Escola Infantil 2-3 anos - Colexio La Salle Ferrol

Anuncio
De ti depende, de
ti dependo
Como cada curso escolar cando chega o mes
de xuño e imos rematando a nosa tarefa empezamos a botar a vista atrás para lembrar
todo o que nos propuxemos os primeiros días
do mes de setembro. O lema deste curso “DE
TI DEPENDE, DE TI DEPENDO” pretendía traballar o valor da RESPONSABILIDADE.
O noso fundador San Xoán Bautista de La Salle soubo proxectar este valor en todo o seu
itinerario vital e en todas as súas iniciativas
que puxo en marcha. O seu proceso vocacional é coñecido: foi de compromiso en compromiso e case sen decatarse facéndose responsable das escolas.
No noso Carácter Propio dise:
“Axudamos aos educandos a tomar decisións
coherentes cos seus valores e crenzas, conscientes das obrigacións e consecuencias que
diso se derivan. Os alumnos atopan oportunidades para exercer a súa responsabilidade:
fidelidade á palabra dada, traballo persoal,
participación na vida escolar, desenvolvemento de hábitos de orde e puntualidade ”
Carácter Propio dos
Centros La Salle, p. 9
Unha persoa é responsable cando actúa
consciente, sendo ela mesma a que estea
obrigada a responder ante os feitos acontecidos. Tamén é aquela que cumpre coas súas
obrigas poñendo toda a súa atención no que
fai e decide.
A responsabilidade é un valor que executamos
todos os días. Este valor se fomenta desde
idades moi temperás. Durante o presente curso demos asignado aos máis pequenos do colexio pequenas accións sempre acordes á súa
idade. Estas responsabilidades fómolas creando á medida da idade dos rapaces e rapazas. Non podemos ofrecer responsabilidades
aos alumnos que lles vai custar asumir, é dicir
que non poidan ser executadas. Tivemos que
ir dando responsabilidades pouco a pouco ata
crear nos alumnos un hábito.
Trátase dun valor esencial para a nosa vida: é
algo que se nos vai inculcando desde pequenos (fogar e familia), logo na escola e despois
vainos afectar na nosa vida de adultos.
As persoas que practican este valor ao longo
da súa vida adoitan ter máis éxito tanto a nivel
profesional como persoal.
Manuel J. Castro Torres
Índice
Editorial
Sallenet, o xestor integral
Proxecto HARA e P.A.R.
Entrevista cos novos profesores
Escola Infantil
Educación Infantil
Primeiro ciclo de Primaria
Segundo ciclo de Primaria
Terceiro ciclo de Primaria
Fotografías das clases
Voz Natura
2
3
4
5
6-7
8-10
11-12
13-14
15-16
17-26
28-29
Pastoral
SalleJoven
PROYDE
Viaxe a Portugal
Convivencia de 4º da ESO
Animación lectora
Roberto Vidal Bolaño
Entroido
Samaín e Día da Paz
Festas colexiais
Milla La Salle
Premios dos nosos alumnos
30
31
32
33-34
35
36
37
38
39
40-41
42
43
Publica: Colexio La Salle Ferrol. Xuño de 2013. © Todos os dereitos reservados.
2
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Sallenet,
o xestor integral
Aínda que sexa xa un membro máis da
familia lasaliana e para moitos alumnos
sexa costume mirar as notas diariamente, o noso novo xestor educativo, Sallenet, é unha das novidades de este ano.
Sallenet é un xestor integral, creado coa
base do software libre e a plataforma
Moodle en exclusividade para os centros La Salle de España. Grazas ao traballo do equipo de informáticos dende
Madrid e aos profesores encargados do
proxecto no centro, ten enormes posibilidades educativas e de xestión, que temos que ir incorporando nos vindeiros
cursos.
Aínda nos queda moito que aprender e
imprementar de Sallenet, polo que non
vos sorprendades se o vindeiro curso,
coas novas credenciais, descubrides
importantes novidades. Coma unha ferramenta do século XXI, está en constante desenvolvemento, sempre axustada ás necesidades dos colexios La Salle
coma o noso.
Por exemplo, permite que as familias e
alumnos coñezan dun xeito rápido e eficaz todas as notas dunha materia (en
Educación Secundaria) ou seguir as faltas de deberes, material, ausencias, retrasos... (en todas as etapas). Cun completo módulo de incidencias, toda a comunidade educativa está informada da
traxectoria dos alumnos. Os novos boletíns de notas están tamén programados
nesta plataforma.
Pero Sallenet é moito máis que un programa para as notas: permite crear cursos para facilitar a aprendizaxe nas aulas e na casa, traballar en grupo, facer
exames, ter dispoñibles recursos de utilidade ou organizar horarios e planificar
clases, tarefas e o estudo diario.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
3
Proxecto
HARA
Como xa presentabamos o ano pasado,
este curso comezamos coa implantación do Proxecto Hara, específico de La
Salle para traballar a Interioridade, nas
planificacións anuais de todos os cursos
do colexio, cunha serie de sesións repartidas ao longo do curso.
Tamén como novidade, as convivencias
anuais das aulas fixéronse neste formato, xa que viñan programadas dentro do
proxecto.
A resposta por parte do profesorado e
dos alumnos foi moi positiva e tentaremos mellorar cada ano a participación e
motivación de toda a comunidade educativa polo proxecto, cousas que nós
considerabamos indispensables para a
nosa vida.
Plan de
Achegamento
á Realidade
Un dos proxectos máis característicos
do noso centro é o P.A.R., que nos permite achegarnos á realidade concreta
da nosa sociedade ferrolá cunha ollada
solidaria. Todos os cursos, dende os
pequerrechos da Escola Infantil ata os
finalistas da ESO elixen unha realidade
concreta e traballan sobre ela ao longo
do curso: a inmigración, as persoas sen
teito, a discriminación, as discapacidades...
4
La Salle fundou escolas encarnadas na
cultura da súa época. Polas pegadas do
seu camiño nós tamén queremos coñecer a realidade que nos rodea e comprometernos con ela para facela, pouco
a pouco, máis xusta e solidaria.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Entrevista cos novos profesores
Javier e
David
Este ano tivemos dous profesores novos, ambos na ESO: David Alonso e Javier Ameneiro, que estiveron dando clase de música e de francés e inglés respectivamente. Velaquí unha mostra dun
intre que pasamos con eles:
- Estabas moi nervioso o primeiro día?
Ante un novo traballo sempre estás nervioso.
- Que é o que máis che gustou?
As instalación, os compañeiros e os
alumnos.
- E o que menos?
Algún día o comportamento dos alumnos.
Entrevista con Javier
(por Joaquín e Laura, de 1º ESO):
- Como foi a túa experiencia neste curso?
