David Afkham Frank Peter Zimmermann

Anuncio
David Afkham
director
Frank Peter Zimmermann
violin
8 | 11 | 2012
21.00 h
I
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Abertura Leonora núm.1, op.138
DMITRI SHOSTAKOVICH (1906-1975)
Concerto para violín e orquestra núm. 1
en la menor, op. 77
Nocturne. Moderato
Scherzo. Allegro
Passacaglia. Andante
Burlesque. Allegro con brio
Frank Peter Zimmermann violín
II
FRANZ SCHUBERT (1797-1828)
Sinfonía núm. 9 en Do maior,
D. 944 “A Grande”
Andante - Allegro ma non troppo
Andante con moto
Scherzo. Allegro vivace
Finale. Allegro vivace
Duración aproximada do concerto: unha hora, 45 minutos
Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que
desconecte os teléfonos móviles, reloxos, etc.
Real Filharmonía
de Galicia
Nace en 1996. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling
(1996-2000) e, actualmente, é Antoni Ros Marbà (2000-2012). En
2013 asumirá a dirección o británico Paul Daniel. A titularidade da
Real Filharmonía de Galicia recae na Xunta de Galicia, é xestionada polo Consorcio de Santiago e ten a súa sede permanente no
Auditorio de Galicia.
Nace en 1996. Su primer director titular fue Helmuth Rilling
(1996-2000) y, en la actualidad, es Antoni Ros Marbà (20002012). En 2013 asumirá la dirección el británico Paul Daniel. La
titularidad de la Real Filharmonía de Galicia recae en la Xunta
de Galicia, es gestionada por el Consorcio de Santiago y tiene su
sede permanente en el Auditorio de Galicia.
DIRECTOR ARTÍSTICO
E TITULAR
ANTONI ROS MARBÀ
DIRECTOR ASOCIADO
MAXIMINO ZUMALAVE
PRINCIPAL
DIRECTOR INVITADO
PAUL DANIEL
VIOLÍNS I
JAMES DAHLGREN
(concertino)
ADRIANA WINKLER
(axuda de concertino)
ANCA SMEU **
DANIEL KORDUBAYLO
ANNA ALEXANDROVA
ILDIKÓ OLTAI
MICHAL RYCZEL
ILYA FISHER
JULIA PETRUSHEVSKAJA
VICTORIA JUROV
CLAUDIO GURIDI
PAULA COLÁS ***
VIOLÍNS II
GRIGORI NEDOBORA *
NIKOLAI VELIKOV **
ELINA VIKSNE
KIYOKO OHASHI
GYULA VADASZI
IRINA GRUIA
HELENA SENGELOW
ENRIQUE ROCA
SAMIRA AJKIC
ÂNGELA NETO ***
VIOLAS
TILMANN KIRCHER *
NATALIA MADISON **
ANNE SCHLOSSMACHER
TIMUR SADYKOV
IONELA CIOBOTARU
OXANA BAKULINA
ANA MONTORO ***
VIOLONCELLOS
PLAMEN VELEV *
BARBARA SWITALSKA **
THOMAS PIEL
CARLOS GARCÍA
PALMIRA MARTÍNEZ
AILSA LEWIN
GUILLERMO ALZUGARAY ***
CONTRABAIXOS
CARLOS MÉNDEZ *
ALFONSO MORÁN **
ORIOL XICART
TAMARA MORENO ***
FRAUTAS
LAURENT BLAITEAU *
LUIS SOTO **
MERCEDES SCHMIDT ***
ÓBOES
CHRISTINA DOMINIK *
ESTHER VIÚDEZ **
MARC BORRÁS ***
CLARINETES
BEATRIZ LÓPEZ *
VICENTE LÓPEZ **
PALOMA PINTO ***
* Principal / ** Coprincipal / *** Alumno EAEM / (R) Reforzo
facebook.com/RealFilharmoniadeGalicia
FAGOTES
JUAN CARLOS OTERO *
MANUEL VEIGA **
ANTONIO GÓMEZ ***
TROMPAS
JORDI ORTEGA *
ALFREDO VARELA *
XAVIER RAMÓN **
ADRIÁN GARCÍA (R)
TROMPETAS
RAMÓN LLÁTSER *
VÍCTOR VILARIÑO ***
TROMBONES
IAGO RÍOS (R)
ARTURO CENTELLES (R)
MARCOS DORADO (R)
TUBA
JOSÉ VARELA (R)
TIMBAL
JOSÉ VICENTE FAUS
PERCUSIÓN
PABLO SALGUEIRO (R)
MARÍA ISABEL DIEGO ***
ARPA
AINARA MORENO (R)
CELESTA
SIMONA KANTCHEVA (R)
David Afkham
director
Foi o primeiro galardoado co premio Novos Directores de Nestlé e o
Festival de Salzburgo en agosto de 2010. Gañou o concurso de dirección
Donatella Flick en 2008, tras o que se converteu en director asistente
da Orquestra Sinfónica de Londres durante dous anos. Actualmente ostenta o cargo de director asistente da Gustav Mahler Jugendorchester
