O estado da astronomía en España a comezos do século XX e a

Anuncio
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI. Págs. 91-114 (2012)
O estado da astronomía en España a comezos do século XX e a eclipse
de sol do 17 de abril de 1912 en Galicia
J. A Docobo, I. Fernández
Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller
Universidade de Santiago de Compostela
[email protected], [email protected]
Resumo
O presente artigo, cuxo fin é lembrar no seu centenario a interesante eclipse
solar do 17 de abril de 1912, versa fundamentalmente sobre o estado da
Astronomía en España a comezos do século XX pero tamén facendo alusión
aos seus precedentes dende algunhas décadas atrás onde empezaron a xestarse,
moitas veces grazas a iniciativas persoais, trocos estruturais que trouxeron
posteriormente importantes beneficios para a Ciencia española en xeral e para
a Astronomía en particular.
Palabras chave: Eclipses de Sol, Galicia, Historia da Astronomía
Summary
The present article is intended to celebrate the Centennial of the solar eclipse
of April 17, 1912. It includes a discussion of the state of Spanish Astronomy
and the important events that enriched it at the beginning of the XX century,
as well as associated astronomic phenomena. Reference is made to the precedents of this resurgence some years earlier when structural changes began
to occur (in many cases, thanks to personal iniciatives) that contributed important benefits for Spanish science, in general, and Spanish Astronomy, in
particular.
Keywords: Galicia, History of Astronomy, Solar eclipses
92
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
Introdución
En certo xeito poderiamos dicir que a eclipse de Sol de 1912 foi o colofón dunha serie de acontecementos que conseguiron darlle á Astronomía española o
pulo que precisaba para consolidarse como unha Ciencia coñecida polo gran
público.
Ademais de salientar algúns asuntos relacionados coa eclipse mencionada, motivo principal deste artigo, non queremos desaproveitar a oportunidade para poñer enriba da mesa diversas cuestións vividas na contorna daquel
acontecemento e que entendemos que poden resultar de interese sobre todo
para os amantes da Astronomía.
Xa a finais do século XIX a Ciencia española comezou a espertar impulsada pola corrente rexeracionista da época. Ademais da creación dalgunhas
Academias e Sociedades de carácter oficial, temos que salientar a aparición
doutras institucións fóra da oficialidade como o Instituto Libre de Enseñanza
(ILE), fundado por Francisco Giner de los Ríos, quen pode considerarse o pai
dun novo xeito de entender a pedagoxía. Este Centro foi un verdadeiro motor
do progreso científico de finais do XIX e principios do XX e outras institucións como o Museo Pedagógico Nacional, a Junta de Ampliación de Estudios
e Investigación Científica (JAE), a Residencia de Estudiantes, as Misiones
Pedagógicas, etc., naceron posteriormente grazas á filosofía que promovía o
ILE.
Así mesmo, a creación do Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes en 1900 foi decisiva non só para loitar decididamente contra a altísima
taxa de analfabetismo existente, senón que serviu para promover a creación
e potenciación de centros de carácter docente e de formación profesional. A
xestión do primeiro titular do Ministerio, Antonio García Álix, constituíu
unha verdadeira reforma do ensino en España. O conde de Romanones, o seu
sucesor no cargo, chegou a crear nove escolas superiores de industria repartidas por toda a Península, entre elas a de Vigo, ao tempo que no eido universitario as novas materias introducidas en case todas as carreiras demostraron o
interese do goberno en que o ensino superior estivese á altura do avance das
ciencias. A reorganización da estrutura educativa promovida durante estes
anos foi, sen dúbida, un gran paso cara a modernidade.
Por outra banda, non existe a menor dúbida que os fenómenos astronómicos previstos para o último ano do século XIX e primeiros do XX, foron o
detonante para a creación de importantes observatorios en España así como
asociacións astronómicas de prestixio. As eclipses de Sol de 1900, 1905 e
1912, así como o achegamento do cometa Halley en 1910, conseguiron chamar a atención da sociedade española da época cara unha Ciencia, a Astronomía, que por aquel entón era prácticamente patrimonio de institucións ofi-
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
93
ciais como o Observatorio de San Fernando e o de Madrid pero con pouca
repercusión na rúa. De feito os poucos interesados por todo o relativo aos
astros tiñan que conformarse con ser membros de sociedades estranxeiras,
fundamentalmente da Société Astronomique de France, fundada por Camille
Flammarion en 1887.
A astronomía oficial española a comezos do século XX
Tal como vimos de comentar, a Astronomía oficial española a comezos do
século XX estaba concentrada en dúas institucións, o Observatorio de San
Fernando como institución militar e o Observatorio de Madrid de carácter civil. O Observatorio de San Fernando foi creado en 1753 por iniciativa de Jorge
Juan y Santacilia nun ambiente ilustrado de rexeración científica. A principios
do século XX os seus principais traballos eran os relativos a súa participación
no proxecto da Carta do Ceo, e ao cálculo das efemérides que se plasmaban
na publicación do Almanaque Náutico.
Figura 1. Retrato de Jorge Juan y Santacilia
Créditos: http://www.roa.es
O Observatorio de Madrid data de 1790 e tamén foi ideado por Jorge Juan,
o cal coñecía a especialización en distintos eidos que se viñan traballando nos
observatorios de Greenwich e de París. En Greenwich traballábase principalmente nos problemas relativos ao cálculo da lonxitude en alta mar e en París
en aspectos relativos da Mecánica Celeste. Jorge Juan propugnaba que en San
94
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
Fernando se realizaran as tarefas que se viñan realizando en Greenwich e que
en Madrid se fixeran traballos equivalentes aos do observatorio parisino (Fernández, 2009). A principios do século XX, as súas principais actividades era
a observación de corpos e fenómenos celestes: planetas, cometas, asteroides,
ocultacións, tránsitos, manchas solares…
Creación de novos observatorios astronómicos
O Observatorio de Cartuja (Granada) foi fundado en 1902 pola Compañía de
Xesús, sendo o seu promotor o P. Juan de la Cruz Granero. O desencadeamento foi a viaxe que realizou este (xunto co P. Ramón Martínez e o H. Luis
Hurtado) para observar e estudar a eclipse de Sol do 28 de maio de 1900, e
a posterior conferencia científica sobre dito suceso que se celebrou o 10 de
xuño dese mesmo ano en Granada, a partir da cal o P. Antonio Osborne ofreceu destinar parte da lexítima familiar para que o proxecto do observatorio
se fixera realidade, coa colaboración ademais de súa nai, a Condesa viúva de
Osborne, que achegou tamén medios económicos para a realización deste. O
edificio inaugurouse o 19 de marzo de 1902, aínda que non dispuxo de todos
os instrumentos ata uns meses despois, entre os que salientou un refractor
Mailhat de 33 centímetros de diámetro e 5,35 metros de distancia focal. As
súas instalacións estaban situadas nas aforas da cidade de Granada nun cumio
a 774 metros de altitude.