Foi moi positiva, moi enriquecedora no
persoal á hora de tratar cos rapaces e
seguir cunha dinámica de traballo diario
nas clases.
- Como te levas cos compañeiros?
Entrevista a David
(por Ainoa e Christian, de 3º ESO)
- Como te sentes no noso colexio?
Moi ben, síntome moi arroupado.
- Como foi a túa experiencia neste primeiro ano no colexio La Salle?
Pois moi positiva, sempre está ben traballar en colexios novos.
- Antes traballaches nalgún outro centro?
O trato con eles é moi bo, sempre que
se me presentou unha dúbida axudáronme a resolvela e o ambiente de traballo é distendido.
- Como te levas cos alumnos?
En xeral, o trato cos alumnos é bo, sempre hai algún que plantexa algún problema, pero cando se fala co rapaz fóra
da clase, sempre responden positivamente.
- Sinala un aspecto positivo do teu traballo
Si, traballei no Valle-Inclán, no Ayala, no
Jorge Juan e linguaxe musical nunha
escola de música.
O contacto coa xente nova e a posibilidade de transmitirlles coñecementos
que lles poden ser de utilidade para o
día de mañá.
- Foi fácil integrarte nestes centros?
- Sinala un aspecto negativo:
Pois as dificultades normais ao dar unha
materia que ten poucas horas e polo
tanto estás pouco tempo á semana cos
alumnos.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Cando o alumno arrastra algún problema, xeralmente de fóra da aula, e repercute no desenrolo da actividade escolar.
5
Escola
Infantil
Na Escola Infantil La Salle estamos encantados porque este ano, ademáis de todas as
cousas que normalmente aprendemos e facemos, batemos o récord de visitas:
Para alegrarnos estas datas, moitos familiares
ensináronnos panxoliñas
A principio de curso chamaron á porta unhas
pantasmas: ¡¡CELEBRABAMOS HALLOWEEN!!
Coa chegada do Nadal, entre todas as familias
fixemos a nosa propia árbore dos desexos:
Algúns se cumpriron e outros están por cumprir. Ata os Reis Meigos, desde Oriente, viñérono ver, e de máis preto visitounos o Apalpador.
6
Outros contáronnos tradicións do seu país
Tamén recibimos outras visitas, máis animadas pero con menos movemento.
Non só tivemos visitas, tamén as fixemos nós,
este ano visitamos a Panificadora da Mariña,
onde fixemos o noso propio pan.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Na Escola tamén celebramos o ENTROIDO e
fixemos unha grande festa:
Pero, para festas, a que armamos no salón de
actos: ¡¡VIVAMOS COMO GALEGOS!!
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
7
Educación
Infantil
Os tres cursos de Educación Infantil
queremos compartir con todos algunhas
das mellores actividades que fixemos
este curso. Por exemplo, disfrutamos do
outono no Parque do Couto:
No Nadal cantamos panxoliñas cos avós
do Centro de Maiores de Caranza:
Ao Parque de Educación Vial de Fene
fomos no segundo trimestre. Puidemos
conducir todo tipo de vehículos e
aprendimos as normas básicas de circulación:
8
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
No Entroido viñemos da casa disfrazados con traxes de diferentes épocas:
Coma sempre, unha das actividades nas
que poñemos máis ilusión e traballo é no
Festival, con actuacións de todas as
clases: sodes uns artistas!
En Maio veu visitarnos o contacontos
Iago, pasámolo de medo co conto da
vaca Linda:
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
9
Para remate das saídas fixemos unha
viaxe nun barco da Armada no que puidemos disfrutar da nosa fermosa Ría ferrolá.
10
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Educación Primaria
Primeiro
ciclo
Parece que foi onte, pero xa pasou un
curso dende que empezamos na etapa
de primaria. Durante este tempo fixemos moitas actividades e aprendimos
moito cos compañeiros de segundo.
Aquí temos unha mostra de algunhas
das actividades que desenrolamos ao
longo deste ano:
Visita a Sotavento onde os ensinaron a
aproveitar mellor a enerxía e fixemos
distintos obradoiros.
A ver se crecen!
Saida ao teatro coa obra: “Happy ever
after”. Foi a primeira vez que vimos
unha obra en inglés… Pasámolo moi
ben!!!
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
11
Gústanos moito que nos lean contos!
Bautismo de mar e visita a unha fragata:
Aproveitamos a celebración da semana
das Forzas Armadas para ter unha nova
experiencia e poder facer un percorrido
pola ría nunha patrulleira, ademais de
coñecer o interior da fragata Álvaro de
Bazán.
Algúns de nós pensaramos: Quen nos
dera dirixir o barco! Foi unha experiencia inolvidable!!!
Vaia pasada!
No colexio tamén realizamos moitas actividades ao longo do curso onde os nenos do primeiro ciclo tiveron o seu protagonismo: Festa de Outono, Festival de
Nadal, Día da Paz, entroido, o Día da
Árbore e varias animacións lectoras.
Foi un ciclo moi intenso e que pasou moi
rápido!!!
O noso primeiro bautismo de mar!
Canto aprendemos co Irmán Pablo!
12
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Educación Primaria
Segundo
ciclo
Que vos imos contar do noso ciclo? Os
de terceiro empezaban o ciclo e pensaban que ía ser moi difícil (sobre todo as
familias) e os de 4º eran xa os veteranos.
Tamén tivemos momentos de lecer que
lembramos con agarimo: no primeiro
trimestre participamos nun obradoiro
da Aula de Ecoloxía Urbana no Parque
Raíña Sofía. Alí aprendimos xogando,
moitas cousas sobre plantas, porque
traballamos “A flora das cidades”
E agora que xa rematamos o curso todos pensamos que a maioría traballamos moito, aprendimos moitas cousas e
outros…, cremos que puidemos esforzarnos máis.
No segundo trimestre fomos ver a obra
de teatro “Malas palabras” ao Centro
sociocultural Caixanova. E como remate
final a saída no terceiro trimestre a Coruña. Alí visitamos o MUNCYT (Museo
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
13
Nacional de Ciencia y Tecnología) onde
vimos cousas moi interesantes e ata subimos nun avión, o Jumbo “Lope de Vega”, de Iberia.
Tamén fomos ao Planetario: impresionante ver o ceo e todo o que alí hai. E
logo xogamos e comimos xuntos. E antes de volver, aínda visitamos o Museo
Arqueolóxico do castelo de San Antón.
A verdade é que foi un día completísimo.
14
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Educación Primaria
Quinto
Neste curso os alumnos de Quinto, o
mesmo que os dos outros cursos, ademais de traballar e estudar moito, participamos noutras actividades que fixeron
o curso escolar algo máis entretido e levadeiro.
