Historia de Galicia: la transición del Antiguo Régimen

Anuncio
7. O tránsito do Antigo Réxime
1. A crise do Antigo Réxime até a Guerra de Independencia
1.1.
O modelo político que resiste a crise (1780 - 1808)
O Estado Moderno constrúese sumando o poder absoluto do monarca
co teocrático da Igrexa, é dicir, constitúese un poder único no mundo exercido por
dúas potestades: o Papa in rebus spiritualibus e o monarca in rebus temporalibus:
a) A crise protestante libera da dependencia espiritual de Roma aos monarcas e
obriga ao Papa a cederlles aos monarcas católicos maiores competencias
espirituais, de xeito que:
 Prodúcese un proceso de nacionalización ou estatalización das igrexas
locais: a actividade temporal e espiritual a favor da unidade do estado.
 Trono e Altar alíanse ao mesmo nivel.
b) A Igrexa española segue este modelo realizando funcións encomendadas polo
Estado:
 Control social.
 Unidade da fe como base da unidade política.
 Homoxeneización de condutas (ortodoxia).
 Evitar discrepancias teolóxicas ou disciplinares (ortopraxia).
c) Igrexa e Estado comparten un modelo de sociedade estamental que consideran
eterno e inmutábel.
d) Consenso xuridiscional entre Igrexa e Estado (in rebus mixtis).
1.2.
A)
As posíbeis amezas ideolóxicas ao modelo político
A ILUSTRACIÓN GALEGA
Malia o labor dos ilustrados galegos por estender a ciencia útil e a
educación mediante institucións, revistas ou libros, os seus postulados distan dos
das Ilustración francesa e tamén dos do liberalismo:
Ilustración galega
A razón humana está
sometida á Razón Divina
Defende o modelo político do
Estado absoluto e a alianza
entre o Altar e o Trono
Deriva no Despotismo
Ilustrado, un intento
desesperado da Monarquía
Absoluta por subsistir
B)
Ilustración francesa
A razón humana é o único
criterio de verdade
Defende a soberanía
nacional
Liberalismo
Defende a soberanía
nacional (cara un réxime
constitucional)
Deriva na Revolución
DISIDENCIAS INDIVIDUALIZADAS
Entre finais do século XVIII e comezos do XIX penetran en Galiza as
ideas das dúas grandes revolucións do século XVIII: a revolución política dos EUA
e a Revolución Francesa. Isto constátase:
a) Nos documentos da Inquisición de Galiza:

Incauta documentos e libros (en 1808 introdúcese en Galiza o Contrato
Social de Rousseau).

Recibe denuncias contra persoeiros ilustrados.
1
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
b) Nas pastorais de bispos e arcebispos coma o de Lugo, o de Santiago ou o de
Mondoñedo, que amosan a súa preocupación pola penetración de ideas
revolucionaras xa antes da Revolución Francesa.
É dicir, en Galiza van penetrando as novas ideas revolucionarias que, se
ben non darían producido unha contestación organizada, xa preocupan aos
defensores de Estado absolutista.
C)
A DISIDENCIA ORGANIZADA
Existen varios movementos, máis ou menos organizados, cuxas
actividades se manteñen tan en segredo que non se pode constatar o seu carácter de
disidentes respecto do Estado absolutista até que en 1808 se instaura a liberdade
intelectual e de prensa. Estes grupos son:
a) Sociedade Económica de Santiago: as súas reunións e os escritos e decisións
resultantes delas son vixiadas pola Inquisición.
b) Real Consulado da Coruña: dá acubillo a intelectuais e burgueses que poden
acceder á súa biblioteca sen censurar, feito que preocupa á Inquisición.
c) Grupo que se forma na Universidade de Santiago:

Lugares de reunión: primeiro no despacho do vicerreitor no Colexio de
San Xerome e logo nos cuartos secretos da Biblioteca da Universidade,
onde se atopaban os libros prohibidos.

