Subido por sabichas

COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO NA FRASE

Anuncio
COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO NA FRASE
En cada un destes grupos de frases, a partir dos cales deducirémos as normas de
colocación de pronome átono na frase, escribimos con letra máis negra aquelas en que o
pronome vai ben colocado.
GRUPO A
Gustoume a película
*A película me gustou
Onte vinte pola rúa
*Onte te vin pola rúa
GRUPO B
Dixo QUE te vira onte
*Dixo que vírate onte
NON (NUNCA, XAMAIS) o vin
*Non vino
QUIZAIS, (TAL VEZ) che pregunta mañá a lección
*Quizais pregúnteche mañá a lección
XA (BEN) cho dixo aquela rapaza
*Xa díxocho aquela rapaza
SÓ (EN SEGUIDA, AXIÑA) llo contei á miña sogra
*Só conteillo á miña sogra
SEMPRE te estás a meter comigo
*Sempre estaste a meter comigo
AÍNDA cho pedín o outro día
*Aínda pedíncho o outro día
MÁIS nos valería marchar
*Máis valeríanos marchar
AQUÍ (ALÍ, AÍ) o tes
*Aquí telo
CANTO (CANDO; ONDE; COMO) lle deches?
*¿Canto dechéslle?
NINGUÉN (ALGUÉN, CALQUERA) mo dixo.
Ninguén díxomo
NADA (MOITO; BASTANTE; POUCO; ALGO) che debo
*Nada déboche
GRUPO C
Para dicirlle iso cómpre valor.
Para lle dicir cómpre valor
Téñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia
*Che teño que dar unha boa noticia
Regras que explican a colocación do pronome átono nos grupos anteriores:
GRUPO A: Por regra xeral, o pronome vai sempre despois do verbo e pegado a el.
GRUPO B: Hai determinadas palabras que precedendo o pronome, fan que o pronome
se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ó verbo. Estas
palabras son:
1) As que marcan subordinación: QUE, AÍNDA QUE, SEMPRE QUE, POSTO QUE,
SE...(podes botarlle unha ollada ao artigo relativo ás conxuncións e locucións
conxuntivas para ver todas as que son)
2) Os adverbios de negación: NON, NUNCA, XAMAIS
3) Os adverbios de dúbida: QUIZAIS, TAL VEZ, SEICA, DISQUE
4) Algúns adverbios: XA, SÓ, BEN, MAL, AXIÑA, SEMPRE, AÍNDA, AQUÍ, AÍ,
ALÍ, MÁIS, MENOS...
5) Os pronomes interrogativos: ONDE, CANDO, CANTO, COMO
6) Algúns indefinidos: NINGUÉN, ALGUÉN, CALQUERA, MESMO, ALGO,
NADA, BASTANTE...
GRUPO C: Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás.
-Cando este vai precedido por unha preposición.
-Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal, despois da conxunción ou
preposición, ou detrás do infinitivo.
Descargar