B.O.P. DE 06/07/2016

Anuncio
MIÉRCOLES, 6 DE JULIO DE 2016
Nº 154
CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE TRES POSTOS DE TRABALLO.
-Posto: tres conductores do camión motobomba.
-Especialidade: conductores do camión motobomba do Concello na realización das labouras esixidas no
Convenio asinado coa Xunta de Galicia que financia os postos , grupo de cotización 10.
-Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.
-Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración aproximada de tres meses.
-Requisitos: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño dos devanditos postos, estar
en posesión de carnet de conducir que lle habilite para a conducción de camión motobomba, ademáis dos
esixidos con carácter xeral na legislación vixente.
-Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo.
-Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal
do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010.
-Data de realización da entrevista a que se refiren as bases : 14 de xullo de 2016, as 9:00 horas.
-Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración de tres meses.
-Tribunal cualificador: a Técnico de Xestión de Administración Xeral, O Axudante de Servicios Múltiples e o
Operario Conductor.
Baleira, 04 de xullo do 2016.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 2015
Anuncio
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE UN POSTO DE TRABALLO.
- Posto: Un Operario de desbroces.
-Especialidade: Un operario-conductor de maquinaria forestal con motor, grupo de cotización 10.
-Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.
-Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración aproximada de tres meses,
podendo prorrogarse por necesidades do servizo.
-Requisitos: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño do devandito posto, estar en
posesión de carnet de conducir que lle habilite para o manexo de tractor con desbrozadora, ademáis dos
esixidos con carácter xeral na legislación vixente.
-Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal
do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010.
-Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo.
-Data de realización da entrevista á que se refiren as bases : 14 de xullo de 2016, as 10:00 horas.
2
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
-Tribunal cualificador: a Técnico de Xestión de Administración Xeral, O Axudante de Servicios Múltiples e o
Aguacil-Celador de obras e servicios.
Baleira, 04 de xullo de 2016.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 2016
Anuncio
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE CINCO POSTOS DE TRABALLO, PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN
E EXTINCIÓN DE INCENDIOS.
-
Postos: Un Xefe de Brigada, Un péon- conductor e tres peóns de brigada.
-
Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.
-
Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración aproximada de tres meses.
-
Requisitos:
.O Xefe de Brigada: Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro
Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en
traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Estar en posesión do
carné de conducir B, ademáis dos requisitos esixidos con carácter xeral na legislación vixente.
.O Peón Conductor: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño do posto, estar en
posesión do carné de conducir B, ademáis dos requisitos esixidos con carácter xeral na lexislación vixente.
.Os Peóns de Brigada: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño dos postos de
traballo, ademáis dos esixidos con carácter xeral na lexislación vixente.
-Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal
do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010.
-Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo.
-Data de realización da entrevista a que se refiren as bases : 14 de xullo do 2016 as 12:00 horas.
-Tribunal cualificador: a Técnico de Xestión de Administración Xeral, O Axudante de Servicios Múltiples e o
Alguacil-Celador de obras e servicios.
Baleira, 04 de xullo de 2016.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 2017
GUITIRIZ
Aprobación definitiva do expediente de Crédito Extraordinario.
Rematado o prazo de exposición ao público do acordo adoptado polo Pleno da Corporación na sesión
celebrada o 09/06/2016 no que se aprobou inicialmente o expediente de Crédito Extraordinario nº 1/2016 sen
que se presentasen reclamación algunha contra o mesmo, enténdese elevado a definitivo, conforme ao disposto
no artigo 177.2 en relación co 169 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real
decreto lexislativo 2/2004.
En consecuencia e segundo dispón o artigo 169.3 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais,
faise público o resumo por capítulos dos estados de gastos e ingresos trala aprobación definitiva do dito
expedientes:
Capítulo
1
2
3
4
5
6
7
GASTOS
Consignación
Inicial
1.897.329,27
1.356.150,00
6.200,00
73.000,00
263.214,51
Modificacións
272.162,02
268.883,27
0,00
2.000,00
62.398,37
200.000,00
Consignación
Definitiva
2.169.491,29
1.625.033,27
6.200,00
75.000,00
0,00
325.612,88
200.000,00
INGRESOS
Previsión
Inicial
1.090.704,40
23.000,00
546.700,00
1.724.618,67
500,00
0,00
210.370,71
Modificacións
0,00
0,00
0,00
442.332,89
0,00
0,00
49.000,00
Previsión
Devinitiva
1.090.704,40
23.000,00
546.700,00
2.166.951,56
500,00
0,00
259.370,71
3
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
8
9
TOTAL
12.500,00
0,00
3.608.393,78
805.443,66
12.500,00
0,00
4.413.837,44
12.500,00
0,00
3.608.393,78
B.O.P de Lugo
314.110,77
0,00
805.443,66
326.610,77
0,00
4.413.837,44
Guitiriz, 1 de xullo de 2016.- A ALCALDESA, Regina Polín Rodríguez.
R. 1993
LÁNCARA
Anuncio
De conformidade co decreto de 1 de xullo faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral
temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e condutores de vehículo
motobomba, no marco do “Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello
de Láncara para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de
medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento
Rural”:
Dous xefes de brigada.
Dous peóns condutores
Seis peóns
Tres condutores de VMB
A convocatoria e as bases aprobadas están colgadas na páxina web do Concello de Láncara na seguinte
dirección www.concellodelancara.com.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais contados a partir do seguinte á data de
publicación.
A Pobra de San Xiao (Láncara), 1 de xullo de 2016.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López
R. 1991
MONDOÑEDO
Anuncio
EXPOSICION O PUBLICO E RECADACION DE IMPOSTOS
A Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do 22 de Xuño aprobou o
RECOLLIDA DO LIXO DO 3º BIMESTRE DO 2016.
Padrón
da TAXA POR
De conformidade co establecido na Lei Xeral Tributaria e nas Ordenanzas Municipais reguladoras, EXPONSE
AO PUBLICO o devandito padrón para que as persoas interesadas, no PRAZO DE QUINCE DIAS contados a partires
do anuncio no B.O.P., poidan examinalo e formularen as reclamacións que estimen oportunas.
Asemade, faise saber que as taxas obxecto deste anuncio estarán ó cobro en PERIODO VOLUNTARIO na
oficina de Recadación Municipal, sita na Casa Consistorial, de luns a venres, dende o día 1 de Xullo ó 31 de
Agosto, en días hábiles.
Rematado o prazo en período voluntario os recibos non pagados serán cargados aos Servicios de Recadación
da Excma. Diputación Provincial de Lugo para a súa exacción pola vía de constrinximento cos recargos e demais
conceptos esixibles (intereses, costas, etc.) de conformidade co disposto no artg. 97 e seguintes do R.X. de
Recadación.
Mondoñedo, 23 de Xuño do 2016.- A Alcaldesa,
R. 1962
AS NOGAIS
Anuncio
En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local, faise
público que por resolución da Alcaldía de data 27/06/2016 aprobáronse as “BASES PARA A CONTRATACIÓN
4
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
DUN TRACTORISTA-DESBROZADOR, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE
INCENDIOS, 2016 MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO DE VALORACIÓN DE MÉRITOS”.
Ábrese un período de presentación de instancias de cinco (3) días hábiles a contar dende o seguinte ao da
publicación do presente Anuncio no B.O.P de Lugo.
O texto íntegro da citada Resolución de Alcaldía e as Bases poderán consultarse no taboleiro de anuncios do
concello e na páxina web (www.concelloasnogais.es)
En As Nogais, a 04/7/2016.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz
R. 2011
OUROL
Anuncio
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión extraordinaria celebrada o día 9 de xuño de 2016,
prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal correspondente ao mes de MAIO de 2016 do Servizo de Axuda no
Fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia por importe de dous mil novecentos trinta e seis
euros con catorce céntimos (2.936,14 €).
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento
dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a
partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser
examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se,
transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade con artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de
reposición perante o Sr. Alcalde–Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao
do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá
interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei
Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles
adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición
nas oficinas municipais para efectuar o pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de
cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da
referida Lei xeral tributaria.