Membros: Bazán de Mendoza (líder), José Vega, Manuel Sánchez Boado y
Fraguío, José Francisco Pedrosa (bibliotecario), Bernardo Bedoya
(axudante de Biblioteca), Agustín Ruíz e posibelmente estudantes coma
Verea Aguiar.

Obxectivo: posibelmente exercer o control da Universidade.

En 1708 é denunciado á Inquisición polo equipo reitoral e en 1806 a
Inquisición ordena tapiar os cuartos nos que están os libros prohibidos,
pero non procesa os membros porque:
 Tenlle respecto á Universidade.
 Bazán de Mendoza ten contactos e apoios no Goberno.

En 1808 coa chegada da liberdade de prensa o grupo divídese en dous:
 Colaboracionistas dos franceses, o grupo máis numeroso e liderado
por Bazán.
 Liberais.
Os dous grupos teñen unha ideoloxía ben definida e serían os líderes da
opinión pública galega entre 1808 e 1814.
2. A construción do novo Estado (1808 – 1814)
2.1.
O derrubamento do Estado
Fernando VII fica ausente e proclámase Murat como Lugartenente do
Reino, feitos que abondan para que o Estado absolutista se descompoña. Desde este
momento os feitos desenvólvense en dúas etapas:
a) As institucións1 aceptan as ordes de Murat e chaman a recibir
hospitalariamente os franceses.
1
Lembremos que en Galiza o Estado estaba representado polo Capitán General e a Real Audiencia en
primeira instancia. Logo estaba a Xunta do Reino, formada polos concellos das sete cidades (Santiago,
Ourense, Tui, Mondoñedo, Lugo, A Coruña e Betanzos) e con poder xurisdicional.
2
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
b) A reacción do pobo contra os franceses fai que as mesmas institucións
pasen a liderar o movemento de liberación nacional e a construción do novo
Estado.
2.2.
A construción do novo Estado
2.2.1.
As Xuntas
O derrubamento do estado e a decisión de non acatar ao rei imposto polos
franceses, José I, fixo que se creasen espontaneamente xuntas locais, provinciais e
rexionais. As súas dúas principais características son:
Son de carácter popular
Porque foron constituídas polo pobo de xeito
espontáneo
Pero seguen a reflectir a estrutura social
anterior:
- Xuntas locais: fidalgos, clérigos,
empregados públicos e algúns
campesiños fortes.
- Xuntas provinciais e rexionais: formadas
polas elites militares, eclesiásticas e
económicas.
Son revolucionarias
Supoñen un cambio cara a soberanía
nacional
Os compoñentes das Xuntas non serían
conscientes de estaren exercendo a soberanía
nacional, senón que consideraban que
exercían o poder no nome do rei.
Son os liberais das Cores de Cádiz os que son
quen de proclamar esa soberanía popular, xa
de xeito consciente.
A Xunta Superior do Reino de Galiza constitúese o 5 de xuño de 1808
na Coruña recorrendo á antiga Xunta do Reino de Galiza2. Esta xunta asume o poder
en Galiza até que en xaneiro de 1809 chegan os franceses e se disolve.
Trala liberación constitúese a Xunta Central en Cádiz e en Galiza
formarase a Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa en decembro de
1809:
a) Depende da Xunta Central.
b) Está controlada polo Capital Xeral.
c) Está formada por persoas do exército, da Igrexa e representantes das sete
grandes cidades.
d) Non ten que ver coa antiga Xunta do Reino de Galiza.
2.2.2.
A representación de Galiza nas Cortes
En 1810 ábrense as Cortes de Cádiz, que redactarían a Constitución que
sería a base do Estado. De entre os deputados das Cortes, dos que Galiza enviaría 25,
destacan:
a) José Alonso López, liberal radical de Ferrol.
b) Agustín Rodríguez Baamonde, deputado por Tui e lixeiramente liberal.
c) Domingo García Quintana, deputado por Lugo, extremadamente patriota,
polo que levaría a cabo accións polas que sería expulsado.
d) Luis Rodríguez del Monte, presidente das Cortes.
2
Así, nela había representantes das 7 cidades: Santiago (Pedro María de Cisneros), Lugo (José María
de Prado Neira), Ourense (Benito María Sotelo), Mondoñedo (Ramón Pardo Montenegro), Tui
(Manuel María Avalle), A Coruña (Francisco Somoza de Montsoríu) e Betanzos (José Quiroga y
Quindós).
3
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
Nas segundas eleccións, en 1813, acentuaríase a rivalidade entre liberais
e absolutistas. O clero sería o gran vencedor destas eleccións.
2.3.
A Guerra de Independencia ou de Liberación
2.3.1.
A invasión
Os franceses chegan a Galiza perseguindo o exército inglés dirixido
polos xenerais Crawford e Moore, que decidiran marchar da Península desde os
portos galegos. En xaneiro de 1809, e en menos dun mes, os franceses fanse co
control de Galiza.
2.3.2.
A liberación
Coa retirada do exército inglés en Galiza quedaba só un corpo de exército,
dirixido polo MARQUÉS DE LA ROMANA. Se ben o seu exército non axudou
moito na liberación, a súa figura permitiu a unidade do movemento contra os
franceses. Apoiou ás guerrillas, dirixidas por fidalgos, clérigos e oficiais retirados,
que en xuño de 1809 xa liberaran Galiza (batalla da Ponte San Paio o 7 de xuño).
Despois disto Galiza apoiou ao resto do Estado con homes, cartos e
abastecemento.
2.4.
A pluralidade ideolóxica
Coa instauración, en 1808, da liberdade de prensa (necesaria para a
propaganda antifrancesa) xorden en Galiza un 34 xornais:
a) 1808 – 1810: propagandísticos e informativos.
b) 1810 – 1814: ideolóxicos e políticos.
Entre as posturas ideolóxicas destacan:
A) AFRANCESADOS:

Colaboran co mando francés durante a ocupación.

Entre eles están persoeiros coma Pedro Bazán de Mendoza ou Francisco
Barrié, todos eles profesores da Universidade e burgueses de orixe francesa.

Teñen o xornal La Gazeta de La Coruña (1809), que fai propaganda do
goberno de José I.

Defenden un modelo liberal centralizado (a revolución desde arriba).

Os seus ideais non asentan e son desprazados coa liberación.
B) LIBERAIS:

Teñen o seu centro na Coruña, no club Café de la Esperanza.

Inflúen no exército e na Administración.

Son seguidos en todo o Estado, xa que están en contacto cos liberais
gaditanos.

Son apoiados por intelectuais coma Pardo de Andrade, Antonio de la Peña
ou Pacheco.

Crean unha doutrina que difunden en xornais coma:
 Semanario Político, de Pardo de Andrade.
 Ciudadano por la Constitución, de Peña.
C) ABSOLUTISTAS:

Son a contestación ideolóxica e política dunha Igrexa que se sentía acosada ás
decisións das Cortes de Cádiz.
4
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
Contan con ideólogos coma Freire Castrillón ou Frei Manuel Martínez
Ferro.
Usan os púlpitos para a propaganda, pero tamén xornais coma:
 El sensato
 La Estafeta de Santiago
 Exacto Correo
 Diario de La Coruña a la Aurora


3. A restauración (1820 – 1814)
Cando Fernando VII volveu de Francia presentáronlle o Manifiesto de
los Persas, no que se pedía a restauración do absolutismo. En tres días veuse abaixo
todo o que fixeran os liberais, xa que a súa revolución política non tiña como base
unha revolución social.
3.1.
A reimplantación do absolutismo en Galiza
a) Persecución e depuración dos liberais:

Son insultados e asáltanse as súas casas en cidades coma
Compostela ou A Coruña.

Afástanse dos postos administrativos e da Universidade de
Santiago.

