Boletín Oficial da Provincia de Lugo

Anuncio
LUNES, 7 DE DICIEMBRE DE 2015
Nº 281
XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO
TERRITORIO – SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA
Anuncio
Gabriel López Rodríguez (NIF 76.612.339-Y), en representación da Asociación de Cazadores “Sarema”, solicita
a ampliación do Tecor LU-10.243 en 331,3635 Has correspondentes a predios de particulares das parroquias de
Loureiro no concello de Sarria e Pacios no concello de Incio.
O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren
afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no
BOP.
Lugo, 19 de outubro de 2015.- O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio, Carlos Vila Pérez
R. 3906
Anuncio
Ana Belén Castro López (DNI 33323306-D), Jesús Castro López (33303637-M) e Hermesinda López Barreiro
(33782564-A) solicitan a segregación de 10,9995 Has situadas no concello de Lugo (Lugo) correspondentes aos
predios: do polígono 122, parcelas 50, 56, 57, 58, 100 e 105; do polígono 123, parcelas 175 e 224; do
polígono 162, parcelas 49 e 63 e do polígono 164, parcela 7 do Catastro de Rústica do concello de Lugo (Lugo),
incluídas nos Tecores “Santa María Alta” (LU-10003) e “Soñar” (LU-10216).
O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren
afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no
BOP.
Lugo, 3 de novembro de 2015.- O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio, Carlos Vila Pérez
R. 4082
Anuncio
Socorro Vargas Quiroga (DNI 50273659 Y) e Jorge Antonio Vargas Quiroga (50269353R) solicitan a
segregación de 104,7482 Has situadas no concello de Vilalba (Lugo) correspondentes aos predios coas
referencias catastrais seguintes: 27065A12700418, 27065A12700416, 27065A12700417, 27065A12300085 e
27065A12300086 do Catastro de Rústica do concello de Vilalba (Lugo), incluídas no Tecor “Chaira” (LU-10.036) e
no Tecor “Oleiros-Rioaveso” (LU-10.115).
O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren
afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no
BOP.
Lugo, 30 de outubro de 2015.- O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio, Carlos Vila Pérez
R. 4126
2
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio
A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá con data 25 de novembro de 2015 acorda efectuar a
convocatoria para a concesión de premios da campaña promocional do mercado gandeiro que se celebra con
ocasión de cada unha das feiras mensuais para o ano 2016, co seguinte texto:
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PREMIOS DA CAMPAÑA PROMOCIONAL DO MERCADO
GANDEIRO QUE SE CELEBRA CON OCASIÓN DE CADA UNHA DAS FEIRAS MENSUAIS PARA O ANO 2016.
1. Bases Reguladoras
As bases reguladoras da concesión destes premios se atopan recollidas nas base 25 das de execución do
orzamento para o ano 2015 aprobadas por acordo plenario de data 19 de decembro e publicadas no Boletín
Oficial da Provincia de Lugo.
As normas polas que se regulará esta campaña promocional son as contidas nas presentes bases xerais así
como na convocatoria anual.
2. Créditos Presupuestarios
Os créditos presupuestarios aos que se imputan os premios figuran na aplicación orzamentaria 431.480 en
cuantía estimada de 4.320 € destinados á dotación duns 24 premios convocados e condicionado á existencia de
crédito adecuado e suficiente no exercicio.
3. Obxecto, condicións e finalidade dos premios.
O obxecto da campaña promocional do mercado gandeiro e polo tanto a finalidade dos premios establecidos
é a de fomentar a venda de gando no mercado de gando que se organiza con ocasión de cada unha das dúas
feiras mensuais (os dias 3 e 19 de cada mes) que se celebran na vila de Becerreá co que conleva de fomento da
actividade económica en relación ás propias feiras e á actividade comercial e de servizos do conxunto da vila de
Becerreá e, en xeral, de fomento do desenvolvemento local.
Con ocasión da celebración de cada feira mensual se sorteará un premio consistente nun lote de penso ou
palla para gando valorado en 180 €.
4. Réxime Xurídico.
Á presente convocatoria lle será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Ley Xeral de
Subvencións e no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da mesma, pola Lei
9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia así como na Base 25 das Bases de Execución do Orzamento
aprobado en sesión plenaria de data 19 de decembro de 2014.
5. Requisitos dos participantes
Poderán participar no sorteo tódalas persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro
tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan
intervir na compravenda de gando no mercado que se celebra con ocasión das feiras mensuais no Concello de
Becerreá.
Para entrar no sorteo ou/a participante deberá cumplimentar cos seus datos (nome e apelidos, DNI e
teléfono) o ticket empregado no rexistro da venda do gando entregándoo aos empregados municipais nas
oficiñas do mercado.
Poderán presentar tantos tickets como cabezas de gando presenten no mercado para a súa venda.
6. Mecánica do sorteo e entrega de premios
Con carácter público e ante a presencia dos funcionarios municipais encargados do control do mercado
gandeiro e do Alcalde-Presidente ou Concelleiro en quen delegue, se extraerá a chou dunha urna un ticket que
se corresponderá co número premiado.
O premiado se personará no lugar e data indicados para a recollida do premio presentando o ticket mailo
DNI.
A non comparecencia do premiado na data e lugar sinalado para a recollida do premio suporá a renuncia a
este.
O premio en ningún caso poderá ser cambiado por compensación económica a petición do agraciado.
A participación no sorteo implica a aceptación integra das bases.
O Concello de Becerreá resolverá calquera dúbida que se suscite en relación ás presentes bases.
3
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
O Concello de Becerreá se reserva o dereito á utilización dos premios, nomes e imaxe dos premiados
podendo empregalos para fins publicitarios ou doutra índole si o considera convinte.
O Concello de Becerreá, en cumprimento da normativa española de Protección de Datos de Carácter Persoal
(Lei 15/1999, LOPD), ten o deber de manter a confidencialidade dos datos facilitados por todas aquelas persoas
que opten ao sorteo inscribíndose na presente promoción. Conforme á devandita normativa, todos aqueles que
se presenten e participen na presente campaña autorizan a inclusión dos datos no ficheiro automatizado
propiedade do Concello de Becerreá e poderán ser utilizados polo titular do ficheiro para o exercicio das
funcións propias no ámbito das súas competencias.
Así mesmo, se informa que poderán exercita-lo seu dereito de oposición, acceso, rectificación ou cancelación
dos datos mediante escrito dirixido ao Concello de Becerreá.
Becerreá, 26 de novembro de 2015. O Alcalde, Manuel Martínez Núñez
R. 4370
Anuncio
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 25 de novembro de 2015, prestouse aprobación inicial ao
padrón correspondente ao mes de outubro de 2015 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a
domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento
dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a
partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser
examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se,
transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de
reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da
finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá
interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei
Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29
de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 25/01/2016. Para o cobro dos mesmos, os
contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por
correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Caixa Galicia. No caso de non recibilos,
obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non
recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia
dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de
17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co
establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento,
segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non
ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia
de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás
oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de
cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da
indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 26 de novembro de 2015.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez
R. 4371
4
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
BEGONTE
Anuncio
Dando cumprimento ao disposto no art. 75.5 , da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime
Local, faise público que polo Pleno desta Corporación, na sesión extraordinaria de data 25 de Novembro de
2015, adoptouse o seguinte acordo sobre modificación do réxime de dedicación e retribucións da Alcaldía :
Dedicación exclusiva a prol da Alcaldía e unha retribución bruta de 39.900,00 €/ano, distribuidas en 14
pagas de 2.850 € ( 12 ordinarias e 2 extraordinarias nos meses de xuño e decembro ).
