Programa de Man do concerto - COMPOSTELA

Anuncio
Paul Goodwin
director
15 | 11 | 2012
21.00 h
I
RALPH VAUGHAN WILLIAMS (1872-1958)
Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis
FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)
Sinfonía núm. 90 en Do maior, Hob. I/90
Adagio
Andante
Menuetto
Allegro assai
II
JEAN SIBELIUS (1865-1957)
Pelléas e Mélisande, op. 46
Devant la porte du château
Mélisande
Au bord de la mer
Une fontaine daus le parc
Les trois soeurs aveugles
Pastorale
Mélisande au rouet
Entr ´acte
La mort de Mélisande
Duración aproximada do concerto: unha hora, 45 minutos
Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que
desconecte os teléfonos móviles, reloxos, etc.
Real Filharmonía
de Galicia
Nace en 1996. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling
(1996-2000) e, actualmente, é Antoni Ros Marbà (2000-2012). En
2013 asumirá a dirección o británico Paul Daniel. A titularidade da
Real Filharmonía de Galicia recae na Xunta de Galicia, é xestionada polo Consorcio de Santiago e ten a súa sede permanente no
Auditorio de Galicia.
Nace en 1996. Su primer director titular fue Helmuth Rilling
(1996-2000) y, en la actualidad, es Antoni Ros Marbà (20002012). En 2013 asumirá la dirección el británico Paul Daniel. La
titularidad de la Real Filharmonía de Galicia recae en la Xunta
de Galicia, es gestionada por el Consorcio de Santiago y tiene su
sede permanente en el Auditorio de Galicia.
DIRECTOR ARTÍSTICO
E TITULAR
ANTONI ROS MARBÀ
DIRECTOR ASOCIADO
MAXIMINO ZUMALAVE
PRINCIPAL
DIRECTOR INVITADO
PAUL DANIEL
VIOLÍNS I
ADRIANA WINKLER
(concertino)
ANCA SMEU
(axuda de concertino)
ILDIKÓ OLTAI **
ANNA ALEXANDROVA
MICHAL RYCZEL
ILYA FISHER
JULIA PETRUSHEVSKAJA
VICTORIA JUROV
CLAUDIO GURIDI
DANIEL KORDUBAYLO
VIOLÍNS II
GRIGORI NEDOBORA *
NIKOLAI VELIKOV **
GYULA VADASZI
IRINA GRUIA
HELENA SENGELOW
ENRIQUE ROCA
SAMIRA AJKIC
ELINA VIKSNE
FRAUTAS
LUIS SOTO
VIOLAS
TILMANN KIRCHER *
NATALIA MADISON **
IONELA CIOBOTARU
OXANA BAKULINA
TIMUR SADYKOV
ANNE SCHLOSSMACHER
ANA MONTORO ***
CLARINETES
BEATRIZ LÓPEZ *
VICENTE LÓPEZ **
VIOLONCELLOS
PLAMEN VELEV *
BARBARA SWITALSKA **
PALMIRA MARTÍNEZ
THOMAS PIEL
AILSA LEWIN
CARLOS GARCÍA
CONTRABAIXOS
CARLOS MÉNDEZ *
ALFONSO MORÁN **
ORIOL XICART
* Principal / ** Coprincipal / *** Alumno EAEM / (R) Reforzo
facebook.com/RealFilharmoniadeGalicia
ÓBOE
CHRISTINA DOMINIK *
ESTHER VIÚDEZ **
FAGOTES
JUAN CARLOS OTERO *
MANUEL VEIGA **
TROMPAS
ALFREDO VARELA *
XAVIER RAMÓN **
TROMPETAS
RAMÓN LLÁTSER *
BRAM SNIEKERS (R)
TIMBAL / PERCUSIÓN
JOSÉ VICENTE FAUS
Paul Goodwin
director
Recoñecido polo seu amplo repertorio e por incorporar a música actual
ao mundo da orquestra, é o director artístico e musical do Carmel Bach
Festival en California e estivo á fronte de orquestras como a da Haia,
Birmingham e Escocia e a Filharmónica da BBC. En Estados Unidos dirixiu
ás orquestras de Minnesota, Washington, Seattle e Filadelfia e, en Europa,
traballou con orquestras de España, Bélxica, Bayerischer e Hessischer, entre outras, e coas Filharmónicas de Rotterdam, Helsinki e Estocolmo. Foi
principal director invitado da English Chamber Orchestra, colaborando con
prestixiosos solistas como Kiri Te Kanawa ou Maria João Pires e, durante
máis dunha década, traballou coa Academy of Ancient Music coa que
gravou a obra coral de Schutz, Zaide de Mozart e dous discos con música
de Tavener. Tres destas gravacións foron nomeadas aos Grammy e aos
Gramophone. En ópera, os seus éxitos máis recentes inclúen Iphigenia
en Tauride coa ópera de Berlín, O Rapto de Lucrecia de Britten no Teatro
Real e Orlando na Ópera de Australia. En 2007 foi condecorado co premio
honorífico Haendel de Halle.
