Centro Galego de Artes da Imaxe

Anuncio
Centro Galego de Artes da Imaxe
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2006
5
CGAI
6
ARQUIVO E DOCUMENTACIÓN
8
RECUPERACIÓN E RESTAURACIÓN CINEMATOGRÁFICA
10
CONSERVACIÓN
11
PROGRAMACIÓN
14
ACTIVIDADES E PRESENTACIÓNS
16
EXPOSICIÓNS
18
FORMACIÓN
22
PUBLICACIÓNS
24
BIBLIOTECA
25
PRÉSTAMO
25
WEB
26
COLABORACIÓNS con outros organismos e institucións
29
DATOS CGAI 2006
CGAI
Durán Loriga 10 baixo
15003 A Coruña - España
Tel.: +34 981 20 34 99
Fax.: +34 981 20 40 54
[email protected]
www.cgai.org
Dirección
José Luis Cabo Villaverde
(ata abril 2006)
Servizo de Xestión Administrativa
Virginia Macías González-Camino
Centro Galego de Artes da Imaxe
O CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe créase,
por Decreto 210/1989 do 5 de outubro, como un
centro de difusión e documentación da imaxe en
todos os sentidos. Desde 2005 depende organicamente da Secretaría Xeral de Comunicación da
Presidencia da Xunta de Galicia. O CGAI é, polo
tanto, a institución responsable no ámbito da
imaxe, desde a administración autonómica, de
cumprir as seguintes funcións:
• programar proxeccións, mostras, exposicións,
seminarios, conferencias e publicacións co obxectivo dun mellor coñecemento das artes da imaxe.
• colaborar noutras actuacións en Galicia e no exterior, de obxectivos semellantes.
• recuperar, catalogar, custodiar e difundir as producións e as obras que constitúen o patrimonio
audiovisual e fotográfico galego.
• participar na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
O CGAI, inaugurado oficialmente o 15 de marzo de 1991, conta cunhas instalacións físicas de
1.200 metros cadrados, localizadas na Casa de
Cultura Salvador de Madariaga, na cidade da Coruña, cedidas temporalmente polo concello coruñés a través de convenio.
Desde o ano 1999 o CGAI é membro da FIAF, federación mundial que agrupa 120 filmotecas de 65
países. A través da súa incorporación á FIAF o CGAI
queda integrado nunha rede internacional de asistencia técnica e intercambio de información.
Responsable de Programación
Jaime Pena Pérez
José Manuel Sande
Responsable de Difusión
Otilia Álvarez Álvarez
Arquivo e Documentación
José María Rodríguez Armada
Beatriz Díaz Lorente
Ana Pena Penabad
Coordinación de eventos e comunicación
Mónica García Iglesias
Coordinación de exposicións
Marta Etcheverría Marchesi
Coordinación de servizos web
Patricia González Pin
Subtitulado, traducións e coordinación
lingüística
Begoña Combo Castro
Sala de proxeccións. Operador de cabina,
atención de sala e venda de entradas
Antonio Vicente Rodríguez Ramos
Walter Ariel Rodríguez Ferreiro
5
ARQUIVO E DOCUMENTACIÓN
Depósito de documentación
administrativa do CGAI
Un dos obxectivos fundamentais do CGAI é a salvagarda de todos aqueles documentos cinematográficos, videográficos e fotográficos que constitúen
o patrimonio audiovisual galego definido tanto
polos seus valores artísticos como documentais. O
Departamento de Arquivo e Documentación ten
ao seu cargo a conservación, preservación, restauración e catalogación dos fondos propios do
CGAI, así como a localización e recuperación de
materiais dentro e fóra de Galicia susceptibles de
cualificarse de interese para a cultura galega.
O CGAI conserva nos seus fondos tanto materiais en soporte cinematográfico como en soporte
magnético (vídeo, son, etc.) ou dixital e todo o que
se poida definir como “imaxe en movemento” con
independencia do soporte. Os especificamente fotográficos teñen unha consideración diferenciada
atendendo os problemas particulares de catalogación, conservación e consulta.
Cartel deseñado por Isaac Díaz
Pardo (1979)
Botadura del Alfonso XIII
(Ibérico Films, 1913)
A procedencia dos fondos que forman a colección
do CGAI é moi diversa. Por unha parte, en canto aos proxectos subvencionados pola Xunta de
Galicia, ata 2005 existe o depósito obrigatorio de
dúas copias en perfecto estado; por outra, a través
de depósitos ou doazóns efectuados por asociacións, empresas ou particulares, intercambios con
outros arquivos, tiraxes ou compra de copias ou os
plans de recuperación establecidos desde o propio
centro. As produtoras galegas, sensibilizadas ante
os problemas de conservación, depositan con frecuencia os seus fondos no CGAI, garantindo deste xeito un correcto almacenamento con criterios
homologados.
Cine
Os fondos en soporte cinematográfico (curtametraxes e longametraxes) chegan ás 2.252 copias,
correspondentes a 1.988 títulos. As películas máis
antigas conservadas no arquivo do CGAI —Zuma
(Baldassare Negroni, Italia) e Botadura del Alfonso
XIII (Ibérico Films, España)— datan ambas de 1913.
Postais de Galicia. Fondo CGAI
6
O Centro conta cunha base de datos, con máis
de 1.900 entradas, coas fichas das películas argumentais e documentais producidas ou relacionadas dalgún xeito con Galicia, sexan ou non de
produción galega. Nesta base, actualizada periodicamente, indícase se o CGAI conserva copia dos
títulos buscados nos seus arquivos.
Vídeo
Os fondos conservados en soporte videográfico profesional alcanzan as 2.648 copias, correspondentes
a 2.316 títulos, incluíndo toda a produción subvencionada pola Xunta de Galicia desde 1984 ata 2005
e grande parte das producións propias do desaparecido Arquivo da Imaxe de Galicia (1984 - 1985). O
fondo conta ademais con 1.631 títulos en formato
VHS e 3.758 títulos en soporte dixital —para a súa
consulta a nivel histórico ou educativo— que inclúe
as películas máis destacables da historia do cine e
da produción audiovisual galega.
Carteis
O arquivo inclúe unha colección de 7.463 carteis
de películas galegas, españolas e estranxeiras,
ademais dos relativos a certames de fotografía
e festivais de cine e vídeo de Galicia. Todo este
material está catalogado, disposto en arquivadores homologados e sistematizado nunha base de
datos aberta ao público.
Fotografía
O CGAI vén conformando un fondo de fotografía
histórica e contemporánea galega que, no posible
e sempre coa limitación dos recursos económicos,
sente as bases dunha panorámica da fotografía en
Galicia dentro do marco dunha institución pública. Este fondo contou desde un principio cunha
pequena colección, herdada do Arquivo da Imaxe,
que se viu incrementada no tempo con outras copias e placas de fotógrafos históricos ata formar
un conxunto de máis de 12.000 unidades. O fondo complétase con series de fotografía contemporánea galega. Na actualidade pódense consultar
en bases de datos informatizadas as imaxes dos
fondos Pedro Ferrer e do Arquivo Mas, ademais de
todas as exposicións de fotografía producidas polo
CGAI como as de Jean Dieuzaude, Bernard Plossu,
Manuel Vilariño, Vari Caramés, Pedro Brey, Ramón
Dimas, entre outras.
Como apartado complementario para unha análise documental e histórica integrouse no fondo
a obra de fotógrafos galegos en soportes non fotográficos, como son as tarxetas postais, os libros
gráficos e as edicións realizadas coas distintas técnicas de impresión fotomecánica.
Documentación
Inclúe a documentación xerada polo centro na súa
actividade —principalmente administrativa—, os
expedientes de axudas ao sector audiovisual da
Xunta de Galicia e series sobre cineastas e fotógrafos galegos; destacando fondos como o do
director galego Amando de Ossorio, o relativo ao
cine galego entre 1970 e 1990 e de fenómenos
culturais como o cineclubismo.
Fondo Julio Cortázar
A Xunta de Galicia recibiu en 2005, para a súa
definitiva conservación no Centro Galego de Artes
da Imaxe, o fondo fotográfico e fílmico do escritor
arxentino Julio Cortázar grazas á xenerosidade da
súa viúva e testamenteira Aurora Bernárdez.
ARQUIVO: INCORPORACIÓNS EN 2006
Cine
Total: 226 títulos
Depósito obrigatorio de subvencións: 4 títulos
Depósito voluntario: 222 títulos
Recuperacións:
Fondo Enrique Líster (5 títulos) con imaxes deste relevante militante comunista e a súa familia
de vacacións na URSS e na República Checa a
principios dos anos 60.
Fondo Juan José Montenegro (146 títulos),
conxunto de películas con imaxes desde os
anos corenta ata os 60 da cidade da Coruña e
outros lugares como a Toxa.
O apartado fílmico, correspondente a gravacións
Fondo Uriel Latorre (64 títulos). Viaxes turísticas
en Súper 8 de mediados dos anos sesenta, correspóndese con filmacións realizadas polo propio
Cortázar nas súas viaxes por Brasil, A India e Uganda, ademais de curtametraxes en 8 mm., que sen
saír moitas veces do carácter documental, contemplan unha certa intención creativa onde non
falta o interese entomolóxico que tamén se pasea
pola súa literatura.
da familia Montenegro nos anos 70 por toda
Galicia con imaxes da Procesión do Corpiño do
ano 1975.
O fondo fotográfico —máis de dúas mil imaxes
entre copias e negativos— está formado tanto por
fotografías de autoría do propio Cortázar con intención plástica como por outras de orixe diversa,
pero sempre relacionadas co seu contexto literario,
político e biográfico. Todo este conxunto constitúe
unha auténtica fotobiografía do propio Cortázar,
posto que abarca desde os seus primeiros anos de
vida nas aforas de Bos Aires, en Banfield, ata a súa
última etapa en París, pasando polo seu primeiro
traballo de mestre e polas innumerables viaxes e
estancias en distintos países —Europa, India, Vietnam, Cuba...— e o encontro con personalidades
como Buñuel, Carlos Fuentes, Vargas Llosa, García
Márquez, Octavio Paz, Ernesto Cardenal, Lezama
Lima…
A importancia deste fondo acrecéntase se temos
en conta que os manuscritos, a correspondencia e
a documentación que constituían o núcleo do arquivo de Julio Cortázar pertencen na actualidade
á biblioteca da Universidade de Princeton (EUA).
Polo tanto, os fondos doados a Galicia serán practicamente os únicos documentos do arquivo do
escritor que se conserven en Europa, xunto coa
súa biblioteca persoal na Fundación Juan March
en Madrid.
José Gelabert: Julio Cortázar
Vídeo
Total: 443 títulos
DVD
Total: 913 títulos
Carteis
Fondo Familia Uriel Latorre
Total: 101
Fotografía
Total: 1.533
Documentación
30 arquivadores con expedientes referentes a
subvencións, difusión, actividade administrativa,
etcétera.
Fondo Enrique Líster
7
RECUPERACIÓN E RESTAURACIÓN CINEMATOGRÁFICA
Recuperación
Miss Ledya (José Gil, 1916).
Primeira película de ficción galega
conservada
Programa de man da película Polizón a Bordo (Florián Rey, 1941)
Desde a recuperación en 1991 da longametraxe
documental Un viaje por Galicia (Luis R. Alonso,
1929), o CGAI vén dedicando grandes esforzos á
recuperación do patrimonio audiovisual galego. É
un labor silencioso, lento e complicado, con froitos escasos pero de gran valor. A dispersión das
películas en espazos e localizacións moi diversas
implica que a súa conservación, debido ao proceso
de degradación ao que están sometidos os materiais cinematográficos, non está asegurada.
8
Miss Ledya (José Gil, 1916)
Películas experimentais de Eugenio F. Granell
(1960) (8 títulos)
Documentais:
O Ano Santo em Compostela (Invicta Film,
1915)
Imaxes de Vigo e arredores (anos vinte)
(Bos Aires), Centro Gallego de Buenos Aires, Consello da Cultura Galega, Det Danske Filmmuseum,
Envases Alonarty S.A., Federación de Sociedades
Gallegas (Bos Aires), Filmoteca Generalitat de Catalunya, Filmoteca Vasca, Museo de Pontevedra,
Museo Massó, Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia (A Habana) e, moi especialmente,
de Filmoteca Española.
Porriño en Buenos Aires (1928-1929)
A reconstrución e restauración de películas producidas en Galicia ou relacionadas coa nosa cultura
(caso das producidas na emigración) é un traballo
especializado que demanda persoal cualificado e
fortes dotacións económicas. Desde un principio,
o CGAI foi formando o persoal propio nas problemáticas da identificación e conservación de materiais fílmicos históricos. Consecuente con este proceso foi o establecemento da dotación física dos
instrumentos necesarios tanto para a catalogación
das películas como para sentar as bases mínimas
esixibles para a recuperación e conservación. Neste proceso de formación, o persoal especializado
nestes campos asistiu aos sucesivos cursos de formación organizados por Filmoteca Española, entidade coa que se mantén unha estreita liña de
colaboración e intercambio permanente.
Carmiña, flor de Galicia
(Rino Lupo, 1926)
Curtametraxes:
Desde a apertura do CGAI recuperáronse tanto
títulos relacionados con Galicia, como filmes españois e estranxeiros, proceso que contou coa indispensable colaboración tanto de particulares como
de institucións como o Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Casa de Galicia
Restauración
Galicia y Buenos Aires
(José Gil, 1931)
Relación de películas restauradas
(1991 – 2006)
Tintorería España (1927)
Nuestras fiestas de allá (José Gil, 1928)
Talleres Alonarti - Sociedad La Artística
(José Gil, c. 1928)
Un viaje por Galicia (Luis R. Alonso, 1929)
Imaxes de A Coruña (1929)
Escenas de A Coruña (1930)
Pontevedra cuna de Colón (Enrique Barreiro,
1930)
Galicia y Buenos Aires (José Gil, 1931)
Recibimiento de Vigo a su Excelencia el
Presidente de la República (Enrique e Ramón
Barreiro, 1934)
Imaxes de Castelao (Eligio González, 1941)
La Beneficiencia gallega en La Tropical (Royal
News, 1948)
Primer Congreso de la Emigración Gallega
(Eligio González, 1956)
Centro Gallego en su 50 aniversario (Eligio
González, 1957)
Longametraxes :
La casa de la Troya (Pérez Lugín, 1924)
La tragedia de Xirobio (José Signo, 1930)
Polizón a bordo (Florián Rey, 1941)
Bandera Negra (Amando de Ossorio, 1958)
Restauracións 2006
O Ano Santo em Compostela (Portugal – 1915)
Produción: Invicta Film (Porto)
Realización: Manuel Cardoso Pereira (?)
c.200 metros (incompleto, sen intertítulos),
branco e negro
Estreada o 4 de outubro de 1915 no Pazo
Arcebispal (Santiago de Compostela)
Restauración 2006: Cinemateca PortuguesaMuseu do Cinema, Centro Galego de Artes da
Imaxe
Imaxe: Luisa Pintarelli e Tiago Baptista
Montaxe: José Mª Folgar de la Calle e José Mª
Armada
O Ano Santo em Compostela
(Invicta Film, 1915)
A recuperación deste filme fíxose en 2006 no laboratorio da Cinemateca Portuguesa-Museu do
Cinema, a partir do negativo de cámara orixinal.
Os planos que compoñen a película foron tomados, no mes de xullo do Ano Santo de 1915, por
un operador da produtora de Porto Invicta Film,
contratado por Isaac Fraga.
A día de hoxe son as primeiras imaxes en movemento conservadas sobre Santiago de Compostela e están na liña do ‘cine relixioso’ das saídas de
misa (do Pilar, de Santa María de Sants, de San
Jorge, na Coruña…) que, nos “primordios” do espectáculo de cine proliferan en España.
Nuestras fiestas de allá
(José Gil, 1928)
La tragedia de Xirobio
(José Signo, 1930)
Talleres Alonarti - Sociedad La
Artística (José Gil, c. 1928)
La Casa de La Troya
(Pérez Lugín, 1924)
Recibimiento de Vigo a su Excelencia el Presidente de la República
(Enrique e Ramón Barreiro, 1934)
9
CONSERVACIÓN
Todos os fondos do CGAI están almacenados en
espazos especialmente acondicionados para a súa
correcta conservación. Para os fondos fílmicos o
centro conta con dous depósitos que reúnen os
niveis de temperatura e humidade aconsellados
polas normativas internacionais relativas á conservación de materiais cinematográficos. Estes
materiais distribúense en dúas cámaras de arquivo
diferentes. A primeira, cunha capacidade de almacenaxe de 960.000 metros de película, preserva o
cine galego, as películas relacionadas con Galicia
e os materiais negativos de imaxe e son. O segundo arquivo contén máis de 2.150.000 metros de
títulos non relacionados con Galicia. O Centro posúe un sistema de control electrónico que mantén
constantes as condicións ambientais adecuadas,
andeis metálicos esmaltados ao fogo para o almacenamento das latas e un sistema automático
detector de incendios. Cada título, antes de pasar
aos andeis, é obxecto dun estudo físico e redáctase un informe detallado con todas as condicións
históricas e técnicas do filme.
A fotografía conta cunha dependencia específica
controlada a nivel ambiental e con arquivadores
homologados.
10
Nos últimos anos o CGAI foi adquirindo equipos
técnicos para incrementar o rendemento do arquivo así como para permitir a transferencia con
celeridade a novos soportes e formatos de consulta. Esta infraestrutura inclúe tres moviolas —de 16
mm., 35 mm. e 35/16 mm.—, varios equipos de
vídeo profesionais e domésticos (Betacam, Betacam Dixital, U-matic LB, HB, SP, Hi 8, SVHS, Vídeo
8), e dous sistemas AVID de edición non lineal.
Un laboratorio fotográfico convencional e outro
dixital permiten duplicar os fondos fotográficos,
especialmente nos casos de negativos de cristal ou
de copias positivas moi delicadas, e crear bases de
datos para estudo e consulta.
Todos estes equipos permiten a través da dixitalización de imaxes, do copiado e da reprodución
poñer a disposición dos profesionais e investigadores, en formato de fácil acceso, a maior parte
dos fondos do CGAI evitando deterioracións ou
danos. Ademais, na rede, pódense consultar a
través da páxina web do CGAI os capítulos máis
destacados do patrimonio audiovisual galego.
PROGRAMACIÓN
O Centro Galego de Artes da Imaxe mantén na súa
sala unha programación cinematográfica estable
que segue as liñas clásicas de calquera filmoteca,
prestando especial atención á revisión da historia
do cine en todas as súas etapas, aos realizadores
e cinematografías contemporáneos que se atopan
fóra dos circuítos normais de exhibición e ao audiovisual galego, con ciclos de carácter histórico
ou ben presentando sistematicamente a maior
parte da produción anual.
Lonxe de centrarse de xeito exclusivo no campo
cinematográfico, esta programación fixa tamén a
súa atención nas novas tecnoloxías do vídeo e dos
multimedia, ao tempo que se organizan presentacións, coloquios e encontros con personalidades
do mundo da imaxe.
Ciclos 2006
Novo Cine Italiano (decembro 2005-febreiro
2006)
John Huston (xaneiro-maio)
Michael Haneke (xaneiro-marzo)
MUTACI(O)NES (xaneiro-xullo)
Cartoon Manía (febreiro- xuño)
Desacougos. Cine austríaco 1994-2005 (marzo)
Chris Marker (marzo-abril)
Apichatpong Weerasethakul e o Cine Thai
(abril-maio)
Joaquín Jordá (maio-xuño)
Cine fantástico español contemporáneo (maioxuño)
O CGAI organiza unha proxección única de luns
a xoves e dúas os venres e os sábados (oito pases
por semana). En 2006 programáronse 314 sesións,
proxectando 496 títulos e contando coa asistencia
de 12.773 espectadores. As proxeccións realízanse sempre en versión orixinal, ben con subtítulos
en castelán, ben mediante un sistema de vídeo
subtitulado en galego, elaborándose, neste último
caso, as traducións no propio centro.
Letras galegas / Imaxes galegas (maio)
Sala de proxeccións CGAI
Jean Rouch. Crónica dunha revelación (outubro)
Enderezo: Durán Loriga 10 baixo. 15003 A
Coruña
Aforo: 110 localidades.
Proxección cine: sistema para pasos de 35 mm.
(con motor de velocidade variable entre 12 e
25 f.p.s.), 16 mm. e S8 (ambos con posibilidade
de proxección entre 18 e 24 f.p.s.). Formatos
de proxección 1:1.33; 1:1.37; 1:1.66; 1:1.85 e
1:2.35.
Proxección vídeo: sistema de videoproxección
en Betacam SP, Betacam Dixital DVD, DVCam,
MiniDV, DVCPro 25.
Son: Dolby Stereo Dixital.
Subtitulación: electrónica mediante videoproxección.
Programación do CGAI
Jacques Becker (xuño)
Jia Zhang-ke (xuño)
Cine + Guerra Civil (xullo)
Novas perspectivas do cine contemporáneo:
MUTACI(O)NES (xullo)
El bosque animado. Sentirás su
magia (Ángel de la Cruz, 2001)
Isabelle Huppert (setembro-outubro)
Modelo para armar: Julio Cortázar e o cine
(outubro-novembro)
David Cronenberg (outubro-novembro)
A xeración da violencia USA (novembro 2006abril 2007)
Juego subterráneo
(Roberto Gervitz, 2005)
Bruno Dumont (decembro)
Mostra de cine portugués (novembro 2006xaneiro 2007)
Ventos do Leste. Os Novos Cines nos países
socialistas europeos (1955-1975) (decembro
2006-xaneiro 2007)
The Narrow Margin
(Richard Fleischer, 1952)
Mysterious Object at Noon
(Apichatpong Weerasethakul, 2000)
11
Fóra de serie:
Sección da programación coa inclusión de estreas
e presentacións especiais (as antigas “sesións especiais”), todo tipo de proxeccións “fóra de serie”, non integradas en ciclos.
SETEMBRO:
Hacia el sur (Laurent Cantet, 2005), Zona libre
(Amos Gitai, 2005), El sabor de la sandía (Tsai
Ming-Liang, 2005)
Antes del atardecer
(Richard Linklater, 2004)
OUTUBRO
The white diamond (Werner Herzog, 2004),
Grizzly man (Werner Herzog, 2005), Cruzando
el puente: los sonidos de Estambul (Faith Akin,
2005)
NOVEMBRO
Tropical malady (Apichatpong Weerasethakul,
2004), Junebug (Phil Morrison, 2005), Tiempos
de amor, juventud y libertad (Hou Hsiao-Hsien,
2005), No quarto da Vanda (Pedro Costa,
Vidas rebeldes
(John Huston, 1961)
2000)
DECEMBRO
Fantasma (Lisandro Alonso, 2006), Odete (Joao
Pedro Rodrigues, 2005), Juventude em marcha
(Pedro Costa, 2006), A costa dos murmúrios
(Margarita Cardoso, 2004)
La leyenda del tiempo
(Isaki Lacuesta, 2006)
MUTACI(O)NES:
XANEIRO
Antes del atardecer (Richard Linklater, 2004)
FEBREIRO
Life Aquatic (Wes Anderson, 2004)
Los otros
(Alejandro Amenábar, 2001)
MARZO
Chain (Jem Cohen, 2004)
ABRIL
Blissfully yours (Apichatpong Weerasethakul,
2002)
MAIO
Mondovino (Jonathan Nossiter, 2004)
Sangre sabia (John Huston, 1979)
XUÑO
Unknown pleasures (Jia Zhang-ke, 2002)
XULLO
Saraband (Ingmar Bergman, 2003), Honor de
cavalleria (Albert Serra, 2006), La leyenda del
tiempo (Isaki Lacuesta, 2006)
12
Elevation (Carlos Seijo, 2006)
O lapis do carpinteiro
(Antón Reixa, 2003)
El sabor de la sandía
(Tsai Ming-liang, 2005)
Aguiluchos de la FAI, nº 1 (1936)
Blissfully Yours (Apichatpong
Weerasethakul, 2001)
Tiempo de lobos
(Michael Haneke, 2003)
Nordrand (Barbara Albert, 1999)
Saraband
(Ingmar Bergman, 2003)
Blowup
(Michelangelo Antonioni, 1966)
The eye (Pang Brothers, 2002)
On vous parle du Chili
(Chris Marker, 1973)
Terapia In-ducid-a
(José Luis Ducid, 2001-2006)
Juventude em marcha
(Pedro Costa, 2006)
Mondovino
(Jonathan Nossiter, 2004)
Trece badaladas
(Xavier Villaverde, 2002)
Una historia de violencia
(David Cronenberg, 2005)
La reina de África
(John Huston, 1952)
La evasión (Jacques Becker, 1960)
13
ACTIVIDADES E PRESENTACIÓNS
XANEIRO
Antonio Weinrichter.