O Observatorio Fabra (Barcelona) foi inaugurado o 4 de abril de 1904, e
pertence á Reial Academia de Ciencies i Arts de Barcelona. Anteriormente
houbo varios intentos por parte desta institución por dotarse dunha instalación deste tipo pero limitacións económicas o fixeron imposible. Finalmente,
a construción do observatorio foi unha realidade, grazas á achega económica
de Camilo Fabra, primeiro marqués de Alella, e a disposición do terreo no
monte Tibidabo por parte da Deputación Provincial. Os seus primeiros instrumentos foron un refractor visual e fotográfico Mailhat de 38 centímetros
de apertura (donativo de Camilo Fabra) e un anteollo meridiano Mailhat de
20 centímetros con reloxo sidéreo Dent (achegado pola Deputación). En canto
á actividade astronómica, este Centro, cuxo primeiro director foi José Comas
Solá (1868-1937), dedicouse e dedícase actualmente á observación e estudo
do Sistema Solar, observacións de planetas, satélites, asteroides e traballos
sistemáticos de astrometría.
A apertura do Observatorio do Ebro (Tortosa, Tarragona), pertencente á
Compañía de Xesús, tivo lugar o 8 de setembro de 1904, mentres que a inauguración científica se pospuxo ao 30 de agosto do ano seguinte coincidindo
coa eclipse de Sol en cuxa franxa de totalidade atopábase o propio observatorio. O interese pola Astronomía e a construción de observatorios polos
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
95
xesuítas non foi, en realidade, unha iniciativa de carácter local, senón que
ese interese quedou plasmado así mesmo noutros lugares do planeta. O seu
primeiro director foi o xesuíta Ricard Cirera (1864-1932), o cal xa tiña experiencia investigadora como subdirector do Observatorio de Manila. Dende o
principio o Observatorio centrouse no estudo do Sol e da súa influencia nos
fenómenos físicos observados na Terra. Inicialmente contou cun telescopio
refractor ecuatorial dobre Mailhat (para observación visual e fotográfica) de
16,2 centímetros de apertura e 205 centímetros a distancia focal, e un espectroheliógrafo Evershed, aos que se lles engadiron distintos instrumentos
auxiliares.
O Observatorio Astronómico da Universidade de Barcelona foi o primeiro
observatorio astronómico de carácter universitario que se estableceu en España, o cal foi promovido polo catedrático de Cosmografía e Física do Globo da
devandita institución, Ignacio Tarazona Blanch (1854-1924). Á súa chegada á
Facultade de Ciencias, esta xa dispoñía dun teodolito Repsold, un teodolito
topográfico Brunner e un cronómetro sidéreo Frodsham. Sen embargo, non
existía un edificio preparado para albergar estes instrumentos e en decembro
de 1900, Tarazona enviou ao Ministerio de Instrucción Pública un proxecto
para a instalación, a cal contaba cunha cúpula de 4,5 metros de diámetro.
A resposta foi afirmativa e as obras nos xardíns da Facultade de Ciencias
comezaron en febreiro de 1904. Ademais, grazas a outra axuda económica
deste Ministerio, Tarazona puido adquirir o instrumento principal do Observatorio, un telescopio ecuatorial de 12,7 centímetros de apertura que chegou
a Barcelona en 1905. A principal finalidade deste Centro foi a de formar aos
estudantes nas técnicas básicas de observación.
A creación do Observatorio Astronómico da Universidade de Valencia
débese tamén a Ignacio Tarazona Blanch, agora catedrático de Cosmografía
e Física do Globo nesta universidade dende 1906. É a finais de 1907, cando se
inician os trámites para a construción do observatorio, instalación que se completou en 1910 coa colocación da cúpula xiratoria. Os primeiros instrumentos
astronómicos deste observatorio foron o refractor ecuatorial Grubb de 15,2
centímetros fabricado en 1909, un teodolito topográfico Salmoiraghi (1907)
e un estereoscopio con estereomicrómetro (1908), ademais doutros instrumentos auxiliares. Tarazona, coa axuda do auxiliar de cátedra, Vicente Martí
Ortells, marcou as actividades a realizar: traballos sistemáticos (servizo da
hora oficial e fotografía diaria do Sol), traballos prácticos de carácter docente,
recepción de telegramas meteorolóxicos, traballos especiais (observacións de
eclipses, planetas), e servizos especiais (verificación de cronómetros da mariña mercante, datos de tipo meteorolóxico, declinación magnética, etc.).
A finais da primeira década do século XX, Luis de Ocharan (1858-1926),
industrial de amplos recursos económicos, debido á súa afección á Astro-
96
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
nomía, mandou construír en terreos seus de Castro Urdiales un completo observatorio formado por varios pavillóns separados e dotado do mellor
instrumental da época. Así, nun dos pavillóns con cúpula metálica xiratoria
(fabricada pola casa inglesa Grubb) albergou un refractor ecuatorial dobre
Grubb (visual e fotográfico) de 22,5 centímetros de apertura (óptica Zeiss)
cun buscador Zeiss de 80 milímetros e unha cámara fotográfica Voigtländer.
Na sala meridiana dispoñía dun círculo meridiano Salmoiraghi, un péndulo
de tempo sidéreo Rieffer e un cronógrafo Hipp. Noutra dependencia con funcións de oficina había un reloxo de tempo medio Strasser con regulador Rieffer, un receptor para recibir as señais horarias (enviadas dende a torre Eiffel
por telegrafía sen fíos), un teléfono e outros instrumentos e accesorios. Outro
pabellón con cúpula albergaba un refractor ecuatorial Grubb de 15,6 centímetros con dúas cámaras fotográficas situadas en paralelo: unha cámara con
obxectivo Astro-Tessar de Zeiss de 230 milímetros de apertura e outra con
obxectivo especial para o ultravioleta de Zeiss dotada cun espectrógrafo de
prisma (o cal proporcionaba un espectro de 24 milímetros de lonxitude entre
as raias F e K). Nunha terceira cúpula estaba instalado un refractor Heyde con
obxectivo Zeiss con dúas cámaras (tamén de Zeiss) especialmente construídas para fotografar o Sol, a Lúa e os planetas e outra cámara espectrográfica
Steinheil para fotografar as protuberancias solares. Ademais o observatorio
contiña diversos instrumentos meteorolóxicos, unha biblioteca, laboratorio
fotográfico e obradoiro de reparacións (Oliver, 1997). Os traballos realizados
nestas instalacións foron básicamente de fotografía astronómica, salientando
aqueles nos que unha mesma zona do ceo se rexistraba con obxectivos de
permeabilidade distinta para as radiacións de diferentes lonxitudes de onda
(Aller, 1944). Desafortunadamente todo aquel conxunto de placas que ficou
en Castro Urdiales perdeuse.
