1 Tema 7. Son compatible ciencia e relixión? 1. O cardeal Newman e a súa época. 2. O proceso de secularización. 3. Nova situación político-social. 4. Arte e relixión no século XIX. 5. Encontros e desencontros entre razón e fe. 6. A fe é razoable. Páx. 3 Páx. Páx. 4 Páx. 4 Páx. 4-5 Páx. 5 Tema 8. A Igrexa, renóvase? 1. Xoán XXII e a súa época. 2. A Igrexa renóvase. 3. O Vaticano II, un sopro de aire fresco. 4. Arte e relixión no século XX. 5. Outros momentos de fidelidade e cambio. 6. O exemplo de Xesús. Páx. 6 Páx. 6 Páx. 7 Páx. 7 Páx. 8 Páx. 8-9 Tema 9. Convivir con outras tradicións relixiosas?. 1. Thomas Merton e a súa época. 2. A aplicación do Concilio Vaticano II. 3. A fin do século XX. 4. Arte e relixión a finais do século XX. 5. Momentos de convivencia interrelixiosa. 6. O cristianismo e as demais relixións. Páx. 10 Páx. 10-11 Páx. 11-12 Páx. 12 Páx. 13 Páx. 14 2 TEMA 7: SON COMPATIBLES CIENCIA E RELIXIÓN? 1. O cardeal Newman e a súa época. -Un período convulso: No século XVIII tiveron lugar dous acontecementos de enorme importancia: a independencia das colonias inglesas en América e a Revolución francesa. Dúas personalidades dominan Europa: Napoleón, como líder civil e militar, e Pío VII, como líder relixioso -Época de revolucións: Para os ilustrados, a razón e a única norma e o único camiño para chegar a verdade; para os obreiros, o único camiño para chegar a verdade; para os obreiros, o único camiño para adquirir unha sociedade máis igualitaria e a loita de clases -O ambiente cultural e relixioso: No século XIX prodúcese un notable avance en todos os campos da ciencia e a técnica. No ámbito da comunicación aparecen o telégrafo, o teléfono, o fonógrafo, a telefonía sen fíos: no dos transportes, o motor eléctrico e de gasolina, a locomotora eléctrica, o automóbil; no da física, os raios x; no da medicina detectase o bacilo da peste e o da tuberculose etc. Estes son os descubrimentos que lle deron un notable auxe ao mundo da ciencia. 2. O proceso de secularización. -Que se entende por secularización?: Chamase secularización o proceso polo que as persoas empezan a entender a súa vida, o mundo e a sociedade, sen necesidade de Deus. -O caso Galileo: A evanxelización dos pobos xermánicos consolidouse en Europa unha sociedade cristiá rexida pola autoridade espiritual do Papa e polo poder político do emperador. A igrexa procurou axuda para a súa misión nos francos, que frearan a avance do islam por Europa. A unión entre o poder político e a Igrexa traería mais problemas ca vantaxes. Haberá que agardar un século para que a Igrexa adquira unha relativa independencia de acción. -A orixe do monacato: Algúns cristiáns dos primeiros séculos retirábanse para levar unha vida de completa soidade e pobreza. Estes anacoretas multiplicáronse en Oriente. A maioría deles vivían sos, en grutas. Outros agrupábanse espontaneamente arredor dun monxe destacado que se convertía no mestre espiritual do grupo. En occidente, o monacato foi introducido por sa Bieito. Construíu mosteiros onde os monxes, baixo a mesma regra de vida, compartisen traballo e oración. -A vida nos mosteiros: A vida no mosteiro, orientada á oración e ao traballo, estaba rexida por unha serie de normas recollidas na Regra. Os mosteiros situábanse en lugares próximos a unha fonte de auga, separados dos núcleos de poboación. Constaban de numerosas estancias para facilitar a organización da vida no seu interior. A practica relixiosa da oración e a liturxia era a principal actividade dos monxes, o monxe realizaba durante unha serie de horas ao día un traballo manual. O superior da comunidade recibía o nome de abade (*pai*) a quen todos profesaban respecto e obediencia. Cultivaban a hospitalidade, a fraternidade e a solidariedade cos pobres e desvalidos. 