Querida mamá. Epistolario inédito de Otero Pedrayo, 1905

Anuncio
D O C U M E N T O S
Querida mamá
Epistolario inédito de Otero Pedrayo, 1905
PAT R I C I A A R I A S C H A C H E RO
M Ó N I C A PA ZO S M A RT Í N E Z
A
obra publicada de Ramón Otero Pedrayo asombra entre
outras cousas e en primeiro lugar, polo seu inxente volume.
Isto ten provocado que con frecuencia se teña cualificado ao
de Trasalba como o gran polígrafo das nosas letras. Até onde nós
sabemos, tal apreciación fíxose sempre sen ter presente a enorme
cantidade de cartas que en vida redactou.
Estes documentos, parte importante dos cales está custodiada e
reunida na Fundación Penzol en Vigo, obrígannos hoxe a afirmar
que o autor de Arredor de si é, sen lugar a dúbidas, o artífice dun
dos maiores epistolarios escritos neste país.
O que agora presentamos é o inicio da comunicación escrita que
durante máis de cincuenta anos o noso autor mantivo coa súa nai,
unha das dúas mulleres máis importantes da súa vida.
Como Baudelaire, Saint-Exupéry, Proust e tantas outras figuras
senlleiras da literatura universal, o noso don Ramón escribe cartas
a unha nai que seguindo o modelo das protagonistas femininas das
súas novelas, loita e traballa na aldea para asegurar a formación e
benestar do que é o seu único fillo.
▲
O epistolario
Otero Pedrayo coa súa nai, dona Eladia.
Fotografía de Augusto Pacheco
Son un conxunto de máis de mil misivas inéditas que dan mostra
dunha relación maternofilial estreita e peculiar. Trátase dunha
comunicación descontinua, pois a escrita vaise ver interrompida
cada vez que dona Eladia e o seu primoxénito vivan baixo o mesmo
teito. Fundamentalmente nas vacacións e nos períodos que voluntaria ou involuntariamente el reside na casa ourensá da rúa da Paz
ou en Trasalba.
Inícianse as separacións e consecuentemente os textos aló polo
mes de maio de 1905, cando, con 17 anos, un case adolescente
Ramón Otero Pedrayo chega á cidade do Apóstolo. Vai disposto a
matricularse como alumno por libre no entón chamado Curso de
Ampliación, preparatorio nos estudos de Dereito e equivalente a un
primeiro ano de Filosofía e Letras, cuxos estudos completos desapareceran da universidade galega por volta do ano 1867 e non volverán recuperarse até o curso 1922-23.
Compostela é na altura unha pequena e escura cidade de pouco
máis de 24.000 habitantes onde a influencia da universidade e da
catedral se deixa sentir con forza. Pedrayo é un dos poucos alumnos
dispostos a cursar estes estudos. A carreira de Letras non ofrecía
grandes expectativas, esencialmente a docencia, á que non era fácil
acceder tendo en conta que había apenas un instituto por provincia
e normalmente un catedrático por materia en cada centro. Ao contrario do que anos despois sucederá con Adrián Silva, a vocación de
don Ramón semella clara e firme desde o primeiro momento.
71
Esta primeira separación non puido durar máis de 30 ou 35
días. De tan reducido período de tempo conservamos porén un
total de once documentos e cómpre ter presente que a serie semella
incompleta. A carta seguinte ás que aquí reproducimos está datada
o día 9 de outubro de 1905, primeiro día da estancia universitaria
do noso autor en Madrid.
Ao longo deste epistolario, que pronto será publicado, o lector
terá a oportunidade de comprobar a asiduidade e constancia coas
que Otero lle escribiu á súa nai. Faina partícipe en todo momento
das súas vivencias, sentimentos e actividades. Comparte con ela un
vivir cotián que co paso do tempo se ten convertido nun instrumento biográfico de indubidábel valor.
Nestas cartas son moitas as referencias a unha relación íntima e
familiar na que o benestar do fillo depende directamente de que a
súa nai estea ben. Todas sen excepción comezan cun saúdo apelativo do tipo: querida, queridísima, adoradísima ou mamaciña. Na
despedida sempre lle manda un bico e lémbralle o moito que a
quere. Ás veces prefire despedirse recordándolle que ela é fundamental na súa vida. Son moitas ademais as misivas nas que lle di
que se coide porque a súa saúde é o máis importante. Nalgúns textos, en lugar de asinar co seu nome indica a condición de fillo e
incluso ás veces a de fillo único.
As cartas que escribiu desde Compostela en 1905 están cheas de
referencias familiares. Estas alusións só as poderemos entender
de termos en conta as relacións de parentesco que existían nese
momento.
A familia Otero Pedrayo
A nai do noso protagonista, Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, naceu,
segundo consta na súa partida de nacemento gardada no Arquivo
Diocesano de Ourense, o 18 de febreiro de 1859. Nesta mesma
cidade morrerá un 4 de febreiro de 1957 con case 98 anos.
Eladia tiña dúas irmás. Lucila, a máis nova, naceu en 1862 e
morreu o 5 de febreiro de 1946. Casara con Casiano Martínez
Blanco e tiveran seis fillos. Ramón Otero Pedrayo tivo relación con
todos os seus curmáns, sobre todo cando eran novos. Eladio, estudante de Medicina, era o maior deles, levábanse seis anos. Juan
tamén compartirá vivencias co noso autor pois nacera só dous anos
antes ca el. Con José María, Antonia e Teresa tiña menos contacto.
Con Lucilita, que era a máis pequena, mantiña unha relación
especial, xa que a nena pasaba pequenas tempadas na casa de Cimadevila, en Trasalba, para lle facer compañía á súa tía. Nalgunhas
ocasións, como en 1917, tamén irá Nieves, a irmá de Eladia, vivir
unha temporada en Trasalba. En 1919 Lucilita ponse enferma e, a
través das cartas, Pedrayo expresa unha fonda preocupación que o
levará incluso a pensar en viaxar desde Madrid para visitala.
A outra irmá de Eladia chamábase María de las Nieves Gabriela
Vicenta. Naceu o 5 de agosto de 1857 e morreu o 13 de decembro
de 1945. Casou con Ángel Franches Pérez e non tiveron descendencia. Franches será quen se encargue de todas as cuestións familiares e convértese nun referente masculino durante a primeira
mocidade de Otero, pois coa perda en 1904 do pai é o único home
nunha familia de mulleres, xa que Casiano morrera en 1903 e o seu
tío Ricardo está lonxe.
