O contorno da Colexiata acollerá mañá a gran

Anuncio
sar - santiago 15, 16 e 17 de agosto
22
festas patronais
El Correo Gallego. LUNES 15 de AGOSTO de 2016
O contorno da Colexiata acollerá mañá
a gran actuación da orquestra Olympus
Cosmos e Superfama
amenizarán hoxe a
verbena, o mércores
tocarán unión y
fuerza e ciclón
O
barrio compostelán de
Sar celebra desde hoxe as
súas grandes festas do verán,
na honra á Nosa Señora, San
Roque e Santa Mariña.
Esta primeira xornada, adicada á Nosa Señora, ábrese ás
10.00 horas, co lanzamento de
vinte bombas de palenque e
o pasacalles a cargo das charangas Roubabicos e Jalácticos. Ás 11.30 horas, partirá o
Rosario da Nosa Señora desde o convento da Ensinanza,
portando o estandarte Plácido
Noya Noenlle, acompañado ás
cintas por José Luis Noya Rial
e Jorge Noya Rial. Deseguido,
misa solemne cantada pola
Coral de Sar. A sesión vermú
O CONTORNO da
Colexiata
de Sar será
o escenario
onde se
celebran
as festas
patronais do
barrio. Foto: F.
estará a menizada polo grupo
Cosmos, que tamén animará
a verbena da noite xunto coa
orquestra Superfama.
martes, 16. As bombas de
palenque anunciarán o comezo do segundo día das festas
de Sar, nesta ocasión na honra a San Roque. Os pasacalles
correrán a cargo das charangas Mekánika e Roubabicos.
O Rosario de San Roque
sairá ás 11.30 horas dende o
convento da Ensinanza, portando o estandarte Valentín
Pájaro Ramos, acompañado
nas cintas por José Manuel
Liñares Vigo e Manuel Pájaro
Ramos. A continuación celebrarase a misa solemne cantada pola Coral de Sar.
A sesión vermú estará nesta ocasión protagonizada polo
trío All Black Show. E pola noite verbena, amenizada polo
mencionado trío, a orquestra Olympus e a atracción La
Ricura.
mércores, 17. E así chegamos ao último día das festas de Sar, que será na honra
a Santa Mariña. Despois do
disparo das bombas, ás 10.00
horas, a charanga Compostela encargarase de animar as
rúas no tradicional pasacalles.
Ás 11.30 horas, sairá o
Rosario de Santa Mariña, que
sairá desde a Colexiata de Sar
ata chegar á capela de Santasmariñas. De portar o estandarte encargaranse nesta ocasión
os membros da comisión de
festas. A misa solemne será
a continuación na capela de
Santasmariñas, cantada pola
Coral de Sar.
O trío Unión y Fuerza encargarse de animar a
sesión vermú. Os actos festivos pecharanse cunha gran
verbena, a partir das 22.00
horas, amenizada polo mencionado trío e pola orquestra
Ciclón.
A medianoite terá lugar
unha gran tirada de fogos de
artificio.
A. bouza/santiago
GRUPO de
persoas que
integran a
comisión
de festas
deste ano
do barrio
compostelán de Sar .
Foto: Rem.
“O barrio é grande e resulta difícil
que todos os veciños se impliquen”
A presidenta da
comisión de festas
de sar agradece a
axuda de empresas
e residentes
Nesta ponte festiva de agosto, na que media Galicia está
en festas, organizar as celebracións patronais dun barrio
como o compostelán de Sar
resulta moi complicado.
As dificultades que este
labor representa coñécenas
ben os membros da comisión
de festas de Sar que, en boca
da súa presidenta María José
Pereira, explican “a cantidade
de traballo que supón preparar
uns bos festexos de verán”. Por
iso non toda a xente que nombran para integrar a comisión
de festas quere involucrarse,
“este ano custou moito conseguir xente que quixera formar
parte da comisión”.
Amais da presidenta, María
José Pereira, os veciños que
compoñen a comisión de festas do Sar deste ano son: Brais
Castro, Jesús Miguel, Genaro Prieto, José Salvado, Daniel
Becerra, Alejandro Abades,
Iván Ramos, Jonathan Prieto,
Begoña Munín, Rocío Sende,
Sonia Giadas, Chuca Rodríguez e Gelines López. En total,
catorce persoas que animan
a veciñanza a compartir estes
días de festas, xa que “son
unha das mellores oportunidades para reunirnos, convivir
uns con outros e, por que non,
coñecernos. Se hai algo que
mantén un barrio con vida é a
súa xente, a súa participación
e, por suposto, a súa implicación en citas como esta”.
“O obxectivo é gozar todos
ao máximo, porque estas festas están organizadas con
moita ilusión para cada un dos
veciños do barrio, desde o máis
pequeño ao mais grande”, afirman dende a comisión. Os
seus membros queren transmitir a ilusión coa que prepararon as celebracións para
que “a dificultade financiera
pola que se está pasando non
sar - santiago 15, 16 e 17 de agosto
festas patronais
El Correo Gallego. LUNES 15 de AGOSTO de 2016
23
sexa escusa para que nestes
días primen as ganas de pasalo ben, de facer da nosa praza
un punto para os reencontros
con moitos amigos que fan
que este período de tempo
sexa moi especial”.
