auditorio de galicia - Real Filharmonía de Galicia

Anuncio
AUDITORIO
DE GALICIA
TEMPORADA
2013/2014
REAL FILHARMONÍA
DE GALICIA
Christoph König
director
Alexander Melnikov
piano
CONvers@ndo con
Christoph König, director
Alexander Melnikov, piano
Sala Mozart / 20.00 h
xoves
05 | 06 | 2014
21.00 h
I
FERNANDO SOR (1778-1839)
Suite do ballet-pantomima “Hércules e Ónfale”
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Concerto para piano núm. 5 en Mi bemol maior, op. 73 “O Emperador”
Allegro
Adagio un poco mosso
Rondo: Allegro, ma non troppo
Alexander Melnikov piano
II
LOUISE FARRENC (1804-1875)
Sinfonía núm. 2 en Re, op. 35
Andante - Allegro
Andante
Scherzo. Vivace
Andante - Allegro
Duración aproximada do concerto: 1 hora e 40 minutos
Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que
desconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.
Real Filharmonía
de Galicia
Nace en 1996. O seu primeiro director foi Helmuth Rilling (1996-2000),
a quen sucedeu Antoni Ros Marbà
(2000-2012). Dende 2013 Paul
Daniel é o seu director titular e artístico. A titularidade da Real Filharmonía
de Galicia recae na Xunta de Galicia,
é xestionada polo Consorcio de
Santiago e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.
DIRECTOR ARTÍSTICO
E TITULAR
PAUL DANIEL
HELENA SENGELOW
ENRIQUE ROCA
KIYOKO OHASHI
IRINA GRUIA
ELINE VIKSNE
DIRECTOR ASOCIADO
MAXIMINO ZUMALAVE
PRINCIPAL DIRECTOR INVITADO
CHRISTOPH KÖNIG
VIOLÍNS I
JAMES DAHLGREN
(concertino)
ADRIANA WINKLER
(axuda de concertino)
ANCA SMEU **
DANIEL KORDUBAYLO
MICHAL RYCZEL
YULIA PETRUSHEVSKAYA
ANNA ALEXANDROVA
ILYA FISHER
ILDIKÓ OLTAI
VICTORIA JUROV
VIOLÍNS II
GRIGORI NEDOBORA *
NIKOLAY VELIKOV **
GYULA VADASZI
SAMIRA AJKIC
* PRINCIPAL
** COPRINCIPAL
Nace en 1996. Su primer director titular fue Helmuth Rilling (1996-2000),
a quien sucedió Antoni Ros Marbà
(2000-2012). Desde 2013 Paul Daniel
es su director titular y artístico. La titularidad de la Real Filharmonía de
Galicia recae en la Xunta de Galicia,
es gestionada por el Consorcio de
Santiago y tiene su sede permanente
en el Auditorio de Galicia.
VIOLAS
TILMANN KIRCHER *
NATALIA MADISON **
ANNE SCHLOSSMACHER
TIMUR SADYKOV
OXANA BAKULINA
IONELA CIOBOTARU
VIOLONCELLOS
PLAMEN VELEV *
BARBARA SWITALSKA **
CARLOS GARCÍA
THOMAS PIEL
SACHA CRISAN (R)
CONTRABAIXOS
CARLOS MÉNDEZ *
ALFONSO MORÁN **
ORIOL XICART
ÓBOES
CHRISTINA DOMINIK *
ESTHER VIÚDEZ **
CLARINETES
BEATRIZ LÓPEZ *
VICENTE LÓPEZ **
EMILIO ALONSO ***
FAGOTES
JUAN CARLOS OTERO *
MANUEL VEIGA **
TROMPAS
JORDI ORTEGA *
ALFREDO VARELA *
XAVIER RAMÓN **
TROMPETAS
JAVIER SIMÓ *
RAMÓN LLÁTSER **
TIMBAL
JOSÉ VICENTE FAUS *
PIANO
ILONA TIMCHENKO (R)
FRAUTAS
LAURENT BLAITEAU *
LUIS SOTO **
*** ALUMNO EAEM
(R) REFORZO
FACEBOOK.COM/REALFILHARMONIADEGALICIA
Christoph König
director
Naceu na cidade alemá de Dresde e alí
estudou dirección orquestral, piano e
canto. Recibiu o premio da Fundación
Herbert von Karajan (Berlín). Dende
2013 é o Principal Director Invitado da
Real Filharmonía de Galicia. Ademais é
o director titular da Orquestra Sinfónica
do Porto-Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos
de Luxemburgo. Está moi solicitado
como director invitado en toda Europa
e América. O seu debut nos Estados
Unidos coa Sinfónica de Nova Jersey
desembocou en novos compromisos coas orquestras de Indianápolis,
Colorado e Houston, entre outras.