-
Efectos retroactivos desde o día 8 de outubro de 2015
Begonte, a 25 de Novembro de 2015.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha.
R. 4372
Anuncio
O Pleno desta Corporación, na sesión extraordinaria de data 25 de Novembro de 2015, adoptou o seguinte
acordo sobre a asignación económica aos grupos políticos municipais :
-
Cantidade fixa de 100 €/ mes , por Grupo.
-
Cantidade variable : 30 €/ mes , por Concelleiro.
Os efectos económicos do presente acordo se producirán a partir de 1 de xaneiro de 2016
Begonte, a 25 de Novembro de 2015.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha.
R. 4373
BURELA
Anuncio
ANUNCIO DECRETO DA ALCALDÍA MODIFICACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DE
XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE BURELA
Para os efectos previstos nos artigos 44, 46 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento
e réxime xurídico das entidades locais, aprobado por Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, faise
público, a través do B.O. da provincia de Lugo que o alcalde, en data 22 de xuño de 2015 ditou o Decreto
nº:402, o Decreto nº 416 e o Decreto nº 426 – sobre a constitución, composición e organización da Xunta de
Goberno Local– nos termos que se indican a continuación:
DECRETO DE ALCALDÍA
Unha vez celebradas as eleccións locais o pasado día 24 de maio de 2015 convocadas por Real Decreto
233/2015, de 30 de marzo, e constituído o novo Concello, o 13 de xuño, procedeuse ao establecemento da
nova organización municipal, en particular, á constitución da Xunta de Goberno Local, no exercicio da potestade
de autoorganización que, o artigo 4.1. a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,
recoñece a esta Entidade.
Dito órgano integrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior a un tercio do número legal,
sendo nomeados e separados libremente pola Alcaldía, tendo en conta que as súas funcións son as de asistencia
ao Alcalde no uso das súas atribucións e o exercicio daquelas atribucións que o Alcalde ou outro órgano
municipal lle delegue.
Visto o Decreto de Alcaldía nº 402/15 de data 22 de xuño de 2015, mediante o cal se resolve a composición
da Xunta de Goberno Local do Concello de Burela; as competencias de Alcaldía delegadas en dito órgano
colexiado, así como, a periodicidade das sesión ordinarias de dita xunta, sendo obxecto de modificación
mediante Decreto de Alcaldía 416/15.
Por razóns de índole organizativo, RESOLVO:
PRIMEIRO: Modificar a periodicidade das sesións ordinarias de Xunta de Goberno Local que pasarán
celebrarse o primeiro e terceiro mércores de cada mes, ás 09:30 horas, e en caso de que coincida día inhábil,
celebrarase o seguinte día hábil posterior á mesma hora.
SEGUNDO: A presente resolución surtirá efecto dende o día da súa data, sen prexuízo da súa preceptiva
publicación no Boletín Oficial da Provincia, e notificarase os membros da Xunta de Goberno Local aos efectos do
previsto no artigo 114 do ROF.
5
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
TERCEIRO: Notificar o presente Decreto aos membros da Xunta de Goberno Local nos termos previstos na Lei
30/92 de 26 de novembro.
Burela, a 27 de decembro de 2015.- O Alcalde, Alfredo Llano García
R. 4407
CASTRO DE REI
Anuncio
exposición pública
Aprobado por Decreto de Alcaldía desta mesma data o Padrón Tributario das taxas pola prestación dos
servizos de Abastecemento de auga, Saneamento e Recollida de lixo e Canon da auga da Xunta, correspondente
ó 4º trimestre de 2014, queda exposto ó público durante o prazo de quince días, contados a partir da
publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación e as débedas consignadas no referido Padrón contributivo e notificadas
colectivamente perante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, recurso de reposición ante a
Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio; e reclamación
económico-administrativa, para o Canon da auga da Xunta, ante o órgano económico-administrativo da
Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación (artigo 49.7
parágrafo 2 do Decreto 136/2012).
Anuncio de cobranza:
De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria e no 68.1 b) do Regulamento Xeral de
Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, o comprendido entre o 1 de decembro de 2015 e
o 1 de febreiro de 2016, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas contas
bancarias respectivas. Ó resto seranlles enviados ó domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o
pago en calquera das sucursais bancarias do Concello de Castro de Rei.
A falta de pagamento no período voluntario suporá e exixencia do canon da auga directamente ao
contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia
(artigo 49.7 parágrafo 2 do Decreto 136/2012).
En Castro de Rei, a 18 de novembro de 2015.- O Alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 4374
FOZ
Anuncio
Por Decreto de Alcaldía de data 23 de novembro de 2015, prestouse aprobación ao PADRÓN DO IMPOSTO
DE ACTIVIDADES ECONOMICAS (IAE) correspondentes ao exercicio de 2015, e altas do 3º e 4º trimestre do
exercicio de 2014 e do 1º e 2º trimestre do exercicio de 2015.
Por medio do presente, ponse en coñecemento dos contribuíntes, obrigados ó pago do Imposto antes citado,
conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria, que os padróns aprobados quedan expostos ó público
(nas dependencias da Recadación Municipal, en horario de 9:00 a 13:00 horas), durante o prazo de 15 días,
contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito
prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formula-las alegacións ou reclamacións que estimen
pertinentes.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de
reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ó da finalización do
período voluntario de pagamento, sen prexuízo de poder interpoñer calquera outro recurso que considere
oportuno.
PERIODO CE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto
1684/1990, de 20 de Decembro, na súa modificación dada polo R.D. 448/1995, de 24 de marzo, fíxase como
PRAZO DE INGRESO EN PERIODO VOLUNTARIO, o comprendido entre os días 1 de decembro de 2015 e o 1
de febreiro de 2016, en horario de 9:00 a 13:00 horas, de Luns a Venrés, nas dependencias da RECADACION
MUNICIPAL.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo, que determina a
existencia dos xuros de demora, e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei
6
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
58/2003, de 17 de Decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio, de
acordo co establecido no artigo 161 da citada Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de
constrinximento, segundo o preceptuado do Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5% cando a
débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ó debedor da
providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
A presente publicación, nos dous supostos, de Edicto de Exposición ó Público dos Padróns e Anuncio de
Cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no art. 102.3 da indicada Lei Xeral
Tributaria.
En Foz, a 23 de novembro de 2015.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 4375
FRIOL
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 03 de decembro de 2015, o
Orzamento Municipal, para o exercicio económico de 2016, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo
para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de
marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e disposicións
concordantes, exponse ao público na Secretaría deste Concello, por un prazo de quince días hábiles –que
empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia-, co fin
de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, e que deberán
dirixirse ao sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.
Friol, 03 de decembro de 2015.- O ALCALDE, José Ángel Santos Sánchez.
R. 4458
LÁNCARA
Anuncio
información pública.
“Decreto.- A Pobra de San Xiao (Láncara), 18 de novembro de 2015.
Os Tenentes de Alcalde, órganos individuais de natureza necesaria en todos os Concellos, asumen a misión
específica de substituir ó alcalde nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Así o artigo 23.3 da Lei 7/85,
de 2 de abril, establece:
"Os Tenentes de Alcalde substitúen, pola orde do seu nomeamento ó Alcalde, sendo libremente designados e
revogados por este entre os membros da Xunta de Goberno Local".
