DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15450 IV. Oposicións e concursos Consellería de Sanidade ORDE do 5 de marzo de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ferrol. Mediante a Orde desta consellería do 25 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 25, do 8 de febreiro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ferrol. De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería, DISPOÑO: Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 25 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 25, do 8 de febreiro) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde. Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seCVE-DOG: fwnqh4e9-ynx5-pt08-kgs6-ciaiejpf6ef2 guinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021 Julio García Comesaña Conselleiro de Sanidade ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15451 ANEXO Posto: director/a de Enfermaría. Nome e apelidos: María Isabel Campos Pardo. DNI (*): ***5921**. CVE-DOG: fwnqh4e9-ynx5-pt08-kgs6-ciaiejpf6ef2 * O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia