ACTIVIDADES SOBRE O TEMA 4: ESPAÑA NO SÉCULO XIX 1-CARLOS IV E A GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808-1814) a)-Quen foi o ministro de Carlos IV que de feito gobernou España?. O ministro de Carlos IV que gobernou España foi Manuel Godoy (1767-1851). Despois de ter como ministros a Floridablanca e Aranda , Carlos IV nombra primer ministro a Manuel Godoy que era un home da súa confianza pero sin apoios políticos.De orixe humilde foi ascendendo gracias a amistade ca reina Mª Luisa de Parma. Chega a primer ministro con só 25 anos. A súa primeira intervención consistiu en salvar o rei Luis XVI , primo de Carlos IV, da guillotina. En 1793 ,tras a execución de Luis XVI, España formou parte dunha coalición de potencias que loitaron contra Francia. Era unha forma de defender o Antigo Réxime ante a radicalización da Revolución Francesa. En 197, España cambia de política respecto a Francia. A Revolución entra nunha fase máis moderada e Godoy alíase co país veciño firmando o Tratado de Basilea o que lle valiu o apelativo de “príncipe de la Paz”. Máis tarde España e Francia aliaronse en contra de Gran Bretaña. FALTA, FALTA, FALTA, FALTA FALTA b)- Por que invadiron os exércitos franceses España? Napoleón, autoproclamado emperador, fracasa na invasión de Inglaterra, entón proponse rendila cun bloqueo económico que lle impida comercializar co continente ; pero para eso necesita neutralizar a Portugal. O seu plan consiste en invadir Portugal desde España con tropas francesas e tamén españolas. Godoy cede as presións e España acaba firmando o Tratado de Fontainebleau no que fixa o reparto de Portugal. Un exército francés moi numeroso atravesaría España para colaborar na invasión e despois da victoria o sur de Portugal sería para Godoy. En febreiro de 1808 , as tropas francesas entran na península pero por onde pasaban ocupaban as fortalezas das cidades, compórtanse como conquistadores; estaban poñendo en práctica o plan secreto de Napoleón que era incorporar a Francia o nordeste de España e extender a súa frontera ata o Ebro. c)- Que consecuencias tivo a conspiración e o motín de Aranjuez? As consecuencias que tivo o motín de Aranjuez foi a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando. Pouco despois, Napoleón reune a Carlos IV e Fernando en Bayonne e consigue que ambos renuncien os seus dereitos como reis. O emperador francés, Napoleon , cede o trono o seu irmán Jose Bonaparte que reinará como Jose I ata finais de 1813. d)- Que batalla naval perderon os españois e franceses contra Gran Bretaña? A batalla de Trafalgar foi un combate naval que enfrentou a Gran Bretaña contra Francia e España e tivo lugar frente o cabo de Tralgar en Cádiz o 21 outubro de 1805. Na batalla de Trafalgar enfrentáronse: -armada de Francia co apoio da de España con 33 buque de guerra(15 españois e 18 franceses). -flota de Gran Bretaña liderada por Nelson con 27 naves. Napoleón decidiu aliarse con España ofrecéndolle territorios a cambio de que lle axudara a invadir as islas británicas, consciente de que Gran Bretaña era o seu enemigo máis teimudo. O 21 octubre de 1805 as flotas de Francia e España encontrábanse frente o cabo de Trafalgar, onde a armada británica mantiña un bloqueo do mar Mediterráneo. Debido a súa superioridade en estratexia, experiencia e armamento os británicos lograron derrotar os seus enemigos aínda que estos os superaban en número. Na batalla perdeu a vida o vicealmirante Nelson, un dos mellores marinos británicos. Despois de Trafalgar, Napoleón abandonou a idea de invadir Gran Bretaña. e)- Tras a invasión da Península Ibérica polos franceses. Que tipo de guerra mantiveron os españois? FALTA, FALTA, FALTA, FALTA FALTA, FALTA. 