Guión dos puntos máis salientables:
--− O Renacemento(sXV−XVI) é un periodo de transición entre a filosofia medieval ( remata no s.XIV) e a
Filosofía Moderna(iníciase no s.XVII).
− É unha volta aos valores clásicos en todos os ámbitos: arte, literatura, filosofía , política...
− Ainda que esto é materia de discusión, pode ser considerado unha ruptura coa Idade Media en aspectos
sociais, culturais, económicos, relixiosos, cienrtíficos, políticos... que,ben é certo, en moitos casos xa se
iniciaran na Idade Media.
• Entre os cambios que se producen cabe salientar os seguintes:
. Descomposición do feudalismo. Aparición dos burgos, avance comercial, incipiente burguesía e embrión do
capitalismo.
. Fragmentación do Imperio de Carlomagno(sIX) que dará lugar aos feudos e logo aos estados
nacionales.Conflictos entre feudos e cidades(Relacionar coa teoría política de Maquiavelo).
. Maior autonomía civil fronte á eclesiástica. Continúa a loita de poder entre a igrexa e o poder civil.
. A fragmentación do imperio virá impulsada pola ruptura eclesiástica ao abandoarse a idea dunha soa fe un só
imperio(agora non hai unha soa fe).
. Autonomía individiual (impulso á liberdade): o ser humano como persona individual é o centro do
renacemento valorándose a liberdade e independencia. Abandóase o recurso á autoridade típico da Idade
Media. Á verdade hai que percurala coa razón e non coa fe. Revalorización do individuo en canto ser natural
−recóllese a visión grega que valora o corpo a vida natural, o pracer sano...− e en canto ser político(cidadán).
. En canto á filosofía o renacemento é un periodo sen nunha corrente clara de pensamento, nel danse cita
numerosas tendencias da época clásica e cabe salientar o aristotelismo na física e na astrononomía que será
derrubado pola Nova Ciencia. Tamén terán importancia as análises sobre filosofía do dereito en especial as
teorías sobre o dereito natural.
• Os tres aspectos máis salientables da filosofía do renacemento e que ademais son os que máis
influirán na Filosofía Moderna son o Humanismo, a Reforma Protestante e a Nova Ciencia.
a.HUMANISMO.
O humanismo é unha corrente do Renacemento que, a través dos clásicos gregos e latinos, pretende afondar
máis no concepto de ser humano e na valoración de todo o humano.Trata de recuperar o pensameto antigo sen
a contaminación escolástica e estudiar a natureza humana por riba da tradición e da igrexa. Dáse un cambio da
visión teocéntrica por unha antropocéntrica : Deus deixa de ser o centro para ser o ser humano o centro da
reflexión.
O home renacentista está anclado neste mundo e nesta historia non no máis alá polo que fronte a unha visión
relixiosa do mundo profundizarase nunha explicación científica e natural. A característica central do
humanismo é o antropocentrismo que é naturalista xa que acentúa os aspectos naturais do ser humano
desvalorizando a dimensión sobrenatural. Esta tendencia naturalista obsérvase con maior ou menor grao en
todas as correntes filosóficas do renacemento. Os pensadores humanistas volvéronse aos grandes filósofos
1
gregos (Platón e Aristóteles) ainda que tamén rexurden o estoicismo, o epicureismo e o escepticismo.
Desde o punto de vista político rexeitaban a metodoloxía e visión política da escolástica xa que, segundo
eles non se preocupaban, por como deben comportarse os seres humanos descoidando a educación e a
xeración da virtude na sociedade. Seguindo a Petrarca sempre opinaron que era preferible desexar o
ben a coñecer a verdade. Esta reacción contra a escolástica polo seu carácter excesivamente
especulativo promoverá a importancia do compromiso político que, nunha primeira fase tivo como
consecuencia a defensa das liberdades republicanas, cuetións que a finais do século XV e principios do
XVI ceden importancia en favor da seguridade e a autonomía das cidades. Digamos que a realidade do
poder despótico dos signori fai que moitos humanistas renuncien aos seus ideais para converterse en
conselleiros do príncipe. Este carácter de consello e descriptivo da política aparece no príncipe de
Maquiavelo.
SÍNTESE DA CARACTERÍSTICAS:
• Antropocentrismo fronte a teocentrismo.
• Rexeitamento do recuso á autoridade(filosófica, relixiosa ou de tradición)
• Valoración do home e da súa dignidade(liberdade, independencia).
• Autonomía DA RAZÓN FRONTE Á FE.
• Valoración positiva da natureza e de todo o material.
• Volta aos valores clásicos.
• Rexurdir das correntes filosóficas clásicas.
• Destacan pensadores como Nicolás de Cusa(1401−64),Giordano Bruno(1548−1600), Francis
Bacon(1561−1626)...
b.A REFORMA PROTESTANTE.
Coa reforma protestante ráchase coa unidade da verdade cristiana o que terá importantes repercusións
políticas e culturais.
c.A NOVA CIENCIA
(máis importante para Descartes−Historia da filosofía− que para Maquiavelo−FilosofíaII−)
De todos os aspectos do renacemento a Nova Ciencia é o factor que máis influirá na formación da Filosofía
Moderna. A nova ciencia trae consigo unha nova imaxe do universo(heliocentrismo fronte a
xeocentrismo−Copérnico e Galileo−) que adopta o mecanicismo como novo modelo de explicación do
universo fronte ao modelo teleolóxico da anterior imaxe grega. Este modelo mecanicista será aplicado por
Descartes na súa explicación do mundo e na antropoloxía para explicar o funcionamento do corpo humano.
A filosofía tamén asumirá da nova ciencia a importancia da elaboración dun método previo a calquera
investigación. A ciencia avanzou gracias ao uso dun método Hipotéticvo−Deductivo(Galileo) onde o
fundamental eran a construcción das hipóteses feitas pola razón do suxeito, a deducción que é un método
racional e as matemáticas que son un saber racional; Descartes buscará para a filosofía un método que permita
o avance desta disciplina tal e como aconteceu na ciencia. E, por outrta banda, afirmará que a fonte
fundamental do coñecemento é a razón(creando a corrente Racionalista) ao observar as características(todas
relacionadas coa razón) do método que fixo avanzar as ciencias.
Ademáis este método terá un carácter matemático ao observar Descartes que é o saber máis exacto e fiable e
aspecto que fixo avanzar as ciencias empíricas. Entón o filósofo francés preguntarase que se a ciencia avanzou
gracias ao emprego das matemáticas ¿non pderáfacerse o mesmo na filosofía? Este será o obxectivo da súa
filosofía.
2
O que levamos visto pódenos facer comprender o cambio na concepción da ciencia: agora a ciencia non se
pregunta polo por qué dos fenómenos, polas causas últimas e ocultas senón por desccribir as proporcións
cuantitativas(matematizables) dos fenómenos, é dicir, polo cómo funcionan os fenómenos.
NOVO CONTEXTO CULTURAL:HUMANISMO E RENACEMENTO
3
Descargar

