MÁSTER UNIVERSITARIO EN FILOSOFÍA. COÑECEMENTO E CIDADANÍA GUÍA DOCENTE | 2016-17 O CONCEPTO ANTROPOLÓXICO DE CULTURA E A DIVERSIDADE CULTURAL 1 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia ten o código P5251103. É unha materia troncal e obrigatoria do módulo I, do Máster universitario en Filosofía. Coñecemento e cidadanía, que xunto as outras cinco materias deste módulo pretenden proporcionar unha formación común aos estudantes. Esta materia impártese durante o primeiro semestre. É de 3 créditos ECTS (divididos segundo o Plan Docente Anual en: 21 h. de clases, das cales, 9h. son de docencia expositiva, 12h. son de docencia interactiva e 3 h. son de títorías de grupo; 52 h. de traballo persoal do/a estudante, incluídas lecturas, estudo e realización de tarefas). Depende do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía. PRERREQUISITOS Non require unha formación previa. IMPARTICIÓN Impartirase en galego. De haber estudantes foráneos que teñan dificultades co idioma, recibirán en hora de titorías as explicacións complementarias necesarias para unha correcta comprensión dos contidos. Ademais, parte da materia está publicada. A materia impártea o prof. T.U. da área de Antropoloxía Social Xosé Ramón Mariño Ferro. O horario da materia é o seguinte: Aulas expositivas: mércores de 16 a 17, 30. Do 14/09/2016 ao 26/10/2016 Aulas interactivas: xoves de 16 a 17, 30. Do 15/09/2016 ao 27/10/2016 2 TITORÍAS Os horarios son os seguintes: mércores e xoves de 17,30 a 20, 30 na oficina 218 de 2º andar. 2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN BLOQUE FORMATIVO NO QUE INTEGRA A MATERIA É unha das materias troncal e obrigatoria que se oferta no Máster universitario en Filosofía. Coñecemento e cidadanía dende a Área de Antropoloxía Social, xunto coa obrigatoria “Patrimonio cultural e identidade” do itinerario de Cidadanía e globalización, e as optativas: “O método etnográfico. O seu uso en humanidades e ciencias sociais” e “Dialécticas entre o rural e o urbano”. É unha materia pertencente ao Módulo I, que comprende tamén as seguintes materias: “Signo, representación, realidade”, “Cidadanía, xustiza e democracia”, “Ciencia, técnica e pensamento”, “Problemas de estética contemporánea” e “Técnicas de traballos de investigación”. PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOQUE Dentro do bloque de materias da área de Antropoloxía, esta materia O concepto antropolóxico de cultura e a diversidade cultural pretende aportar os elementos teóricos claves deste concepto, cerne desta disciplina e unha das súas achegas máis relevantes ás ciencias sociais e as humanidades. Centrarémonos sobre todo nos factores que inflúen na creación cultural e explican a diversidade cultural. 3. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS DA MATERIA Os obxectivos da materia consisten na adquisición de competencias xerais -desexables para a formación xeral en Filosofía- e de competencias propias do campo que cobre esta materia. 3 COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS CG1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras. CG2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo. CG3 - Que os/as estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas. CG4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións. CG5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos. CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. 4 CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación. CT2 - Manexar s analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital. CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas. CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO CE1 ­ Coñecer e comprender consideracións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster. CE2 ­ Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación. CE3 ­ Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster. CE4 ­ Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas. CE5 ­ Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos e deliberar conforme a criterios éticos. CE6 ­ Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar. 5 4. CONTIDOS 1. A cultura Os antropólogos ven no estudo da cultura o obxecto propio da Antropoloxía. A aplicación do termo Cultura ás sociedades humanas foi posterior a 1750. Utilizouse por primeira vez en Alemaña. O seu significado era fundamentalmente o mesmo que segue tendo no seu uso vulgar. Debemos a Edward Tylor a incorporación do termo á Antropoloxía. A cultura segundo Tylor é o conxunto de hábitos adquiridos. 