e é director asociado da Filharmónica de Los Ángeles. En 2010, debutou
coa Orquestra Tonhalle en Zúric, coa Orchestre National de Radio France
en París, e no Festival de Salzburgo. Os seus compromisos futuros inclúen participacións coa Royal Concertgebouw, DSO Berlín, Sinfónica de
Viena e Orquestra Gulbenkian, entre outras agrupacións. Naceu en 1983
en Friburgo (Alemaña) e recibiu as súas primeiras clases de piano e violín
con seis anos. Aos quince, entrou na Facultade de Música da súa cidade
natal para estudar piano, teoría da música e dirección. Gañou o seu primeiro premio na categoría de piano no concurso nacional alemán Jugend
Musiziert en 2002. Máis tarde completou a súa formación en dirección
na escola de música Liszt en Weimar. É membro da Asociación Richard
Wagner Bayreuth e do Foro de Directores do Consello de Música Alemán.
Ha sido el primer galardonado con el premio Jóvenes Directores de Nestlé
y el Festival de Salzburgo en agosto de 2010. Ganó el concurso de dirección Donatella Flick en 2008, tras el que se convirtió en director asistente
de la Orquesta Sinfónica de Londres durante dos años. Actualmente ostenta el cargo de director asistente de la Gustav Mahler Jugendorchester
y es director asociado de la Filarmónica de Los Ángeles. En 2010, debutó
con la Orquesta Tonhalle en Zurich, con la Orchestre National de Radio
France en París, y en el Festival de Salzburgo. Sus compromisos futuros incluyen participaciones con la Royal Concertgebouw, DSO Berlín, Sinfónica
de Viena y Orquesta Gulbenkian, entre otras agrupaciones. Nació en 1983
en Friburgo (Alemania) y recibió sus primeras clases de piano y violín con
seis años. A los quince años entró en la Facultad de Música de su ciudad
natal para estudiar piano, teoría de la música y dirección. Ganó su primer
premio en la categoría de piano en el concurso nacional alemán Jugend
Musiziert en 2002. Más tarde completó su formación en dirección en la
escuela de música Liszt en Weimar. Es miembro de la Asociación Richard
Wagner Bayreuth y del Foro de Directores del Consejo de Música Alemán.
Frank Peter Zimmermann
violín
Naceu en 1965 en Duisburg (Alemaña) e deu o seu primeiro concerto con
orquestra con tan só 10 anos. Dende que terminou os seus estudos con
Gradov, Gawriloff e Krebbers, en 1983, estivo actuando coas principais
orquestras do mundo e colaborando cos directores máis importantes. Os
seus moitos compromisos levárono a actuar nas principais salas e festivais
internacionais. As súas interpretacións do repertorio clásico, romántico e
do século XX, son recibidas con grande eloxio por parte da crítica e o público. Os momentos máis destacados da pasada tempada inclúen residencias
coa Filharmónica de Nova York cos directores Gilbert e von Dohnanyi e a
Sinfónica de Bamberger con Honeck e Nott así como compromisos coas
Sinfónicas de Chicago e de Boston, a Filharmónica de Berlín ou a Orquestra
Nacional de Francia, entre outras. Ademais, é artista en residencia da
Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks. Recibiu prestixiosos premios como o da Accademia Musicale Chigiana, o Rheinischer Kulturpreis,
o Musikpreis de Duisburg e a Bundesverdienstkreuz. Xunto co violista
Tamestit e o cellista Poltéra forma o Trio Zimmermann. Toca un Stradivarius
de 1711, que pertenceu a Fritz Kreister, por cortesía de Portigon AG.