Fomos á proxección da terceira película
de Cinensino, “Las aventuras de Tadeo
Jones”. Tamén, no centro Cultural Caixa
Galicia, disfrutamos cunha obra de teatro que ilustraba, dun xeito moi divertido, a historia do Camiño de Santiago.
No primeiro trimestre participamos na
festa de outono. Moitos de nós disfrazámonos e fixemos orixinais cabazas, a
de Natalia foi unha das agasalladas.
Xunto cos alumnos de 6º fomos á proxección da primeira película do ciclo Cinensino, “Blancanieves”.
A nosa actuación do Festival de Nadal
foi moi divertida desde os ensaios ata o
día no que actuamos para as nosas familias. Lembramos a música dos 80’s.
Xa no segundo trimestre, fomos á proxección da segunda película de Cinensino, “Jacobo Lobo”.
O Día da Paz aportamos o noso anaquiño á Torta da Paz que fixemos entre todos. Tamén participamos na festa do
Entroido na que todos rimos e bailamos.
Fixemos unha saída a Sotavento, o parque eólico experimental situado no
Concello de As Pontes, onde aprendemos moitas cousas relacionadas coas
enerxías renovables e o aforro enerxético. Todo relacionado co Proxecto de
Voz Natura no que traballamos este ano
todos os rapaces do colexio.
No terceiro trimestre participamos na
Semana de Proyde. Pasámolo moi ben o
Día do Bocata con todas as actividades
novas deste ano e alegrámonos moito
por todo o recadado nesta xornada.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Moitos de nós fomos ao encontro de SalleJoven en Cabanas e Pontedeume. Tivemos un día fermoso e compartimos
xogos e riso con rapaces dos colexios
La Salle de Santiago e Ferrol.
Xogamos e pasámolo moi ben nas Festas de San Xoán Bautista, onde Verónica
e Aldara gañaron o Concurso de Talentos.
En fin, un curso cheo de traballo e estudo, pero con moito máis.
15
Educación Primaria
Sexto
Os alumnos de 6º de primaria estabamos moi
nerviosos porque íamos pasar todos xuntos
uns días no albergue Alvarella, dende o 22 ao
24 de maio.
Cando chegamos levamos unha grande sorpresa. Vimos que había una fermosa paisaxe,
chea de árbores e flores. Era como vivir no
medio do bosque. Presentáronse as monitoras
que ían estar connosco: Iolanda e Irene.
Logo, despois de deixar as nosas mochilas na
palleira fomos dar unha longa camiñada de 10
km polas Fragas do Eume o que foi moi divertido, pero tamén esgotador. Mentres camiñabamos, aprendimos moitas cousas, como cales eran as árbores autóctonas que son típicas
da zona. Fomos ao Mosteiro de Caaveiro, entramos dentro e vimos diferentes tipos de arte: románico e barroco, e ensináronnos moitas
cousas sobre el. Vimos tamén o muíño do
mosteiro. Irene ensinounos unhas construcións de pedra, redondas e con tellado que
facían os antigos poboadores para conservar
os alimentos: as curripas. Achegámonos a un
río de augas turquesas, que nos explicaron
que era desta cor por unhas algas que crecen
no fondo do río. Este río era o Eume. Era precioso! Observamos tamén moitas fervenzas,
cruzamos unha ponte colgante e comimos nun
merendeiro.
No albergue había unhas normas que cumprir
e escollimos encargados para as comidas e as
ceas. Uns colocaban as mesas e servían, recollían e outros varrían. Por certo, as comidas
estaban moi boas.
Polo día facíamos obradoiros e xogos: estampación de camisetas, forno solar, sacos aromáticos, investigamos polo monte e aprendimos moitas cousas sobre as árbores sobre as
plantas, hortalizas, verduras e como aforrar
enerxía. Tamén fixemos un xogo de orientación no que había que buscar árbores cun
compás.
Tivemos tamén tempo libre que algún aproveitamos para estar nos nosos cuartos, outros
estar polas instalacións e tamén para bañarnos, que o fixemos todos os días mais a auga
estaba conxelada.
Polas noites, despois de cear faciamos veladas: xogo de pistas, identificación de sons de
paxaros… Á hora de durmir falabamos un
pouquiño e non éramos quen de durmir axiña.
Voltamos en autobús ao albergue.Todos estabamos cansos, pero ansiosos por chegar para
ir á piscina.
Cando chegamos tomamos a merenda: pan
con chocolate e unha laranxa.
16
Voltamos ao colexio con ganas de repetir esta
excursión, porque é unha oportunidade de coñecer máis amigos, descubrir a natureza, coñecer mellor aos compañeiros de clase, pasalo bomba con todos e como non, darse un
mergullo na piscina!
Foi unha experiencia inesquecible! Temos que
darlle as grazas a todos os que o fixeron posible, en especial ao noso titor e ás monitoras.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Fotos das
Clases
Escola Infantil
0-1 anos
1ª fila: Eric Seijo Ocaña, Lola Freire Casero, Pablo Pernas Barro, Barca Freire Ces (Titora), Paula García
Parada, Clara Romero Baltar, Xan Daniel Shazad Núñez.
Ausentes: Mauro Iglesias Fraga, Joel Redondo Balseiro.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
17
Escola Infantil
1-2 anos
2ª fila: Inés Rodríguez Martínez (Titora), Enzo Zapatero Rico, Alicia Jove Novo, Sabela Martínez Reimondo,
Arón Señor Bermúdez, Pablo Pereira Gundín, Antón Rivera López, Blanca Garat Sánchez, Lucía González
Parapar, Aarón Pérez Carballeira, Álvaro Rontomé Feijoo, Johana Díaz Paz, Mateo Gato Varela, Lorena
Fernández Martínez (Titora).
1ª fila: Uxía Morgade Otero, Carla Pérez Fraga, Silvia Lorenzo García, Lola Villarino Salinero, César González Sequeiro.
Ausentes: Icía Díaz Sánchez.
Escola Infantil
2-3 anos
3ª fila: Mercedes Rey Álvarez (Titora), Hugo Cabezón Yáñez, Yago Amado Mouriz, Lucas Souto Varela, Michelle Dopico Jiménez, Jun Liang Jiang, Ana Belén Otero Graña (Ed. Apoyo).
2ª fila: Lucía Villa Díaz, Alejandro Mira Nieto, Daniel Muriel Zamora, Mario García Piñeiro, Aitana Prieto
Crespo, Eloy Freire Cruz.
1ª fila: Irene Sequeiro Lorenzo, Lola Díaz Mbang.
Ausentes: Eneko Perille Peribáñez, Alba Del Castillo Saiz, Francisco Cendán Graña, Erika Casal Fernández.
