Periódico secundaria gallego

Anuncio
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:45
móvete
en Rede
Rapaces e Rapazas
Organiza:
Colabora:
Página 1
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:45
Página 2
2015: 10 anos para
cambiar o mundo
Imaxinemos un mundo en que todos os nenos e nenas comen. En que todas as
persoas votan. En que todos os fogares teñen auga potable. En que ningunha
persoa moza desempregada elixe unha arma en lugar do seu futuro.
Ese é o mundo dos ODM. Logralo está ao noso alcance.
sumario
Erradicar a pobreza extrema e a fame 2
Lograr o ensino primario universal 4
Promover a igualdade entre os xéneros 6
e a autonomía da muller
ODM*
Reducir a mortalidade infantil 7
Mellorar a saúde materna 8
Combater o VIH/SIDA, 9
o paludismo e outras enfermidades
Débeda para dominar
Campaña Mundial pola Educación
A muller que move o mundo
Infancia Ameazada
Mulleres e ODM
Vulnerables a causa do VIH/SIDA
Garantir a sostibilidade do medio ambiente 10 Contaminación atmosférica
Fomentar unha asociación 11 Tsunami e outros desastres
mundial para o desenvolvemento
12 Atallosao paso
12 ¿Que é a REDE de Mozos
e Mozas Solidarios?
* Obxectivos de desenvolvemento do Milenio
Coordinación de Sensibilización: Raquel Martín. Responsable de Educación: Irene Ortega. Coordinación autoría: Jennifer Williams Ramos.
Redacción: Raúl Rodríguez Mateos, Jennifer Williams Ramos. Ilustracións: Mónica Almanza. Coordinadora de Tradución: Amalia Santos
García. Tradución: Tagen Ata S.C.G. Dirección de arte e deseño gráfico: Maribel Vázquez. Depósito legal: M-34851-2005. Setembro
2005. Impreso en papel reciclado.
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:45
Página 3
presentación
Entreculturas é unha organización non gobernamental, promovida pola Compañía de
Xesús, que defende o acceso á educación dos máis desfavorecidos, como medio de
cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.
Desde hai anos apostamos pola promoción social dos excluídos do mundo.
En Entreculturas estamos convencidos da necesidade de educar tamén aquí nos
nosos países do Norte para a comprensión dun mundo interdependente.
O periódico Móvete en Rede Rapaces e Rapazas forma parte de ¿Igual–Dá? Campaña
educativa pola inclusión e a equidade orientada a comprender a orixe das desvantaxes que
impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación, así como a
necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Móvete en Rede Rapaces e Rapazas está dirixido ao alumnado de Secundaria
e propón actividades de transformación desde o cotián.
Porque non nos dá igual. ¡Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!
Obxectivos:
1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión
asociados á desigualdade de oportunidades,
especialmente no exercicio do dereito á educación.
2 Favorecer a reflexión e comprensión da equidade
e a inclusión como parte das actitudes estratexias e
políticas encamiñadas á igualdade de oportunidades,
facendo fincapé no ámbito educativo.
3 Promover actitudes e valores que facilitan a
participación activa a nivel local e global na
transformación de procesos de exclusión, conectando
con outras iniciativas sociais con este mesmo fin.
Se desexas máis información sobre a Campaña ¿Igual–Dá? ¡Escríbenos! Entreculturas-Fe y Alegría. Departamento de
Educación para o Desenvolvemento. Pablo Aranda 3, Madrid 28006. E-mail: [email protected]
Periódico secundaria gallego
12/1/07
01Erradicar
a pobreza
extrema e
a fame
16:45
Página 4
Débeda
para dominar
Nalgún momento da nosa vida pedimos ou deixamos
prestado algo a outra persoa. Cando eu presto convértome
en acredor/a e a persoa que ten que devolverme o prestado é
o meu/miña debedor/a. Cando falamos de países, gobernos e
institucións utilizamos os mesmos termos para distinguir
quen presta e quen debe devolver o prestado.