Presentación da película Mondovino (Jonathan Nossiter, 2004).
Sección MUTACI(O)NES
Venres 27: Presentación da película Antes
del atardecer (Richard Linklater, 2004) por
Carlos Losilla. Coloquio posterior. Sección
“MUTACI(O)NES”.
FEBREIRO
Venres 3: Presentación do libro En torno al
Nuevo Cine Italiano. Los años sesenta: realismo
y poesía, a cargo de José Enrique Monterde
(coordinador), José Antonio Hurtado (IVAC-La
Filmoteca) e José Luis Cienfuegos, director do
Festival Internacional de Cine de Gijón.
Foro Academia Aberta´06.
Organizado pola Academia Galega
do Audiovisual, coa homenaxe ao
medallista de Ouro da Academia
do ano 2006, Llorenç Soler
Sábado 11: Presentación da curtametraxe Os
Waslala (Alberte Pagán, 2005) por parte do seu
autor.
Venres 17: Presentación da película Life Aquatic (Wes Anderson, 2004) por Ángel Quintana.
Sección “MUTACI(O)NES”.
Venres 24: Presentación da película Lomax.
The songhunter (Rogier Kappers, 2004) a cargo
de Ramón Pinheiro, experto na figura do etnomusicólogo Alan Lomax.
José Enrique Monterde, José
Antonio Hurtado e José Luis Cienfuegos. Presentación do libro En
torno al Nuevo Cine Italiano. Los
años sesenta: realismo y poesía
MARZO
Venres 10: Presentación da película Chain
(Jem Cohen, 2004) por Fran Gayo. Sección
“MUTACI(O)NES”.
Venres 10: Inauguración da exposición Laurent
Millet. Pequenas máquinas soñando imaxes coa
presenza do artista, Laurent Millet, Mar Lorenzo
(Vicerreitora de Extensión Cultural e Servizos
á Comunidade Universitaria), José Luis Cabo
(director do CGAI) e Manuel Vilariño (comisario
da exposición).
Presentación da película O lapis do
carpinteiro (Antón Reixa, 2002),
coa presenza do seu director con
motivo da celebración do Día das
Letras Galegas
Ramón Pinheiro e José Manuel
Sande. Presentación da película
Lomax. The songhunter (Rogier
Kappers, 2004)
14
Sábado 11: Presentación de CCCV CineClube
Carlos Varela (Ramiro Ledo, 2005) por parte do
seu autor.
ABRIL
Sábado 1: Presentación da película O alquimista (Xosé Zapata, 2005) e do DVD dedicado
a Leni Riefenstahl coa participación de Xosé
Zapata (director), Ignacio Benedeti (produtor) e
Juan Carlos Salgado (historiador).
Luns 10: Presentación da película Blissfully
yours (Apichatpong Weerasethakul, 2002) por
Manuel Yáñez. Sección “MUTACI(O)NES”.
Mércores 26: Presentación do conxunto de
traballos Terapia in-ducid-a (José Luis Ducid,
2001-2006) por parte do seu autor.
Venres 28: Presentación do libro Mystère
Marker, a cargo dunha das súas coordinadoras,
María Luisa Ortega.
MAIO
Sábado 6: Presentación da película O lapis do
carpinteiro (Antón Reixa, 2002), coa presenza
do seu director con motivo da celebración do
Día das Letras Galegas.
Venres 12: Presentación da película Mondovino (Jonathan Nossiter, 2004) por Antonio
Weinrichter. Sección “MUTACI(O)NES”.
Sábado 13: Presentación da película Trece badaladas (Xavier Villaverde, 2002), coa presenza
do seu produtor Pancho Casal con motivo da
celebración do Día das Letras Galegas.
Luns 15: Presentación das curtametraxes
O intruso (Omar Rabuñal, 2005), Buscando
el momento (Jorge Saavedra, 2004), Servicio a domicilio (Julio López Noche e Jorge
Saavedra, 2005) e Cows (Julio López Noche e
Jorge Saavedra, 2005) coa presenza dos seus
directores.
XUÑO
SETEMBRO
Xoves 22: Presentación das curtametraxes de
Chus Domínguez O prezo da dote (2002), No
ámbito do Cauca (2003) e O tempo dos bullós
(2005) coa presenza do seu director e a coguionista da segunda das curtas, Marlene Anaya.
Venres 15: Presentación da película Pensando
en soledad (Marcos Nine, 2006), coa presenza
do seu director e o produtor Xosé Zapata e
mesa redonda en torno á figura de José Ernesto Díaz-Noriega.
Xoves 29: Presentación da película Unknown
pleasures (Jia Zhang-ke, 2002) por Eulàlia Iglesias, coa participación de Luis Miranda. Sección
“MUTACI(O)NES”.
Luns 18: Presentación da curtametraxe Ilusiones visuales (Marcos Pérez e Oscar Sánchez,
2006) a cargo dos seus directores e o produtor
David Martínez.
XULLO
Xoves 6: Presentación da película Sierra de
Teruel (André Malraux, 1939) a cargo do
historiador, presidente da AEHC, Julio Pérez
Perucha.
Sábado 8: Presentación da película En el
balcón vacío (Jomi García Ascot, 1961) a cargo
do historiador e profesor da Universidade de
Valencia Juan Miguel Company.
Martes 18: Dentro das Xornadas “Novas perspectivas do cine contemporáneo:
MUTACI(O)NES”, presentación da película
Honor de cavalleria (Albert Serra, 2006) a cargo
do seu director.
Mércores 19: Mesa redonda “Nova cinefilia:
crítica cinematográfica e revistas cinematográficas on-line desde Galicia” coa presenza de José
Manuel López, Martin Pawley e Jesús Rivera
(revista dixital “Cinema Friki”) e “As mutacións
da crítica”, onde interveñen Carlos F. Heredero,
José Luis Fecé, Roberto Cueto e Gonzalo de
Lucas.
Xoves 20: Mesa redonda “Mutacións da
difusión: o DVD”, con membros das empresas
do sector videográfico “Cameo” (Juan Carlos
Tous), “Avalon / FNAC” (Enrique Costa), “Notro
Films” (Adolfo Blanco) e “Versus” (Alejandro
Miranda) e “Hibridacións da ficción: Novos
relatos”, moderada por Ángel Quintana e coa
presenza dos cineastas Albert Serra e Isaki
Lacuesta.
Xoves 28: Inauguración da exposición Ler
imaxes. O arquivo fotográfico de Julio Cortázar.
Presidiron o acto Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia, a viúva do escritor,
Aurora Bernárdez, a Conselleira de Cultura e
Deporte, Ánxela Bugallo, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro,
e a comisaria da exposición, Rocío San Claudio
Santa Cruz.
OUTUBRO
Sala de proxección
O Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia
Fernando Salgado e Aurora
Bernárdez. Presentación do libro
Julio Cortázar / Aurora Bernárdez.
Un (re)encontro con Galicia
Mércores 18-Venres 20: Xornadas de Análise
da Televisión, organizadas pola Fundación
Instituto de Estudios Políticos y Sociales con
motivo dos aniversarios de TVE (50 anos) e da
TVG (20).
Xoves 22: Presentación das pezas de DSK
Despegue, Paisaxe e DSK (2006), e das curtametraxes Elévation (Carlos Seijo, 2006) e Ausencias (Manuel I. Nanín, 2006), coa presenza
de Carlos Seijo e Manuel I. Nanín.
DECEMBRO
O presidente da Xunta de Galicia
Emilio Pérez Touriño e Aurora
Bernárdez. Inauguración da
exposición Ler imaxes. O arquivo
fotográfico de Julio Cortázar
Venres 1: Foro Academia Aberta´06. Organizado pola Academia Galega do Audiovisual, coa
homenaxe ao medallista de Ouro da Academia
do ano 2006, Llorenç Soler, que presenta os
seus traballos documentais Autopista, unha
navallada á nosa terra (1977), O monte é noso
(1978) e Pegadas (1997).