Neste fermoso epistolario descubrimos que en realidade Eladia,
ao estar vivindo en Trasalba, a quince quilómetros da capital ourensá, non ten contacto diario coas súas irmás e familia. O seu fillo
72
Neste fermoso epistolario
descubrimos que en
realidade Eladia, ao estar
vivindo en Trasalba
non ten contacto diario
coas súas irmás e familia.
O seu fillo mándalle
saúdos para Nieves
e Lucila ou fai referencias
aos seus curmáns sobre
todo durante os anos
1905 e 1906
Otero e a súa nai no pazo de Trasalba
mándalle saúdos para Nieves e Lucila ou fai referencias aos seus curmáns sobre todo durante os anos 1905 e 1906. A partir desa data
temos que presupoñer que a relación foi máis ben esporádica e en
datas puntuais.
Pedrayo non chegou a coñecer a súa avoa materna. Chamábase
Antonia Ansoar e morrera en 1864 con 38 anos, a súa filla Eladia
convértese en orfa cando apenas tiña seis anos. O pai de Eladia,
Ramón Pedrayo Silva, farase cargo da familia até a súa morte o 3 de
maio de 1899 cando contaba 77 anos. Era o padriño de bautismo
de Ramón Otero Pedrayo a quen este debe o seu primeiro e máis
coñecido nome.
Este avó exercía como avogado no número 17 da praza Maior
de Ourense. En 1844, comeza a súa dedicación á avogacía. No ano
económico 1896-1897 era o decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense. Ricardo Julián Francisco, o
seu primeiro fillo, que nace en 1856, tamén será avogado. Con 22
anos ingresa no Colexio de Avogados de Ourense, onde segue figurando polo menos até 1896, a pesar de estar traballando en Madrid
desde 1887. Exerceu moitos anos en Sevilla, onde o visita o noso
escritor durante a Feira de Abril de 1906. Morre en 1928 sen casar.
Otero sente un gran cariño polo tío Ricardo. Nalgunhas das cartas
que escribe á nai afirma que o tío séntese máis próximo a ela que ás
súas outras irmás.
A figura do avó Ramón Pedrayo inflúe decisivamente na vida
académica do noso autor. En 1905, sendo xa alumno da Facultade
de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid, matricúlase en Dereito porque así llo pedira súa nai. Eladia procedía dunha
familia de escribáns, notarios e avogados. Bernardo Pedrayo Andelo (1793-1874), pai de Ramón Pedrayo Silva e padriño de Eladia,
era escribán. O avó de Eladia por parte da nai, de nome Antonio
Ansoar, morreu en 1837 e exercía como notario; e o avó e bisavó de
Ramón Pedrayo Silva por parte da nai, Salvador Silva e Benito
Silva, pertencían tamén á profesión. Por todo isto Eladia decide que
o futuro do seu vinculeiro debía seguir ese camiño.
En xeral, don Ramón non nega nada á súa nai e por compracela licenciarase en Dereito. En 1916 un Otero que prepara sen éxito
as oposicións para catedrático de instituto pensa, nun momento de
debilidade, en seguir os consellos maternos, deixalo todo e prepararse para notario. Tres anos despois superou as duras probas e
logrou converterse en profesor de instituto. Desde entón sempre
73
traballou en algo directamente relacionado coa carreira que escollera por inclinación propia.
É preciso non esquecer ademais que despois da morte de Enrique Otero, a nai de Otero Pedrayo contará durante un ano e medio,
xustamente até o 5 de setembro de 1906, coa axuda e compañía da
súa sogra, Vicenta Sotelo Puga, madriña do escritor. Vicenta era
unha muller forte e afeita á vida na aldea. Naceu en 1816 no lugar
de Vilar do Monte, parroquia de Santa Baia de Aguada, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo, e pasou case toda a vida na
casa de Trasalba. As coincidencias biográficas fixeron que entre elas
se establecese unha sólida relación. Vicenta tamén quedara viúva
prematuramente cun fillo de 20 anos ao seu cargo.
Tras a morte de Vicenta, Eladia instálase definitivamente na
aldea e asume o goberno da casa. Estas dúas mulleres, fundamentais na adolescencia de Otero Pedrayo, representan o traballo duro
e a decisión e son con toda seguridade o referente inmediato á hora
de trazar a figura de dona Ramona, a protagonista de Os camiños da
vida.
A temperá viuvez da nai e o feito de ser Otero Pedrayo fillo
único, semellan constituír os dous piares principais nos que se
cimenta unha relación de mutua dependencia a todas luces complexa. Nas cartas de ambos abundan as alusións á necesidade de
vérense e poderen estar xuntos. A través deste longo epistolario descubrimos unha das facetas máis importantes na vida do noso escritor, a de ser fillo. Otero transmite continuamente a sensación de
que só a obriga dos estudos ou do traballo o poden separar da súa
nai. Nos anos que pasa en Madrid expresa continuamente a necesidade de vela. Constantemente pídelle os cartos para o billete de
volta ou que veña a Madrid pasar unha temporada. Na época que
Otero xa casado vive en Ourense e Eladia en Trasalba tamén ha de
contar os días para visitala. A preocupación pola súa nai aumenta a
medida que ambos envellecen. Nos últimos sete anos de vida de
dona Eladia Otero viaxaba case todas as fins de semana de Santiago de Compostela a Trasalba.
Durante moitos anos o núcleo familiar quedará reducido á nai
e ao fillo. En 1923 o binomio verase acrecentado ao casar este con
María Josefa Bustamante Muñoz. A partir desta data o triángulo
péchase definitivamente e os seus dous vértices femininos convértense en parte fundamental e eixo central na vida do noso escritor.
As cartas de dona Eladia Pedrayo
Noutra orde de cousas cómpre sinalar que da nai ao fillo conservamos un número sensibelmente menor de escritos, apenas 326 documentos. O primeiro deles está datado un 16 de agosto de 1916,
once anos despois de que o fillo iniciase a súa andaina epistolar.