2. Orixe e evolución da cultura Estudaremos os pasos máis decisivos na cultura na historia evolutiva dos seres humanos 3. Relación de cultura e natureza É de grande interese o debate que houbo sobre a relación da natureza e a cultura, na que A. Kroeber e Levi-Strauss tiveron un papel destacado. Veremos esa interesante relación entre cultura e natureza, entre cultura e instinto. E analizaremos o fenómeno da “naturalización”. Poñeremos como exemplo a naturalización dos roles de xénero na cultura occidental. Analizaremos as historias de Aquiles e Martuxiña. 4. Cultura e individuo Analizaremos a relación entre a cultura e os individuos e a súa personalidade, segundo as achegas de Malinowski, M. Mead, Durkheim, Kroeber e White. 5. Sociedades e culturas Os evolucionistas do século XIX concibían a cultura humana como unha realidade única, da que as sociedades concretas participaban en maior ou menor grao segundo o seu estadio de desenvolvemento. Os feitos contradixeron tal presuposto e Franz Boas comezou a utilizar a palabra «cultura» para referirse ao conxunto de costumes, crenzas e institucións sociais de cada sociedade particular. 6 6. O etnocentrismo. Para lograr entender outras culturas, sexan coñecidas por lecturas etnográficas ou polo propio traballo de campo, o antropólogo debe vencer un primeiro escollo: o etnocentrismo. Veremos en que consiste e algunhas das súas manifestacións máis universais. E, sobre todo, veremos exemplos con que superalo. 7. Os factores psicobiolóxicos na cultura Nas creacións culturais inflúen ou interveñen diversos factores. Moitos antropólogos, sobre todo nos primeiros tempos, optaron por factores psíquicos e biolóxicos: a raza, o espírito humano. Malinowski centrouse nas necesidades psicofísicas. Veremos os seus logros e deficiencias. 8. Cultura e medio xeográfico Os antropólogos pregúntanse como repercute o medio xeográfico na produción de alimentos, na densidade de poboación, na estrutura política e, mesmo, na arte e as crenzas. E ao mesmo tempo escudriñan os efectos da acción do home sobre a natureza. Ningún investigador nega o influxo do medio natural na cultura. Pero varía considerablemente a importancia que cada cal lle atribúe. Veremos as posturas e achegas de F. Boas, Marcel Mauss, Evans-Pritchard e as dos defensores da Ecoloxía Cultural. 9. Antropoloxía e historia A cultura, segundo xa vimos, é unha forma, fundamentalmente humana, de adaptarse ao medio ambiente. De aí que os factores básicos que a configuran sexan o hábitat e as características psicobiolóxicas do home. Pero tamén intervén a propia historia, a tradición cultural de cada pobo. Estudaremos o longo debate dos antropólogos sobre a influencia da historia na cultura: os evolucionistas, F. Boas, Lévi-Strauss... Poñeremos o exemplo dunha lenda galega: a cerva branca. 7 5. METODOLOXÍA DA DOCENCIA AULAS EXPOSITIVAS O obxectivo das exposicións é a presentación dos temas incluídos no programa da materia. Nas clases de cada semana expoñerase un tema que se debaterá logo na aula interactiva. AULAS INTERACTIVAS As clases interactivas teñen como obxectivo traballar colectivamente nos contidos das clases expositivas. Aclararanse as dúbidas sobre as cuestións formuladas. Discutiranse os temas e expoñeranse os diferentes puntos de vista. Ademais, os alumnos comentarán o libro de J. S. Kahn El concepto de cultura: textos fundamentales, Barcelona, Anagrama, 248 pp. REQUIRIMENTOS PARA AS AULAS Requírese asistencia e participación activa do alumnado, tanto nas clases expositivas como, por suposto, nas interactivas. 4. AVALIACIÓN Haberá unha proba sobre os temas formulados na aula, que valerá 7 puntos. O comentario sobre o libro de lectura obrigatoria valerá tres puntos. REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE Quen copie nos exames ou plaxie os traballos suspenderá o curso. 