxen á universalidade.
O Avarento, texto de 1668, é unha comedia “choramingona” do século XVII
cunha faceta social.
Valerio salva a vida de Elisa e apaixóase pola moza. O pai dela, Harpagón quere
casala con outro home. Cleanto, irmá de Elisa, ama a Mariana, que circula entre
pai e fillo. Falta Anselmo, especie de Gato con botas napolitano, un fantoche
simpático.
É sobre este fondo de intriga amorosa que nós vamos ver a proxección dese
vicio: a avaricia, que atormenta ao burgués egoísta.
GRUPO FAMILIA MISHRA (VARANASI-BENARÉS) e OM/OFF
PROCEDENCIA INDIA / INDIA-GALICIA
ESPECTÁCULO MÚSICA-CANTO-DANZA HINDÚ e CONCERTO DE OM/OFF
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€
Pawan kumar mishra. Danza kathak
Gaurav kumar mishra. Harmoniun e voz
Batuk namth mishra. Sitar
GRUPO OM/OFF
Vikas Triparthi. Táboa, outros
Paco Serén. Teclados, guitarras, sitar
Pablo Álvarez. Santoor, guitarra española, arpa celta
Anxo Lorenzo. Flauta e gaita
Viki. Voz
Un espectáculo onde poderemos ver a unha das familias más coñecidas da India
amosando o canto e a danza do seu país.
Concerto de OM/OFF, banda de música de fusión onde se combinan pop, jazz,
música clásica hindú e folk galego nun estilo neo-etno-electrónico indocéltico.
Formado por Vikas Triparthi, famoso músico hindú e destacado intérprete de
táboa; Paco Serén (Vigo), músico e compositor ex membro de Los Piratas; Pablo
Álvarez (Vigo) músico ex membro de Los Piratas; Anxo Lorenzo, músico
especializado na fusión, e a cantante Viki (Benarés)
DOMINGO 20
GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA
PROCEDENCIA ARAGÓN
ESPECTÁCULO LAS TRES HERMANAS
AUTOR ANTÓN CHÉJOV
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
OLGA Rosana Sanz Segura
MASHA Elena Echegoyen Sanz
IRINA Beatriz Vargas Molina
NATASHA Mª José Cabanillas Claramonte
ANFISA Vanessa Carolina Pastuña Rea
ANDRÉI Javier Martínez- Losa Zapata
CHEBUTIKIN Félix Sebastián Casabiel
TUSENBACH Luis Adrián Gómez Martínez
VERSHININ Héctor Larena Vasco
KULIGUIN Fernando Usón Forniés
SOLIONI Iván Ramos Fernández
DESEÑO ESPAZO ESCÉNICO Joaquín Murillo
REALIZACIÓN ESPAZO ESCÉNICO Producciones Che y Moche
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Tatoño
VESTIARIO Retales
EQUIPO TÉCNICO Alfredo Mompel e Nacho Gómez
DESEÑO GRÁFICO Cristina Castel
PRODUCIÓN Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Raquel Anadón
DIRECCIÓN
JOAQUÍN MURILLO
“Sexamos tan complexos e tan simples como a vida mesma. A xente cea e ao
mesmo tempo logra a felicidade ou destroza a súa vida” (Chéjov)
A acción transcorre nun período de varios anos nun pobo de provincias, a 800
kilómetros ao este de Moscú, onde as irmás Projórov viven xunto ao seu irmán
Andréi. Olga, a maior, é mestra nunha escola; Masha está casada infelizmente
con Kuliguin, un mestre da mesma escola, e xunto á máis pequena, Irina, soñan
con volver a Moscú; Vershinin, o novo tenente da brigada, únese ao grupo
formado polo capitán Solióni, o tenente Tusenbach e o médico militar
Chebutikin, que se encarga de dicir a quen o escoite que esqueceu toda a
medicina que aprendera.
Esta obra amosa marabillosamente diferentes personalidades, relacións e
motivacións. Explora a distancia entre a esperanza e a plenitude nas vidas dos
Projórov e os seus amigos. Chéjov describíu esta peza como unha obra de
comedia, onde no hai heroes nin sucesións de actos tráxicos; os personaxes
teñen moitas fallas así como virtudes, pero todas son un gran refrexo da
personalidade humana.