O contido, a cantidade e distribución cronolóxica dos textos maternos falan dunha perda importante de documentos. Non é que ela
escribise menos, é que chegaron a nós en menor cantidade. Con
palabras humildes vai relatando en frases curtas e non sempre gramaticalmente correctas, a realidade cotiá da dura vida na aldea dos
Chaos de Amoeiro. Eladia pide insistentemente consello sobre a
venda de tal ou cal propiedade, fala das colleitas, do tempo, dos animais e das enfermidades de criados e veciños. Faino porque o seu
“querido Ramón” insiste en estar informado de todo, gústalle coñecer que sucede na aldea e quere compartir con ela os problemas e
inquietudes do día a día. O escritor reformulará parte importante
desta información para vertela nos seus escritos.
74
A temperá viuvez da nai
e o feito de ser Otero
Pedrayo fillo único,
semellan constituír os
dous piares principais
nos que se cimenta unha
relación de mutua
dependencia a todas
luces complexa.
Nas cartas de ambos
abundan as alusións á
necesidade de vérense
e poderen estar xuntos
Enrique Otero Sotelo e Eladia
Pedrayo Ansoar, nunha fotografía
de F. Prosperi, ca. 1883
Ramón Otero Pedrayo de neno
Fotografía J. Gil
Son cartas escritas por unha muller tenaz e resistente que pronto se nos revela como unha proxenitora empeñada en darlle estudos
ao seu único fillo, aínda que para iso teña que pasar privacións.
Manterá co seu traballo e perseveranza a casa e a facenda de Trasalba e até a súa morte ocuparase sen intermediarios do goberno e
administración das múltiples propiedades da familia.
Refuxiada detrás da mesa do comedor, comproba como
“Ramonciño” completa a súa formación con aulas de francés, de
alemán, de inglés e mesmo de esgrima. En 1926 sente a marcha
de Trasalba do mestre Antonio Noriega Varela, con quen compartira veladas e partidas de naipes, reza en 1950 polo “pobre Daniel,
el de Rianxo”, ademais de lembrarlle con frecuencia ao seu fillo
que se necesita algún diñeiro llo pida.
Nos seus últimos anos, a nonaxenaria Eladia cura as enfermidades propias da idade sentada ao braseiro mentres relé La Noche en
busca de noticias sobre o seu primoxénito. Este é o protagonista
indiscutíbel das cartas da súa nai, aínda que sempre teña nos seus
comunicados un recordo para Fita. Diríxese en contadas ocasións á
súa nora e cando o fai é case sempre para lle pedir que compre ou
busque algo, unha lata de gas, fíos e puntillas, aceite ou sementes de
flores para o xardín. Ramón Otero Pedrayo nunca ocultou a admiración que sentía polo traballo da súa nai e estaba orgulloso dela,
cualificándoa en moitas ocasións de gran traballadora.
Tras a lectura do epistolario completo, chama a atención a
memoria que o autor mostra cando nos diversos escritos de carácter autobiográfico conta algún dos episodios que outrora relatou
por carta á súa nai. A intertextualidade entre estes xéneros fai que
nos teñamos que cuestionar aquel tópico asumido como certo,
tocante á vaguidade memorística do autor.
Sirvan como mostra as múltiples coincidencias que existen entre
“Desvelamento de Santiago”, un dos seus textos autobiográficos
máis coñecidos, e estas once cartas escritas 63 anos antes. Ambos
documentos compleméntanse á perfección. Non é esta a única vez
que algo así sucede; por citar outro exemplo, sinalemos que as cartas escritas por Otero en 1947 desde Buenos Aires semellan punto
de partida para o volume Por os vieiros da saudade.
Dúas apreciacións máis antes de rematar. Nesta publicación respectouse en todo momento a ortografía e redacción do autor ao
considerarmos que o documento debe falar por si só, sen necesidade de voces intermedias. En xeral as cartas non presentan problemas
de interpretación e son pouco significativos os erros ortográficos
que o mozo Otero Pedrayo comete. Con 17 anos redactaba de
forma clara, limpa e normalmente lexíbel. A lingua empregada na
totalidade da correspondencia cruzada coa nai é invariabelmente o
castelán. Tal e como o patriarca confesara en máis dunha ocasión,
esta era a lingua da casa. Con todo, son máis que evidentes as interferencias dunha oralidade fondamente achegada á lingua galega.
Consideramos oportuno sinalar así mesmo que non é esta a opción
lingüística maioritaria no conxunto da súa correspondencia. No
corpus epistolar conservado en Vigo predominan claramente os
documentos redactados en lingua galega.
Os textos están escritos a pluma utilizando papeis comerciais de
carta de tamaño folio, empregados en sentido horizontal e dobrados na súa metade. Nestas primeiras misivas abeira o papel branco
un reborde negro como mostra do loito que o rapaz garda pola
morte do pai.
Pero deixemos xa falar ao de Trasalba ■
75
Epistolario
Sra Doña Eladia Pedrayo
Santiago, 1º de Mayo de 19051
Queridísima mamá,
Hice el viaje con toda felicidad, vine muy bien y cómodo; en
Redondela adonde llegamos á las 3 y media me vi bastante apurado porque no dan mas que ocho minutos para trasbordar pero todo
lo hice. En Arcade, entre Redondela y Figuerido, tomé el pollo casi
entero. Pontevedra se ve muy bien desde el tren; los alrededores son
hermosísimos pero mas me gustó Villagarcía y la incomparable ría
de Arosa, y el Padrón. Llegué á Santiago con noche cerrada, en la
estación2 estaba Eladio3; montamos en un omnibus atestado de
gente y despues de rodar y dar tumbos por una carretera llena
de baches paramos frente al hotel “Gran Europa”4. Allí cené en un
comedor muy bien puesto cómo toda la casa, en compañía de unos
señores muy graves, y despues pasé á mi amplio cuarto con (con)
tres camas, y ventanas á las carreteras de Orense y Coruña; delante
está la casa de la Inquisición5 donde está instalada la “Tipografía
Galaica”. Dormí bien, me desperté á eso de las siete, tome café en
el cuarto, y me fui por las calles, con el gabán abrochado y el cuello subido, pues el viento era helado. Me afeité en la Rua Nueva, y
fui á telegrafiarte mi feliz llegada. Atravesé rapidamente la catedral,
llena de gente que contemplaba una procesión formada por todo el
Cabildo, varios canónigos mitrados, pincernas y monaguillos. Preguntando á los transeúntes, me fui por enrevesadas calles á la Universidad y en el Pórtico hallé á Eladio que me buscaba. Juntos vinimos á la casa donde paró y murió el pobre tío Casiano6, y quedé
ajustado por cuatro pts. Tengo un cuarto que aunque pequeño es
completamente independiente, con balcón á la Rúa Nueva7, si
quieres enterarte de sus condiciones preguntale á Franchez8 que
durmió en él. Vivo por lo tanto, en la Rúa Nueva, 33, en un caserón antiguo en cuyo primer piso está instalado el Colegio de S. Luis
Gonzaga9. He oído muy buenas referencias de la casa y de la patrona Doña Concha, señora muy obesa y amable. Despues visité con
Eladio casi todo el pueblo de(l) que te daré detalles en otra carta.