Tamén debutou coas orquestras de
Pittsburg, Radio Danesa, Orquestra
de París e a Filharmónica dos Países
Baixos. Os seus compromisos tamén inclúen a Royal Philarmonic de Londres,
as Filarmónicas de Dresde, Stuttgart e
Bonn, así como as orquestras da BBC de
Escocia e a BBC de Gales. A súa reputación como director de ópera aumentou rapidamente tras dirixir en 2003 en
Zúric O rapto no Serrallo de Jonathan
Miller. As súas gravacións inclúen obras
de Schönberg e Prokofiev, Saariaho e
Sibelius coa Orquestra Nacional do
Porto; Melcer coa Sinfónica Escocesa
da BBC; sinfonías de Beethoven coa
Sinfónica de Malmö; e Prokofiev e
Mozart coa Orquestra de Solistas
Europeos de Luxemburgo. En 2009
a BBC Music Magazine dedicoulle a
portada á súa gravación coa Sinfónica
Escocesa da BBC do Concerto para piano nº 1 de Brahms.
Nació en la ciudad alemana de Dresde
y allí estudió dirección orquestal, piano y canto. Recibió el premio de la
Fundación Herbert von Karajan (Berlín).
Desde 2013 es el Principal Director
Invitado de la Real Filharmonía de
Galicia. Además es el director titular de
la Orquesta Sinfónica do Porto-Casa da
Música y director musical de la Orquesta
de Solistas Europeos de Luxemburgo.
Está muy solicitado como director invitado en toda Europa y América. Su debut en Estados Unidos con la Sinfónica
de Nueva Jersey desembocó en nuevos compromisos con las orquestas de
Indianápolis, Colorado y Houston, entre
otras. También debutó con las orquestas
de Pittsburg, Radio Danesa, Orquesta
de París y la Filharmónica de los Países
Bajos. Sus compromisos también incluyen la Royal Philarmonic de Londres,
las Filarmónicas de Dresde, Stuttgart y
Bonn, así como las orquestas de la BBC
de Escocia y la BBC de Gales. Su reputación como director de ópera aumentó rápidamente tras dirigir en 2003 en
Zúrich El rapto en el Serrallo de Jonathan
Miller. Sus grabaciones incluyen obras
de Schönberg y Prokofiev, Saariaho y
Sibelius con la Orquesta Nacional do
Porto; Melcer con la Sinfónica Escocesa
de la BBC; sinfonías de Beethoven con
la Sinfónica de Malmö; y Prokofiev y
Mozart con la Orquesta de Solistas
Europeos de Luxemburgo. En 2009 la
BBC Music Magazine le dedicó la portada a su grabación con la Sinfónica
Escocesa de la BBC del Concierto para
piano nº 1 de Brahms.