LUNS 21
GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE
PONTEVEDRA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO TOP GIRLS
AUTOR CARYL CHURCHILL
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
María García
Paula Eiroa
Iago Cristóbal
Tareixa Cambeiro
Beatriz Piñeiro
Laura Gómez
Sara Barcia
Emi
Alba Sotelo
Silvia Fernández
Iris Blanco
Miriam Iglesias
VESTIARIO Sonia Rúa
TRADUCCIÓN E AXDTE. DIRECCIÓN Santiago Cortegoso
ESPAZO ESCÉNICO E DIRECCIÓN SALVADOR DEL RÍO
“Top girls” é unha obra que se pode catalogar como feminista, xa que nela hai
unha forte crítica á sociedade patriarcal e unha non aceptación do rol que a
muller desenvolve na sociedade actual; pero tamén pode considerarse unha
obra cun forte contido político, onde se poñen en cuestión as medidas
neoliberais que moitos gobernos de países occidentais levaron a cabo a partir
dos anos oitenta e que aínda perviven nos nosos días, que provocaron
desigualdades sociais e desigualdades no reparto da riqueza.
Fundamentalmente é unha obra que fala das relacións humanas, de
comportamentos aos que nos vemos obrigados ou que nós mesmos buscamos,
nunha sociedade que está organizada baixo as regras e as leis do mercado e na
que para trunfar e avanzar na mesma tes que aceptar determinados roles de
conducta.
MARTES 22
GRUPO COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC - LUGO
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO A RONDA
AUTOR ARTUR SCHNITZLER
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Laura García Recio
Javier Loureiro del Río
Paula Buján López
Marcos Figueroa García
Iria Acevedo Pérez
Manuel Álvarez Lobo
María López Villar
Carlos Martín García
Melania Pérez Cruz
EQUIPO ARTÍSTICO
Vestiario Folla de Parra, S.L.
Espazo escénico Quico Cadaval
Arte final Suso Díaz
Coreografía Juan Carlos Zahera
Técnica vocal Rebeca Montero
Música Matamoros, Weill, Rossinni e Buarque
Equipo Técnico Luzson
Deseño gráfico Marcos Figueroa García
Axudante de dirección Melania Pérez Cruz
Deseño de produción Paloma Lugilde Rodríguez
DIRECCIÓN QUICO CADAVAL
A Ronda de Artur Schnitzler, foi no ano de 1897 unha elaborada mostra de alta
comedia e un escalpelo introducido entre o desexo sexual e a hipocrisía da
sociedade vienesa. A Ronda é unha carreira de relevos na procura do pracer ou
da felicidade. Dez encontros entre unha muller e un home, dez tentativas de
paraíso. O soldado, a criada de servir, o burgués, o bohemio, a actriz, a
prostituta, parecen levarnos de volta ás operetas resesas da moral burguesa,
mais nos últimos tempos parece que regresamos á moral sexual de hai 110
anos. Coito por alimentos, estigmas sexuais, mitos sobre as doenzas de
transmisión, tráfico de mulleres, etc, pon de moda de novo o melancólico humor
do xudeu Schnitzler. É por iso que o grupo de actrices e actores da Aula de
Teatro de Lugo obrigaron a Quico Cadaval a facer unha dramaturxia do vetusto
texto vienés. A única advertencia necesaria é a seguinte, que debe aparecer en
todos os teatros onde se apresente o espectáculo:
TODOS OS COITOS QUE APARECEN NA REPRESENTACIÓN SON SIMULADOS.
MÉRCORES 23
GRUPO MAUVAISE COMPAGNIE D’EN FACE
PROCEDENCIA BÉLXICA
ESPECTÁCULO PARTITION D’UN MANIFESTE POÉTIQUE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA
Lynne Entwistle
Julie Burg
Yasmine Tamaz
Jean Philiphe Dauphin
Mario Guzmán Farias
Baseada en poemas de Federico García Lorca e Pablo Neruda. Son poemas do
período en Madrid, a guerra civil e a morte do amigo Federico.