Quen presta diñeiro aos países, empresas ou calquera outro
debedor poden ser organismos internacionais como o Fondo
Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM), o
Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), bancos
privados, gobernos doutros países, inversionistas
internacionais, etc. e denomínaselles acredores. Cando un
país recibe un préstamo e ten que devolvelo debe facelo
pagando un xuro, é dicir, devolvendo a cantidade recibida
máis outra cantidade adicional.
Cando falamos da débeda externa estámonos referindo a un
tipo particular de débeda, na cal o debedor ten un préstamo
do exterior. Os países do Sur son os principais entes que se
endebedan. A débeda externa é un mecanismo por medio do
cal se obteñen recursos para distintos propósitos: realizar
obras sociais (escolas, hospitais, formación), obras de infraestrutura (estradas, pontes, acuedutos, telecomunicacións) ou
para outro tipo de necesidades.
Non obstante, os posibles efectos positivos poden converterse
nunha carga insoportable para os habitantes dun país. Así,
se a moeda local perde valor ou se os xuros son abusivos, a
débeda que terá que pagar pode variar facendo inestable a
economía do país en xeral. Se temos en conta que a economía
mundial está controlada por varios mercados (Nova York,
Londres, París,Toquio) e polas potencias mundiais (G-8), isto
quere dicir que poden controlar os países que teñen débedas e
poden esixirlles que realicen esforzos supletorios (deixar de
investir en sanidade, educación, infraestruturas e utilizar ese
...2
diñeiro para pagar a débeda). É por isto que falamos de Países Altamente Endebedados, ou empobrecidos, que non poden
devolver as súas débedas. Existen dous clubs para negociar a
débeda: o Club de París e o Club de Londres. Nestes clubs
reúnense os acredores, no primeiro atopariamos os acredores
públicos, gobernos e bancos públicos, e no segundo, acredores
privados, bancos privados e inversores. Cada un reúnese para
analizar a situación dos países e a capacidade de devolver o
que lles deben e o que teñen que facer para devolvérllelo.
¿Que consecuencias ten para un país a acumulación de
débeda externa?
Á débeda externa convértese nun instrumento de presión política. Existen países con débeda externa en todos os continentes, pero non hai un trato equitativo. Segundo a ONU, nos
anos 80 os tipos de xuro para os países pobres foron catro
veces máis altos que para os países ricos. Aproximadamente
o 60% da débeda externa é propiedade dos grandes bancos
privados. Calcúlase que cada habitante do Sur debe ao nacer
455 euros, pero hai países nos que esta cifra ascende a
4.200 euros por persoa.
O caso de Arxentina
“Cando derrocan o goberno de Isabel Perón o país tiña 8 mil
millóns de dólares de débeda externa, cando os militares lle
entregan o goberno a Alfonsín a débeda ascende a 45 mil
millóns de dólares. Hoxe a débeda externa arxentina alcanza
cos xuros a máis de 200 mil millóns de dólares.
Este é o panorama que temos, nós estamos falando de democracia, que non é poñer o voto nunha urna, democracia significa dereito e igualdade para todos”.
Adolfo Pérez Esquivel, arxentino e premio Nóbel da paz.
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:45
Página 5
Arxentina é un país rico en recursos e materias primas. “Produce alimentos para satisfacer
as necesidades de 300 millóns de habitantes... segundo cifras oficiais, en Arxentina hai
260.000 nenos desnutridos”.
El País, 16 de novembro de 2002.
Definicións:
1 G-8: Foro político e económico formado polos sete países máis industrializados do mundo (Francia,
Canadá, Alemaña, Italia, Xapón, Reino Unido, Estados Unidos) e Rusia.
2 Condonación da débeda: Liberar os países máis pobres do pagamento da débeda.
3 Programa de Axuste Estrutural: Políticas impostas aos países empobrecidos por parte das institucións
internacionais (FMI, Banco Mundial) que consisten en reducir os investimentos do país debedor (en saúde,
educación, infraestruturas...) para poder facer fronte aos seus pagamentos.
Actividade:
– Investiga: ¿Que é a RCADE?,
¿que opinas desta iniciativa?