18
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Escola Infantil
2-3 anos
2ª fila: Mar Alvariño Izaguirre (Titora), Héctor Fernández Pereira, Mikel Fernández Vara, Eneko Paz Cives,
Chloe Morandeira Domínguez, Paola Pereira Fernández, Álex Martínez Montero.
1ª fila: Ariadna Castiñeira Vigo, Noa López Pena, Tania Sixto Iglesias, Daniel Vázquez Prado, Bruno Teijido
Morado, Adrián Baamonde Luaces.
Escola Infantil
Tarde
2ª fila: Ariadna Iglesias Uría, Mercedes Rey Álvarez (Ed. Apoyo), Eric Calvo Gómez, Julio Rayan Alaqui García, Lorena Fernández Luaces (Titora), Claudia Rodríguez González.
1ª fila: Irati Martínez Quijada, Xan Daniel Shazad Núñez, Mauro Iglesias Fraga.
Ausentes: Iker Navaza Otero, Melinda Fernández Salutregui, Lucas Souto Varela, Lola Freire Casero, Joel
Redondo Balseiro, Ana Belén Graña Otero (Titora).
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
19
Infantil 3 anos
2ª fila: Aroa De los Ríos Pedrouso, Iker Bouza López, Anahí Elgueta Otero, Álvaro Fernández Del Río, Carla
Díaz Domínguez, Juan Cebral Sueiras, Lucía Vellón Rey, Alejandro Melero Sánchez, Gorka Señor Bermúdez, Cristina Velón Sixto (Titora).
1ª fila: Sara Vidal Prieto, Diego Méndez Rey, Antela Fernández Díaz, Mario García Parada, Alba Pérez Tenreiro, Blanca Prados Boado, Javier González Pena, Antía Ramos Cabana, Adrián Lourido Soto.
Ausentes: Hugo Deive Gil, Iris Iglesias González.
Infantil 4 anos
3ª fila: Berta Gómez Magalhaes, Adrián Díaz Gallego, Izan Fernández Seoane, Sheila Barros Penedo, Sabela
Carrasco Bouzamayor, Mencía Fernández Porta, Tania Vázquez Pérez, Miriam Bello Íñiguez, Teresa López
Vilela (Titora).
2ª fila: Pablo López Carballeira, Iván López Ramallo, Isabel Prieto Ramón, María López López, Alba Rodríguez Vázquez, Lucía Martinez Llano, Ismael Guerrero Rico, Daniel López Bouzas, Justin Pérez Martínez.
1ª fila: Antía Seoane Garate, Xairo Armada Alonso, Teo Fernández Otero, Adrián López Ramallo.
Ausente: Sandra Bores Plaza.
20
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Infantil 5 años
3º fila: Diego Fernádez Taboada, Alba Martínez Martínez, Hugo Teijeiro Sevilla, Luz Marina Rojas Moro,
Adrián Orjales Vázquez, Kevin López Alcaide, Yolanda Dávila Rama, Marta Fábregas Prieto (Titora).
2ª fila: Noa Delgado Vázquez, Inés Morgade Otero, Alejandro Alvariño Ríos, Suyai Balde Castro, Elsa Martínez Montero, Ainara Alvariño Filgueira, Sara Díaz Castro.
1ª fila: Alan Perille Peribáñez, Sergio Cendán San Isidro, Gisela Vázquez Oreona, Alejandro Cendán San Isidro, Carmen Vega Buyo, Sara Pereira Gundín, Aldara Diéguez Sánchez, Irimia Fernández Díaz, Alejandra
Gálvez Justa.
Ausentes: Israel Dopico Jiménez, Sergio Martínez Álvarez.
1º EP
3ª fila: Adrián Bello Caballero, Antón Fernández Otero, Pedro Montero Rascado, Mª Teresa Barba Barba (Titora).
2ª fila: Paula Oreona Senra, Zintia de los Ríos Pedrouso, Diego Gabarris Vila, Raúl Rodríguez Castro, Adrián
Gelpi Rey, Gonzalo Álvarez Durán.
1º fila: Aldara Carrasco Bouzamayor, Ana Belén Ponce Vigo, Lucía Montero Anidos, Gala Santiago González, Sergio Pena Tojeiro, Joel Carrascosa Novoa, Iván Muriel Zamora, Asier Santiago Montero.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
21
2º EP
3ª fila: Elena Lomba Lamas (Mestra), David Barcón Lage, Nerea Mª López López, Yanira López Pena, Alejandra Blandón López, Adrián Villegas Gómez, Patricia Navalón Doce, Asier Martínez Lorenzo, Chen Yan
Jiang, Teresa Filgueiras Cortés (Titora).
2ª fila: Gisela Salazar Martínez, Sara Diéguez Sánchez, Héctor González Sequeiro, Daira Leira Fortuna, Iván
Bustabad Manso, Xabier López Delgado, Yeray Fuertes Frechoso, Judith Galán Ferrer.
1ª fila: Marco Rodríguez Vázquez, Martín Vázquez Prado, Jaime Pereira Gundín, Martina Soto Fidalgo, Ainhoa Santos Maceiras, Daniela Soto Fidalgo, Aroa Teijeiro Sevilla, Bruno Vázquez Díaz.
3º EP
4ª fila: Sofía Rodríguez Romeu, Brais Díaz Gallego, Berta Tarafa Rodríguez, Sergio Arnosi Loureiro, Daniel
Jiménez Vargas, Iker Rodríguez Díaz.
3ª fila: Hugo Agulló Rodríguez, Andrés Díaz Gómez, Nicole González Santos, Antía Morgade Otero, Carla
Lomando Jorge, Aroa Permuy Bouza, Asier Pol Correa, Abraham Dopico Jiménez, Gabriel López Galán,
Conchi López Magán (Titora).
2ª fila: Lucía Sueiras González, Miriam Braña Prados, Zaira Vázquez Pérez, Matthew González Fernández,
Antía Alonso López, Juan Roces Velón, Alejandro Gabarri Blanco, Antía Manivesa López.
1ª fila: Bruno Méndez Lorenzo, Lola Carneiro Lozano.
24
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
4º EP
3ª fila: Eva López Lage, Adrián Pena Monteiro, Eros Tomé López, Martina Lomando Jorge, Yanira García
Rey.
2ª fila: Laura Alonso Pumar (Titora), Aicha Ait Dib Rodríguez, Aarón Aneiros Tigreros, Susana González Julías,Vera Rodríguez Montero, Ainoa López Cuñarro, Tania Dopico Pereira, Noa Tomé López.
1ª fila: Ainoa Lagares Crespo, Aitana Álvarez Durán, Anxo Padín Barreiro, Gabriel Luaces Prieto, Roi Caride
Yáñez, Evelyn Martínez Martínez, Dafne Martínez Martínez, Iker Martínez Martínez.