Alexander Melnikov
piano
Naceu en Moscú en 1973. É o maior
expoñente da técnica clásica rusa, que
lle permite responder a desafíos de virtuoso, pero a súa musicalidade reflexiva
desafía calquera clasificación. En 2010
recibiu o premio Choc de Classica á mellor gravación do ano polos 24 Preludios
e Fugas de Shostakovich. Pode parecer
sorprendente que Melnikov quitara
do seu repertorio activo aos compositores románticos rusos pero despois
dun encontro con Mikhail Pletnev reavivou de novo o seu interese neles,
facendo unhas moi eloxiadas gravacións de Rachmaninov e Scriabin para
Harmonia Mundi. No ano 2010 a súa
gravación completa das sonatas de
Beethoven para violín e piano gañou o
ECHO Klassik alemán e o Gramophone,
sendo nominada tamén aos Premios
Grammy. A música de cámara proporciona un complemento esencial nas
súas actividades. Como solista aparece
con regularidade en salas de concerto
como o Concertgebouw de Ámsterdam,
Suntory Hall de Tokio, o Alte Oper en
Frankfurt e o Théâtre du Châtelet de
París. Ten actuado con orquestras como
a Nacional de Rusia, a Filarmónica de
Tokio, Gewandhaus de Leipzig, Filadelfia
(con Charles Dutoit), Filarmónica de
Rotterdam (con Valery Gergiev), Royal
Concertgebouw, Sinfónica da NHK e a
Filarmónica da BBC. Como destacou a
Radio de Baviera: “A súa forma de tocar
é sempre refinada, pero firmemente
comprometida. O seu gran logro é ser
á vez visible e discreto, sensible e con
moito carácter”.
Nació en Moscú en 1973. Es el mayor exponente de la técnica clásica rusa, que le
permite responder a desafíos de virtuoso, pero su musicalidad reflexiva desafía
cualquier clasificación. En 2010 recibió
el premio Choc de Classica a la mejor
grabación del año por los 24 Preludios
y Fugas de Shostakovich. Puede parecer sorprendente que Melnikov quitara
de su repertorio activo a los compositores románticos rusos pero después
de un encuentro con Mikhail Pletnev
reavivó otra vez su interés en ellos,
haciendo unas muy elogiadas grabaciones de Rachmaninov y Scriabin para
Harmonia Mundi. En el año 2010 su
grabación completa de las sonatas de
Beethoven para violín y piano ganó el
ECHO Klassik alemán y el Gramophone,
siendo nominada también a los Premios
Grammy. La música de cámara proporciona un complemento esencial en
sus actividades. Como solista aparece
con regularidad en salas de concierto
como el Concertgebouw de Ámsterdam,
Suntory Hall de Tokio, el Alte Oper en
Frankfurt y el Théâtre du Châtelet de
París. Ha actuado con orquestas como
la Nacional de Rusia, la Filarmónica de
Tokio, Gewandhaus de Leipzig, Filadelfia
(con Charles Dutoit), Filarmónica de
Rotterdam (con Valery Gergiev), Royal
Concertgebouw, Sinfónica de la NHK y
la Filarmónica de la BBC. Como ha destacado la Radio de Baviera: “Su forma de
tocar es siempre refinada, pero firmemente comprometida. Su gran logro es
ser a la vez visible y discreto, sensible y
con mucho carácter”.
O Beethoven da guitarra
El Beethoven de la guitarra
O Emperador dos concertos
El Emperador de los conciertos
O guitarrista, compositor e profesor,
Fernando Sor (1778-1839) conseguiu
coas súas creacións revalorizar a guitarra na primeira metade do século XIX.
Destacou como autor de música representativa do prerromanticismo europeo
para instrumentos solistas, voz, ópera
e ballet, xénero que cultivou en varias
ocasións: Cendrillon, Alphonse et Léonore,
L’amant peintre ou Hercule et Omphale.
Este último, sen dúbida, o máis significativo, composto en San Petersburgo e estreado en 1826 nos actos de coroación
do tsar Nicolás I. Hércules e Onfalia, escrita sobre o mito de Hércules e a estraña
relación amorosa coa poderosa Onfalia,
é unha obra na que Sor expresa as súas
ideas musicais combinadas cos gustos
da época e a Corte á que estaba dirixida.