Visita a web: www.rcade.org
máis
información
{
— Estado Mundial da Infancia 2005
http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm
— Campaña Pobreza Cero
http://www.pobrezacero.org/intro.htm
— Observatorio da débeda na Globalización
http://www.debtwatch.org/cast/herramientas/glosario/index.php
— Campaña ¿Quien debe a quien?
http://www.quiendebeaquien.org/
...3
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:45
02 Acadar o
ensino
primario
universal
Página 6
Campaña
Mundial pola
Educación
"Millóns de persoas ao redor do mundo están facendo un chamado aos seus gobernos para que proporcionen educación básica gratuíta e de boa calidade a todos os nenos e nenas do mundo. Eles son parte
da Campaña Mundial pola Educación; nós sumamos as nosas voces ao seu chamado."
Nelson Mandela e Graça Machel, abril 2002.
A educación é un dereito humano fundamental.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de Nacións
Unidas (1948) recoñece a educación como un dereito humano
fundamental.
Un dereito humano é algo absolutamente necesario para
vivir unha vida digna e segura. Algúns exemplos de dereitos
humanos fundamentais son os alimentos, a auga e o refuxio.
A Campaña Mundial pola Educación promove a educación como un dereito humano básico e mobiliza a cidadanía sobre gobernos e a comunidade internacional para que
cumpran as súas promesas de prover educación básica libre,
obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular a nenos,
mulleres e sectores desfavorecidos e en desvantaxe na sociedade.
A CME, fundada en 1999, reúne a ONG importantes e sindicatos de mestres en máis de 150 países ao redor do mundo.
Máis de 100 millóns de nenos e nenas sen educación
duración mínima de educación necesaria para alcanzar a
alfabetización básica).
–– Máis de 140 millóns de mozos, de idades entre 15 e 24,
chegan á maioría de idade analfabetos. Destes mozos analfabetos, 83 millóns viven no Sur e Oeste Asiáticos, 30 millóns
viven en África, e 13 millóns viven nos Estados Árabes.
Pensando en solucións
Segundo a UNESCO, o custo de cumprir o obxectivo de
facilitar educación a todos os nenos e nenas do mundo sería
de 8.000 millóns de euros por ano. Os gobernos mundiais
gastan esta cantidade en defensa cada catro días.
Algo menos que a metade desta cantidade, é dicir 3.800
millóns de euros por ano, tería que ser unha achega dos países
ricos, na forma dun incremento na axuda aos países pobres
para a educación básica.
A outra metade tería que ser unha achega dos propios países
pobres, que necesitarían incrementar os seus propios orzamentos de educación.
–– Máis de 100 millóns de nenos/as, a maior parte nenas,
non asisten nunca ao colexio. Destes nenos e nenas sen
escolarizar, 44 millóns viven en África, 32 millóns viven no
Sur e Oeste Asiáticos, 14 millóns viven no Leste Asiático e
máis de 10 millóns en América Latina.
A Campaña Mundial pola Educación promove a nivel mundial
a Iniciativa por Vía Rápida polo acceso á Educación que
intenta implicar a gobernos de países do Sur na elaboración
de plans de mellora do seu sistema educativo.
–– Un terzo de todos os nenos/as, e un de cada dous en
África, nunca completa cinco anos de educación primaria (a
Os Membros da Campaña Mundial pola Educación cremos
firmemente que erradicar a falta de escolarización de todos os
...4
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
Página 7
nenos e nenas do mundo é posible. Para isto é necesaria a
colaboración e o compromiso dos gobernos do Norte e do Sur.
Os Gobernos dos países ricos deben:
–– Destinar polo menos o 0,7 % do seu PNB á Axuda Oficial
ao Desenvolvemento e polo menos o 10% desa cifra á
educación.
Os gobernos do Sur deben:
–– Destinar polo menos o 3% do seu PIB á educación básica.
–– Eliminar as cargas e custos, e dotar de axudas á infancia
que atravesa maiores dificultades, como as nenas, os orfos
do VIH/SIDA ou aqueles máis pobres.
–– Acabar coas formas máis duras de traballo infantil, como
foi acordado polos gobernos de todo o mundo nas Convencións 182 da Organización Internacional do Traballo.