Por decreto de alcaldía de 19 de xuño nomeouse primeiro tenente alcalde a don Pablo Rivera capón e
segunda tenente alcalde a dona Begoña López Magdalena (BOP Lugo de 15 de xullo de 2015).
Vista a norma citada e os artigos 21 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril e 46 e 47 do
Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Polo presente, RESOLVO:
Primeiro.- Nomear terceiro tenente alcalde a don José Manuel García Aldegunde
Segundo.- Establecer, ós efectos da suplencia orgánica do cargo de Alcalde Presidente da Corporación, nos
supostos previstos pola lexislación local vixente, así como o desempeño das funcións de Alcalde- Presidente nos
supostos de vacante, a seguinte orde do seu nomeamento:
1º Tenente de Alcalde, D. Pablo Rivera Capón. 2º Tenente de Alcalde, Dª. Begoña López Magdalena. 3º
Tenente de Alcalde, D. José Manuel García Aldegunde.
Para tal suplencia, teranse en conta as salvedades previstas no artigo 47, páragrafo 2º do Regulamento de
organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, así como o límite que establece o artigo 48
do dito Regulamento.
Terceiro.- Publíquese a parte dispositiva desta resolución no Boletín oficial da provincia. Notifíquese ós
interesados. Deáselle conta ó Pleno do Concello.
Mándao e asínao o Sr. Alcalde, do que eu secretaria dou fe”.
Láncara a 26 de novembro de 2015.- O alcalde, Dario A. Piñeiro López
R. 4408
7
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
LOURENZÁ
Anuncio
En cumplimiento de lo establecido en el artículo 26 del Real Decreto 1463/2007, de 2 de noviembre, por el
que se aprueba el Reglamento de Desarrollo de la Ley 18/2001, de 12 de diciembre, de Estabilidad
Presupuestaria, se hace pública la aprobación de un Plan Económico-Financiero 2015/2016 por el Pleno de esta
Corporación en sesión de fecha 24/11/2015, el cual estará a disposición de los interesados en la sede del
Ayuntamiento.
En Lourenzá, a 25 de noviembre de 2015.- La Alcaldesa, Rocío López García.
R. 4376
LUGO
Anuncio
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 18 de novembro de dous mil quince, adoptou
entre outros acordos delegar a competencia na Tenente de Alcalde da Área de Economía, Emprego e
Desenvolvemento Económico para a resolución de tódolos actos de trámite e resolutivos dos expedientes de
contratación do alumeado de rúas durante o Nadal 2015
Por todo o cal e con base no sinalado no artigo 13 da Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común exponse ó público no Boletín Oficial da
Provincia para xeral coñecemento.
Lugo, 23 de novembro de 2015.- O ALCALDE, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE
ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto
R. 4377
LUGO
Anuncio
FORMALIZACION DE CONTRATO
En cumprimento do dispuesto no artigo 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público faise público:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio.
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: obras
b) Descrición do obxecto: É obxecto deste contrato a realización das obras de :
- Rexeneracion de firmes na estrada da N-VI ao núcleo de Brea (Tirimol) – lote 1
- Rexeneracion de firmes na estrada de Adai – lote 2
- Rexeneracion de firmes na estrada da LU-234 a Vilar (Bocamaos) – lote 3
Todo elo conforme os proxectos elaborados polo servizo municipal de enxeñería.
3.- Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto
c) Publicidad: Boletin Oficial Provincia de data 8 de xuño de 2015 e publicado no perfil do contratante o 8
de xuño de 2015.
4.- Tipo de licitación:
a) Orzamento máximo do contrato: O valor estimado do contrato tendo en conta a totalidade dos lotes é de
240.867,95 euros IVE excluído.
O prezo de licitación de cada LOTE é:
8
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
- Rexeneracion de firmes na estrada da N-VI ao núcleo de Brea (Tirimol) – lote 1 é de 130.193,33 euros
IVE incluído
- Rexeneracion de firmes na estrada de Adai – lote 2 é de 144.725,50 euros IVE incluído
- Rexeneracion de firmes na estrada da LU-234 a Vilar (Bocamaos) – lote 3 é de 16.531,40 euros IVE
incluído
5.- Adxudicación:
a) Data: 4 de novembro de 2015
b) Contratista:
- lote 1 á empresa PORTOSAR GALICIA S.L
- lote 2 á empresa CONSTRUCCIONES LEONARDO MIGUELEZ S.L
- lote 3 á empresa CONSTRUCCIONES ASOGAL S.L
c) Nacionalidade: Española
d) Orzamento máximo do contrato:
– LOTE 1, 94.481,30 euros, IVE incluído.
– LOTE 2, 104.101,06, IVE incluído.
- LOTE 3, 11.858,00 euros, IVE incluído.
6.- Data de Formalizacion:
- LOTE 1, o 13 de novembro de 2015.
- LOTE 2, o 13 de novembro de 2015.
- LOTE 3, o 13 de novembro de 2015
Lugo, 26 de novembro de 2015.- A ALCALDESA, P.D. TENENTE-ALCALDE DA AREA ( Decreto nº 15005366)
Ana Prieto Nieto
R. 4409
Anuncio
FORMALIZACION DE CONTRATO
En cumprimento do dispuesto no artigo 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público faise público:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio.
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: obras
b) Descrición do obxecto: É obxecto deste contrato a realización das obras de :
- Pavimentacion en Marina Española ( lote 1)
- Pavimentacion en Ortega y Gasset ( lote 2)
- Pavimentación en rúa Cornubia ( lote 3)
- Ppavimentación en rúa pintor Corredoira ( lote 4)
Todo elo conforme os proxectos elaborados polo servizo municipal de enxeñería.
3.- Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto
c) Publicidad: Boletin Oficial Provincia de data 27 de febreiro de 2015 e publicado no perfil do contratante o
27 de febreiro de 2015.
9
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
4.- Tipo de licitación:
a) Orzamento máximo do contrato: O valor estimado do contrato tendo en conta a totalidade dos CATRO
lotes ascende a 171.074,38 euros IVE excluído.
O prezo de licitación de cada LOTE é:
- Pavimentacion en Marina Española ( lote 1): 37.000 euros ive incluído
- Pavimentacion en Ortega y Gasset ( lote 2): 29.000 euros ive incluído
- Pavimentación en rúa Cornubia ( lote 3): 39.500 euros ive incluído
- Pavimentación en rúa pintor Corredoira ( lote 4): 101.500 euros IVE incluído
5.- Adxudicación:
a) Data: 13 de novembro de 2015
b) Contratista:
- lote 1 á empresa PORTOSAR GALICIA S.L
- lote 2 á empresa CONSTRUCCIONES ASOGAL S.L
- lote 3 á empresa CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO S.L
- lote 3 á empresa PROBISA VIAS Y OBRAS S.L.U
c) Nacionalidade: Española
d) Orzamento máximo do contrato:
– LOTE 1, 25.330,20 euros, IVE incluído.
– LOTE 2, 20.284,44 euros, IVE incluído.
- LOTE 3, 27.010,10 euros, IVE incluído.
- LOTE 4, 74.899 euros, IVE incluído.
6.- Data de Formalizacion:
- LOTE 1, o 25 de novembro de 2015.
- LOTE 2, o 25 de novembro de 2015.