Un dos maiores problemas
co que se enfrontan todas as
comisións de festexos radica na recadación de cartos
para sufragar as celebracións.
“Custa moito recadar o diñeiro, a xente non ten obrigación
de pagar a cota, nestes tempos cada un dá o que pode”,
aclara Pereira.
Consciente das dificultades, a presidenta da comisión
faise eco do sentir de todos
os integrantes da organización para “agradecer a colaboración desinteresada das
empresas, así como dos residentes, sexan socios ou non,
que en menor ou maior medida axudaron na elaboración
das festas. Tamén queremos
dar as grazas á Agrupación
Folclórica Colexiata de Sar, e
ao seu Orfeón, pola súa participación nas festas do magosto, San Blas e nas patronais;
así como á Coral Polifónica
pola súa actuación nos actos
relixiosos”.
ANa B. Lozano/santiago
festas patronais
A programación relixiosa forma parte
importante das actividades festivas
haberá procesións
cos rosarios na
honra á nosa
señora, san roque
e santa mariña
A
s festas patronais do
barrio compostelán de
Sar teñen un alto contido
relixioso, xa que non faltan os
rosarios na honra á Nosa Señora, San Roque e Santa Mariña,
que partirán cada día ás 11.30
horas da mañá para facer os
seus tradicionais percorridos: o de Nosa Señora e San
Roque partirán do convento
UNHA VISTA da carpa
que acolleu o ano
pasado as
actividades
das festas
en Sar. Foto:
F. Blanco
El Correo Gallego. LUNES 15 de AGOSTO de 2016
sar - santiago 15, 16 e 17 de agosto
24
da Ensinanza ata a Colexiata
e o de Santa Mariña partirá da
Colexiata para dirixirse á capela de Santas Mariñas.
Os actos relixiosos comezaron coa celebración da novena, o pasado día 6. A colexiata
acolle tamén unha exposición
e bendición do Santísimo.
As misas serán ás 10.00 e ás
12.30 horas todos os días (o
mércores non haberá misa
das 10.00 horas).
outras actividades.
Os deportes e os xogos tamén
forman parte do programa de
festas. Así, para mañá, día 16,
está previsto, á 17.00 horas,
un partido de solteiros contra casados no campo de fútbol de Sar. Ás 18.00 horas,
campionato de chave para os
socios. O mércores, 17, será o
Día do Neno: os máis cativos
poderán disfrutar de Infantilandia e a Festa da Espuma.
A. Bouza/santiago
melide 12 a 20 de agosto
28
san roque
El Correo Gallego. LUNES 15 de AGOSTO de 2016
O Mercado Medieval abriu os actos
tras o pregón de Ánxeles Vázquez
a cantante merche
e o grupo efecto
pasillo serán
dúas das grandes
actuacións na vila
A
vila de Melide (A Coruña) está a celebrar estes
días as festas na honra a San
Roque, con actividades que
comezaron o pasado venres, coa apertura do V Mercado Medieval, e terminarán o
próximo sábado, día 20.
Entre os actos xa celebrados, destaca a lectura do pregón, que foi o sábado, e correu
a cargo de Ánxeles Vázquez,
conselleira de Medio Rural.
Tamén foi un éxito a actuación
estelar de Maldita Nerea.
Despois da intensa xornada festiva do domingo, coa
celebración do Día do Río, chegamos á xornada de hoxe, que
se abre co disparo das bombas de palenque e que rema-
tará con actuación de Merche,
a partir da medianoite.
Martes, 16. Pola mañá,
bombas de palenque. Deseguido, o edificio multiusos acollerá os actos do Día da Bicicleta.
Ás 11.00 horas, pasacalles da
Banda de Música de O Rosal e
o grupo de gaitas Froito Novo.
Ás 13.00 horas, misa solemne
na igrexa parroquial, coa presenza da banda e o grupo de
gaitas. A Banda do Rosal dará
un concerto ás 14.00 horas.
Ás 19.00 horas, pasarrúas
de Froito Novo. Ás 20.30 horas,
actuación da Coral Polifónica
de Melide e ás 22.30 horas, da
Banda de Música de O Rosal. A
verbena da noite estará amenizada polas orquestras Marbella e Bomba e a súa orquestra.
Mércores, 17. Despois
das bombas de palenque,
pasarrúas da Banda de Música
de Agolada, que dará un concerto ás 14.00 horas no Cantón
de San Roque, e outro ás 22.30
horas, na praza do Convento. A
verbena nocturna estará protagonizada polas orquestras
París de Noia e Metrópolis.
