Subido por arqueolug

VIA KÜNIG PROXECTO

Anuncio
VIA KÜNIG
PROXECTO PARA O ESTUDO, RENTABILIZACIÓN SOCIO-CULTURAL E
POSTA EN VALOR DA VARIANTE DO CAMIÑO FRANCES CARA A
LUGO POLOS CONCELLOS DE VEGA DE VALCARCE, PEDRAFITA DO
CEBREIRO, AS NOGAIS, BECERREA, BARALLA, CORGO E LUGO.
Javier Gómez Vila
Doutor en Arqueoloxía e Historia
INDICE DO PROXECTO E DOCUMENTACIÓN QUE SE ADXUNTA
PÁX. 2
Índice
PÁX. 3
(1) Resume do proxecto. (2) Documentación adicional que se
adxunta o da que se dispón
PÁX. 4
(3) Marco Xeográfico
PÁX. 5
(4) Antecedentes
PÁX. 6
(5) Escenario e contexto
PÁX. 8
(6) Obxectivos e metodoloxía
PÁX. 9
(7) Plan puntual de actuacións
PÁX. 10
(8) Equipa técnica
PÁX. 12
(9) Material gráfico complementario que se adxunta
PÁX. 13.
Detalle da Cartografía dos “Camiños Medievais de Galicia” de Elisa
Ferreira Priegue da zona comprendida entre a cidade de Lugo e o
límite oriental da Provincia de Lugo. 1988
PÁX. 14.
Mapa Camiños de Santiago por Valiña Sampedro, Elías (1967) en
“El Camino de Santiago. Estudio Histórico – jurídico”. CSIC –
Deputación de Lugo, 3ª edición.
Páx. 15
El camino de Santiago en la Provincia de Lugo. Elias Valiña
Sampedro. Plano: Felipe Arias Vilas. Ministerio de Cultura. 1982
PÁX. 16.
Detalle do Mapa xeral do Bispado de Lugo encargado polo bispo
Juan Sáenz de Buruaga a Tomás López. Dep. Real Academia da
Historia. 1768
2
(1) RESUME DO PROXECTO
Co presente proxecto preténdese realizar a investigación, interpretación,
estudo da rentabilidade socio – cultural e posta en valor da variante do
Camiño Francés que de Ruitelán parte cara a cidade de Lugo que, de aqui en
adiante, imos denominar “Vía Künig”.
PALABRAS CLAVE
Investigación, interpretación, posta en valor, rentabilidade, variante Camiño
Francés, Hermann Künig, Vega de Valcarce, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais,
Becerrea, Baralla, Corgo, Lugo
(2) DOCUMENTACIÓN ADICIONAL QUE SE ADXUNTA OU DA QUE SE DISPÓN
- A peregrinaxe e o Camiño a Santiago de Hermannus Künig de Vach. A clásica
guía de peregrinos alemana (1495). Traducido e anotado por K. Herbers e R.
Plötz. Versión galega de X. M. García Álvarez. Consello da Cultura Galega.
Santiago de Compostela. 1999
- Valiña Sampedro, Elías (1967) El Camino de Santiago. Estudio Histórico –
jurídico. CSIC – Deputación de Lugo, 3ª edición. Cartografía Camiño Francés.
- El camino de Santiago en la Provincia de Lugo. Elias Valiña Sampedro. Plano:
Felipe Arias Vilas. Ministerio de Cultura. 1982
- Cartografía Camiños Medievais. Elisa Ferreira Priegue. 1988
- Mapa Domingo Fontán. 1845
- Mapa xeral do Bispado de Lugo encargado polo bispo Juan Sáenz de
Buruaga a Tomás López. Dep. Real Academia da Historia. 1768
3
(3) MARCO XEOGRÁFICO
O ámbito territorial do presente proxecto abarca sete concellos, seis
pertencentes á Provincia de Lugo (Galicia) e un pertencente á provincia de
León (Castela e León). No primeiro caso sitúanse on concellos de Lugo, Corgo,
Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. No segundo o concello
de Vega de Valcarce.
O motivo desta concreta dispersión territorial é debido a que por estes
concellos discorre a variante do Camiño Francés cara a Lugo, motivo do
proxecto, e que xa foi sinalada na Guía de Peregrinos que elaborou en 1495 o
monxe alemán Hermann Künig de Vach
Mapa 1. Zona de actuación do proxecto Vía Künig
4
(4) ANTECEDENTES
Unha das principais características da zona de actuación deste proxecto e de
ter sido, e seguir sendo, un área eminentemente marcada polos camiños
que, ao longo do devir histórico, facilitaron a comunicación entre Galicia e a
Meseta. O primeiro destes grandes eixos viarios foi a vía romana XIX, xa
estudada noutros traballos de investigación1, que implementaría unha
estrutura viaria e un trazado que será aproveitado en gran parte por camiños
posteriores, como o medieval, e o Camiño Real de Carlos III.
O núcleo aglutinador deste armazón viario foi, e sigue sendo, a cidade de
Lugo. Fundación romana e capital do Conventus Iuridicus de Lucus Augusti
que acadaría gran importancia durante a época romana xunto a Braga e
Astorga. Despois dunha época de decaemento durante a Alta Idade Media a
cidade de Lugo repunta a partir do século XII grazas, en parte, á Sé
eclesiástica, a construción da Catedral de Santa María e, sobre todo, a un