5º EP
3ª fila: Jessica Salazar Santos, Carla San Emeterio Fernández, Pablo Salazar Díaz, Sergio Vigo Fernández,
Marcel Kolvenbach, Iván Pardavila García.
2ª fila: Verónica Isabel Coira Leira, Lucía Jiménez Vargas, Brais Galán Ferrer, Daniel Caneiro García, Borja
Leira Ríos, Adrián Fernández Roca, Masi Corral Moreno (Titor).
1ª fila: Montserrat Bores Plaza, Natalia Pedreira Romero, Aldara Soto Fidalgo, Candela Torrente López,
Francisco Javier Orosa Navia, Óscar Díaz Fernández, Jennifer López López, Adrián Gutiérrez Vidal.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
25
6º EP
4ª fila: Miguel Pena Tojeiro, Patricia Tenreiro Leiras, Cecilia Bruquetas Soto, Ismael Bustabad Manso, David
Cebral Sueiras.
3ª fila: Francisco Freire Freire (Titor), Alexia Caride Yánez, Subash Trufero Bouza, Sara Cruz Mariño, Eloi
Fernádez Porta, Marco Alonso Freire, Sergio Troitiño Martínez, Yaiza Chavaud Lorenzo, Andrea Ponce Prieto.
2ª fila: José Luis López Bouzas, Julián Nieto Caruncho, Roberto Montero Leira, Miriam Tojeiro Ferreiroa,
Nuria Moreno Rodeiro, Sara Bello Íniguez, Antía Delgado Vázquez, Álvaro Tenreiro Sánchez, Alejandro Roces Velón.
1ª fila: Fco. Javier Freire Puñal, Adrián Muriel Zamora, Marta Alonso Fernández, Javier De Cal Dopico.
1º ESO
3ª fila: Brais Díaz Castro, Borja Paz Lago, Verónica Painceiras Mosquera, Lorena Balseiro López, Cristina
Camacho Sánchez.
2ª fila: Ángel M. Macía Bao (Titor), Jonathan Castro Fernández, Icía Silvar Fernández, Desirée Varela Varela, Laura García Rivas, Laura María Cao Sánchez, Edgar Martínez Lorenzo, Marcos Enrique Méndez Noval.
1ª fila: Yerai Ponce Vigo, Alejandro Álvarez Gómez, Marina Gabriela Alves Frechoso, Sara Cabreira Orozco,
Jennifer Caruncho Casteleiro, Nerea Alonso López, Joaquín Romón Pazos, Jonathan Ventureira Novoa.
Ausentes: Alex Paz Castro, Paula Gamallo Losada, Julen Freire Vázquez.
26
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
2º ESO
3ª fila: Iria Castro Puentes, Paula Barrio García, Samuel Sanmartín Buyo, Jonathan Reborido Crespo, Iván
Agulló Rodríguez.
2ª fila: Miguel Pereira García, Brián González Santos, Alejandro Carballeira Álvarez, Samuel Piñeiro Lage,
Antía Leal López, María Carneiro Lozano, Sandra Vigo Fernández, José María Allegue Mayobre (Titor).
1º fila: Bruno Delgado Vázquez, Laura Montero Anidos, Marta Pita Abeal, Alexandre López García, Alejandro Ramil Durán, David García Lozano.
3º ESO
3ª fila: Samuel Crespo Rivas, Brais Martínez Villalobos, Grabriel Ciruelos Maroño, David Orjales Vázquez.
2ª fila: Sergio Cartelle Rico, Christian Martínez Sanjurjo, Daniel Cendán Cartelle, Naomi Caballero Castro,
Christian Varela Espiñeira, José Fernández García (Profesor).
1º fila: Ainoa Echeverri Pena, Alejandro Muriel Zamora, Aarón Rey Sánchez, Germán Martínez Sánchez,
Shaamara Sánchez Díaz, María López Carballeira.
Ausentes: Jesús Pereira González, Ismael Puertas Pardo, Víctor Rodríguez Martínez, Eric Pazos Ferreiro,
Alejandro Domínguez Valcárcel, María Jesús Cupeiro Dopico (Titora).
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
27
Voz
Natura
Protexendo o medio cambiamos a vida
Neste curso 2012-2013 o Centro La SalleFerrol mantivo o seu compromiso de participación no programa medioambiental “Voz Natura”, que ven formando parte do Proxecto
educativo de centro desde hai anos.
de de atopar alternativas enerxéticas non
agresivas co medio.
F. Consolidar programas de educación medioambiental no centro.
G. Promover a relación con asociacións que
traballen no entorno e, especialmente polo
coidado do mesmo.
H. Motivar ao alumnado desde experiencias
práticas dentro do currículo oficial.
I. Colaborar, dentro das nosas posibilidades, na mellora do ecosistema.
Para acadar os obxectivos propostos ao logo
do curso desenrólanse no colexio diversas actividades. Así:
O proxecto mantivo aspectos básicos traballados en anos anteriores como son os rincóns
da natureza e o sistema de reciclaxe no centro, chamado “Erre que erre”.
Temos os seguintes obxectivos:
A. Profundizar no coñecemento do medio
natural.
B. Desenvolver práticas centradas no uso
das enerxías renovábeis.
C. Descubrir as nosas posibilidades de cara
ao coidado do noso planeta.
D. Fomentar o hábito de Boas Práticas no
coidado do medio.
E. Sensibilizar a toda a comunidade escolar
e ao noso entorno próximo na necesidade de
atender á problemática do noso planeta, á
problemática medioambiental e á necesida-
28
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
• En Educación Infantil realizouse un obradoiro de froitos de outono e tamén a plantación de bulbos en macetas recicladas. Tamén fixeron excursións á natureza, como a
visita ao Parque de O Couto.
• En Primaria o alumnado realizou traballos
de investigación, construción de viraventos
para o “Día do bocata”, murais, etc. Ademais, tamén realizaron excursións como por
exemplo a visita a Sotavento do alumnado de
1º ciclo, a visita ao Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía do alumnado de 2º ciclo,
ou a tradicional excursión a Alvarella do
alumnado de 6º de Primaira, entre outras.
• En Secundaria o alumnado realizou traballos de investigación, pero tamén aportaron a
súa creatividade na construcción de xogos
con materiais de refugallo para o “Día de
PROYDE”.
Tamén incorporou novos traballos:
A Escola Infantil entrou de cheo no proxecto
implicándose nos traballos para a creación
dunha horta e o cultivo de amorodos, plantas
aromáticas, etc. Tamén crearon murais naturais artísticos e levaron a cabo un obradoiro
de froitos de outono fantástico, entre outras
moitas actividades.
