Adolfo Monroy Figueroa, fogoneiro e libertario

Anuncio
Adolfo Monroy Figueroa, fogoneiro e libertario
Por Carlos Méixome
A intensa friaxe e humidade debían chegar ata o fondo dos ósos ás catro da mañá
do dez de novembro de 1936, pero, a ben seguro, era moito menos forte que a inmensa
xeada que envolvía os corazóns asasinos que deitaron, aquela noite, na estrada de
Redondela ao Porriño, fronte ao cemiterio de Mos, oito cadáveres.
A tráxica relación, recollida no rexistro de Mos, está encabezada por Adolfo
Monroy Figueroa, veciño de Alcabre, fogoneiro, de 43 anos, casado e con nove fillos.
Acompañábano os cadáveres de Hermenegildo Andrés Castro, solteiro, 31 anos, tamén
de Alcabre; José María Maneiro Pereira, de 23 anos, veciño de Bouzas, casado, con tres
fillos, tamén fogoneiro; Antonio Cerqueira Pousada, mariñeiro de 28 anos, veciño de
Coia e solteiro; o tranviario José Amoedo Puentes, veciño de Santo Tomé de Freixeiro,
casado e con tres fillos; o garda molles Isidro Roque Lusquiños, tiña 30 anos, estaba
solteiro e era veciño do Areal, en Vigo; Manuel Maquieira Solla era confeiteiro, tiña 23
anos estaba casado con dous fillos e residía en Riomao, Lavadores; Enrique Ramos
Rodríguez tiña a mesma profesión, de 41 anos, estaba solteiro e tiña unha filla chamada
Rosa, residía na rúa viguesa de Pi y Margall.
O meu amigo Antonio Monroy, fillo de Adolfo, o primeiro da tráxica listaxe que
achegamos, é o oitavo dos nove fillos que naceron do matrimonio entre Adolfo e Josefa
Álvarez Quintas. Non tiña aínda tres anos cando lle mataron ao pai. Conserva del dous
os tres lampos na súa memoria, supoño que mediatizados polos relatos da nai, irmás e
irmáns e algunhas imaxes fixadas sobre o papel. Conta cando foron prender o pai uns
gardas civís e como o meteron nun automóbil, coñecido como o “coche fantasma”,
propiedade de Erasmo Montenegro 1, un coñecido armador de Bouzas. Relata Antonio
cando ía, con algunha das irmás maiores ou coa súa nai, primeiro ao cuartel de Bouzas
que comandaba o sarxento Camacho 2, logo ao Frontón de María Berdiales, levarlle a
comida ao pai. Lembra como este, inapetente, dáballe a el de comer. Acórdase do día no
que lle dixeron á súa irmá que o pai xa non estaba na prisión, como esta rompeu a
chorar e xa non parou de facelo ata Alcabre e como non entendía nada. Acorda as
angurias da nai na procura do certificado de boa conduta que podía salvar ao marido, de
como o cura de Alcabre llo negou ou de como unha mestra e importante falanxista lle
bateu coa porta nos narices dicíndolle que lle fose pedir o certificado a Santa Rita.
Lembra que unha das súas irmás andou a servir durante cincuenta anos na casa
dun militar golpista. Recorda aquel armador alto, gordo, coa cabeza rapada e un enorme
1
" Outro dos asasinos de Bouzas era un tal Erasmo, un tipo gordo e grotesco que leva un cinto coas cores
vermella e negra da Falanxe e que protexido pola Garda Civil persegue con saña os esquerdistas
escondidos. Eu vino actuar un día en que unhas raparigas estando na praia lle foron denunciar a presencia
por aquela contorna dun fuxido. A caza do home polos gardas civís apurrados por aquel repugnante
persoaxe foi un dos espectaculos máis odiosos que presenciei na miña vida. Anónimo: O que fixeron en
Galicia. 1936, p.73, A Nosa Terra, Vigo, 1998
2
"Aos armadores falanxistas de Bouzas convertidos en verdugos apoiábaos un sarxento de Carabineiros
que chegou a ser tristemente célebre en toda Galiza pola cantidade de asasinatos que pola súa propia man
cometeu e polas terríbeis malleiras que daba ou facía dar aos detidos. Anónimo: O que fixeron en Galicia.
1936, p.73, A Nosa Terra, Vigo, 1998
e ancho cinto co xugo e as frechas. Revive a sensación de fame, de moita fame, e os
laios permanentes, os choros nocturnos da nai, sempre vella, sempre de loito. Lembra as
lágrimas maternas por non poder darlle de comer aos máis pequenos. Matina nos
millóns de mulleres que teñen que ver morrer aos seus fillos e fillas de fame ou de
enfermidade. Relata como a nai os enviou, a el e a súa irmanciña, ao seu Bande natal
para que os cativos escapasen da fame. Dous anos despois regresaron ben repoludos.
Adolfo Monroy Figueroa, fogoneiro dos buques de parella, chamadas
“pastilleras”, que ían ao Grand Sole. Adolfo Monroy, afiliado ao Sindicato de Industria
Pesquera (SIP), adherido á CNT, liderou as reivindicacións mariñeiras durante os anos
da República. As tensións laborais tiveron o seu punto álxido no plante dos vapores de
parella de Bouzas, no verán de 1931, e na importantísima e dura folga que tivo como
catalizador o conflito na conserveira Alfageme e que se prolongou ao longo da segunda
metade de 1932.
Antonio descoñece se o seu pai tivo ou non un papel de relevo neste conflito ou
noutros posteriores; o que si recorda é que a súa nai sempre lle contaba que ao remate
dunha mesa de negociación un importante armador de Bouzas dirixiulle miradas, xestos
e palabras que só se podían interpretar coma ameazas. Como moitos outros, coidou que
non tiña porque fuxir. Un infortunado erro.
Descargar