3. Cristianismo e islam. -A expansión do islam: 3 No século VII aparece unha nova relixión: o islam. Mahoma, o seu fundador. Predicou a crenza nun so Deus . O libro sagrado e o Coran. A morte de Mahoma, o islam estendeuse rapidamente pola cunca do Mediterráneo e chegou a rexións que ata entón foran cristiás. -O cristianismo na España musulmá: Os seguidores do islam entraron na península Ibérica no ano 711, fundaron no sur da Península un estado musulmán chamado Al Andalus. Na poboación hispana converteuse ao islam, pero outros cristiáns permaneceron fieis a súa relixión. Chamóuselles mozárabes. A maior parte das igrexas cristiás foron convertidas en mesquitas. Os mozárabes formaron comunidades importantes en Córdoba, Toledo e Zaragoza. Mantiveron unha liturxia propia coñecida como rito hispano - mozárabe. 4. Conflito co poder civil. -A igrexa feudal: As invasións dos pobos xermánicos levaron consigo a descomposición do sistema social vixente ata entón e deron paso ao feudalismo. A sociedade medieval divídese en tres grandes grupos sociais ou estamentos: a nobreza, o clero e o pobo. A igrexa tamén participa deste sistema feudal. Os bispos, imparten xustiza nas súas terras e posúen un exercito propio, son vasalos que dependen dos reis e dos señores feudais, que son os que os elixen. -A guerra das investiduras: A manipulación do poder relixioso por parte do poder civil chegou a extremos alarmantes. A situación derivou na chamada guerra das investiduras. Acordouse que a Igrexa nomearía os bispos a abades, malia que estes habían deberlle obedecía ao seu soberano. 5. A arte románica, un catecismo en pedra. -Escultura: a Biblia contada: A lección e a narración bíblica decoran o edifico. A decoración serve para ensinarlle os fundamentos da fe cristiá ao pobo e concentrase na portada do templo, principal espazo simbólico externo. A portada das igrexas ábrese como un grande espectáculo místico sobre a praza, convidando os fieis a se achegaren a Deus. -Pintura: a Biblia pintada: A pintura ponse ao servizo da narración bíblica. Os interiores cunha decoración ao fresco que configura un espazo espiritualmente arrepiante. Nos frescos da ábsida representase temen o pantocrátor ou Cristo en maxestade, triunfante e xusticeiro. Xunto a el adoitase pintar os emblemas dos catro evanxelistas. 6. Outras formas de estar no mundo. -Activos na contemplación e contemplativos na acción: Monxes e monxas pasan a súa vida en oración, silencio e traballo, sen apenas contacto co mundo exterior. O obxectivo de todo seguidor de Xesús e colaborar na instauración do reino de Deus neste mundo e hai moitas maneiras de exercer esa colaboración. A opción de vida destes monxes e 4 monxas e a de vivir o mais preto posible a presenza de Deus e, coa súa oración, sacrificio e traballo, pedir por todas as persoas que viven no mundo. -Cristiáns no mundo por un mundo mellor: Na igrexa, dedican toda a súa vida a oración e a contemplación no interior dos mosteiros, hai moitos outros modos de compromiso co mundo. Mais dun millón de cristiáns e cristiás dedícanlles parte do seu tempo libre aos mais necesitados, sen esquecer os 20 000 misioneiros e misioneiras españois que dan a súa vida polos “pobres entre os pobres”. Todos eles son cristiáns que, atoparon en Xesús a na comunidade cristiá a razón para traballar por un mundo mellor e se comprometeron en tarefas. 