Este curso tamén chegaron á nosa escola uns
vermes de seda, aos que agardamos poder
coñecer, en profundidade, o próximo curso.
Ao longo do curso o alumnado inscrito no comedor realizou diversas actividades para o
programa Voz Natura: decoración navideña
con cartóns, maquetas, xoguetes con materiais de refugallo, etc.
Como cada ano o proxecto Voz Natura inclúe
un bo número de actividades dirixidas a toda a
comunidade educativa. Entre as realizadas
este ano, destacar:
• A Semana da Ciencia. Na que o Ir. Pablo
cobra protagonismo xestionando actividades
para cada grupo de alumnos e alumnas do
centro, desde os máis pequenos, na Escola
Infantil, ate os maiores de 4º de ESO.
• O día da árbore, este ano festexado coa
plantación de bulbos e sementes, o traballo
de animación lectora a partir do relato “Historia dun carballo” e a realización de traballos sobre as árbores.
• O Samaín, festexo no que as familias son
as principais protagonistas coa decoración
de cabazas.
Nas outras etapas realizáronse diversas actividades dentro do proxecto, como por exemplo:
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
29
Educación na fe e
Pastoral
Como é característico nos centros La
Salle, a Pastoral, todo o que ten que ver
coa educación na fe, está sempre en
movemento. Dende o grupo máis pequeno de SalleJoven, os de Sexto, ata o
grupo de profundización de adultos, case todos os días hai algunha actividade
pastoral no centro.
En novembro, tivemos a Semana Vocacional, na que nos preguntamos “Que
espera o mundo de ti?” Varias actividades axudáronnos a descubrir a importancia do servizo en todas as facetas da
vida, como tan ben nos amosaron Tere,
José Luis, Alejandro e os Irmáns Basilio,
Fernando e Pablo co seu testemuño.
Para comprender ben e aprender a
transmitir axeitadamente o Evanxeo as
novas xeracións, os animadores de SalleJoven tivemos dous encontros de
formación, con todos os compañeiros/as
de Galicia, un deles en Ferrol.
Tamén un bo grupo de profesores, xunto
coa Comunidade de Irmáns, participou
na “Pascua do Desafío de Xesús” en Bujedo (Burgos), unha grata experiencia
de vivencia da fe, que nunca deixa indiferente.
Non podemos esquecer a espectacular
Campaña de Nadal deste curso, na que
amosamos a nosa solidariedade recollendo 735 Kg de comida, que foron distribuídos polos cativos de SalleJoven,
como vedes nas fotos.
Os antigos alumnos que están agora na
Universidade ou semellante de Galicia e
Portugal, pasamos uns días nas vacacións de Nadal no Mosteiro de Armenteira (Pontevedra), orando e convivindo
co lema “Deus connosco”.
Aínda poderíamos falar das convivencias, das celebracións, das reflexións
da mañá... Pero a nosa mellor sinatura é
o sorriso dos participantes en todas as
actividades de Pastoral: grazas!
30
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Salle
Joven
“O que facemos en SalleJoven é moito
máis que pasárnolo ben, que tamén.
Axúdanos a coñecernos mellor e a coñecer aos outros, aínda xente que che
parece que non ten nada en común contigo. Realmente, SalleJoven cambia a
vida”. Así describe un dos compoñentes
do grupo de 4º da ESO e Bacharelato a
súa experiencia en SalleJoven.
Todos os grupos teñen reunións semanais, cos seus animadores, polas tardes
dos mércores ou venres e ata os sábados. Ademais, participamos en encontros, convivencias, noites do terror, voluntariado, celebracións e o broche final: as colonias e campamentos de verán en Bujedo: que ganas de que chegue xullo!
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
31
Comercio Xusto e
PROYDE
Sabías cal é un dos sinais de identidade
do noso centro, pola que somos coñecidos? Pois si, é polo compromiso de todo
o Colexio pola solidariedade, o Comercio Xusto e, sobre todo, por PROYDE,
que este ano celebra o seu 25º aniversario.
Este ano colaboramos
coa nosa ONG para o desenvolvemento no proxecto “Escolas de Bambú”, unha serie de escolas para os nenos refuxiados en Tailandia, totalmente gratuítas e sen outra axuda que a que poidamos dar dende aquí.
En abril, a Semana de PROYDE puxo no
centro esta realidade, xunto co lema da
campaña deste ano: “Únennos, pero sepárannos”, referido á brecha dixital.
32
No día do “bocata”, gozamos dunha Feira de Xogos e Obradoiros na que participaron todos os alumnos, pais e profesores. Foi moi intenso e divertido, e un
éxito grazas á colaboración da AMPA,
Gadis e Alcampo.
Cada clase colaborou dun xeito
diferente: os pequerrechos no
mercado, os de 6º de Primaria
coas súas ventoíñas e sombreiros tailandeses e os maiores da
ESO preparando xogos para
todos. Cada profe, pola súa
banda, amosou a súa habilidade para a
globoflexia, o karaoke, as manualidades
ou os cócteles. Coma sempre, colaborar
con PROYDE é moi divertido!
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Primeiro e Segundo da ESO
Viaxe a
Portugal
Entre os días 24 e 26 de abril un grupo
de alumnos de 1º e 2º da ESO fixemos
unha excursión a Portugal. Unha emocionante saída ao parque de Pena Aventura!
voltamos aos cuartos onde moito en realidade non durmimos, e menos deixamos
durmir ao noso titor.
Primeiro día
Comezamos o día con moitos nervios,
quedamos no colexio ás nove menos
cuarto da mañá para poder coller o bus.
A viaxe foi entretida, con cancións e risos!
Ao chegar o primeiro que fixemos foi ir
comer, despois fomos ao aloxamento
onde deixamos as maletas, e empezamos coas actividades, unha pequena
proba de tirolina , seguimos co rocódromo, en canto terminamos fomos ao
trampolín.
Segundo día
Este día levantámonos ás nove da mañá
para que ás dez menos cuarto fósemos
ao comedor para almorzar. Déronnos un
cacao ou un café con boliños de pan con
manteiga e marmelada, ou tamén un bocata.
Despois do almorzo fomos facer paintball, o xogo consistía en disparar cunha
pistola de paintball a unhas botellas e
quen máis atinaba máis puntos gañaba.
Cansados de tantas actividades regresamos aos cuartos a asearnos e mudarnos. Cando rematamos de cear, tivemos
outra proba de xogos nocturnos: consistía nunca serie de preguntas e tiñamos
que encontrar as respostas por diversas
partes do parque. Cando terminamos,
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
33
O paintball era algo novo para nós por
que nunca o fixéramos, pero non resultou tan difícil. Mentres uns facían isto
outros ían ás pontes tibetanas onde tiñas que ir pasando fases entre as árbores que cada vez eran máis difíciles,
porque os troncos cada vez se ían facendo máis pequenos, ou porque tiñas
que pasar por unha rede verde para
chegar á tirolina. Cando acabamos as
actividades de pola mañá fomos xantar.