Reinstálase á Inquisición e elabóranse listas de libros publicados
polos liberais e prohibidos agora.
b) Prémiase aos absolutistas con ascensos ou pensións vitalicias.
3.2.
Conspiracións en Galiza. O pronunciamento de Polier
A) O pronunciamento de Polier:

Apoios: Polier, militar encarcerado trala restauración do absolutismo, contacta
desde o castelo de San Antón (A Coruña) a través de Sinforiano López, que
sería executado, con burgueses que o apoiarían.

Desenvolvemento: contando con grandes apoios na Coruña e Ferrol, a noite
do 17 para o 18 de setembro de 1815 leva a cabo un pronunciamento coa
finalidade de restaurar o réxime constitucional, respectando a monarquía.

Fin: en outubro de 1815, cando estaba en Ordes camiño de Compostela para
tomar esta cidade, é traizoado e aforcado.
B) Outros intentos: en 1817 prepárase outro golpe en Compostela, liderado por
Francisco Ferro Caaveiro, que sería descuberto.
C) A fin do absolutismo: pronunciamento de 1820.
4. Galiza e o Trienio Liberal (1820 – 1823)
O 1 de xaneiro de 1820 triúnfa o pronunciamento liberal de Riego en
Cabezas de San Juan, dando paso ao Trienio Liberal ou Constitucional (1820 –
1823). Desta volta os liberais non deixaron que os absolutistas se manifestasen de
ningún xeito (deputados, xornais, administración...) o que daría lugar a unha guerra
civil.
4.1.
Galiza aposta polo liberalismo
O pronunciamento do 1 de xaneiro estaba condenado a fracasar, pero o 21
de febreiro levántase a guarnición da Coruña apoiada pola de Ferrol, de xeito que o
goberno acaba por se entregar aos liberais. O 9 de marzo toda Galiza estaba en
5
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
mans dos liberais, aínda que as sés episcopais tiveron que ser sometidas
militarmente (nelas non houbo levantamentos).
4.2.
A organización do liberalismo galego
a) Créanse as Sociedades Patrióticas, para controlar as autoridades municipais e
provinciais.
b) Fúndanse 15 xornais liberais.
c) Úsanse os teatros para difundir as ideas liberais.
d) Ás principais rúas das cidades galegas póñenselles nomes de liberais.
e) Créase unha milicia nacional, para vixiar as posíbeis conspiracións.
f) Convócanse as Cortes pero contrólase todo o proceso electoral, como tamén se
fará en 1821.
4.3.




4.4.
O Novo Estado. Medidas que lle afectaron a Galiza
Recupérase a Constitución de 1812 e as leis anteriores.
Intento de reformar o Ensino (por parte de Quintana, que presidía a
Dirección General de Instrucción Pública), baseándose na gratuidade,
uniformidade, liberdade e apoio ao ensino público, que nunca se chega a
realizar.
División administrativa que suprime as xurisdicións para impor dúas
polémicas divisións: provincias e concellos.
Medidas para favorecer a Facenda, en quebra:
 Apoiadas polo pobo: supresión do Voto de Santiago, da Inquisición,
nacionalización dos bens, redución do décimo...
 Incomprendidas polo pobo: supresión de ordes relixiosas e
nacionalización dos seus bens (deixaban frades na rúa, edificios
abandonados e o campesiño seguía tendo que pagar o foro).
A contrarrevolución: a primeira guerra civil en Galiza
A resistencia ao réxime liberal iníciase nas cidades, especialmente nas sés
episcopais. Xa que os absolutistas non podían optar por ningunha outra vía, recorren
á violencia organizada:
a) En 1820 créase en Tui a Junta Apostólica e hai unha manifestación no Baixo
Miño, destacando como líder Pereira.
b) En 1822 a Junta Apostólica está en contacto coa contrarrevolución doutras
rexións e organiza guerrillas que conseguen:

Manter a Galiza nunha axitación permanente.