15
EXPOSICIÓNS
O Centro Galego de Artes da Imaxe ten entre as súas prioridades tanto a difusión das obras constituíntes
do patrimonio fotográfico galego e a mostra pública dos nomes que, co seu carácter e calidade plástica,
cimentaron a nosa memoria visual como a produción de exposicións dos artistas posuidores dun discurso
contemporáneo e con achegas significativas á linguaxe plástica e visual.
Non faltan tampouco exposicións de temática cinematográfica como complemento ao estudo e difusión
desta disciplina artística.
LAURENT MILLET. PEQUENAS MÁQUINAS SOÑANDO IMAXES
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, 10 Marzo - 16 Abril 2006
Produción: Centro Galego de Artes da Imaxe, Universidade de Santiago de Compostela
Comisariado: Manuel Vilariño
Coordinación CGAI: Marta Etcheverría
Coordinación USC: Susana López
Montaxe: Carlos Fernández
Vinilos: Axeitos
Laurent Millet: Les Zozios, “Marron” (2004)
Manuel Vilariño, comisario da
exposición.
Laurent Millet nado en Francia en 1968, vive xunto ao estuario do Gironde, onde establece o seu
territorio de traballo. Entre as súas últimas exposicións debemos destacar as realizadas no Centre de
Photographie de Lectoure, no Musée Nicéphore
Niépce en Châlon-sur Saône e no Museo de Belas Artes de Santa Fe. A súa obra está presente
en numerosas coleccións públicas tan significativas como: Fonds National d’Art Contemporain de
Francia, Maison Européenne de la Photographie
en París, San Francisco Museum of Modern Art,
Los Angeles County Museum, Museum of Fine
Arts de Houston, Bibliothèque Nationale de París
e Chicago Art Institute. Está representado comercialmente polas galerías Robert Mann de Nova
York e Camera Obscura de París.
Nesta exhibición en Santiago de Compostela Laurent Millet amosou a súa produción máis recente.
A exposición reuniu as fotografías das series: “Cabane” (2000), “Petite Machine Littorale” (20012002), “Monolithe” (2002), “Les Zozios” (2004),
“Le Bestiaire” (2005), “Les vacances à Dusseldorf”
(2006) e a obra composta de 16 pezas “Croquis”
(2005).
A mostra completábase coa proxección do vídeo
titulado “Les Tempestaires”, realizado en Francia
en 2005, onde o artista fai un percorrido poético
polo seu territorio que serve de homenaxe á vida
rural e á natureza cunha clara mirada ás cousas
pequenas e cotiás que nos rodean habitualmente.
Exposición Laurent Millet. Pequenas máquinas soñando imaxes.
Igrexa da Universidade, Santiago
de Compostela
16
LER IMAXES. O ARQUIVO FOTOGRÁFICO DE JULIO CORTÁZAR
Pazo de Fonseca e Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela, 28 Setembro - 19 Novembro
2006
Tomando como eixe da mostra a relación inédita
de Julio Cortázar con Galicia, a exposición márcase
o obxectivo de penetrar no universo cortazariano
Produción: Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de
Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación
Audiovisual. Centro Galego de Artes da Imaxe; Vicerreitorado de Cultura, Universidade de Santiago
de Compostela
a través do arquivo persoal do escritor que, grazas
á xenerosidade de Aurora Bernárdez, forma parte
dos fondos do Centro Galego de Artes da Imaxe
(CGAI).
Entidades colaboradoras: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Fundación Caixa Galicia
Comisariado: Rocío San Claudio Santa Cruz
Coordinación xeral: Ara Solis Produccións Culturais S.L.
Coordinación CGAI: Marta Etcheverría Marchesi,
Mónica García Iglesias, Patricia González Pin
Coordinación USC: Susana López
Ademais dunha ampla selección das máis de
4.000 imaxes fotográficas e obxectos que pertenceron ao escritor, a exposición conta con materiais
procedentes de coleccións públicas e privadas que
amosan a estreita relación que o autor de Rayuela
mantivo cos editores e autores galegos exiliados
en Bos Aires.
A exposición consta de cinco seccións que engloban a diversidade de intereses de Julio Cortázar:
viaxes, cartas, fotografía, cine e música.
Deseño da exposición, dirección da montaxe: Lluis
Pera (Espai Efimer)
Produción e montaxe: Daexga
Deseño e imaxe gráfica: Signum
Grafismo: Lali Almonacid
Selección filmacións orixinais: Alberte Pagán
Arquivo fotográfico e dixitalización (CGAI): Beatriz
Díaz Lorente, José María Rodríguez Armada
Iluminación: Hijo de la luz
Montaxe audiovisuais: Spica
Enmarcado: Cuadros Asorey
Fotografía: José Vázquez Caruncho
Reprodución dixital: Galicia Color
Vinilos: Axeitos
Traducións e revisión lingüística: Begoña Combo
Castro, Veneatra Paynther-Guisande
Transporte: Hermanos Mogente, Felipe Asorey
Aseguradora: AON Gil y Carvajal
Seguridade sala: Prosegur
Exposición Ler imaxes. O arquivo
fotográfico de Julio Cortázar.
Igrexa da Universidade e Pazo de
Fonseca, Santiago de Compostela
17
FORMACIÓN
CARTOON FUTURE. O FUTURO DA ANIMACIÓN E OS NOVOS MEDIOS DIXITAIS
Vigo, Centro Social Caixanova. 20 – 22 abril 2006
Organiza: Asociación Europea de Animación Cartoon, Programa Media UE e CGAI coa colaboración de Obra Social Caixanova
Asistentes: 123 participantes de 14 nacionalidades.
O “Cartoon Master Future” de Vigo centrou a súa
análise nos retos da globalización da imaxe dixital
e, durante tres días, foi punto de encontro e intercambio de experiencias por parte de diferentes
profesionais de avalado prestixio internacional.
As xornadas estruturáronse en torno a tres eixes:
a produción en Alta Definición, a televisión do fu-
Cartoon Master Future 2006, Vigo
turo e os últimos avances en efectos visuais. Especialistas nestas tres áreas analizaron os revolucionarios cambios tecnolóxicos que abren múltiples
posibilidades de difusión e consumo de contidos,
modificando os sistemas de produción establecidos ata agora e introducindo novos axentes que
amplían as posibilidades de mercado. O programa,
ademais de afondar nos anunciados cambios tecnolóxicos da Alta Definición, examinou a entrada
de novos operadores nos mercados emerxentes da
televisión e das plataformas móbiles.
Como en cada edición, o “Cartoon Master Future” permitiu coñecer os últimos avances tecnolóxicos no campo da imaxe de síntese grazas aos relatorios dos representantes dos principais estudios
18
europeos e americanos de efectos visuais, como
Digital Domain, Rhythm & Hues, Double Negative e Ranchito, responsables de traballos como Las
crónicas de Narnia, Harry Potter, Batman Begins…
ao mesmo tempo que se analizaron algúns programas como “Shave and a Haircut” —empregado en películas como King Kong, Underworld 2
ou X-Men 2— e “SyFlex”, simulador nomeado aos
Oscars na categoría técnica.
O programa complementouse con presentacións
de Sony, empresa líder mundial en entretemento
dixital, deseñador e editor de contidos e equipamentos de alta tecnoloxía, ademais de proxeccións de curtametraxes 3D e de Renaissance, unha
longametraxe futurista de animación rodada en
branco e negro, producida polo estudio francés
Attitude Studio.
Este curso especializado empraza a Galicia no calendario de eventos formativos de alto nivel internacional.
SEMINARIO CINE + GUERRA CIVIL
A Coruña, Paraninfo da Universidade da Coruña.
