O principiño; Antoine de Saint-Exupéry

Anuncio
INDICE
• O autor e a obra
• Tema principal
• Marco
• Personaxes
• Resumo
• Opinión persoal
1. O AUTOR E A OBRA
Antoine de Saint−Exupéry nace en Lyón o 29 de Xunio de 1.900 no seo dunha familia nobre.
Despois de estudiar moitos anos en diversos colexios relixiosos, ó termo dos seus estudios secundarios intenta
entrar na Escola Naval, pero non aproba os exámenes de ingreso. En 1.920 cumple o servicio militar nas
Forzas Aéreas, e a partir de entón a aviación convértese na gran paixón da súa vida.
O seu primeiro conto publicouse en 1.926, o mesmo ano no que escomenza a súa carreira de piloto na
compañía Latécoère. Pouco despois é destinado a Cabo Juby, onde escribe a súa primeira novela, Correo sur
(1.928).
De Africa, trasládase a Sudamérica co encargo de de establecer novas líneas comerciales. Alí remata Vuelo
nocturno, que se publica no 1.931 con enorme éxito e obtén o premio Fémina.
A partir de 1.935, Saint−Exupéry traballa como corresponsal dos periódicos Intransigeant y París Soir en
Rusia e España, e co seu avión Simoun participa en diversas carreiras como o París−Saigón e a Nova
Iorque−Terra do Lume. Todos estos recordos, acumulados en dez anos de vida aventureira, volcaos na súa
novela Terra de homes (1.939).
Os poucos meses, desatada a II Guerra Mundial, combate coma piloto de recoñecemento e, despois da caída
de Francia, instálase en Nova Iorque. Alí escribe Piloto de guerra (1.942), froito das súas experiencias durante
a loita, e O Principiño (1.943), conto infantil de gran orixinalidade que o fixo universalmente famoso e que se
convertiu nun dos fenómenos literarios máis importantes deste século. Moi pronto reincorpórouse ó servicio
activo no Norte de Africa, onde escribe unha obra de reflexións filosóficas e políticas titulada Cidadela, que
sería publicada despois da súa morte (1.948)
O 21 de Xullo de 1944, Antoine de Saint−Exupéry despega dun campo de aviación de Córcega para cumplir
unha misión da cal non regresaría xamais.
• TEMA PRINCIPAL
Nesta obra, aprendemos algo moi importante, o esencial non soe ser visible cós ollos, senón co corazón. O
Principiño, a parte de ser un conto para nenos, unha obra fantástica e emocionante é un libro cheo de filosofía
e metáforas (os seus personaxes soen representar algo mais do que aparentan).
• MARCO
O tempo é o pasado. O autor conta unha historia na que o narrador se atopa có Principiño e este cóntalle todos
os seus viaxes ata chegar a Terra.
1
O espacio son os planetas que vai visitando o Principiño o longo do conto.(O planeta do Rei, O planeta do
Fachendoso...)
• PERSONAXES
Principias: O Principiño e o narrador.
Secundarios: O Rei, o Fachendoso, o Home de Negocios, o Borracho, o Xeógrafo, o Faroleiro.
• RESUMO
O libro do Principiño conta a aventura dun xoven que non soporta ós adultos, e decide facer unha viaxe coa
súa avioneta. Cando sobrevoa o deserto a avioneta estropeaselle e coma non leva nin mecánico nin
acompañantes, tiña que arreglala el soio,e con un inconvinte, soi tiña auga para 8 días.
E aquí cando coñece ó Principiño, que lle pide que dibuxe un cordeiro e é neste intre cando se fan amigos.
Entón o xoven empeza a preguntarlle de onde ven e O Principiño escomenza a contarlle que viña dun planeta
moi pequeño que na Terra é considerado un asteroide, que o descubrira un astrónomo turco. Ninguén lle fixo
caso, pola súa forma de vestir, que era rara, ata que puso un traxe moi elegante.
Con isto o autor intenta decir, que a senté xulga as persoas polo seu aspecto e non polo que realmente son.
Que debemos coñecer primeiro a unha persoa antes de xulgala.
Despois cóntalle que ten un problema cos boababs, que son unhas árbores de crecemento moi rápido que
terminan por facer estopar o planeta onde están, e que deben arrancarse de cativos. O autor quere explicar que
as persoas malas débense apartar da sociedade, e así convertilos en boas persoas.
Máis tarde conta a historia dunha rosa que era a máis fermosa que xamáis vira o Principiño, ela estaba sempre
exisindo, él fartouse da flor, e marchou. Despois recoñeceu que a votaba en falta. A enseñanza deste capítulo é
que non apreciamos o que temos ata que o perdemos ou estamos lonxe del.
Despois o Principiño conta o que lle sucedeu con diversas persoas coas que se atopou na súa visita a varios
planetas, aquí o autor aproveita para explicar os diferentes tipos de persoas.
• No primeiro atopouse co Rei, dinos que a senté sempre quere mandar sobre alguen e que estes
obedezcan.
• No segundo co Fachendoso, explica que as persoas se queren facer os importantes e ser admirados
pola xente.
• No terceiro co Borracho, quere decir que a xente intenta olvidar a realidade.
• No cuarto co Home de negocios, móstanos que os adultos so pensan no traballo e non en divertirse.
So buscan a riqueza.
• No quinto co Faroleiro, dinos que a xente non se arrisca a cambiar por medo a perdelo todo.
• No sexto o Xeógrafo, que intenta decirque se non temos algo que podemos ver ou tocar, non creemos
nel.
• No séptimo e último foi recomendado polo Xeógrafo, este planeta foi a Terra.
O chegar á Terra pousase no deserto, nun lugar no que non merece a pena vivir, e alí a serpe ofreceulle a
posibilidade de voltar o seu pais, pero rechazoun<. Segue caminando ata que chega onde o raposo que lle
pedía que o domesticara para que tivera unha razón para vivir. Aquí o autor intenta decir que hay sempre algo
polo que merece a pena vivir e que na vida os amigos son importantes.
2
Despois de chegar a un xardín no que se atopa con centos de rosas e pensa que en verdade non é tan
afortunado por ter unha. Reflexiona e descobre que é afortunado porque ten unha rosa igual polo exterior pero
diferente por dentro. A ensinanza desta parte é, o qué importa é o interior non o que se ve a simple vista.
Agora o Principiño volve a estár no deserto, e intentan buscar auga para sobrevivir. Nesta parte demostrase
que o último que hai que perder é a esperanza.
Despois cando o xoven se sube ó muro, porque ve a serpe, ve o peligro ou a morte do Principiño, recorda todo
o que pasaron xuntos e pensou que fóra afortunado.
O Principiño explica o seu amigo que se ten que marchar pero non o entende. Con isto o autor volve a
reafirmar que non sabemos apreciar algo ata que o perdemos, xunto a que a amizade é o máis importante.
• OPINIÓN PERSOAL
Dende meu punto de vista a obra do Principiño , é unha obra fantástica e emocionante, sen ningunha dúbida,
un bo libro.
Para rematar, volvo ó principio, o esencial non se pode ver cós ollos, senón co corazón.
3
Descargar