Ourol, 22 de xuño de 2016.- O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba
R. 1964
OUROL
Anuncio
De conformidade co disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais,
aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, faise público o resumo por capítulos do
orzamento xeral do concello do exercicio 2016, unha vez incorporado o expediente de modificación,
suplemento de crédito/crédito extraordinario. O expediente foi aprobado provisionalmente en sesión plenaria
extraordinária de data trinta de maio de dous mil dezaseis sen que se presentase ningunha reclamación dentro
do prazo de exposición ao público.
ESTADO DE GASTOS
Operacións correntes
Capítulo Denominación
1º.-
Gastos de persoal
Importe ant.
816.750,00 €
Modificación
0,00 €
Importe actual
816.750,00 €
5
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
2º.- Gastos correntes en bens e servizos 531.750,00 €
3º.- Gastos financeiros
4º.- Transferencias correntes
B.O.P de Lugo
35.074,64€
566.824,64 €
0,00€
0,00 €
0,00 €
34.000,00 €
0,00 €
34.000,00 €
Operacións de capital
6º.- Investimentos reais
25.500,00€
14.409,83 €
0,00 €
0,00 €
0,00 €
8º.- Activos financeiros
2.000,00 €
0,00 €
2.000,00 €
9º.- Pasivos financeiros
0,00 €
0,00 €
0,00€
7º.- Transferencias de capital
39.909,83 €
IMPORTE TOTAL DA MODIFICACIÓN: 49.484,47 €
Segundo dispón o artigo 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo en relación co artigo 169
do mesmo Real Decreto, contra este expediente poderá interporse directamente recurso contenciosoadministrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia.
Ourol, vinte e oito de xuño de dous mil dezaseis.- O Alcalde-Presidente, José Luis Pajón Camba
R. 1965
O PÁRAMO
Anuncio
Aprobado inicialmente o proxecto de obras para afirmado elemental das pistas rurais de Adai a Mámoa, de
Laxe a Reboreda e de Pozo a Pacios, por Resolución de Alcaldía con data 28 de xuño de 2016, sométese a
información pública polo prazo de 15 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio
no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Durante o prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se
formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
En O Páramo, a 28 de xuño de 2016.- EL ALCALDE, P.D., a 1ª Tte. Alcalde (Decreto 23/05/2016) Fdoº.Begoña González López
R. 1967
RÁBADE
Anuncio
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica do Poder Xudicial e a Lei de Planta e Demarcación Xudicial faise
pública a convocatoria para provisión do cargo de Xuiz de Paz Substituto no municipio de Rábade.
Condicións legais dos solicitantes.- Ser español, maior de idade e non estar incurso nas causas de
incapacidade sinaladas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Presentación das solicitudes.- Os interesados presentarán instancias no rexistro do Concello, no prazo de
quince días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no B.O.P.
Achegarán ás solicitudes.- Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I., certificación do
Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de conducta á que fai referencia o art. 2
da Lei 68/80 e xustificante dos méritos alegados polo solicitante.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.
Rábade, 29 de xuño de 2016.- O Alcalde, Francisco José Fernández Montes
R. 1968
6
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
VILALBA
Anuncio
Corrección de error
Visto el anuncio publicado en el BOP nº 149 de 30/06/2016 sobre la “convocatoria del procedemiento
abierto para la adjudicación del contrato de servicios de conserjería, limpieza y mantemiento básico de los
colegios de Monseivane en Moreda-Lanzós, Castelao de Belesar, Terra Chá de Román, Insua Bermúdez,
Mato Vizoso y Educación Infantil de Vilalba”, donde figura, en su apartado 2.e), “Plazo de ejecución/entrega:4
años + 1 de prórroga”, debe figurar “Plazo de ejecución/entrega: 1 año”, por lo que se procede a su corrección
mediante la inserción del presente anuncio en el BOP, no afectando ésta a los plazos del procedimiento, por no
tener carácter sustancial.
