Composición 1

Anuncio
1. A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica).
A crise do Antigo Réxime ten lugar baixo o goberno de Carlos IV, que comezou a reinar en 1788. Tocoulle
vivir unha época de grandes cambios orixinados pola Revolución Francesa. Ao longo do seu reinado
produciuse a crise progresiva da monarquía tradicional española. A finalización do S.XVIII e os inicios do
século XIX veñen caracterizados polo goberno de Manuel de Godoy, fidalgo que alcanzou o poder grazas aos
favores e protección da raíña María Luísa.
Nun primeiro momento, tras a execución de Luís XVI, España entre outros países, entrou en guerra contra
os revolucionarios franceses, pero as continúas derrotas obrigárono a firmar a Paz de Basilea; a partir de
entón a política exterior orientouse a consolidar a alianza con Francia para facer fronte as ameazas de Gran
Bretaña sobre o comercio americano.
Os enfrontamentos bélicos contra Inglaterra foron continuos e provocaron a quebra do comercio con
América, a ruína do Estado e unha crecente submisión a Francia ( gobernada por Napoleón ); os
enfrontamentos navais hispano-franceses fronte aos ingleses foron desastrosos, acabando estes por
conseguir o dominio absoluto dos mares tras a batalla de Trafalgar .
Co obxectivo de causar graves prexuízos económicos a Gran Bretaña, Napoleón ordenou o bloqueo
continental contra os seus barcos e mercadorías así coma a invasión dos países que non o respectasen ( e
Portugal era un deles) polo que Napoleón planificou a súa conquista contando co apoio de España. A cambio
desta autorización de paso de tropas francesas por territorio español, acordouse o reparto de Portugal e a
creación do reino dos Algarves para Godoy ( Tratado de Fontainebleau).
A crecente acumulación de poderes e títulos por parte de Godoy e a súa influencia sobre os reis xerou un
forte resentimento no seu fillo Fernando, este e os seus partidarios conspiraron para desprestixiar e
desprazar a Godoy do goberno. Neste ambiente ten lugar o Motín de Aranxuez , no que obrigaron a Carlos
IV a abdicar no seu fillo Fernando VII. Estes sucesos foron para Napoleón un claro testemuño da crise política
e decadencia da monarquía española. Coa escusa de mediar nas súas disputas, reuniu en Baiona ( Francia )
aos membros da familia real española. Alí Fernando foi obrigado a devolver a coroa ao seu pai Carlos, quen
a súa vez cedeu os seus dereitos a Napoleón, quen nomeou, a súa vez, ao seu irmán Xosé I como rei de
España. (Abdicación de Bayona)
Coa finalidade de conseguir partidarios, Napoleón convocou unha asemblea de deputados en Baiona
(Estatuto de Bayonne) que aprobou unha lei na que se regulamentaban as relacións entre o novo rei e os
seus súbditos, non era unha constitución senón unha Carta Outorgada na que Xosé I se autolimitaba no
exercicio dos seus poderes: supresión de dereitos señoriais, centralización e racionalización administrativa.
Medidas que tiveron escasa eficacia e repercusión polo inicio da Guerra de Independencia. O traslado da
familia real a Francia provocou un gran malestar en Madrid.
O Dous de Maio de 1808 os madrileños reveláronse contra os franceses que ocupaban a capital. Poucas
horas despois o xeneral Murat dita un mando no que reprimía a revolta fusilando a moreas de persoas. A
represión esténdese non só no ámbito bélico senón tamén ao intelectual, pretende exercer un control total
sobre a poboación, impedindo calquer tipo de reunión. A violencia desta revolta queda de manifesto nos
cadros de Goya, a Carga do Mamelucos e Os Fusilamentos do Tres de Maio. As noticias da rebelión e a súa
sanguenta represión provocaron a sublevación xeral de toda España. Esta insurrección marcou o inicio dunha
cruenta e longa guerra, marcada, en xeral, por un patriotismo fanático, defensor da tradición, da relixión e
dos dereitos do rei Fernando VII e que se estendeu ata 1814.
A pasividade das autoridades establecidas provocou que as elites dominantes co apoio do pobo creasen
novas institucións de goberno: as xuntas, que se encargaron non só da loita contra o francés senón de
propugnar medidas para reformar o sistema político vixente. As xuntas asumiron o poder supremo e a
soberanía na súa xurisdición, substituíron ou incorporaron as institucións ou autoridades tradicionais e
declararon a guerra a Francia. En cada poboación xurdiu unha xunta local e todas elas estiveron baixo a
autoridade de xuntas supremas provinciais. Para maior coordinación, as xuntas provinciais formaron a Xunta
Suprema Central.
A superioridade militar dos franceses obrigou aos españois a adoptaren a guerra de guerrillas para se
defender. A guerrilla baseábase na formación de pequenas partidas de homes que, apoiándose no
coñecemento do terreo e contando coa axuda da poboación, atacaba as tropas francesas dun modo rápido,
nunca unha batalla frontal.
Ao mesmo tempo as tropas inglesas foron enviadas en axuda dos españois, que xunto a ofensiva rusa,
obrigou a Napoleón a empregar parte das tropas que estaban en España, circunstancia que foi aproveitada
polas tropas anglo-hispanas comandadas por Wellington para derrotar ao invasor nas batallas de Arapiles,
Vitoria e San Marcial e acadar o triunfo en 1814. Mentres todo isto sucedía desenrolábase ao mesmo tempo
unha cruenta e cruel guerra civil
Non hai que esquecer que Napoleón convocou en Baiona unha asemblea ou xunta de deputados españois,
representantes dos tres estamentos tradicionais, para apoiar ao novo rei Xosé I, este grupo de españois, os
afrancesados, estaban convencidos de que era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España.
Estes contrapuxéronse a os patriotas, defensores da monarquía borbónica e contrarios a dinastía imposta
por Napoleón, pero entre eles xurdiron dúas posturas: os liberais que apoiaron os cambios emprendidos
polas Xuntas, e os absolutistas, partidarios do Antigo Réxime (principalmente a nobreza xa que non quería
perder os seus privilexios).
A Xunta Suprema Central refuxiouse en Cádiz porque a súa situación xeográfica non permitiu a presenza dos
franceses. Convoca unhas Cortes de carácter liberal e progresista, que foron substituídas pola Xunta Suprema
Central. Obxectivo? Rematar co Antigo Réxime e crear un novo estado. Ademais creouse a Constitución de
Cádiz de 1812, coñecida popularmente como “A Pepa”, que representou unha ruptura radical co Antigo
Réxime.
 Soberanía nacional: o poder reside na nación
 Sufraxio universal masculino
 División de poderes
 Creación da Milicia Nacional
 A relixión católica era a única da nación española
 Recoñecemento dos dereitos e liberdades individuais e a igualdade ante a lei
 Liberdade económica: supresión dos gremios, abolición dos señoríos, abolición da Mesta...
Napoleón, ao bordo da derrota en Europa, asinou con Fernando VII o Tratado de Valençay, polo que
finalizaban as hostilidades en España, e Fernando VII era reposto no trono. Coa sinatura deste tratado dábase
por concluída a guerra da independencia.
Descargar