Nació en 1965 en Duisburg (Alemania) y dio su primer concierto con orquesta
con tan sólo 10 años. Desde que terminó sus estudios con Gradov, Gawriloff y
Krebbers, en 1983, ha estado actuando con las principales orquestas del mundo
y colaborando con los directores más importantes. Sus muchos compromisos lo
han llevado a actuar en las principales salas y festivales internacionales. Sus
interpretaciones del repertorio clásico, romántico y del siglo XX, son recibidas
con gran elogio por parte de la crítica y el público. Los momentos más destacados de la pasada temporada incluyen residencias con la Filarmónica de Nueva
York con los directores Gilbert y von Dohnanyi y la Sinfónica de Bamberger
con Honeck y Nott así como compromisos con las Sinfónicas de Chicago y de
Boston, la Filarmónica de Berlín o la Orquesta Nacional de Francia, entre otras.
Además, es artista en residencia de la Symphonieorchester des Bayerischen
Rundfunks. Ha recibido prestigiosos premios como el de la Accademia
Musicale Chigiana, el Rheinischer Kulturpreis, el Musikpreis de Duisburg y la
Bundesverdienstkreuz. Junto con el violista Tamestit y el chelista Poltéra forma el Trio Zimmermann. Toca un Stradivarius de 1711, que perteneció a Fritz
Kreiter, por cortesía de Portigon AG.
Unha abertura independente
A Abertura Leonora núm. 1, op. 138 é unha das catro aberturas que compuxo
Beethoven (1770-1827) para a súa ópera Fidelio. É unha versión curta da
Leonora núm. 3 e crese foi escrita en 1807 para unha representación en
Praga que non chegou a efectuarse. A abertura iníciase cunha breve introdución Andante con moto que toma parte da súa escritura da aria do segundo
acto na que Florestan prisioneiro canta o seu amor por Leonora. Segue un
Allegro con brio de marcado carácter beethoveniano que enlaza cun Adagio
ma non troppo moi expresivo antes de regresar ao Allegro con brio e terminar
cunha breve coda.
Introspección e vehemencia
Dmitri Shostakovich (1906-1975) considerábase o compositor oficial do réxime
soviético. Con todo, este Concerto para violín e orquestra núm. 1 en la menor
op. 77, unha das súas obras máis significativas e que resultou ser subversiva,
foi composto entre 1947 e 1948 cando o réxime o acusaba de crear música
incomprensible e pouco edificante para o pobo soviético. Así, o seu dedicatario
David Oistrakh non puido estrealo até 1955, despois da morte de Stalin, pois é
unha obra lírica, sombría e abstracta que inquietaba, en lugar de exhibir o falso
optimismo que quería proxectar o réxime stalinista. Dous movementos lentos,
escuros e emotivos son a parte máis extensa da obra, fronte á axitación dos
breves movementos rápidos. Shostakovich xogou a modo de firma, no Scherzo,
con catro notas Re/Mib/Do/Si que son as súas iniciais en alemán D/SC/H, algo
que xa fixera Bach dous séculos antes.
A última gran sinfonía clásica
Franz Schubert (1797-1828) faleceu aos 31 anos, polo que ningunha das súas
creacións poden considerarse obra dun home maduro. A medida que o compositor estudaba aos compositores que máis admiraba e respectaba (sobre
todo Beethoven, pero tamén Mozart e Haydn) asimilaba as súas técnicas e
estilos. Despois dunha xira co cantante Michael Vogl, pasou unhas vacacións en Gmunden e Badgastein, onde comezou a escribir a súa “anhelada
gran sinfonía”, a Sinfonía núm. 9 en Do maior D. 944. En 1826 ofreceulla á
Sociedade de Amigos da Música de Viena, que a rexeitou por ser demasiado
longa e difícil, comezando un triste percorrido para terminar esquecida até
despois da súa morte, momento en que o seu irmán a atopou e a través de
Robert Schumann chegou a Félix Mendelssohn, director da Gewandhaus de
Leipzig, quen a estreou en 1839. Só o paso de case un século fixo que as
novidades instrumentais e formais da obra puidesen chegar á conciencia
musical do público, sobre todo fóra dos países xermanos. A forza exuberante
do Allegro, o delicado lirismo do Andante, o Scherzo co seu terreal carácter
e o recordo da música popular vienesa no Finale, supoñen o precedente directo de composicións de Brahms, Mahler ou Bruckner e pedra angular da
literatura orquestral moderna.