Figura 2. Luis de Ocharan
Figura 3. Observatorio Ocharan en Castro Urdiales
Créditos: Oliver, J. M. Historia de la Astronomía Amateur en España
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
97
Pioneiros da astronomía amateur e primeiras asociacións
Entre os pioneiros da Astronomía amateur en España podemos salientar a
José Joaquín Landerer i Ciment (1841-1922). Nado en Valencia, pasou a súa
xuventude en París onde se interesou pola Astronomía e a Xeología. Realizou
observacións astronómicas cos seus propios medios (un refractor Bardou de
108 milímetros de apertura e un teodolito Sancti-Marseille de 55 milímetros)
tanto dende Valencia como dende Tortosa (onde tiña residencias). Os seus
principais traballos de Astronomía foron publicados fundamentalmente en
revistas estranxeiras (especialmente nos Comptes Rendus da Academia de
Ciencias de París), salientando as súas contribucións ao estudo de atmósferas
planetarias (Xúpiter e Saturno), cálculos sobre a rotación de Xúpiter, cálculo
das efemérides das eclipses totais de Sol de 1900, 1905 e 1912, estudo da luz
polarizada da coroa solar nas devanditas eclipses, etc.
Tamén merece un lugar destacado, Augusto Arcimís Werhle (1844-1910).
Nado en Sevilla, logo desprazouse a Cádiz estudando no Colexio de San Felipe
Neri onde recibiu unha gran formación en idiomas. Aínda que posteriormente
fixo a carreira de Farmacia, non exerceu como tal. Polas boas condicións económicas da súa familia puido percorrer distintos países de Europa e visitou
os principais observatorios astronómicos de Francia, Alemaña e Inglaterra,
ademais estableceu amizade con varios astrónomos de renome da época. Ao
seu regreso, instalou en Cádiz un observatorio astronómico particular ao que
denominou Specola. Dende un primeiro momento enfrontouse á Astronomía
oficial e o mellor xeito de facelo foi realizar traballos astronómicos nos que
utilizaba as novas técnicas da Física que se comezaban a empregar en Europa,
xa que dende os Observatorios de Madrid e San Fernando mantíñanse as liñas
e técnicas tradicionais a pesar das novidades científicas que alumeaban unha
nova Astronomía. Así, a partir de 1874 realizou unha serie de traballos, principalmente de espectroscopía, que viron a luz en revistas como Memorie della
Societá degli Spettroscopisti Italiani, Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, The Observatory ou en Nature (Anduaga, 2005). A creación en
1887 do Instituto Central Meteorológico español, impulsado por Giner de los
Ríos e el mesmo, foi quizais o seu logro máis visible. Loitou esforzadamente
pola súa creación tratando de equiparar a España aos países desenvolvidos da
súa contorna. Téñase en conta que a debilidade española neste eido era evidente xa que nesa época só Grecia e Turquía compartían con nós a carencia
dun servizo destinado á previsión do tempo.
Outro dos primeiros astrónomos amateurs foi Rafel Patxot i Jubert (18721964), que fixo construír en 1896 un observatorio en San Feliu de Guíxols (Xirona) que albergou un refractor Mailhat dobre de 22 centímetros de apertura
(o terceiro en tamaño por aquel entón en España, superado só polo refractor
98
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
de 33 centímetros do Observatorio da Mariña e o refractor de 27 centímetros
do Observatorio de Madrid). Patxot contratou a José Comas Solá para facer
traballos no seu Observatorio (ao que Patxot denominou Observatori Català)
dende finais de 1897 ata comezos de 1899, ano no que Comas deixa o proxecto
para construírse o seu propio observatorio na cidade de Barcelona (co nome
de Villa Urania), ao que dotou cun refractor Grubb de 15,6 centímetros, e para
implicarse no nacemento do Observatorio Fabra. No Observatori Catalá fixéronse as primeiras medidas micrométricas de estrelas dobres en España.
Fig. 4. José J. Landerer
Fig. 5. Augusto Arcimís
Fig. 6. Rafael Patxot
Créditos: http://www.racab.es (Landerer), http://www.aemet.es (Arcimís)
e Oliver, J.M. op. cit. (Patxot)
A finais do XIX xurdiron en Cataluña dúas figuras que serían logo decisivas no devir sobre todo da Astronomía pero tamén da Meteoroloxía en
España. Trátase do xa mencionado José Comas Solá (asinaba Josep Comas
i Sola cando escribía en catalán) e Eduard Fontseré i Riba (1870-1970), aos
cales temos que engadir en Galicia a do presbítero Ramón María Aller Ulloa
(1878-1966).
Tamén contribuíu moito ao auxe da Astronomía o asociacionismo. Dende Francia, Camille Flammarion (1842-1925), grande astrónomo amateur e
divulgador, puxo as bases de como se deberían estudar os astros, e como
debería ser a estrutura e o funcionamento das asociacións astronómicas para
o traballo conxunto dos membros e a publicación dos seus resultados. Flammarion foi o fundador da prestixiosa revista L’Astronomie (1882) e da Sociètè
Astronomique de France (1887), á que se engadiron moitos socios de toda
Europa. En España había 68 asociados a 31 de decembro de 1900.
As primeiras asociacións españolas (Sociedad Científica Flammarion de
Jaen e Sociedad Científica Flammarion de Madrid) foron pequenas e efémeras. Mais o 30 de xaneiro de 1910 fúndase a Sociedad Astronómica de Barcelona, sendo Esteban Terradas o seu primeiro presidente, aínda que de seguido
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
99
tomou o testigo Eduard Fontseré. Inicialmente contou con 90 socios, pero
transcorridos 10 meses o número ascendera a 230.
Comas Solá, quizais polas súas desavinzas personais con Fontseré, decidiu crear en 1911 outra asociación, a Sociedad Astronómica de España. A
esta entidade engadeuselle a mención “y de América” en 1912 debido ao gran
número de persoas deste continente que se asociaron. Ambos os dous entes rivalizaron non só en Barcelona, senón tamén a nivel nacional e internacional.
A Sociedad Astronómica de Barcelona desapareceu en 1921, e a Sociedad
Astronómica de España y América (SADEYA), aínda que subsiste hoxendía,
perdeu o gran pulo dos seus primeiros anos de existencia.
Figura 7. Eduard Fontseré
Figura 8. José Comas Solá
Créditos: http://www.icc.es (Fontseré) e Oliver, J.M. op. cit. (Comas)
A situación en Galicia
Entre 1860 e 1900 houbo un importante incremento de alfabetos en Galicia,
chegándose a case 550.000. Non obstante, o nivel de alfabetización era bastante inferior á da media estatal e aínda o número de analfabetos case triplicaba ao de alfabetos.
A sociedade galega no camiño cara o século XX era eminentemente rural.
O 90% da poboación vivía fóra dos sete núcleos urbanos máis importantes.
