24 OS ALONSO, ARTISTAS EN FERROL E BUENOS AIRES A Pedro Puerto, ousado descubridor de Internet, que arrequece os meus arquivos con preciosas imaxes. Siro arte e arquitectura INTRODUCIÓN Tres son os membros da familia Alonso que, con distinta fortuna pero con igual paixón, adicaron a súa vida ás belas artes: Gerardo Alonso, que viviu sempre en Ferrol; o seu curmán Juan Carlos Alonso, ferrolán tamén, pero que viviu desde rapaz na Arxentina; e Raúl, fillo deste último, que naceu e viviu en Buenos Aires. No número 6 de Ferrol Análisis tratei da vida bohemia que Juan Carlos Alonso e Federico Ribas compartiron en plena mocidade, cando ambos formaban parte da redacción da prestixiosa revista bonaerense Caras y Caretas; hoxe quero tratar da importancia do seu labor como humorista gráfico, caricaturista e pintor, e do recoñecemento internacional que como pintor e debuxante acadou o seu fillo. Tenciono, ademais, recordar a figura de Ge- rardo Alonso, artista sen a menor dúbida, e artista único na disciplina que practicou; e espero acertar na interpretación da súa obra e da súa peripecia persoal. GERARDO ALONSO, ESCULTOR EN COBRE Coñecín a Gerardo Alonso desde sempre porque vivía coa muller e cos fillos en Esteiro, na rúa Fernando VI, a cen metros da nosa casa. Recórdoos moi ben a todos, bos veciños, boa xente. A Gerardo Alonso estouno vendo: de estatura media tirando a baixo, miúdo e moi mirado da súa presenza, vestía traxe escuro e ía perfectamente peiteado con raia a un lado e unha ondiña pequena. Camiñaba amodo, sen presa; dando «caladas» longas ao cigarro que nunca lle faltaba na man. Na cara destacaban os ollos guiñados, como se lle molestase a luz, e a boca crispada. Nunca o vin rir. A verdade é que Alonso —como era coñecido no barrio e en todo Ferrol— tiña sona de «raro», de home áspero; dicíase que estaba resentido contra a cidade que non lle recoñecía o mérito artístico que lle cumpría polo seu traballo de escultor e creador dunha obra orixinal, realizada en chapa de cobre. Cando moitos anos despois o tratei, puiden comprobar que aquela imaxe era atinada: Alonso era home de trato difícil, pero coido que non erro se digo que a causa do seu carácter acedo non estaba na vaidade ferida, senón na impotencia por sentirse creador dunha obra artística que merecía ser recoñecida e valorada internacionalmente e que a penas tivo proxección fóra de Ferrol. El queixábase da cidade, de que ninguén é profeta na súa terra, pero Siro López penso que non foi así; paréceme que Ferrol valorou a Gerardo Alonso porque para calquera resultaba evidente que, como técnico no tratamento da chapa de cobre, era un prodixio irrepetible e, ademais, autor dunha obra artística de mérito. O problema —tal como eu o vexo— estaba en que Alonso, home de de escasa instrucción e necesitado de axuda, tivo a desgraza de vivir nunha cidade que non podía darlle máis do que lle deu. Artesanía e arte Gerardo Alonso La única arte e arquitectura Naceu en Ferrol, no barrio de Esteiro, no ano 1907 e ingresou como aprendiz en Calderería de cobre na Sociedad Española de Construcción Naval —a Constructora, na fala coloquial—, que logo sería Empresa Nacional Bazán. Mentres aprendía o oficio descubriu unha forte vocación artística que o levou a modelar o barro e o yeso, e a tallar a madeira. Foi entón cando pensou na posibilidade de facer aquelo mesmo en chapa de cobre, aplicando a técnica aprendida no taller. E fíxoo: cunha lámina de cobre dun milímetro de espesor, á que daba calor e golpeaba con martelos e mazos de formas diversas, que el mesmo deseñara e construíra, empezou realizando cubos e outras figuras poliédricas, de dez a quince centímetros de arista, perfectamente pechadas e de acabado primoroso, sen cortes nin soldaduras. Só nunha das caras da figura —a que servía de base— podíase ver un buraquiño case imperceptible, un círculo diminuto dun milímetro de diámentro, que non era posible cerrar e ademais demostraba a autenticidade do traballo. Aquelo non o fixera ninguén, nin había quen ousase repetilo, polo que o mozo Gerardo Alonso, con vinte anos de idade, gañou o respecto e a admiración dos compañeiros de Calderería e de todos os traballadores e mandos da Constructora. 