Humanismo y Renacimiento

MaquiaveloHistoriaFilosofíaReforma protestanteGalileoRenacementoNova cienciaMovementos culturaisCorrentes clásicasRazón fronte a féAntropocentrismoModelo teleolóxico
Dos arquivos do Trasno; Rafael Dieste

Dos arquivos do Trasno; Rafael Dieste

Narrativa gallega # Novela galegaLimiarContos galegosLiteratura española contemporánea del siglo XX

CLASES DE EMPRESAS Según las responsabilidades Según la forma jurídica Según el tamaño:

CLASES DE EMPRESAS Según las responsabilidades Según la forma jurídica Según el tamaño:

ClasificaciónEmpresario individualSociedades mercantiles y cooperativasFormas jurídicasFranquiciasPYMES (Pequeñas Y Medianas Empresas)EmpresaComunidad de bienesEconomía

Apocalípticos e integrados; Umberto Eco

Apocalípticos e integrados; Umberto Eco

Medios de comunicaciónLiteratura contemporánea siglo XXAudiovisualesPostura apocalíptica e integradaDesarrollo de la tecnologíaCultura de masas

Ciencia Moderna e Filosofía

Ciencia Moderna e Filosofía

LockeDescartesFilosofía moderna # RacionalismoIdealismo epistemolóxicoHumeRelación mente e corpoEspinosaEmpirismoLeibnizSustancias

Descartes contexto filosófico y científico filosofía XVII continuación de corrientes renacentistas.

Descartes contexto filosófico y científico filosofía XVII continuación de corrientes renacentistas.

Escepticismo renacentistaAstronomía renacentistaMecánica galileaHistoria de la FilosofíaExistencia de DiosFilosofía cartesianaRevolución científicaDuda metódicaErasmo de RotterdamTeoría de las ideasRenacimientoFilósofos antiguos

De catro a catro: Follas d'un diario d'abordo; Manuel Antonio Pérez Sánchez

De catro a catro: Follas d'un diario d'abordo; Manuel Antonio Pérez Sánchez

LenguajeVida y obraArgumentoContexto literarioTemasSiglo XXEstructuraLiteratura gallega contemporáneaPoesía vanguardistaAutobiografíaFormas

novas técnicas en topografía: gps INTRODUCCIÓN. GPS

novas técnicas en topografía: gps INTRODUCCIÓN. GPS

ReceptoresTopografíaSatélitesMensaxe de navegaciónPortadoras

As misións pedagóxicas

As misións pedagóxicas

HistoriaCreaciónPedagogíaDefinición

Descartes. Kant

Descartes. Kant

Preguntas Selectividad

Filosofía TEMA 1 − ESPECIFICIDADE DO SABER FILOSÓFICO

Filosofía TEMA 1 − ESPECIFICIDADE DO SABER FILOSÓFICO

Métodos científicosMétodo empirista, racionalista, transcedentalNeopositivismoFilosofía clásica, medieval, contemporáneaCoñecemento científicoHistoria# Funcións principiasEtapasCaracterísticas