Vilalba, 1/06/2016.- O alcalde. Gerardo Criado Guizán
R. 1994
XOVE
Anuncio
Faise público que con data 27 de xuño de 2.016 formalizouse contrato de obra de MELLORA DE CAMIÑOS EN
XOVE, o que se publica aos efectos do artigo 154 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o
Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
1.- Entidade Adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Xove.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención
c) Nº de expediente: OBR01/16
d) Dirección de Internet do Perfil de Contratante: www.xove.es
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato administrativo de obras
b) Descrición: Mellora de camiños en Xove
d) CPV: 45233140-2 Obras viais
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da Provincia
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 02/05/2016
3.- Tramitación e procedemento:
a)Tramitación: Ordinaria
b)Procedemento: Aberto
4.- Orzamento base de licitación: Importe neto: 194.433,63 euros. IVE (21%): 40.381,06 euros. Importe total:
235.264,69 euros.
5.- Adxudicación:
a) Data: 21 de xuño de 2016
b) Contratista: Taboada y Ramos, S.L.
c) Importe: 145.300,00. IVE (10%): 30.513,00 euros. Importe total: 175.813,00 euros.
Xove a 27 de xuño de 2016.- O ALCALDE, J. Demetrio Salgueiro Rapa
R. 1969
Anuncio
Faise público que por acordo do Concello Pleno de data 16 de xuño de 2.016 aprobáronse o Prego de
Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas que rexerán na contratación mediante
7
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
procedemento aberto, tramitación ordinaria, oferta económicamente máis vantaxosa, varios criterios de
adxudicación para a contratación da prestación do servizo de “AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE XOVE”.
Polo presente anuncio e de acordo co previsto no artigo 142 do RD 3/2011, de 14 de novembro, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, faise licitación pública do contrato de
referencia, coas características que a seguir se relacionan:
1.- Entidade Adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención de información:
a) Organismo: Concello de Xove.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención
c)Obtención de documentación e información:
1.- Dependencia: Secretaría ou Intervención Municipal
2.- Domicilio: Camiño real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870 Xove (Lugo)
4.- Teléfono: 982.59.20.01
5.- Telefax: 982.59.21.54
6.- Correo electrónico: [email protected]; [email protected]
7.- Dirección de Internet de perfil de contratante: www.xove.es
8.- Data límite de obtención de documentación e información: Ata o 20/07/2016 ás 14.30.
d) Número de expediente: SERV02/16
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato administrativo de servizos
b) Descrición: “SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE XOVE”.
c) Lugar de execución/ entrega:
1.- Domicilio: Casa do Concello; Camiño Real, s/n
2.- Localidade e Código Postal: 27870 Xove (Lugo)
e) Prazo de execución: 4 anos a contar desde a sinatura da Acta de Inicio da prestación do servizo
f) Admisión de prórroga: Sí
g) CPV: 85312000-9 Servizos de asistencia social sen aloxamento
3.- Tramitación e procedemento:
a)Tramitación: Ordinaria
b)Procedemento: Aberto
c) Subasta electrónica: Non
d) Criterios de adxudicación:
-Prezo ofertado en hora ordinaria: Ata 65 puntos
-Prezo ofertado en hora de domingo e festiva: Ata 5 puntos
-Valoración de melloras ofertadas: Ata 12 puntos
-Valoración do proxecto técnico: Ata 8 puntos
4.- Orzamento base de licitación:
a) Importe neto/hora ordinaria: 14,00 €/hora. IVE (4%): 0,56 €/hora; Importe total por hora ordinaria: 14,56
€/hora
b) Importe neto/hora en domingo e festiva: 14,50 €/hora. IVE (4%): 0,58; Importe total por hora en domingo
e festivo: 15,08 €/hora.
5.- Garantías esixidas: Provisional: Non se esixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, con exclusión do
IVE. Complementaria en caso de oferta desproporcionada: 5%
6.- Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: Non procede
8
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
b) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: A esixida no Prego de Cláusulas
Administrativas (Cláusula 26)
c) Outros requisitos específicos: Non
7.- Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 02/08/2016.
b) Hora límite: 14.30 horas
c) Lugar de presentación:
1.- Dependencia: Rexistro Xeral da Casa do Concello
2.- Domicilio: Rúa Camiño Real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870; Xove (Lugo)
4.- Fax: 982.59.21.54
d) Admisión de variantes: Non
e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: Ata a adxudicación do contrato.
