Subido por adelalr74

Os servizos-1

Anuncio
Os servizos
Xeografía
3ºESO
O transporte aéreo mundial
En tempo real
Os servizos
Que son os servizos?
Son as actividades que non producen bens mateirias e que van destinadas a
atender as necesidades das persoas e das empresas
É o sector máis importante nas economías desenvolvidos e, pódese dicir como
norma xeral, que a maior desenvolvemento maior importancia do sector servizos
Tipos
Servizos Públicos
Finánciaos o Estado cos impostos
Organizan o funcionamento da
sociedade e satisfan necesidades
básicas sen ter en conta os
beneficios
Servizos Privados
Ofértanos empresas ou persoas e
páganos os consumidores
A principal finalidade é o beneficio
económico
Tipos
●
Podemos distinguir dous grandes grupos:
○
○
Servizos públicos: finánciaos o Estado con diñeiro público que recada dos
impostos. A súa finalidade é organizar o funcionamento da sociedade e satisfacer
as necesidades da poboación aínda que non se obteñan beneficios
Servizos privados: ofrécenos empresas privadas ou persoas particulares e páganos
os consumidores. A principal finalidade das persoas ou empresas que os prestan é
obter un beneficio económico
A
deslocalización
dos servizos
●
●
●
●
Tradicionalmente, os servizos concentráronse nas áreas urbanas onde hai un
maior número de consumidores, empresas….
Os servizos máis cualificados e avanzados adóitanse localizar en grandes
áreas metropolitanas formando distritos de negocios mentres que os servizos
públicos están máis dispersos polo territorio
O desenvolvemento das comunicacións e do transporte provocaron
importantes cambios na localización dos servizos. Permitiron que empresas
trasladen a servizos a estados menos desenvolvidos, onde a man de obra é
máis barata
Os servizos estanse deslocalizando como antes o sector secundario
O comercio
Que é o comercio?
É o conxunto de actividades de intercambio de bens e servizos entre productores
e consumidores
É unha das actividades económicas máis importantes por volume de negocio e de
empregos que xera
A súa achega ao PIB é proporcional ao desenvolvemento do estado (maior achega
ao PIB é igual a maior desenvolvemento e á inversa)
O comercio: factores
Que factores inflúen na activiade comercial?
●
●
●
O desenvolvemento dos transportes e das infraestruturas
A densidade de poboación
O nivel adquisitivo
Mapa do transporte público en Europa . Neste mapa podes ver as infraestruturas
de transporte público en Europa. As liñas amarelas son as liñas de tren e os puntos
amarelos estacións. En blanco están as liñas de bus e as súas estacións.
Fíxate que o mapa non está debuxado simplemente podemos velo grazas ás
infraestruturas de transporte.
imaxe
satélite de
New York
Onde hai
máis
poboación
aumentan as
posibilidades
de mercado
A Place Vendome
de París. Nos seus
arredores o nivel
adquisitivo é máis
alto, polo que as
tendas e hoteis
máis caros están
alí.
Tipos de
comercio
Comercio interior e exterior
●
Podemos dividir o comercio en dous tipos:
○
○
Comercio interior: comprende as actividades comerciais que se realizan dentro das fronteiras
dun estado. No seu interior distinguimos:
■ Comercio polo miúdo: son comerciantes que venden directamente ao consumidor en
cantidades pequenas
■ Comercio por xunto: comerciantes ou empresas que compran grandes cantidades aos
produtores para vendelas aos comerciantes polo miúdo. Adoitanse almacenar en
mercados centrais
Comercio exterior: comprende as actividades comerciais que se realizan entre estados. As
compras de produtos estranxeiros chámanse importacións e as ventas exportacións. A
diferenza entre exportacións e importacións reflíctese na balanza comercial
Comercio: Tipos
Interior
Exterior
desenvólvese dentro
dun mesmo Estado
realizanse entre
estados distintos
Comercio
polo miúdo
comerciantes que
venden ao
consumidor en
cantidades
pequenas
Comercio
por xunto
grandes cantidades
para vendelas aos
comerciantes.