Estuve dos veces en la Catedral, vi S. Martín Pinario, S. Payo y otra
infinidad de grandes edificios. No escribo mas porque voy a salir
con Eladio á echar éstas líneas.
Despues de comer en Europa y pagar 7 pesetas, me trajeron aquí
el baúl, y estoy definitivamente instalado.
Adiós querida mamá, está tranquila, yo me acuerdo mucho de
ti. Mándale mil besos á mamá Vicenta10 y con recuerdos a Lucila,
Nieves y familia11, recibe el corazón de tu hijito.
1
En “Desvelamento de Santiago”, Grial 19,
1968, p. 77, afirma que saíu para Santiago o
domingo 30 de abril de 1905. Esta é polo
tanto, a súa primeira carta desde Compostela.
Como el mesmo conta en “Mis maestros universitarios”, p. 5, separata de Homenaje a don
Ramón Carande, Sociedad de Estudios y Publicaciones, 1963: “De mi entrañable Universidad
de Santiago de Compostela sólo fui alumno
oyente un mes, finales de curso, en el primer
año de Filosofía y Letras y ‘Preparatorio’ como
se decía antes, por entonces de Derecho”.
2
Trátase da estación de Cornes situada na época
a escasos quilómetros de Compostela. A actual
estación de ferrocarril da cidade non comezou a
funcionar até o ano 1943. O tramo desde O Carballiño a Santiago, base da actual liña férrea
con Ourense non se inaugura até 1958. Nótese
como nesta época a viaxe en tren entre Ourense e Santiago supuña un auténtico periplo.
3
Refírese ao seu curmán Eladio Martínez Pedra-
yo (1882-1967). En 1905 cursa en Santiago de
Compostela o último ano de Medicina.
4
Con sorprendente precisión volve lembrar
esta escena cando, en “Desvelamento de Santiago”, relata que: “Dúas figuras mozas,
esquías, de estudantes de derradeiro ano de
Meiciña —meu curmán Eladio Martínez Pedrayo e máis o curmán seu [...]. Leváronme no
ómnibus ao Hotel Europa”.
5
O antigo solar da Casa da Inquisición, na
esquina da actual praza de Galicia, está ocupado desde 1927 polo hotel Compostela.
6
Casiano Martínez Blanco, pai de Eladio. Fale-
cera o 31 de outubro de 1903.
7 Agarimosamente recordará sempre o noso
autor esta primeira pousada en Santiago,
“Tiña o meu coarto un balcón de ferro ben
feitiño, á Rúa Nova. Moitas veces lle adico un
sorrir”. Op. cit., p. 79.
Ramón
8
Ángel Fránches Pérez, estaba casado con M.ª
de las Nieves Pedrayo Ansoar, a outra irmá de
dona Eladia Pedrayo.
9
Na altura o colexio San Luis de Gonzaga esta-
ba efectivamente situado na rúa do Vilar. No
ano 1905 presidía a institución o señor Fondevila, exercendo como mestre o señor Pueyo.
10
Vicenta Sotelo Puga (1816-1906). En “Lem-
branzas do meu vivir”, Grial 52, p. 199, ao
76
Estudantes de Teoría da Literatura e das Artes da Facultade de Letras de Madrid, curso 1905-1906, acompañados polo profesor Andrés Ovejero
(fila superior con barba) nunha visita a El Escorial en 1906. Otero Pedrayo é o segundo pola esquerda na fila superior
falar da súa avoa paterna di: “Eu chamáballe
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Orense
‘mamá Vicenta’ e ‘mamá Tenta’.
11
Refírese aos seus curmáns: José María,
Queridísima mamá,
Juan, Antonia, Teresa e Lucila Martínez Pedrayo, irmáns de Eladio.
12
De novo en “Desvelamento de Santiago”, p.
78, atopamos un personaxe que sen dúbida se
corresponde con este don Ángel: “Presidia a
mesa, moi inzada de boas mantenzas, un crego
vello, fino, branco, o Sr. Pato, beneficiado da
catedral, capellán das monxas de Santa Clara,
señor dado, doutor ou licenciado pola Universidade de Salamanca. Tiña un aire inocente contando contos, e non disimulaba o seu gusto
polo viño doce que gardaba en xeitoso pipotiño
no seu coarto e polas confituras donadas polas
Clarisas. Tampouco calaba as súas xenreiras de
Coro. Alporizábase ó soio nome dun cónego seu
nemigo, febleza que os estudantes aproveitaban
pra facerlle romper en amarguradas queixas”.
13
Destes seus compañeiros de hospedaxe no
mesmo artigo dirá que: “Estaban o herdeiro da
Casa de Valladares, Pérez de Castro, dino, calado,
“gomoso”, e o aberto i estoupante de comentares e risada o fillo de Don Eladio de Lema”, p. 78.
14
Otero Pedrayo recoñece nun estudante dos
últimos cursos de Dereito, chamado “Mariño,
de Corcubión”, ao seu guía na descuberta primeira da cidade, cóntanos que “non volvin
sabere cousa dil. Levoume nos primeiros días
hastra San Lázaro, e polas congostras e pro-
Estoy satisfecho de mi alojamiento, ponen bien de comer y tengo
los siguientes compañeros: un cura muy simpático llamado D.
Angel12, que asisitió á tío Casiano en sus últimos momentos, una
señora viúda jamona y gruesa y tres estudiantes de Derecho, dos de
Vigo, uno de ellos hijo de Lema13 y otro de Corcubión14. Mañana
asistiré por vez primera á las cátedras de la Universidad.