8.- Apertura de ofertas:
a) Dirección: Casa do Concello-Salón de Plenos
b) Localidade e Código Postal: 27870, Xove (Lugo)
c) Data e hora: Comunicaranse previamente a través do Perfil de Contratante do Concello de Xove
9.- Gastos de publicidade: Por conta do contratista adxudicatario, que deberá aboar tanto os gastos do
anuncio de licitación como os gastos de publicación da formalización do contrato.
10.- Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 21/06/2016
11.- Outras informacións
Contrato suxeito a regulación harmonizada (SARA) susceptible de recurso especial en materia de
contratación.
Xove a 27 de xuño de 2016.- O ALCALDE, J. Demetrio Salgueiro Rapa
R. 1970
Anuncio
Faise público que por acordo do Concello Pleno de data 16 de xuño de 2.016 aprobáronse os Pregos de
Cláusulas Administrativas e Prescricións Técnicas que rexerán na contratación mediante procedemento aberto,
oferta económicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación para a “PRESTACIÓN DO SERVIZO DE
RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E RECOLLIDA DE ENVASES LIXEIROS (BOLSA AMARELA) DO
CONCELLO DE XOVE”.
Polo presente anuncio e de acordo co previsto no artigo 142 do RD 3/2011, de 14 de novembro, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, faise licitación pública do contrato de
referencia, coas caracteríticas que a seguir se relacionan:
1.- Entidade Adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención de información:
a) Organismo: Concello de Xove.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención
c)Obtención de documentación e información:
1.- Dependencia: Secretaría ou Intervención Municipal
2.- Domicilio: Camiño real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870 Xove (Lugo)
4.- Teléfono: 982.59.20.01
5.- Telefax: 982.59.21.54
6.- Correo electrónico: [email protected]; [email protected]
7.- Dirección de Internet de perfil de contratante: www.xove.es
9
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
8.- Data límite de obtención de documentación e información: Ata o día antes do vencemento do prazo
establecido na Cláusula 12 do Prego de Cláusulas Administrativas para a presentación de proposicións.
d) Número de expediente: SERV01/16
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato administrativo de servizos
b) Descrición: Recollida de residuos sólidos urbanos e recollida de envases lixeiros (bolsa amarela)
d) Prazo de execución: 4 anos.
e) Admisión de prórroga: Sí, 1+1
g) CPV: 90511300-5 Servizos de recollida de lixo
3.- Tramitación e procedemento:
a)Tramitación: Ordinaria
b)Procedemento: Aberto
c) Suxeito a regulación armonizada: Sí
c) Subasta electrónica: Non
d) Criterios de adxudicación:
-Prezo ofertado: Ata 55 puntos
-Reducción da antigüedade do camión aportado: Ata 30 puntos
-Aportación de contenedores de xeito gratuito para o Concello: Ata 15 puntos
4.- Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 120.000,00 euros. IVE (10%): 12.000,00 euros. Importe total anual: 132.000,00 euros.
5.- Garantías esixidas: Provisional: Non se esixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, con exclusión do
IVE. Complementaria para as ofertas anormais ou desproporcionadas aceptadas polo órgano de contratación: 5%
do importe de adxudicación, sen IVE.
6.- Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: Non se esixe. Optativa: Grupo R, Subgrupo 5, Categoría 1
b) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: A esixida no Prego de Cláusulas
Administrativas (Cláusula 14)
7.- Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 02/08/2016
b) Lugar de presentación:
1.- Dependencia: Rexistro Xeral da Casa do Concello
2.- Domicilio: Rúa Camiño Real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870; Xove (Lugo)
4.- Fax: 982.59.21.54
d) Admisión de variantes: Non
e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: Ata a adxudicación do contrato.
8.- Apertura de ofertas:
a) Dirección: Casa do Concello-Salón de Plenos
b) Localidade e Código Postal: 27870, Xove (Lugo)
c) Data e hora: Comunicaranse previamente mediante fax ou Correo electrónico
9.- Gastos de publicidade: Por conta do contratista adxudicatario, que deberá aboar tanto os gastos do
anuncio de licitación como os gastos de publicación da formalización do contrato.
10.- Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 21/06/2016
11.- Outras informacións
10
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Contrato suxeito a regulación harmonizada (SARA) susceptible de recurso especial en materia de
contratación.