Mercado central
Importacións
Exportacións
(compras a
outro estado)
(ventas a outro
estado)
A diferenza entre ambas é a balanza
comercial
A organización
do comercio
mundial
●
●
●
O comercio mundial está regulado por acordos que se establecen entre
estados e na OMC (Organización Mundial do Comercio), á que pertencen case
todos os Estados do mundo
O seu obxectivo é regular o comercio internacional, resolver disputas e facilitar
os intercambios comerciais
Para facilitar o comercio moitos estados únense formando bloques comerciais
que poden ser de dous tipos:
Areas de libre
comercio
son tratados entre estados que
eliminan os aranceis de determinados
productos ou os rebaixan dentro das
areas formadas polos seus membros
Un exemplo deste tipo é o Tratado
de Libre Comercio de América do
Norte (TLCAN ou NAFTA) entre
EEUU,México e Canadá
atasco en Los Angeles, CA
Unión
aduaneira
é un área de libre comercio onde
ademais de eliminar aranceis se
establecen políticas aduaneiras
comúns fronte a estados non
membros
Dous exemplos serían a Unión
Europea (UE) ou a Unión Aduaneira
de África Meridional (SACU)
OPEP
A Organización de Países
Exportadores de Petróleo é unha
asociación creada para o comercio
dun produto concreto
O comercio mundial
●
●
O comercio mundial medrou intensamente coa globalización pero este
crecemento non beneficiou por igual a todos os países
Tradicionalmente as áreas comerciais do mundo foron a Unión Europea,
Estados Unidos e Xapón. Pero coa globalización, o crecemento doutras áreas
e coa crise do 2007 a situación cambiou aparecendo novas áreas como o eixe
USA-China ou os estados do sudeste asiático
O comercio da UE
●
●
●
●
●
●
A UE é a primeira potencia comercial do mundo con máis do 20% das
exportacións mundiais
A maioría das exportacions dos estados membros son a outros membros da
UE, despois os principais mercados son USA,China, Suíza, Rusia….
A maioría das importacións proveñen de China,Rusia e USA
Alemaña é o estado membro que máis exporta
A maioría das exportacións son bens industriais ( +80%) e case todo o restante
son mercadorías agrícolas
Como xa vimos, a UE negocia acordos comerciais con outros estados
A relación comercial UE-USA
●
●
●
●
A UE e os USA son grandes socios comerciais
Os seus intercambios alcanzan os 2000 millóns de euros ao día e xeran máis
de 15 millóns de postos de traballo
Os intercambios UE-USA supoñen o 53% do PIB mundial
Esta relación sostense sobre dous piares:
○
○
a relación estreita entre grandes grupos industriais
as negociacións para a creación dunha área de libre comercio e un acordo sobre investimentos
O transporte
Que son os
servizos de
transporte
Consiste no traslado de persoas ou mercadorías dun lugar a outro. O
transporte é unha actividade fundamental do sector servizos
Para que sexa posible cómpren dous tipos de elementos:
○
○
Os medios de transporte, que son os vehículos que se utilizan para ese traslado
As infraestruturas que son os elementos necesarios para que funcionen os medios de
transporte
Os oleodutos e gasodutos, como conducións tubulares que son, considéranse
infraestruturas de transporte
Trafico marítimo en vivo
Funcións
●
Unha función
económica
●
●
permite o intercambio de
produtos e o desprazamento da
poboación
é basico para outras
actividades económicas (
turismo)
é un factor fundamental no
proceso de deslocalización da
produción, propio da
mundialización económica
Unha función
social
porque favorece as relacións
humanas, o intercambio cultural e o
coñececemto de produtos doutras
partes do mundo
Unha función
política
●
●
unha rede de transporte
equilibrada contribúe á unión
dos habitantes dun territorio
o control de certas
infraestruturas de transporte
aumenta o valor xeoestratéxico
dun estado ( a canle de Suez)
As redes de
transporte
A rede de transporte é o conxunto de infraestruturas creadas para a
circulación dos vehículos. Esta formada por unha serie de nodos ( cidades,
estacións…) e de eixes ou liñas que son as vías que unen os nodos
Unha rede de transporte pode ser máis ou menos apropiada para o
desenvolvemento económico. Para que sexa eficaz debe:
●
●
●
Ser unha rede densa, é dicir, cun elevado numero de nodos e eixes
Ter unha ampla conectividade, é dicir, todos os nodos teñen que comunicarse