7. O misterio da Igrexa. -Presenza do Espírito de Xesús: A Igrexa manifestase o día de Pentecoste. Iso quere dicir que e obra do Espírito Santo. A Igrexa non pode ser comprendida completamente sen unha referencia expresa as tres Persoas sa Santísima Trindade. -A Igrexa, Sacramento de Salvación: A misión da Igrexa e facer presente a Cristo na nosa historia. A Igrexa fai presente a Cristo como salvador do xénero humano: pola Igrexa e na Igrexa Cristo seguen salvando a humanidade. -A Igrexa e santa: Cristo insistiu e mantén na terra a súa Igrexa santa e mediante ela comunica a verdade e a graza a todos. Dicimos que a Igrexa e santa porque Cristo se entregou a su mesmo a ela para santificala, e enriqueceuna con don do Espírito Santo. Por iso, todos os que forman parte da Igrexa están chamados a santidade. TEMA 5: A Igrexa, pobre e cos pobres? 1. Francisco de Asís e a súa época. -Un século de cambios: No século XII concretáronse cambios fundamentais na sociedade da época. A economía seguía tendo a súa base fundamental no campo -Unha nova clase social: A vida urbana na Baixa idade Media aparece con gran vigor. A nobreza e o clero seguen sendo os estamentos mais importantes, pero moitos comerciantes prosperan dentro das cidades, o que orixina unha nova clase social: a burguesía cidadá. -Unha Igrexa necesitada de reforma: A Igrexa temen se viu influenciada polo auxe económico. Os mosteiros convértense en prosperas unidades económicas que levan as feiras e aos mercados todos os seus produtos.Debido a iso xurdiron diversos movementos relixiosos que rexeitaban esta situación e propoñían unha volta ao mais xenuíno do Evanxeo. 5 2. Unha Igrexa que se reforma, ora e peregrina. -A reforma dos mosteiros: Durante a Alta Idade os mosteiros beneditinos exerceron un importante labor tanto na vida relixiosa como na social e cultural. Enriquecéronse notablemente e os seus abades convertéronse en auténticos señores feudais. Dous foron os seus focos principais: A abadía de Cluny: Os seus monxes comezaron por restaurar os grandes principios da Regra de san Bieito. A abadía de Citeaux o Cister: Os monxes de Cluny tamén foron caendo nalgúns dos erros que cometeron os seus antecesores. -As ordes mendicantes: No século XIII, o desenvolvemento das cidades e a extensión dalgunhas herexías crean unha situación nova na Igrexa. Os sacerdotes rurais eran incapaces de servir as masas de pobres nas cidades. Xorden entón novas formas de vida relixiosa: as ordes mendicantes.Os agostiños ou ermitáns de santo Agostiño, que xurdiron da fusión de diversas congregacións agostiñas, e os carmelitas, que tomaron o seu nome do monte Carmelo. Os frades viven pobremente en pequenas comunidades urbanas. Por iso son chamados “mendicantes”. -As peregrinacións. O camiño de Santiago: A peregrinación e unha viaxe individual ou colectiva, feita por motivos relixiosos, cara a un lugar sagrado. Os tres lugares mais frecuentados foron Xerusalén, Roma e Santiago de Compostela. A fama de Santiago estendeuse por todo occidente a partir do século IX, e adquiriu unha categoría similar a Roma ou Xerusalén. establecéronse rutas fixas e xurdiron así os camiños de peregrinación. Para atender os peregrinos ao longo do camiño creáronse albergues e hospitais, mosteiros e igrexas. 3. Unha Igrexa sacudida polos conflitos. -As cruzadas: A expansión do islam dúas consecuencias. Cortáronse as relacións comercias dos reinos cristiáns con oriente. Os peregrinos tiñan serias dificultades para visitar os Santos Lugares. Papas e reis dos feudos cristiáns organizaron expedicións guerreiras para conquistar Terra santa. As cruzadas fortaleceron o poder do papa e abriron novas rutas comerciais con oriente. -O cisma de Oriente: A separación entre a igrexa latina e a igrexa grega era cada vez maior. Existían razóns políticas, culturais e relixiosas. Todo isto trouxo a ruptura entre as dúas igrexas. -O Cisma de Occidente: No século XIV, a morte do papa Gregorio XI elixiuse un papa italiano, Urbano VI. Os cardeais franceses, postos a mal con el, rexeitaron esta elección e proclamaron papa a Clemente VII que residía en Aviñon. Ambos os dous papas. o de Roma e o de Aviñon, excomungáronse