- LOTE 3, o 25 de novembro de 2015
- LOTE 4, o 25 de novembro de 2015
Lugo, 26 de novembro de 2015.- A ALCALDESA, P.D. TENENTE-ALCALDE DA AREA ( Decreto nº 15005366)
Ana Prieto Nieto
R. 4410
Anuncio
ACLARATORIO
Visto anuncio de licitación correspondente á CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE
EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA O EDIFICIO DESTINADO A NOVAS TECNOLOXÍAS NA PRAZA ANXO
FERNÁNDEZ GÓMEZ DE LUGO (Proxecto 13UR1101 URBAN Edificio novas tecnoloxías) E O CENTRO CULTURAL DO
VELLO CÁRCERE (Proxecto 09UR2201 URBAN Centro Social e Cultural Antigo Cárcere) publicado no Boletín Oficial
da Provincia de Lugo nº 271 de 25 de novembro, detectouse que no mesmo se omitiu información relativa ao
cofinanciamento desta actuación con fondos europeos, polo que se pon en coñecemento xeral que esta
contratación se enmarca no Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA) que conta co 80% de cofinanciamento da Unión
Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (P.O. FEDER Galicia 2007-2013).
Lugo, 25 de novembro de 2015.- O ALCALDE, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNO
DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto
R.4411
10
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
MONDOÑEDO
Anuncio
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A ÁREA DE REXENERACIÓN E
RENOVACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE MONDOÑEDO E BARRIOS HISTÓRICOS DE SAN LÁZARO E OS
MUÍÑOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
I.
En desenvolvemento dos acordos de comisión bilateral asinados entre o Ministerio de Fomento do
Goberno de España, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e
Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo en data 27 de outubro de 2015 para o financiamento
das distintas ARRUs declaradas no término municipal, e dando cumplimento ó compromiso asumido por iste
concello no acordo carto de ditos convenios, regúlanse nestas bases os criterios e procedementos que cómpre
seguir para acceder ás axudas públicas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas nas catro ARRUs
existentes.
II. Os programas de actuación subvencionados abranguen a rehabilitación de edificios nos seus elementos
comúns. Con eles téntase estimular a rehabilitación integral dos ámbitos territoriais delimitados nas ARRUs,
tanto na súa dimensión física como no da súa necesaria revitalización social, económica e cultural.
III. Con carácter xeral, poderán acollerse ás subvencións previstas nestas bases aquelas actuacións de
rehabilitación de inmóbeis que se atopen situados dentro das ARRUs e que sexan conformes ás condicións e
limitacións establecidas normativamente.
As solicitudes de intervención e as contías máximas das subvencións establécense tentarán incentivar as
actuacións integrais nos edificios de xeito que se produza unha mellora das súas condicións de accesibilidade,
con supresión de barreiras arquitectónicas, estanqueidade, seguridade e eficiencia enerxética.
IV. Na redacción destas bases tívose en conta o disposto na vixente Lei 38/2003 do 17 de novembro xeral
de subvencións, aplicábel ás entidades que integran a Administración Local, e na Lei de Galicia 9/2007 do 13 de
xuño de subvencións de Galicia, en tanto que normas reguladoras das bases de concesión das subvencións.
1.Obxecto da convocatoria
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos
derivados das actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas dentro do ámbito definido da Area de
Rexeneración e Renovación Urbanas do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os
Muíños, con cargo ós convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Fomento
do Alugueiro de Vivendas,a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración de Renovación Urbanas 2013-2016.
A convocatoria realízase polo disposto nos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 27 de Outubro do
2015, relativo ás Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios
Históricos de San Lázaro e Os Muíños, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan Estatal de Fomento do Alugueiro
de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013 - 2016.
A concesión da subvención, a través desta convocatoria será en réxime de concorrencia competitiva,
consonte aos criterios de selección dispostos no apartado 7 desta convocatoria.
2.- Beneficiarios das subvencións
1.- Poderán ser beneficiarios das axudas as que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 6.2 e 28.1 do
Real Decreto 233/2013.
Os propietarios/as de vivendas, os propietarios/as únicos de edificios de vivendas, as comunidades de
propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.
Ademais os edificios, incluídos nun ámbito, deben contar co correspondente Informe de avaliación do
edificio, con anterioridade á formalización da petición da correspondente axuda. Este informe é preciso sempre
que sexa necesario segundo a Ordenanza de Inspección Técnica de edificacións adaptada á vixente lexislación
en materia de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas e o establecido na disposición transitoria
primeira, 1 b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana e no artigo
21.1.a) do Real Decreto 233/2013.
Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda se distribuirá en proporción ao
custo asumido por cada un deles.
2.- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aqueles en que concorra algunha das circunstancia
previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ou n o artigo 13 da Lei 38/2003,
do 17 de decembro , xeral de subvencións.
3.- As persoas interesadas ao formalizar unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das
condicións que cada concello estableza na convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan nesta
orde e demais normativa reguladora
11
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
3.- Obrigas das persoas beneficiarias:
As obrigas dos beneficiarios serán as seguintes:
1. Realizar as actuacións de rehabilitación para as cales se establecen as axudas no punto 4 da
convocatoria
2. comunicar ó órgano instrutor calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento das
subvencións que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.
3.- Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o
Concello de Mondoñedo consideren pertinentes durante a execución da actuación.
4.- Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e
control do destino das subvencións.
5.- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos
electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
6.- Cubrir os datos necesarios para a tramitación da axuda que sexan esixibles segundo o acordo de
financiamento específico asinado.
7.- As demais obrigas recollidas na lexislación vixente de aplicación a presente convocatoria en especial as
contempladas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 do decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13
de xuño.
4.- Actuacións subvencionables
De acordo co disposto polo artigo 26.1.a) do Real Decreto 233/2013, son subvencionables a execución de
obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio
e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente.
Poderán acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas a data da
presentación das solicitudes.
Poderán incluírse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e
certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean
debidamente xustificados , excluídos impostos, taxas e tributos.
5.- Procedemento de concesión.
1. O prazo de presentación de solicitudes de axudas comezará o día seguinte da publicación destas bases
de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo
2. O procedemento é mediante concorrencia competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.1 da Lei de
Galicia 9/2007 de subvencións de Galicia.
3. A instrución do procedemento corresponderá a Oficina de Rehabilitación, que realizará de oficio cantas
actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que
deberá formularse a proposta de resolución.
4. Á avaliación das subvencións serán realizadas por unha Comisión Avaliadora que estará integrada do
seguinte xeito:
Presidente/a: A directora encargada da Oficina Municipal de Rehabilitación
Secretario/a: A secretaria-Interventora do Excmo. Concello de Mondoñedo
Vogais:
A Auxiliar Administrativo da Oficina de Rehabilitación.
Os membros titulares da comisión poderán delegar, de xeito permanente ou para cada convocatoria
individualizada de sesión, o exercicio do seu cargo, noutra persoa, sempre que se cumpran os seguintes
requisitos:
a)
O presidente da comisión terá que ser obrigatoriamente un técnico dos servizos municipais.
b)
O secretario terá que pertencer a escala de administración xeral do concello.
c)
Os vogais deberán de pertencer o mesmo grupo de clasificación profesional ou superior o mesmo.
5. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de tres meses. Transcorrido o citado prazo sen que
se notifique dita a resolución, o interesado poderá entender desestimada a petición para os pertinentes efectos.
