xunta de galicia - Deputación de Lugo

Anuncio
VIERNES, 28 DE AGOSTO DE 2015
Nº 197
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
Anuncio
Resolución do 14 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información
pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura
gasista consistente nunha estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4
bar para subministración de gas natural a Cervo (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG SA (expediente
IN627A 2015/16-0).
Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo
78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte,
distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural,
e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de
valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de
instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do
petróleo (GLP), sométese a ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e
aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente nunha estación de regulación e
medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Cervo
(Lugo), que promove a empresa Gas Galicia SDG SA.
PETICIONARIO:
Gas Galicia SDG SA, con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n,
Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña).
ANTECEDENTES:
O 04/03/2008 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas
Galicia SDG SA a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de
Cervo (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (07/04/2008) e no Boletín Oficial da Provincia
(02/04/2008).
O 11/09/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou o
proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural en Cervo, promovido por Gas
Galicia SDG SA. Segundo consta neste proxecto de execución, a subministración de gas natural realizarase dende
unha Planta de Gas Natural Licuado (GNL) que se situará no parque empresarial de Cuíña (no concello de San
Cibrao), dende a que partirá a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Cervo, acadando unha lonxitude de
8.416 m.
O 14/09/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas
Galicia SDG SA a autorización administrativa e se aprobou o proxecto de execución da Planta Satélite de GNL
para subministración á rede de distribución de gas natural do termo municipal de Cervo (Lugo), que se publicou
no Diario Oficial de Galicia (16/10/2009) e no Boletín Oficial da Provincia (10/10/2009).
O 07/09/2010 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas
Galicia SDG SA a autorización administrativa e se aprobou a Addenda I ao proxecto de execución de instalacións
da rede de distribución de gas natural en Cervo, que se publicou no Diario Oficial de Galicia (18/10/2010) e no
Boletín Oficial da Provincia (08/10/2010). Segundo consta nesta Addenda I, a rede de distribución no núcleo
urbano de Cervo ampliarase en 2.470 m.
O 07/05/2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou a
Addenda II ao proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural en Cervo. Segundo
consta nesta Addenda II, a rede de distribución no núcleo urbano de Cervo ampliarase en 283 m.
OBXECTO DA PETICIÓN:
O 12/06/2015 a empresa Gas Galicia SDG SA presentou a solicitude de autorización administrativa e
2
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título “Estación de
regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural a
Cervo (Lugo)”.
Con esta infraestrutura gasista, a subministración de gas natural á rede de distribución do núcleo urbano de
Cervo, inicialmente proxectada dende unha Planta Satélite de GNL, pasará a realizarse dende o Gasoduto de
Transporte Básico da Mariña Lucense.
DESCRICIÓN DAS INSTALACIÓNS:
O proxecto “Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para
subministración de gas natural a Cervo (Lugo)” contempla a instalación dunha Estación de Regulación e Medida
(ERM), para a subministración de gas natural á rede de distribución de Cervo, e a extensión de rede necesaria
para levar o gas dende esta ERM ata o futuro punto de conexión coa rede existente no núcleo urbano.
As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nun total de 396 m de tubaxe de polietileno e
aceiro de diferentes diámetros, e o seu alcance resúmese nos seguintes puntos:
- Instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q 2500 D, que se instalará no interior da Posición 06 do Gasoduto de
Transporte Básico da Mariña Lucense.
- Execución dunha extensión de rede en MOP 4 bar, dende a saída da ERM ata o punto de conexión coa rede de
distribución existente en Cervo, na estrada da Deputación LU-P1510 no seu PK 1+200.
- Instalación de válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas á entrada e saída da ERM.
TERMO MUNICIPAL AFECTADO:
A solicitude afecta ao termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo.
ORZAMENTO:
O orzamento das instalacións ascende á cantidade de cincuenta e seis mil cento corenta e sete euros con
oitenta e dous céntimos (56.147,82.-€).
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se
consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da
data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía
e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 - Santiago de Compostela, así como na
Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, Ronda da Muralla, 70 - 27021 Lugo.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015. O director xeral de Enerxía e Minas. Ángel Bernardo Tahoces
R. 3206
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA. DELEGACIÓN
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio
Resolución do 19 de agosto de 2015 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización
administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. ( expte:IN407A
2015/38-2-8232-AT)
Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación
eléctrica que a seguir se describe:
- Solicitante: Inversiones Abuin 2 S.L.