Ao rematar de cear, a modo de despedida, montáronnos unha especie de discoteca, alguns bailaban, outros estaban
sentados e outros falaban. Á once da
noite, hora portuguesa, fomos durmir
porque estábamos moi cansados de tantas actividades durante todo o día.
Acabamos de comer e fomos ao tiro con
arco e ás canoas. Tíñamos turnos como
pola mañá un grupo ía ao tiro con arco e
outro ás canoas, íamos de sete en sete.
Terceiro día
Este día foi o da nosa volta, comezamos
o día cun bon almorzo preparados para
a grande tirolina a “fantasticable”, que
ten de 1550 metros de longo e 150 de alto. Foi como voar!
Mentres uns se deslizaban pola tirolina,
outros probaban os “segway”, unha especie de patinetes eléctricos. Cando todos terminamos estas actividades chegou a hora de comer a nosa última comida portuguesa, despois de xantar foi
o momento máis triste, o de coller as
maletas e metelas no bus para voltar a
Ferrol .
Laura Montero y Samuel Piñeiro (2ºESO)
O tiro con arco resultou ser máis difícil
do que parecía. As canoas estaban ben,
menos mal que non podías volcar porque alguns acabarían mollados. O que
non resultaba tan fácil era remar, había
que ter moita coordinación co compañeiro, ir remando os dous á vez. Cando
acabamos, fomos para a “Colmeia” que
era a casa onde durmíamos eses dous
días, duchámonos e mudámonos e fomos cear.
34
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Convivencia
de Cuarto
da ESO
Os días 14 e 15 de maio os alumnos de 4ºESO
acompañados polo seu titor de clase, Daniel
Tomé, e o Irmán Jorge estiveron de convivencia de final de curso na casa de convivencias
de A Gafa (Portosín).
Foron dúas xornadas intensas dedicadas a
aumentar o coñecemento mutuo e poder
afondar nos valores de interrelación: coñecemento de si mesmo e dos compañeiros de clase, aceptación e respecto, apoio e colaboración. Dando a oportunidade aos educadores
presentes de potenciar a autoestima, a expresión das vivencias e sentimentos, a capacidade de empatía, admiración, sosego, agradecemento, sinceridade e reflexión dos alumnos
de 4ºESO.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Tamén houbo tempo para descansar e pasear
pola praia, achegarse á vila de Portosín e facer un percorrido por Noia na xornada do
mércores, visitando a Alameda, o edificio do
Concello, a igrexa se San Martiño e a praza do
Tapal e ver as lápidas gremiais datadas na
Idade Media.
35
Animación
lectora
Dentro do compromiso que temos no Centro
pola lectura, durante este curso temos realizado tres animacións lectoras coas que pretendemos que os nosos alumnos “enganchen”
coa lectura.
A primeira delas, “Un otoño de cuento”. Este
anos temos previsto facer entre todos os
alumnos do centro un libro. Comezaron a historia os pequenos de 0-1 anos, pasárono aos
alumnos de 1-2 que continuaron a historia onde a deixaron os pequenos e así sucesivamente ata facer un conto no que a imaginación dos
nosos alumnos nos está a brindar unha agradable sorpresa. A implicación do alumnado e
do profesorado é total e nas fotos podedes ver
unha mostra dos resultados que estamos a
ter.
36
Aproveitando o Entroido os alumnos do colexio pasamos pola biblioteca para ler alí e
aproveitar para posar nun “photocall” e convertirnos en príncipes e princesas de contos e
cavernícolas último modelo. Botaron unhas risadas enormes e puideron sentirse por un día
como príncipes e princesas de conto.
A terceira animación coincidiu coa Semana do
libro e foi adicada aos Irmáns Grimm, autores
de libros como “Blancanieves”, “La Cenicienta”, “Hansel y Gretel”... Fixemos unha maratón
de contacontos a cargo de pais, alumnos e
profesores do colexio por distintas zonas da
escola. Os nosos alumnos traballaron facendo
eles mesmos as súas propias composicións e
fíxose unha exposición cos seus relatos que
foi visitada por todas as clases do colexio.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Letras Galegas 2013
Roberto
Vidal Bolaño
A Real Academia Galega acordou adicarlle o día das Letras Galegas 2013 a
Roberto Vidal Bolaño. Autor, director,
actor, escenógrafo; home de referencia
para o teatro, o audiovisual e a cultura
galega en xeral.
Roberto Vidal Bolaño naceu en Compostela o mesmo ano en que morreu Castelao en Buenos Aires. Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da
estrea da súa primeira peza teatral,
1965, cando só tiña quince anos,
a súa vida transcorre entre o
traballo e uns precoces inicios formativos co cinema e
coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo.
Desde moi novo, con apenas
doce anos, comeza a traballar
como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Ata que
lle toca ir a Ceuta para facer o servizo
militar no exército. Mais as ataduras laborais, en dedicación e en tempo, e a
humana pulsión que o convidaba a se liberar delas encirran a súa necesidade
de formación e enriquecemento artístico e cultural.
O mundo do cine, que o manterá sometido ás súas luces e aos seus modos narrativos, fascínao para sempre. Roberto
sempre recoñeceu que en realidade o
seu desexo era ser director, pero a ausencia dunha industria audiovisual e
dun campo cinematográfico normalizado —ou con proxección normalizadora— fixeron imposible que a súa utopía
vital cristalizase.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
En 1976, casa con Laura Ponte, unha
das nosas máis grandes actrices. Roberto Vidal Bolaño vive unha fase dunha
intensa actividade teatral e creativa.
Son os primeiros anos dun teatro galego
que toma conciencia de si, nos que Vidal Bolaño é figura dinamizadora e protagonista das montaxes máis sobranceiras como director, como dramaturgo e
tamén como actor.
No ano 1985, nace a Televisión
de Galicia, e con ela empeza a
andar o xermolo das primeiras industrias audiovisuais. Entre elas, a da
dobraxe de películas ao
galego. Roberto Vidal Bolaño participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia neses primeiros pasos que a nova actividade artística empeza a
dar en Galicia.
A TVG será o primeiro medio de masas
da historia de Galicia que se enfronte á
necesidade de cubrir a totalidade da
súa programación con todo o repertorio
de roles da lingua, de amosala, polo
menos virtualmente, como unha lingua
plenamente normalizada. A ese importante labor se consagrou tamén, durante un período importante da súa vida,
Roberto Vidal Bolaño.