privilexio relixioso case único no mundo: a Exposición Permanente do
Santísimo Sacramento. Deste xeito a antiga urbe romana mudou a unha
cidade eminentemente clerical. Unha cidade que posuía unha excelente
situación estratéxica na ruta cara a Santiago e unhas infraestruturas que
facían o camiño ao peregrino mais doado que por outras zonas. Estas
vantaxes, xunto a posibilidade de visitar a Exposición Permanente de paso
que se ía a tomba do Apóstolo sen apenas rodeo, converteron a Lugo nun
enorme centro de peregrinación y tránsito de peregrinos ao longo da
historia.
1
Gómez Vila, Javier. 2006. Vías romanas de la Provincia de Lugo. Universidade de Santiago de
Compostela.
Rodríguez Colmenero, A. Álvarez Asorey, Ruben. 2008. Vía romana XIX. Un viaje desde Lugo a los
Ancares siguiendo las pisadas de Roma. Concello de Lugo
5
(5) ESCENARIO E CONTEXTO.
Esta excelente infraestrutura de comunicación ca meseta, xunto á Exposición
Permanente do Santísimo Sacramento, e a aversión que tiña ás montañas e
as zonas complicadas en xeral, serían algúns dos motivos que levarían ao
monxe alemán Hermann Künig de Vach a desviarse cara a Lugo nas Herrerias
en 1495. Toda a súa peregrinación quedou reflectida nunha magnífica guía de
peregrinos que el mesmo escribiu para axudar os seus compatriotas
peregrinos.
O texto que se refire á Provincia de Lugo e a seguinte:
“Desde aquí has de ir por unha ponte
E por outra aínda; agora tesme que entender ben:
Se non queres collelo camiño polo monte Allefaber
Déixao quedar á esquerda
E á altura da ponte desvíate á dereita.
A dúas leguas atopas axiña un lugar.
Dende alí andarás outras cinco leguas,
Entón atopas un lugar que está situado sobre un empinado monte.
Catro leguas máis adiante entras na cidade de Lugo,
Alí, alén da ponte, hai unhas augas termais.
A cidade está construída dun xeito pouco común,
por iso todos a contemplan con agrado.
Despois, aconsélloche que, ó lado dos baños, pases por unha ponte,
Tes asi nove leguas ata a cidade destruída.
Alí atopas un hospital que non ten moito valor.
Despois de nove leguas chegas a Santiago... “2
Será precisamente o gran estudoso do Camiño Francés, Elías Valiña
Sampedro, quen xa sinale esta ruta como unha constante en varios dos seus
traballos.
Deste xeito xa aparece sinalada como variante cara a Lugo no primeiro de
19673 “en el actual poblado de Herrerías, el Camino de Santiago abandona la
2
A peregrinaxe e o Camiño a Santiago de Hermannus Künig de Vach. A clásica guía de peregrinos
alemana (1495). Traducido e anotado por K. Herbers e R. Plötz. Versión galega de X. M. García
Álvarez. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 1999, páxs. 62-63
3
Valiña Sampedro, Elías (1967) El camino de Santiago. Estudio histórico – jurídico. Premio
“Antonio de Lebrija”, Deputación de Lugo. Páxs. 11 e 130, respectivamente.
6
carretera para iniciar el ascenso a las montañas del Cebreiro, a cuyo pie se
bifurca el itinerario que iba por Lugo... por este texto de Künig sabemos,
exactamente, cual era el punto de bifurcación de la ruta principal jacobea y
de la secundaria, que partía por Lugo”. Neste traballo de Elías Valiña ofrece
así mesmo un mapa onde aparece claramente esta ruta de Künig que é
exactamente a mesma que propoñemos recuperar neste proxecto.
De igual forma este autor volve a sinalar a Via Künig na obra titulada
“Caminos a Compostela” (1971, páx. 76), do seguinte xeito “Desde Herrerias,
km. 429 al Cebrero no hay acceso para vehículos. Estos deben seguir la
carretera hasta Piedrafita del Cebrero, moderno pueblecito de montaña,
luego apartar a la izquierda, 4 km., hasta el poblado del Cebrero, donde
hallamos de nuevo el Camino Jacobeo. Otros peregrinos por Piedrafita
seguían para Lugo. El ascenso al Cebrero. A 1 km. De Hospital Inglés,
siguiendo la margen izquierda del rio Valcarce, por un esbelto puente, de un
arco, de trazo medieval, salvamos un arroyo que desciende desde Piedrafita.
Punto de bifurcación, que menciona Künig, para los peregrinos que seguían
por Lugo.”
En 1982 elabora un folleto xunto a Felipe Arias Vilas titulado “El camino de
Santiago en la Provincia de Lugo” onde tamén aparece a vía Künig no mapa
da portada como variante cara a Lugo.
Elisa Ferreira Priegue na súa obra “Los caminos medievales de Galicia” tamén