- Domicilio Social: Avda. Meridiana 350- 4º B-Barcelona
- Denominación: L.M.T. e C.T. para salas de cine en C.C. Abella.
- Situación: concello de Lugo
- Características Técnicas:
1-Liña de media tensión en bandexa metálica con orixe no centro de transformación e seccionamento nº. 1
propiedade de Begasa e final no C.T. proxectado, cunha lonxitude de 78 metros en condutor tipo RHZ1 3(1x95
mm2 AI)
2-Centro de transformación en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de
protección e unha de medida cunha potencia instalada de 630 kVa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e
no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as
actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de
instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e
3
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19
de marzo).
Esta xefatura territorial resolve, de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 110/2013, do 4 de xullo
polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, (modificado polo Decreto
116/2014 do 11 de setembro) e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de
instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas
instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás
condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados
establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente
das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a
realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data
da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo
dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer
calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 19 de agosto de 2015. A xefa territorial P.A. (Art. 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo) O xefe do
Servizo de Administración Industrial. Alvaro Rodríguez Vázquez. Pilar Fernández López
R. 3295
CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio
Por Resolución de Alcaldía de día 20 de agosto de 2015 foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas
Particulares e de Prescricións Técnicas que han de rexer na seguinte licitación:
1. ENTIDADE ADXUDICATARIA
a)
Organismo: Concello de Alfoz.
2. OBXECTO DA LICITACION
a)
b)
c)
Descrición do obxecto: A concesión da explotación do servizo de "CAFETERIA NO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE”.
Lugar de execución: A prestación do servizo realizarase nas dependencias e lugares indicados no prego de
condicións técnicas.
Prazo de execución: A duración da concesión será de CINCO ANOS contados a partir da data de
formalización do contrato, podendo ser prorrogado por cinco anos máis.
3. TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACION
a)
b)
c)
Tramitación: Ordinaria.
Procedemento: Aberto.
Forma: Concurso.
4. ORZAMENTO BASE DE LICITACION
a)
Canón: 3.000,00 euros anuais máis o IVE correspondente.
5. GARANTIA DEFINITIVA
Contía: 4 % do prezo de adxudicación.
6. OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION
a)
b)
c)
d)
Perfil do contratante: http://concellodealfoz.sedelectronica.es
Entidade: Concello de Alfoz.
Enderezo: A Seara, s/n - 27773 Alfoz
Teléfono: 982.55.85.81
7. PRESENTACION DAS OFERTAS
Entregaranse na Secretaría municipal durante o prazo de doce días naturais, de dez a trece horas, a contar
dende o seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
4
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
8. APERTURA DAS OFERTAS
Terá lugar as doce horas do quinto día hábil seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións.
9. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACION
Os establecidos no prego.
10. GASTOS DE ANUNCIOS
Serán pola conta do adxudicatario.
Alfoz, 20 de agosto de 2015. O Alcalde, Jorge Val Díaz
R. 3296
CASTRO DE REI
Anuncio
Desafectación do uso público dun camiño na parroquia de Outeiro e cambio de calificación xurídica.
Acordada pola Corporación en Pleno, na sesión ordinaria do día 11 de xullo de 2015, a aprobación
provisional do expediente de desafectación do uso público dun camiño sito en Outeiro, con referencia
catastral 27010F004090770000IA, na parte do camiño que conta cunha superficie total de 2.555,86 metros
cadrados, con un largo aproximadamente de 245 metros e ancho variable no entorno dos 10 metros.
De conformidade co disposto no artigo 8 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado polo RD
1372/1986, de 13 de xuño, e no artigo 86 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, sométese o expediente a información
pública polo prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo, para os efectos de que poida examinarse e formular, no seu caso, alegacións ou reclamacións
durante dito prazo. O expediente pódese consultar na Secretaría do Concello de Castro de Rei (Lugo), na Praza
Maior, nº. 1.
Castro de Rei, 24 de agosto de 2015. O alcalde. Asdo.: Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 3297
GUITIRIZ
Anuncio
Aprobados por Decreto da Alcaldía de 7 de agosto de 2015, os padróns da taxa pola entrada de vehículos a
través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e
descarga de mercancías de calquera clase (vados) e da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas,
cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos (terrazas) correspondentes ao exercicio 2.015,
expóñense ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de quince días, a contar dende o día seguinte ao
da publicación no Boletín Oficial da Provincia, ao efecto de exame e reclamacións, entendéndose que, no caso de
non formularse reclamacións quedarán elevados a definitivos.