Tres persoas en escena, un guitarrista, unha acordeonista e unha actriz,
asumen eses textos. Á narración e á música súmanse imaxes que atravesan o
século XX.
O espectáculo desenvólvese no que podería ser un modesto cuarto, un soto,
unha bufarda. Dúas mulleres viven o seu día cotián. A tenrura e a tranquilidade
da atmosfera son arrincadas por visións terribles dunha humanidade que se
baña na súa propia traxedia. A morte e a tristura virán ser a compañía das
nosas vidas durante longos anos, e todo isto quedará impregnado na nosa
memoria e nos nosos actos máis sinxelos.
Neruda pasou gran parte da súa vida perseguido pola historia e os grandes
conflitos: a guerra civil en España, a segunda guerra mundial, o golpe de Estado
en Chile (que precipita a súa morte), son algúns dos que lle tocou vivir.
O espectáculo non ten un carácter realista. Todo pode confundirse, os
personaxes e a historia, o aquí e o agora, ou o que existe entre os dous
elementos tempo e espacio. Quen son os que están en escena? Son espectros
dos nosos antepasados? Son as voces perdidas no tempo, atrapadas no espazo
e que viaxan dun lado a outro repetíndose ata o infindo coma un martelo
implacable da memoria colectiva? Ou é somentes e sinxelamente a voz do poeta
que se incrustou na nosa carne para transformarse en palabra concreta?
Quizais sexa todo isto, xa que todo se confunde cando a dor pertence a toda a
humanidade.
GRUPO AULA DE TEATRE. UNIVERSITAT DE VALÈNCIA
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO EL DIA QUE BERTOLT BRECHT VA MORIR A FINLÀNDIA
AUTOR JOSEP LLUÍS I RODOLF SIRERA
LUGAR SALA TEATRAL DO CAMPUS DE OURENSE-EDIFICIO DE HUMANIDADES
HORA 23’00
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Bertolt Brecht Josep Daniel Tormo
Mirjami Leino Lorena Jiménez
Dona (Personaxes femininos) Anna Marí
Home (Personaxes masculinos) Josep Vicent Valero
Imaxe Isabel Luján
Música Kurt Weill e David Gálvez
Técnica vocal David Gálvez
Vestiario e escenografía Antonio Moreno (A Cantante Calva)
Deseño gráfico Josep Vicent Valero
Deseño de luces Pep Sanchis
Produción executiva Eva López
DIRECCIÓN
PEP SANCHIS e MARÍA P. BOSCH
O texto presenta a recreación, en parte fición e en parte realidade, da vida
persoal e profesional do dramaturgo alemán Bertolt Brecht. Toda a peza é unha
reflexión constante sobre a condición humana desde o punto de vista da
coherencia e das contradicións humanas. A partir de numerosos “flash-backs” e
con toques sutís de cabaret e de “music-hall” americán, o espectador vai
descubrir os secretos mellor gardados da vida recreada e en parte ficticia de
Brecht e das persoas máis próximas a el. Brecht é un humán consciente do seu
desenvolvemento como creador e como artista.
XOVES 24
GRUPO PUNTO CLOWN
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO VIDA CLOWNYUGAL
AUTORES SERGIO CLARAMUNT e PUY SALGADO
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 5€
FICHA ARTÍSTICA
ACTORES
Sergio Claramunt
Jimena Cavalleti
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Cristina Fenollar
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
LUISA GAILLARD-SÁNCHEZ
Max e Mina coñécense nun casting de limpadoras e, a partir dese momento,
comezarán a vivir unha relación onde se sucederán toda unha serie de
situacións cómicas e poéticas. En clave de clown desenvólvese esta historia
tenra, divertida, irónica, repleta de sorpresas e cercana a todos nós.
Dous pallasos modernos perdidos no seu propio xogo vital…
MAX naceu na hora punta.
O que máis lle gustaba do colexio era ir a clase, as cargas dos bolis e as agullas
do compás. Nunca merca décimos de lotería porque subíu a unha figueira o día
que explicaron en 4º as décimas de segundo. Non ten “hobbies” porque non
sabe inglés, pero practica o submarinismo de piscifactoría
Da música clasica prefire a orde ao concerto. Cando come arroz 3 delicias nunca
sabe por cal das 3 empezar, por iso é moi puntual cando non chega tarde.