A abertura comeza lentamente co tutti
orquestral alternando coa madeira solista e ritmos punteados como elemento
unificador. O tema principal ascendente
é imitado polas seccións da orquestra a
modo de fuga e desde o principio, son
notables os elementos contrapuntísticos
empregados que destacan no allegro.
Posiblemente, a utilización de recursos
polifónicos chegaron a esta partitura por
influencia de Mozart e como homenaxe
a el, quen introducira recursos parecidos
na Sinfonía Xúpiter.
O Concerto para piano núm. 5 en mi
bemol maior op. 73, aínda que viu interrompida a súa composición pola guerra,
pertence á época na que Ludwig van
Beethoven (1770-1827) padecía unha
crise na súa crecente xordeira que lle
provocaba unha gran vida interior cun
incrible mundo sonoro que exteriorizaba
en obras como este concerto. En maio de
1809, as tropas napoleónicas comezan
a ocupación de Viena, o que causa en
Beethoven tal impacto que describe así:
El guitarrista, compositor y profesor,
Fernando Sor (1778-1839) consiguió con
sus creaciones revalorizar la guitarra en
la primera mitad del siglo XIX. Destacó
como autor de música representativa
del prerromanticismo europeo para instrumentos solistas, voz, ópera y ballet,
género que cultivó en varias ocasiones:
Cendrillon, Alphonse et Léonore, L’amant
peintre o Hercule et Omphale. Este último,
sin duda, el más significativo, compuesto
en San Petersburgo y estrenado en 1826
en los actos de coronación del zar Nicolás
I. Hércules y Onfalia, escrita sobre el mito
de Hércules y la extraña relación amorosa
con la poderosa Onfalia, es una obra en
la que Sor expresa sus ideas musicales
combinadas con los gustos de la época y
la Corte a la que estaba dirigida. La obertura comienza lentamente con el tutti orquestal alternando con la madera solista
y ritmos punteados como elemento unificador. El tema principal ascendente es
imitado por las secciones de la orquesta
a modo de fuga y desde el principio, son
notables los elementos contrapuntísticos
empleados que destacan en el Allegro.
Posiblemente, la utilización de recursos
polifónicos llegaron a esta partitura por
influencia de Mozart y como homenaje a
él, quien había introducido recursos parecidos en la Sinfonía Júpiter.
El Concierto para piano núm. 5 en mi
bemol mayor op. 73, aunque vió interrumpida su composición por la guerra,
pertenece a la época en la que Ludwig
van Beethoven (1770-1827) padecía una
crisis en su creciente sordera provocándole una gran vida interior con un increíble mundo sonoro que exteriorizaba en
obras como este concierto. En mayo de
1809, las tropas napoleónicas comienzan
la ocupación de Viena, lo que causa en
Beethoven tal impacto que describe así:
“O desenvolvemento enteiro do asunto
tivo efecto tanto no meu corpo como
na miña alma… Que vida tan destrutiva e abatida me rodea! Máis nada que
tambores, canóns e sufrimento humano
de toda clase!”. Este ambiente, caldo de
cultivo para comezar este último concerto para piano, apréciase claramente
no primeiro movemento que permite
imaxinar as tropas inimigas irrompendo
na cidade, nun tema co ímpeto dunha
marcha militar. Desde o inicio a obra medra en intensidade, a orquestra abre cun
grande acorde e dá paso a unha sección
onde o piano é o protagonista a través
das cadencias escritas que manifestan a
importancia de escalas e trinos durante
toda a peza. A coda é especialmente longa e case necesaria para pechar un movemento que alterna intensidade e enerxía con momentos de certo intimismo. O
Adagio un poco mosso adquire un lirismo
especialmente destacable no piano; a
integración do instrumento solista na orquestra, unha coral debuxada pola corda,
unha discreta intervención das trompas
etc., outorgan ao movemento unha forza
conmovedora case mística. A coda suxire
o tema principal do terceiro movemento
que se interpreta sen solución de continuidade co segundo. En forma de rondó
tradicional, o allegro ma non troppo énchese de brío enlouquecido chegando a
parecer que a estrutura musical adquire
tinguiduras de improvisación. Un redobre de timbal é o preludio aos acordes
do piano que dan a súa profundidade ao
triunfo da expresión. Finalizado en 1811
e estreado o 28 de novembro dese ano
na Gewandhaus de Leipzig, está dedicado a Rodolfo de Austria.