fai constar explicitamente a vocación da Cidade de Lugo como gran centro de
peregrinación “no solo de los que llegaban del norte por Ribadeo, sino de los
que, entrando por el Bierzo, tenían el duro camino del Cebrero y preferían
dar un rodeo por la capital siguiendo la vieja calzada romana”4. Moi
interesante é o análise que neste traballo fai sobre este importante camiño
medieval, que posúe o mesmo trazado que a nosa proposta e ca de Elías
Valiña, recalcando a súa gran tradición xacobea “Entre Neira y Constantín,
priorato de la orden del Hospital, se conservan todavía trechos de la calzada
romana que seguía por la Retorta, ... El monasterio de Penamaior, en plena
ruta de peregrinación, estaba comunicado con el camino grande por la
Herreria”.
4
Ferreira Priegue, Elisa (1988). Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense Anexo 9,
páxs. 236-237
7
(6) OBXECTIVOS.
-
Recompoñer o trazado orixinal da Vía Künig
Cartografar e sinalizar o seu percorrido
Estudar os restos arqueolóxicos e históricos da súa área de influencia
Publicitar, promocionar e difundir esta ruta tanto a nivel nacional como
internacional
Organizar actividades lúdico, deportivas e culturais nela e no seu entorno
Elaborar unha guía cas súas características e percorrido
Recoñecemento desta variante do Camiño Francés cara a Lugo por parte
dos distintos organismos e institucións, tanto públicas como privadas.
METODOLOXÍA
Ao ser un plan de traballo e actuacións amplo se propón desenvolvelo en
dúas fases. Unha primeira onde primaría o estudo científico do trazado
xunto o seu consecuente cartografado e, tamén, unha primeira difusión
nas redes sociais, internet e ámbitos locais ca intención de dalo a coñecer
aos veciños, habitantes da comarca e provincia co obxectivo de favorecer
o coñecemento desta variante e que participen no seu estudo, desensa e
promoción.
Na segunda fase, unha vez estudada e consolidada a nivel local a Vía
Künig e o seu percorrido, se iniciaría a súa difusión e promoción a gran
escala ca organización de probas de distinta índole, a elaboración dunha
guía para facer doado o seu percorrido polos peregrinos co obxectivo
final de ter o Proxecto finalizado antes do Xacobeo do 2021 e lograr o seu
recoñecemento oficial polos distintos organismos e institucións tanto
públicas como privadas.
8
(7)
PLAN PUNTUAL DE ACTUACIÓNS.
FASE 1.
1. Creación dun Consorcio integrado polos concellos implicados co
obxectivo de coordinar, xestionar, impulsar, promover e difundir todas as
actuacións que se desenvolvan no marco deste proxecto.
2. Estudo histórico – arqueolóxico. Levado a cabo por un grupo de
especialistas que desenvolverían as seguintes tarefas:
2.1. Prospección arqueolóxica onde se estudarían os restos
arqueolóxicos, históricos e viarios. Tamén se analizaría a
viabilidade do trazado. Se recollería así mesmo a toponimia
menor e maior e o folclore oral da zona.
2.2. Lectura, interpretación e análise das fontes documentais
tales como libros de defuncións das distintas parroquias,
documentación de mosteiros (Vilamaior) etc.
3. Cartografar o percorrido. Partirase da proposta que cada concello realice
da súa zona. O estudo histórico e arqueolóxico encargarase da súa
correspondente xustificación, validación ou modificación de selo caso.
4. Fotografar os elementos mais senlleiros e característicos
5. Publicidade e difusión.
5.1. Deseño dun logo
5.2. Creación dunha páxina web
5.3. Implementación nas redes sociais
5.4. Colocación de carteleira informativa polos distintos
concellos.
5.5. Elaboración dun tríptico informativo
9
5.6. Actividades nos centros educativos tales como concursos
debuxo – narrativa - folclore – fotografía sobre o camiño.
FASE 2.
6. Sinalización do trazado
7. Publicación dos resultados da investigación en distintas revistas
8. Presentación en Congresos, cursos e seminarios
9. Impartición de charlas e conferencias en diversos lugares
10. Elaboración dun video promocional
11. Desenvolvemento de actividades
10.1 Deportivas
10.1.1 Carreiras / marchas / paseos pedestres
10.1.2. competicións / paseos de ciclismo
10.1.3. competicións co nome Vía Künig
10.2 Lúdicas
10.2.1 Xornadas gastronómicas
10.2.2 Feiras / Festas
10.2.3 xogos tradicionais nenos / adultos
10.3 Culturais
10.3.1 Mapeo colectivo
10
(8) EQUIPA TÉCNICA
Dirección:

Javier Gómez Vila
Equipo técnico multidisciplinar:
o Historia e Arqueoloxía
 Javier Gómez Vila
o Documentación
 María José López Caldeiro
 José Luis López Fernández
o Economía
 Mar Neira González
Fotografía:

Javier Gómez Vila
Debuxo e deseño gráfico

Adrián Bouso Parga
Guía oficial de turismo e traducción :

Lidia de la Fuente
Multimedia:

60ráfagas
Deseño web:

Abel Iván Arias Alba
11
(9) MATERIAL GRÁFICO COMPLEMENTARIO QUE SE ADXUNTA
Páx. 13. Detalle da Cartografía dos “Camiños Medievais de Galicia” de
Elisa Ferreira Priegue da zona comprendida entre a cidade de Lugo e o
límite oriental da Provincia de Lugo. 1988
Páx. 14. Mapa Camiños de Santiago por Valiña Sampedro, Elías (1967) en
“El Camino de Santiago. Estudio Histórico – jurídico”. CSIC – Deputación
de Lugo, 3ª edición.
Páx. 15. El camino de Santiago en la Provincia de Lugo. Elias Valiña
Sampedro. Plano: Felipe Arias Vilas. Ministerio de Cultura. 1982
Páx. 16. Detalle do Mapa xeral do Bispado de Lugo encargado polo bispo
Juan Sáenz de Buruaga a Tomás López. Dep. Real Academia da Historia.
1768
12
Descargar