MINA veu ao mundo cunha manda de cegoñas baixo o brazo. Foi a 1ª da súa
promoción en interesarse por como facían o amor os caracois, e en matemáticas
igual lle daba 8 que 80. Nunca caeu da figueira porque se tiraba cando lle
apetecía. O que máis lle gusta do cine é comer os tomates a mordiscos durante
a película. Cando está de vacacións non está traballando, por iso lle encanta o
atún ao tun-tún. O que máis lles gusta aos 2 do bacallao é o pil-pil, pero aínda
non o saben. Mina quere máis. Max non se conforma con menos
Por iso se coñecen, máis ou menos. Menos mal!
VENRES 25
GRUPO TEATR’UBI e ASTA de COVILHÂ
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO POSSO AVANÇAR? PERGUNTA O CAVALO
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
MONTAXE E INTERPRETACIÓN
Graça Faustino, João Cantador, Mafalda Morão, Nicia Silva, Rui Pires, Sérgio
Novo
Co-produción TeatrUBI e ASTA
Dirección de produción Rui Pires
Deseño de luces Pedro Fonseca
Deseño gráfico Sérgio Novo
Escenografía João Cantador
Técnico de luz Philip Bec
Técnico de son José Graça
Montaxe musical Mané Silva
Vestiario TeatrUBI e ASTA
Figurinos Miguel Gigante
Costureira Maria Ramos
COREOGRAFÍA E DIRECCIÓN
CECILIA GÓMEZ
Os intérpretes xogan diferentes xogos de nenos, de integración, de guerra, de
culto. Xogan a ser eles e outros, a representar, a danzar. Xogan no seu camiño
e na súa historia. No escenario, sucédense ligazóns que están relacionadas con
diferentes características do xogo a xogar, como a seriedade e o compromiso
que implica ese xogo. Tensión e competición camiñan lado a lado na escena,
que vai ser o seu campo de acción e pasatempo.
GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID
PROCEDENCIA MADRID
ESPECTÁCULO ENEMIG@S
1º CANCIÓN AL ROJO VIVO
2º CANTAR DEL AMOR Y LA MUERTE
AUTORES 1º: A partir do texto “Mujeres al rojo vivo” de EDURNE RODRÍGUEZ
2º: A partir da película “Paseo polo amor e a morte” de JOHN HUSTON
LUGAR SALA TEATRAL DO CAMPUS DE OURENSE-EDIFICIO DE HUMANIDADES
HORA 23’00
TARIFA 2€
DESEÑADAS, POSTAS EN ESCENA E INTERPRETADAS POR:
Elisa Beltrán
Cristina Castro
Elena del Castillo
Laura del Pozao
Mayte García
Mónica Huerta
Teresa Medina
Cecile Poullain
Paula Sánchez
Jorge Sanz
Mairea Seguí
Sonsoles Tarazona
Silvia Villalgordo
DIRECCIÓN
JORGE AMICH
Coa colaboración de
Germán Bernardo Dramaturxia
Elena del Castillo Música
Mario Martínez Coreografía
Edurne Rodríguez considera que a súa obra trata temas como o amor e o
desamor, a vida e a morte, a muller e os seus desexos. A soidade e a compañía
latexan nas súas palabras zumegando moita sensualidade, paixón, desexo e
suor vital. Todo iso coa presenza da morte.
A película de Huston lévanos a unha historia medieval de camiños radicais e
violentos, coa súa maxia teatral de antroido, as súas contradicións, a súa
imaxinación, a súa entrega incondicional ao instante, a súa marabillosa
incredulidade no seguro, a súa marabillosa credulidade en dragóns e milagres...
Todo ilusorio porque o único que importa é o mar inalcanzable. “O mar sempre
estará aí, eu non”.