Xove a 27 de xuño de 2016.- O ALCALDE, J. Demetrio Salgueiro Rapa
R. 1971
MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
DELEGACIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA EN LUGO – XERENCIA TERRITORIAL DO CATASTRO
Anuncio
De conformidad con lo establecido en el artículo 69.b) del texto refundido de la Ley Reguladora de las
Haciendas Locales, aprobado por Real Decreto legislativo 2/2004 de 5 de marzo, y a los efectos de la aplicación
del cociente previsto en el citado precepto, se pone en conocimiento de todos los interesados los valores
catastrales medios de los siguientes municipios:
MUNICIPIO
BURELA
VALOR CATASTRAL MEDIO
PADRÓN 2016 (€) (1)
61.972,54
VALOR CATASTRAL MEDIO
NUEVA PONENCIA(€) (2)
53.621,77
COCIENTE (1)/(2)
1,15
Dichos valores estarán igualmente expuestos al público, durante el plazo de quince días en esta Gerencia,
sita en RÚA DO TEATRO, 4 de Lugo, de lunes a viernes, dentro del horario ordinario de atenciónal público.
Asimismo podrán ser consultados en el Portal de la Dirección General del Catastro (www.catastro.minhap.es).
Por otra parte, de conformidad con lo establecido en el artículo 26.2 del Real Decreto 417/2006, de 7 de
abril, por el que se desarrolla el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario (R.D. Legislativo 1/2004 de 5
de marzo), por el presente anuncio se pone en conocimiento de los titulares catastrales la apertura del trámite
de audiencia correspondiente al procedimiento de valoración colectiva de carácter general de bienes inmuebles
urbanos, así como de los inmuebles con construcciones en suelo rústico del municipio indicado, durante el plazo
de diez días hábiles contados a partir del siguiente al de la publicación de este anuncio, de lunes a viernes,
dentro del horario ordinario de atención al público, en esta Gerencia, a fin de que puedan formular las
alegaciones y presentar las pruebas que se estimen pertinentes.
Lugo, 1 de julio de 2016.- GERENTE TERRITORIAL, LUIS FERNANDO JÁCOME LÓPEZ
Documento firmado electrónicamente con Código Seguro de Verificación (CSV): ABBB41VM45JP3CMW
R. 1992
MINISTERIO DE FOMENTO
DIRECCIÓN GENERAL DE CARRETERAS
DEMARCACIÓN DE CARRETERAS DEL ESTADO EN GALICIA
Anuncio
Anuncio de la Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia de información pública y convocatoria para el
levantamiento de actas previas a la ocupación de bienes y derechos afectados y actas previas a la ocupación
temporal de fincas afectadas por el Proyecto de Construcción “Autovía Lugo – Santiago (A-54). Tramo: Enlace
Melide (Sur) – Enlace de Palas de Rei”. Provincias de Lugo y A Coruña. Clave: 12-LU-4620.A. Términos Municipales
de Santiso, Melide y Palas de Rei.
Por Resolución de la Dirección General de Carreteras de fecha 20 de noviembre de 2015 se aprueba el
proyecto de construcción de la obra arriba indicada y se ordena a esta Demarcación la incoación del expediente
de expropiación forzosa de los bienes y derechos afectados por las obras de ejecución del proyecto aprobado.
Es de aplicación el artículo 12 de la Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de Carreteras, a cuyo tenor se declara
de urgencia la ocupación de los bienes por la expropiación forzosa a que dé lugar la construcción de la
mencionada obra. La tramitación del correspondiente expediente expropiatorio y de ocupación temporal se ha
de ajustar, por tanto, al procedimiento de urgencia previsto en los artículos 52 de la vigente Ley de Expropiación
Forzosa, de 16 de diciembre de 1954 y concordantes de su Reglamento de 26 de abril de 1957.