“El desarrollo entero del asunto ha tenido
efecto tanto en mi cuerpo como en mi
alma… ¡Qué vida tan destructiva y desolada me rodea! ¡Nada más que tambores,
cañones y sufrimiento humano de toda
clase!”. Este ambiente, caldo de cultivo
para comenzar este último concierto para
piano, se aprecia claramente en el primer
movimiento que permite imaginar las tropas enemigas irrumpiendo en la ciudad,
en un tema con el ímpetu de una marcha
militar. Desde el inicio la obra crece en
intensidad, la orquesta abre con un gran
acorde y da paso a una sección donde el
piano es el protagonista a través de las
cadencias escritas que manifiestan la
importancia de escalas y trinos durante
toda la pieza. La coda es especialmente
larga y casi necesaria para cerrar un movimiento que alterna intensidad y energía con momentos de cierto intimismo.
El Adagio un poco mosso adquiere un
lirismo especialmente destacable en el
piano; la integración del instrumento solista en la orquesta, un coral dibujado por
la cuerda, una discreta intervención de
las trompas, etc, otorgan al movimiento
una fuerza conmovedora casi mística. La
coda sugiere el tema principal del tercer
movimiento que se interpreta sin solución de continuidad con el segundo. En
forma de rondó tradicional, el Allegro ma
non troppo se llena de brío enloquecedor llegando a parecer que la estructura
musical adquiere tintes de improvisación.
Un redoble de timbal es el preludio a los
acordes del piano que dan su profundidad al triunfo de la expresión. Finalizado
en 1811 y estrenado el 28 de noviembre
de ese año en la Gewandhaus de Leipzig,
está dedicado a Rodolfo de Austria.
Unha gran compositora
Una gran compositora
Jeanne-Louise Dumont, Louise Farrenc
(1804-1875), foi unha reputada compositora capaz de estrear case todas as súas
obras e prestixiosa pianista docente no
Jeanne-Louise Dumont, Louise Farrenc
(1804-1875), fue una reputada compositora capaz de estrenar casi todas sus
obras y prestigiosa pianista docente en el
Conservatorio de París, durante 30 anos,
onde foi a única muller que ocupou unha
cátedra permanente no século XIX. Autora,
xunto ao seu marido Arístides Farrenc, do
compendio pianístico Le Trésor des pianistes, recibiu clases de Clementi, Reicha
e Hummel. A súa música foi eloxiada por
Fetis, Schumann e Berlioz e ela premiada
en dúas ocasións pola Academia de Belas
Artes de Francia pola súa contribución
á música de cámara. No seu extenso
catálogo destacan as pezas e estudos
para piano, a produción camerística e
as súas tres interesantes e habilmente
deseñadas sinfonías que, compostas nun
momento en que a ópera estaba de rabiosa actualidade, non alcanzaron o éxito
que deberían. En desacordo cos gustos
burgueses parisienses sobre a ópera e a
música de salón, a compositora perseguiu
os ideais da música alemá, exemplificada por Beethoven e así, a composición
das súas sinfonías foi todo un logro pois
venceu a antipatía que a sociedade mostraba por ser unha muller que, ademais,
creaba esquecendo a aversión francesa
da época polas formas alemás. A Sinfonía
núm. 2 en Re maior foi composta en 1945,
cunha indubidable calidade de escritura e refírese abertamente á Segunda
Sinfonía de Beethoven, de modo que a
obra de Farrenc podería definirse como
un comentario sobre a obra do mestre de
Bonn. Con todo, a autora non soportaba a
presión da ‘sombra’ de Beethoven, tal e
como lle sucedera a Brahms, e como consecuencia a súa música era desenfadada
e alegre, coma se ela entendese o sentido
do humor de Beethoven moito antes que
os seus contemporáneos. Estreouse no
Conservatorio de París, o 3 de maio de
1846, dirixida por Théophile Tilmant.