mutuamente. A cristiandade dividiuse no que se chamou Cisma de Occidente. Para solucionar o problema a Igrexa reuniuse no concilio de Pisa que depuxo os dous papas e elixiu un terceiro, Alexandre V. Anos despois, elixiuse un novo papa: Martiño V. Dos tres papas que había ata entón, dous renunciaron (Xoán XXIII e Gregorio XIII), pero non Benedito XIII. 6 4. O gótico, unha arte urbana que procura o ceo. -A arte das catedrais: o ceo na cidade: A esvelteza das catedrais, o baleirado dos grosos muros de pedra e a súa substitución por vidreiras fixeron da luz e a verticalidade os elementos fundamentais da arte gótica. resulta un estilo moi distinto porque responde a outro espírito. A imitación do real e o gusto polos sentidos dos comerciantes e burgueses substitúen progresivamente a xeometría e o simbolismo romántico. -Renacer da cultura: as universidades: A Igrexa impulsa e transmite a cultura cristiá na Idade media. Xunto a mosteiros e catedrais xorden as escolas monásticas e catedralicias. -O canto gregoriano: O canto gregoriano e un canto relixioso cuxas letras proceden dos salmos e doutros textos bíblicos que ten a súa orixe na Idade Media. Actualmente séguese cantando nos mosteiros e en celebración solemnes da Igrexa. 5. Outros momentos de axuda ao necesitado. -As reducións xesuíticas: A palabra “reducións” usábase nos século XVI co significado de “comunidade”, xa que significaba reunir ou congregar en asentamentos de misión. Evanxelización os indíxenas guaranís. Os colonizadores europeos capturaban miles de indios para vendelos como escravos. Así xurdiron as reducións: poboados xestionados polos propios indíxenas. -Carismas ao servizo dos mais pobres: Desde o século XVII ata os nosos días houbo un importante florecemento de institucións, organizacións e accións a favor dos mais pobres. A modernidade e os moitos avances acontecidos no planeta non foron capaces de poñer fin a lacra da miseria, da fame, da pobreza nos seus múltiples rostros. A Igrexa, presente en numerosas iniciativas, de moi diferentes modos, fíxose presente alí onde están os mais pobres por medio de voluntarios, misioneiros, relixiosos e relixiosas, sociedades de vida apostólica etc. Eles son os auténticos destinatarios da acción da Igrexa pobre cos pobres. -San Vicente de Paúl: Vicente de Paúl naceu en Dax en 1581. De familia humilde, traballou como pastor. foi sacerdote aos vinte anos e foi destinado a París. Alí exerceu como párroco e preceptor de nenos dunha atesourada familia parisiense. Ao coñecer a miserable situación en que vivían os campesiños da Francia rural, toda a súa vida ao traballo cos mais pobres. Fundou varias congregacións de relixiosos e relixiosas. Despois morreu o 27 de setembro de 1660. Foi canonizado en 1737. -Madre tareixa de Calcuta: Conxha Agnes naceu o ano 1910 en Skopje (Macedonia). Con dezaoito anos, facerse misioneira, deixou a súa casa para ingresar no Instituto de benaventurada Virxe María. Alí recibiu o nome de irma Tareixa. Viaxou a India e chegou a Calcuta en 1929. alí profesou os seus votos. 7 Anos mais tarde fundou a congregación das Misioneiras da Caridade, dedicadas ao servizo dos mais pobres entre os pobres. Durante os últimos anos da súa vida, a pesar dos seus cada vez mais graves problemas de saúde, a madre Tareixa continuou dirixindo o seu instituto e respondendo as necesidades sos pobres e da Igrexa. Morreu o 5 de setembro de 1997. Seis anos despois foi beatificada polo papa Xoán Paulo II. 6. Tiven fame e déstesme de comer. -Xesús e os pobres: Xesús anúncialles a boa nova aos pobres: afirma que o Espírito do Señor o xurdiu para anunciar aos pobres a boa nova do reino de Deus. Xesús identificase cos pobres: Xesús identificase cos pobres e desgraciados deste mundo. Xesús achegáselles aos necesitados: non e neutral ante as necesidades e inxustizas. Sempre esta de parte dos que mais axuda necesitan -O radicalismo dos Santos Pais: Os Pais da Igrexa sacaron conclusións do que lían na Biblia. Se Deus quixo que on bens da terra sexan para todos, a abundancia de riquezas será inxusta mentres coexista coa pobreza; e isto prescindindo de cómo se obtivesen. -A Igrexa traballa polos pobres: A misión da Igrexa e continuar no mundo a misión de Xesús, e dicir, anunciar o reino de Deus, facelo presente na vida das persoas. Por iso traballa para que o mundo sexa cada vez mais parecido a como Deus desexa. A loita contra a fame, a miseria, a inxustiza e a marxinación social son accións prioritarias na Igrexa.Nada hai tan contrario ao proxecto de salvación de deus como a realidade dun mundo atravesado pola inxustiza e o sufrimento. 8 TEMA 6: A IGREXA AO ENCONTRO DE DEUS? 1. Santa Tareixa e a súa época. -España, un Imperio poderosos: No século XVI, España converteuse na nación mais poderosa de Europa. Coa monarquía de Filipe II consolidouse a unidade peninsular e o imperio colonial estendeuse de tal forma que nas súas terras “nunca se poñía o sol” -Unha sociedade fortemente estamental: A nobreza e o clero posuían a maior parte das terras e ocupaban postos de poder na corte. Opoñíanse a calquera reforma que puxese en perigo os seus privilexios. A maior parte da poboación vivía no campo, traballando as terras de nobre e clérigos en condicións moi duras, habitaban en vivendas pequenas. A burguesía das cidades tiña en España pouca importancia. Existían étnicas marxinadas como os conversos e mouriscos. -Unha Igrexa necesitada de reforma: O sentimento relixioso, sempre intenso en España, aviouse no século XVI como reacción contra o protestantismo.Calquera forma de pensamento relixioso que non comungase cos principios católicos foi duramente perseguida. Moitas das institucións da Igrexa resultaban xa caducas e non respondían as esperanzas dos cristiáns. 2. Os cristiáns ao encontro de Deus. -Nova situación en Europa: O século XV trouxo consigo un forte cambio na forma de vida e no concepto que o home tiña de si mesmo. As principais renovacións: Economía, co inicio do comercio internacional e a banca, o diñeiro convertese no motor de toda actividade. Política, xorden os Estados nacionais e as monarquías fanse fortes. A política desprendese da tutela da Igrexa. Concepción da vida, e o momento do auxe do individualismo, do sentido critico fronte a autoridade e da afirmación da liberdade persoal. -Unha Igrexa necesitada de cambios: A estes cambios hai que engadir a necesidade dunha renovación urxente da vida da Igrexa. Algúns papas e bispos preocupábanse mas das artes e de manter o seu poder que da espiritualidade dos crentes. Baixo clero, con escasas formación, adoitaba levar unha vida pouco exemplar. 9 -Lutero e a reforma protestante: Martiño Lutero un dos protagonistas dos acontecementos relixiosos e políticos do século XVI. Este monxe agostiño de orixe alemá era profesor de Sagrada Escritura na universidade de Wittemberg. A proclamación dunha indulxencia plenaria polo papa León X, cuxos beneficios económicos habían destinarse a construción da basílica se san Pedro, escandalizou a Lutero. Defendía que ninguén poder comprar con diñeiro a graza e a salvación, so Deus as das gratuitamente. na porta do castelo Wittemberg están as súas 95 teste contra as indulxencias. -A reforma protestante en Europa: A reforma protestante estendeuse por Europa. Henrique VIII separase da Igrexa católica ao se proclamar xefe da Igrexa anglicana. -A reforma católica: Co nome de reforma católica a etapa de renovación da Igrexa católica durante os S.XVII e XVII. Tratase da reacción do catolicismo fronte a reforma protestante, Un instrumento fundamental foi