entre si a través de percorridos o máis curtos posibles
Presentar unha boa accesibilidade, de xeito que resulte fácil acceder a un
nodo concreto da rede desde outro nodo calquera
Os transportes: a intermodalidade
●
●
Na actualidade, as redes de transporte tenden á intermodalidade, é dicir, á
confluencia de polo menos dous modos de transporte nun mesmo lugar para
que os traslados sexan máis eficientes
No caso das mercadorías, o transporte intermodal implica o uso coordinado de
ous ou máis medios de transporte nun traslado ( tren, camión, barco…) sen ter
que manipular a mercadoría no cambio de medio
Trasbordo de contenedores marítimos a un convoi ferroviario en Long Beach (CA,USA)
en calquera
mapa de metro
dunha gran
cidade podemos
ver a
intermodalidade
de pasaxeiros
tren,bus,
aeroporto
Os transportes: tipos de redes
O transporte
terrestre
●
●
O transporte terrestre engloba os desprazamentos que se fan por terra,
estrada e ferrocarril
Noutros momentos da historia englobaba outros tipos de transporte como as
caravanas e os transportes terrestres animais
Transporte por estrada
●
●
●
●
Engloba automóbiles, camións e autocares
É o máis empregado polas persoas para os seus desprazamentos, sobre
todo en distancias curtas.Para as mercadorías é un dos máis importantes
Vantaxes: comodidade e flexibilidade pois permite ir do lugar de orixe ao de
destino directamente
Problemas:
○
○
○
rede de infraestruturas costosa
alto número de accidentes e contaminación
problemas de conxestión de tráfico nunha cidade
a “boina de contaminación en Madrid”, producida polo transporte por estrada
O transporte terrestre: o ferrocarril
●
●
●
●
●
Inclúe o tren en todas as súas variedades: tren, metro, tranvia
É un medio fundamental nas grandes áreas urbanas e cos trens de alta
velocidade gañou moita competitividade na media distancia
É moi útil para o transporte de mercadorías pois permite grandes volumes de
distinto tipo en vagóns específicos ( frigoríficos, cisternas…)
Vantaxes: rápido,seguro e barato. Ademais é menos contaminante
Problemas:
○
○
é pouco flexible pois segue rutas fixas
infraestruturas custosas
O transporte terrestre: as redes
●
●
●
●
As redes de transporte terrestre son un factor clave no desenvolvemento xa
que fan as rexións máis accesibles e atractivas para a actividade económica
Nos estados desenvolvidos: a rede terrestre é moi densa, con alta
conectividade e está ben xerarquizada( autovías, autoestradas, estradas)
Nos estados menos desenvolvidos: o ferrocarril é pouco denso pero eficaz.
As estradas está mal acondicionadas e a rede resulta insuficiente
Como as infraestruturas son moi custosas os gobernos recorren, ás veces, á
iniciativa privada
O transporte
naval
O transporte naval: características
●
●
●
●
●
●
Abrangue o transporte marítimo e o fluvial
Úsase principalmente para transportar mercadorías pesadas e voluminosas:
máis do 90% do comercio mundial
É barato pero lento polo que foi desbancado polo avión no transporte de
pasaxeiros agás nas viaxes de pracer ( cruceiros)
Precisa infraestruturas portuarias para acoller grandes buques e manipular a
carga. Esixe enormes investimentos
Segue rutas fixas marcadas pola capacidade dos portos e os seus tipos (
pesqueiro,industrial,pasaxeiros…)
É un transporte moi contaminante
O transporte naval: os contedores
●
●
Un dos inconvenientes do transporte naval é que non pode levar as
mercadorías directamente do produtor ao consumidor. Precisa
complementarse con outros medios
Os contedores son enormes recipientes en que se trasladan as mercadorías.
Os portos modernos dispoñen de grandes terminais de contedores
O transporte naval: as principais rutas
●
●
●
●
●
O transporte marítimo realízase por rutas transoceánicas moi transitadas que
comunican os grandes centros económicos mundiais
A do Atlántico Norte, que une Europa occ. con América do Norte
A do Pacífico que une os mercados asiáticos e Australia con América, e con
Europa a través do canal de Panama
A ruta do Mediterráneo que une Europa occ. cos oceános Índico e Pacífico a
través do cnal de Suez. Comunica Asia e os paises petrolíferos de Oriente
Medio con Europa e Estados Unidos
Nas rexións con grandes ríos navegables o transporte fluvial cobra grande
importancia: o Rin, o Volga, o Mississippi, o Congo, o Nilo..