6. A resolución dos expedientes corresponderá á Xunta de Goberno Local que é asemade o órgano que ten
a competencia para autorizar o correspondente gasto, tras a proposta formulada pola Comisión Avaliadora. Dita
resolución pon fin á vía administrativa e deberá adoptarse no prazo de tres meses a contar dende o día seguinte
en que se comunique polo interesado o remate das obras, acompañada de toda a documentación
complementaria esixíbel, ou ben daquel en que se complete esta a instancia da administración. Transcorrido
12
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
este prazo sen que se notificase a resolución, os interesados poderán entenderen desestimada por silencio
administrativo a solicitude de subvención ós efectos oportunos.
6. Fases do procedemento.
1. Achegadas as solicitudes coa documentación aportada e unha vez efectuada a verificación documental
da mesma, procederase a baremación segundo os criterios establecidos nestas bases.
2. Unha vez valorados e puntuadas todas as solicitudes, exporase no taboleiro municipal o listado
provisional cos beneficiarios seleccionados, cun prazo de 10 días para facer as posibles reclamacións ou
alegacións.
3. Logo de trancorrer o prazo de alegacións valoraranse as reclamacións si as houbera e logo exporase de
novo o listado definitvo no taboleiro municipal.
4. Unha vez obtida a lista definitiva será trasladada a delegación provincial do IGVS de Lugo para obter a
cualificación provisional.
5. Á vista da cualificación provisional, a Comisión Avaliadora formulará a avaliación para o outorgamento
da subvención e o órgano que ostente a atribución para autorizar o gasto resolverá sobre a concesión inicial das
axudas, previa proposta de resolución do servizo instrutor. Esta aprobación inicial terá a condición de acto de
trámite.
6. No momento de elevar o expediente ao órgano competente para a súa aprobación, se as obras, visitadas
e supervisadas previamente polos técnicos do servizo, estivesen cualificadas definitivamente, acordarase
somente a aprobación definitiva das axudas, sen perxuizo de demora-lo recoñecemento do dereito ó abono da
subvención ate o exercicio orzamentario ó que se teña adscrita a actuación.
7. Unha vez recibida a comunicación da cualificación provisional, e antes do escomezo das obras, o/a
solicitante deberá colocar no exterior da vivenda ou edificio o cartel informativo do programa de axudas para a
rehabilitación de acordo co deseño que se estableza no manual de imaxe corporativa do Plan Vivenda 2013 –
2016 o cal deberá permanecer até o cobro total das axudas solicitadas.
7.- Criterios da selección das axudas.
O Concello de Mondoñedo, en función da dispoñibilidade de orzamento, do número máximo de axudas que
se poidan conceder por razóns do axuste económico do número de actuacións a cumprir e da preferencia das
solicitudes, seleccionará as actuacións subvencionadas e aprobará unha selección previa das solicitudes
candidatas a seren subvencionadas por concorrencia competitiva seguindo os criterios que se marcan e que se
relacionan a continuación:
Establecese unhos criterios de baremación nos que a puntuación máxima serán 12 puntos, e se reparten tal e
como se especifica a continuación :
1.- Por razón socioeconomicas (0-3)puntos calculado polo artigo 6.2b do RD 233/2013:
-
3 puntos: rentas inferiores a 1.5veces o IMPREM
-
2 puntos: rentas de entre 1.5 a 3.5 veces o IMPREM
-
1 punto: rentas de entre 3.5 a 6.5 veces o IMPREM
2.- Por razóns de urxencia dos inmobles: porque estes presentaren problemas estructurais os cais entrañen
algún perigo ou por vivendas que esteñan en estado ruinoso (ata 3 puntos)
3.- Por residencia habitual na vivenda e fixación de poboación (xustificado mediante certificado de
empadroamento)
Residencia habitual (estar empadroado como mínimo 2 anos anteriores) : 2 puntos
Fixación de poboación (por empadroarse na vivenda): 1punto
4.- Nivel de catalogación na Area de Rehabiltación (dentro do Pepri, as de grado de protección 1 e 2, e para
as vivendas de fora do Pepri, os inmobles catalogados: 2 puntos
En caso de empate terán preferencia aquelas que presenten a documentación completa esixible segundo as
bases con máis antelación no tempo; e, por último, no caso de solicitudes que completaran a documentación ó
mesmo tempo, terán preferencia as que temporalmente se presentasen antes no rexistro municipal.
8.- Orzamento protexido
Por orzamento protexíbel entenderase o custo máximo da execución da actuación a executaren.
Comprenderá o orzamento xeral, e dicir, será o resultado de lle adicionar ao orzamento de execución material o
beneficio industrial e os gastos xerais, máis os custos dos honorarios facultativos e de xestión por razón das
actuacións. Non formarán parte daquel nengún tipo de taxas, impostos e outros ingresos de dereito público.
13
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
Só se considerarán actuacións protexíbeis aquelas que conten cun orzamento protexíbel mínimo por vivenda
rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 1.000 €.
9.- Contía das axudas económicas.
A contía máxima das subvencións determinarase atendendo ó custo subvencionable da actuación, que
incluirá no seu caso, os custos desagregados segundo os tipos de actuacións previstos no artigo 26 do Real
Decreto 233/2013 e das presentes bases e non poderá exceder do 35 % do custo subvencionable da actuación.
Por cada vivenda obxecto de rehabilitación establécese unha axuda máxima unitaria de 11.000 euros. A
contía máxima das axudas calcularase multiplicando dita suma polo número de vivendas obxecto de
rehabilitación en cada actuación.
10.-. Compatibilidade das axudas.
Estas axudas son compatíbeis con calquera outra, desta ou doutras administracións, coas limitacións que se
establezan nas distintas normativas reguladoras desas axudas, a excepción das subvencións procedentes do
Programa de Fomento da Rehabilitación Edificatoria contidas no Capítulo V do Real decreto 233/2013 pero a
suma de todas elas non poderá superar, en ningún caso, o custo total da actuación concreta.
11.- Crédito orzamentario e contía
As subvencións previstas nesta ordenanza terán as limitacións que a normativa aplicábel prevexa e as que
estean establecidas no proceso de rehabilitación ou poidan estabelecerse durante a vixencia dos distintos
convenios.
As subvencións outorgaranse con cargo ás partidas orzamentarias que se incluirán nos orzamentos para a
anualidade 2016 co nome e coa dotación orzamentaria máxima seguinte, segundo as aportacións
comprometidas no Acordo de data 27 de outubro de 2015 entre o Ministerio de Fomento, o IGVS da Consellería
de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo en materia de actuacións en cada
unha das ARIs existentes, que se recollen no cadro seguinte:
PARTIDA
CONVENIO MINISTERIO FOMENTO – IGVS
ARI CASCO HISTORICO
14ª FASE REHABILITACIÓN
Mº FOMENTO 2015
44.995,28€
Mº FOMENTO 2015
66.754,72€
TOTAL
111.750,00€
A concesión das subvencións para tódolos exercicios económicos, quedan condicionadas e limitadas á
existencia de partida e de crédito orzamentario dispoñible en cada unha das anualidades as que se imputen as
actuacións a subvencionar.
A contía destas axudas poderá ser modificada ao alza cando concurran as circunstancias previstas no artigo
31.2 da Ley 9/2007, de 13 de xuño de subvencions de Galicia.
