COLEXIO PLURILINGÜE COMPAÑÍA DE MARÍA A CORUÑA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA (3º ESO) EXERCICIOS PRONOME 1. Enche os ocos coa forma correspondente do pronome te ou che. - Vou _______ contar un conto. - Quero_______ contar un segredo. - Non ________ gusto eu? - Non sei que _______ diga. - Sentín _______ falar baixiño. - Chamei_______, pero non me oíches. - Coñezo_______ben . - Quen non ________ coñeza que _______ compre. 2. Fai os cambios que cumpran nas oracións anteriores para empregar os pronomes o/a/os/as e lle/lles coas súas variantes. 3. Transforma as seguintes oracións segundo o modelo: Dixo (a min) que viñese axiña- Díxome que viñese axiña - Prestou (a el) a comida. - Emprestou (a eles) uns cartos. - Deixou (a eles) na rúa. - Vin (a ti) pasar pola beira. - Colleu (a eles) de sorpresa. - Quero (a el) moito. - Saúda (a elas) da miña parte. - Saúda (a eles) da miña parte. - Agradezo (a vostede) que mo diga. - Agradezo (a ti) que mo contes. - Conto (a vostedes) todo o que sei. 4. Transforma as seguintes oracións segundo o modelo: Eu collín os cartos- Eu collinos - Eu vin os almacéns. - Ana leu a novela. - Eles comeron a sobremesa. - Ela perdeu a carteira. - Eles traduciron unha novela. - El cambiou o coche. 5. Introduce lle ou lles segundo corresponda: - Logo dixo_____ (a Xoán) que non quería comer o polo. - Dixen ____ (aos fillos) que fosen de vacacións canto antes. - Xa _____ chegará a tempo de pagalas todas xuntas (a seu curmán) - Merquei _____ (a eles) uns pantalóns de rebaixas. 1 6. Introduce as formas o, a, os, as e as súas variantes segundo corresponda: - Rompeu _____ todo coa rabia que lle deu. - Levou _____ porque lle deu a gana. - Comeu _____ todo porque xa sabe o que pasa. - Non _____ queiras, que é moi vello. - Tamén _____ citou na praza. - Lin _____ de contado. 7. Substitúe as palabras subliñadas por unha forma do pronome de terceira persoa, segundo o modelo: Fun escoitar a música – Fun escoitala - Dixen que non podía vir. - Realizarei este exercicio axiña. - A maceira dá as mazás. - Pechade as billas do cuarto de baño. - Tiramos a metade do pan. - Farán unha enorme función en honor dos máis vellos. 8. Substitúe as formas subliñadas por un pronome: - Deilles unha escada para que lla levasen ao seu pai. - Nunca nos dixeron a que hora habería a eclipse. - Instaláronlle o televisor antonte. - Abrímosche unha botella de viño novo. - Cóntolles o que me dixeron. 9. Transforma as seguintes oracións segundo o modelo, utilizando llo, llelo, lla, llela,... segundo corresponda: Regaleilles uns libros (CD) aos meus netos (CI) – Regaléillelos - Vendín unha casa aos meus veciños. - Agora vou dar un recado ao meu veciño. - Foron levar os ovos á curmá. - Dixo que levases a radio ao técnico. - Explicou dous temas aos seus alumnos. 10. Enche os ocos cos pronomes persoais que cumpran: - Quere vostede a factura? Logo mandaremos ______ á casa. - O meu veciño quere mercar a miña casa, mais non ______ hei vender. - O meu pai ten un encargo para ti. El mesmo ______ dará. - Os seus amigos teñen que saír. Diga_____ ! - O neno quéreche os seus xoguetes. Vou _____ dar. - Quedo con este traxe. Quere vostede mandar ______ á casa? 11. Substitúe os substantivos subliñados polo pronome correspondente, segundo o modelo: Eu sempre dixen a verdade – Eu sempre a dixen - Aquí deixaron unha carta para ti. - Xa contou toda a historia. - Antes facían mellor as cousas. - Daquela había castañas ás moreas. - Mañá mándoche o paquete á túa casa. - Non dei acabado o traballo. 2 - Nunca pensa as cousas antes de facelas. Sempre pensa as cousas antes de facelas. Cando vou ver a túa casa? Quen dixo cousa? Alguén vos fixo os deberes. Varios estudantes fixeron folga. Bastantes mulleres agardaban con impaciencia a chegada dos mariñeiros. Oxalá teña el uns alicates. 12. Nos enunciados seguintes, substitúe o substantivo subliñado polo pronome correspondente: - Dixo que facía el a cea. - Gústame que fagas ti a cea. - Prefiro que fagas ti a cea. - Berroulle porque rompeu un prato. - Vou coller as mazás. - Está regando as plantas no xardín. - Cómpre publicar o libro canto antes. - Quero que lle entregues ti mesmo o regalo. 3