–– Levar a educación máis alá das escolas. Encontrar vías
flexibles que doten de educación aos grupos con máis dificultades de acceso, como as nenas e nenos traballadores ou os
mozos analfabetos.
–– Establecer metas concretas para mellorar a calidade e os
logros de aprendizaxe.
máis
información
{
–– Estender a Iniciativa por Vía Rápida e que esta se afirme
en plans nacionais orientados cara á “Educación para todos
e todas” proporcionando aos países empobrecidos a axuda
necesaria para conseguir que todas as nenas e nenos sexan
escolarizados.
–– Traballar xuntos. Coordinar os esforzos entre doadores e
países receptores da axuda e así reducir os custos de xestión
e seguimento.
¡Queremos escoitarte!
Para recibir calquera información complementaria contacta
con Campaña Mundial pola Educación en España:
[email protected]
— Campaña Mundial pola Educación
http://www.cme-espana.org/index.html
— Iniciativa por Vía Rápida en Educación
http://www.cme-espana.org/action_FTI.html
...5
Periódico secundaria gallego
12/1/07
03Promover
a igualdade
entre os
xéneros
e a autonomía
da muller
16:46
Página 8
A muller
que move
o mundo...
A muller que move o mundo coa súa boca, non se deixa acovardar pola derrota, e fala e ten tanto que
dicir, e fala ata encontrar a solución, confesa o seu temor e a súa paixón para sobrevivir.
Presuntos Implicados
Un dos grandes retos mundiais é acadar un maior desenvolvemento económico con equidade social. O acceso a iguais
oportunidades para homes e mulleres aínda ten un longo
camiño por percorrer.
As desigualdades persisten debido a que en moitos países as
institucións sociais e xurídicas aínda non garanten a igualdade
da muller en materia de dereitos xurídicos e dereitos humanos
básicos.
A participación activa das mulleres na vida económica e
política dunha sociedade mídese a través do índice de potenciación de xénero (IPX). Este índice ocúpase da desigualdade
de xénero en áreas clave da participación e do poder de
decisión económico e político. Examina a proporción de
escanos parlamentarios que ocupan as mulleres, a cantidade
de lexisladoras mulleres, de funcionarias de alto nivel ou
executivas de nivel xerencial e de mulleres profesionais e
técnicas, ademais da disparidade de xénero en termos de ingresos percibidos, o cal reflicte a independencia económica.
Se ben é certo que en todos os países hai cabida para mellorar
aínda máis as oportunidades dispoñibles para as mulleres e
que a maioría aínda ten moito camiño que percorrer para
lograr a plena potenciación da muller na sociedade.
Fonte: Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).
Actividades:
– Investiga: ¿Onde se atopan os países con maior IPX?, ¿que sucede con aqueles que teñen un índice máis
baixo?
– Busca información en diarios e revistas sobre estes países e comproba os datos achegados polo PNUD.
– Investiga: ¿Cal é o IPX de España?, ¿a que o atribúes?
Máis
información
...6
{
— Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
http://www.undp.org/spanish
— Panorama sociolaboral da muller en España
http://www.redfeminista.org/nueva/uploads/N40pamuj.pdf
Periódico secundaria gallego
12/1/07
04 Reducir a
mortalidade
infantil
16:46
Página 9
Infancia
ameazada
“Soamente a medida que nos acheguemos á realización dos dereitos de toda a infancia, os países achegaranse aos obxectivos do desenvolvemento e da paz”.
Kofi A. Annan
–– A pobreza é a causa fundamental das taxas elevadas de
morbilidade1 e mortalidade2 na infancia. No Sur empobrecido,
un de cada tres nenos non dispón dunha vivenda adecuada, un
de cada cinco nenos non ten acceso á auga potable, e un de
cada sete carece de acceso a servizos esenciais de saúde.
Máis dun 16% dos menores de cinco anos non reciben unha
nutrición adecuada e un 13% de todos os nenos e nenas non
acudiron nunca á escola.