12. Inspección Técnica previa e Servizos de asistencia técnica
O peticionario/a poderá solicitar, mediante impreso normalizado, unha visita de inspección técnica previa ao
inicio das obras subvencionábeis. Alén diso, deberá achegar a información requirida e dar a súa conformidade ás
obras inspeccionadas para as que se solicitan as axudas. A visita técnica será efectuada polos técnicos da Oficina
Municipal de Rehabilitación, para comprobar o estado da edificación e asesorar ao peticionario/a sobre as
posibilidades de mellora e rehabilitación do inmóbel.
Realizada a visita de inspección e o informe que define previamente as obras para realizar, o particular
poderá solicitar a Oficina Municipal de Rehabilitación, a colabouración para a redacción da documentación
técnica precisa para a obtención de licenza de obras ou actuación comunicada eficaz. En ningún caso ista
colabouración significará asumir o encargo de redacta-los documentos técnicos citados.
Estas solicitudes de colabouración serán aceptadas, en función dos medios e recursos dispoñíbeis, nos
seguintes casos:
a) Obras menores que non requiran de proxecto técnico.
b) Outras solicitudes consideradas de interese xeral.
En todo caso, tanto a redacción de documentación para a obtención de licenza ou actuación comunicada
eficaz coma a dirección facultativa das obras serán realizadas por técnicos con capacitación profesional e
habilitación legal abondas e axeitadas ás características das obras que se deban acometer contratados
directamente polos posibles beneficiarios das subvencións.
13.- Prazo de presentación das solicitudes:
Poderan presentarse as solicitudes no prazo de 2 meses contados dendeo día seguinte a publicación destas
bases no BOP
14
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
14.- Aprobación incial das obras
O Concello, no marco do procedemento da convocatoria de axudas, presentada a solicitude, revisará a
documentación presentada, e logo dos requirimentos que considere oportunos para completar ou aclarar a
documentación recibida, denegando as solicitudes que non cumpran os requisitos, elaborará unha proposta de
cualificación provisional que remitirá a Área Provincial do IGVS en Lugo.
A proposta de cualificación provisional conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o
orzamento protexido, o prazo de execución e a subvención máxima que se concederá e virá acompañada dunha
certificación municipal do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016, referida tanto ás actuacións, aos
edificios e vivendas como ás persoas beneficiarias.
A cualificación provisional é requisito necesario para acadar o financiamento previsto no acordo específico.
15.- Execución das obras
O solicitante promotor das obras daralle conta á Oficina Municipal de Rehabilitación da data do comezo das
obras.
As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo
caso deberán estar rematadas antes do 30 de novembro do 2016.
As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no proxecto técnico ou documentación que serviu de
base para a concesión inicial das axudas, e non se admitirán máis modificacións na súa execución que as
autorizadas por proposta da Dirección Facultativa, pola Oficina de Rehabilitación e, en todo caso, deberán estar
autorizadas pola correspondente licenza ou comunicación previa / declaración responsable, orde de execución
e autorizacións sectoriais para a execución das obras.
A Oficina Municipal de Rehabilitación poderá en todo caso supervisar as obras co obxecto de comprobar o
correcto cumprimento das condicións a que estean sometidas en virtude das axudas concedidas.
Durante o período de execución das obras, o promotor deberá colocar ó cartel informativo do programa de
axudas para a rehabilitación de acordo co deseño proposto pola Oficina de Rehabilitación, elaborado de acordo
cos convenios asinados, e até o cobro total de axudas solicitadas.
16.- Remate das obras e Cualificación Definitiva
Os promotores das actuacións comunicarán o seu remate de acordo co previsto na cualificación provisional
por medio da documentación acreditativa da finalización de obra, e en todo caso con data anterior ao 30 de
novembro do 2016, de xeito que o Concello teña tempo suficiente para realizar as seguintes comprobacións
con anterioridade a dita data:
1. Que as actuacións foron executadas dentro dos prazos e de acordo coa cualificación provisional.
2. Que para a súa execución se contan con todas as autorizacións necesarias.
3. As facturas cotexadas e documentos bancarios de pagamento das anteditas actuacións deberán estar
pagadas pola persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional.
As facturas cotexadas emitidas pola empresa adxudicataria e xustificación de pagos mediante transferencia
bancaria, talón ou calquera outro medio regulado pola Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007 de
subvencións de Galicia. Non se admitirán os pagos nin os ingresos en efectivo.
Ademais as facturas reunirán en todo caso os seguintes requisitos: nome da persoa beneficiaria que figure na
cualificación provisional, razón social, enderezo e NIF de quen emite a factura, IVE desagregado, nome,
enderezo, NIF do pagador titular da cualificación provisional e forma de pago. Deberá quedar claramente
descrito o produto vendido ou o servizo prestado.
4. No caso de ser obrigatorio deberá achegarse a certificación enerxética do edificio no que se reflicta unha
mellora da cualificación enerxética total do edificio.
O Concello elaborará unha proposta de cualificación definitiva que conterá a identificación da persoa
beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento xustificado e a proposta de subvención final que se aboará e virá
acompañada dunha certificación do Concello do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016.
A cualificación definitiva supón a xustificación da execución de todas as actuacións cualificadas.
Será causa da denegación da cualificación definitiva a non execución das actuacións ou a súa execución fóra
de prazo, así como o incumprimento por parte do/a promotor/a de calquera requisito para obter a condición de
persoa beneficiaria.
17.- Pagamento das subvencións
A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS procederá a resolver o pagamento ao Concello atendendo ao
previsto nos correspondentes acordos específicos asinados no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan
2013-2016.
15
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
O Concello aboará as correspondentes subvencións aos/ás promotores/as que resulten persoas beneficiarias
e xustificarán perante o IGVS os pagamentos realizados, para a súa comunicación ao Ministerio de Fomento.
Procederá á minoración do importe da subvención concedida cando o orzamento xustificado teña unha contía
inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión e sempre e cando se acredite que a
actuación concreta está totalmente executada.
As achegas estarán supeditadas ao efectivo financiamento por parte do Ministerio de Fomento, de acordo co
estipulado no convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia.
O abono realizarase pola contía que resulte de aplicar o disposto no punto 7 da convocatoria ao custo final
efectivamente xustificado das actividades subvencionadas.
Con carácter previo ao abono das subvencións, todas as persoas beneficiarias deberán presentar:
a) Certificado da titularidade a nome do beneficiario da conta bancaria que designe para o pagamento.
b) En caso de contías inferiores ou iguales a 3.000€: declaración xurada do beneficiario de estar ao corrente
dos pagos da Seguridade Social e Facenda (Axencia Estatal da Administración Tributaria, Xunta de Galicia e
administración local)
c) En caso de contías superiores a 3.000€ : Certificados de que o beneficiario está ao corrente dos pagos da
Seguridade Social e da Axencia Tributaria Galega. Autorizacións ao Concello para consultar os datos persoais de
estar ao corrente coa administración Tributaria Estatal e Local.
18.-. Causas de denegación e perda das axudas.
1.- Sen prexuízo das posibles incompatibilidades que legalmente foran aplicables en concorrencia coas
axudas desta convocatoria, en ningún caso as subvencións concorrentes poderán ser de tal contía, que
illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo da
actuación subvencionada, de conformidade co disposto polo artigo 17º.3 da Lei 9/2007, de subvencións de
Galicia.
2.- Segundo o artigo 13, da Orde do 9 de marzo de 2015, toda alteración das condicións tidas en conta para
a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por
outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á
modificación da resolución de concesión.