SÁBADO 26
GRUPO GRETUA. Grupo Experimental de Teatro da Universidade de
Aveiro
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO OS FEIOS
TEXTOS DANIIL HARMS
LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ACTORES
Bruno dos Reis, Cristiano Figueiredo, Filipa Portela, João Fino, Nuno dos Reis,
Sara Leite
Espazo escénico João Fino, Bruno dos Reis, Nuno dos Reis, João Veludo
Deseño de Luz João Fino
Sonoplastia e Luminotecnia João Veludo, João Fino
Figurinos João Fino, Ágata Sofia, Rosa Peixinho
Produción GrETUA
CONCEPCIÓN ORIXINAL E DIRECCIÓN
JOÂO FINO
As persoas non poden gañar algo sen sacrificar algunha cousa… Debemos
ofrecer algo de igual valor para obter outra cousa. Este é o principio do cambio
equivalente da Alquimia. Criamos que era esta a verdade do Mundo cando
eramos novos.
ACTO ENTREGA DOS PREMIOS “CARLOS COUCEIRO” – espectadores e
xurado- DA 13ª MITEU
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00
GRUPO AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO 84
AUTOR Dramaturxia baseada en 1984 de GEORGE ORWELL
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’15
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO (Por orde de intervención)
Siro Miguel Martínez
Fenton Suso Mira
Dato Héctor Casas
Muller Raquel Penín
Muller 2 Maica Corbal
Libreira Eva Tato
Ximnasta Marta Pérez
Veciña Paula Dopazo
Fillo Soldado Miguel Estévez
Nai Fani Arjiz
Irmá Silvia Domínguez
Fenton Neno Brais Cidrás
Otoniel Toni Bañobre
Laia María Díaz
Pai Carlos Lesmes
O Partido Todos
Proles Todos
ESCENOGRAFÍA - LUZ Suso Díaz
VESTIARIO - COMPLEMENTOS Tegra
DESEÑO MUSICAL Fernando Dacosta
CARTEL E PROGRAMA Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Galicia Gutiérrez “Gali”
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN FERNANDO DACOSTA
PAI: Hai que loitar contra o océano do mal
FILLO: Pero o océano é moi grande
PAI: Somos moitos, alguén arribará ás costas da liberdade
“84” é a 3ª parte da tetraloxía do Futuro adverso (“O país das últimas cousas” e
“Fahrenheit 451”)
DOMINGO 27
GRUPO TEATRO ESTUDIO INTERNACIONAL OF NEW YORK
PROCEDENCIA ESTADOS UNIDOS – REPÚBLICA DOMINICANA
ESPECTÁCULO SEX ON THE BEACH
AUTOR ROY ARIAS
LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ACTOR
Roy Arias
PRODUCIÓN
Teatro Estudio Internacional
PRODUTOR
Stalin Urbano
ASISTENTE DE PRODUCIÓN
María Joaquina Núñez
SUPERVISIÓN DE DIRECCIÓN
Irma Bello
DIRECTOR ORIXINAL
RAMÓN PAREJA
Espectáculo unipersoal onde tres personaxes teñen en común que alugan o seu
corpo; para eles o sexo con estranxeiros é un desafogo económico. É a historia
do turismo sexual vista desde o punto de vista da persoa que se deixa usar ou
usa ao turista. Esta obra desenvólvese en tres países irmáns cunha historia
política moi diferente pero unha historia turística semellante: Cuba, República
Dominicana e Porto Rico. En todas as historias estes seres son rexeitados por
sociedades nas que paradoxicamente o turismo sexual é fonte de ingresos
ademais de estar intrinsicamente vencellado á imaxe do país.
13ª MITEU – OS ESPAZOS
TEATRO PRINCIPAL
VE 11
VE 11
SA 12
DO 13
LU 14
LU 14
MA 15
ME 16
XO 17
VE 18
DO 20
LU 21
MA 22
ME 23
XO 24
VE 25
SA 26
CORDELIA – OURENSE Á DERIVA
QUICO CADAVAL A VIDA DURA
AULA DE ALICANTE EL BLUES...
AULA DE BADAJOZ QUE MÁS DA
C. PENITENCIARIO P.A. SEMPRE HAI ALT...
DAVID AMOR NON CENSURE
RASTILHO DE LISBOA OTHELLO
AULA DE SANTIAGO AS RAÍÑAS
AULA DA CORUÑA UBÚ REI
CITAC DE COIMBRA O AVARENTO
AULA DE ZARAGOZA LAS TRES HERMANAS
AULA DE PONTEVEDRA TOP GIRLS
AULA DE LUGO A RONDA
MAUVAISE... DE BÉLXICA PARTITION D’UN...