–– VIH/SIDA. É a causa principal de mortalidade en todo o
mundo para as persoas de 15 a 49 anos; só en 2003, 2,9
millóns de persoas morreron de VIH/SIDA e 4,8 millóns de
persoas contraeron a infección. Máis do 90% das persoas
que viven actualmente con VIH/SIDA atópanse nos países do
Sur. Na África Subsahariana, o VIH/SIDA conduciu a un
aumento da mortalidade na infancia, a unha grave redución
da esperanza de vida e á aparición de millóns de orfos.
–– Conflitos armados. Desde 1990, os conflitos custaron
directamente as vidas de 3,6 millóns de persoas, un 45%
destes mortos eran nenos e nenas. Centos de miles de menores
de idade están atrapados en conflitos armados como soldados,
vense obrigados a converterse en refuxiados ou en persoas
internamente desprazadas, sofren a causa da violencia sexual,
dos malos tratos e da explotación, ou son vítimas dos restos
de explosivos de guerra.
Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005.
1 Proporción de persoas que enferman nun sitio e tempo
determinados.
2 Taxa de mortes producidas nunha poboación durante un
tempo dado, en xeral ou por unha causa determinada.
Actividades:
– Busca información nas webs propostas.
– Únete á Campaña contra a utilización de nenos
soldados.
– Amplía a información con noticias de diarios e
artigos de revistas.
– Investiga quen é China Keitetsi.
máis
información
{
– UNICEF: Informe Estado Mundial da Infancia 2005
http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm
– PNUD-Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
http://www.undp.org/spanish
– Coalición Española para acabar con la Utilización de los Niños Soldados
http://www.menoresoldado.org
...7
Periódico secundaria gallego
12/1/07
05 Mellorar
a saúde
materna
16:46
Página 10
Mulleres
e ODM
En catro dos oito Obxectivos do Milenio menciónase ás
mulleres de maneira especial:
Obxectivo 3: Promover a igualdade entre os xéneros e a
autonomía das mulleres.
Obxectivo 4: Reducir a mortalidade infantil.
Obxectivo 5: Mellorar a saúde materna.
Obxectivo 6: Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras
enfermidades.
O acceso á educación é fundamental para a autonomía das
mulleres, para ampliar a súa autoestima e a súa capacidade
de participación e decisión, para abrir o marco das súas
oportunidades e o acceso a espazos de desenvolvemento.En moitos
países do Sur as nenas e as mozas abandonan pronto a escola e
con moita maior frecuencia que os rapaces. Esta disparidade en
relación coa escolarización en parte explica a existencia de 600
millóns de mulleres que seguen sendo analfabetas.
Un dos indicadores máis significativos á hora de mostrar a
situación da muller é a relación que existe entre as súas condicións de vida e as causas de morte. Unha muller africana
ten 500 veces máis probabilidades de morrer por causas
relacionadas co seu embarazo que unha muller escandinava.
Nos países en desenvolvemento, cada ano 585.000 mulleres
perden a vida como resultado do embarazo, e por cada unha
que morre hai 13 que teñen enfermidades pola mesma causa.
As complicacións post-parto son unha das causas máis
importante da mortalidade materna, e o 35% desta débese
a enfermidades de transmisión sexual.
Actividades:
Busca información nas seguintes webs:
– Amnesty International en liña: www.amnesty.org
– IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres: www.undp.org/fwcw
– Fondo de Poboación das Nacións Unidas: www.unfpa.org
– Organización Mundial da Saúde (OMS): http://www.who.int/about/es/index.html
feitos
e cifras
...8
{
– A feminización do contaxio do VIH/SIDA foi evidente en toda a rexión de América Latina.
– A pesar de ser facilmente evitables, as mortes por aborto inseguro e complicacións do embarazo,
parto e puerperio seguen sendo as principais causas das mortes maternas nestes países.
– A diferenza entre o ingreso no mercado laboral das mulleres e o dos homes segue sendo bastante
alta. As mulleres reciben un 50% do salario percibido por un home na mesma posición.
Fonte: Julieta Lemaitre, Luisa Cabal e Mónica Roa, Cuerpo y Derecho: legislación y
jurisprudencia en América Latina, Editorial Temis, Colombia, 2001. www.whrnet.org
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
Página 11
06 Combater Nenos e nenas
o VIH/SIDA, orfos ou vulnerables
o paludismo
e outras a causa do
enfermidades VIH/SIDA
Ao redor de 15 millóns de menores de 18 anos quedaron
orfos debido ao VIH/SIDA a finais de 2003. Oito de cada
dez destes nenos e nenas viven na África Subsahariana.
