A ESMORGA Temas principais e secundarios •

Anuncio
A ESMORGA
• Temas principais e secundarios
O tema principal pode se−lo histórico−social xa que todo o libro decribe unha sociedade en especial: a galega
de medio século XX.
O outro tema principal é o da xustiza. A estructura da novela é un hilo xudicial aunque tan só aparezan a
respostas de Cibrán Canedo.
Un tema secundario é o das conveniencias sociais. Os protagonistas son dunha clase social baixa pero moitos
dos persoaxes son das clases sociais altas e teñen ainda algúns privilexios.
E correlativo a este é o tema das posibles inxustizas sociais, entre elas a pobreza da maioría dos lugareños o a
sumisión da muller o home sen poder case sair da casa.
• Argumento
Cibrán Canedo relata diante dun xuiz o que fixo unha noite na que os seus amigos convenceronno para sair de
esmorga. Foron de taberna en taberna e facendo un montón de delitos ata que remataron asasinándose os dous
compañeiros: o Bocas e o Milhomes.
• Comentario crítico
Xa dixemos que un dos temas principais é o retrato da sociedade. O autor describe unha esculca sociolóxica
da cidade de Auria bastante crítica. Xa no prólogo di: Esa boa xente de Auria nun tono irónico como
expresando que non deixan de falar uns dos outros. Ademáis di que no casino as forzas vivas, que son as que
teñen poder, non paran de xogar ó mus, etc... Tamén di que os maragatos (extranxeiros) no se queren adaptar á
cidade e a sociedade, tan só pensan en enriquecerse.
Xa no primeiro capítulo cóntanos que non quere mandar ó seu fillo ó hospicio porque danlle auga quente e
pan e o único que fan é rezar todo o día. Tamén critica o seu traballo que é de sol a sol e cobra moi pouco, é
dicir: explotación laboral. Tampouco habería que facerlle moito caso xa que a poboación era lacazana, en
canto caían un par de gotiñas, que en Galicia é moi frecuente, xa tiñan excusa para non aparecer polo traballo.
Todo o mundo coñécese nas vilas, sabe o que fai e o que lle gusta ó próximo e, sobre todo, os seus defectos,
delitos, etc... Esa cercanía fai, xa non só que se coñezan, senón que refiranse uns os outros con alcumes,
normalmente varios alcumes. Ademáis non lles molesta que lles chamen así, téñeno asumido aínda que algún
podería resultar duro.
Cibrán fala da sús noiva: a Raxada, como amiga. Naquel tempo encontrábanse moitos temas tabú e moitos
máis se recordamos que era un xuicio. Ademáis é curioso ver que ningunha muller traballaba fora de casa. Os
traballos de mulleres que se nombran son as protitutas, que era a súa casa e a taberneira, que tamén vivía no
lugar de traballo. Curioso é a facilidade con que fala Cibrán, a pesar dos temas tabú xa nomeados, das putas.
Era algo moi común e tamén as xentes importantes acudían a elas.
A xente común soía falar en galego e os altos cargos en castelán. Pero había moita xente que en determinados
momentos tentaban falar na lingua das clases sociais altas mais o único que conseguían eran unhas palabras en
castelán acompañadas da sintaxe e a maioría das palabras en galego: o chamado castrapo.
1
A poboación era moi inxénua e crédula e viaxaban historias das persoas menos coñecidas da vila como na
novela son os señores de Andrade que, como puidemos observar, na maioría dos casos eran falsas
Cousa comprobada era a dureza que empregaba a Garda Civil cos acusados, aínda que non foran xuzgados,
cando os levaban o coartelillo. Cibrán non para de queixarse e mesmo os dous finais posibles teñen que ver
con esta dureza. Un porque tanto pudo o temor de Cibrán ós golpes que preferiu cravarse unha navalla e o
outro que foron estes mesmos golpes os que lle mataron.
En relación co tema dos nobres tamén no segundo capítulo móstranos como é a vida nun pazo e relata que os
nobres soía pasar grandes tempadas de viaxe e os pazos quedaban en mans dos criados, que algunhas veces
montaban algunha festa cos bens do amo.
Os protagonistas non son os normais das novelas, senón todo o contrario. Son persoaxes vulgares ou aínda
peor. Uns chicos esmorgantes que non paran de cometer delitos. Saen dun problema para meterse noutro e
incluso queman un pazo e asasinanse. Ademáis este é o atractivo da novela, o parecido con calquera do pobo e
a comicidade que de esto xurde.
O xuiz non ten nunca intención de facer xustiza. El, dende un comezo, ten claro que cibrán é culpable.
Algunha vez chégalle a dicir que non se excuse dos seus delitos, algo que enfurece a Cibrán porque sostén que
é inocente. Eu, persoalmente, creo que Cibrán di a verdade, pero tamén creo que non é moi listo. Contao todo
tal como pasou confiando da xustiza verdadeira pero se de verdade quería salir absolto sería mellor que
ometera algunhas das cousas que dixo. Todo o seu argumento basábase en que foron os seus compañeiros os
que fixeron todo e el non quería. A súa desculpa foi a falta de intención e a mala sorte. Así non é de extrañar
que o xuiz aproveitara para encontrar un culpable para unha morea de crimes.
2
Descargar