Transporte
aéreo
Características
●
●
Destínase principalmente ao traslado de pasaxeiros a longas distancias. As
mercadorías transportadas por este medio restrínxese ás máis urxentes
(medicinas), as de gran valor (material informático), as de rápida caducidade e
pequeno volume
Vantaxes:
○
○
○
Rápido
Seguro
Cómodo
●
Problemas:
○
○
○
○
●
A súa capacidade é limitada
Alta contaminación atmosférica e acústica
Estrutura complexa e tecnificada de gran custo
Controis de seguridade = tempo de espera
Nas últimas décadas as compañías tradicionais entraron en declive coa
aparición do low-cost e os gobernos liberalizaron as compañías propiedade do
estado ( que agora están rescatando coa crise da Covid)
un avión de Ryanair, unha das compañías
europeas de baixo custo máis famosos
Rutas principais
●
●
●
●
●
Os aeroportos conéctanse a traves de rutas aéreas
A maior ruta é a que une América do Norte e Europa
A segunda é a que une Asia con Europa
A terceira é a que une America do Norte con Asia
Oriente Medio convertiuse nun centro aéreo de rápido crecemento e os seus
aeroportos conectan Europa con Asia
O transporte aéreo mundial
En tempo real
Loxística e actividades anexas
●
●
●
●
A loxística fai referencia ao conxunto de medios e procedementos necesarios
para a organización dunha empresa ou para a prestación dun servizo,
especialmente a distribución
En sentido amplo, a aeroporturia compende as grandes instalacións e os
servizos axeitados para desempeñar a súa función: pistas, hangares, torres
Por outro lado os aeroportos son atractivos para moitas actividades
económicas que se benefician do importante volume de persoas e
mercadorías que os utilizan. Servizos na terminal: bares, compras, rent-a-car
Outras actividades tamén se concentran nas inmediacións dos aeroportos
coma os hoteis
Parte dos negocios situados nunha das terminais do JFK en New York, USA
se nos alonxamos podemos ver a gran cantidade de negocios e localizacións de loxística aeroportuaria
necesaria nun aeroporto do tamaño do JFK; como referencia fíxate nos edificios para comprender a escala
A maioría dos
aeroportos contan
con grandes zonas
comerciais
O turismo
O turismo: concepto e importancia
●
Que é?
Todo desprazamento das persoas a lugares que se encontran fóra da súa
residencia habitual por motivos de ocio,persoais ou profesionais
●
A importancia do turismo para a riqueza e prosperidade dos estados é cada
vez maior. En 2013 supuxo o 9% do PIB mundial e achegou un de cada once
postos de traballo
O turismo: concepto e importancia
●
●
Efectos positivos:
○ Crea oportunidades de negocio e empregos directos e indirectos
○ Dálle valor económico ao patrimonio cultural e natural, o que axuda a conservalo
○ Fomenta o coñecemento entre culturas
Efectos negativos:
○ Efectos no medio ambiente coa degradación de ecosistemas fráxiles, incremento
de consumo de recursos naturais como a auga e o aumento da contaminación
○ Ten un grande impacto sobre as sociedades tradicionais que pode chegar a causar
fenómenos de aculturación
O turismo: Evolución
●
Medrou a partir da segunda metade do século XX, cando nos estados
desenvolvidos se xeneralizaron avances sociais como as vacacións retribuídas
A guía Bradshaw de
comezos do século
XX era unha guía de
viaxe de Europa en
tren
O turismo: tipos
●
Turismo de ocio:
○
○
○
○
○
●
sol e praia
cultural
rural
deportivo
do xogo
Turismo por motivos persoais:
○
○
○
○
de visita
de saúde
relixioso
de comprar
O turismo: tipos
●
Turismo profesional:
○
○
○
comercial e de negocios
congresos e convencións
formativo e educativo
Museo de Orsay
Sala de Turbinas da
Tate Modern
Praia de Balos, Creta, Grecia
Praia de Balos en Creta-Grecia; unha das máis visitadas
da illa pese a que só se pode ir en barco ou camiñando
máis de 8 km
O turismo: destinos e procedencia
●
●
●
●
●
Europa constitúe, por moito, o principal destino turístico do mundo
Por estados Francia, Estados Unidos, España e China son os que reciben máis
visitantes
Por procedencia, a maioría dos visitantes corresponden aos estados
desenvolvidos e comezan a sumarse algúns estados emerxentes
Aquí tamén Europa ocupa o primeiro lugar seguida de Asia-Pacífico e América
Segundo ao gasto que realizan os turistas, China sitúase á cabeza seguida de
Estados Unidos e Alemaña
Os servizos
financeiros
Que son?