o Concilio de Trento. O Concilio formulouse dous fins fundamentais: clarificar os contidos da fe fronte aos interrogantes que supoñía o protestantismo e decretar as normas necesarias para suprimir os abusos, forma o clero e instruír mellor os cristiáns. -Da persecucións ao dialogo: A raíz da separación dos cristiáns en católicos e protestantes, lanzáronse ambos os sectores da Igrexa a unha persecución mutua que encheu de sangue a historia Europea nos séculos XVI e XVII. -Doutrina católica e doutrina protestante: O século XVI foi testemuña da división dos cristiáns de Occidente en protestantes e católicos. Detrás da división había dúas formas diferentes de concibir a vida cristiá. -Ante o tema da salvación, protestantes e católicos coinciden en que o ser humano e pecador, mentres Lutero afirma que o home e radicalmente impotente para salvarse polas obras, o concilio de Trento afirma que o ser humano, dotado de liberdade, pode salvarse cando coopera coa graza de deus coas súas boas obras. -Ante o tema da Igrexa, os protestantes afirman que esta ten como única función proclamar e ensinar a Palabra para que os cristiáns teñan acceso a ela. Os católicos consideran que ademais da Escritura tamén as verdades de fe que proclaman a Igrexa, a partir da Escritura, teñen autoridade. 3. Defensa da fe e expansión misioneira. -O tribunal da Inquisición: A Inquisición nace cando o poder civil e relixioso colaboran na procura dos herexes. En España, no século XV , a inquisición, organizada por frei Tomas de Torquemada, perseguiu duramente os falsos conversos. Eran xudeus que aceptaran bautizarse por conveniencia, pero seguían practicando a súa relixión. 10 Os acusados pola Inquisición eran interrogados as veces mediante tortura. As condenas eran moi diversas: desterro, multas, cárcere, o sambenito ou a morte nunha fogueira. O poder civil apoiaba estas accións intolerantes porque tamén servían aos seus fins. -A expulsión de os xudeus en España: O sentimento de odio e desconfianza cara aos grupos étnicos e relixiosos diferentes do propio e un fenómeno cuxa orixe e difícil de precisar. En España, o rexeitamento aos xudeus manifestouse a finais da Idade Media. As comunidades xudías alcanzaron moitas veces grazas a actividades de empréstitos con intereses abusivos contribuíu a este rexeitamento. Os xudeus foron duramente perseguidos pola Inquisición, que vía neles unha ameaza para a fe católica. Aplicáronselles medidas discriminatorias. prohibiuse exercer determinadas profesións. Finalmente foron expulsados de España polos Reis Católicos. -A evanxelización do mundo: Os grandes descubrimentos dos séculos XV e XVI abriron a porta a unha evanxelización universal. O descubrimento de América comezou unha grande expansión misioneira. Os reis de España e Portugal acudiron a autoridade do Papa para se asegurar a posesión das terras descubertas, co compromiso de evanxelizalas. As leis reais prevían o bo trato aos indios e a supresión dos abusos, pero moitos encomendeiros explotaron os nativos. Pensaron que para inculcar a fe era mellor destruír todo signo cultural e relixión dos pobos indíxenas e bautizar na fe católica. Misioneiros franciscanos, dominicos e xesuítas, viaxaron tamén a Asia e África. Entre estes destacou o xesuíta san Francisco Xavier. 