Ya conozco bastante á Santiago para no extraviarme en las calles
principales. La Rúa del Villar y la Rúa Nueva son calles largas pero
bastante estrechas, con largos soportales muy concurridos al caer la
tarde. Las calles son en general tortuosas y estrechas, pero ánimadas
y llenas de caserones blasonados, con rejas y labores en las paredes,
como esta en que paro que tiene escalera hermosa y creo pertenece
al conde de Ramiranes. La plaza de Alfonso XII es verdaderamente
grandiosa: de un lado la fachada principal de la Catedral, de otro la
preciosa fachada del Hospital Real con la cadena de piedra que
corre alrededor de la cornisa, acabando de cerrarla, el Ayuntamiento y otro edificio grande. He visitado varias veces la Catedral y ya
(la) conozco bastante bien sus oscuras naves y grandiosas bóvedas,
el pórtico de la Gloria, el hermoso claustro de la Corticela ect. De
fachadas la que mas me gusta es la de las Platerías.
Es enorme el número de iglesias y edificios religiosos que hay en
Santiago. Los conventos de S. Martín Pinario (seminario) y S. Payo
de monjas, son enormes edificios casi tan grandes cada uno como
la catedral. Hay muchísimas iglesias y conventos que aun no conozco; cerca de mi posada está Sta María Salomé, La Alameda y la
Herradura, son muy buenos jardines y desde ellos se ve casi toda la
ciudad, es una perspectiva hermosísima.
bes rueiras de Belbís”, Op. cit, p. 78.
77
2 de Mayo
15
Son varias as ocasións nas que o de Trasal-
ba relatou a súa primeira experiencia nas
Queridísima mamá,
aulas da universidade compostelá: “Entrei
polo craustro facéndome o indiferente. Esta-
Acabo de regresar de la Universidad, donde asistí á clases por vez
primera15. Hablé con todos los profesores que me pusieron en lista
y por consiguiente me preguntarán en estos días. El de Historia Fernández Salgado16 me preguntó si era pariente de D. Manuel Pedrayo, muerto en Conjo. Todos los alumnos á quien preguntaron contestaron bastante mal. Tengo la primera clase de Historia de España
á las 8 1/2 la lección á las 10 de Lógica y la última á las doce de
Literatura, las ponen respectivamente Fernández Salgado, viejo de
toga y voz muy débil, la segunda otro viejete muy feo, Fernández
Pereiro17 y la ultima Cotarelo y Valledor18, joven que habla muy
bien. La Universidad es un buen edificio con clases cómodas y buen
claustro, pero está en una plazuela muy estrecha, y el piso superior
que recientemente19 le añadieron, es feo.
Esta mañana oí misa en la catedral desde el pórtico de la gloria
junto al santo de los croques. Uno de estos días haré la matrícula.
Me extraña mucho que me digas que á las seis de la tarde del día
1º, no hubieras recibido el telegrama que puse el mismo día á eso de
las diez. La noche en que llegué no lo pude hacer por ser limitada la
estación telegráfica. Tengo mucho que hacer, y copiar apuntes. Dale
mil abrazos a Mamá Vicenta, estate tranquila por mi, no te aflijas y
cuídate. Recibe el corazón de tu hijito que se acuerda mucho de ti.
ban na clase de Lóxica. Seguindo o costume
do Instituto, abrindo a porta dixen: “¿Se
puede pasar?” Unha risa xeneral acolleume.
Había dúas fiadas de postos ocupados. Senteime atrás diles”. Op. cit., p. 78.
16
Aínda que aquí o cita como Fernández, o
verdadeiro apelido do profesor era González
tal e como se recolle en Grial 19, p. 80, cando
del nos conta que era “Un señor fino, gris, din
que bó abogado, home de pequenos contentares, González Salgado —auxiliar, despóixa,
e penso que non por moito tempo, catedrático— daba o curso, cincento de tópicos, da
Historia de España”.
17
Modesto Fernández Pereiro era en 1905
Decano de Filosofía e Letras na Universidade
de Santiago de Compostela. Cóntanos don
Ramón que o profesor era: “un vello enrugado, miudo, tipo ourizo, cara antiga de retrato
de ‘moderado’, falaba dun xeito canso, durmiñón, sobre as figuras do siloxísmo e ninguén
lle daba créto” dúas páxinas máis adiante di
Ramón
Santiago 3-Mayo
que “Decorreron como contas siloxísticas, co
lápis de tendeiro no papel de estraza da lóxica escolástica rebaixada a arte menor do
senso común, unhas leiciós de Fernando
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Pereiro”. Op. cit., p. 78.
18
Queridísima mamacita,
Armando Cotarelo Valledor (1879-1950).
Son moitas as ocasións nas que o patriarca
escribe sobre o que sen dúbida foi un dos
Me causó mucha alegría tu carta, me acuerdo mucho de ti que has
de pasar días tristes0 no lo estés. Desde el otro día que te escribí
apenas salí á ver nada; desde las 8 1/2 á la 1 tengo clases, y al anochecer salgo á pasear por los soportales de la Rúa de Villar. El tiempo está seco, pero frío así es que yo no apeo el gabán de encima.
No estés intranquila que me encuentro bien, pero tengo mucho
que trabajar sobre todo en clase de Literatura donde el profesor va
estar feroz con nosotros los libres.
Dime lo que sepas de mamá Vicenta, si está buena. Me parece
que no ha de hacerlo mal el nuevo encargado.
Uno de éstos días voy hacer la matrícula. Hoy le escribo á Vicente, que vaya á la Secretaría del Instituto á sacarme una certificación
que me tienes que mandar.
Como éste tiempo está así, no hago gabán de verano que resulta completamente inutil.
Acaba de marchar Eladio, que vino á verme despues de comer.
El domingo, lunes y martes20 no habrá clases con motivo del centenario del “Quijote,, Creo que el Claustro de la Universidad celebra un acto acádemico hablando varios profesores. De suerte que
no me quedan mas que algunos días de clases.
Mis compañeros de oficial, están en un estado deplorable pero
todos aprobarán probablemente. Hay varios de la provincia de
Orense, entre ellos un primo de Benito Ulloa.
78
seus profesores favoritos. En “Mis maestros
universitarios”, separata de Homenaje a don
Ramón Carande, Sociedad de Estudios y
Publicaciones, 1963, p. 5, fai unha ampla
semblanza de Armando Cotarelo Valledor e di:
“Recuerdo con emoción, las lecciones, bien
pocas, muy doctas y ricas en citas, paralelismo y contactos de don Armando Cotarelo
Valledor, con el tiempo mi grande y respetado amigo. Era su primer curso de profesorado. Recomendaba el Manual de Gramática
Histórica de don Ramón Menéndez Pidal,
entonces delgado libro […] Cotarelo trataba
con sumo regalo a doña Carolina Michäelis,
daba largos paseos en bicicleta, llegando
hasta Pontevedra, vestía con cierta elegancia, era el catedrático esperanza […]. Su predilección por las letras gallegas se manifestaba en los terminos y preguntas de un
curioso y certero programa que conservo”.