●
●
Os servizos financeiros reunen todas as actividades e negocios que se
dedican a xestionar o diñeiro: o seu investimento, préstamo e aforro
O sistema financeiro dun estado está formado polo conxunto de institucións e
medios que poñen en contacto aos que ofrecen o capital cos que o necesitan.
A súa función é basica pois permite mobilizar capital, isto é, convertir aforro en
investimento
Bancos
son as institucións financeiras máis
importantes e a súa función máis
importante e captar diñeiro dos
aforradores para prestalo a un xuro
Compañías de
seguros
cobren os riscos que poden sufrir as
persoas e os bens a cambio do pago
dunha prima
Fondos de
investimento
formados por achegas de diñeiro dun
gran número de persoas, que unha
sociedade xestora administra e inviste
para obter un beneficio
Organismos
supervisores
para controlar estas institucións os
Estados contan con organismos
supervisores (Banco de España,
Comisión Nacional do Mercado de
Valores)
A bolsa: principal mercado financeiro
A bolsa: principal mercado financeiro
●
●
●
Os produtos chamados activos financeiros cómpranse e véndense nos
mercados financeiros
As bolsas son os principais mercados financeiros. Existen en case todos os
estados
As máis importantes son as bolsas de New York, Toquio, Londres e Hong Kong
Os servizos de información
e comunicación
●
Podemos diferenciar dous tipos de medios de comunicación:
○
○
○
●
●
interpersoais: poñen en contacto a unha persoa con outra ( teléfono)
sociais ou mass media: informan e comunican ao público en xeral ( prensa, radio,tv)
internet é a vez ambos
Na actualidade, as redes de comunicación permítennos conectar en tempo
real co resto do mundo. As TIC ( Tecnoloxías da Información e da
Comunicación) provocaron grandes cambios na economía e na sociedade
Estas tecnoloxías crecen continuamente pero a súa taxa de penetración e a
calidade presentan grandes diferenzas entre estados
Os servizos a
empresas
●
●
Estes servizos reúnen as actividades que satisfán as necesidades das
empresas, substituíndo ou complementando servizos que ata hai pouco se
realizaban dentro da mesma empresa
Podemos distinguir dous tipos de servizos a empresas:
○
○
●
Servizos intensivos en coñecemento ( terciario superior): asesoramento fiscal e xurídico,
mercadotecnia,deseño,formación…. . As persoas que os prestan teñen elevada formación
Servizos operativos ( ou tradicionais): limpeza,seguridade,transporte….
Estas activididades facilitan o funcionamento das empresas e contribúen ao
crecemento económico xeral xa que melloran a competividade
Os servizos
persoais
●
●
Son os que se ofrecent directamente a unha persoa ou a un grupo reducido
para o seu uso e gozo persoal
Servizo doméstico, asistencia á terceira idade, coidado da infancia, actividades
de mantemento e reparación, servizos profesionais independentes de
avogados,arquitectos...
Os servizos en
España
O comercio é o transporte en España
●
A actividade comercial é unha das máis importantes na economía española
tanto pola súa contribución ao PIB (+30%) como polo número de traballadores
O comercio interior
●
●
●
●
●
O sector maioritario segue sendo o comercio polo miúdo se temos en conta as
persoas empregadas
En cambio, máis da metade da facturación corresponde ao comercio
almacenista
O 95% das empresas teñen menos de 10 empregados
O sistema tradicional de comercio continúa sendo o principal, seguido do
autoservizo
Medraron de forma notable o comercio electrónico e o comercio en réxime de
franquía ( un acordo polo cal unha marca permite que unha persoa abra unha
tenda co seu nome e venda os seus produtos, a cambio dunha parte dos
ingresos)
O comercio exterior
●
●
●
●
●
●
Tradicionalmente, España tivo unha balanza comercial negativa
Nos últimos anos esta tendencia inverteuse, porque as exportacións
aumentaron e as importacións reducíronse
Os estados cos que realiza máis intercambios son Francia e Alemaña
O estado co que temos maior deficit comercial é China
As principais importacións son produtos petrolíferos,agrícolas,metálicos e
minerais
As principais exportacións son bens manufacturados, produtos agrícolas,
mineiros e metais
A rede de transporte española
●
●
●
●
●
A rede de transporte española sempre se caracterizou por ser un sistema
desequilibrado, pois presenta grandes diferenzas entre os seus territorios
As zonas máis poboadas están mellor conectadas