Calcúlase que para 2010 máis de 18 millóns de nenos e
nenas africanos perderán a un ou aos dous proxenitores
debido ao VIH/SIDA.
ten que abandonar a escola para asumir as funcións adultas
de ocuparse e manter as súas familias.Tamén ocorre o mesmo
co dereito ao descanso, ao xogo e á recreación. Debido a que
o VIH/SIDA agrava a miúdo a pobreza, aumenta o perigo de
realizar traballos perigosos e de ser vítimas da explotación.
ACCIÓN:
A perda dun proxenitor implica moito máis que a desaparición
dun coidador/a. Afecta a todos os aspectos da vida dun neno
ou dunha nena: o seu benestar emocional, a súa seguridade
física, o seu desenvolvemento mental e a súa saúde xeral.
Prívaos do dereito a vivir nun contorno familiar. Implica a
perda dunha parte da rede de seguridade contra a violencia,
o abuso, a explotación e a discriminación, factores todos eles
que contribúen a illalos aínda máis en momentos en que
necesitan o maior coidado e apoio posibles. Nos casos máis
graves, os nenos e nenas poden encontrarse completamente
privados do apoio familiar e rematan vivindo nas rúas.
O dereito á educación periga con frecuencia cando os coidadores/as enferman ou morren, debido a que a nena ou neno
Respectar os dereitos das nenas e nenos orfos ou vulnerables
a causa do VIH/SIDA debe ser unha prioridade internacional
durante os próximos vinte anos. Para conseguilo, é preciso
tomar medidas en varias frontes:
• Limitar a propagación da SIDA.
• Dedicar os fondos necesarios para apoiar programas destinados aos orfos e nenos e nenas vulnerables.
• Asegurar o acceso aos servizos esenciais, entre eles a educación, a atención da saúde e a inscrición do nacemento.
Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005.
Actividades:
– Busca o significado de epidemia, pandemia e endemia. ¿Onde se desenvolven este
tipo de enfermidades?
– Investiga que é o paludismo e cales son as poboacións máis afectadas. ¿por que se di
que o paludismo é unha endemia?, ¿ocorre o mesmo co VIH/SIDA?, ¿por que?
máis
información
{
Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005
http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm
...9
Periódico secundaria gallego
12/1/07
07Garantir a
sostibilidade
do medio
ambiente
16:46
Página 12
Contaminación
atmosférica
Malia saber que o mundo ía acabar mañá, hoxe aínda plantaría unha árbore.
Martin Luther King
A maioría das veces non tomamos en serio as consecuencias
que producen certas accións: fumar, conducir o coche, utilizar
bolsas de plástico... só nos damos de conta dos seus efectos
cando enfermamos ou nos afectan persoalmente.
¿Sucede o mesmo cunha enfermidade global que ameaza os
bosques? Quizais pensamos que é un tema afastado, para o
debate entre políticos ou consideramos que non ten relación
coa nosa vida. Porén, as accións que cada persoa fai durante
“o seu día a día” forman parte dunha gran cadea na que as
consecuencias chegan alí onde non estivemos nunca, talvez
lugares que non coñezamos nin de oídas. Tamén sucede ao
revés, o que se decide a miles de quilómetros aféctanos
directamente.
Lonxe: A superficie dos bosques representa só un 14% do
planeta, non obstante, realiza unhas funcións de grande
importancia para todos:
• Transforman os dióxidos en osíxeno: unha hectárea de bosque tropical pode neutralizar unhas dez toneladas de dióxido
de carbono ao ano.
• Evitan o quentamento da Terra e son un factor estabilizador
das estacións climáticas.
Non obstante... a deforestación avanza a un ritmo duns 17
millóns de hectáreas ao ano. As selvas tropicais, localizadas
na súa maioría en América do Sur e Central e o Sueste
Asiático, sofren a diario a tala indiscriminada das súas
árbores. Cada minuto que pasa queda arrasada unha
superficie de selva equivalente á dun campo de fútbol.