Contra os mencionados padróns, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, dende a
finalización do prazo de exposición pública, ante a Alcaldesa deste Concello, ou calquera outro recurso
permitido polo ordenamento xurídico.
O pago das Taxas de este anuncio será en período voluntario dende o día 1 de setembro ata o día 1 de
decembro de 2015 (ambos incluidos), de luns a venres e de nove a catorce horas, na tesourería municipal o unas
entidades financieiras colaboradoras.
Advírtese aos contribuíntes que transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario das taxas, no prazo
sinalado, as débedas esixiranse por vía de constrinximento, recargas, xuros de mora e custas que se produzan.
Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do art. 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de
decembro, Xeral Tributaria.
Guitiriz, 17 de agosto de 2015. A Alcaldesa, Regina Polín Rodríguez
R. 3298
5
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Anuncio
APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO DO
MES DE AGOSTO DE 2015 .
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 20 de agosto de 2015 prestouse aprobación ao Padrón
do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda a domicilio correspondente ao mes de agosto de 2015, de
acordo co seguinte:
-
Padrón correspondente ao mes de agosto :
2053,56 €
Expóñense ao público por prazo de vinte días hábiles, segundo o establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral
Tributaria, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra este
as reclamacións que consideren oportunas.
Iniciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en
voluntaria é o comprendido entre o 01 de setembro de 2015 e o 01 de novembro de 2015.
Ao día seguinte do vencemento do prazo de ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento
executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as recargas do período executivo así como os
correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións que se deriven do presente padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo
ao contencioso- administrativo, no prazo de un mes a contar desde a finalización do período de exposición ao
público de conformidade co establecido no artigo 14.2.c) do real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso
contencioso administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora deste
Xurisdición.
En Pedrafita do Cebreiro a 20 de agosto de 2015. O Alcalde. Asdo.: José Luis Raposo Magdalena
R. 3299
POL
Anuncio
Por Resolución da Alcaldía de data 13 de agosto de 2015, prestouse aprobación ao Padrón da taxa por
recollida de lixo, correspondente ao primeiro trimestre do ano 2015.
Por medio do presente edicto, realízase notificación colectiva das respectivas débedas tributarias nos termos
que se establecen polo artigo 102.3 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Contra as respectivas liquidacións tributarias poderanse interpor polos respectivos suxectos pasivos os
seguintes recursos:
-
Recurso de reposición diante do Sr. Alcalde-Presidente do Concello. Prazo de presentación do recurso:
Un mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
-
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá
interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na
Lei Reguladora da referida xurisdicción.
O pagamento en periodo voluntario deberá facerse efectivo na forma e nos prazos que se establezan polo
Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Lugo entidade na que se ten delegado esta competencia por
parte do Concello.
Pol, 14 de agosto de 2015. O Alcalde, Lino Rodríguez Ónega
R. 3300
6
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
QUIROGA
Anuncio
De acordo co disposto no artigo 38 d) do RD 2568/1986 ,do 28 de novembro, faise público o Decreto de
Alcaldía de 15/06/2015, relativo ao nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, que na súa parte
dispositiva establece:
Visto o sinalado no artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro:
“4.Los nombramientos y ceses serán adoptados con las formalidades prescritas en el número primero del
artículo 46 de este Reglamento.”
Visto o sinalado no artigo 38 d) do R.D. 2568/1986 de 28 de novembro:
“Dentro de los treinta días siguientes al de la sesión constitutiva, el Alcalde convocará la sesión o sesiones
extraordinarias del Pleno de la Corporación que sean precisas, a fin de resolver sobre los siguientes puntos:
(........)
d.- Conocimiento de las resoluciones del Alcalde en materia de nombramientos de Tenientes de Alcalde,
miembros de la Comisión (Junta) de Gobierno, se debe existir, y Presidentes de las Comisiones Informativas, así
como de las delegaciones que la alcaldía estime oportuno conferir.”