8 TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas: · Horas presenciais semanais: 3 horas (9 horas docencia expositiva e 12 horas interactiva) no primeiro bimestre do curso. Aproximadamente, 24 horas no conxunto do semestre. Incluindo 3 horas de titorías. · Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente, 21 horas no semestre. · Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): 2 horas semanais. Aproximadamente, 30 horas no semestre. CALENDARIO DA MATERIA Este é o calendario detallando os contidos que se impartirán en cada sesión. De darse calquera cambio por calquera imprevisto, avisarase con antelación 1ª semana: tema 1 e 2 2ª semana: tema 3 e 4 3ª semana: tema 5 4ª semana: tema 6 5ª semana: tema 7 6ª semana: temas 8 7ª semana: temas 9 7. BIBLIOGRAFÍA ANGELA, P. e A. 1992 La extraordinaria historia del hombre, Madrid, Mondadori, 349 pp. 9 ARSUAGA, J. L. 2001 La especie elegida, Madrid, Temas de Hoy, 341 pp. BEATTIE, John 1972 Otras culturas, México, FCE, 355 pp. BENEDICT, Ruth 1971 El hombre y la cultura, Barcelona, EDHASA, 284 pp. BOAS, Franz 1940 Race, Language and Culture, New York, Macmillan, 647 pp. 1964 Cuestiones fundamentales de Antropología Cultural, Buenos Aires, Solar-Hachette, 286 pp. BOHANNAN, P. 1996 Para raros nosotros, Madrid, Akal, 349 pp. BUXO REY, Mª Jesús 1983 Cultura y ecología en las sociedades primitivas, Barcelona, Mitre, 356 pp. CRAWFORD, C. Joanne 1983 Antropología psicológica. El estudio de la personalidad en la cultura, Barcelona, Cuadernos Anthropos, 70 pp. EVANS-PRITCHARD, E. E 1957 Antropología Social, Buenos Aires, Nueva Visión, 115 pp. 1987 Historia del pensamiento antropológico, Madrid, Cátedra, 265 pp. FIRTH, R. (Ed.) 1974 Hombre y cultura.La obra de Bronislaw Malinowski, Madrid, Siglo XXI, 339 pp. FORDE, C. Daryll 1966 Hábitat, economía y sociedad, Barcelona, Oikos-Tau, 521 pp. GEERTZ, Clifford 1987 La interpretación de las culturas, México, Gedisa, 387 pp. HOEBEL, E. A. e WEAVER, T. 1985 Antropología y experiencia, Barcelona, Omega, 677 pp. GOODENOUGH, W. A. 1964 "Introduction to Cultural Anthropology", en Explorations in Cultural Anthropology, New York, Mac Graw Hill (Trad. en LLOBERA 1975) 1971 "Culture, Language and Society", American Anthropologist (Repr.en KAHN) GUMPERZ, J. J. e BENNETT, A. 1981 Lenguaje y Cultura, Barcelona, Anagrama, 138 pp. HARRIS, MARVIN 1985 El desarrollo de la teoría antropológica, Madrid, Siglo XXI, 690 pp. 1990 Bueno para comer, Madrid, Alianza, 351 pp. HERSKOVITS, Melville J. 1976 El hombre y sus obras, México, FCE, 782 pp. 10 KAHN, J. S. (Ed.) 1975 El concepto de cultura:textos fundamentales, Barcelona, Anagrama, 248 KARDINER, A. 1975 El individuo y su sociedad, México, FCE, 450 pp. KOTTAK, C. P. 2002 Antropología cultural, Madrid, Mc Graw Hill, 418 pp. KROEBER, A.L 1917 "The Superorganic", American Anthropologist 19 (Trad. en KAHN) 1952 The Nature of Culture, Univ. Chicago Press 1969 El estilo y la evolución de la cultura, Madrid, Guadarrama, 286 pp. KUPER, A. 1973 Antropología y antropólogos. La escuela británica 1922-1972, Barcelona, Anagrama, 281 pp. LEACH, R.R. 1971 Replanteamiento de la Antropología, Barcelona, Seix Barral, 222 pp. LEVI-STRAUSS, C. 1970 Antropología estructural, Buenos Aires, Eudeba, 371 pp.) 1974 Estructuralismo y ecología, Barcelona, Anagrama, 47 pp. LEVY-BRUHL, L. 1922 1972 La mentalidad primitiva, Buenos Aires, La Pléyade, 395 pp. LINTON, Ralph 1985 Estudio del hombre, México, FCE, 483 pp. MALINOWSKI, B. 1931 "Culture", Encyclopedie of the Social Sciences (Trad. en KAHN) 1970 Una teoría científica de la cultura, Barcelona, EDHASA, 235 pp. MARIÑO FERRO, X. R. 2004 Introdución á antropoloxía, Editorial Cep, 309 pp. 2016 Imágenes de la mujer y del hombre. Símbolos de sexo, seducción, matrimonio y género, Gijón, Ediciones Trea, 880 pp. MARTÍN, M. K. e VOORHIES, B. 1978 La mujer: un enfoque antropológico, Barcelona, Anagrama, 379 pp. MAUSS, Marcel 1971 Sociología y Antropología, Madrid, Tecnos, 430 pp. 1970 Obras, Barcelona, Barral, 3 vols. MEAD, Margaret 1973 Sexo y temperamento en las sociedades primitivas, Barcelona, Laia, 350 pp. MURDOCK, G.P. 1987 Cultura y sociedad, México, FCE, 315 pp. RADCLIFFE-BROWN, A. R. 1968 Structure et fonction, Paris, Minuit, 316 pp. 1958 El método de la Antropología Social, Barcelona, Anagrama, 203 pp. 11 RAPPAPORT, Roy A. 1987 Cerdos para los antepasados. El ritual en la ecología de un pueblo en Nueva Guinea, Madrid, Siglo Veintiuno, 354 pp. REYNOSO, C. (Ed.) 1991 El surgimiento de la Antropología posmoderna, México, Gedisa, 334 pp. TYLOR, Edward B. 1976 Cultura primitiva, Madrid, Ayuso, 2 vols. WHITE, Leslie 1982 La ciencia de la cultura. Un estudio sobre el hombre y la civilización, Buenos Aires, Paidós, 408 pp. 1959 "The Concept of Culture", American Anthropologist (Reprod. en KAHN) 12