26 arte de avangarda, moito antes, con aqueles tubos revirados, no caso de darlle continuidade á obra e sometela á investigación rigorosa. Como non deixo de pensar nos poliedros de Alonso, ante os cubos debuxados por Petr Miturich; nin nas posibilidades do ferrolán, cunha arte baseada na técnica, como a súa, cando vexo as construccións de escultores como Richard Deacon, Vladimir Tatlin ou Katarzyna Kobro. ¿Tería Gerardo Alonso talento abondo para transformar en arte o que para el era simple divertimento? Non o sei, pero coido que o seu camiño estaba na avangarda. Tubos elaborados por Gerardo Alonso en Bazán. Archivo Navantia Era o ano 1927. Alonso non coñecía aos irmáns Pevsler, nin a Malevich, nin oíra falar do Constructivismo, nin do Suprematismo, polo que xamais pensou que aqueles poliedros que facía como exercicios para acadar o dominio do cobre, poidesen ter valor artístico. Para el eran simples alardes técnicos, artesanía do cobre. Nun dos premios que obtivo nos Certames de Artesanía de Galicia, demorouse a entrega varios minutos porque o presidente do trinbunal non cría que aqueles poliedros poidesen estar rematados sen cortes, nin soldaduras. Cando no 1971 lle comentei que non me estrañaba a desconfianza do xurado porque costaba crer que fose posible facelos, respondeume: Sen embargo eses poliedros son traballos de artesanía, que carecen de importanza en comparación cunha orella dun busto calquera, Despois, tamén como demostración de habilidade, empezou a retorcer tubos de cobre de dous ou tres metros de lonxitude e cinco ou seis centímetros de diámetro, conseguindo nós inverosímiles. Cando remataba a obra, pulíaa e tratábaa para que mantivesen indefinidamente o brillo. O resultado era dunha grande beleza plástica, como sabemos cantos entramos algunha vez no edificio da Escola de Aprendices de Bazán, no estaleiro, na que se exhibían sobre peanas varios destes nós. A esta obra deulle Gerardo Alonso menos importancia aínda que á dos poliedros. Nunca a levou a ningunha exposición, nin falou dela. Era a que menos valoraba, quizais porque neste xénero si tivo quen o imitase e seguise. E, sen embargo, cando hoxe vexo a obra pública do excelente escultor Pepe Noja, imaxino a aportación que Alonso podería ter feito á O que pasa é que o da avangarda era un camiño imposible para o Gerardo Alonso veciño de Ferrol, que estivo sempre polo clasicismo, e, aínda que tentaba ser respectuoso con todas as manifestacións artísticas, certas modernidades non lle parecían serias. Nunha conversa con Carlos Barcón dicía: Lo que se desploma en el arte moderno es querer acortar los caminos y buscar el atajo, porque el arte, como se ha dicho y repetido, es un lento aprendizaje. Lo esencial que hay que poner en una obra de arte es honradez. Non lle faltaba razón nesa reflexión, pero na arte moderna tamén hai honradez, e o que semella un atallo pode ser o resultado de moito ir e vir por distintos camiños. Pero Alonso, en Ferrol, no seu taller, na súa casa, nun soliloquio permanente, non podía velo, e el foi quen disterou na súa obra a parte artesanal —poliedros, ánforas, plafóns, etc— da artística, que limitou aos retratos, imaxes relixiosas e outras creacións figurativas. Exposicións e crítica A primeira vez que Gerardo Alonso mostrou a súa obra, a prensa local visita que Wenceslao Fernández Flórez fixo á cidade no ano 1941, as forzas vivas levárono á casa do escultor para que coñecese o seu traballo. Meses depois, cando foi invitado a participar no Primer Mercado Nacional de Artesanía, celebrado en Madrid, estivo acompañado polo escritor, polo pintor Lloréns —que non deixaba de repetir que aqueles traballos eran incribeis—, os xenerais Pedrosa e Lobo Montero, e outros galegos relevantes na capital. A crítica non escatimou eloxios ao recoñecer a orixinalidade e a calidade da obra, e M. Barbeito Herrera contouno nunha crónica apaixonada, que remataba dicindo: Quienes conocíamos al artista esperábamos esto. Estábamos seguros de