6 – 8 xullo 2006
Organiza: CGAI, Aula de Cinema e Imaxe (Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación, Universidade da Coruña) coa colaboración
da Deputación da Coruña
Director do Seminario: José Luis Castro de Paz
(Profesor Titular de Comunicación Audiovisual,
Universidade de Vigo)
Coordinación: David Castro (Aula de Cinema e
Imaxe, Universidade da Coruña)
Asistentes: 52 participantes
Durante tres días os relatores deste seminario, no
que participaron non só relevantes expertos na
materia, senón tamén novos investigadores que
traballan sobre o tema nese momento, analizaron
un dos máis fértiles períodos históricos do noticiario e o documental mundiais considerados no seu
conxunto. Nos dous bandos a guerra civil española
supón a primeira experiencia histórica do uso do
cinema sonoro ao servizo dos intereses en loita,
e, xunto á fotorreportaxe e ao cartelismo, creará
novas pautas e modelos para a utilización da reportaxe e do noticiario como elementos de mobilización, información e contra información, de
propaganda política e militar en definitiva, dando
un enorme pulo ao documental, capaz de abordar
audaces experimentacións de linguaxe.
As sesións complementáronse cun ciclo de proxeccións que, alén dos títulos máis célebres de/e sobre
o conflito bélico e as súas consecuencias, incorporou documentais, reportaxes e noticiarios que permiten seguir o seu desenvolvemento desde xullo
de 1936 ata o seu remate en 1939.
visual. Universidade do País Vasco), Alberto Elena
(Profesor Titular de Comunicación Audiovisual.
Universidade Carlos III de Madrid), Marta Muñoz
(Doutora en Filoloxía. Bolseira Posdoutoral. Facultade de Medios da Bauhaus Universität de Weimar), José Luis Castro de Paz (Profesor Titular de
Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo),
Alfonso del Amo (Filmoteca Española), Julio Pérez
Perucha (Presidente da Asociación Española de Historiadores do Cine), Vicente Sánchez-Biosca (Profesor Titular de Comunicación Audiovisual. Universidade de Valencia. Director da Revista Archivos
de la Filmoteca), Juan Miguel Company Ramón
(Profesor Titular de Comunicación Audiovisual.
Universidade de Valencia), José Enrique Monterde
(Profesor Titular de Historia do Cine. Universidade
Central de Barcelona), Antonio Weinrichter (Profesor de Comunicación Audiovisual. Universidade
Carlos III de Madrid), Román Gubern (Catedrático
de Comunicación Audiovisual. Universidade Autónoma de Barcelona), Pau Martínez (Historiadora
de cine. Membro da AEHC).
O Director Xeral de Comunicación
Audiovisual Manuel J. Fernández,
o Vicerreitor de Extensión Universitaria e Comunicación Luis Caparrós e José Luis Castro de Paz.
Xornadas Cine e Guerra Civil
Participaron os seguintes investigadores: Santos
Zunzunegui (Catedrático de Comunicación Audio-
19
X SEMINARIO/TALLER DE ARQUIVOS FÍLMICOS
Recuperar, identificar, catalogar, restaurar e difundir o cine producido antes de 1920
CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, A Coruña. 15 – 17 novembro de 2006
Organiza: CGAI, Centro Galego de Artes da
Imaxe e Filmoteca Española
Coordinador: Alfonso del Amo
80 participantes
Ramón Rubio e Fermín Prado.
X Seminario de Arquivos Fílmicos
Os Seminarios-Talleres de Arquivos Fílmicos veñen
sendo organizados por Filmoteca Española desde
1990 coa finalidade de perfeccionar e coordinar
a actuación dos técnicos dos arquivos de imaxes
en movemento existentes en España. Esta é a primeira ocasión en que se celebrou fóra de Madrid,
contando coa participación activa de representantes de distintos arquivos internacionais (Cinemateca Portuguesa, Cinemateca Brasileira, Filmoteca
da UNAM-México, Cineteca Nacional de Chile),
así como de prestixiosos especialistas europeos en
restauración fílmica. Este décimo Seminario-Taller
centrouse na recuperación, identificación, catalogación, restauración e difusión do cine producido
antes de 1920.
O seminario estivo dirixido preferentemente a arquivistas de cine e televisión, pero nesta ocasión
ofertáronse tamén vinte prazas gratuítas para estudantes de áreas afíns tales como Biblioteconomía e Documentación, Comunicación Audiovisual
ou Historia da Arte.
Henri Bousquet e Camille BlotWellens. X Seminario de Arquivos
Fílmicos
20
CERO EN CONDUCTA. SEMINARIOS E TALLERES DA IMAXE
Organizados desde 1993, os Seminarios e Talleres
de Imaxe Cero en Conducta constitúen un proxec-
escritura de guións, a realización, a fotografía, etcétera, sen esquecer a propia historia do cine.
to formativo que se levaba a cabo todos os anos
no mes de xullo, e que desde finais de 2006 pasa
a ter periodicidade mensual.
Entre o profesorado destes anos cabe recordar, entre outros, nomes como Colin Arthur, Víctor Erice,
Alberto García-Alix, Santos Zunzunegui, Chema
Madoz, Fernando Arribas, Mariano Barroso, José
Luis Guerin, Katrina Bayonas, Jaime Chávarri, Assumpta Serna, Enrique Urbizu, Francesc Torres.
Estes seminarios agrupan unha serie de cursos dirixidos tanto a profesionais do audiovisual como
a todos os interesados no cine, na televisión, na
fotografía ou nos multimedia. Impartidos por profesionais de prestixio, os cursos Cero en Conducta
pretenden abarcar todos os ámbitos do audiovisual, desde oficios como o de axudante de dirección ou script ata a comercialización ou a venda
dos produtos finais, pasando, por suposto, pola
A fotografía dixital de alta calidade. A transición á fotografía dixital. O método
Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña
16 a 20 de outubro 2006
Asistentes: 20
Curso impartido por José María Mellado considerado un dos maiores expertos do país en fotografía dixital que ten guiado a moitos profesionais
na transición desde a fotografía clásica á dixital.
O seu dominio da técnica, froito de anos de investigación, permítelle crear unha linguaxe persoal
onde o control da luz e da cor toman especial protagonismo e outorgan unha calidade singular aos
seus traballos.
Con obra en importantes coleccións públicas e
privadas (é un dos poucos fotógrafos españois expostos na colección permanente do Museo Nacional Reina Sofía) leva recibido máis dunha centena
Portada do libro Fotografía digital
de alta calidad de José María
Mellado
de premios nos últimos tres anos e o seu traballo
estúdase en importantes publicacións de ámbito
cultural.
Presidente da Real Sociedad Fotográfica durante
os últimos cinco anos, publica recentemente Fotografía Digital de Alta Calidad (www.digitalaltacalidad.com) e La Fotografía Digital es Fácil. Imparte talleres e seminarios en varias universidades
e institucións públicas e privadas e na Aula de Formación de Yellow en Madrid ademais do “Máster
de Fotografía Digital” da “Escuela EFTI”. Os seus
artigos forman parte do material docente de varias
universidades.
21
PUBLICACIÓNS
As publicacións do CGAI están dirixidas a
cumprir os seguintes obxectivos:
• Establecer unha bibliografía cinematográfica galega de referencia (monografías,
• Difundir os ciclos de proxeccións mediante o programa mensual, de carácter
gratuíto
• Complementar os ciclos programados
catálogos, filmografías, ensaios)
con monografías sobre autores ou xéneros
• Difundir o coñecemento de fotógrafos
históricos e contemporáneos con ensaios
ou catálogos recompiladores da súa obra
acompañada de aparato crítico
O Centro, ademais, é coeditor con outras
entidades como, Arteleku, Cabildo Insular
de Gran Canaria, Donostia Kultura, Festival
de Cine de Gijón, Filmoteca de Andalu-
PUBLICACIÓNS EDITADAS EN 2006
Colaboracións:
Nosferatu. Revista de Cine. nº 50, 51, 52, 53-54
Publicación do Patronato Municipal de Cultura de
San Sebastián
Números dedicados a: Don Quijote en el cine,
John Huston, Joaquín Jordá e La “generación de
la violencia” del cine norteamericano.
150 anos do Banquete de Conxo. 50 aniversario do Congreso da Emigración (libro + dvd)
[Exposición. 24 de xullo de 2006. Museo do Pobo
Galego. Santiago de Compostela]
D.L.: C-1941-06
Edición: Secretaría Xeral de Comunicación, Secretaría Xeral de Emigración
Cine fantástico y de terror español 1984-2004
Carlos Aguilar (coord.)