Morreu na cidade en que viu a luz por
primeira vez. Só tiña 52 anos, e deixaba
unha obra tan intensa e xenial como
numerosa. Deixou unha grandiosa obra
dramática e un compromiso humano e
vital inesquecibles.
37
Viva o
Entroido!
En febreiro, como é costume, celebramos a
festa do Entroido. Tivemos de todo, desde
gansters ata zombis, pasando por rockeiros,
piratas, indios… Fixemos un desfile por curso
e rematamos bailando todos a música de actualidade. Velaquí as fotografías, que falan da
orixinalidade dos nosos alumnos, profesores e
pais.
38
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Pasándoo de medo no
Samaín
O martes 7 de novembro celebramos no
Colexio a Festa de Outono, o Samaín. Os
rapaces, profesores, nais e pais que o
desexaron disfrazáronse para pasar un
momento divertido. Nas aulas tivemos
diversos talleres entre os pequerrechos
de infantil e os nenos de primaria:



Obradoiro de maquillaxe. Onde as
nais axudaron activamente na maquillaxe dos rapaces.
Obradoiro do millo. Unha nai contounos a historia do millo en Galicia.
Obradoiro de manualidades onde se
fixeron diversas máscaras e decorá-
ronse as bonitas cabazas que despois expuxeron e coas que se celebrou o concurso de cabazas no que
se premiou as máis orixinais. Que
medo!
Medo? Iso é o que pasaron os rapaces
da ESO mentres vían “The Walking Dead”. Os zombis estaban por todos os recunchos...
Para finalizar todos puidemos disfrutar
da música e dun bon chocolate quente
con biscoitos, xentileza da ANPA.
Día da
Paz
O mércores 30 de xaneiro celebramos O
DÍA DA PAZ no que cada curso puxo o
seu traballo como grandes “cociñeiros”
para elaborar un anaco da “torta da
paz” cos ingredientes básicos que cada
curso considerou axeitados: respecto,
axuda, compartir, tolerancia, amizade,
paciencia, alegría e ilusión. Todo ben
remexido dándolle o seu punto con
constancia e esforzo.
Os representantes de cada curso léronnos os ingredientes necesarios para facer esta xigantesca torta. Logo desta
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
receita tentaremos poñer os nosos ingredientes para facer un mundo mais
xusto e en PAZ para todos e especialmente para o irmán que temos a carón
de nós.
Despois tivemos a oportunidade de bailar o “vals da Paz” todos xuntos e unidos, e aínda que non puidemos meterlle
o dente a esta torta feita polos rapaces,
si que disfrutamos logo de tortas, pastas e biscoitos na biblioteca.
Todo estaba moi bon e moi doce!
39
Festas
La Salle
As Festas do Colexio na honra de San Xoán
Bautista de La Salle comezaron o martes 7 de
maio co partido Xigantes – Ananos. Igual que
David venceu a Goliat os “ananos” derrotaron
aos “xigantes”, pero o máis importante foi o
ben que o pasaron os nenos de infantil correndo trala pelota e sentíndose de marabilla
xogando cos grandullóns da ESO que non podían tirar o sorriso da boca vendo aos máis
pequenos.
O mércores, ás 12,15 horas recibimos a visita
de Pupi que se achegou ao noso colexio dende
o planeta Azulón para abrir oficialmente as
festas co pregón oficial. Os máis amigos de
Pupi, os nenos de infantil e primeiro ciclo de
primaria, non saían do seu abraio ao velo pasearse polo pavillón do colexio. A continuación gozamos coa exhibición de Batuka dos
alumnos do terceiro ciclo de primaria.
40
O mércores pola tarde foi a quenda das exhibicións das actividades extraescolares: ximnasia rítmica, ballet, baile, canta-baila, karate,
iudo e guitarra. O pavillón encheuse de arte e
aplausos durante toda a tarde e nin o mesmo
Pupi quixo perderlo.
E todo isto fixo as ledicias de pequenos e maiores, ademais do Concurso de Talentos que
se celebrou a continuación no salón de actos,
e provocou risos, exclamacións e a admiración de todos ante as habilidades artísticas
dos alumnos que se presentaron ao certame
deste ano.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
A continuación comezaron os xogos cos que
os alumnos gozaron durante toda a mañá.
O venres día 10, a xornada comezou coa Eucaristía na honra a San Xoán Bautista de La
Salle, que contou coa participación de alumnos de todas as etapas, pais e profesores.
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
41
Milla
escolar
O sábado, día 11 de maio, celebrouse a Milla
Escolar do colexio, cunha participación de
máis de 950 atletas, procedentes de colexios
de todas as comarcas.
Esperámosvos de novo o vindeiro ano a todos,
a ver se chegamos a 1.000!!!
Cabe salientar o traballo previo da Asociación
de Nais e Pais dos Alumnos, e tamén agradecer a cantidade de xente que colaborou, algúns dende ben cedo, na organización do
evento, tanto alumnos coma profesores e PAS
do centro.
Houbo moitos vencedores, pero pola nosa
banda, destacamos as actuacións de Sara
Cabreira, Yeray Ponce, Álvaro Tenreiro, Subash Trufero e Iván Bustabad.
42
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
Premios
recibidos polos
alumnos do Colexio
Este ano o noso Centro tivo dous grandes éxitos colleitados en dous concursos de sona. Por un lado no concurso
“Deseña unha xoia para túa nai” organizado polo Colexio Oficial de Xoieiros de
Galicia tivemos seis finalistas dun total
de 7800 participantes. Os nomes dos
gañadores foron:
Educación Infantil 3 años:
Hugo Deive Gil
Adrián Lourido Soto
Lucía Vellón Rey
Por outra banda obtivemos moi bos resultados nun concurso organizado polo
Concello “Gústame o galego” onde tivemos catro gañadores de doce premiados. Os nomes destes gañadores foron: Ainhoa Nieto, Estefanía Orjales e
Jennifer Porto de 4º de ESO e Samuel
Piñeiro de 2º ESO.
Roberto Montero, alumno de 6º de EP,
foi tamén premiado no Concurso de Debuxo Ecolóxico de Narón.
Noraboa aos gañadores e moito ánimo
para seguir participando!
Educación Infantil 5 años:
Inés Morgade Otero
Gisela Vázquez Oreona
5º de E.P:
Jessica Salazar Santos
Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol
43
Colexio La Salle—Ferrol
Tfno: 981 318 111 · Fax: 981 3281 77
Rúa Pardo Bazán s/n
[email protected]
15406 Ferrol (A Coruña)
/pages/Colexio-La-Salle-Ferrol
http://www.sallep.net/ferrol
@LaSalleFerrol
Descargar