que su aparición en Madrid provocaría el asombro tanto como el elogio. Y él, que vive las horas febriles del que por primera vez se somete al juicio público y vence en la prueba, no se deja deslumbrar, niega su mérito y lleva siempre a flor de labio el fervorín de los agradecidos. Jesús Millarengo eloxiouno e pediu que as institucións o apoiasen, e esa petición repetiuse en distintos medios de comunicación durante anos. Nunca obtivo unha beca, pero a dirección da Constructora deulle permiso remunerado para que poidese adicar toda a xornada laboral á creación. Nesa etapa realizou as obras máis coñecidas: «La única», retrato da nai, que está no Pazo Municipal; «El paria», retrato do coñecidísimo Topacho, adquirido polo industrial Emilio Castro; «El Redentor», «El epiléptico»… Tamén fixo os retratos de ferroláns tan coñecidos como o axente comercial Jesús Millarengo, o industrial Manuel Beceiro, e o futbolista Manolo Rivera, verdadeiramente espléndido, que —non sei a razón— quedou na súa propiedade. O método de traballo de Alonso resultaba incomprensible para calquera con experiencia nas artes plásticas. O máis sorprendente era que non facía bocetos do modelo e que ía sacando os volumes da chapa de cobre seguindo o dictado da súa intuición. Bello Piñeiro, que o viu traballar moitas veces, non podía entendelo. O acabado das obras podía dar a apariencia do bronce fundido ou do cobre sen pulir, tonalidades que Alonso obtiña con procedementos químicos da súa invención. Todo en Gerardo Alonso era orixinal e propio. El foi o verdadeiro autodidacta. Que Ferrol valorouno a el e á súa obra demóstrao o feito de que na O recluta 27 O S A L O N S O , A R T I S TA S E N F E R R O L E B U E N O S A I R E S 28 fixo incontabeis potes, porróns, quinqués e outras pequenas figuras que podía vender por poucos cartos. Pero sobrepúxose e volveu á obra artística, que mostrou en novas exposicións, con críticas eloxiosas, como a que Xosé Leyra Domínguez publicou sobre a exposición en Compostela, na que comenta dúas obras tan distintas como «El paria» e «El Redentor», da que ofrezo algúns parágrafos: El original Alonso, que sabe lo que es una vida dura y trabajosa, que no conoce el deleite de enseñanzas, ni anticipos de cultura, acuciado y expoleado por la necesidad muchas veces, no podía menos que tener un acierto con su Paria. El paria arte e arquitectura Non hai esaxeración no comentario. Ademais dos numerosos comentarios en prensa, a exposición de Alonso mereceu reportaxes cinematográficas de NO-DO e da VFA alemana. Pode que aquela mostra fose a oportunidade de Alonso para entrar no entrambilicado mundo da arte, pero atopouse cun problema co que non contaba e que non soubo resolver: por distintas canles recibiu a suxerencia de facer un busto do Caudillo, como lle pasaría, anos despois, ao pintor Isaac Díaz Pardo. Alonso fora militante anarquista, seguía a ser un demócrata e un home de esquerdas, aínda que tiña relación cordial con persoas de ideoloxía moi distinta á súa, e aturaba con resignación comentarios de arte nos que se eloxiaba á Delegación de Sindicatos, organizadora da mostra, tanto coma aos participantes; e outras escritas para agradar ás personalidades do Réxime: Mercado Nacional de Artesanía. Exposición Gerardo Alonso López. Asistieron al acto el presidente de la Diputa- ción, señor Nieto Antúnez; el alcalde del Ferrol del Caudillo, don Eduardo Ballester; el jefe nacional de la Obra Sindical de Artesanía, camarada Caruncho; el jefe de la Obra, camarada Feduchi; otras jerarquías y muchas personalidades de la colonia ferrolana El Redentor es algo magnífico; parece imposible que con una plancha de cobre, calentándola a ratos y dándole hábiles golpes con distintos martillos, lograra hermanar en ecuación perfecta el doble efecto de dolor y mansedumbre. Tivo outra oportunidade, tamén inaceptable: a invitación do Goberno alemán para ensinar a traballar o cobre naquel país. A boa sería a que recibiu dos parentes en Buenos Aires, onde o curmán Juan Carlos Alonso era artista consagrado, e Raúl, fillo do anterior, empezaba unha carreira