Una obertura independiente
La Obertura Leonora núm. 1, op. 138 es una de las cuatro oberturas que
compuso Beethoven (1770-1827) para su ópera Fidelio. Es una versión corta
de la Leonora núm. 3 y se cree fue escrita en 1807 para una representación
en Praga que no llegó a efectuarse. La obertura se inicia con una breve introducción Andante con moto que toma parte de su escritura del aria del segundo acto en la que Florestan prisionero canta su amor por Leonora. Sigue
un Allegro con brio de marcado carácter beethoveniano que enlaza con un
Adagio ma non troppo muy expresivo antes de regresar al Allegro con brio y
terminar con una breve coda.
Introspección y vehemencia
Dmitri Shostakovich (1906-1975) se consideraba el compositor oficial del régimen soviético. Sin embargo, este Concierto para violín y orquesta núm. 1 en
la menor op. 77, una de sus obras más significativas y que resulto ser subversiva, fue compuesto entre 1947 y 1948 cuando el régimen le acusaba de crear
música incomprensible y poco edificante para el pueblo soviético. Así, su dedicatario David Oistrakh no pudo estrenarlo hasta 1955, después de la muerte
de Stalin, pues es una obra lírica, sombría y abstracta que inquietaba, en lugar
de exhibir el falso optimismo que quería proyectar el régimen stalinista. Dos
movimientos lentos, oscuros y emotivos son la parte más extensa de la obra,
frente a la agitación de los breves movimientos rápidos. Shostakovich jugó
a modo de firma, en el Scherzo, con cuatro notas Re/Mib/Do/Si que son sus
iniciales en alemán D/SC/H, algo que ya había hecho Bach dos siglos antes.
La última gran sinfonía clásica
Franz Schubert (1797-1828) falleció a los 31 años, por lo que ninguna de sus
creaciones pueden considerarse obra de un hombre maduro. A medida que
el compositor estudiaba a los compositores que más admiraba y respetaba
(sobre todo Beethoven, pero también Mozart y Haydn) asimilaba sus técnicas y estilos. Después de una gira con el cantante Michael Vogl, pasó unas
vacaciones en Gmunden y Badgastein, donde comenzó a escribir su “anhelada gran sinfonía”, la Sinfonía núm. 9 en do Mayor D. 944. En 1826 se la
ofreció a la Sociedad de Amigos de la Música de Viena, que la rechazó por
ser demasiado larga y difícil, comenzando un triste recorrido para terminar
olvidada hasta después de su muerte, momento en que su hermano la encontró y a través de Robert Schumann llegó a Félix Mendelssohn, director de
la Gewandhaus de Leipzig, quien la estrenó en 1839. Sólo el paso de casi un
siglo hizo que las novedades instrumentales y formales de la obra pudiesen
llegar a la conciencia musical del público, sobre todo fuera de los países germanos. La fuerza exuberante del Allegro, el delicado lirismo del Andante, el
Scherzo con su terrenal carácter y el recuerdo de la música popular vienesa
en el Finale, suponen el precedente directo de composiciones de Brahms,
Mahler o Bruckner y piedra angular de la literatura orquestal moderna.
próximos concertos
xoves jueves 15 | 21 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Goodwin director
R. Vaughan Williams
Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis
F. J. Haydn
Sinfonía núm. 90 en Do maior, Hob. I/90
J. Sibelius
Pellèas e Mèlisande,
op. 46
AUDITORIO DE GALICIA
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela
DESPACHO DE BILLETES
Tel.: +34 981 571 026 / 573 979
OFICINA
Tel.: +34 981 574 153 / 552 290
Fax: +34 981 574 250
www.compostelacapitalcultural.org
www.auditoriodegalicia.org
www.rfgalicia.org
xoves jueves 22 | 21 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Nacho de Paz director
J. M. Sánchez-Verdú
Nosferatu. Eine Symphonie des Grauens
Descargar