texto_definitivo_cst_orienta(2).pdf

Anuncio
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
HOJAS PARA EL DIARIO OFICIAL - PÁG - 1 -
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Organismo: SECRETARIO XERAL
SUMARIO:
Resolución do 17 de abril de 2009, da Secretaría Xeral, pola que se fai pública a
adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de
xefatura do departamento de orientación, convocado pola Orde do 17 de decembro de 2008
(DOG do 8 de xaneiro de 2009)
TEXTO:
En aplicación do disposto na base décimo quinta da orde do 17 de decembro de 2008 (DOG do 8 de
xaneiro de 2009), pola que se convoca concurso de traslados específico entre funcionarios de carreira do
corpo de mestres para cubriren prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de
educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, esta Secretaría Xeral,
RESOLVE:
Primeiro.- Facer pública, no anexo a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos
no concurso de traslados específico, convocado pola citada orde.
Segundo.- A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 1 de setembro
de 2009, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.
Terceiro.- Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a
Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte
ao da publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da
Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2009
Secretario Xeral
Benito Fernández Rodríguez
(NO ESCRIBIR EN EL DORSO)
A4 (210x297) UNE
Descargar