que o convertiría nun dos grandes na plástica arxentina; pero, por algunha razón que ignoro, quedou en nada. Yo veo en esta originalísima obra dos momentos que no acierto a discernir y que describe, insuperablemente, Giovanni Papini en su Historia De Cristo. Es el uno cuando Jesús, atado entre los guardias, atravesaba el patio, después del coloquio con Anás para ir donde Caifás estaba. En aquel momento el apóstol Pedro, enredándose más y más, protestaba de que no era amigo de aquel Hombre. Al pasar, oyó Jesús las palabras de Simón, le miró con aquellos ojos, más irresistibles en la dulzura que en el enojo; aquella mirada —dice Papini— posada sobre el pescador, con aquellas pupilas suaves y dolorosas, en aquella noche de sobresalto, dijeron más cosas, más conmovedoras, que las que pudieran decir mil palabras. Chegaron tempos dificis: cando quixo volver a Bazán non foi readmitido e, grazas a José María González Llanos, entrou en Astano. Había que soster a economía do fogar, polo que durante dezaseis anos Es el otro la primera plegaria: —¡Padre, perdónalos porque no saben lo que hacen! Dice Papini refiriéndose a ella: —Ninguna plegaria más divina que ésta se elevó a los cielos desde que hay hombres y oran. Alonso non fixo o busto e volveu a Ferrol. O peor foi que se lle concedera unha beca e nunca a recibiu. Siro López Yo creo que las fuentes de estas dos obras de Alonso hay que buscarlas en la escasez y el dolor. El hombre superior cuando la vida le transcurre triste se eleva al mundo sobrenatural y entonces el genio, como diría Mella, levanta una espléndida catedral de granito o una ermita formada con barro y paja en la grieta de una peña, como el nido de una golondrina, para decir a las almas transfiguradas: ¡Excelsior! Fe na súa arte Gerardo Alonso cría na súa obra. Na reaparición que supuxo a exposición do ano 1969, no Pazo Municipal —unha iniciativa e unha homenaxe da Sociedad Artística Ferrolana—, declarou a Carlos Barcón: Creo que mis obras tendrán algún día el valor que merezcan, pues no hay que olvidar que nadie en su tierra es profeta. El tiempo lo dirá, aunque pasarán muchos años y ni usted ni yo lo veremos; pero tampoco lo vieron otros a los que les llegó el triunfo, y eso es lo que cuenta. Facía ben en crelo así. Cando morreu, no 1982, aos 75 anos, deixaba unha obra que superaba por moito o milleiro de unidades; nalgunhas, coma os bustos, traballara entre cento cincoenta e duascentas horas de traballo; na do Cristo máis de mil. Toda unha vida adicada á creación artística, na casa, sen medios axeitados, cunha economía feble, esixía esa fe en si mesmo. Recordo unha conversa na que, ao saber que traballaba sen bocetos previos, comenteille: -Daquela, o debuxo non é importante para vostede. Respondeume: -Importante só é a alma. JUAN CARLOS ALONSO, GRAFISTA DE GRAN TALENTO De Ferrol á Arxentina Juan Carlos Alonso Pita naceu en Ferrol o 6 de xullo de 1886, e aquí viviu ata a morte do pai, contramestre da Armada, cando decidiu emigrar á Arxentina para traballar na tenda dun parente, na cidade de Tandil. Non é doado fixar a data da marcha porque non existe unha biografía exhaustiva de Juan Carlos Alonso e os distintos estudiosos da súa obra dan anos diferentes, desde quen, como Ignacio Gutiérrez Zaldívar, din que emigrou con once anos, aos que, como José Francés, afirman que o fixo aos dezasete; pero os máis coinciden en que tiña trece. Polos datos biográficos que coñecemos eu deduzo que debeu de marchar con quince, porque o parente que o acolleu e empregou no propio comercio, canso de velo garabateando nos papeis, na vez de atender os clientes, chimpouno, e non parece lóxico que tardase máis dun ano en tomar tan drástica decisión; e o que sabemos con certeza é que no 1902 Juan Carlos Alonso estaba en Buenos Aires traballando de recadeiro na prestixiosa revista Caras y Caretas, onde comeza a súa vida artística. O propio Alonso comenta o seu breve paso polo comercio familiar, pero sen dar datas: En cuanto llegué a Buenos Aires, fui a Tandil, donde vivía un pariente rico. Me dio empleo en su negocio, encargándome