En consecuencia, esta Demarcación, haciendo uso de las facultades que le otorga el artículo 98 de la Ley de
Expropiación Forzosa y atendiendo a lo señalado en las reglas segunda y tercera de su artículo 52,así como lo
dispuesto en el artículo 108 y concordantes de dicha Ley y de su Reglamento, ha resuelto convocar a los
11
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
propietarios que figuran en la relación que estará expuesta en los tablones de anuncios de los Ayuntamientos de
Santiso, Melide y Palas de Rei, así como en el de esta Demarcación de Carreteras (C/ Antonio Machado, nº45 –
15071 – A Coruña) y en la Unidad de Carreteras del Estado en Lugo (Ronda de la Muralla, nº131 – 27071 – Lugo)
para que asistan al levantamiento de las Actas Previas a la Ocupación en el lugar, día y hora que a continuación
se indican:
Término Municipal de Santiso.
Lugar: Casa Consistorial. C/ Agro do Chao, s/n (Arcediago) – 15808 – Santiso (A Coruña).
Día 11 de julio de 2016
De 10:00 h a 10:30 h : desde Agra López, Jesús hasta Vizcaíno Vilela, Manuel.
Término Municipal de Melide.
Lugar: Casa Consistorial. Praza do Convento, nº5. 15800 – Melide (A Coruña).
Día 12 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Agra Varela, Emilio hasta Gómez Castro, Nazario.
Día 13 de Julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde González Fernández, Antonio hasta Vázquez Vizcaíno, Mª PIlar.
Término Municipal de Palas de Rei
Lugar: Casa Consistorial. Avenida de Compostela, nº28 – 27200 – Palas de Rei (Lugo).
Día 14 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Agra González, Jesús hasta Cabo Vázquez, Dolores.
Día 15 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Cagide Val, Aurelio hasta Costa González, José Luis.
Día 18 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Costa López, Jesús hasta García Vázquez, Carmen.
Día 19 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Gómez Gómez, Carmen hasta Pena Quintas, Raúl.
Día 20 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Peón Ponte, José hasta Santiso Rodríguez, José.
Día 21 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Soriano García, Angel hasta Veiga Varela, Angela y Jesús López Valiño.
Día 22 de julio de 2016
De 10:00 h a 13:30 h : desde Vidal Fandiño, Concepción hasta Zas Carril, Leonor.
Por lo que respecta a la ocupación temporal se hace constar que esta Resolución es ejecutiva, sin perjuicio de
los procedimientos ulteriores para determinar el justo precio por la ocupación temporal de las fincas, de acuerdo
con lo establecido en el artículo 112 de la Ley de Expropiación Forzosa.
Además de los medios antes citados, se dará cuenta del señalamiento a los interesados, mediante citación
individual y a través de la inserción del correspondiente anuncio en los Boletines Oficiales de las Provincias de
Lugo y A Coruña, en diarios de las dos Provincias y en el Boletín Oficial del Estado.
Esta última publicación, a tenor de lo dispuesto en el artículo 59.5 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre,
de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, servirá como
notificación a los posibles interesados no identificados, a los titulares de bienes y derechos afectados que sean
desconocidos y a aquellos de los que se ignore su paradero.
A dicho acto deberán comparecer los titulares de bienes y derechos que se afectan, personalmente o
representados por persona debidamente autorizada, aportando los documentos acreditativos de su titularidad y
el último recibo del Impuesto sobre Bienes Inmuebles, pudiendo hacerse acompañar, a su costa, de peritos y
Notario.
Es de señalar que esta publicación se realiza, además, a los efectos de información pública contemplados en
los artículos 17.2, 18 y 19.2 de la Ley de Expropiación Forzosa para que en el plazo de quince días (que,
conforme establece el artículo 56.2 del Reglamento de Expropiación Forzosa podrán prorrogarse hasta el
momento en que se proceda al levantamiento de las citadas actas previas a la ocupación), los interesados
12
Núm.154 – Miércoles, 6 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
puedan formular, por escrito, ante esta Demarcación de Carreteras, alegaciones a los solos efectos de subsanar
posibles errores que se hayan producido al relacionar los bienes afectados por la urgente ocupación.
Los planos parcelarios y la relación de interesados y de bienes afectados podrán ser consultados en las
dependencias antes citadas y en los Ayuntamientos respectivos, en días hábiles y horas de oficina.
A Coruña, a 9 de junio de 2016.- EL INGENIERO JEFE DE LA DEMARCACIÓN, Angel González del Río.
R. 1972
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 06.07.2016 08:00:01 CEST
Razón:
Localización: España
Descargar