Por aquel entón, por exemplo, A Coruña só tiña 44.000 habitantes e Santiago
de Compostela aproximadamente a metade. Unha amplísima maioría da poboación dedicábase ás labores agrícolas aínda que tamén é certo que numerosos residentes no rural traballaban en diferentes oficios e pequenos comercios,
ou ben eran obreiros, mineiros ou traballadores por conta allea nalgunhas
fábricas, sobre todo conserveiras. Destas últimas había xa 106 en 1907. Os
100
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
portos da Coruña e Vigo desenvolveron nestes anos unha enorme actividade
tanto comercial como de transporte de viaxeiros, fundamentalmente cara a
emigración.
Polo demais, a Universidade de Santiago de Compostela, cuns mil alumnos, focalizaba a súa actividade principalmente nas carreiras de Humanidades
así como Medicina e Farmacia. As Matemáticas tiñan desaparecido da docencia universitaria galega en 1874 ao ser suprimida a Facultade de Ciencias e
non voltarían aos planos de estudo ata 1922 cando se instauraron os estudos
de Ciencias Químicas. Por suposto tampouco había materias relacionadas coa
Astronomía.
Practicamente os únicos Centros onde se cultivaban as Ciencias en Galicia eran os Institutos de Ensino Medio, nas Escolas de Artes e Oficios, así
como nas Escolas Normais, sen esquecernos da Escola Naval Flotante que
entre 1869 e 1908 formou en Ferrol a varias xeracións de aspirantes a ingresar
na Mariña (Fernández e Docobo, 2011). Por último, tal como xa se mencionou
anteriormente, Galicia contou dende 1901 con outro Centro de referencia, a
Escola de Industrias de Vigo.
Convén salientar, sen embargo, algunhas personalidades autodidactas.
No eido das Matemáticas, o militar Juan Jacobo Durán Loriga (1854-1911)
non só foi a figura galega máis salientable, senón que a nivel estatal pode
dicirse que xunto ao aragonés García de Galdeano eran os matemáticos españois máis prestixiosos do momento. As achegas de Durán Loriga en xeometría alxebraica e xeometría do triángulo tivieron merecido recoñecemento
en varias publicacións internacionais de prestixio, como Comptes rendus de
l´Association Française pour l’Avancement des Sciences, Mathesis, Archiv
der Mathematik und Physik ou Jornal de Sciencias Mathematicas e Astronomicas (Vidal, 1973).
Non podemos tampouco esquecernos de Juan López Soler (1871-1954),
quen ademais de chegar a Xeneral de Brigada do Estado Maior, fixo un bo
número de interesantes achegas tanto en Matemáticas como en Astronomía,
dúas delas publicadas antes de 1912: “Una hora de Astrofísica” (1907) e “El
Cometa Halley” (1910). Mais adiante, López Soler chegou a presidir a Real
Sociedad Matemática Española (Fernández e Docobo, 2011).
Merecen tamén ser nomeados os profesores Fernández e Gallego. David
Fernández Diéguez (1875-1936) profesor na Escola de Artes e Oficios de A
Coruña e logo no Instituto desta cidade, foi autor de varios artigos de Matemáticas en revistas especializadas. Heliodoro Gallego Armesto (1872-1934)
chegou a ser director da Escola de Artes e Oficios de Santiago e publicou diversos tratados sobre Matemáticas e Astronomía, entre eles un sobre a eclipse
de 1905.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
101
Nos primeiros anos do século XX, Ramón María Aller, logo de cursar a
carreira sacerdotal, licenciouse en Ciencias Exactas por ensinanza libre na
Universidad Central de Madrid, ao mesmo tempo que comezou a poñer en
práctica con gran rigor a súa afección pola Astronomía, substentada esta nunha sólida formación tanto en Ciencias como en Humanidades. O seu interese e
capacidade para establecer contactos tanto con profesionais como con outros
afeccionados á Astronomía, permitiron que o seu nome axiña fose coñecido.
En 1905 desprazouse a Narón para observar a totalidade da eclipse solar do 30
de agosto e dous anos máis tarde, dende o seu Lalín natal, rexistrou o tránsito
de Mercurio. Pouco despois co seu teodolito Trougton&Simms realizou unha
serie de observacións do cometa de Joanesburgo 1910a, obtendo con gran
precisión as súas coordenadas, as cales apareceron publicadas no Anuario
del Observatorio de Madrid para 1912 incluidas nun traballo do astrónomo
Antonio Vela.
A súa actividade durante estes anos foi só o inicio dunha extraordinaria
traxectoria científica desenvolvida posteriormente tanto no seu Observatorio
particular de Lalín como anos máis tarde na Universidade de Santiago á que
trasladou o seu Observatorio e onde exerceu a docencia como catedrático de
Astronomía.
Tras a construción entre 1910 e 1911 do Observatorio Ocharan en Castro
Urdiales, o seu propietario e mecenas, Luis de Ocharan, invitouno a traballar
con el. Aller trasladouse a terras cántabras dende 1911 a 1920, especialmente
durante os veráns (Docobo, 1991, 2000, 2011a, 2011b, 2012).
Figura 9. Ramón Mª Aller Ulloa
Créditos: http://www.usc.es/astro
102
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
Ademais da salientable figura de Aller Ulloa, outros afeccionados galegos
á Astronomía deixaron tamén pinceladas da súa paixón por esta Ciencia. É o
caso de Ricardo Parada, de quen nos constan algunhas observacións do planeta Xúpiter realizadas dende Ferrol, así como de Gonzalo Brañas Fernández,
Emilio Nóvoa González, Félix Martínez Segares, Juan Rodríguez Sardiña,
Marcial Miguel de la Iglesia e outros, dos que falaremos máis adiante en relación á eclipse de 1912, motivo principal deste artigo.
A eclipse total de sol de 1900
A eclipse total de Sol do 28 de maio de 1900 deu lugar a que esta fora a primeira vez na que os astrónomos profesionais españois realizaran unha expedición e programa científico propios. Temos que lembrar ao respecto que na
anterior eclipse total de Sol de 1860 os astrónomos españois foron simples
acompañantes.
Para o estudo desta eclipse, astrónomos do Observatorio de Madrid desprazáronse a Plasencia, mentres que os do Observatorio de San Fernando o
fixeron a Elche. Ambas as institucións realizaron publicacións propias sobre
os resultados obtidos “Observaciones del eclipse total de Sol del 28 de mayo
de 1900 verificadas en Plasencia por la Comisión Oficial” (editado en Madrid
en 1900) e “Eclipse total de Sol del 28 de mayo de 1900” (editado en San
Fernando en 1901).
Participaron polo Observatorio de Madrid practicamente todo o seu persoal (só Ramón Escandón permaneceu na capital): Francisco Iñíguez, Antonio Tarazona, Antonio Vela, Pedro Jiménez, Miguel Aguilar Cuadrado,
Gonzalo Reig, Gumersindo Cobo, Vicente Ventosa, Carlos Puente e Victoriano Fernández Ascarza. Contaron tamén coa axuda de Ignacio Tarazona e de
Victoriano Romeo (López Arroyo, 2004). Na expedición do Observatorio de
San Fernando participaron Juan Viniegra –director deste–, José Chereguini,
Francisco Castellanos, Antonio Sotelo, Juan Vélez, Joaquín Torres, Antonio
Pujazón, Manuel Quijano, Lauro Lobo, Francisco Graiño, José Sunyer, Darío
Somoza, Rafael de la Guardia e Isidro Saiz (González, 1992).