A PRAZA do
Convento
acolle un bo
número de
actividades
das festas
de San
Roque de
Melide.
xoves, 18. Este día comeza
coas bombas de palenque, ás
10.30 horas, ao que lle seguirá
Foto: Sangiao
ESPECIALIDAD EN:
PESCADOS Y CARNES A LA BRASA
Tfno. 981 506 076 - Avda. de Lugo, 6 • MELIDE (A Coruña)
o pasarrúas da Banda de Música de Merza, que tamén dará
sendos concertos ás 14.00 e
ás 22.30 horas. A verbena nesta xornada comeza ás 22.45
horas, estando amenizada
polas orquestras Panorama e
Nueva Fuerza.
Venres, 19. Pola mañá, disparo de bombas de palenque e
pasacalles do grupo de gaitas
Herba Grileira. Ás 11.30 horas,
comeza o entrenamento do
X Campionato de Tirapedras
da Galicia Central, organizado pola Asociación de Xogos
Populares e Tradicionais, e que
comezará ás 12.00 horas.
Ás 19.00 horas, percorrido
musical polo casco antigo dos
alumnos do Conservatorio.
Ás 22.45 horas, verbena coas
orquestras El Combo Dominicano e Caramelo.
sábado, 20. Esta data celébrase o Día do Neno. Pola
mañá, bombas de palenque.
Pola tarde, ás 18.00 horas,
atraccións para os máis cativos con prezos especiais, xeados, zumes...
A festa rematará coa actuación, a partir de medianoite, de
Efecto Pasillo.
anxo bouza/melide
CENTROS, FLOR SECA Y NATURAL.
RAMOS DE NOVIA Y COMPLEMENTOS
ARREGLOS FLORALES
DECORACIONES - PLANTAS - CORONAS
Rúa de Convento, 9 • Melide - A Coruña
T. 981 507 580 / 607 507 579 • www.floristeriamaru.com
Dalia García Couso: “Estas festas son o
noso mellor escaparate para o turismo”
o concello dispón
dunha oficina
para informar aos
visitantes aberta
todo o verán
O
Concello de Melide é un
dos principais colaboradores da comisión de festas de
San Roque, que estes días se
celebran nesta vila, colaboración que consiste nunha partida económica e tamén con
medios técnicos “e todo aquilo
que precisen de nós, para que
todo saia ben”, segundo apunta
a alcaldesa, Dalia García Couso.
Afirma a máxima responsable municipal melidense que
“estas festas de San Roque
son o noso mellor escaparate, sendo moi coñecidas non
só en Galicia, senón tamén
en moitos puntos de España,
converténdose nun punto de
reencontro. Por iso, este ano,
DALIA Gar-
cía Couso,
alcaldesa
do Concello
de Melide,
que estes
días celebra
as festas de
San Roque.
Foto: A.V.
ademais de contar coa presenza das mellores orquestras
galegas do momento, tamén
hai grandes concertos de grupos tan coñecidos por todos
como Maldita Nerea ou Efecto Pasillo, sen esquecernos da
cantante Merche, o que sen
dúbida, son un grande atractivo destas festas”.
turismo. Desde o Concello
traballan continuamente para
potenciar o turismo en Melide. Así,“temos unha oficina de
turismo na parroquia de Furelos aberta todo o verán; tamén
se editou un rueiro máis versátil e informativo sobre o noso
patrimonio histórico e cultural,
así como unha guía de Melide”,
sinala Dalia García.
Así mesmo,“durante todo o
verán organízanse moitas actividades, pensadas para todo
tipo de público, desde eventos
musicais ata teatro ou xogos
tradicionais, entre outras”.
actuacións. Polo que
atinxe ás actuacións que se
asesoría
melide 12 a 20 de agosto
san roque
El Correo Gallego. LUNES 15 de AGOSTO de 2016
29
están a levar a cabo no Concello de Melide, apunta García
Couso que “traballamos na
xestión diaria dos problemas
que a veciñanza nos pon sobre
a mesa, intentando solucionar
a maioría deles, así como atender calquera tipo de proposta
que nos fagan. Aprobamos
licencias de obras, xestión de
subvencións, etc.”.
Para rematar, Dalia García
Couso aproveita para felicitar
e saudar aos veciños nestas
datas festivas: “Deste o goberno local non podemos estar
máis orgullosos de ofrecer a
todos aqueles que nos visitan e a toda a veciñanza este
gran cartel de actuacións, que
xa comezou o pasado venres
coa Feira Medieval e rematará
este sábado, coa actuación de
Efecto Pasillo. Somos un pobo
de referencia a nivel gastronómico e turístico, en pleno corazón do Camiño de Santiago.
Consideramos que isto é suficiente para ter motivos dabondo para visitar Melide e gozar
de todo o que lles ofrecemos,
tendo en conta tamén o atractivo que ten Melide e as condicións meteorolóxicas, que
este verán son inmellorables”,
indicou.
s. varela/melide
981 507 878 Principal • 981 506 162 Fax
Antonio Prado Díaz, 14 Bajo - 15800 - Melide
Excelencia 2016
BAR TAPERÍA
Rúa Camiño Vello de Santiago, S/N
Melide (A Coruña) T. 981 506 392 / 666 312 851
www.casaalongos.com
Descargar