D.L.: SS-1377-05
I.S.B.N.: 84-89668-54-X
Edición: Semana de Cine Fantástico y de Terror de
San Sebastián
22
cía, Filmoteca Española, Fundació Antoni
Tàpies, Fundación Pilar i Joan Miró, Institut
Valencià d’Art Modern, Institut Valencià de
Cinematografía Ricardo Muñoz Suay, Institución Príncipe de Viana, Institut Valencià
de la Joventut-Cinema Jove, Kijkhuis World
Video Festival e o Museo Nacional Centro
de Arte Reina Sofía.
David Cronenberg:
Los misterios del organismo
Quim Casas (coord.)
D.L.: SS-1230-06
I.S.B.N.: 84-89668-60-4
Edición: Semana de Cine Fantástico y de Terror de
San Sebastián. Donostia Cultura
Mystère Marker.
Pasajes en la obra de Chris Marker
María Luisa Ortega, Antonio Weinrichter (eds.)
D.L.: M-11675-2006
I.S.B.N.: 84-96576-13-2
Edición: T&B Editores, Festival Internacional de
Cine de Las Palmas de Gran Canaria
Paisaje abstracto con hombre al fondo. Visita
guiada a través del cine de Bruno Dumont
Nando Salvá
D.L.: AS-5523-2006
I.S.B.N.: 84-611-3787-6
Edición: Festival Internacional de Cine de Gijón
Vientos del Este. Los nuevos cines en los
países socialistas europeos 1955-1975
Carlos Losilla, José Enrique Monterde (eds.)
D.L.: V-4310-2006
I.S.B.N.: 84-482-4481-8
Colección: Ediciones de la Filmoteca. Especial Textos
Edición: Institut Valenciá de Cinematografía Ricardo Muñoz Suay, Festival Internacional de Cine de
Gijón, Centro Galego de Artes da Imaxe, Filmoteca Española
23
BIBLIOTECA
O CGAI conta cunha biblioteca especializada en
fotografía, cine, vídeo, audiovisual e comunicación cun total de 8.795 libros e 278 cabeceiras de
publicacións periódicas, ademais de programas e
boletíns. Ten 10 postos de lectura e 2 de visionado
en vídeo e DVD. A biblioteca, de acceso libre, está
aberta de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, e
ofrece servizos de reprografía.
O fondo actual da biblioteca procede na súa meirande parte de adquisicións, intercambios con
outras filmotecas e organismos oficiais e de doazóns de particulares. Está clasificado por materias
atendendo un criterio mixto baseado na UDC e na
“Classification Scheme for Literature on Film and
Television” elaborada pola Federación Internacional de Arquivos Fílmicos (FIAF), e pódese consultar
na base de datos informatizada na propia biblioteca ou a través da páxina do CGAI.
O usuario tipo da biblioteca adoita ser un profesional do medio, estudantes de imaxe, universitarios
con tese de licenciatura ou de doutoramento en
preparación e profesores das materias recollidas
no fondo bibliográfico.
A colección de publicacións periódicas abarca cabeceiras desde finais do século dezanove ata os
nosos días. Entre as máis antigas cabe mencionar
La Revista Fotográfica (1891), El teatro. Revista semanal ilustrada (1909), con moitas referencias ao
cine, e El cine. Revista popular ilustrada (1912).
Film Selectos, 1932
As obras en soporte CD-ROM permiten un acceso
áxil e rápido á información así como un tratamento integral das imaxes e do son. Destacan neste
soporte referencias moi especializadas como The
International Film Index ou International Film Archive (FIAF).
Cabe sinalar que desde os primeiros tempos do
CGAI se recollen a diario as noticias relacionadas
co audiovisual e coa fotografía publicadas nos
xornais galegos e españois. Este material ofrécese
encadernado para favorecer a súa mellor conservación e consulta.
Nada personal (1966)
Richard Avedon (fot.), James
Baldwin (tex.)
D.L.: B.749-IX
Edición: Editorial Lumen
24
En 2006 a biblioteca incorporou 469 títulos novos
(301 libros e 168 publicacións periódicas). Polas
súas instalacións pasaron 203 usuarios, principalmente estudantes de imaxe, investigadores, profesionais do medio e profesores.
PRÉSTAMO
O Servizo de préstamo conta cun extenso fondo
en formato VHS e DVD de todas aquelas producións audiovisuais contemporáneas das que a
Xunta de Galicia ten dereitos de difusión cultural
ou daquelas películas recuperadas e restauradas
polo propio CGAI. Forman este fondo 188 títulos.
En 2006 fixéronse 370 préstamos a 73 entidades.
A través deste servizo colaborouse con institucións educativas (colexios, institutos de secundaria, escolas de idiomas, universidades nacionais
e estranxeiras en Brasil, Portugal e Arxentina),
asociacións culturais, centros galegos no exterior,
concellos, festivais, fundacións, Dirección Xeral de
Política Lingüística, profesionais do sector audiovisual e investigadores.
Ademais destes préstamos en formato vhs e dvd o
centro colaborou con outras institucións no préstamo de 43 títulos en soporte cinematográfico.
WEB
Accesible a través da dirección www.cgai.org,
contén unha multitude de servizos para o investigador cinematográfico ou para calquera interesado no mundo da imaxe: bases de datos sobre cine
e vídeo producido en Galicia, consulta dos fondos
de Biblioteca e Arquivo, información sobre as
actividades e funcionamento do Centro (programación da sala, exposicións, cursos, publicacións,
préstamos), exposicións virtuais, visionado de curtametraxes e de películas restauradas, etcétera.
Ao mesmo tempo pretende ser un punto de apoio
en materia audiovisual ao recompilar información
variada sobre o medio, abarcando desde temas
lexislativos, subvencións e bolsas, ata novas que
polo seu contido sexan de interese para o sector
e un referente do estado actual do audiovisual
galego.
Contabilizáronse un total de 90.040 visitas na web
do Centro cunha media diaria de 246 entradas.
Web do CGAI
25
COLABORACIÓNS con outros organismos e institucións
Museos, fundacións e salas de exposicións:
• Arteleku. Colaboración no ciclo Joaquín
Jordá.
• CCCB, Centro Cultura Contemporánia de
Barcelona. Colaboración na exposición Ler
imaxes. O arquivo fotográfico de Julio Cortázar.
• Fundación Caixa Galicia. Colaboración na
exposición Ler imaxes. O arquivo fotográfico de
Julio Cortázar e no ciclo de cine Modelos para
armar: Julio Cortázar e o cine.
• Fundación Carlos Casares. Colaboración no
curso Documental. Imaxinar a realidade, Celanova, Ourense.
• Fundación Francisco Largo Caballero. Colaboración na exposición De la España que emigra a
la España que acoge, organizada no Círculo de
Bellas Artes de Madrid.
• Fundación Luís Seoane, A Coruña. Préstamo
de películas para a exposición Do primitivo
na arte galega ata Luís Seoane. Procesos de
creación artística e de identidade nacional.
Préstamo de películas para a exposición Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano
(1930-1970).
• MACBA. Colaboración no ciclo Joaquín Jordá.
• MACUF, Museo de Arte Contemporáneo de
Unión Fenosa, A Coruña. Préstamo de películas
para o ciclo Pioneiros da videocreación, Galicia
anos 80.
• Museo Austríaco de Cine. Colaboración no
ciclo Desacougos. Cine Austríaco (1994-2005).
• Museo de Bellas Artes de Bilbao. Colaboración no ciclo Michael Haneke.
• Embaixada Austríaca. Colaboración no ciclo
Desacougos. Cine Austríaco (1994-2005).
• Museo Massó. Préstamo de películas para o
Filmotecas:
• Filmoteca de Cantabria. Colaboración no ciclo
Bruno Dumont e na publicación Paisaje abstracto con hombre al fondo. Visita guiada a través
del cine de Bruno Dumont de Nando Salvá.
• Filmoteca de Cataluña. Colaboración no ciclo
Desacougos. Cine Austríaco (1994-2005).
• Filmoteca Española. Colaboración nos ciclos:
John Huston; Novo Cine Italiano; Desacougos.
Cine Austríaco (1994-2005); Cine + Guerra
Civil; Ventos do Leste: Os Novos Cines nos
países socialistas europeos (1955-1975) e na
publicación Vientos del Este. Los nuevos cines
en los países socialistas europeos 1955-1975.
Coprodución do X Seminario de Arquivos
Fílmicos.
• Filmoteca Vasca e Donostia Kultura: Colaboración nos ciclos John Huston; Joaquín Jordá;
A xeración da violencia USA e nos números 51,
52 e 53/54 da revista “Nosferatu”.