Conservatorio de París, durante 30 años,
donde fue la única mujer que ocupó
una cátedra permanente en el siglo XIX.
Autora, junto a su marido Arístides Farrenc,
del compendio pianístico Le Trésor des pianistes, recibió clases de Clementi, Reicha y
Hummel. Su música fue elogiada por Fetis,
Schumann y Berlioz y ella premiada en
dos ocasiones por la Academia de Bellas
Artes de Francia por su contribución a la
música de cámara. En su extenso catálogo
destacan las piezas y estudios para piano,
la producción camerística y sus tres interesantes y hábilmente diseñadas sinfonías
que, compuestas en un momento en que
la ópera estaba de rabiosa actualidad,
no alcanzaron el éxito que debieran. En
desacuerdo con los gustos burgueses
parisinos sobre la ópera y la música de
salón, la compositora persiguió los ideales
de la música alemana, ejemplificada por
Beethoven y así, la composición de sus
sinfonías fue todo un logro pues venció
la antipatía que la sociedad mostraba
por ser una mujer que, además, creaba
olvidando la aversión francesa de la época
por las formas alemanas. La Sinfonía núm.
2 en Re mayor fue compuesta en 1945,
con una indudable calidad de escritura
y se refiere abiertamente a la Segunda
Sinfonía de Beethoven, de modo que la
obra de Farrenc podría definirse como un
comentario sobre la obra del maestro de
Bonn. Sin embargo, la autora no soportaba
la presión de la ‘sombra’ de Beethoven,
tal y como le sucediera a Brahms, y como
consecuencia su música era desenfadada
y alegre, como si ella entendiera el sentido del humor de Beethoven mucho antes
que sus contemporáneos. Se estrenó en
el Conservatorio de París, el 3 de mayo de
1846, dirigida por Théophile Tilmant.
próximos concertos
VENRES 6 XUÑO
FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA
CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE ESPAÑA
20.30h Capilla da Orden Terceira de San Francisco
LOPE MORALES frauta
ANTONINA STYCZEN frauta
GALA KOSSAKOWSKI frauta
LAURA DELGADO violín
ADRIÀ TRULLS viola
MON-PUO LEE violoncello
Obras de Mozart, Reger, Koechlin, Haydn, Kummer
XOVES 12 XUÑO
CONCERTO EXTRAORDINARIO ALUMNOS CAEO 2014
20.30 h Auditorio Novagalicia Banco
MAXIMINO ZUMALAVE director
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
DANIEL SOUTO NEIRA óboe
ALEIX VAQUÉ frauta
EMILIO ESPASANDÍN clarinete
OLAF JIMÉNEZ trompa
MILI FERNÁNDEZ violín
ANTONIO NAVARRO violín
Obras de Vivaldi, Bach, Français, Strauss, Mozart, Beethoven
AUDITORIO DE GALICIA
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela
DESPACHO DE BILLETES
Tel.: +34 981 571 026 / 573 979
OFICINA
Tel.: +34 981 574 153 / 552 290
Fax: +34 981 574 250
www.compostelacapitalcultural.org
www.auditoriodegalicia.org
www.rfgalicia.org
Descargar