Preto: A principal contribución de monóxido de carbono
provén dos automóbiles e representa unha ameaza para a
saúde, provocando mareos, fatiga, somnolencia, problemas
visuais e incluso afeccións cardíacas e pulmonares.
• As emisións de dióxido de carbono (CO2) debidas ao consumo de enerxía primaria (carbón, petróleo e gas natural)
durante o 2000 foron un 35% superiores a 1990, ano de
referencia para o compromiso de redución de emisións do
Protocolo de Quioto.
Conclusión:
O mundo non goza de boa saúde ¿Que facemos?
1) Abrimos máis hospitais e tomamos máis medicinas.
2) Pasamos de todo, total non nos sentimos afectados/as.
3) Coidamos os nosos pulmóns.
Actividades:
– Elixe unha das respostas e razóaa.
– Investiga sobre alternativas aos problemas que se sinalan no artigo.
máis
información
...10
{
Protocolo de Quioto sobre o cambio climático
http://europa.eu.int/scadplus/leg/es/lvb/l28060.htm
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
08 Fomentar
unha asociación
mundial para o
desenvolvemento
Página 13
Tsunami
e outros
desastres
Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo.
Albert Einstein
As numerosas horas de información, testemuños de superviventes e imaxes incribles conmoveron á comunidade internacional o 26 de decembro de 2004 espertando a solidariedade
da sociedade como poucas veces se lembra. O perigo, como
en tantas outras ocasións, é que a solidariedade se durma en
canto os medios de comunicación desvíen o seu interese cara
a outras noticias. Así ocorreu con outros desastres naturais
e humanos e así ocorrerá con este se cae no esquecemento.
Debemos facer un esforzo colectivo e lembrar que a solidariedade vai máis alá das noticias, non pode estar de moda,
pois a pesar de non saír nos telexornais, as persoas seguen
vivindo coas consecuencias desastrosas da tsunami e coa
realidade de pobreza que tiñan antes do desastre natural.
crear unha nova solidariedade global que loite por erradicar
desastres humanos permanentes como son a pobreza, a
guerra, a falta de educación, discriminación por razón de
xénero ou etnia, que non teñen a súa orixe en causas naturais
pero que tamén teñen efectos devastadores.
Esta zona do planeta atópase inmersa en diversos desastres
case permanentes que quedarán agravados pola tsunami:
• Cinco dos oito países máis afectados pola tsunami sofren
un conflito armado. En Indonesia, Sri Lanka, India,Tailandia
e Somalia hai guerra, mentres que Myanmar e Maldivas
atravesan graves situacións de tensión, enfrontamentos e
represión.
¿Que é entón a axuda solidaria? ¿Acaso non serve a axuda
prestada aos países afectados?
• O problema da fame é crónico.
Este desastre sen precedentes tivo unha gran resposta
internacional, a cal debe significar unha oportunidade para
• O tráfico sexual de mulleres e nenas é unha realidade
preocupante.
Actividades:
– Realiza unha investigación sobre os países afectados pola tsunami,
investiga que lugar ocupan na lista de PNUD sobre desenvolvemento.
– ¿Que información che chega actualmente desta catástrofe a través dos
medios de comunicación?
– ¿Consideras que abonda cunha xenerosa axuda momentánea?
– ¿Como poden superarse outros desastres humanos?
máis
información
{
Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento.
Informe sobre Desenvolvemento Humano.
http://hdr.undp.org/reports/global/2004/espanol
...11
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
Página 14
ATALLOSao paso
“Podemos comer alcachofas todo o ano, podemos levar a comida preparada en cómodas bandexas de
poliexpán, podemos gozar dos servizos de moitos electrodomésticos, podemos manter tendas, rúas e
estradas ben iluminadas todas as noites... pero non podemos á vez habitar o planeta de forma sostible”.