• IVAC - La Filmoteca, Valencia. Coprodución
dos ciclos e catálogos: Novo Cine Italiano;
Michael Haneke; John Huston; Desacougos.
Cine Austríaco (1994-2005); Chris Marker; Apichatpong Weerasethakul e o Cine Thai; Joaquín
Jordá; Cine fantástico español contemporáneo;
David Cronenberg; A xeración da violencia
USA; Bruno Dumont; Ventos do Leste: Os Novos Cines nos países socialistas europeos (19551975). Publicacións: Cine fantástico y de terror
español 1984-2004; Mystère Marker. Pasajes
en la obra de Chris Marker; David Cronenberg:
Los misterios del organismo; Paisaje abstracto
con hombre al fondo. Visita guiada a través del
cine de Bruno Dumont; Vientos del Este. Los
nuevos cines en los países socialistas europeos
1955-1975.
ciclo Cine documental.
Cineclubs:
• Cineclub A Calexa, Monforte de Lemos.
Préstamo de películas para a VII Mostra de Cine
de Monforte.
• Cineclub de Pontevedra. Préstamo de películas.
• Cineclub Os Papeiros. Préstamo de películas
para a Semana de Cine de Chantada.
• Cineclub Groucho Marx. Préstamo de películas para a XVI Semana de Cine do Barco.
• Federación de Cineclubs de Galicia. Préstamo
de películas para as Xornadas de cinema e
emigración (novembro).
26
Festivais e mostras:
Coprodución de ciclos:
• Festival Internacional de Cine de Gijón.
Coprodución dos seguintes ciclos e catálogos:
Novo Cine Italiano; Ventos do Leste: Os Novos
Cines nos países socialistas europeos (19551975); Bruno Dumont.
Publicacións: Paisaje abstracto con hombre al
fondo. Visita guiada a través del cine de Bruno
Dumont; Vientos del Este. Los nuevos cines en
los países socialistas europeos 1955-1975; Larry
Clark. Menores sin reparos.
• Festival Internacional de Cine de Las Palmas.
Colaboración nos seguintes ciclos e catálogos:
Chris Marker; Apichatpong Weerasethakul e o
Cine Thai; Jia Zhang-ke.
Publicacións: Mystère Marker. Pasajes en la
obra de Chris Marker.
• Semana Internacional de Cine Fantástico y de
Terror (San Sebastián). Colaboración nos ciclos
e catálogos Cine fantástico español contemporáneo e David Cronenberg.
Publicacións: Cine fantástico y de terror español
1984-2004; David Cronenberg: Los misterios
del organismo.
Préstamo de películas:
• Certame do Cómic Arteixo 2006, A Coruña.
• Cineuropa. Festival de Cine de Santiago de
Compostela.
• Curtocircuíto 2006. Festival de curtametraxes
de Santiago de Compostela.
• Festival Internacional de Cine de Gijón.
• Festival Internacional de Cine de Ourense.
• Mostra, Petín, un pobo de cine.
Universidades e centros formativos:
• Alianza Francesa (A Coruña). Colaboración nos ciclos Chris Marker; Jacques Becker;
Isabelle Huppert; Jean Rouch. Crónica dunha
revelación.
• Asociación Europea Cartoon. Organización
do IV Cartoon Future 2006.
• Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya. Préstamo de películas para investigación.
• Instituto Cervantes, Sofía, Bulgaria. Ciclo de
cine sobre a animación en Galicia.
• Universidade da Coruña
Coprodución do Seminario Cine + Guerra
Civil Española.
Colaboración no MPXA, Máster en Xestión
e Produción Audiovisual e no CICA, Posgrao en Comercialización Internacional de
Contidos Audiovisuais.
• Universidade de Estremadura. Préstamo de
películas para unha conferencia sobre Cine y
nacionalismo.
e Ler imaxes. O arquivo fotográfico de Julio
Cortázar.
Préstamo de películas para investigación.
• Universidade de Vigo. Préstamo de películas
para investigación.
Outras institucións:
• Asociación da prensa da Coruña. Préstamo de
materiais para a exposición Lugrís, xornalista na
Casa de Cultura Salvador de Madariaga.
• Casa de Galicia en Córdoba. Préstamo de
películas para ciclo de cine galego (xullo e
outubro).
• Casa de Galicia nas Palmas. Préstamo de
películas para ciclo de cine galego (maio e
novembro).
• Centro Galego de Barcelona. Préstamo de películas para ciclo de cine galego (abril, outubro,
novembro e decembro).
• Colectivo Urbano Lugrís. Iniciativa do ciclo
Letras galegas / Imaxes galegas polo Concello
da Coruña. Préstamo de materiais para a exposición La II República en Galicia. Esperanzas e
ideales na Sala Kiosko Alfonso.
• Consellería de Cultura e Deporte. Préstamo
de materiais para a exposición Memorial da
Liberdade. Represión e resistencia en Galiza
1936 – 1977 no Auditorio de Santiago de
Compostela.
• Consorcio Audiovisual de Galicia
Curtas 06: Programa específico de promoción e difusión da curtametraxe galega
con distribución nos principais festivais e
mercados así como entre os compradores e
distribuidores deste tipo de produto.
Docs Galicia 06, proxecto de distribución do
documental galego.
Plan de internacionalización do audiovisual
galego posto en marcha polo Consorcio
Audiovisual de Galicia en colaboración co
CGAI para a promoción e comercialización
das producións galegas nos principais mercados audiovisuais do mundo.
• Universidade da Habana, Cuba. Préstamo de
películas para documentación.
• Embaixada de Francia. Colaboración nos
ciclos Jacques Becker; Isabelle Huppert; Jean
Rouch. Crónica dunha revelación.
• Universidade de Lisboa. Préstamo de películas
para ciclo de cine co gallo das Letras Galegas.
• Obra Social Caixanova. Organización do IV
Cartoon Future en Vigo.
• Universidade de Santiago de Compostela
Coprodución das exposicións Laurent
Millet. Pequenas máquinas soñando imaxes
27
Datos CGAI 2006
Persoal: 13 empregados
Espazo: 1.200 m2, Casa de Cultura Salvador de Madariaga (A Coruña)
FONDOS CGAI
Incorporacións 2006
Cine
Vídeo profesional
Vídeo VHS
DVD
Carteis
Fotografías
Biblioteca
2.186 copias - 1.988 títulos
2.648 copias – 2.316 títulos
1.631
3.758
7.463
14.053
8.795 títulos - 278 cabeceiras revistas
226
443
175
913
101
1.533
301 libros - 168 revistas
PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA
Sala: 110 butacas
Nº sesións
Nº títulos
Espectadores
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño
Xullo
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
TOTAL
26
18
1.202
31
31
1.406
36
72
1.214
29
68
976
33
46
1.125
35
41
782
20
68
837
21
17
1.353
27
32
1.469
32
77
1.497
24
26
912
314
496
12.773
CURSOS E SEMINARIOS
Cartoon Future
Seminario Cine + Guerra Civil
X Seminario / Taller de Arquivos Fílmicos
Seminarios Cero en Conducta:
A fotografía dixital de alta calidade
TOTAL
CONSULTAS INVESTIGADORES
Nº usuarios
SERVIZO DE PRÉSTAMO
Nº
PUBLICACIÓNS
Nº
CONSULTAS DA PÁXINA WEB
Nº visitas
Prazas ofertadas
Asistentes
120
100
80
123
52
80
20
320
20
275
Biblioteca
203
Arquivo e documentación
28
Cine
43
VHS / DVD
370
Edicións do CGAI
Coedicións
5
Total anual
90.040
Media diaria
246,68
EXPOSICIÓNS
Espazo
Duración
Nº visitantes
Laurent Millet. Pequenas
máquinas soñando imaxes
Igrexa da Universidade
Santiago de Compostela
10/3/06 – 16/4/06
4.031
Ler imaxes. O arquivo
fotográfico de Julio Cortázar
Pazo de Fonseca e
Igrexa da Universidade,
Santiago de Compostela
28/9/06 – 19/11/06
6.896
5.2851
Nº total de visitantes
1.
10.927
Ao ser a mesma exposición distribuída en dúas salas, súmase o número maior de visitantes.
29
Descargar