PUNTO CLOWN - VALENCIA VIDA CLOWNYUGAL
TEATR’UBI DE COVILHÂ POSSO AVANÇAR? ...
MARICASTAÑA – OURENSE 84
21’00 H.
23’00 H.
20’30 H.
20’30 H.
21’00 H.
23’00 H.
20’30 H.
20’30 H.
20’30 H.
20’30 H.
20’30 H.
20 30 H.
20’30 H.
20’30 H.
20’30 H.
20’30 H.
23’00 H.
AUDITORIO
SA 12
DO 13
ME 16
XO 17
VE 18
SA 26
DO 27
STRANNIKI – BIELORRUSIA... MÚSICAS DO MUNDO
O SONORO MAXÍN CONCERTO
CHE Y MOCHE – ZARAGOZA OUA UMPLUTE
LEO BASSI LA REVELACIÓN
OM/OFF – INDIA DANZA/MÚSICA INDIA
GRETUA DE AVEIRO OS FEIOS
TEATRO ESTUDIO INTER.-EEUU SEX ON THE BEACH
23’00
23’00
23’00
23’00
23’00
20’30
20’30
H.
H.
H.
H.
H.
H.
H.
CAMPUS. SALA TEATRAL DO EDIFICIO DE HUMANIDADES (SOTO DO
EDIFICIO DE FERRO)
ME 23
VE 25
AULA DE VALENCIA EL DIA QUE B. BRECH
A. DA AUTÓNOMA DE MADRID ENEMIG@S
23’00 H.
23’00 H.
CAFÉ AURIENSE
SA 12
AULA DE ALICANTE SOL@ ANTE EL PELIGRO
(Sábado para domingo)
1’00 H.
LIVRARÍA TORGA
XO 17
MÚSICOS DA INDIA Charla sobre a sociedade e a arte India 19’00 H.
RÚA
VE
VE
VE
LU
11
11
11
14
ROSAURA – OURENSE OLLAR O MUNDO
NANNY COGORNO - ARXENTINA JUJURUJAJÁ
MISS VERO - ARXENTINA DIVINA DE LA MUERTE
COLECTIVOS OURENSÁNS ROTEIRO O VOLTER
VARIOS MOTARRAS DA MITEU PROMOCIÓN
19’00
19’45
19’45
19’00
H.
H.
H.
H.
19’30 H.