3.- Consonte o artigo 14, da Orde do 9 de marzo de 2015:
a)- O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención, comportará,
ademais das sancións que poidan corresponder, o reintegro da subvención percibida incrementada co xuro legal
correspondente desde o seu pagamento máis un 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, salvo que a Lei de orzamentos do Estado estableza outro diferente.
b)- En particular será causa de reintegro a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación
das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do
dereito á axuda.
c).- Tamén serán motivo de reintegro os supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d)4.- O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4.- Tamén serán causas de denegación ou revogación das subvencións, ademais da de non reunir as
condicións indicadas nos puntos 2 e 4 da convocatoria, as seguintes:
a) Incorrer en falsidade nos datos tidos en conta na selección da axuda reflectido no apartado 5 desta
convocatoria.
b) Acometer infraccións urbanísticas graves ou moi graves nas obras de rehabilitación subvencionadas.
c) O incumprimento dos prazos para a execución das obras ou para a xustificación dos gastos.
d) A incorrecta execución das obras de rehabilitación apreciada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación.
e) O impedimento ou obstrución grave, por parte do promotor ou o contratista, á supervisión das obras por
parte dos técnicos da Oficina de Rehabilitación.
f) Calquera outra que establezan as normativas vixentes.
19.- Tratamento de datos de carácter persoal.
Os datos das persoas solicitantes serán incorporados aos ficheiros municipais, cuxa finalidade é a instrución
do procedemento para a concesión das subvencións reguladas por estas bases, a práctica das publicacións,
comunicacións e notificacións de obrigado cumprimento, o seguimento e comprobación das actividades
subvencionadas e demais actuacións previstas na normativa legal para a conclusión do proceso de subvencións,
polo que a súa achega é obrigatoria.
16
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
Os ditos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 15/1999, do 13
de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, sendo responsable do seu tratamento a Oficina
Municipal de Rehabiítación do Concello de Mondoñedo, ante a cal se poderán exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición.
De conformidade co disposto polo artigo 14.1.ñ) da Lei de Galicia 9/2007 de subvencións de Galicia,
infórmase aos interesados da existencia do Rexistro Público de Subvencións.
20.- Normativa de aplicación.
Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación:
a) O Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de
vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
b) O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas
autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal 20132016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) A Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo
que se aproba o seu regulamento.
d) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que
se aproba o seu regulamento.
e) A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
f) Lei 8/2013 de 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.
g) O Convenio de colaboración asinado o 5 de setembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento e a
Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a
rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.
h) A Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de 9 de marzo de 2015 pola que se
establecen as bases reguladoras do Programa de Rexeneración e Renovación Urbana do Plan estatal de fomento
do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
i) Os Acordos de Comisión Bilateral asinados entre o Ministerio de Fomento do Goberno de España, o
Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e
o Concello de Mondoñedo en data 27 de outubro de 2015 para o financiamento das distintas ARRUs declaradas
no término municipal.
j) Real Decreto 7/2015, 30 de outubro, texto refundido da ley do solo e rehabilitación urbana
Mondoñedo, a 2 de decembro do 2015.- A alcaldesa, Elena Candia López
R. 4460
A PONTENOVA
Anuncio
A Xunta de Goberno Local, trala aceptación de competencias delegadas polo Concello Pleno (24/06/2015) e
Alcaldía (Decreto núm. 2015-0088 de 16/06/2015), mediante acordo acadado na sesión extraordinaria de
19/11/2015, presta aprobación ao seguinte:
LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES DE AUGAS, ONDE SE INCLÚE CANON DA AUGA; SUMIDOIROS E LIXO DO 2º
TRIMESTRE DO 2015.
A devandita listaxe estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo
de 15 días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida
ser examinada e presentalas reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada
se transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra estes.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición,
anterior ó contencioso - administrativo, perante a Xunta de Goberno no prazo dun mes a partir do día seguinte
ao da finalización da exposición pública da listaxe.
Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte
detalle:
A) Prazo de ingreso en período voluntario: do 27 de novembro de 2015 ao 27 de xaneiro de 2015, ámbolos
dous inclusive.
17
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
B)
Os
recibos,
non
domiciliados,
poderanse
facer
efectivos
na
conta
bancaria
ES78/2080/0137/41/3110000025 que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A
Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha
vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.
A falta de pagamento do canon da auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do
mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de
facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico -administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes
dende esta notificación.
A Pontenova, 25 de novembro de 2015.- O Alcalde, Darío Campos Conde
R. 4412
Anuncio
Aprobado inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión extraordinaria celebrada o 23 de novembro de
2015, o expediente de modificación de créditos – Transferencia entre apliacións de distintas áreas de gasto Expediente 386/2015 - dentro do vixente Orzamento por importe de 3.267,00 euros (tres mil douscentos
sesenta e sete).
Por medio do presente expónse o público o expediente de modificación de crédito antedito, polo prazo de
quince días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a
efectos de que os interesados poidan examinalo e presentalas reclamacións ou alegacións que estimen
pertinentes, de conformidad co disposto nos artigos 169, do RDL 2/2004, polo que se aproba o texto refundido
da lei reguladora das facendas locais, e art. 38 e 42 en relación cos artigos 20 e 22 do R.D. 500/1990, do 20 de
abril.
Na Pontenova, a 25 de novembro de 2015.- O Alcalde, Dario Campos Conde
R. 4413
RIBAS DE SIL
Anuncio
APROBACIÓN NOVO RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS DA ALCALDÍA – PRESIDENCIA DO CONCELLO DE RIBAS
DE SIL
Visto o acordo do Concello Pleno de data 30.06.2015 a través do que se fixaba o réxime de dedicacións dos
cargos electos municipais.
De conformidade co disposto no artigo 75 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
na súa redacción dada pola Lei 14/2000, de 28 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orden
social, e en concordancia co artigo 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais, aprobado polo RD 2568/1986 do 28 de novembro, onde se establece que os membros das
Corporacións locais teñen dereito a percibir retribucións polo exercicio do seu cargo cando o desempeñen en
réxime de dedicación exclusiva ou parcial.
Visto o disposto na normativa vixente, propoño ao Pleno do Concello de Ribas de Sil para a súa aprobación se
procede do seguinte acordo:
PRIMEIRO.- A supresión da dedicación exclusiva da Alcaldía do Concello de Ribas de Sil que foi fixada co
seguinte literal:
“.- Alcalde Presidente: dedicación exclusiva de 37,5 horas semanais, retribución bruta mensual de 2.830,78 €
brutos ca ntidade que será aboada mensualmente coas nóminas municipais, pagadera en catorce mensualidades
(doce ordinarias e dúas extraordinarias), e que experimentará os incrementos legais previstos para as
retribucións dos funcionarios nas sucesivas leis anuais de presupostos, con efectos dende a aprobación plenaria
das dedicacións”
SEGUNDO: Fixar para o cargo de Alcalde – Presidente unha dedicación parcial a media xornada,
económicamente análoga á referida ao Sr. Tenente de Alcalde nos seguintes termos:
- Alcalde - Presidente; dedicación parcial 50 % de xornada, retribución bruta mensual de 1.556,00 € brutos
cantidade que será aboada mensualmente coas nóminas municipais, pagadera en catorce mensualidades (doce
ordinarias e dúas extraordinarias), e que experimentará os incrementos legais previstos para as retribucións dos
funcionarios nas sucesivas leis anuais de presupostos, con efectos dende a aprobación plenaria das dedicacións.