RESOLVO:
1. Nomear membros da Xunta de Goberno Local, presidida por esta Alcaldía, ós tres concelleiros, (número non
superior ó tercio do número legal dos mesmos), que a continuación se indican:
- Dona Ana María Núñez García
- Don José Ángel Rodríguez Raposo
- Dona María Dolores Sánchez Durán
2. A Xunta de Goberno Local terá asignadas as seguintes atribucións, sen prexuízo de que por razóns de
urxencia ou por necesidade da xestión municipal, podan ser exercidas polo Alcalde, dando conta a Xunta de
Goberno Local no menor tempo posible:
2.1. A asistencia permanente do Sr. Alcalde no exercicio das súas atribucións.
2.2. As atribucións que esta Alcaldía delega de forma expresa e que a continuación se detallan:
2.2.1.
Dispoñer de gastos, dende 901,52 euros ata o límite da súa competencia.
2.2.2.
Dirixir, inspeccionar e impulsa-los servizos e obras municipais.
2.2.3.
As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non exceda o 10% dos
recursos ordinarios do seu orzamento nin, en calquera caso, os seis millóns de euros incluídas
as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre co
importe acumulado de tódalas anualidades non supere a porcentaxe indicada, referido ós
recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada, conforme o
procedemento legalmente establecido.
2.2.4.
Adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supero o 10% dos recursos ordinarios
do orzamento nin os tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio que non
supere a porcentaxe nin a contía indicados nos seguintes supostos:
2.2.4.1.
A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.
2.2.4.2.
A de bens mobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico dos que non
estea previsto o seu alleamento no orzamento municipal.
2.3. Outorgar as licencias que sexan competencia da Alcaldía.
2.4. A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non
expresamente atribuídas ó Pleno, así como instrumentos de Xestión Urbanística e proxectos de
urbanización.
2.5. As demais que expresamente lle atribúan as leis ao Alcalde, e aquelas que a lexislación do Estado e
das CC.AA asignen ó Municipio e non atribúan expresamente a outros órganos municipais.
3.
A Xunta de Goberno Local celebra sesión constitutiva o próximo 19 de xuño de 2015, de conformidade co
disposto no art. 112.1 do R.O.F., tendo as sesións ordinarias periodicidade semanal, celebrándose o venres
de cada semana.
7
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
Da presente resolución darase coñecemento ó Pleno na primeira sesión que se celebre, ademais notificarase
persoalmente ós designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade
dende o día seguinte o da presente.
Quiroga a 15 de xuño de 2015. Asdo.: Julio Álvarez Núñez. O CONCELLEIRO DELEGADO (Decreto de
15/06/2015). José Enríquez Álvarez.
Quiroga, a 18 de agosto do 2015O CONCELLEIRO DELEGADO, (Decreto de 15/06/2015). -José Enríquez ÁlvarezR. 3301
Anuncio
De acordo co disposto no artigo 38 d) do RD 2568/1986, do 28 de novembro, faise público o Decreto de
Alcaldía de 15/06/2015, relativo ao nomeamento de Tenentes de Alcalde, que na súa parte dispositiva
establece:
Visto o sinalado no artigo 46.1 e 2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro:
“1. Los Tenientes de Alcalde serán libremente nombrados y cesados por el Alcalde de entre los miembros de la
Comisión de Gobierno y, donde ésta no exista, de entre los concejales.
Los nombramientos y los ceses se harán mediante resolución del Alcalde de la que se dará cuenta al Pleno en
la primera sesión que celebre, notificándose, además, personalmente a los designados, y se publicarán en el
Boletín Oficial de la provincia, sin perjuicio de su efectividad desde el día siguiente de la firma de la resolución
por el Alcalde, si en ella no se dispusiera otra cosa.
2. En los Municipios con Comisión (Junta) de Gobierno el número de Tenientes de Alcalde no podrá exceder del
número de miembros de aquélla.”
Visto o sinalado no artigo 62 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e no artigo 38
d) do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro:
RESOLVO:
Nomear Tenentes de Alcalde ós seguintes Concelleiros:
Primeira Tenente de Alcalde:
Dona Ana María Núñez García
Segundo Tenente de Alcalde:
Don José Ángel Rodríguez Raposo
Terceira Tenente de Alcalde:
Dona María Dolores Sánchez Durán
Os Tenentes de Alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír na totalidade das súas funcións e pola
orde do seu nomeamento, ó Alcalde nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite
para o exercicio das súas atribucións, así como desempeña-las funcións de Alcalde nos supostos de vacante na
Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Da presente resolución darase coñecemento ó Pleno na primeira sesión que se celebre, ademais notificarase
persoalmente ós designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade
dende o día seguinte o da presente resolución conforme se indica na vixente lexislación.