de atender la caja. Mi vocación sufrió las acechanzas mercantiles; pero ella fue más fuerte, y se adiestraba inspirándome caricaturas que yo dibujé en documentos respetables: facturas, tarjetas de aviso, etc. Mi tío comprendió que su sobrino no había nacido para comerciante1. Debía de ser un rapaz atolado e inocentón porque o seu amigo Juan José de Urquiza recordaba, xocosamente, nun artigo publicado en La Nación, en 1982, a chegada de Alonso a Caras y Caretas: Allí, un grupo de hombres de ingenio que mucho hizo por la literatura y el arte argentinos, Fray Mocho, José María Cao, Manuel Mayol, Luis García, Julio Castellanos, Eustaquio Pellicer, recibieron entre risas al galleguito, a quien solo se le ocurrió pedir… un vaso de leche. Le dieron leche y una bandeja para que sirviera café. Así lo hizo… O fillo Raúl, que chegou a ser un dos artistas plásticos máis respectados e queridos na Arxentina, descríbeo físicamente: El Redentor 29 30 pregunté sorprendido. —Ya lo ve usted, dibujando. —¿Dibujando? Pero... ¿a usted le gusta el dibujo? —Mucho; como que prefiero dibujar a dormir. Me acerqué entonces y puedo asegurar a ustedes que en aquel dibujo no había posibilidad de descubrir a un artista. —Y esto qué es? —Cabezas de mosqueteros. —Pues tiene usted suerte de que ya no los haya —le dije— porque sino pierde usted la suya. Pase, pase ahí dentro que estará más abrigado, y dibuje todos los tercios de Flandes si quiere. Transcurrió algún tiempo y quise probar los progresos del futuro artista. Le encargué un dibujo para ‘Caras y Caretas’ y le dije: ¿Se anima usted? —Probaré; si lo que haga le gusta lo utiliza, y si no lo rompe... y nada se ha perdido. De maneira que Alonsito pasou en poucos meses de non saber debuxar a facer espléndidas viñetas nunha revista con vinte mil exemplares de tirada, a carón dalgúns dos máis prestixiosos debuxantes naquel país, no que había moitos. arte e arquitectura Juan Carlos Alonso Pequeño y robusto, amplio pecho, anchos hombros, ojos que solían estremecerse hasta hacerse una línea de luz con esa costumbre de los pintores que todo lo quieren comprimir en un cuadro, tenía algo de refinado gitano claro, cabellos castaños, lacios. La boca delicada, pero con el labio inferior muy saliente y un profundo hoyuelo en el mentón, hablaba y reía con profundos acentos sonoros, inconfundibles, cultos, españoles. A explicación máis coñecida di que Manuel Mayol, veterano debuxante da publicación, viu unha viñeta deseñada por Alonso e quedou tan abraiado pola calidade, que falou con José María Cao, o director, para que o contratase como debuxante. Non foi así como o contou Mayol na homenaxe que o Círculo de la Prensa lle fixo a Juan Carlos Alonso no ano 1917: Con menos palabras, a partir das fotos, eu diría que Juan Carlos Alonso era moi guapo e moi baixiño; tan pequeno que sempre lle chamaron Alonsito. En realidade, Alonso era «moi» en case todo, de aí que aos dezaoito anos estivese casado e que cando enviuvou, aos vinteún, xa tivese tres fillos. Pero igual precocidade e precipitación manifestou como debuxante, porque nun ano pasou de recadeiro a ilustrador de Caras y Caretas. Serían las tres de una madrugada crudísima del invierno de 1902. Trabajábamos por aquel entonces Cao, el inolvidable Jiménez y yo, en una habitación bien defendida de los rigores de la temperatura. Un ligero ruido que creí sentir fuera me hizo salir al patio, y en él, solo, debajo de una bombilla de luz escasa, recogido de frío, hecho un ovillo materialmente, estaba Alonsito, con un tablero entre las piernas, y en la mano un lápiz y un cefumino del tamaño de su zepelín. —¿Qué hace usted ahí?