19
As reformas emprendidas por unha iniciati-
va de Eugenio Montero Ríos leváronse a cabo
entre 1894 e 1904.
No te escribo mas, que tengo que copiar apuntes. Cuídate
mucho, cóme bien y no estés triste, que yo me acuerdo mucho de
ti y ésta ausencia es corta. Muchos recuerdos de Eladio. Dáselos
míos a la tía Lucila y familia. Un millón de besos á mamá Vicenta,
y tu recibe el corazón de tu hijo que te quiere mucho.
Ramón
Santiago, 5-V-1905
Sr. D. Eladia Pedrayo y Dña Vicenta Sotelo
Queridísimas mamás,
Otero nunha fotografía de Samaniego
20
Refírese aos días 7, 8 e 9. Segundo El Eco
de Santiago os actos de celebración do terceiro centenario da publicación do Quixote
remataron a noite do mércores 10 de maio. El
Eco de Santiago, 10-V-1905.
21
“Un catedrático do Instituto, Ruano, que
disfroitóu de algunha sona, díu a nota patriotica berrando descontra Napoleón, non séi
ben por qué”. “Desvelamento de Santiago”, p.
Estoy bien y sigo estudiando mucho, ayer fui á tomar medida de las
botas a casa de Carreira. Hoy á las 12 hubo con motivo del Centenario gran solemnidad literaria en el patio de la Universidad, asistiendo todo el claustro de toga y muceta, leyendo discursos Cotarelo, un profesor del Instituto, muy buen orador, Ruano21, Barcia
Caballero22 y Troncoso23, y leyendo una intencionada y graciosa
poesía el profesor de alemán24.
Ya conozco bastante bien los principales edificios de Santiago.
Hoy al salir de misa de la basílica visité el Hospital Real que es de
los edificios de mas mérito. Vi tambien el claustro de Fonseca y
muchos detalles de la Catedral en que no me había fijado antes.
Anteayer encontré en la calle de Gelmirez á Cimadevila, que
tiene un buen comercio en la Azabachería, ó mejor dicho en la
plaza de la Inmaculada. Me dio muchos recuerdos.
Cuidarse mucho y no estar tristes, darle muchos recuerdos á Ignacio25 y al Sr. Abad26 y reciban el corazón de su hijo que las quiere.
80.
22
Juan Barcía Caballero (1852-1926). Coñeci-
do psiquiatra e escritor, entrou a traballar no
Santiago, 7-V-1905
Ramón
manicomio de Conxo pouco despois da súa
inauguración. Establecemento que chegou a
dirixir. Desde 1895 era catedrático de Anato-
Sra Dña Eladia Pedrayo y Dña Vicenta Sotelo
mía. Autor de numerosas obras entre as que
destaca De re phrenopática (1915). Como
Queridísimas mamás,
curiosidade sinalar que foi un dos introdutores en España da obra de Fernando Pessoa.
23
Cleto Troncoso y Pequeño, en 1905 vice-
rrector da Universidade de Santiago. Presidiu
o acto académico que segundo El Eco de Santiago, se celebrou no claustro da Universidade o día 7 de maio de 1905, ás 12 da mañá,
dentro dos actos conmemorativos do terceiro
centenario da publicación do Quixote.
24
Fernández Vahamonde era “un profesor de ale-
mán europeizante e humorista, inxerto de Ma-
No estén intranquilas por mí que estoy contento de haber venido.
Hoy hubo gran procesión cívica27 en honor de Cervantes compuesta de todas las facultades con estandartes y coronas, escuelas
ect. Salió de la Universidad y desfiló ante un busto de Cervantes
levantado en la plaza del Hospital que presentaba un golpe de vista
hermoso. Yo estuve con Eladio en un balcon del Ayuntamiento
desde el cual vimos todo muy bien. Luego hubo (hoy) un rosal y
bálsamo.
Adios queridísimas, recuerdos á todos, beso los pies á esas traviesas señoritas y reciban el corazon de su hijo que tanto las quiere.
nuel del Palacio, inxenieiro e xiróvago estudiante do Mittel Europa, abríu na calcada
máquina de vapor a espita e chifro do humo-
Ramón
Santiago, 9-V-1905
rismo, facendo rir co Sancho Paza político do
momento”. Op. cit., p. 80.
25
Este Ignacio é seguramente Ignacio Hermi-
lla, o criado de confianza da casa familiar de
Trasalba ao que Pedrayo fai protagonista dun
P. D. A mamá Vicenta, que Casimiro28 me preguntó por ella con
gran interés.
Decirme si preguntan por el vino, me parece que pasa muy tarde
y que tal está todo.
79
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Queridísima mamá,
Ayer domingo recibí tu carta que como siempre me causó gran placer.
Fui á misa á la Catedral y despues a probar las botas que hoy me
mandarán. Anteayer se pegó un tiro un comandante de infantería
frente al hospital Real29. Desde que vine van dos muertos.
Hace viento éstos días. Ayer no se podía andar materialmente
por las calles; mi sombrero corrió mas de ocho metros por la calle
de Gelmirez abajo á impulsos del vendabal. Por lo tanto he vuelto
á sacar el gabán. Hoy está mejor día.
Nada tengo que contaros. Conozco bien el pueblo pero no
tengo tiempo para visitar con detenimiento el interior de conventos é iglesias como fuera mi deseo.
Tengo mucho que estudiar pero si me comparo con la mayoría
de los de oficial, estoy cien mil veces mejor que ellos. Pero hay la
diferencia que lo que a los oficiales les basta para nota, á los libres
nos ha de hacer buena falta para aprobar. Enfin yo voy haciendo lo
que puedo y creo que no saldré mal de la aventura.
Una de las escenas mas animadas de éste pueblo tan silencioso,
es el mercado que está detrás de la Universidad: así es que voy á
pasear por allí entre clases. Se venden además de comestibles telas y
otras muchas cosas, y se arman con frecuencia las grandes peloteras.