Tamén observaron esta eclipse Augusto Arcimís dende Argamansilla,
José Comas Solá e José Joaquín Landerer (estes últimos dende Elche), así
como un bo número de afeccionados dende distintos puntos da Península.
Non temos constancia de que en Galicia se realizaran observacións de interese.
Varias expedicións estranxeiras establecéronse en distintos puntos da
Península para seguir o fenómeno, especialmente procedentes de Francia e
do Reino Unido. Fundamentalmente os traballos científicos consistiron no
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
103
estudo da coroa solar e a cromosfera co emprego de técnicas fotográficas e
espectroscópicas.
Figura 10. Traxectoria da sombra da eclipse de 28/05/1900
Créditos: http://eclipse.gsfc.nasa.gov
A eclipse total de sol de 1905
O 30 de agosto de 1905, a Península Ibérica foi outra vez un lugar privilexiado para a observación dunha nova eclipse total de Sol. Esta eclipse foi máis
importante que o anterior pola ampla duración da totalidade (uns 3 minutos e
medio) e porque se puido ver en tres continentes (América do Norte, Europa
e Norte de África), o que permitiu comparar resultados a un lado e outro do
Atlántico.
En relación co sucedido cinco anos atrás, nesta ocasión houbo un maior
número de expedicións científicas do estranxeiro que se estableceron en España. Así, houbo misións procedentes de Francia, Reino Unido, Estados Unidos (entre elas a do Observatorio Lick na que participou o galego José Casares Gil), Rusia, Holanda, Alemaña e Suíza (Ruiz Castell, 2008). O principal
obxectivo destas expedicións foi, ao igual que na eclipse de 1900, profundar
nos estudos da coroa e cromosfera solar. Aínda que a hipótese da existencia
dun planeta intra-mercurial desvanecera en misións anteriores, esta eclipse
tamén se utilizou para investigar esta cuestión.
104
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
En canto á participación española, tanto a Astronomía oficial como numerosos astrónomos amateurs (moitos máis que en 1900) realizaron traballos
de interese. É de salientar, a expedición do Observatorio de Madrid a Burgos,
a do Observatorio de San Fernando a Soria, e os estudos realizados nos observatorios recentemente creados de Cartuja, Ebro e Fabra. Os observatorios
oficiais de Madrid e San Fernando publicaron memorias sobre os resultados
deste fenómeno baixo os títulos de “Memoria sobre el eclipse total de Sol del
30 de agosto de 1905. Reseña de los trabajos efectuados para su observación”
(editado en Madrid en 1905) e “Eclipse total de Sol del 30 de agosto de 1905”
(editado en San Fernando en 1907). Participaron na expedición do Observatorio de Madrid: Francisco Iñíguez, Antonio Vela, Francisco Cos, Pedro Jiménez Landi e Gumersindo Cobo. Mentres que na do Observatorio de San Fernando tomaron parte: Tomás de Azcárate –director deste-, Serafín Sánchez,
Francisco Castellanos, Antonio Sotelo, Juan Vélez, Lauro Lobo, Manuel Rodríguez, Vicente Guerrero, Juan García de Lomas, Ildefonso Nadal, Salvador
García, Francisco Gil, Ángel Ibáñez, José Bernal, Pedro Charlo, Rodrigo de
la Peña, Antonio Pujazón, León Herrero, Darío Somoza, Isidro Saiz, Joaquín
García, Manuel Campos e Bartolomé Mateo (González, 1992).
Outros astrónomos españois que publicaron en revistas internacionais
sobre este fenómeno foron José Joaquín Landerer, José Comas Solá, Ricard
Cirera o Mario Roso de Luna. En xeral pódese dicir que as expedicións realizadas polos astrónomos españois foron máis completas e mellor organizadas
que as da eclipse de 1900, o que dá unha idea do progreso científico obtido
durante eses anos.
En Galicia é mester mencionar os traballos realizados na Coruña por
Gonzalo Brañas Fernández e tamén as observacións feitas en Narón polo
enxeñeiro militar Ubaldo de Aspiazu (nas que tamén participaron Carmelo
Sanchiz, José Vila, Luis Ribera, Plácido Rey Lemos e Santiago Casares Bescansa, xunto co mozo presbítero Ramón Mª Aller Ulloa). O primeiro publicou
o artigo “Influencia del eclipse de Sol de 30 de agosto último sobre la declinación magnética. Observaciones hechas en La Coruña”, no número 3 dos
Anales de la Sociedad Española de Física.
Son de salientar tamén os traballos realizados por Juan López Soler en
Burgos, que durante as súas observacións detectou no espectro de emisión da
cromosfera as liñas C, F y G´ de hidróxeno e no espectro de emisión da coroa
a liña D3 de helio e liñas de sodio, magnesio e coronium.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
105
Figura 11. Traxectoria da sombra da eclipse de 30/08/1905
Créditos: http://eclipse.gsfc.nasa.gov
Non podemos deixar de comentar aquí a célebre e accidentada ascensión
no globo Urano de Augusto Arcimís e o capitán de enxeñeiros Alfredo Kindelán co obxecto de tomar datos de interese tanto astronómico como meteorolóxico da eclipse. Dita ascensión, que constituíu unha clara mostra de colaboración do Servicio de Aerostación Militar co Instituto Central Meteorológico,
tivo o seu inicio en Burgos e un final feliz na vila rioxana de Préjano. Este
acontecemento está descrito con todo detalle por Manuel Palomares Calderón
(Palomares, 2004, 2010).
A nivel social, a eclipse de 1905 foi todo un acontecemento na Península
Ibérica. En vilas e cidades a xente botouse á rúa para ollar o fenómeno, incluso organizáronse viaxes en tren cara localidades por onde transcurría a totalidade e nos xornais da época insertáronse anuncios de pensións e restaurantes
dalgunhas destas zonas, o que supuxo un dos primeiros exemplos de turismo
científico.
A eclipse de sol de 1912
Tratouse dunha eclipse en principio catalogado como anelar-total tan interesante como preocupante para a comunidade científica dado que os tamaños
106
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
aparentes do Sol e da Lúa preconcebíanse practicamente iguais. Esta curiosa coincidencia provocou evidentes dificultades á hora de precisar non só a
exigua duración da eclipse, senón tamén a anchura da franxa de totalidade.
A iso engadíase a incertidume nos valores das coordenadas xeográficas das
localidades próximas á liña de centralidade, e non digamos xa a mala sona
meteoroloxicamente falando das comarcas nas cales a eclipse ía ser total, sendo estas as claras protagonistas do evento.