— le Creador da Lei de Murphy No 1903, con dezasete anos, Alonso publica caricaturas — ás veces na portada interior da revista— e tiras cómicas a toda páxina. Fai un debuxo personal, con personaxes cómicos de pés enormes, e mostra tanta seguridade no risco que ninguén diría que son dun principiante. Síntese feliz e aspira a facer rir aos lectores coa gracia dos debuxos e dos textos; por eso argalla situacións imposibeis na sociedade ou reflicte situacións paradóxicas que todos vivimos algunha vez. E así un día do 1904, con dezaoito anos, enuncia «a lei de Murphy», que tanto nos divirte hoxe e que, por certo, Murphy nunca enunciou. Por incrible que resulte, ninguén se decatou desta curiosa circunstancia, pero 45 anos antes de que Murphy expresase que «o que ten que saír mal, sairá Siro López 31 mal», Alonsito, enchía unha páxina de Caras y Caretas, que titulou «Fatalismo», con nove viñetas e textos en verso, nas que nin sequera falta a torrada que cai sempre do lado que ten a manteiga: En poucos anos Alonso experimenta unha importante evolución no deseño e no humor. Non tenta facer rir con personaxes grotescos, nin con situacións absurdas; desbota as deformacións innecesarias, experimenta o impresionismo da liña e convértese nun gran debuxante humorista, caricaturista, ilustrador e cartelista. Quen había ser outro dos grandes da caricatura arxentina, Ramón Columba, di no libro ¿Qué es la caricatura?, editado no 1959: La salida de Cao de Caras y Caretas — lo hizo seguido de varios dibujantes, en 1912— obligó a esta revista a abrir sus puertas al elemento joven como una siembra para el porvenir. Dos grandes Caras y Caretas, 1918 dibujantes ya estaban llenando sus páginas: Juan Carlos Alonso, oriundo de El Ferrol, La Coruña, España, y Julio Málaga Grenet, peruano. E máis adiante: Juan Carlos Alonso (1886-1945), colorista extraordinario y dibujante creador de un estilo propio, pintor más tarde de luminosas telas. O primeiro é Juan Carlos Alonso. No 1916 o cubano Bernardo García Barros cita no libro La caricatura contemporánea a Alonso, Málaga Grenet, Zavattaro e Columba, como os herdeiros de Cao e Mayol. No 1914 a revista Crítica decide reproducir algúns dos mellores debuxos do ano e enumera os debuxantes que merecen adxectivos especiais. Como todo na súa vida, tamén o éxito lle chegou a Alonso moi axiña. No 1906 era o primeiro debuxante de PBT, outra gran revista arxentina; Prestixio internacional arte e arquitectura Cuando alumbrarte procuras porque es muy chica la llama, le das al revés ¡y a oscuras! Si se cae una tostada la manteca da en el suelo y al pan no le ocurre nada. Siempre es de lo más ingrato que caiga un lápiz: se queda infaliblemente ñato. Si buscas algún papel, ten calma, que en el montón el último saldrá él. Y si tienes una herida recibes todos los golpes en la parte dolorida ¿Un fósforo nada más, Y lo precisas? … Pues ése Se te apaga, lo verás. Si se te cae un botón rodará para esconderse al más oscuro2 rincón. Tomas con prisa el tranvía, y los carros y los coches llenarán toda la vía. Esto sí que desconsuela: que llueve precisamente el día que no hay escuela. O S A L O N S O , A R T I S TA S E N F E R R O L E B U E N O S A I R E S 32 as máis das publicacións queren contar coa súa colaboración, e atopámolo en Pulgarcito, Tinta y vida, Vida moderna… Tamén acada os premios en todos os certames que participa, como o de carteis para a casa Gath y Chaves, do 1909, que contou con 250 participantes. Alonso presentou un traballo ao pastel que titulou Dernier Cri, que marcaría o comezo do gran labor que realizaría con esta técnica. No 1915 gañou o Caras y Caretas, 1904 concurso de caricaturas de Pastora Imperio, que o crítico José Francés comentou en El Año Artístico. 1917: premio —aumentado a petición del Jurado en 200 francos más—fué otorgado a Málaga Grenet y el tercero a Columba. A fines de 1915 se celebró en Buenos Aires un concurso de caricaturas personales de una bailarina española. El primer premio era de 1.000 francos, el segundo de 300 y el tercero de 100. No sorprendió a nadie el triunfo de Alonso. En Caras y Caretas y Plus Ultra se asoma hebdomadariamente su arte inimitable—y, sin embargo, imitado—desde hace cuatro o cinco años, en caricaturas y notas de color, ilustraciones y dibujos reveladores de un gran temperamento de artista y de un sutil observador humorístico. Era doblemente halagador aquel triunfo, como esta preponderancia de sus obras en Caras y Caretas, cuanto que los caricaturistas y dibujantes de Buenos Aires son verdaderos maestros