A rede de transporte terrestre ten unha configuración radial con centro en
Madrid. Desde hai anos o obxectivo da política de estradas é transformala
nunha rede mallada con vías transversais e verticais que facilitan
comunicacións
O transporte marítimo é moi importante. A través dos seus portos, España
realizada máis da metade dos intercambios comeerciais coa UE e case todos
os que efectúa con estados non comunitarios. O maior porto por tráfico
Os principais aeroportos españois son os de Madrid, Barcelona e Palma
O turismo e os servizos en España
A actividade turística é fundamental en España, pois achega case o 11% do PIB e o
12% do emprego
●
Esta situación privilexiada explícase por un conxunto de factores:
■
■
■
■
Praias e sol
Políticas dos gobernos promocionando o turismo
Enormes investimentos en infraestruturas realizadas para o sector
A riqueza cultural de España
O turismo e outros servizos en España
●
●
●
●
●
O turismo nacional inclúe os desprazamentos dentro de España e as saídas
dos españois ao estranxeiro
O principal destino dos españois é Europa e a cantidade de viaxes aumentou
en termos históricos
España recibe máis de 60 millóns de turistas estranxeiros anualmente
Os principais motivos de visita son o ocio e as vacacións
Os princiapais destinos son a costa leste con Cataluña, Illas Baleares, Canarias
e Andalucia
Os servizos financeiros
●
●
●
España conta cun sector financeiro potente
Quedou moi danado pola crise de 2007 producíndose unha restruturación do
sector financeiro
En España operan 4 bolsas de valores: Madrid, Barcelona,Valencia e Bilbao
Os servizos públicos
●
●
●
Ao longo do s.XX desenvolveuse en España un potente sector público que
abranguía servizos de interese xeral, como sanidade, educación….
Desde finais do s.XX asistimos a un proceso de privatización de empresas
públicas e estendeuse un modelo mixto de xestión público-privada dos
servizos de interese xeral: sanidade e educación
A inversión social supón a maior parte do orzamento anual do estado
Outros servizos
●
●
●
●
O sector das TIC caracterízase por un alto grao de innovación tecnolóxica e
produtividade.
É un sector en cremento en España, como en todo o mundo. Telefónica é a
principal compañía do sector
Os servizos a empresas son tamén un sector cun peso destacada na
economía española. A maioría das empresas de servizos intensivos
localízanse en Madrid pola pequena fiscalidade
Tamén amosan un crecemento, aínda que menor as empresas de servizos
persoais
Os servizos en
Galicia
O sector servizos en Galicia
●
●
●
O comercio é un sector onde dominan as pequenas empresas do comercio
local que foron sufrindo a transformación de pequenas tendas a grandes
superficies
No comercio exterior, Galicia exporta produtos alimentarios, rochas, madeira,
automóbiles e roupa. Nas importacións destacan a maquinaria, os
electrodomésticos e o petróleo e dereivados
Nos últimos anos Galicia ten unha balanza comercial con saldo positivo
Os transportes en Galicia
●
●
●
●
A rede viaria vai desde pistas rurais ata vías de alta capacidade. Destacando a
AP-9 que une o eixe atlántico sendo de peaxe e sen alternativa gratuíta
A rede ferroviaria destacan as novas liñas de alta velocidade no Eixo Atlántico
e a liña Ourense a Santiago que ven de Madrid. O resto da rede é moi
deficiente sen trens de proximidade
Galicia conta con 5 portos de interese xeral que concentran o transporte de
mercadorías
Galicia ten 3 aeroportos para voos comerciais moi pequenos e pouco
competitivos con respecto de Porto en Portugal
O turismo
●
●
●
●
O turismo é un sector importante para a economía, pois representaba máis do
10% do PIB con visita de máis de 4 millóns de turistas
O principal tipo de turismo é o de sol e praia
O turismo cultural ten como grande foco o Camiño de Santiago
Outros tipos de turismo importantes son o turismo termal e o turismo rural
Os servizos públicos
●
●
●
Ata 1980 a administración en Galicia estaba baseada no centralismo da
ditadura franquista
A partir da autonomía Galicia tivo unha transformación radical coa creación da
Xunta de Galicia e coa consolidación das estruturas do estado do benestar en
Galicia cun forte desenvolvemento do ensino e da sanidade públicos
A Xunta de Galicia converteuse no principal axente económico do noso país
cun equivalente ao 20% do PIB en orzamento de gastos
Descargar