Entrando na Península xusto ao sur da cidade de Oporto, a estreita zona
na que a eclipse viuse como “total”, foi ascendendo en diagonal cara Galicia,
pasando por Verín e O Barco de Valdeorras, para saír cara O Bierzo antes de
penetrar en Asturias e finalmente abandonar a Península polo Cantábrico en
dirección ao norte de Francia. O paso da sombra polo noroeste peninsular
estaba previsto entre as 11h 40m e as 12 da mañá do día 17 de abril.
A pesar do seu esforzo e entusiasmo, Augusto Arcimís non conseguíu que
as autoridades potenciaran ao recente creado Instituto Central Meteorológico
(do que foi o primeiro director) como este merecía dado o seu importante servizo público. Numerosas veces o director do Instituto queixouse polo minúsculo plantel ao seu dispor. Só así explícase a deficiente difusión das predicións
meteorolóxicas acrecentada pola mediocre rede de comunicacións propia da
época. Todo iso contribuíu á inquietude das expedicións organizadas para
a observación científica da eclipse. De xeito ilustrativo, permítasenos facer
constar aquí os comentarios de Comas Solá nas horas previas a producirse o
tan ansiado fenómeno astronómico no Barco de Valdeorras, reproducidas do
artigo “El eclipse de Sol del 17 de abril de 1912” publicado no nº14 da revista
da Sociedad Astronómica de España y América (Comas et al, 1912a): “Durante el día 16 el tiempo fue espléndido; pero el barómetro descendía lentamente. El 17, amaneció casi completamente cubierto; las nubes procedían del W.,
es decir, del Atlántico, que es el régimen peor en aquellas regiones. Pero el
calor solar la disolvió luego, y si bien durante el eclipse volvieron a producirse condensaciones nubosas debidas al enfriamiento atmosférico, lo cierto es
que, durante los momentos de la totalidad, los únicos realmente importantes,
en tales condiciones, el Sol se ostentó en una región purísima del cielo, pudiéndose llevar a efecto todo el plan de trabajos proyectado”.
A día de hoxe podemos saber que a nubosidade que comentaba Comas
ben podería tratarse simplemente de estratos ou incluso néboa que se estendía
polo Val do Sil, xa que as condicións meteorolóxicas lonxe de estar dominadas polas borrascas temidas polos astrónomos, eran as correspondentes a un
tempo seco e soleado imposto por un anticiclón instalado en Europa. Deste
xeito, a eclipse puido ser ollado en todo o noroeste peninsular nas mellores
condicións.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
107
Figura 12. Traxectoria da sombra da eclipse de 17/04/1912
Créditos: http://eclipse.gsfc.nasa.gov
Comas Solá foi o único dos astrónomos españois de renome que se desprazou a Galicia para estudar esta eclipse, xa que a maioría das expedicións
que se prepararon para o efecto na Península –tanto de astrónomos españois
como estranxeiros- tivieron como destino a localidade de Cacabelos no Bierzo.
O principal traballo de Comas sobre esta eclipse publicouse no número 192 das Astronomische Nachrichten (Comas, 1912b) revista astronómica
alemana de gran prestixio naquela época. Comas indica neste traballo: “Comisionado por la Real Academia de Ciencias y Artes de Barcelona y en representación del Observatorio Fabra, trasladéme, para observar el eclipse,
a una población denominada El Barco de Valdeorras, situada en Galicia
(España). Mi emplazamiento, que según los cálculos de José J. Landerer,
correspondía a un punto de la línea central, fue de +42º 24´5 de latitud y de
6º 58´7 al W de Greenwich. Mi instrumental se redujo a una cámara cinematográfica, delante de cuyos objetivos había colocado dos prismas de flint de
108
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
60º. Mi intención era obtener las variaciones del espectro solar desde algo
antes de la totalidad hasta algo después de la misma. El tiempo favoreció
completamente las observaciones, y sus resultados han sido completamente
satisfactorios. Desde nuestra estación, el eclipse fue, visual y sensiblemente
total; pero esta totalidad fue instantánea. Cuando desaparecía la falce de la
izquierda, aparecía la de la derecha, ambas diametralmente opuestas. No
obstante, de las fotografías espectroscópicas resulta, con toda evidencia, que
estuvimos ligeramente desplazados hacia el Norte respecto de la línea central. Juzgo, por consiguiente, muy aproximado que la línea central pasó de
uno a dos kilómetros más al Sur de nuestra estación, y que, por lo tanto, un
punto situado a los 42º 23´5 de latitud, y en la misma longitud nuestra, correspondió sensiblemente a la línea central”.
Máis detalles dos resultados obtidos por Comas sobre o rexistro do espectro da cromosfera (espectro lóstrego) poden verse nesta e noutras publicacións
do autor como a mencionada (Comas et al, 1912) e no artigo de Jorge Núñez e
Josep María Codina publicado neste mesmo número da Revista da RAGC.
Fóra de Galicia, realizáronse outras achegas en relación con esta eclipse.
O primeiro astrónomo español que fixo referencia a esta, a modo de descrición preliminar, foi Antonio Tarazona, o cal realizou algúns cálculos sobre
este fenómeno e deu unha relación dos instantes de contacto en distintos lugares. Ricard Cirera fai referencia a estes no volume 162 das Astronomische
Nachrichten (Cirera, 1903).
En 1911 comezaron os traballos previos para a observación da eclipse por
parte do Observatorio de Madrid. Tras conseguir unha subvención do Instituto Geográfico, acordouse determinar con exactitude as posicións xeográficas
de tres puntos onde se podía ollar o fenómeno. Escolléronse as vilas de Cacabelos, Verín e O Barco (porque as tres contaban con estacións telegráficas)
e na devandita tarefa traballaron os astrónomos Francisco Cos e José Tinoco.
No Barco e Verín, atopáronse con malas condicións meteorolóxicas a pesar
de que o recoñecemento fixérono no mes de agosto, ademais no Barco non
subiron aos cumios pola súa dificultade de acceso (ficaron no Val do Sil) e en
Verín tivieron que buscar varios emprazamentos ata atopar un polo que pasara a totalidade. Estas dificultades atopadas en Galicia foron determinantes
para que finalmente o emprazamento escollido fora Cacabelos. Os resultados
destes traballos consérvanse no arquivo do Observatorio Astronómico Nacional baixo o título “Memoria de la determinación de las posiciones geográficas
de Cacabelos, El Barco de Valdeorras y Verín”.