4. A arte humanizada ao servizo da fe. -O Barroco, unha arte para conmover: A arte barroca e a resposta cultural católica a Reforma protestante. A Igrexa católica comprendeu o gran poder da arte como vehículo de propaganda e empregouna para cegar e atraer os fieis que a contemplaban. O barroco busca as liñas curvas, os xogos de luz e cor, o movemento, o dramatismo e a teatralidade. -Arquitectura: Os templos reflicten a grandeza e o triunfo da fe católica. O esforzo decorativo recae na fachada e no retablo do altar maior. -Pintura: A Virxe, os santos e a exaltación da eucaristía son temas recorrentes. As figuras con movementos esaxerados, con posturas e xestos dramáticos, buscan conmover os fieis. -Escultura: En España sobresae a imaxinaria, escultura relixiosa en madeira policromada de gran realismo.Utilizada como medio de instrución relixiosa, procura, ante todo, suscitar a emoción relixiosa, procura, ante todo, suscitar a emoción relixiosa por medio dos retablos e dos pasos da Semana Santa. 5. Deus no centro da vida. -Sentir a Deus: Ao longo da historia, moitas persoas experimentaron un profundo cambio nas súas vidas debido ao encontro cun ser que as transcende, que as fascina e ao cal admiran sobre todas as cousas. 11 A persoa mística non e tanto a que pensa sobre Deus como a que sente a Deus con todo o seu ser. Non e tanto a que fala sobre Deus como a que lle fala Deus e entra en comuñón con el. -Dous místicos españois: España do século XVI dous escritores da Orde do Carmelo alcanzan o cume mais alto de toda a mística española a universal: Tareixa de Xesús e Juan de la Cruz. Santa Tareixa de Xesús, Tareixa de Cepeda y Ahumada, leva o misticismo a súa máxima expresión literaria. Entre os seus escritos místicos destaca. As moradas ou castelo interior San Juan de la Cruz, Juan de Yepes y Álvarez. As súas tres composicións: Noite escura da alma, Cantiro espiritual e Lapa de amor son tres fitos da poesía mística. Na primeira relata como a alma foxe da prisión dos sentimentos e se une ao seu Amado no Cántico espiritual presenta o proceso místico do camiño cara a Deus; e en Llama de amor viva, canta o gozoso encontro co Amado. -Místicos dos séculos XIX-XX: A finais do século XIX e no século XX atopamos na Historia da Igrexa figuras que viviron o encontro con Deus desde unha mística particular. Charles de Foucauld: Nace en 1858 en Estrasburgo, nunha familia da nobreza cuxa divisa era “nunca atrás”. Parte da súa vida pasouna como explorador militar en Alxeria e Marrocos. Abandona o exercito e emprende unha viaxe de recoñecemento a Marrocos. En Francia tivo unha profunda experiencia de conversión. Vivir a vida agochada do humilde e pobre obreiro de Nazaret. Ordenase sacerdote e marcha ao sur de Marrocos a anunciar o Evanxeo a tribo nómade dos tuaregs. A idade de 58 anos, morre por un disparo de fusil no medio dunha revolta antifrancesa dos bérberes. -O irmán Roger e a comunidade de Taize: Taize e un pobo situado ao leste de Francia. Alí ten o seu centro unha comunidade de monxes que foi fundada polo irmán Roger. Aos 25 anos, Roger Schutz instalouse no pobo de Taize. Fillo dun pastor luterano. En Taize prepara a creación dunha comunidade onde sexa posible levar a practica todos os días a reconciliación. Durante dous anos o irmán Roger, vive so. Cultiva a terra e levanta unha pequena capela. Sete irmáns comprométense para toda a súa vida a vivir en común e a gardar o celibato. Os irmáns pertencen a diversas confesións cristiáns e proveñen de 25 países diferentes. Viven en moi diferentes lugares, sobre todo entre os mais pobres. 6. Xesús revela o rostro de Deus. -Deus e Pai: Xesús, cando se dirixe a Deus, chámao Abba, diminutivo cariñoso e familiar da palabra padre. Xesús non lle oraba a un Deus afastado e distante, senón a un Deus próximo, ao que debe obediencia e fidelidade. Xesús vive como un fillo entregado a confiado ao Pai, cumpre a súa vontade e segue os seus mandatos. Xesús fala de Deus preséntao como creador, liberador, alguén que busca a amizade coas persoas as cales lles ofrece a súa salvación. -Deus e un Pai bo: Xesús, como xa sabemos, faláballes aos seus discípulos con parábolas.Para dicirnos realmente quen e Deus, empregou a parábola do fillo estragador, tamén chamada do pai bo. 12 13