Obrigar ao exército a se dispersar e a non poder desprazarse para frear o
avance dos franceses enviados polo Congreso de Verona para liberar a
Fernando VII.
c) En 1823 tómase A Coruña e toda Galiza fica en mans dos absolutistas, de xeito
que os liberais marchan a Inglaterra, Francia, Holanda...
5. A década absolutista (1823 – 1833). Conspiracións liberais e
represión. O carlismo
5.1.
As estratexias da represión
Noméase Capitán General de Galicia a Nazarino Eguía, quen traslada a
Capintanía General e a Real Audiencia a Compostela.
Fernando VII fai algunhas reformas respecto da seguridade pública:
6
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime


Reforma a policía, creando unha rede de informadores.
Crea un corpo paramilitar para garantir a seguridade no rural, xa que non
acaba de fiarse do exército.
A) Represión sobre as autoridades liberais: foi depurada toda a Administración e
encarcerados os deputados, gobernadores, xefes políticos...
B) Represión sobre os militares: os membros do exército teñen que xustificar
documentalmente as súas actividades entre 1820 e 1823. Moitos exiliáronse e
iniciaron conspiracións no estranxeiro.
C) Represión sobre os centros de estudo:

Depuráronse as universidades e centros de estudo (na Universidade de
Santiago expulsáronse varios profesores e alumnos).

Fernando VII pechou tódalas universidades do Estado entre 1829 e 1832.
D) Represión sobre a prensa e a imprenta:

Prohibíronse moitos xornais.

Non se reinstaurou a Inquisición, estableceuse a censura (tanto para obras por
publicar coma para as publicadas).
5.2.
A conspiración liberal
5.2.1.
No exilio
Os exiliados dirixíronse principalmente a Inglaterra, pero tamén a
Portugal, Holanda ou Francia, onde:

Tiñan como obxectivo sacar do poder a Fernando VII.

Xa que era improbábel un pronunciamento en España (depurárase moi ben o
exército e Fernando VII recoñecera a Filipe de Orleáns, polo que non podían
usar o territorio francés como base) dedicáronse a manter informados aos
grupos liberais galegos mediante cónsules ingleses e holandeses,
contrabandistas, empregados de correos...
5.2.2.
No interior de Galiza
a) Ante a incapacidade para levar a cabo un pronunciamento con éxito, algúns
botáronse ao monte.
b) Na Mezquita formouse a Partida de Bordas que deu un pronunciamento
fracasado en 1830 e que se mantivo activa até dous anos despois (quizais se
acolleron ao indulto da rexente María Cristina).
5.3.
O precarlismo en Galiza
O exército francés do Duque de Angulema permanece en Galiza até
1825 para impedir revolucións, pero tamén unha excesiva represión.
Fernando VII decátase da existencia dun sector ultarrealista ou
ultraabsolutista que:

É para el tan perigoso coma os liberais.

Pretende restaurar a Inquisición.

Provoca unha escisión dentro do absolutismo.

Pronúnciase en 1826 liderado por Bessières e en 1827 coa revoltas dos
Agraviats en Catalunya.

Conta con apoios en Galiza: o Capitán General, Eguía, o Gobernador de
Ferrol, Zumalacárregui e o arcebispo de Compostela, Rafael de Vélez.

Aproxímase, desde 1828, a don Carlos, irmán do rei, xa que o monarca non
ten descendencia. Xorde neste momento o precarlismo.
7
Historia de Galiza
2006/2007
USC
7. O tránsito do Antigo Réxime
Pero Fernando VII casaría coa súa curmá, María Cristina, e terían unha
filla, dona Isabel, o que supón un atranco para os precarlistas:

Co nacemento da súa filla Fernando VII promulga a Pragmática Sanción e
deroga a Lei Sálica.

María Cristina tomará medidas para controlar este sector precarlista:
 Decreta unha amnistía política: volven os exiliados e desaparece a
conspiración exterior.
 Abre as universidades.
 Depura o exército e a administración de ultrarrealistas.

Dada a situación os ultraabsolutistas bótanse ao monte, iniciándose así a
primeira guerra carlista.
8
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Descargar