Quiroga a 15 de xuño de 2015. Asdo.: Julio Álvarez Núñez
Quiroga, a 18 de agosto do 2015O CONCELLEIRO DELEGADO, (Decreto de 15/06/2015). -José Enríquez ÁlvarezR. 3302
Anuncio
De acordo co disposto no artigo 38 d) do RD 2568/1986, do 28 de novembro, faise público o Decreto de
Alcaldía de 15/06/2015, relativo a Delegacións, que na súa parte dispositiva establece:
Visto o sinalado no artigo 38 d) do R.D. 2568/1986 de 28 de novembro:
“Dentro de los treinta días siguientes al de la sesión constitutiva, el Alcalde convocará la sesión o sesiones
extraordinarias del Pleno de la Corporación que sean precisas, a fin de resolver sobre los siguientes puntos:
(.........)
8
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
d.- Conocimiento de las resoluciones del Alcalde en materia de nombramientos de Tenientes de Alcalde,
miembros de la Comisión de Gobierno, si debe existir, y Presidentes de las comisiones informativas, así como de
las delegaciones que la alcaldía estime oportuno conferir.”
Visto o sinalado no artigo. 43 e 44.2 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro,
RESOLVO:
1.
Sen prexuízo das delegacións e atribucións na Xunta de Goberno Local, efectuar as delegacións que a
continuación se indican:
Servizos básicos e atención ao cidadán
Don José Enríquez Álvarez
Benestar e Igualdade
Dona Ana María Núñez García.
Deportes e piscinas
Don Andrés Novoa Arza
Xuventude e Turismo
Dona Rosa María Arza Rodríguez
Cultura e Eventos
Don José Luís Rivera Castro
Educación e infancia
Dona María Dolores Sánchez Durán.
Medio Rural
Don José Ángel Rodríguez Raposo
As devanditas delegacións abarcan a facultade de dirección dos servizos, así como a súa xestión e a
sinatura de documentos para todos aqueles asuntos, dentro das áreas das súas respectivas competencias,
que vaian a producir efectos fronte a terceiros, quedando excluída a facultade de resolver mediante actos
administrativos que afecten a terceiros, salvo que para casos concretos se realice a oportuna delegación
específica.
2.
Delegar nos membros da Xunta de Goberno Local a sinatura para os asuntos urxentes que non afecten a
facenda municipal.
3. Delegar, en caso de ausencia ou enfermidade, nos Tenentes de Alcalde a competencia para a celebración de
matrimonios civís conforme ó artigo 58 do Código Civil, ata a renovación da Corporación.
4.
Autorizar a sinatura dos visto e prace que deban incluírse nas certificacións emitidas polos funcionarios
municipais, aos seguintes Concelleiros:
- Membros da Xunta de Goberno Local.
- Concelleira/o de Servizos básicos e atención ao cidadán.
- Concelleira/o de Deportes e piscinas.
- Concelleira/o de Xuventude e Turismo.
5.
Delegar a Presidencia das Comisións Informativas no Concelleiro Don. José Luís Rivera Castro, sen prexuízo
de que dita función poida ser asumida pola propia Alcaldía
Da presente resolución, que será notificada ós interesados e publicada no BOP, darase coñecemento ó Pleno
na primeira sesión que se celebre
Quiroga, a 18 de agosto do 2015O CONCELLEIRO DELEGADO, (Decreto de 15/06/2015). -José Enríquez ÁlvarezR. 3303
SARRIA
Anuncio
Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, saneamento e
depuración de augas residuais; recollida de lixo do Concello de Sarria.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e
saneamento-depuración; o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de
contadores, canon da auga e recollida de lixo, correspondente ao segundo trimestre de 2015, o citado padrón
estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no
BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Peregrino nº 31 Portal 1 Baixo; en horario de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións
oportunas.
Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición
previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo
9
Núm. 197 – Viernes, 28 de Agosto de 2015
B.O.P de Lugo
que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende
o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal.
Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o
órgano económico – administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se
entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba
o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas
residuais.
Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos: de notificación
expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; e de
anuncio de cobranza segundo o disposto no artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o
regulamento xeral de recadación.
O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres.
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, ata 30 de setembro de 2.015, as débedas pendentes
esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.
Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en
materia de facenda da Xunta de Galicia.
En Sarria, a 23 de Xullo de 2.015. A Alcaldesa-Presidenta, María del Pilar López Yáñez.
R. 3304
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 28.08.2015 08:00:00 CEST
Razón:
Localización: España
Descargar