A principios de 1912, o Observatorio de Madrid publicou a “Memoria sobre el eclipse anular y total de Sol del 17 de abril de 1912” para o seguimento
do fenómeno. Neste informe de 61 páxinas datado o 24 de febreiro de 1912
ponse en dúbida se a eclipse sería anelar ou total. Indícase que non é necesario
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
109
enviar unha expedición moi grande nin mercar novos instrumentos. Decídese
ir a Cacabelos (León) e detállase o programa de actuacións para seguir. Na
devandita localidade estiveron Francisco Cos, Miguel Aguilar, Pedro Carrasco e José Tinoco. En Madrid quedáronse Francisco Iñíguez, Pedro Jiménez,
Fernández Ascarza, Gonzalo Reig e Carlos Puente (López Arroyo, 2004). Os
resultados desta eclipse por parte dos astrónomos do Observatorio de Madrid
publicáronse na obra “Eclipse total de Sol del 17 de abril de 1912. Trabajos de
la Comisión oficial encargada de su observación en Cacabelos (León)” publicada polo Instituto Geográfico y Estadístico (Madrid, 1915). Foi impresa por
Bailly-Bailliere e consta de 77 páxinas.
Outros resultados sobre o fenómeno asinados por Francisco Íñiguez
(1853-1922), director do Observatorio de Madrid, foron:
- Íñiguez, F. Observation de l´éclipse de Soleil du 17 avril, faite à
l´Observatoire de Madrid [présentée par Bigourdan]. Comptes Rendus, 154
(1912) 1066
- Íñiguez, F. Observatoire de Madrid. Bureau des Longitudes. Observations de l´Eclipse de Soleil du 17 avril 1912, pp. 51-52.
Cabe citar que astrónomos afeccionados como Mario Roso de Luna tamén seguiron o fenómeno dende Cacabelos. Roso criticou os resultados obtidos polo Observatorio de Madrid no xornal El Liberal.
Sen embargo, quizais os resultados máis salientables publicados sobre
este fenómeno por astrónomos do Observatorio de Madrid foron os de Pedro
Carrasco Garrorena (1883 –1966). Carrasco foi catedrático de Física-Matemática na Universidad Central de Madrid e un membro destacado do Observatorio desta cidade, chegando a ser director deste, ata que no ano 1939 exiliouse
en México debido á súa ideoloxía republicana.
Os principais traballos de Carrasco sobre esta eclipse foron:
- Carrasco, P. Observaciones espectrográficas del eclipse de sol del 17 de
abril de 1912. En Actas del Congreso de la Asociación Española para el Progreso de las Ciencias. Sección 2ª. Astronomía y Física del Globo, 175-231.
Madrid. 1913.
- Carrasco, P. Observaciones espectrográficas del eclipse de sol del 17 de
abril de 1912. Revista de la Sociedad Española de Física y Química. Tomo
XIII, 181-238. Madrid. Imprenta de Arias, 1915.
Carrasco rexistrou o espectro solar polo miúdo. Mediu e identificou máis
de 1900 liñas e argumentou este traballo descritivo cunha análise da distribución e principais características de varias liñas espectrais (Vaquero e Cobos,
2000). Carrasco suxestiona que os elementos químicos representados no espectro non estaban distribuídos de xeito homoxéneo na atmosfera solar e si en
capas de diferentes grosores e densidades. As mesmas conclusións aparecen
no seu artigo publicado no número de xaneiro-febreiro de 1915 da Revista
110
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
de la Sociedad Astronómica de España y América. Cómpre sinalar que unha
nota de Carrasco sobre esta eclipse apareceu no número 96 da revista Nature,
datada o 2 de setembro de 1915.
Tamén realizou interesantes traballos sobre este fenómeno José Joaquín
Landerer i Climent, o cal indicaba no número 25 do Bulletin de la Societé
Astronomique de France que era unha excelente oportunidade para medir
o incerto valor do semidiámetro aparente da Lúa (Ruiz Castell, 2008). Por
exemplo, as Connaissance des Temps para o ano 1897 daban un valor do semidiámetro da Lúa de 15´32´´ 83. Landerer despois da eclipse de Sol do 30 de
agosto 1905 calculou este valor en 15´31´´ 62. Despois de examinar os resultados de distintas observacións feitas en España tras a eclipse de 1912, Landerer
conclúe que este último valor está moi preto do valor exacto.
As achegas de Landerer previas e posteriores á eclipse foron:
- Landerer, J. J. L´Éclipse annulaire et totale de soleil des 16-17 avril 1912.
Bulletin de la Societé Astronomique de France, 25 (1911), 248-251
- Landerer. Sur l´éclipse de Soleil du 17 avril 1912 [présentée par Bigourdan], Comptes Rendus, 154 (1912), 1279-1281
Unha nota de Landerer sobre esta eclipse aparece na Memoria Observations de l´Éclipse de Soleil du 17 avril 1912, publicada polo Bureau des
Longitudes.
O Instituto e Observatorio de Marina de San Fernando non organizou
oficialmente ningunha expedición á zona de totalidade, aínda que si se desprazou a Cacabelos o seu director Tomás de Azcárate Menéndez (1849-1921).
Este Centro publicou en 1913 a obra “Eclipse total de Sol del 17 de abril de
1912” que consta de 23 páxinas. Ademais, no número 33 da Revista de la
Sociedad Astronómica de España y América, Tomás de Azcárate describe
os resultados do fenómeno. Obtén ademais o valor da constante k (relación
dos radios terrestre e luar) que é igual a 0,272289 cunha marxe de erro de 2
millonésimas.
En canto ao Observatorio Astronómico da Universidad de Valencia, Ignacio Tarazona Blanch, director deste centro universitario, enviou os seus
resultados aos Comptes Rendus e presentou unha comunicación sobre as observacións realizadas desta eclipse no Congreso da Asociación Española para
el Progreso de las Ciencias que tivo lugar en Madrid en 1913.
Mais, onde estaba Ramón María Aller o 17 de abril de 1912?
Esta foi a pregunta que nos fixemos cando comezamos a escribir este texto.
Aller dera mostras do seu interese pola observación de eclipses solares acudindo a Narón en 1905. Seguro que tamén estaba enterado da expedición de
Comas Solá (en realidade formada por tres persoas, a súa esposa María Pa-
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
111
txot, o axudante Juan Solá, e el mesmo) a O Barco, localidade suficientemente cércana a Lalín como para non desprazarse ata alí. Tampouco constaban
observacións súas dende as terras do Deza. A resposta a tal pregunta está no
xa mencionado artigo publicado na Revista de la Sociedad Astronómica de
España y América de maio de 1912. Nel atópase un apartado escrito por Luis
Ocharan, no que inclúe dúas fotos da eclipse, e nun dos parágrafos pode lerse
o seguinte: “Se observaron los contactos con el buscador de cometas Zeiss de
80 milímetros, provisto de un helioscopio de Herschel, resultando en tiempo
sidéreo: Primer contacto = 0h 0m 11s5; Último contacto = 2h 48m 23s. Este
último contacto ofrece la doble garantía de haberlo observado yo en el cristal
esmerilado de la cámara de Zeiss, al mismo tiempo que el Sr. Aller lo observaba en el buscador de cometas; y, al confrontar el resultado, solo hallamos
0s5 de discrepancia entre ambas observaciones…”.