A 13ª MITEU - GRUPOS E ACTIVIDADES
TEATRO UNIVERSITARIO
AULA DE OURENSE. GRUPO ROSAURA
AULA DE OURENSE. GRUPO CORDELIA
AULA DE ALICANTE
AULA DE ALICANTE
AULA DE BADAJOZ
RASTILHO DE LISBOA
AULA DE SANTIAGO
AULA DA CORUÑA
CITAC DE COIMBRA
AULA DE ZARAGOZA
AULA DE PONTEVEDRA
AULA DE LUGO
AULA DE VALENCIA
TEATR’UBI DE COVILHÂ
AULA DA AUTÓNOMA DE MADRID
GRETUA DE AVEIRO
AULA DE OURENSE. MARICASTAÑA
VE 11
VE 11
SA 12
SA 12
DO 13
MA 15
ME 16
XO 17
VE 18
DO 20
LU 21
MA 22
ME 23
VE 25
VE 25
SA 26
SA 26
19’00 RÚA DO PASEO
21’00 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
1’00 AURIENSE
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
20’30 PRINCIPAL
23’00 CAMPUS
20’30 PRINCIPAL
23’00 CAMPUS
20’30 AUDITORIO
23’00 PRINCIPAL
TEATRO PROFESIONAL /GRUPOS INVITADOS
NANNY COGORNO – ARXENTINA
MISS VERO – ARXENTINA
QUICO CADAVAL
DAVID AMOR
CHE Y MOCHE – ZARAGOZA
LEO BASSI
MAUVAISE COMPAGNIE D’EN FACE–BÉLXICA
PUNTO CLOWN – VALENCIA
TEATRO ESTUDIO INTERNACIONAL–EEUU
VE 11
VE 11
VE 11
LU 14
ME 16
XO 17
ME 23
XO 24
DO 27
19’45
19’45
23’00
23’00
23’00
23’00
20’30
20’30
20’30
RÚA DO PASEO
RÚA DO PASEO
PRINCIPAL
PRINCIPAL
AUDITORIO
AUDITORIO
PRINCIPAL
PRINCIPAL
AUDITORIO
CONCERTOS
STRANNIKI – BIELORRUSIA,UCRAÍNA,GALICIA
O SONORO MAXÍN
FAMILIA MISHRA–INDIA e GRUPO OM/OFF
SA 12 23’00 AUDITORIO
DO 13 23’00 AUDITORIO
VE 18 23’00 AUDITORIO
OUTRAS ACTIVIDADES
ROTEIRO O VOLTER
T. SOCIAL. CENTRO PENITENCIARIO P.A.
CHARLA SOCIEDADE E ARTE NA INDIA
COLOQUIOS AO REMATE DAS FUNCIÓNS
PROMOCIÓN MOTARRAS DA MITEU
PREMIOS DA 13ª MITEU
ENCONTROS COA PRENSA
LU 14 19’00 RÚAS DA CIDADE
LU 14 21’00 PRINCIPAL
XO 17 19’00 LIVRARÍA TORGA
TODOS OS DÍAS AS 20’30
VARIOS DÍAS 19’30
SA 26 23’00 PRINCIPAL
TODOS OS DÍAS -12’00-LICEO
EXPOSICIÓN DE MIGUEL DACOSTA
“SOMOS POLDROS INDOMABLES PARA BEN OU PARA MAL, PREFIRO SER
“CUATRERO” QUE TAPÓN DA LEI”
DO 11 AO 27 DE ABRIL
COMISARIA DA EXPOSICIÓN:
CARMEN DACOSTA
LUGAR:
TEATRO PRINCIPAL
DIRECTOR
Fernando Dacosta
COORDINADORA
Elena Seijo
RELACIÓNS PÚBLICAS
Fina Calleja
PROTOCOLO
Sabela Gago
VOTACIÓNS E CAMISETAS
Flor R. Figueroa
AXUDANTES DE COORDINACIÓN
David Varela e Héctor Casas
TÉCNICOS DA MOSTRA
José Manuel Bayón, Rubén Dobaño.
Técnicos do Teatro Principal e Auditorio.
DESEÑO GRÁFICO
1:Media. Deseño e comunicación
FIGURAS PREMIOS
Pablo Otero - Orfebres del Arte
FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN
Alba Vázquez Carpentier
EQUIPO COLABORADOR-ORGANIZADOR
Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz, Tito Asorey, Nate Borrajo. Aula de Teatro
Universitaria de Ourense
VICERREITOR DO CAMPUS DE OURENSE
Juan Francisco Gálvez
TÉCNICO DE CULTURA DO CAMPUS DE OURENSE
Filemón Rivas
CONCELLEIRA DE CULTURA
Isabel Pérez
DIRECTORA DO TEATRO PRINCIPAL
Olga Mojón
DELEGADO DE CULTURA
Xosé Carlos Sierra
AGRADECEMENTOS
Fira del teatre de Tárrega
Festiclown
María Xoaquina Núñez e o Instituto Cervantes de New York
Roberto Vila
Raquel Penín
Por entender que o teatro fai cidade e ceder os seus escaparates:
Springfield – Cortefiel – Trendy – Toypes - Pronovias
Aos que apoiades á Miteu, coa vosa presenza, co voso cariño, co voso interese, coa
vosa ollada limpa
PATROCINADORES
CAMPUS DE OURENSE (UNIVERSIDADE DE VIGO)
CONCELLALÍA DE CULTURA (TENECIA DE ALCALDÍA DO CONCELLO DE OURENSE)
TEATRO PRINCIPAL (DEPUTACIÓN PROVINCIAL)
CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA
XACOBEO
COLABORADORES
CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE OURENSE
LICEO
ORGANIZADORES
SARABELA TEATRO
Descargar