en los respectivos géneros que cultivan. El Jurado otorgó por unanimidad el primer premio a Juan Alonso El segundo Puede decirse que es el creador en Buenos Aires de la caricatura política y teatral cotidianas en los periódicos diarios bonaerenses que inició en La Ultima Hora, arte e arquitectura En ocho concursos de carteles o de caricaturas que se presentó, obtuvo siempre el primer premio. Y, por último, el que hace escasamente cinco o seis años era un humilde empleado en la redacción de Caras y Caretas, es hoy uno de los elementos artísticos más positivamente valiosos de la gran revista argentina. As colaboracións en publicacións como Crítica, El Diario, Ultima Hora, e La Razón; a responsabilidade da dirección das revistas Caras y Caretas, que asumiría no 1919, e Plus Ultra,da que foi fundador, fan de Juan Carlos Alonso o debuxante máis valorado e prestixioso en Sudamérica; de aí que a crítica repita os eloxios, como os de José Francés na mesma reseña: Los dibujos, los carteles, las caricaturas de Juan Alonso, dan idea de una concepción fácil y de una ejecución rápida. Su factura es sobria, firme, sin tanteos ni rectificaciones. Ve el color en cromatismos y armonías de gran Siro López riqueza decorativa, e incluso en aquellas charges personales más exageradas, más deformativas de los rasgos fisonómicos para obtener regocijante y grotesco parecido, conservan el dibujo su máxima corrección y las líneas su perfecto equilibrio. Pocos caricaturistas pueden desafiar —y vencer— como Alonso el dibujo serio, las composiciones sentimentales o trágicas, reveladoras de exquisita sensibilidad. El secreto de ello está en cómo el gran dibujante que no ha aprendido dibujo reconstruye el natural. Sabe por temperamento —hablar de experiencia en cinco anos de trabajo sería aventurado— que el natural es la única fuente del arte perdurable, cuando los que a ella acuden poseen una imaginación rica y pródiga. Por eso todas las ebras de Juan Alonso causan la impresión de algo animado de vitalidad, palpitante y movible. Sus escenas porteñas, sus episodios de la guerra europea, inquietan por el vigoroso realismo que poseen. Incluso, aun siendo incógnitos los modelos de sus caricaturas personales, sugieren éstas en nosotros la impresión de seres conocidos nuestros por cómo el artista supo apoderarse de su psicología con sólo desentrañar la expresión exacta del rostro. Alonso prefíere a los demás procedimientos pictóricos el pastel. Casi todas sus cabezas de personalidades argentinas o de personajes ilustres que por Buenos Aires han pasado están hechas al pastel. Y este procedimiento, tan desprovisto de cualidades positivas, tan poco propicio a lo que no sean afeminados, acromaditos y eduladorcítos retratos de mujer, adquiere en las manos del ilustre caricaturista español vigorosidad, energía y luminosidad sorprendentes e inéditas. As caricaturas e viñetas dos anos vinte son dun debuxante en plenitude creativa, coñecedor do que no eido do grafismo se está a facer Caricatura de Pastora Imperio, 1916 en Europa, e que se mostra ecléctico, asumindo o que mellor lle parece de cada escola. Por eso pode facer caricaturas persoais con liña e deformacións mínimas, e outras máis clásicas, con volume e fortes deformacións faciais. No debuxo de humor segue, ocasionalmente, as simplificacións dos debuxantes da revista alemana Simplicissimus, pero as máis das veces non renuncia totalmente á escola francesa, e fai personaxes menos sintéticos. E cando o caso o require, non ten problema en tracexar un deseño absolutamente cómico, máis propio de publicacións infantís que de adultos. Na ilustración e no cartel, interésalle a muller, e pasa a ser recoñecido como «el maestro evocador de la gracia femenina moderna» na Arxentina. Primeiro publicou unha serie titulada Las Mujeres, e despois, no ano 1921 faría máis
0
Puede agregar este documento a su colección de estudio (s)
Iniciar sesión Disponible sólo para usuarios autorizadosPuede agregar este documento a su lista guardada
Iniciar sesión Disponible sólo para usuarios autorizados(Para quejas, use otra forma )