Reconocido por su amplio repertorio y por incorporar la música actual al
mundo de la orquesta, es el director artístico y musical del Carmel Bach
Festival en California y ha estado al frente de orquestas como las de
La Haya, Birmingham y Escocia o la Filarmónica de la BBC. En Estados
Unidos ha dirigido a las orquestas de Minnesota, Washington, Seattle y
Filadelfia y, en Europa, ha trabajado con orquestas de España, Bélgica,
Bayerischer y Hessischer, entre otras, y con las Filarmónicas de Rotterdam,
Helsinki y Estocolmo. Fue principal director invitado de la English Chamber
Orchestra, colaborando con prestigiosos solistas como Kiri Te Kanawa o
Maria João Pires y, durante más de una década, trabajó con la Academy of
Ancient Music con la que grabó la obra coral de Schutz, Zaide de Mozart
y dos discos con música de Tavener. Tres de estas grabaciones han sido
nominadas a los Grammy y a los Gramophone. En ópera, sus éxitos más
recientes incluyen Iphigenia en Tauride con la ópera de Berlín, El Rapto de
Lucrecia de Britten en el Teatro Real y Orlando en la Ópera de Australia. En
2007, fue condecorado con el premio honorífico Haendel de Halle.
Nacionalismo musical inglés
Baseada nunha melodía de Thomas Tallis (c.1505-1585) para o Arcebispo
de Canterbury, Matthew Parker, sobre un salmo que fai referencia á resistencia protestante ante os ameazadores avances do catolicismo español,
Ralph Vaughan Williams (1872-1958) compuxo en 1910 unha Fantasía,
para unha extensa orquestra de corda -dividida en dúas- e un cuarteto de
corda. A obra mantén a polifonía das voces orixinais de Tallis, así como o
misticismo, o son do órgano e o recollemento da contemplación monacal,
para alcanzar unha música ampla, solemne cun clímax sonoro e expresivo no centro da partitura que evoluciona até un solo de violín nunha
coda moi delicada. A obra é un encargo do Festival de Gloucester, Three
Choirs, e estreouse na catedral desta cidade o ano da súa composición
dirixida por Vaughan Williams.
O pai da sinfonía
Franz Joseph Haydn (1732-1809) compuxo máis de cen sinfonías entre
1759 e 1795, polo que se considera un dos sinfonistas máis importantes
da historia da música. As súas achegas técnicas, como incluír unha introdución lenta antes do primeiro movemento ou potenciar o desenvolvemento motivo-tema, levárono a ser recoñecido como o autor da orquestración moderna. A Sinfonía núm. 90 en Do maior, Hob.I/90 foi composta
en 1788, xunto ás núm. 91 e 92, por encargo do conde de Ogny, para a
loxia masónica de París “Loge Olympique”. Nela resolve a unidade de introdución e corpo do movemento inicial, deixando que o material auxiliar
da introdución se converta no tema principal do allegro assai festivo e
enérxico que o segue. O movemento lento é máis reservado, dun lirismo
delicado de dignidade contida que continúa no minueto e no trío para
chegar ao final que destaca pola súa extensa coda.
Nacionalismo musical finlandés
O finlandés Jean Sibelius (1865-1957) escribiu a maior parte da súa obra entre
1880 e 1920. O seu estilo vai desde os seus primeiros traballos da escola vienesa clásica até o inicio do nacionalismo romántico, pasando por unha especie
de neoclasicismo e unha etapa expresionista-impresionista, que o leva a unha
renovación do pensamento sinfónico entendible, principalmente, na actualidade. Tras Debussy, Fauré e Schoenberg, Sibelius compuxo en 1905 para o
Teatro Sueco de Helsinqui, sobre o drama do belga Maurice Maeterlinck, o seu
Pelléas et Mélisande, op. 46, unha suite de música incidental. No primeiro movemento cordas e ventos-madeira introducen un curto tema que termina con
austeros acordes e aparece ‘Mélisande‘ como un tema forte asignado ao corno
inglés. Segue ‘Á beira do mar‘, peza onde as cordas continúan coas densas
sonoridades do material melódico. O pastorale, tamén orquestrado para instrumentos de vento madeira e cordas, ostenta a sutileza da música de cámara.