Aquí los paisanos andan de calzón y pantorrilla al aire y las
mujeres de saya corta y dengue muchas. Un paisano de Trasalba
parece un señorito, comparado con éstos.
Cuidarse mucho, me acuerdo mucho de vosotros. Mil abrazos á
mamá Vicenta, recuerdos á Ignacio, y al Cura, sin olvidar á esas
pollas, y recibe queridísima mamá el corazón de tu hijo que te
adora.
dos capítulos do Libro dos amigos e dun artigo titulado “O señor Tinancio”, publicado en
Mundo Gallego. Buenos Aires, ano I, núm. 1,
outubro de 1951. Ademais o señor Tinancio
converterase con frecuencia nun personaxe
literario na obra do escritor ourensán.
26
Na altura era párroco de Trasalba Severino
Bermello Novoa, foino entre 1902 e 1944, ano
no que faleceu aos 86 anos de idade. En 1905
ten, polo tanto, 47 anos. Del dirá Otero
Pedrayo que lle chamaban “o vello carlista de
Trasalba” e que era de “xenio pronto, fe relixiosa de neno, ou de avó, espírito de cada un
o seu, dos mellores no canto da Igrexa […]
Ramón
Santiago, 15 de Mayo de 1905
tivo o seu pasamento despoixa de moito
sufrir”. Libro dos amigos.
27
P. D. ¿Iré visitar á la Sra de Amor, que veo á Miguel mucho?
O alcalde da cidade, Lino Torre y Somoza,
convoca nun bando municipal, datado o día
anterior, unha procesión cívica dentro dos
actos da homenaxe a Cervantes. A longa
Sra Dña Eladia Pedrayo
Trasalva
comitiva partiu da Universidade ás nove da
mañá do día 9, percorrendo entre balcóns
engalanados e numeroso público as rúas da
Queridísima mamá,
Caldereiría, Preguntoiro, Conga, rúa Nova,
Toural e rúa do Vilar, para rematar o seu per-
Acabo de leer tu carta del 15 del corriente y me alegraré que le haya
gustado el pipirete al Illmo Sr. Pastor de Orense cuya pastoral amatista beso respetuosamente30. Dime cuanto tiempo pasó y si estuvo
en casa. El arzobispo de aquí tambien anda de visita y no le he
visto31.
Hoy no tuvimos clase por ser cumpleaños del Rey32; ayer me
preguntó el profesor de Historia, le contesté bien y creo que esto me
será util para los exámenes.
Por aquí el tiempo está hermoso y empieza á notarse algo de
calor, hoy estreno y pagué las botas, veinte pesetas. La corbata una
y los pañuelos del bolsillo seis, media docena.
Hoy recibí una copia del acta de nacimiento que mandé sacar á
Juan. Por lo tanto, cuando vaya propio á Orense mándale pregun-
80
corrido na daquelas Praza de Afonso XII. Despois houbo unha misa na igrexa de San Martiño oficiada polo catedrático de Teoloxía,
Valentín Villanueva Ribas. Presidían o acto,
ademais do alcalde, o comandante militar,
señor Elola, o tenente alcalde, señor Pereiro,
o reitor da Universidade, señor Gil, e o xuíz de
Primeira Instancia, señor Carmena. El Eco de
Santiago, 10-V-1905.
28
Casimiro Martínez, curmán de Eladio.
Segundo nos conta Antón Fraguas en “Don
Ramón nas rúas composteláns”, artigo recollido no libro Nuestro amigo Otero Pedrayo,
Comitiva fúnebre de Eladia Pelayo o día 5 de febreiro de 1947
Vigo, Zero-ZYX, 1979: “Chegou a ser catedrático de Patoloxía, poucos anos porque a morte
veu cedo a buscalo”, p. 116.
29
Recolle a noticia El Eco de Santiago do 13
de maio de 1905. O suicida chámabase Rosendo Álvarez, disparouse na sen dereita no
espolón do Hospital, faleceu aos poucos instantes. O xornal atribúe o sucedido a unha
enfermidade crónica que facía que o defunto
experimentase fortes dores.
30
Na altura era bispo de Ourense Eustaquio
Ilundain y Esteban. Foino entre 1904 e 1921.
31
José Martín de Herrera y de la Iglesia, arce-
bispo de Santiago de Compostela entre 1889
e 1921.
32
Afonso XIII cumpre 19 anos.
33
Enrique Otero Sotelo, pai de Ramón Otero
Pedrayo, morreu o 28 de maio de 1904 na súa
casa de rúa da Paz, ás 19 horas, de insuficiencia hepática. Tiña 55 anos.
34
Parece pouco probábel que se trate de Artu-
ro Noguerol Buján, cofundador da revista La
Centuria e compañeiro de Pedrayo en Nós,
tar qué le costó y abonáselo. Acuerdate de pagarle lo que costó á
Vicente la certificación del Instituto; si no lo has hecho.
Yo estoy bien y no tengas pena por mi, como y duermo bien y
me acuerdo mucho de ti y de mamá Vicenta. Parece imposible que
luego haga un año que nos faltó el pobriño papa33.
Cuidarse mucho y no estar tristes. Le escribí á Noguerol34 hace
unos días y supongo que habrá hecho lo que le encargaba.
Conozco perfectamente á Santiago, que en muchas cosas parece
una ciudad de la Edad Media. Estas noches de luna no enciende el
Ayuntamiento los faroles de las calles por economía. Así es que
cuando me asomo despues de cenar, el pueblo presenta un romántico aspecto.
Hay hermosas tiendas especialmente joyerías muy lujosas,
donde exhiben trabajos de plata labrada. A las ocho de la mañana
apenas se halla gente por las calles. Hay un número extraordinario
de novios, delante de casa, parten los corazones la hija de un
comandante cuya mujer creo que es cuñada de Casimiro Martínez,
y uno que creo que es estudiante de Medicina.
Se ven muchos orensanos, se marchó de ésta casa la Sra de Tuy
que estuvo hasta aquí y han venido dos de Vigo muy recortadas.
Muchos recuerdos al Cura, Ignacio y niñas, mil abrazos a mamá
Vicenta que se cuide mucho, y recibe queridísima mamá el corazón
de tu hijo que tanto te quiere.
este Noguerol ten en 1905 apenas 13 anos.
