Subido por suscripcionsvarias

Criterios- usc

Anuncio
XERENCIA
Vicexerencia de Economía e Infraestruturas
Casa da Balconada. Rúa Nova, 6
15782 Santiago de Compostela
Tel. 881 811010
Correo electrónico: [email protected]
http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/
CRITERIOS PARA A PUBLICACIÓN DOS CONTRATOS MENORES
A Lei de Contratos do Sector Público (LCSP) que entrou en vigor o 9 de marzo de 2018
indica o seguinte no seu artigo 63.4:
La publicación de la información relativa a los contratos menores deberá realizarse al menos
trimestralmente. La información a publicar para este tipo de contratos será, al menos, su objeto,
duración, el importe de adjudicación, incluido el Impuesto sobre el Valor Añadido, y la identidad del
adjudicatario, ordenándose los contratos por la identidad del adjudicatario.
Quedan exceptuados de la publicación a la que se refiere el párrafo anterior, aquellos contratos cuyo
valor estimado fuera inferior a cinco mil euros, siempre que el sistema de pago utilizado por los poderes
adjudicadores fuera el de anticipo de caja fija u otro sistema similar para realizar pagos menores.
Para cumprir co mandato do artigo citado, a USC publica trimestralmente os contratos
menores subscritos no exercicio 2018. Atendendo ao principio de transparencia, que é o
primeiro obxectivo que inspira a regulación contida na LCSP, é pertinente facer explícitos
determinados criterios seguidos á hora de facer á presente publicación:
-
Foron excluídos, de acordo co parágrafo segundo do art. 63.4 , aqueles contratos
de valor estimado inferior a 5.000,00 € no que sistema de pagamento empregado
foi o de anticipos.
-
O sistema contable informatizado da USC non rexistra o obxecto de contrato stricto
sensu para os contratos menores, se non unha descrición do gasto; descrición que,
aínda sendo semellante ao obxecto, non é exactamente o mesmo. Por este motivo,
na listaxe que se publica o que se reflicte como obxecto do contrato é o
subconcepto económico rexistrado para cada contrato menor, xa que se considera
conceptualmente a característica do contrato menor máis semellante a aquela.
A USC está traballando nunha modificación que permita, no exercicio económico
2019, o rexistro do código CPV no seu sistema informático contable para cada
contrato menor formalizado. O CPV, cuxas siglas en inglés corresponden cos
termos Common Procurement Vocabulary, consiste nun sistema de identificación e
categorización de tódalas actividades económicas susceptibles de ser contratadas
(Regulamento (CE) 2195/2002) para describir o obxecto dos contratos, sendo
posteriormente actualizado no Regulamento (CE) 213/2008 da Comisión de 28 de
novembro de 2007.
-
O sistema contable informatizado da USC non rexistra a duración do contrato
menor, polo que se considera como tal, para os efectos desta publicación, o período
de tempo transcorrido desde a data da autorización do gasto, ata a data da factura
que perfecciona o gasto menor (no caso de contratos menores con varias facturas
asociadas, considerase a factura de data máis tardía).
Descargar