2- AS CORTES DE CADIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812 A- Le o texto e responde ás preguntas: a)-A que familia e persoa fai referencia especialmente , na España de 1812, o artigo 2? A familia e persoa a que fai referencia é a dos Borbóns, concretamente Fernando VII que usurpou o poder a seu pai Carlos IV e ambos abdicaron en Bayonne en favor de Jose I, irmán de Napoleón. b)-En que artigo e de que forma está expresado o principio da soberanía nacional? O principio da soberanía nacional está expresado no artigo 3. “ La soberanía reside esencialmente en la Nación y por lo mismo pertenece a ésta exclusivamente el derecho de establecer sus leyes fundamentales” c)-Establece a Constitución a separación de poderes?. En que consiste? A Constitución de 1812 establece a separación de poderes nos artigos: 15, 16 ,17 . A separación de poderes é un sistema que busca a independencia entre o poder lexislativo, o poder executivo e o poder xudicial para evitar o abuso de poder. d)-Quen exerce o poder lexislativo? e o executivo?, e o xudicial? O artigo 15 refírese ó poder lexislativo que corresponde ás Cortes xunto co rei. Posteriormente no artigo 27 concreta que as Cortes reuniranse anualmente e detalla que os poderes son amplios (aprobar as leis, o sucesor da Coroa, etc…). O artigo 16 refírese ó poder executivo otorgando ese poder ó rei quen nombra e cesa os ministros e dirixe a administración axudado dun Consello de Estado (que limita o poder do soberano). O artigo 17 refírese ó poder xudicial que reside nos tribunais prohibindo ás Cortes e ó rei exercer este poder. B- Que grupos se podían diferenciar dentro das Cortes?.Que ideas defendían cada un deles?. Nas Cortes diferenciáronse tres grupos: - Liberais;eran a maioria dos deputados. Eran partidarios de reformas revolucionarias inspiradas nos principios da Revolución Francesa. -Absolutistas; eran unha minoría. Eran partidarios de manter o Antigo Réxime. - Algúns Deputados americanos, preocupados polos problemas das colonias. 3- O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833) a)- Quen apoiou a Fernando VII cando voltou a España? Fernando VII voltou a España en marzo de 1814 e foi apoiado por un grupo de 69 deputados absolutistas que lle entregaron o Manifesto dos Persas, no que lle suxerían que restituíse a plena soberanía real. O monarca decretou a abolición da Constitución de 1812 e de todas as leis saídas das Cortes de Cádiz e empezou a gobernar como un rei absoluto. Volvíase o Antigo Réxime. b)-Que é un pronunciamento? Un pronunciamento son sublevacións militares para restaurar o liberalismo . Durante o sexenio absolutista déronse varios pronunciamentos por parte dos militares que estaban en contra da restauración do Antigo Réxime. Estos pronunciamentos foron todos fallidos e de carácter liberal. En 1820 triunfou o pronunciamento liberal dirixido polo coronel Riego e Fernando VII prometeu xurar a Constitución de 1812. O 9 marzo xura a Constitución e comenza o trienio liberal. c)- Por que algúns militares protagonizaron pronunciamentos contra Fernando VII? Estos pronunciamentos estaban en contra da restauración do Antigo Réxime.Entre eles : Espoz e Mina (1814), Díaz Porlier(1815), Richart(1816) ou Lacy e Milans del Bosch(1817). Estos pronunciamentos foron todos fallidos e de carácter liberal. A maioria dos militares que encabezaban estos pronunciamentos pasaron á masonería. d)-Con que fin publicou Fernando VII a Pragmática Sanción?. Cal foi a reacción do seu irmán Carlos ante este feito? Fernando VII promulgou a Pragmática Sanción para anular a Ley Sálica de 1713. Fernando VII solo tiña 2 fillas e en España existía unha lei que impedía reinar ás mulleres; era a Ley Sálica. Para solucionar este asunto o rei promulgou a Pragmática Sanción en 1830. A Pragmática Sanción era unha medida destinada a abolir a lei que antepoñía o dereito o trono dos homes ás mulleres. O irmán do rei , Carlos María Isidro, autoproclamouse rei e sublevouse xunto co sector absolutista. Ó morrer Fernando VII, Isabel(filla do rei e menor de idade) queda recoñecida como reina de España frente a candidatura do seu tio Carlos. Pero os carlistas provocaron o inicio dunha guerra que durou sete anos (1ª guerra carlista) para defender o seu suposto dereito ó trono.