35
Os exames de ensino libre nos centros ofi-
ciais comezaron o 2 de xuño. O día 19 de
Ramón
Santiago, 17-Mayo-1905
xuño saen en El Eco de Santiago os premios
das distintas facultades da Universidade compostelá. Aínda que non sabemos exactamente
P. D. Me parece que nos vamos á quedar con el vino en la bodega.
Dime qué tal lo hace Casimiro.
que día marchou Otero de Santiago, tal e
como el relata nesta carta, parece moi pouco
Recuerdos de Eladio.
probábel que o fixese antes do luns, 6 de
xuño.
81
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Trasalba
Queridísima mamaciña,
Me examinaré los días 2, 5 y 6 de Junio35, el primero de todos los
de libre por tener el premio del grado y las matrículas gratis36. No
estoy abatido como me dices y me acuerdo mucho de ti. Estáte
tranquila por mí, que esto luego pasa; me faltan solo 18 días que
son un momento. Me cuidan bien tenemos fresas en vino alguna
vez y dulce siempre. Por eso no hay cuidado.
Estos días poco he salido porque ando muy ocupado y de aquí
á los exámenes estaré mas aun. Ayer le escribí á Juán pidíendole una
certificación de bautismo que ha de sacar en el Juzgado municipal.
Compré los pañuelos y corbata y ahora voy á clase. Adiós que es
tarde. Muchos abrazos á mamá Vicenta, recuerdos á todos y recibe
el corazón de tu hijito que te quiere muchísimo.
Ramón
Santiago, 19-V-1905
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Santiago, 19 Mayo de 1905
Queridísima mamá,
Vengo de clase de Literatura Española, Cotarelo preguntó hoy ultimo día de clase á los libres, yo le contesté muy bien. Con ésto ya
me lo han preguntado en todas las clases.
No estés intranquila por mi indumentaria, no hago el gabán
por que no hace falta para nada y sería gastar inútilmente el dinero. El tiempo está hermoso, hasta caliente. No te inquietes tampoco por si enfermo de estudiar, como bien y duermo tranquilamente como siempre. Ya iré uno de éstos días a visitar esas
señoras.
Tu si que llevas mucho trabajo, no te incomodes y cuidate como
tambien de mama Vicenta. Dime como está el asunto del criado, si
sabes de alguno.
No me agrada que traigan el dinero, no sé donde lo vamos meter
de manera que produzca.
No tengo nada interesante que contarte. Ayer vi á Eladio que
tambien anda muy apurado. Aquí se habla mucho de un duelo
que se hubo de verificar entre el director de la “Gaceta de Galicia”
y un auxiliar de Derecho, pero el juez antes que se batieran les echó
el guante y los metió en la cárcel37.
Mañana empiezan los exámenes de los alumnos oficiales, que
serán muy benignos probablemente.
Fui varios de estos días á misa á la Catedral, á las siete. Anteayer
fui de paseo á ver el país por la carretera de Coruña, no se ven mas
que carrascales, monte bajo y algun pinar. El país aquí es serio y
adusto, pero los valles de los ríos son bonitos y pintorescos.
Están llamando á comer, continuaré despues la carta.
Vengo de comer; acuerdate de pagar eso a Juan y Vicente si no
lo has hecho.
Me preguntas si engordé, yo no soy muy inteligente en ésta clase
de apreciaciones pero creo hallarme bien.
82
36
Polo boletín de cualificacións de Otero
Pedrayo do ano 1904, gardado no arquivo do
actual IES Otero Pedrayo da cidade das Burgas, sabemos que o 30 de setembro dese ano
obtivo o premio extraordinario do grao de
bacharel na sección de letras.
37
A noticia recóllea El Eco de Santiago do día
16 de maio. A versión deste xornal difire lixeiramente da de Pedrayo, fala de catro mozos,
membros do Casino, que entraron na redacción da Gaceta e comezaron a discutir co
director, Fernández Tafall,e a andar a labazadas, armando gran liorta.
Dale muchos recuerdos al Sr. Abad, á Ignacio y criados á esas
cuñaditas si les gustan las fresas y recibe con mamá Vicenta el corazon de tu hijiño que te quiere mucho, mucho, mucho.
Ramón
Sra Dña Eladia Pedrayo Ansoar
Santiago 21 de Mayo de 1905
Queridísima mamá de mi alma,
Dona Eladia na solaina do pazo de Trasalba
Ayer sábado comenzaron los exámenes de enseñanza oficial; hubo
en la Facultad de Derecho un número enorme de sobresalientes y
notables, y ningún suspenso. Dicen que éste año están los catedráticos muy benignos, pero seguramente ésta benevolencia será solo
para los oficiales. Me volvió á preguntar González Salgado y creo
que éstas conferencias me servirán para exámenes. Por eso me alegro de haber venido.
No tengo nada notable que contarles. Los orensanos estudiantes
de Ciencias se han portado brillantemente en los exámenes y han
llevado las mejores notas.
El tiempo está hermoso.
Queridas mamás38,
Otero Pedrayo nunha fotografía
de José Pacheco
Antes de llevar al correo la carta le añado ésta hoja mas. En Lógica
é Historia tengo casi la seguridad de aprobar. En Lengua y Literatura tengo mas miedo, por algunas lecciones que son de apuntes
pero haré lo posible39. Fué muy bien que hubiera venido, conozco
ahora los profesores y voy a examinarme sin turbación. Mis compañeros de oficial no saben nada bien. En las asignaturas equivalentes del Instituto los peores sabían mas que éstos: es que en el preparatorio como acaban todos de salir del Instituto se creen grandes
cosas y no estudian letra.
Santiago es vida doblemente pueblo triste, y sin el elemento
estudiantil lo sería doble, pero yo no lo encuentro tan malo cómo
dicen.
Adios; recuerdos a todos, cuidaros y reciban el corazón de su
hijo que las quiere mucho, mucho, mucho,
Ramón
38
Esta carta é a única desta serie que non ten
data. Polo contido dedúcese que é posterior
PD La primavera aquí la encuentro muy atrasada, sigue el tiempo
algo frío pero seco.
ao 21 de maio.
39
Como el mesmo nos conta en “Desvelamen-
to de Santiago”, p. 82: “Eu fun dos ben pouquiños aprobados, sin califiaciós de brilo.
Sabía ben a Historia de España, co pular e o
razoar dos historiadores liberás, e priguiceiramente a Lóxica; choutando, como paxaro
namorado do azul outos ramos, á Literatura,
con esquecimento de beiras e emparreados
coidadeiños no decorrer das augas craras”.
83
Descargar