Figura 13. Fotografía obtida en Castro Urdiales por Luis de Ocharan e Ramón Mª Aller durante a eclipse do 17 de abril de 1912. Créditos: Revista de la SADEYA
En efecto, Ramón María Aller renunciara a ollar a totalidade da eclipse
co fin de axudar ao seu mecenas no rexistro fotográfico desta, e aínda que na
maioría das fontes figura que se desprazaba ao Observatorio Ocharan durante
os veráns dende 1911 a 1920 (agás en 1916, polo falecemento do seu pai), o
caso é que neste día de abril estaba gozando da magnífica instrumentación
existente daquela en Castro Urdiales.
Houbo outras observacións interesantes realizadas desta eclipse en Galicia, aínda que fóra da zona de totalidade. Salientamos a secuencia de 12 fotos
obtida por José Sellier dende A Coruña, que hoxe pertence á colección privada de Guillermo Escrigas, director do Centro Galego das Artes da Imaxe, e
que foron publicadas no xornal La Opinión o 16 de xaneiro de 2009. Tamén
112
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
é relevante a achega dos tres socios de SADEYA, Nóvoa, Segarés e Sardiña,
os cales fixeron un estudo polo miúdo do fenómeno amosando non só un interesante resumo de observacións de temperatura e presión atmosférica dende
as 10h 13m ata as 13h 50m, senón, e sobre todo, a secuencia de 24 debuxos
asinados por Emilio Nóvoa que dan conta do desenvolvemento completo da
eclipse parcial tal como se viu dende a cidade herculina. Esta interesante
achega está tamén incluída no artigo do nº 14 da revista da SADEYA á cal xa
fixemos referencia anteriormente.
A título anecdótico cómpre sinalar que tanto Emilio Nóvoa González
como Félix Martínez Segarés foron socios fundadores da SADEYA, tendo
respectivamente os números 79 e 78. Juan Rodríguez Sardiña foi socio titular
co número 232, en tanto que Ramón María Aller o foi co 610.
Por último, e a modo de homenaxe aos mestres comprometidos non podemos deixar de comentar as observacións realizadas en Galicia por Marcial
Miguel de la Iglesia xunto cos seus alumnos dende Corme, as cales foron enviadas ao Instituto Geográfico e actualmente atópanse depositadas en Madrid
na sede do Retiro do Observatorio Astronómico Nacional. Tamén as realizadas por Ramón Pérez de Villamil, mestre en Neda, quen mandou toda a súa
información ao Instituto Central de Meteorología tal como consta no xornal
La Correspondencia Gallega do 14 de maio de 1912. Ricardo G. Rivados e
Tomás Martínez Martínez, mestres en Verín e O Barco, respectivamente, teñen publicados as súas achegas nunha comunicación de Tomás de Azcárate,
que apareceu na revista da SADEYA en febreiro de 1914 (Azcárate, 1914).
Neste mesmo artigo poden lerse tamén os interesantes comentarios de Rafael
Marín de la Escalera (Capitán de infantería e enxeñeiro), de Juan Alvarado,
director da escola Sierra Pambley de Villablino, de Manuel Núñez, rexistrador da propiedade en Verín, de Sebastián González dende Sancedo (León), de
Amadeo Pérez dende Fresnado (León), de Adolfo Fernández dende Toreno e
do profesor de primeiro ensino de Pola de Siero, Manuel Suárez Fernández.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXXI
113
Bibliografía
Aller R M (1944) Los observatorios de Lalín y Santiago. En: Publicaciones del Observatorio de
Santiago. Vol. I.
Anduaga A (2005) La regeneración de la astronomía y la meteorología españolas: Augusto Arcimís
(1844-1910) y el institucionismo. En: Asclepio-Vol. LVII-2-2005, 109-128.
Azcárate T de (1914) Eclipse de Sol del 17 de abril de 1912. En: Revista de la Sociedad Astronómica
de España y América. Año IV. Nº 33. Febrero de 1914.
Cirera R (1903) Eclipse totale et annulaire de soleil du 17 avril 1912. En Astronomische Nachrichten,
162, 101.
Comas J et al. (1912a) El eclipse de Sol del 17 de abril de 1912. En: Revista de la Sociedad Astronómica
de España y América. Año II. Nº 14. Mayo de 1912.
Comas J (1912b) Sonnenfinsternis 1912 April 17 von Herrn Jose Comas Sola, Director des
Observatoriums Fabra in Barcelona. En: Astronomische Nachrichten, 192: 205-207.
Docobo JA (1991) La obra científica de Aller Ulloa. Santiago de Compostela. Fundación Alfredo
Brañas. 80 p. ISBN: 84-404-9716-4.
Docobo JA (2000) Astronomía a simple vista. 50 años después. En: Descubrindo. Anuario de Estudios
e Investigación de Deza, Nº 2, 351-388.
Docobo JA (2011a) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia. En:
Revista de la Real Academia Galega de Ciencias, 30: 127-168.
Docobo JA (2011b) A recuperación do emblemático observatorio de D. Ramón María Aller en Lalín.
En: Descubrindo. Anuario de Estudios e Investigación de Deza, Nº 11, 99-147.
Docobo JA (2012) Ramón María Aller Ulloa. En: Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega.
Dispoñible online en http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/
Fernandez I (2009) Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel Docobo
Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 403 p. ISBN: 978-84-692-70028.
Fernandez I, Docobo JA (2011) As matemáticas e a astronomía en Galicia. Servizo de Publicacións
e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. 140 p. ISBN: 978-849887-819-6.
Gonzalez FJ (1992) El Observatorio de San Fernando (1831-1924). Edita: Ministerio de Defensa. 388
p. ISBN 84-7823-178-1.
López Arroyo M (2004) El Real Observatorio Astronómico de Madrid (1785-1975). Editado por:
Dirección General del Instituto Geográfico Nacional. ISBN: 84-95172-86-0.
Oliver JM (1997) Historia de la Astronomía Amateur en España. Edita: Equipo Sirius (Madrid). ISBN:
84-86639-84-0.
Palomares M (2004) Los 90 primeros años. En: VV. AA. El Instituto Nacional de Meteorología: un
reto tecnológico. Edita: Centro de publicaciones del Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.
Libro conmemorativo del vigésimo quinto aniversario de la creación del Instituto Nacional de
Meteorología.
Palomares M (2010) La ascensión en globo de Augusto Arcimís en 1905. Dispoñible online en: http://
www.divulgameteo.es/
Ruiz Castell P (2008) Astronomy and Astrophysics in Spain (1850-1914). Newscastle, Cambridge
Scholars Publishing.
Vaquero JM, Cobos JM (2000) Pedro Carrasco Garrorena (1883-1966): Una aproximación a su
biografía (I). Llul, 23: 711-733.
Vidal E (1973) Influencia de algunos matemáticos y universitarios en el renacimiento cultural de Galicia:
Discurso inaugural leído en la solemne apertura del curso académico 1973-1974. Santiago de
Compostela. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
Descargar