18
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
Ribas de Sil, a 24.11.2015.- O Alcalde, Miguel Ángel Sotuela Vega
R. 4414
O SAVIÑAO
Anuncio
APROBACIÓN DEFINITIVA
En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,
polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ao non presentarse alegacións
durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario data
29 de setembro de 2015, sobre o expediente de modificación de créditos 1/2015 na modalidade de suplemento
de crédito, que se fai público resumido por capítulos:
1.
ESTADO DE GASTOS
CAP.
DESCRIPCIÓN
CONSIGNACIÓN
1
GASTOS DE PERSONAL
2
GASTOS CORRIENTES EN BIENES Y SERVICIOS
3
GASTOS FINANCIEROS
37.000,00
4
TRANSFERENCIAS CORRIENTES
58.700,00
5
FONDO DE CONTINGENCIA Y OTROS IMPREVISTOS
6
INVERSIONES REALES
7
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
0,00
8
ACTIVOS FINANCIEROS
0,00
9
PASIVOS FINANCIEROS
480.967,34
547.741,09
1.337.244,26
0,00
315.304,95
TOTAL PRESUPUESTO DE GASTOS
2.776.957,64
ESTADO DE INGRESOS
CAP.
DESCRIPCIÓN
CONSIGNACIÓN
1
IMPUESTOS DIRECTOS
2
IMPUESTOS INDIRECTOS
3
TASAS, PRECIOS PUBLICOS Y OTROS INGRESOS
4
TRANSFERENCIA CORRIENTES
5
INGRESOS PATRIMONIALES
0,00
6
ENAJENACION DE INVERSIONES REALES
0,00
7
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
0,00
8
ACTIVOS FINANCIEROS
330.901,56
9
PASIVOS FINANCIEROS
0,00
TOTAL PRESUPUESTO DE INGRESOS
903.000,00
25.000,00
422.200,00
1.095.856,08
2.776.957,64
De conformidade co preceptuado no artigo 171.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo
que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, contra a aprobación definitiva do
expediente 1/2015 de modificación créditos poderase interpor directamente recurso contencioso –
administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos que establecen as normas da
Xurisdición contencioso – administrativa.
O Saviñao 27 de novembro de 2015.- O Alcalde- presidente, Joaquín González González
R. 4425
19
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
Anuncio
FORMALIZACIÓN DE CONTRATO
Por acordo do Pleno de data 29 de setembro de 2015 foi adxudicado o contrato de xestión do servizo de
AXUDA NO FOGAR MODALIDADES DEPENDENTES VALORADOS E PRESTACIÓN BASICA DO CONCELLO DE O
SAVIÑAO. Con data 30 de outubro de 2015 procedeuse á formalización do contrato coa empresa SERVITAL
SERVIZOS SOCIOSANITARIOS S.L.
1.- Entidade adxudicadora :
Organismo : Concello de O Saviñao.
Dependencia que tramita o expediente : Secretaría.
Enderezo de internet o perfil do contratante : www.concellodeosavinao.com
2.- Obxecto do contrato :
Tipo: contrato de xestión de servizos
Descrición: Xestión de servizo de axuda no fogar modalidades dependentes valorados e prestación
básica.
CPV: 85300000-2 Servizos de asistencia social e servizos conexos .
3.- Tramitación e procedemento :
Tramitación : Ordinaria
Procedemento : Aberto con multiplicidade de criterios.
4.- Valor estimado do contrato : 760.656 euros máis IVE
5.- Duración do contrato : Un ano prorrogable por outro.
6.- Data de adxudicación: 29/09/2015.
7.- Importe de adxudicación : Hora básica: 12,25 € máis IVE .
Hora dependencia : 12,25 € máis IVE.
O Saviñao, 30 de outubro de 2015.- O Alcalde, Joaquín González González .
R. 4426
TRABADA
Anuncio
Faise pública a convocatoria e as bases para a formación de bolsa de emprego do servizo de limpieza en
edificios públicos municipais.
Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Trabada , no prazo de 5 días
hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria , publicados no Taboeiro de Anuncios e na web
www.trabada.es
Sistema de selección: Concurso-oposición .
Trabada, a 30 de novembro de 2015.- A Alcaldesa, Mayra García Bermúdez.
R. 4438
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
XULGADO 1ª INSTANCIA Nº2 LUGO
Anuncio
D. Francisco Julián Hinojal Gijón, Secretario Judicial de Xdo. Primeira Instancia N. 2 de Lugo,
ANUNCIO:
En el presente procedimiento seguido a instancia de Musaat, S.L. frente a Saneamientos Ricardo Díaz, S.L. se
ha dictado sentencia, cuyo tenor literal es el siguiente:
20
Núm. 281 – Lunes, 7 de Diciembre de 2015
B.O.P de Lugo
FALLO
Que estimando la demanda interpuesta por el Procurador Sr. Martín Buitrago, en nombre y representación de
la aseguradora Mussat, contra José López Fernández, José Ángel López Méndez, Blanca López Méndez, José
Guerrero Pérez, Saneamientos Ricardo Díaz, S.L. y Grupo Inmobiliario López Castro, condeno a estos a abonar
solidariamente a la demandante al pago de la cantidad de 13.355,37 euros en concepto de principal más los
intereses legales desde el 4 de mayo de 2011, y los intereses procesales desde la fecha en que se dicta la
sentencia.
Con imposición de costas a la parte demandada.
Notifíquese esta sentencia a las partes, haciéndoles saber que contra la misma cabe recurso de apelación en
el plazo de veinte días desde el día siguiente a su notificación (artículo 458 LEC.).
Líbrese y únase certificación de esta sentencia a las actuaciones, con inclusión de la original en el Libro de
Sentencias.
Así por esta mi Sentencia, pronunciada definitivamente en primera instancia, lo pronuncio, mando y firmo.
Y encontrándose dicho demandado, Saneamientos Ricardo Díaz, S.L., en paradero desconocido, se expide el
presente a fin de que sirva de notificación en forma del mismo.
Lugo, 30 de septiembre de 2015.- El Secretario Judicial.
R. 4415
XULGADO DO SOCIAL Nº5 REFORZO VIGO
Anuncio
RAMÓN ELOY RODRÍGUEZ FRIEIRO, Secretario Xudicial de reforzo do Xulgado do Social nº 5 de Vigo, FAGO
SABER:
Que no procedemento ETX 299/15 deste xulgado, seguido a instancia de Alicia Gladis Soto Cuevas contra
XIBALBA SERVICIO HOSTELERIA S.L. e ANNELIDA PLATEA S.L. sobre execución de sentenza, ditouse a seguinte
resolución:
Auto despachando execución e Decreto de medidas de data 26/10/2015 contra o que se pode presentar
recurso de reposición no prazo de 3 días dende a data desta publicación.
Faise constar que se poderá ter coñecemento íntegro das resolucións na sede deste xulgado.
E para que sirva de notificación á executada XIBALBA SERVICIO HOSTELERIA S.L. cuxo enderezo é
descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Faise saber ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución no taboleiro
de anuncios da Oficina Xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións con forma de auto ou
sentenza ou no caso de emprazamentos.
Vigo, vinte e seis de outubro do dous mil quince.- O SECRETARIO XUDICIAL
R. 4416
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 07.12.2015 08:00:00 CET
Razón:
Localización: España
Descargar