4. AS DOAZÓNS E OS TRANSPLANTES
As doazóns de órganos, células e tecidos, xa sexa en vida ou despois da morte, son
esenciais para posibilitar os transplantes.
Un transplante é un procedemento cirúrxico en que un órgano ou tecido enfermo, ou
parte del, se subs túe por outro san.
Doante é a persoa que achega o órgano san, mentres que o enfermo que o recibe se
chama receptor.
O doante cede de forma gratuíta e voluntaria os seus órganos, tecidos ou células para o
seu uso con fins terapéu cos noutras persoas.
Os transplantes non só permiten evitar falecementos, senón que tamén melloran
a calidade de vida dos enfermos.
4.1 OS TIPOS DE DOAZÓNS
Desde o punto de vista clínico, as doazóns agrúpanse en tres categorías:
Doazón de órganos. Os órganos que máis se transplantan son o ril, o gado, o corazón,
o páncreas e o intes no. Cortar vasos sanguíneos principais que, deberán conectarse
no momento do transplante. Isto débese a que o órgano necesita unha achega de
sangue con nua para manterse con vida.
Doazón de tecidos. Cordón umbilical, a medula ósea, a membrana amnió ca, a córnea
e a pel. Este proceso cirúrxico non require o corte de vasos sanguíneos vitais, polo
que non se necesita conectar vasos no momento do transplante. A razón é que os
tecidos reciben o sangue a través de finísimos capilares que se desenvolven
progresivamente tras o transplante.
Outras doazóns. Ademais de órganos e tecidos, tamén se pode doar o sangue, o leite
materno, os óvulos, o esperma e o propio corpo para o estudo cien fico.
As doazóns de sangue
As transfusións de sangue son parte do tratamento de numerosas enfermidades;
ademais, son un salvavidas ante situacións médicas de gravidade.
4.2 OS TIPOS DE TRANSPLANTES
Autotransplante
O doante e o receptor son o mesmo individuo.
Os autotransplantes máis comúns son os de pel.
Isotransplante
O doante e o receptor son individuos dis ntos; con todo, xene camente son
idén cos.
É o caso dos xemelgos univitelinos.
Alotransplante
O doante e o receptor son individuos dis ntos, ademais de xene camente
diferentes.
É o po de transplante máis común.
Xenotransplante
O órgano procede dun individuo que pertence a unha especie dis nta á do receptor.
Este po de transplante atópase en fase de experimentación e ten notables
implicacións é cas.
4.3 O REXEITAMENTO DOS TRANSPLANTES
Non xeran rexeitamento no receptor; o problema é o rexeitamento inmunitario.
Respota inmunitaria específica do receptor contra os an xenos do órgano estraño que
se introduciu no seu corpo.
Para reducir o risco de rexeitamento, débense ter en conta estes dous aspectos:
É preciso garan r a máxima compa bilidade an xénica entre a persoa receptora e o
doante co fin de minimizar o rexeitamento.
Despois do transplante, hai que tratar o receptor con fármacos inmunosupresores, que
diminúen a resposta inmunitaria.
A lei de transplantes en España réxese por catro puntos básicos:
1 Principio de non maleficencia. A cer ficación de morte encefálica do doante debe
ser realizada por un equipo de médicos independente do equipo de transplantes.
2 Principio de autonomía. Establece o respecto á vontade do falecido en canto a doar
ou non os seus órganos.
3 Principio de beneficencia. A doazón é un acto de carácter altruísta e baixo ningún
concepto se admite a comercialización dos órganos.
4 Principio de distribución equita va. A adxudicación de órganos faise por criterios
estritamente médicos, sen que inflúa a condición socioeconómica do receptor.