Revista Opcions, nº 15
Moitas son as cousas que podemos
facer por moi pequenas que nos
parezan, se sumamos os nosos
esforzos xeraremos cambios
importantes. Pensar que non podemos
facer nada é darnos por vencidos, é
non saber valorar as nosas
capacidades como persoas e como
colectivo... se sumásemos o número
de pasos que imos dar nun día ao
mellor sentiriamos moito cansazo
antes de erguernos pola mañá; se
pensásemos na importancia que ten
un único paso ¿Dexergariamos o
camiño que percorremos?
•Utiliza transportes alternativos ao
coche privado
Un dato: Cada 20.000 km
percorridos en coche emítense ao
ambiente unhas tres toneladas de
CO2.
Alternativas
– Utiliza o transporte público, se vives
en Madrid ten en conta que a EMT
(Empresa Municipal de Transportes)
porá en servizo 250 autobuses que
circularán con biodiésel.
– Visita as seguintes webs antes de
dar o teu próximo paseo:
www.viasverdes.com e
www.conbici.org e anímate a utilizar
a bici ou a camiñar.
• Compra produtos de comercio
xusto, de produción ecolóxica e se
poden ser de economía social:
– Visita as tendas de Comercio Xusto
da túa cidade, son unha boa
alternativa para comprar produtos
como café, galletas, chocolate, etc.
– tamén podes encontrar xabón,
froita, carne, iogures ou pan
ecolóxicos, roupa e libros.
www.laceiba.org,
www.intermonoxfam.org,
www.setem.org.
• Cambia o plástico
Un dato: o 9% dos refugallos sólidos
urbanos en España corresponden aos
plásticos (case unhas mil catrocentas
toneladas ao ano). Unha gran
superficie regala aos seus clientes
aproximadamente 70 millóns de
bolsas de plástico cada mes.
¿Ocórrenseche alternativas?
¡Ponas en práctica!
As Redes de Mozos e Mozas Solidarios:
Unha aposta pola participación e a cidadanía
A Rede é unha proposta para mozos e mozas entre 14 e
18 anos, de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e niveis
equivalentes dos ciclos de formación.
A Rede é un proceso que pretende que os mozos e as mozas
tomen conciencia da súa realidade como cidadáns/ás e
como suxeitos colectivos e, desde aí, asuman a súa corresponsabilidade na construción dunha realidade local e globalmente xusta. A rede quere ser tamén un espazo no que
aprender e desenvolver a participación, a democracia e a
transformación social.
Na actualidade hai seis redes en marcha: Andalucía, Madrid,
Murcia, Galicia, Valencia e Asturias.
Cada Rede ten peculiaridades de funcionamento, pero basicamente presenta unha estrutura formada por:
– Asemblea: Unha xornada na que un grupo entre 80 e 200
mozos de diferentes centros educativos se reúnen para
reflexionar, formarse e compartir inquedanzas e iniciativas
ao redor da construción dun mundo máis inclusivo.
– Grupos nos centros educativos: Os mozos e mozas que
conforman a Rede reúnense e desenvolven unha axenda solidaria con diferentes actividades ao longo do curso. Preténdese que non sexa só un grupo de acción senón tamén de
reflexión.
Para que os mozos e mozas poidan vivir esta experiencia
contan co apoio e acompañamento dun profesor-titor e do
equipo de Redes de Entreculturas.
A Rede quere expresar na súa propia estrutura a diversidade, por iso o noso desexo é traballar con centros concertados, públicos e privados cun perfil plural do alumnado.
¿Que queremos construír?
A Rede de Mozos e Mozas Solidarios ten o desafío de ser
unha experiencia de participación activa como exercicio de
construción colectiva de cidadanía onde os mozos e mozas
sexan protagonistas. Onde teñan voz e palabra. E onde todos
os actores (profesores, responsables da Rede, Entreculturas…) tamén teñan a oportunidade de ser, xunto con eles
e elas, suxeitos sociais e políticos.
Xente que le a realidade para cambiar a historia.
...12
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
Página 15
Se estás interesado/a en máis información sobre a
Rede, ponte en contacto con: Entreculturas
[email protected]
Periódico secundaria gallego
12/1/07
16:46
Página 16
Non nos dá igual
¡Queremos un mundo máis
xusto para todos e todas!
Organiza:
Campaña educativa pola inclusión e a equidade.
Colabora:
Descargar