O sétimo movemento, máis longo e dramático que os anteriores, precede a un
entreacto que podería servir como final sinfónico da obra; sucédeo o conmovedor ‘Morte de Mélisande‘.
Nacionalismo musical inglés
Basada en una melodía de Thomas Tallis (c.1505-1585) para el Arzobispo de
Canterbury, Matthew Parker, sobre un salmo que hace referencia a la resistencia protestante ante los amenazadores avances del catolicismo español,
Ralph Vaughan Williams (1872-1958) compuso en 1910 una Fantasía, para
una extensa orquesta de cuerda -dividida en dos- y un cuarteto de cuerda. La
obra mantiene la polifonía de las voces originales de Tallis, así como el misticismo, el sonido del órgano y el recogimiento de la contemplación monacal,
para alcanzar una música amplia, solemne con un climax sonoro y expresivo
en el centro de la partitura que evoluciona hasta un solo de violín en una
coda muy delicada. La obra es un encargo del Festival de Gloucester, Three
Choirs, y se estrenó en la catedral de esta ciudad el año de su composición
dirigida por Vaughan Williams.
El padre de la sinfonía
Franz Joseph Haydn (1732-1809) compuso más de cien sinfonías entre 1759
y 1795, por lo que se considera uno de los sinfonistas más importantes de la
historia de la música. Sus aportaciones técnicas, como incluir una introducción lenta antes del primer movimiento o potenciar el desarrollo motivo-tema, le llevaron a ser reconocido como el autor de la orquestación moderna.
La Sinfonía núm. 90 en Do mayor, Hob.I/90 fue compuesta en 1788, junto a
las núm. 91 y 92, por encargo del conde de Ogny, para la logia masónica de
París “Loge Olympique”. En ella resuelve la unidad de introducción y cuerpo
del movimiento inicial, dejando que el material auxiliar de la introducción
se convierta en el tema principal del allegro assai festivo y enérgico que
le sigue. El movimiento lento es más reservado, de un lirismo delicado de
dignidad contenida que continúa en el minueto y en el trío para llegar al final
que destaca por su extensa coda.
Nacionalismo musical finlandés
El finlandés Jean Sibelius (1865-1957) escribió la mayor parte de su obra entre
1880 y 1920. Su estilo va desde sus primeros trabajos de la escuela vienesa
clásica hasta el inicio del nacionalismo romántico, pasando por una especie de
neoclasicismo y una etapa expresionista-impresionista, que lleva a una renovación del pensamiento sinfónico entendible, principalmente, en la actualidad.
Tras Debussy, Fauré y Schoenberg, Sibelius compuso en 1905 para el Teatro
Sueco de Helsinki, sobre el drama del belga Maurice Maeterlinck, su Pelléas
et Mélisande, op. 46, una suite de música incidental. En el primer movimiento
cuerdas y vientos madera introducen un corto tema que termina con austeros
acordes y aparece ‘Mélisande’ como un tema fuerte asignado al corno inglés.
Sigue ‘A la orilla del mar’, pieza donde las cuerdas continúan con las densas
sonoridades del material melódico. El pastorale, también orquestado para instrumentos de viento madera y cuerdas, ostenta la sutileza de la música de
cámara. El séptimo movimiento, más largo y dramático que los anteriores, precede a un entreacto que podría servir como final sinfónico de la obra; le sucede
el conmovedor ‘Muerte de Mélisande‘.
próximos concertos
xoves jueves 22 | 21 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Nacho de Paz director
J. M. Sánchez-Verdú
Nosferatu. Eine Symphonie des Grauens
xoves jueves 29 | 21 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Maximino Zumalave director
Ilya Kaler
violín
X. Viaño
Nubes brancas
A. Dvoràk
Concerto para violín e orquestra
en la menor, op. 53
W. A. Mozart
Sinfonía núm. 40 en sol menor, KV 550
AUDITORIO DE GALICIA
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela
DESPACHO DE BILLETES
Tel.: +34 981 571 026 / 573 979
OFICINA
Tel.: +34 981 574 153 / 552 290
Fax: +34 981 574 250
www.compostelacapitalcultural.org
www.auditoriodegalicia.org
www.rfgalicia.org
Descargar